CEMITERIOS DAS PARROQUIAS RURAIS DE SÁRRIA
CEMITERIOS DAS PARROQUIAS RURAIS DE SÁRRIA
Os cemiterios das parroquias rurais de Sárria teñen a súa orixe do ano 1820 endiante cando por razóns de saúde pública se proibiu facer enterramentos no corpo e no presbiterios das igrexas e capelas que se viñan facendo dende moitos séculos atrás e se habilitaron os adros para ese cometido. Só dúas parroquias, suprimidas en 1890 a efectos eclesiásticos non contan con cemiterio ( San Martiño de Requeixo e Santo Estevo do Mato ).
Historicamente os enterramentos eran xestinados pola Fábrica da Igrexa , coexistindo as foxas abertas na terra cos enterramentos dotados con rendas e fundacións de misas aniversarias, enterramentos privilexiados con dereito a tarima concedido a familias fidalgas. Ocasionalmente, cando non había espazos dispoñibles dentro das igrexas fixéronse enterramentos nos adros ou en ernidas ou capelas das distintas freguesías. Os párrocos , cregos e familias privilexiadas eran enterrados en lugares destacados ( presbiterio, ao pé de altares ) e tiñan permitida a colocación de grosas pedras , en casos con inscricións.Nos Libros de Enterramentos das freguesías nas inscricións dos falecidos constan referenzas aos lugares onde se depositaban os corpos. Os suicidas , réprobos e persoas alleas aos principios relixiosos establecidos eran enterrados fora de "lugar sagrado"<
As Confrarías de Ánimas e as doutras advocacións establecidas nas parroquias coas tarxas que axuntaban adicaban fondos á asistencia dos confrades , ao acompañamento nos enterros e á celebración de de funcións relixiosas en sufraxio das súas almas.
A Fábrica da Igrexa era unha institución formada en cada parroquia, gobernada en cada un ano por un Mordomo que axuntaba os recursos desmais e os administraba , cobrando tamén a renda en diñeiro ou gra que co nome de dereito de foxorio se lles cobraba ás familias cando se enterraban fregueses. No caso de enterramentos de peleriños facían espolio das prendas , bens ou diñeiro que con el levase para os gastos de funeración e enterro. No caso de pobres de solemnidade ou de pasaxeiros sen recursos os cregos facían a funeración "de esmola" , mais en moitas ocasións persoas podentes da parroquia aportaban diñeiro para que o párroco cumprise coa obra de misericordia que manda "enterrar aos defuntos".
En algunhas parroquias de unha a tres veces por ano, os párrocos celebraban "Autos de Ánimas " con confesións e comuñón xeral e celebración de misas coa concorrenza de varios crfegos, en función dos fondos de que dispuxese a Confraría.
Ademáis das misas rezadas e de funerais e cabo de ano as familias viñan obligadas a facer ofrecemento das chamadas Misas Gregorianas que se dicían durante un mes na memoria dos falecidos.. Tamén era costume, mantida nalgunhas parroquias da comarca de Sárria até os anos 1960 a ofrenda de responsos na misa dominical durante un ano.
OS CEMITERIOS RURAIS DO CONCELLO DE SÁRRIA
SANTA MARÍA DE ALBÁN.- Conta cun adro-cemiterio con algúns enterramentos antigos en terra e sepulturas baixas, agás unha con varios nichos en altura que se fixo gravitar sobre terreo dunha finca existente ao norte. Superficie da parcela: 324 m/2. Superficie da igrexa : 114 m/2. Os enterramentos antigos facíanse dentro da igrexa románica, con pagamento de dereito de foxoiro para a fábrica da igrexa.
SANTALLA DE ARXEMIL.-Adro-Cemiterio con moitos panteóns con nichos altos que perxudican a perspectiva do templo Superficie da parcela: 248 m/2..
