CONTRABANDO CON ACENTO SARRIAO ( 1949 )
CONTRABANDO DE CAFÉ E TABACO RUBIO: A CONEXION SARRIÁ ( 1949 )
( El Ideal Gallego,8.06.1949)
UN IMPORTANTE ALIXO DE CAFÉ E CIGARRILLOS RUBIOS DESCOBERTTO NA CORUÑA.-OS ENCARTADOS DEIXARON UNHA PEGADA INESPERADA NO LUGAR DA OPERACIÓN
Vostedes que se entusiasman con calquera novela de Nero Wolfe ou Perry Mason, non sospeitan que na nosa cidade , sen presumirmos tanto hai homes capaces de rivalizaren en agudeza detectivesca cos herois imaxinarios.
Por un destes rastros extranos que so parecen darse nas historias policíacas , descubriuse na Coruña o fío dunha defraudación e dun conturbenio.Nada menos que a entrada clandestina duns oito mil quilos de café e uns cantos milleiros de paquetes de cigarrillos rubios. Poderíase titular "La arena delatora", " La barca a la deriva " o " Cuidado con los granos". O texto, brevemente explicado, é como segue:
De madrugada unha barca suca silenciosamente pola ría do Burgo e achégase a un dos areais da ribeira . Disponse a varar , e outra embarcación pequena estorballe algo. Ao apartala queda solta e navega á deriva. Ninguén lle presta atención a isto porque hai que descarregar axiña o alixo. Un par de camións recúan no areal para recolleren a valiosa mercancía: café e cigarrilos rubios. A maré está a baixar , e un dos veículos , o máis grande, roda polo chan húmido , e como hai moitas moreas de area e non é posible esquivalos , queda pegado contra un deles, que lle serve de calzo, mentres é carregado rápidamente. Rematado o traballo a barca alónxase e os camións pérdense pola estrada denantes que empece o día.
Todo saíu de marabilla. ¿ Quen pode estropear o negocio ?. Porén quedou un cabo solto fatal para os transportistas. Aquela barca que se deixou solta vai tracaburrar todo o tinglado. O dono desa barca chega moi cedo ao lugar onde a deixou amarra, amólao moito non vela onde estaba, búscaa afoutamente e localízaa aló de frente. O seu cabreo lévao a se fixar nas rodeiras dos neumáticos e mirando máis detidamente , vense uns grans de café cru por ali espallados. Isto non lle interesa moito, quere saber quen lle soltou a súa barca e denuncia o caso á Garda Civil.
A Benemérita chega alí deseguida.Enxamina o terreo, mira ben por todos lados . Pouco pode sacar dunhas pegadas e duns grans de café. Mais de súpeto un dos gardas inclinase sobre da morea de area , onde rematan as pegadas dunhas rodeiras .Sorrí, saca unha libretiña, torce a cabeza e le un "C" e catro cifras invertidas. Ali riba do fondo aplastado e húmido da area quedou perfetamente grabada , do revés, naturalmente a placa dunha matrícula.
Pouco hai que facer xa ;Perciurar polo fío o novelo e instruir o expediente oportuno que un día deste pasará a Facenda.
....................................................................................................................................................................
(El Ideal Gallego, 9.06.1949 )
NUMEROSAS DETENCIÓNS CO GFALLO DO ALIXO DE CAFÉ E TABACO.-
Con relación ao alixo de café e tabaco , do que onte informamos aos nosos lectores, e que suscitou, pola forma novelesca na que se ceheou ao descobrimento da organización, podemos enadir que esta é considerable dabonbdo e que ten ramificacións fora da provincia. A importancia do alixo é estraordinaria e o seu valor pódese calcular en medio millón de pesetas.
Grazas á actividade despregada polas forzas da Garda Civil que, coma xa se dará conta o lector, amosaron unha perspicacia que en nada envexa a dos máis acreditados detectives da cachimba, foise desmarañando a madeixa e tras do camión que deixou a súa tropelia apareceron outro e outro. Practicáronse perto dunha decena de detencións e o asunto quedou totalmente resolto.
Moi axiña poderémoslles ofrecer unha clara e detallada versión oficial do suceso.
....................................................................................................................................
( El Ideal Gallego, 10.06.1949 ).- 9700 QUILOS DE CAFÉ E 75.000 PAQUETES DE TABACO RUBIO É A TOTALIDADE DO ALIXO DESCOBERTO.-
E imos co penúltimo capítulo da apaixoante novela do alixo.
Onte entgrevistámonos co tenente coronel xefe da Garda Civil que nos pro,metera facilitarnos os detalels complementarios da nos información encol do descobrimento do alixo de café e tabaco rubio, do que demos conta antonte.
O señor Luque Arenas recíbenos sorridente e alude ao ar de misterio de que rodeamos o suceso.
( Fotiografía: Nesa morea de ara humidecida pola maré , deixou o camión C-6228 a súa "tarxeta", ao imprimir a súa matrícula claraemnte , o que levou a unha doada localización ).
