MULLERES REPRESALIADAS EN SÁRRIA ( 1936 / 1956 )
MULLERES REPRESALIADAS EN SÁRRIA ( 1936 / 1956 )
ÁLVAREZ GOYANES, EMILIA,. Veciña de Láncara. En 30.04.1939 entrou no Deposito Municipal de Detidos de Sárria , conducida pola Garda Civil da Pobra de San Xiao, ao dispor do Gobernador Civil por ter un familiar fuxido.
ÁLVAREZ LOSADA, RAMONA.-Veciña de Sárria- O Mazadoiro. Ingresou no Deposito Municipal de Detidos e Presos de Sárria, entregada pola Garda Civil o 23.04.1939 en calidade de refén por ter un fillo fuxido..
ARÍAS, MARÍA.- Quedou viuva cando en 25.07.1937 fusilaron en Lugo ao seu marido Marcelino López López, acusado de "auxilio á rebelión,, polos feitos ocirridos en Sismonde e Vilachá en Paradela o día 20.07.1936,
ARIAS LÓPEZ, CONCEPCIÓN.- Labrega de Aldosende-Paradela. Aos 42 anos foi encarcerada en Lugo entre 9.07.1938 e 5.11,1939, acusada de "auxilio á rebelión" na Causa 508/38 na que resultou absolta.
ARMESTO LÓPEZ, CAROLINA.- Labrega de Paradela. Aos 60 anos foi encarcerada en Lugo entre os días 8.03.1940 3.04.1940 por ser familiar dun fuxido ( MªXB).
BOADO VÁZQUEZ, CONCEPCIÓN.- Veciña de Paradela. De 49 anos. Estivo no Cárcere de Lugo entre o 2.08.1937 e 3.01.1938. Puxéronlle unha mulkta e foi posta en liberdade por decisión gubernativa.
CAMBA BANDE, PILAR..- Veciña de Láncara. 60 anos. Fractura da base do cráneo . Bande ( 19.11.1938 ) ( ? )
CARNERO PAZ, LUZ.- Vecilña do Incio. Viuva do médico Manuel Díaz González ( O Pequeniño do Incio) martirizado e morto por un grupo de falanxistas na estrada de Bóveda á Cruz do Incio o 11.09.1936,
CASTAÑO CUBA, ANTONIA.- ( Viuva de Castaño ) Veciña de Sárria- Tremeado. Malia a que fixo xestións para que soltasen os falanxistas sarriaos ao seu fillo Antonio López Castaño ao que maltraron nos baixos da Casa do Concello despois de apresalo arbitrariamente . Sacárono en automovil en direción a Lugo e antes de chegar a Vilafiz atároino á tarseira do coche cunha corda e levárono darrastro pola estrada até a altura da casa de a carón da igrexa onde dispararon contra el deixando ali abandoado o seu cadavre, Unha nota manuscrita no Libro de Enterramentos da parroquia hai unha nota referida á aparción do corpo dun descoñecido na gavia da estrada que enterraron no cemiterio local,A familia, malia a residir en San Fiz de Vilapedre descoñece o lugar onde abriron a foxa onde foi enterrado.
CASTRO PÉREZ ,CARME.- Entrou no Depósito Municipal de Detidos e Presos de Sárria o 25.05.1939 e foi trasladada ao Cárcere de Lugo ao día seguinte.
CENITAGOYA GONZÁLEZ, MERCÉ.-( Sárria, 1900-Riga, 1969 ) Membro da familia Celeiro de Maside e San Lázaro, Afiliada ao PCE desde 1934. No tempo da guerra civil foi Secgedaria do Socorro Roxo Internacional, Asentou na URSS en 1954.
DÍAZ , ISAURA.- De Castro de Rei de Lemos-Paradela. Á morte do seu marido ( 21.08.1936 ) quedaron orfos de pai os seus fillos Dalmiro, Manuel e Darío Pérez Díaz.
DÍAZ MOREIRA.- CONSUELO.- De Bariz- Castro de Rei de Lemos ( Paradela). O seu marido Eduiardo Arias González morreu o 6.07.1939 e deixou orfos a Xulia, Xosé, María, Antonio e Xulio Arias Díaz.