SANTIAGO DE BARBADELO.-a ) Cemiterio Vello: No adro da igrexa. Conserva algús enterramentos en terra e a norte e leste dúas reas de panteóns moi elevados que cercan o templo e tratándose dun Ben de Interese Cultural desvirtúan totalmente o conxunto histórico-artístico. Superficie da parcela: 906 m/2. Superficie da igrexa, sancristía e hospitaliño; 255 m/2. Os enterramentos antigos de fregueses e peregrinos facínase dentro do templo, con pagamento do dereito de foxoiro.
b) Cemiterio Novo.- Promovido por veciños da parroquia, a carón do Camiño de Santiago e do Campo da Festa. Presenta uniformización de nichos en disposición colectiva. Superficie; 1.267 m/2.
Enterramentos históricos: Houboos nos desaparecidos mosteiros medievais ( San Martiño de Barbadelo e San Pedro de Taíde ) e posiblemente nas ermidas e capelas ( San Miguel de Riáticos-Castro das Paredes, San Silvestre, Santa Icía ) e na desaparecida igrexa de Marzán.
SANTA MARÍA DE BELANTE.- Adro -Cemiterio cunha superficie de 379 m/2. A superficie da igrexa románica é de 102 m/2.
Enterramentos históricos: A carón da Capela de San Marco ( antigo
mosteirolo de San Adrao do Monte do Páramo ) consérvanse abertos na
pena tres sartegos on panteós illados que non estorban a visión da igrexa románica. Os enterramentos antigos facíanse dentro da igrexa con pagamento de dereito de foxoiro para a fábrica da igrexa. No lugar da Casanova houbo unha capela na que cecais se fixesen enterramentos ocasionais
SAN VICENZO DE BETOTE.- Adro-Cemiterio cunha superficie de 651 m/2 . A superficie da igrexa románica e da anexa Capela da Nosa Señora é de 146 m/2.
Enterramentos históricos: Fixéronse dentro da igrexa e da capela anexa, na que había enterramentos dotados, con pagamento de rendas e dereitos de foxoiro.
SAN MIGUEL DE BIVILLE.- Adro-Cemiterio en parcela de 482 m/2. A igrexa románica ten unha superficie de 114 m/2.
Enterramentos históricos: A carón da Capela de San Marco ( antigo mosteirolo de Santo Adrao do Monte do Páramo ) hai tres sartegos abertos na pena. Os enterramentos dentro do templo facíanse pagando o dereito de foxoiro en beneficio da fábrica da igrexa.
SANTO ESTEVO DE CALVOR.- Cemiterio de finais do século XIX con ampliacións a carón da igrexa reconstruída e ampliada no remate do dito século. Superficie do cemterio: 829 m/2. Superficie da igrexa nova: 226 m/2.
Enterramentos históricos; Fixéronse nos mosteiros medievais de Santo Estevo de Calvor e San Salvador de Barxa. Na derrubada igrexa románica fixéronse enterramentos no interior , con pagamento do dereito de foxoiro para a fábrica xestionada polo mordomo nomeado polos fregueses. Cando se suprimiron os enterramentos no templo durante alguhas décadas houbo enterramentos no Adro-Cemiteiro.
SAN MAMEDE DO CAMIÑO- Adro-Cemiterio nunha parcela de 272 m/2 . A superficie da igrexa: 77 m/2.
Enterramentos históricos: Ocasionalmente poido haber enterramentos na capela de San Pedro do Camiño. Os enterramentos dentro do templo, recollidos no correspondente Libro, facíanse pagando o dereito de foxoiro administrado polo mordomo da parroquia.
SANTIAGO DE CASTELO DOS INFANTES.- Adro-Cemiterio en parcela de 156 m/2 dos que 111 m/2 corresponden á igrexa.
Enterramentos históricos: Dentro do templo facíanse os enterramentos pagando o dereito de foxoiro xestionado polo mordomo en beneficio da fábica da igrexa.
SAN SALVADOR DE CESAR.- Adro-Cemiterio nunha parcela de 389 m/2 dos que 102 m/2 corresponden á igrexa.
Enterramentos históricos: No desaparecido mosteiro de San Paio de Cesár, no período medieval fixéronse enterramentos, Facíanse dentro do templo con pagamento de dereitos de foxoiro para a fábrica da igrexa.
´SAN MAMEDE DA CHANCA.- Adro-Cemiterio darredor da igrexa nova alzada nos anos finais do século XIX. Superficie da parcela 299 m/2 dos que corresponden 173 m/2 ao templo parroquial.