- Claro está -enade- que todo aconteceu tal e coma vostedes o contaron. A barca á derivam a pegada da placa de matricula na morea de area e o fío polo que se chegou ao novelo que para nós non supón outra cousa ca un servizo máis, aínda que o público o vexa doutra maneira.
- O asunto é bonito polo xeito no que foi descoberto e era tentador tratalo como un folletín pliciaco. Agora graaas á súa amabilidade poderemos completar a historias cos datos oficiais.
_ Pois ben, partamos dende o punto onde vostedes o deixaron. Quedamos en que os individuos en cuestión chegaron coa súa carga, sol,taron a barca e fixeron o trasbordo; o dono da barca queixouse do ocorrido, achou os grans de café, deu a voz de alarma; un oficial e dous gardas foron ao lugar e o tenente deu coa pegada da placa.O número grabado na area era o da matricula C-6228 . Doado foi darmos co automóbil, que é un camión Ford, de seis rodas. Achárono e desegudo localizamos ao seu pripietario, que se dispuña a comer na compaña doutros tres individuos.Tras a sorpresa conseguinte, todos quedaron detidos. Mais restaba por facer o traballo maior. Ningún dos detidos se clarexaba sobre da cuantía do contrabandio nin sobre a procedencia das mercancías; chegamos a un punto do que difícilmente teriamos pasado , se non descubrimos que dende A Coruña se fixera unha chamada telefónica a Sárria dando conta das detencións preacticadas.
Isto fíxenos orientar cara o dito pobo de Lugo as nkosas indagacións e alí se desprazou unha parella da Garda Civil, que moi axiña, e valéndose de habilitdades , localizou a casa que percuraban. Avisados os que nela se atopaban, resistíronse a abrir , aínda que á final cederon, non senón denantes prenderenlle lume a parte da mercancía que se achaba nun camión. Afortinadamente os gardas, auxilados polos seus compañeiros do posto de Sárria, apagaron as chamas , que só consumiron algúns cartóns de tabaco , e incautáronsre de todo o alixo. Conste este en 100 sacos de café, cun peso de 9.700 quilos e 7.500 cartóns de tabaco ,ou 75.000 paquetes.
Despois continuamos practicando detencións e xa temos a todos os comprometidos.
- ¿ Cantos camións interviñeran no asunto ?
- Catro. O xa citado Fird, un Dodge desta matriculs númerro 6245 e dous G.M.C da matricula de Lugo, un deles o que tencionaron queimar.
- Ademais dos camións , incautámonos dunha motora , dúas barcazas e dúas lanchas , que se utilziaron na operación de trasbordo. O prezo de compra do alixo é de 500.000 pesetas , e o de venda pódese calcular dio duplo, cando menols.
OS DETIDOS
Os complicados nestes asunto foron quince. Catorce foron detidos na Coruña e un en Sárris. Os detidos aquí sonb Valentín e Xoán López Vila, Xesús CasadoBalén, Xosé García Casal, Antonio Maurín Martínez, Roxelio Pita Rabóin, Euxenio e Roxelio Pita Garrido, Roxelio Pan Garrdio, Roxelio López Rico, Vicernzo Pose Souto, Ramiro Rodríguez Montero, Hilario García Calviño e Manuel Reborio Gómez. O capturado en Sárrisé Francisco López Vila.
En canto á orixe da mercancía, non se puido aínda averiguar . Suponse que chegou nunha lancha rápida , que penetrou pola noite na ría , aproveitando a maré alta. Como a cantidade a descargar era moita, non puido facer a operación dunha vez , e tivo que se facer á mar , e permancer nestas augas até a noite seguinte na que rematou a operación,
Despois destes detalles que foron expostos coa maior sinxeleza polo xefe da Benemérita, rematou con estas palabras:
- E isto é todo.Como ve, foi un servizo máis e a única virtude que cabe atribuirnos e a rapidez coa que todo se efectuou , porquem estando avisados os que gardaban o alixo , de nada valera a circunstancia de posuirmos o número da matrícula, se outra indagatoria non nos tivese levado ao sitio preciso,
-Unha vez máis, noraboa por este novo ésito.
TRABALLOS XUDICIAIS
En toda a tarde de onte , o Xuiz de Instrución do Xulgado, número 2, estivo tomando declaración aos catorce detidos que se achan en A Coruña. Todos depuxeron extensamente e as dilixencias continúan.
¿ VEU DE TANXER O ALIXO ?
Parece que algún dos detidos manifestou a súa crenza de que a embarcación que trouxo o contrabando procedía de Tánxer, Entrou no noso porto pola noite, coas luces apagadas e penetrou na ría do Burgo. Como non podia facer soa as operacións de descarga, foron contratados os servizos dalgunhas lanchas do veciño pobo de Santa Cruz, a cuxos priopietarios se lles ofreceron 2.000 pesetas polo servizo. Como todo resultara tan ben o "organkizador " do asunto deulles 8.000 pesetas , e deulles a cada un dos mariñeiros dos que interviron nas operacións de trasbordo unhas 300 pesetas.
.....................................................................................................................................................................
Comentarios
Publicar un comentario