BANDO DE POLICIA DO CONCELLO DE SÁRRIA ( 1852 )
BANDO DE POLICÍA DO CONCELLO DE SÁRRIA ( 1852 )
En 1852 os sarriaos recibían esperanzados a chegada das obras do camiño provincial de Lugo a Valdeorras , as do camiño da ponte nova do Mazadoiro a Lamarrigueira e os primeiros hectómetros da nunca feita realidade estrada de Sárria a Ribadeo, ou donde e Sárria a Aranza, que non pasou ce Corvelle, A vila de Sárria onde confluían os maltreitos camiños de orixe medieval que mal permitían o paso de peóns e animais de carga empñezaba entón a entrar na modernidade ao poder comuicarse por unha nova vía, dende Nadela, co porto da Coruña e con Madrid, poñendo así a base do futuro desenvolvemento económico ao potenciar a saída e a chegada dos máis variados produtos creando riqueza e novos horizontes para unha comarca arredada dos movementos económicos .
E os rexidores da vila eran conscientes de que unha vila capital de Partido e cabeza dun concello potencialmente rico e na que habitaban non mais de 600 persoas había a urxente necesidade de amosar a mellor faciana e condutas cívicas diante da esperada cantidade de forsateiros e pasaxeiros que ían facer uso dos novos camiños, aprobaron un Bando de Policía , sinalando as normas de conduta ás que se debían someter os vilegos para daren amostras de civismo e boa educación,
Lastrada a Rúa Principal e construida a Escaleira da Fonte , no antigo espazo da Costa, entre a estrada de Valdeorras e a chamada Praza de Belavista, o alcalde Manuel Vaamonde ditou as normas á que se tiñan que someter os cidadáns sarriaos con un Bando datado no 8 de xullo de 1852.
BANDO DE POLICIA
De seguido fíxose polo Señor Alcalde presidente unha ben expresiva e exacta relación dos notorios perxuizos que o publico está experimentando coa moita suxedade da que se achan constantemente inundadas as Rúas e prazas desta Vila, non se suxeitando tamén á obswrvancia e cumprimento das disposicións contidas nos bandos de policía publicados polos seus antecesores , e por conseguinte o aseo que corresponde e do que é susceptible esta capital de partido, contra o que , e a continuación doutros hábitos e costumes detestables , áchase xa moi pronunciada a opinión xeral , sobre todo o seu interese , máis alto, cal é a conservación da saúde pública, esixe que desparza tanta inmundicia - Que ao intento e co duplo efecto de protexer as obras dos camiños que se están abrindo , e o de evitar os danos que neles causan os porcos , meditei a a adopción das seguintes disposicións que ten a honra de someter á discusión e acordo do Concello :
1ª .-Proíbese que os Porcos e gado vacún estean detidos nas Rúas e prazas , e na estrada provincial e Camiño veciñal de primeiro orde que están en curso de execución.
2ª .- Queda igualmente proibido correr a gallope as Cabalerías polas Rúas e de que sexan atadas . se estorbasen o paso polas beirarrúas.
3ª.- Tamén se proibe subir ou baixar con cabalerías e gado vacún polas escaleiras da Costa , e que aquelas anden soltas polas rúas.
4ª.- Os moradores das casas . disporán o varrido das súas respectivas frenteiras, estraendo o lixo e entullo que se recollan nas rúas . verificando aquel tres veces por semana cando menos, que serán os Domingos , Martes e Xoves antes das nove da mañá do Inverno, e das oito nos de Verán. procurndo ter sempre limpas as beirarrúas.
5ª,. Proíbese botar á rúa polas fenestras e balcóns augas suxas ou limpas , varreduras e calquera outra cousa que impida o bon aseo. A auga de baño ou que sexa limpa poderase sacar á Rúa pola porta que dá a ela..
6ª,. Proíbese igualmente facer nas prazas. rúas e caellas a limpa de gra ou outra calquera, nin que baixo de ningún pretesto se fagan tendidos nas beirarrúas impedindolle ás xeste o paso por elas, nin nas prazas.
7ª.- Tamén se proibe amorear esterco nas beirarrúas , nin telo amoreado nas rúas máis tempo que o preciso para carregar os carros e sacalo fora das cortes.
8ª.- As leñas e calquera outro material . non se terá nas rúas máis tempo do necesario para poder recollelas.
9ª.- Cando aconteza a morte dalgún porco , can, gato ou outro animal, é obriga do dono , ou persoa a cuxo coidado estea, dispolñer sacalo fora da poboación e enterralo rn paraxe alomxado dos camiños publicos ou veciñais.
11ª,. Os pais, titores e Amos serán responsables das fallas dos seus fillos menores, pupilos ou criados.
12ª.- Un Aguacil desta Alcaldía encargarase de velar constantemente polo exacto cumprimento e observancia deste Bando, e esixirá as multas nas que incorran . entregando o seu importe na Segredaría deste Concello para a inversión correspondente. O mesmo Aguacil será responsable das fallas que haxa pola súa morosidade ou descoido.
Na súa vista o Concello manifestou unánimemente a súa conformidade con todo o contido das disposicións que quedan estampadas , pregando ao Señor Alcalde que atendida a necesidade e Urxencia que lle recoñece , se sirva poñelas en práctica coa menor dilación posible, facendo a correspondente publicación a medio de Bando na forma de costume , e procurando co celo e rectitude de que está adornado a súa máis estrita observancia e exacto cumprimento.
Alcalde: Manuel Vaamonde- Xosé García.- Xosé Lolis e Rivas.- Damián Noboa.- Xosé Guitián Salcegama.- Vicenzo López.- Manuel Ferriro e Díaz.- Antonio López Valcarce.
á
uas
Comentarios
Publicar un comentario