Enterramentos histíricos; Facíanse dentro da igrexa vella con pagamento do dereito de foxoiro en beneficio da fábrica xestionada polo mordomo, con entrega de reais ou medidas de pan centeo.
SAN XULIÁN DE CHORENTE.- a ).- No Adro-Cemterio até que se fixo o Cemiterio Novo promovido polos veciños . Conserva algunhas das foxas e lápidas, estando este espazo en desuso. A superficie da parcela de 262 m/2 dos que 148 m/2 corresponden á igrexa románica.
b).- O Cemiterio Novo está alonxado da igrexa na pista que vai cara o Monte do Cotarelo e ten unha superficie de 675 m/2 que acollen panteóns e nichos dos fregueses dos lugares da parroquia, incluídos os de veciños do Oural ( parte de Chorente ).
Enterramentos históricos: Facíanse dentro da igrexa románica previo pagamento do dereito de foxoiro a favor da fábrica da igrexa. Na Idade Media cecais se farían enterramentos no mosteirolo de San Marco de Ferradal ( hoxe capela ),
SANTA MARÍA DE CORVELLE.- No Adro-Cemiterio ao sur e oeste do templo., nunha parcela de 327 m/2 dos que 171 m/2 corresponden ao templo parroquial.
Enterramentos históricos: No desparecido mosteiro de Santa María de Corvelle fixéronse enterramentos. No templo parroquial , románico, na nave e presbiterio, facíanse os enterramentos pagando o dereito de foxoiro a favor da fábrica da igrexa.
SAN XOÁN DE FAFIÁN.- No Adro-Cemiterio a norte e leste do templo, nunha parcela de 391 m/2 dos que 104 m/2 corresponden á igrexa.
Enterramentos históricos: Facíanse no interior do templo pagando dereitos de foxoiro en beneficio da fábrica da igrexa,
SANTIAGO DE FARBÁN.- No Adro-Cemiterio darredor da igrexa nova nunha parcela de 952 m/2 dos que 148 m/2 corresponden ao templo. A igrexa vella estaba na actual Casa de Redondo. No adro hai un cruceiro con unha calavera en relevo entre dous osos coa lenda " Como me ves te verás", Dando fronte á estrada do Mazadoiro á Lama Regueira hai un peto de ánimas e tamén un baixo relevo das ánimas no purgatorio, A familia do filántropo e industrial chocolateiro Matías López López posuía aquí un panteón do que é agora propietaria a familia Quiñoá.
Enterramentos históricos: Fixéronse no interior da igrexa vella e da igrexa nova, pagando dereitos de foxoiro en beneficio da fábrica. No caso de pobres de solemnidade se non había fregueses que o pagasen de esmola os párrocos non percibían dereitos.
SAN SADURNIÑO DE FERREIROS.- Adro-Cemiterio darredor da igrexa románica.Superficie da parcela: 499 m/2, da que 145 m/2 corresponden ao templo.
Enterramentos históricos: Facíanse dentro da igrexa, con pagamento de dereitos á fábrica da igrexa.
SAN MARTIÑO DO FONTAO.- No Adro-Cemiterio, con ampliación, nunha parcela de 770 m/2 dos que 121 m/2 corresponden ao templo.
Enterramentos históricos: Facíanse dentro do templo. Os fregueses pagaban dereitos de foxoiro en diñeiro ou en grá para a fábrica da igrexa. Lápida : " A la memoria de D. Buenaventura Bolaño- Cura de Fontao- Falleció el 16 de enero de 1890. EPD".
SAN XULIÁN DE FRADES.- Fronte da igrexa parroquial. É un pequeno recinto de 40 m/2, que constitúe o máis pequeno espazo funerario do Concello de Sárria, dado o escaso número de familias residentes neste único lugar ( Frades ), A igrexa ten unha superficie de 105 m/2.
Enterramentos históricos: Facíanse no interior do templo pagando dereitos de foxoiro en benefiicio ds fábrica da igrexa.