DORES.- Veciña de Paradela- Castro de Rei de Lemos. ( "Cuxas circunstancias se descoñecen " ) O 9.06.1936 actuou como qbqndaeirada dos grupos de Paradela na manifestación que seguiu ao enterro que seguiu aso enterros de García Arcas e Cabarcos, en Sárria, O 19.01.1937o Xuiz de Instrución Roxelio Borondo Sánchez cotouna por editos para a declaración indagatoria e constituirse en prisión na Causa 99/1936 sobre "sedición". Resulta inconcebible que un xuiz poidese inculpala por un acto que tivo lugar 22 días antes da declaración do estado de guerra polos militares alzados contra a República en Lugo.
ENGROBA SOMOZA, ELVIRA.-@ "Fortunata". Filla de de Fortunato Engroba e Estrela Somoza, mestra nacional, casada, natural de San Mamede do Camiño, veciña do Carballal -San Salvador de Vilar de Sárria. E causa instruida polo Xulgado de Instrución de Sárria ( 99 /1936 ) e por sentenza ditada pola Audiencia Provincial de Lugo en 20 de xaneiro de 1937 foi condenada á pena de un ano, 8 meses e 21 días de prisión menor , as accesorias de suspensión de todo cargo e dereito de sufraxio durante o tempo da condena, pagamento de custas por sétimas partes e a que "en concepto de indemnización solidaria satisfagan ao perxudicado don Manuel Saco a cantidade de 224,50 pesetas ". Esta pena foille imposta por razón do apedramento da Casa Saco e o Casino , na rúa Maior, .posterioridade ao enterro do asasiiñado concelleiro Pedro García Arcas** ( 31.03,1939 ) Nun informe do Alcalde de Sárria lese" Elvira Engroba Somoza , por esquerdista, foi destituida do cargo de mestra da Escola Unitaria de Nenas de San Xulián da Veiga e suxeita despois a prisión e procedemento por ter tomado parte activa nos destrozos causados na Sociedade Casino desta Vila, sendo condenada por eses feitos, achándose hoxe en liberdade despois de cumprida a condena.
FERNÁNDEZ, MARÍA.-Á morte do seu marido Manuel González López a mans dun grupo de falanxista en Corvelle ( 25.07.1936 ) quedaron orfos de pai os seus fillos Arsenio e Manuel González Fernández.
FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, MANUELA.- Esposa de Montero e veciña de Sárria. Os falanxistas puxéronlle unha arbitraria multa de 75 pesetas.
FERNÁNDEZ PÉREZ, ÁNXELA.- Esposa de Avelino Quintana da Aguiada- Santo Estevo de Calvor- Foi detida na súa casa á unha da madrugada e levada ao cárcere de Sárria pola "Escuadra Negra", esixíndolle ao marido un rescate de 4.000 pesetas, aínda que lle fixeron unha rebaixa.
FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, DORES.- Veciña de Paradela- Castro de Rei de Lemos. Entregada pola Garda Civil de Castro de Rei ao dispor do Gobernador Militar para ingreso no Depósito Municipal de Detidos e Presos de Sárria en 25.04.1939. Foi posta en liberdade o 1.05.1939.
GARCÍA, CONSUELO.- Ao ser asasiñado o 26.06.1936 o seu compañeiro Francisco Cabarcos, nos salóns da sociedade A Unión, por Manuel Carrozas Varela, quedoulle unha filla chamada Pilar Cabarcos López.
GÓMEZ VILA, MARÍA.- Veciña do Incio. O seu marido Antonio Gallego Teimoy foi morto en 3.08.1938 quedando orfos os seus fillos Dominica, Carme, Antonio, Mercé , Celia, Lino e María Gallego López.
LAGO JURJO, XULIA,.Veciña de Samos- San Xoán de Louzara.** Entrou no Deposito Municpal de Detidos e Presos de Sárria o 24.04.1939 conducida pola Garda Civil do Incio e ao dispor do Gobernador Militar.