SAN PEDRO DE FROIÁN.- a) Adro-Cemiterio a carón da igrexa parroquial románica ( 182 m/2 ) cunha capela anexa ao norte. b ) Cemiterio Novo. O conxunto de igrexa e espazos funerarios alcanza os 1.009 m/2.
Enterramentos históricos: No interior do templo, pagando dereitos de foxoio ao mordomo xestor da fábrica da igrexa. No desaparecido Mosteiro de "Sancti Iacobi " de Mortolais-( A Ermida-Capela de Santiago ) fixéronse enterramentos de monxes e particulares,
SAN SADURNIÑO DE FROIÁN.- a) No Adro-Cemiterio fixéronse enterramentos até que se construiu o Cemiterio Novo e só quedan algunhas lápidas e vestixios das antigas sepulturas. c ).- Cemiterio Novo, a carón da pista de entrada á igrexa, promovido polos veciños cunha superficie de 675 m/2- A igrexa conserva a fachada románica.
Enterramentos históricos: Facíanse no interior do templo parroquial, pagando dereitos de foxorio á fábrica da igrexa. No presbiterio hai un arcosolio que contén o arcoslio brasonado da familia do Pazo de San Sadurniño, que garda os restos de Coçalo de Seiane, Diego Díaz de Guitián , Milia Losada e Ana de Setién, onde se pode ler a lenda "Aqui Gaz Conçalo de Seian e Maria de SOQ e Mil Losada Muger de Diego Diaz de Guitian senor deste Coto Marido de la D dicha Ana A de Setien y Gazen en ste monim!
SAN VICENZO DE FROIÁN.- Adro-Cemiterio darredor da igrexa nunha parcela de 577 m/2 dos que 123 corresoponden á igrexa parroquial.
Enterramentos históricos. Facíanse dentro do templo parroquial e pagaban dereitos de foxoiro en dilñeiro ou en gra aen beneficio da fábrica da igrexa. Na Idade Media houbo un mosteiro onde habería enterramentos. Hai que sinalar que se conservan varias lápida de lousas grandes con gravuras dos nomes das persoas enterradas moi erosionadas,
SAN MIGUEL DE GOIÁN.- Adro-Cemiterio a norte e leste da igrexa parroquial ( Santuario do Santo Cristo ), nunha parcela de 922 m/2 dos que 310 m/2 corresponden ao templo.
Enterramentos históricos: Facíanse na igrexa románica, sometida a ampliacións, pagando o dereito de foxoiro a favor da fábrica. A esxistenza do Hospital de Goián no Camiño Francés de Lugo a Monforte deu lugar ao enterramento de peregrinos e pasaxeiros. Había capelas en Outeiro, a Mamoela, A Serra, San Bartolomeu e Santo Anxo de Lamelas.
SANTA MARÍA DE LIER.- Adro Cemiterio nunha parcela de 637 m/2 dos que 190 m/2 correspóndenlle áo templo parroquial.
Enterramentos históricos: Os enterramentos facíanse no interior do templo, pagando o dereito de foxoiro á fábrica da igrexa.Hai unha capela en Lier e tiña moita sona a do Santo Anxo, dentro da igrexa parroquial.
SAN MARTIÑO DE LOUREIRO.DE FROIÁN.- Adro- Cemiterio
Enterramentos históricos: Facíanse no interior do templo, pagando dereitos de foxoiro á fábrica da igrexa.Houbo unha capela en Vilar da Torre e outra en Santa Icía.
Do periodo prehistórico quedan os enterramentos , profanados, do Campo de Mámoas de Santa Mariña.
SANTO ESTEVO DE LOUSADELA. - Adro-Cemiterio na igrexa románica ( 110 m/2 )
Enterramentos históricos: Facíanse no interior do templo , con pagamento de dereitos de foxoiro a favor da fábrica da igrexa.
SAN MARTIÑO DE LOUSEIRO.-- a ) Adro-Cemiterio a carón da igrexa parroquial ( 165 m/2 ) -b ).- Ampliación A superficie ocupada por igrexa e cemiterio é de 933 m/2.-c ) Na capela do Pazo do Barrio hai un espazo con nichos nosque se gardan restos mortais de membros da familia Rivera.
Enterramentos históricos: Facíanse no interior do templo , con pagamento de dereitos de foxorio á fábrica da igrexa. Houbo un Hospital chamado de Santo Amaro, con capela tamén desaparecida, Como curiosidade hai que sinalar que se conservan recordatorios dos falecidos tallados en madeira.
SAN PEDRO DE MASIDE.- Adro-Cemiterio con nichos e panteóns darredor da igrexa parroquial nunha parcela de 542 m/2 tamén a caron da Casa Reitoral.
Enterramentos históricos: A igrexa actual sustituiu no século XVIII a outra que había na àrte oeste da parroquia perto do Currial-Vilerma. Houbo outra igrexa, propia da freguesía de San Vicenzo de Maside, no lugar de San Vicenzo. En Santo Estevo, coñecido sucesivamente como Santo Estevo de Barbadelo, Santo Estevo de Requeixo e Santo Estevo de Maside, houbo un templo da Orde do Temple que acabou convertido nunha capela ( xa desaparecida ). En todos eses espazos relixiosos fixeron enterramentos nas súas naves, con pagamento de dereitos de foxorio. Dentro da parroquia de San Pedro de Maside, e até o ano 1890 no que esa zona se integrou na vila de Sárria, estaba o Hospital de San Lázaro que acollía aos gafos ( doentes de lepra ), na que dentro e fora dela eran enterrados os ali acollidos cando falecían. O Hospital perdeu a súa función e autonomía ao se integrar na Obra Pía dos Hospitais de San Lázaro e Santo Antón Abade. Ate oas anos 1970, fronte á porta principal da igrexa había unha casoupa , O Osario, onde se depositaban os osos retirados das foxas ao facer novos enterramentos.
SAN SALVADOR DO MATO.-Adro-Cemiterio ampliado cara o sur nunha parcela de 360 m/2 dos que 98 corresponden á igrexa parroquial e 28 m/2 a un panteón sigulkar con seis nichos.
Enterramentos históricos : Facíanse no interior do templo, pagando o dereito de foxorio a favor da fábrica da igrexa. Houbo un intento de facer un cemiterio arredado da igrexa que non logrou o apoio dos fregueses quedando abandoadas as obrax feitas. No lugar de Manán hai unha capela.
SANTO ESTEVO DO MATO.- Non ten cemiterio, e os enterramentos fanse en San Martiño de Loureiro.
Enterramentos históricos: Facíanse dentro do templo, pagando dereito de foxorio controlado polo mordomo da fábrica da igrexa-
SAN XULIÁN DE MEIXENTE.- Adro-Cemiterio con panteóns e nichos.
Enterramentos históricos : A igrexa coñecida na Idade Media como San Xulián de Castelo debeu ocupar un espazo coñecido como "Parrocha". Os enterramentos no interior dos templos daban lugar ao pagamento de dereitos de foxorio pagos en diñeiro ou en gra.
SANTIAGO DE NESPEREIRA.- Adro-Cemiterio darredor da igrexa, nunha parcela de 439 m/2, correspondéndolle ao templo 91 m/2.
Enterramentos históricos: Facíanse no interior da igrexa con pagamento de dereitos de foxorio a favor da súa fábrica. No lugar da Ermida houbo un mosteirolo medieval , que acabou derivando na capela da Nosa Señora dos Abeledos ( Virxe dos Remedios ) e perto do actual emprazamento apareceron enterramentos delimitados por pequenas lousas perimetrais. A anterior capela estaba no curral da Casa de Baixo. Está documentada a enoxosa situación duña señora da Casa de Castragude cudavre estivo insepulto varios días por mor da discusión xurdida entre os párrocos de Santiago de Nepeerira e San Cristovo da Cervela porque cada un deles sostiña que debería ser soterrada na súa respeitiva igrexa, e só se puido enterrar candoa a Curia diocesán de Lugo resolveu o conflito.
SANTA MARÍA DE ORTOÁ.- Adro-Cemiteiro darredor da igrexa ( 111m/2 )<
Enterramerntos históricos: Facíanse no interior do templo, pagando o dereito de foxorio á fábrica da igrexa. En Ortoá estivo o mosteiro medieval de Santa María e no lugar de Rosende o mosteiro de San Salvador de Rosende ou San Salvador de Nespereira, vencellado ao de Santiago de Barbadelom onde se fixeron enterramentos de monxes e vasalos. No lugar de Santa Marta do Camiño Francés houbo un hospital de peregrinos e unha capela desaparecida.