LIMERES PENADO, HERMINIA..-Veciña de Sárria. ** Entrou no Depósito Municipal de Detidos e Presos de Sárria o 25.04.1939 conducida pola Garda Civil ao dispor do Gobernador, por estar fuxido . Tiña unha nena de dous anos.
LÓPEZ , ESPERANZA.- Veciña de San Xoán do Loio ( Paradela). Os falanxistas leváronlle un becerro nunha abusiva actuación.
LÓPEZ FERREIRO, DORES.- Veciña de Sárria. ** En 24.04.1939 foi ingresada no Depósito Municipal de Detidos e Presos de Sárria, habilkitado como cárcere, ao dispor do Gobernador Militar. Foi posta en liberdade o 28.04,1939 "por ter desaparecido a causa da sús detención".
LÓPEZ GÓMEZ, ANUNCIA.- Veciña de Triacastela-As Pasantes ** Entrou no Deposito de Detidos e Presos de Sárria o 30.04.1939, conducida pola Garda Civil de Triacastela en calidade de refén por ter ao seu marido fuxido-** Saíu en liberdade o 3.05.1939.
LÓPEZ JURJO, XULIA,. Entrou no Deposito Municipal de Detidos e Presos de Sárria o 24.04.1939 e saiu en liberdade en 3.05.1939.
LÓPEZ LÓPEZ, ÁNXELA.- En 29.07.1937 fusilaron en Lugo ao seu marido Xosé López López, acusado de "auxilio á rebelión" quedando orfos os seus tres fillos.
LÓPEZ LÓPEZ, AMALIA.- Veciña de Paradela- Castro de Rei de Lemos. Entrou no Deposito Municipal de Detidos e Presos de Sárria o 25.04.1939, conducida pola Garda Civil de Castro de Rei ao dispor do Gobernador Militar e saiu en liberdade o 1.05.1939.
LÓPEZ LÓPEZ, CARME.- Veciña de Paradela-Castro de Rei de Lemos ** Entrou do Deposito Municipal de Detidos e Presos de Sárria o 25.04.1939 ao dispor do Gobernador Militar e saiu en liberdade o 3.05.1939.
LÓPEZ LÓPEZ, ESTRELA.- Entrou no Deposito Municipal de Detidos e Presos de Sárria conducida pola Garda Civil de Barbadelo o 24.05.1939 ao dispor do Gobernador Militar e foi posta en liberdade o 3.05.1939.
LÓPEZ LÓPEZ, XOANA.- Veciña de Sárria.- San Vicenzo de Betote. ** Entrou no Depòsito Municipal de Detidos e Presos de Sárria 0 26.04.1939 e saiu en liberdade o 2.05.1939,
LÓPEZ PÈREZ, AMADORA.- Veciña de Paradela- Castro de Rei de Lemos. Entrou no Depósito Municipal de Detidos e Presos de Sárria en 25.04.1939 , conducida pola Garda Civil de Castro de Rei, en calidade de refén por ter un familiar fuxido. Posta en liberdade o 1.05.1939.
LÓPEZ PÉREZ, MARÍA.- Veciña de Sárria- Santa María de Ortoá.**Entrou no Depósito de Detidos e Presos de Sárria o 23.04.1939 e saiu en liberdade o 2.05.1939, Tiña un neno de 14 meses e o marido estaba fuxido. Foi detida en calidade de refén.
LÓPEZ RODRÍGUEZ, PURIFICACIÓN.- Detida no Depósito Municipal de Detidos e Presos de Sárria ao dispor do Gobernador Militar e foi posta en liberdade o 28.04.1939 " por ter desaparecido a causa da súa detención".
LÓPEZ SOTO, SARA,.Veciña de Sárria.** Entrou no Deposito Municipal de Detidos e Presos de Sárria o 23.04.1939 ao dispor do Gobernador Militar e saiu en liberdade o 3.05,1939, Tiña dous fillos chamados Roberto e Domingos Melle López.