SANTO ANDRÉ DE PARADELA< Adro-Cemiterio con tres liñas de panteós nunha parcela de 463 m/2, dos que a igrexa románica acolle 112 m/2-
Enterramentos históricos: Facíase no interior do temlpo, pagando dereitos de foxorio a favor da fábrica da igrexa. Até 1890 enterrábanse , antes no interior, e depois no adro tamén os veciños desta freguesía que había no lugar do Couso, antes de se integrar as súas c asas na parroquia de Piñeira, da que foran parte as outras vivendas.
SAN SALVADOR DA PENA.- Adro-Cemiterio nunha parcela de 423 m/2 dos que 123 m/2 corresponden á igrexa e á capela anexa. Este cemiterio acolle tamén enterramentos da parroquia de Santa María da Pena.
Enterramentos históricos: Facíanse no interior do templo, pagando os dereitos de foxorio ao mordomo da fábrica da igrexa.
SANTA MARÍA DA PENA.- Hai anos que se abandoaron os enterramentos no seu adro- A igrexa , de 179 m/2 está dentro dun espazo de 211 m/2.
Enterramentos históricos Facíanse pagando o dereito de foxorio baixo a administración do mordomo da fábrica da igrexa-
SAN SALVADOR DA PINZA.- Adro-Cemiteiro nunha parcela de 380 m/2 dos que 112 m/2 corresponden á igrexa.
Enterramentos históricos: Faciánse no interior do templo, pagando dereitos de foxorio a favor da fábrica da igrexa. Na Idade Media, nesta parroquia, houbo os mosteiros de San Salvador da Pinza e de San Mamede , a carón do río Loio, onde se fixeron enterramentos de relixiosos e fregueses. As capelas de Morgade e de Valiñas completaban a atención espiritual dos veciños.
SAN MIGUEL DE PIÑEIRA.- a ).- Adro-Cemiterio darredor da igrexa , con algúns panteóns e enterramentos na terra.- b).- Cemiterio San Miguel promovido pola Asociación de Veciños " San Miguel"; ocupa unha superficie de 878 m/2, e conta con capela, sala para autopsias, servizos hixiéncos, forno para cremar restos non biolóxicos, e está dotado de amplo aparcadoiro, auga e elecricdade. Está xestionado pola Asociación e como a igrexa parroquial é de escasas dimensións, os funerais de enterro, polo xeral, celébranse na capela ali existente. No espazo central hai unha zona para acoller enterramentos na terra cando por causas de forza maior haxa que dar sepultura a persoas que non pertenezan aos núcleos familaires propietarios de nichos. Grabada en pedra lese a seguinte lenda " No piseis las flores ni los muertos. Unha característica deste cemiteiro veciñal é que a decoración de de todos os nichos é idéntica.
Enterramentos históricos: A igrexa parroquial acolleu os enterramentos dos seus fregueses, pasando en 1890 algúns dos lugares para as parroquias de A Chanca e Chorente. Había que pagar o dereito de foxorio a favor da fábrica da igrexa. Os mosteiros de San Miguel de Piñeira ( ou de Barbadelo ) e de San Paio de Piñeira, e os eremitorios de San Marco de Ferradal e San Xoán do Couso foron outros tantos lugares de enterramento. Na actualidade consérva nse as capelas de San Paio e a de San Xoán do Couso ( nesta roubaron as imaxes do seu retábulo ).
SAN FIZ DE REIMÓNDEZ.- a ) Adro-Cemiterio que conserva algúns enterramentos Está darredor da igrexa románica ocupando unha parcela de 388m/2 dos que 185 m/2 corresponden ao templo. b) Cemiterio Novo promovido polo construtor Manuel López González, @ Ferreiro de Sanfiz., que vendeu os nichos tanto a familias da parroquia como a persoas de Sárria e outros lugares. A superficie da parcela é de 919 m/2 e os nichos ocupan 318 m/2.
Enterramentos históricos; Facíanse no interior do templo con pagamento de dereito de foxoiro , No adro foi enterrado, por orde xudicial, un dos asasiñados no Alto da Valiña por elementos descoñecidos da Falanxe.
SAN MARTIÑO DE REQUEIXO.- Non hai cemiterio dentro do termo da parroquia,A igrexa románica está nun espazo de 72 m/2 dos que 66 m/2 corresponden ao tempol. Até 1890 eran enterrados os seus fregueses na igrexa de Vilar de Sárria e despois no Adro-Cemiterio da mesma parroquia. De 1891 endiante pasaron a ser enterrados no Cemiterio Municipal de Sárria.
Enterramentos históricos: Fixéronse no interior da igrexa románica antes de pasar a foxas abertas no interior do templo pagando os dereitos de foxorio. Os veciños de Vilar de Sárria puxèronlles pleito aos de San Martiño polo uso das campás , xa que para dar novas das mortes tocaban os sinos co natural desgaste delas e sen contribuiren nin á súa fabricación, mantemento , etc. O asunto resolveuse sinalando unha cantidade en diñeiro que as familias de San Martiño para compensar o desgaste terían que pagar á fábrica da igrexa de San Salvador de Vilar de Sárria. Ao se establecer no Mazadoiro o Hospital Municipal "Nosa Señora do Carme" e o Asilo de Anciáns Desamparados con capela propia servida por un crego-capelán as mortes que alí se producian daban lugar a funerais celebrados nese templo sendo levados os cadavres ao Cemiterio Municipal onde nun espazo da parte baixa foron soterrados. As monxas falecidas no Asilo foron enterradas nun panteón baixo propiedade da Congregación .
SANTA MARIÑA DE RUBÍN.- Adro-Cemiterio nun espazo de 424 m/2 dos que 100 m/2 corresponden ao templo.
Enterramentos históricos: Facíanse no interior do templo parroquial con pagamento de dereitos de foxorio á fábrica da igrexa.
SANTA EUFEMIA DE SANTO ANTOLÍN.- Tamén documentada como San Antolín de Touville a ).- Adro-Cemiterio darredor da igrexa de Santa Eufemia, O templo ten unha superficie de 130 m/2. b).- Cemiterio Novo : Despois dun procedimento adminstrativo no que houbo que vencer sucesivos atrancos até conquerir a súa legalización. Está en paraxe alonxado da igrexa parroquial.
Enterramentos históricos: Facíanse no interior do templo con pagamento de dereitos de foxoiro á fábrica da igrexa. Na Idade Media o Mosteiro de Sancti Antonini de Sárria ( Santo Antoiño de Sárria ) estivo vencellado ao Mosteiro de Samos , e no seu interior houbo enterramentos de monxes e vasalos.
SAN PEDRO DE SETEVENTOS.- Adro-Cemiterio darredor da igrexa parroquial, románica, a carón dun amplo castro. Ocupa una parcela de 617 m/2 dos que 138 m/2 corresponden ao templo.
Enterramentos históricos ; Facíanse no interior do templo, con pagamento de dereitos de foxoiro ao mordomo da fábrica da igrexa.
SAN XULIÁN DA VEIGA.- Adro-Cemiterio darredor da igrexa parroquial, nunha parcela de 543 M/2 dos que 103 m/2 corresponden ao templo.
Enterramentos históricos: Facíanse na nave e prebiterio da igrexa pagando dereito de foxario en beneficio da fábrica parroquial
SANTIAGO DA VEIGA.- Adro-Cemiterio darredor do templo parroquia, nunha parcela de 632 m/2.
Enterramentos históricos: Abrían foxas no interior de templo pagando dereitos de foxoiro á fábrica da igrexa.
SANTA MARÍA DE VILAMAIOR.- a ).- Adro-Cemiterio darredor da igrexa usado até que se fixo o Cemiterio Novo alonxado do templo. b ).- Cemiterio Novo con capela anexa perto da estrada de Mosteirovello, con unha superficie de 416 m/2,
Enterramentos históricos: Facíanse no interior do templo con pagamento de dereitos de foxoiro á fábrica da igrexa. No Pazo do Tumbiadoiro hai a capela de Santo Ildefonso ( 42 m/2 ). En Vilamaior enterraron o cadavre de Francisco Ochoa, pàrroco de Santa María de Castro de Rei de Lemos, asasiñado en 1937.