MACEDA MACÍA, CARME.- Veciña do Incio. Adicada aos seus labores, Natural da Pobra do Brollón e veciña de Santo Estevo de Eirexalba. Tiña 72 anos ; era filla de Xoán Maceda e María Macía, estaba casada con Manuel Rodríguez Casas e tiña dous fillos , Anuncia e Antonio Rodríguez Macía .Morreu no tiroteo que houbo con ocasión da entrada na súa casa por parte da Garda Civil , con resltado da morte do tenente da GC de Sárria e de dous fuxidos que foran delatados por un veciño do lugar. Faleceu o 12.05.1939 baixo o eufemismo rexistrral de "hemorraxia"
MARTÍNEZ, MARÍA.-Veciña de Quiroga. ** O 22.08.1936 no Alto da Valiña un grupo de falanxistas asasiñou ao seu mardio, Benigno Morillo Vidal deixando tirado o seu cortpo nunha gavia da estrada de Nadela a Campos de Vila, parroquia de San Pedro de Froián. Quedaron orfas as sús tres fillas: Dores, Lucinda e Rosa Morillo Martínez.
MÍGUEZ LÓPEZ, TEREIXA.- Veciña de Láncara, lugar dos Vaos ** Entrou no Deposito Municipal de Detidos e Presos de Sárria, conducida pola Garda Civil de Láncra aos dispor do Gobernador Militar o dái 30.04.1939 sendo posta en liberdade o 3.05.1939.
MOURELO ARMESTO, .-Viuva de Ramón Rosdríguez Maceda asasiñado por falanxistas o 9.08.1936.
NOVO LÓPEZ , MARÍA.- Veciña de Samos- San Xoán de Lóuzara.** Entrou detida no Depósito de Detidos e Presos de Sárria, conducida pola Garda Civil do Incio, ao dispor do Gobernador Militar o 24.04.1939 e saiu en liberdade o 3.05.1939.
PÉREZ, CONCEPCIÓN.- Perdeu ao seu fillo Francisco Arias Pérez , morto o 20.06.1936 en Sismonde-Santiago da Laxe ( Paradela), cando na compaña doutras persoas andaba a facer requisa de armas , e dende o interior da casa do crego Ramón Varela se fixeron disparos sobre o grupo.
PÉREZ, DOSILIA.- O 29.07.1937 fusilaron en Lugo ao seu marido Daniel Pérez López, veciño de Paradela, acusado de participación nas queimas de casas o 20.07.1936 en Sismonde e Vilachá das Cortes Quedaron orfos os seus oito fillos.
PÉREZ ARIAS, BENIGNA.- Veciña de Paradela-Castro de Rei de Lemos.* Entrou no Depósito Municipal de Detidos e Presos de Sárria o 25.04.1939, conducida pola Garda Civil de Castro de Rei ao dispor da Garda Civil e saiu en liberdade o 3.05.1939. Tiña un neno de dous meses.
PÉREZ CALDAS, EUXENIA.- Veciña do Incio. O seu marido Evaristo Mourelo Villanueva morreu o 26.11.1939. Deixou dúas fillas: Carme e Petra Mourelo Pérez.
PÉREZ LÓPEZ, IFIXENIA.- Veciña de Paradela- Castro de Rei de Lemos.** Entrou no Deposito Municipal de Detidos e Presos de Sárria o 25.04.1939 conbducida pola Garda Civil de Casrtro de Rei de Lemos ao dispor do Gobernador Militar e saiu en liberdade o 1.05.1939. Tiña un neno de doce meses. ** O médico Antonio Quiroga , en 26.04.1939, certificou que a atendera no cárcere onde sufrira un ataque cardíaco sendo preciso aplicarlle inxexións de aceite alcanforado e como tiña un neno de peito" debe ser trasladada a un establecemento benéfico a fin de ser debidamente atendida".
RAPOSO, ANASTASIA.-O seu marido Xosé Montero Abella morreu violentamente no Oural o 9.06.195..