SAN FIZ DE VILAPEDRE.- a ).- Adro-Cemiterio darredor do templo parroquial nunha parcela de 698 m/2 dos que 186 m/2 corresponden ao templo parroquial.
Enterramentos históricos : Facíanse no interior do templo pagando dereito de foxoriro á fábrica da igrexa. Neste cemiterio está o panteón no que descansan os resto do médico alienista Ricardo Núñez Rodríguez, direitor que foi da Casa de Saúde de San Fiz de Vilapedre ( O Pereiro ) e tamén os de varios doentes falecidos na dita institución psiquátrica.
SAN MIGUEL DE VILAPEDRE.- Adro-Cemiterio darredor da nova igrexa de San Miguel, alzada nas primeiras décadas do século XX, que veu a sustituir á antiga igrexa.. Está nunha parcela na que a igrexa ocupa de164 m/2,
Enterramentos históricos: Fixéronse na desaparecida igrexa até 1820, con pagamento do dereito de foxoiro ao mordomo da fábrica parroquiañ Na Idade Media houbo o Mosteiro de San Mateu de Vilapedre do que foi permanencia a capela da mesma advocación ( deasparecida ). No século XVIII integrouse nesta freguesía a parroquia de San Paio de Calleiros que contou cunha igrexa propia da que non se garda memoria.
SANTA MARÍA DE VILAR.- Adro-Cemiterio darredor do templo parroquial nunha parcela de 603 m/2 dos que 124 están ocupados pola igrexa.
Enterramentos históricos: Facíanse na nave e presbiterio do templo pagando dereito de foxorio á fábrica da igrexa.
SAN SALVADOR DE VILAR DE SÁRRIA.- Adro-Cemiterio darredor da igrexa románica nunha parcela de 776 m/2 dos que 178 corresponden ao templo parroquial.. Está saturado con nichos a ras do chan e con panteóns e nichos que fan alta cerca.
Enterramentos históricos: Facíanse enterramentos no interior do templo dos falecidos nas freguesías de San Salvador de Vilar de Sárria e Santa Martiño de Requeixo, pagando dereito de foxoiro. Os veciños de Vilar de Sárria pleitearon cos de San Martiño para esixirlles que pagasen polo desgaste das campás ao seren tocadas coa ocasión da celebración de enterros e funerais. A Confraría do Bon Xesús, establecida na parroquia , regulaba a asistenza ao coidado e acompañamento dos confrades doentes nas horas de agonía, a instalación de túmulos e fachos nas celebracións funerarias e a celebración de misas en sufraxio dos irmáns falecidos.. Nun espazo entre a igrexa parroquial e o río Sárria produciuse o achado dunha estela funeria romana , pétrea , que se garda no Museu de Pontevedra. Houbo un intento de promoción dun cemiterio particular nas Barrioncas perto do lugar de Barreiros que non tivo consolidación. No lugar de San Cosme do Carballal estivo o hospital medieval de San Cosme " in strata peregrinorum" , onde se enterraría os peleriños alí acollidos que falecían facendo o camiño. Houbo alí unha capela até o século XVIII. Tamén desapareceu a capela de Santo Alberte, perto da Ponte de Vilar de Sárria ( Ponte Vella ), posiblemente vencellada a unha malatería , onde se acollía aos gafos ( leprosos ) quedando memoria dela no topónimos "A Malata ". Nas décadas finais do século XIX varias freguesas de Vila de Sárri colleron o costume de estableceren nos seus testamentos mandas impoñéndolle ao herdeiro millorado a obriga de que se dixesen polas súas almas un número moi elevado de misas, e chegou a ser tan alta a carga que varios dos obrigados tiveron enfrontanto cos párrocos ao se negaren ao pagamento das misas. E foi esa a causa de que deixase de aparecer esa cláusula.
Comentarios
Publicar un comentario