REY SOMOZA, DORES.- Veciña de Paradela. Outeiro de Barán. Faleceu o 11.01.1947 ( Rexistro Civil de Paradela ) cando xunto co seu marido Dositeo Díaz López foi asasiñada nunha acción de represalia por unha partida de fuxidos, entre os que sinalaron a presenza do chamado " Piloto". En presenza dos veciños do lugar dispararon contra eles causándolles a morte e queimáronlles a casa . Houbo a creza de que eses feitos derivaron dunha acción de represalia porque en Outeiro fora detido o fuxido Emilio Golás , que morreu, ademáis dun sobriño seu, como consecuencia dos disparos da forza pública (GC ). Segundo crenza xeral Dores e Dositeo denunciaran a presenza da Emilio Golás nunha casa da aldea.
RIVERA GONZÁLEZ, CONSUELO.- Veciña de Quiroga. Un grupo de falanxistas descoñecidos matou ao seu marido o 28,09.1936 no Alto da Valiña, deixando o seu corpo tirado nunha gavia da estrada de Nadela a Campos de Vila. Quedaron orfos os seus fillos Luis, Vicenzo, Raúl e Emilio Rivera.
RODRÍGUEZ, XENEROSA.- Veciño de Paradela- Castro de Rei de Lemos, Os falanxistas sacaron da súa casa ao marido ao que levaron para o monte.
RODRÍGUEZ ÁLVAREZ, ROCÍO.- Veciña da Vila de Sárria. * * En 24.04.1939 ingresou no Deposito Municipal de Detidos e Presos de Sárria, habilitado como cárcere, ao dispor do Gobernador Militar , entregada pola Garda Civil de Sárria en calidad de refén " por ter o marido fuxido" . Foi posta en liberdade o 28.04.1939 "por terse presentado o seu marido".
RODRÍGUEZ DÍAZ, VICENTA.- Veciña de Paradela- San Xoám de Loio. Na idade de 26 anos os falanxístas esixíronlle a entrega forzosa de dous xamóns e 75 pesetas.
RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, CONSUELO.- Veciña de Paradela-Castro de Rei de Lemos** Entrou no Deposito de Detidos e Presos de Sárria o 25.04.1939 conducida pola Garda Civil de Castro de Rei ao dispor do Gobernador Militar.
RODRÍGUEZ LÓPEZ, ALICIA.- Veciña de Paradela- Castro de Rei de Lemos-** Entrou no Deposito Municipal de Detidos e Presos de Sárria o 25.04.1939 conducida pola Garda Civil de Castro de Rei ao dispor do Gobernador Militar e saiu en liberdade o 1.05.1939.
RODRÍGUEZ LÓPEZ, DORES.-Veciña de Paradela- Castro de Rei de Lemos. ** Ingresada no Depósito Municipal de Detidos e Presos de Sárria o 25.04.1939 por traslado feito pola Garda Civil de Castro de Rei ao dispor do Gobernador Militar en calidade de refén por ter un familiar fuxido- Foi posta en liberdade o 1.05.1939.
RODRÍGUEZ LÓPEZ, PURIFICACIÓN.- Veciña de Sárria- San Pedro de Froián.** Conducida pola Garda Civil do Oural ingresou no Depósito Municipal de Detidos e Presos do Oura o 24.04.1939 ao dispor do Gobernador Militar
RODRÍGUEZ LÓPEZ, XULIA.- Veciña de Paradela-Santiado de Aldosende. ** Entrou no Depósito Municipal de Detidos e Presos de Sárria o 25.04.1939 conducida pola Garda Civil de Castro de Rei ao dispor do Gobernador Militar e saiu en liberdade o 5.03.1939. Tiña un neno de 19 meses.
RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, ALICIA.- Estando detida no Depósito Municipal de Detidos e Presos de Sárria foi posta en liberdade o 1.05.1939,
RODRIGUEZ RODRÍGUEZ, AMADORA.- Veciña de Paradela- Castro de Rei de Lemos**Entrou no Depósito Municipal de Detidos e Presos o 25.04.1939 , levada pola Garda Civil de Castro de Rei ao dispor do Gobernador Militar.Saiu en liberdade o 3.05.1939.
RODRIGUEZ RODRÍGUEZ, MANUELA.-Veciña de Paradela- Santiago de Aldosende .** Entrou no Depósito Municipal de Detidos e Presos de Sárria o 25.04.1939 conducida pola Garda Civil de Paradela.Saiu en liberdade o 3.05.1939.
RODRÍGUEZ VALCARCE, MARÍA.- Veciña do Incio, Detida no Depósito Municipal de Detidos e Presos de Sárria, foi posta en liberdade o 24.04.1939.
RODRÍGUEZ VÁZQUEZ,MARÍA.- Veciña do Incio.** Entrou no Deposito Municipal de Detidos e Presos de Sárria conducida pola Garda do Incio o 24.04.1939, ao dispor do Goberno Militar.
RODRÍGUEZ VIGO, DORES.- Entrou no Depósito Municipal de Detidos e Presos de Sárria o 25.04.1939 e saiu en liberdade o 3.05.1939.
SACO MAO, MARÍA.-Entrou no Depósito Municipal de Detidos e Presos de Sárria o 25.05.1939 e trasladada a Lugo ao seguinte día.
SÁNCHEZ ARIAS, CONSUELO.- Da Casa do Vento de Sárria- Barrio de San Lázaro. Da razón social "Fillos de Antonio Sánchez Teijelo". Nai de Antonio Páramo Sámchez ,alcalde sarriao en 1946. Naceu en Piñeira o 12.01.1888. Era fill do comerciante Antonio Sánchez Teijelo e Manuela Arias Fernández tivo doua fillos: Antonio e Xulio Páramo Sánchez, O primeiro , avogado, para salvar a vida estivo fuxido desde o día 20.07,1939, oculto longos anos en varios lugares de Paradela e O Saviñao, e o segundo condenado en consello de guerra no que se ditou sentenza condenando a morte ao seu tío Vicenzo Páramo Losada , acusados de " auxilio á rebelión". Como no despacho do seu fillo Antonio apareceron algunhas armas inservibles houbo un intento de encarcerala, malia o seu estado de saúde. Sufriu vexames por parte de falanxistas sarriaos, que fixeron abusivas sustracións de alimentos e bebidas do seu almacén. cortes da liña telefónica, esixenzas de entrega forzosa de sustanciosas cantidades de diñeiro, etc, etc. Faleceu o 9.01.1940.
SÁNCHEZ ARIAS, SARA.- Da Casa do Vento do Barrio de San Lázaro. Tía do alcalde sarriao Antonio Páramo Sánchez , razón pola que foi obxecto de vexacións e persecucións , xunto coas súas irmás por coñecidos falanxistas da vila de Sárria, con esixencia de aportacións forzosas de diñeiro, decomiso de alimentos e bebidas dos seus almacéns , insultos, etc, etc. que só acabaron cando o xefe da Garda Civil, Pedro García, se enfrontóu aos falanxistas tomándoas baixo da súa proteción. Malia pertencer a unha familia de ricos comerciantes, ser filla de Antonio Sánchez Teijelo, que fora alcalde de Sárria, e ser persoa de habitual práctica relixiosa, causou grave escándalo na vila de Sárria o feito de que os fascistas locais para "castigo" das tías do exalcalde , ao que calificaban de "comunista", cando en realidade militara en Izquierda Republicana, someténonas a un rapado de pelo e paseáronas polas rúas da vila riba dunha camioneta. Tiña 30 anos .
SÁNCHEZ ARIAS, XENOVEVA.- Da Casa do Vento do Barrio de San Lázaro, sometida, igual ca as súas irmáns , a vexacións e inxustas represalias só polo feito de ser tía do exalcalde republicán de Sárria, fuxido o día 20 de xullo de 1936, e os falanxistas fixeron vinganza nas súas persoas e bens porque aínda que puxeron prezo á cabeza do dito exalcalde non foron quen de achar onde estivo oculto un bon número de anos. A esixenza de aportacións en diñeiro por parte de falanxistas armados, o roubo puro e simple de máquinas de escribir, alimentos e bebidas e mesmo a ocupación por máis de 20 anos da casa que a familia posuía na rúa Diego Pazos e que abusivamente foi señoreada e destinada a ser a casa da Fronte de Xuventudes e dos comedores do Auxilio Social. Foi devolta á familia grazas ao empeño do alcalde Xabier López.Acevedo López , nunha acción que ennoblece a súa memoria.
SOMOZA RODRÍGUEZ, FILOMENA.- Veciña de Sárria-San Pedro de Froián. Entrou no Deposito Municipal de Detidos e Presos de Sárria o 24.04.1939 conducida pola Garda Civil do Oural, ao dispor da Garda Civil en calidade de refén por estar fuxido o seu marido e saiu en liberdade o 3.05.1939.
TOIRÁN , DORINDA.- Veciña de Paradela. Viuva de Xoán Boado López, falecido o 25.03,1938.
TORRES FERNÁNDEZ, ASUNCIÓN.- Ao morrer o seu marido Pedro García Arcas,, concelleiro en Sárria, ( 27.06.1936) , vítima do atentado que tivo lugar nos Salóns da Sociedade La Unión do que foi autor o exlexionario e falanxista Manuel Carrozas Varela. Por razón dese crime quedaron orfos os seus fillos Carme, Asunción e Pedro García Torres. Malia a que o Concello de Sárria acordou a cesión en propiedade do terreo no que foi sepultado, dende o Axuntamento, de xeito intencionado, non se respetou a memoria do asasiñado e a foxa foi vendida a terceiros , privando á familia do espazo ao tempo que os seus restos mortais desapareceron.
VAQUERO LÓPEZ, CARME.- Veciña de Sárria, de 30 anos, filla de Clemente Vaquero e Carme López , casada.- En Causa instruída polo Xulgado de Instrución de Sárria ( 99 / 1936 ) e por sentencia ditada pola Audiencia Provincial en 20 de xaneiro de 1937 , foi condenada á pena de un ano, oito meses e 21 días de prisión menor, as accesorias de pagamento de custas por sétimas partes e a que " en concepto de indemnización solidaria satisfagan ao perxudicado don Manuel Saco a cantidade de 224,50 pesetas " Esta pena foille imposta pola súa participación no apedramento da Casa Saco e o Casino de Sárria, na Rúa Maior, con posterioridade ao enterro de Pedro García Arcas.
VÁZQUEZ LÓPEZ, CARME.- Veciña de Eirexalba-O Incio. En xuño de 1936 escoitou uns disparos fora da súa casa e ao sair para ver o que pasaba foi alcanzada por unha bala. Como a utor foi detido Luis Castro Gómez de 18 anos. Quedaron orfos os seus fillos Bautista, Manuel e Xosé María Gómez Vázquez.
VÁZQUEZ SOMOZA, DORES.- Entrou no Depósito Municipal de Detidos e Presos de Sárria o 26.04.1939.
VILA FERNÁNDEZ , MATILDE.- Veciña de Paradela- Castro de Rei de Lemos-. Entrou no Deposito Municipal de Detidos e Presos de Sárria o 25.04.1939 conducida pola Garda Civil de Castro de Rei ao dispor do Gobernador Militar e saiu en liberdade o 3.05.1939.
VIUVA DE MANUEL LÓPEZ RODRÍGUEZ.- O seu marido, veciño de Paradela, foi fusilado en Lugo o 11.10.1937 baixo a acusación de " auxilio á rebelión".
VIUVA DE RAMIRO RODRÍGUEZ GUTIÉRREZ.- O seu marido, veciño de Paradela, foi fusilado en Lugo o 11.10.1937 baixo a acusación de "auxilio á rebelión ".
VIUVA DE VICENZO PÀRAMO.- O seu marido , gandeiro de Sárria, e tío do alcalde republicán Antonio Páramo Sánchez foi fusilado en Lugo o 3.09.1936, baixo acusación de "auxilio á rebelión " e a de ser o mentor político do seu sobriño.
VIUVA DE XOSÉ LÓPEZ YÁÑEZ.- O seu marido , veciño de Paradela, foi fusilado en Lugo o 11,10,1937 acusado de "auxilio á rebelión".
Parabens polo blog. Un favor, podería indicarme a fonte ou onde obter máis información? Interésame a historia dunha das mulleres mencionadas, Emilia Álvarez Goyanes, irmá do meu bisavó. Grazas!
ResponderEliminar