BENS DE SANTA MARIÑA DE SÁRRIA ( 1518 e1534 ) ( 513 )
MEMORIAIS DOS BENS DA IGREXA DE SANTA MARIÑA DE SÁRRIA ( 1518 e 1534 ) ( 513 )
( 31 de xullo de 1518 )
Na vila de Sárria a postrimeiro día de xullo de mil quiñentos e dazaoito anos , perante min escribán e testemuñas XOÁN PARIENTE , crego de Santa Mariña de Sárria, fixo reconto das herdades pertencentes á dita igrexa súa que tran as persoas seguintes:
Primeiramente trae PERO FERNÁNDEZ. fillo de Ares, estas herdades, que en foro da dita igrexa por terzo e desmo ha dar cantas fanegas son de semeadura a unha man; serán cinco fanegas, á outra dez fanegas pouco máis ou menos.
Teño eu PERO DÍAZ. escribán, en foro da dita igrexa unha leira que está "Su os Hortos " , renda unha fanega de semeadura, paga dela dez maravedises; fíxoo Diego Álvarez, crego.
Máis ten o dito PERO DÍAZ outra leira que está en "Casteledo" que ten en foro da igrexa LOPE ÇAPATEIRO. viciño desta vila, aforouna o dito Pero Díaz durante tres voces, ha pagaro dito Pero Díaz en cada dous anos sete celemins de pan o dito Lope Çapateiro ao crego da dita igrexa.
Ten GONÇALO PÉREZ DE SÁRRIA a outras herdades en renda en foro da dita igrexa de Santa Mariña. que están en Sabadelle que labra Alonso Ares de Fontela . Paga Gonçalo Pérez de Sárria dela de fora á igrexa catro fanegas de pan en cada un ano.
Ten en foro a dita igrexa de Santa Mariña a " Leira da Pedreira " que está na casa de FERNÁN DA RIBA, paga del dous maravedise vellos á igrexa,
Máis trai ROI BRANCO outro leiro na dita delazón que di que é da igrexa, soíao traer ALDARA CACHA., defunta.
Ten BARTOLOMEU FERNANDEZ en foro da dita , que xaz " Su a Lama de Paçios· , de que paga dez maravedises.
Ten PERO FERNÁNDEZ DE SÁRRIA en foro da dita igrexa certas herdades que están na "Alvareda ", á ·Ponte da Ribeira", que serán dúas fanegas de semeadura , de que paga por vía de foro dúas fanegas de pan en cada dous anos.
Ten tamén o "Celeiro" que está " Tras a Igrexa ". Non ten foro del, dixo que o perdeu . O dito Xoán Pariente que o trouxese para a igrexa se non ten foro.
Ten LOPO ÇAPATEIRO en foro da dita igrexa de Santa Mariña a herdade de "Casteledo" a que labra e á que lle aforou a Pero Díaz. Ha pagar dela o que apareza pola carta de foro .
Máis trai XOÁN DA VEIGA da igrexa de Santa Mariña dous leiros que están na traseira de Santa Mariña , que os traía de man de Diego Álvarez Soíaos traer Aldara Cacha . Dixo que dende agora se demetía dela.
Máis trai XOÁN FERRADOR a metade da CASA onde vive, a "Cortiña " que está " Tras a Igrexa ". Soíaa traer de man de Diego Álvarez que lla deu en renda de trece reais , a casa toda e a cortiña por trece reais en cada un ano.
Ten a muller que foi de PERO O NOVO certas herdades sen foro , que paga terzo e desmo á igrexa.
Ten XOÁN DO BARRIO unha CASA na que vive en foro . Ha declarar canto paga, cantas voces ten . Máis ten a igrexa certa pensión na outra, na que vive Xoán Pariente.
Máis ten XOÁN CASTAÑO en foro da dita igrexa a CASA onde vive , coa súa CÁMARA :Paga dela dous reais en cada un ano.
XOÁN DE SAN MARTIÑO trai certas herdades da igrexa . Hase saber cantas son, que é o que paga delas.
Ten ARES DO RIGUEIRO , crego, en foro da dita igrexa. unha CASA coas súa herdades e árbores , sita en Vilasante , freguesía de San Martiño do Fontao,da que paga á dita igrexa de foro e pesión de cada un ano ao crego da igrexa , dúas oitavas de pan deste foro .É persoa deste foro INÉS DO RIGUEIRO, a súa nai..
Ten GONÇALO FERNÁNDEZ, crego, en foro da dita igrexa, dous leiros de herdade que están en "Aira Sárria " que fixo VASCO DA PRAÇA a GÓMEZ ARES, o seu pai, por tres persoas e vinte e nove anos .Paga de foro e pensión en cada un ano á dita igrexa catro maravedises vellos.
Ten LUIS FERNÁNDEZ, fillo de Gómez Ares, en foro da dita igrexa unha PLAÇA que está cabo da igrexa de Santa Mariña , que llo fixo Diego Álvarez crego que foi da dita igrexa . Ha pagar dela de foro e pensión de cada un ano á dita igrexa dous e trinta e catro maravedís pares.Está entre casa de Aldara Cacha e otra "plaça" que fue de Lope de Ronfe.
Ten FERNANDO DA RIBA en foro da dita igrexa unha CASA cabo do "Adrio de Santa Mariña" , da que lle fixo foro Diego-Alvarez, crego, por tres persoas e vinte e nove anos . Ha pagar de foro en cada un ano dez maravedises pares de brancas.
Ten XOÁN DO BARRIO unha CASA en foro da dita igrexa , na que vive, que está entre casa de Vilacháa e casa de Afonso Mourín, de que paga quince maravedises vellos.
Ten CONSTANÇA FONSO, muller que foi de Gómez de Manán , da dita igrexa de Santa Mariña . un lugar que se chama do SOUTO, sito na aldea de Manán , freguesía de San Salvador do Mato, coas súas casas e árbores , no que ao de presente mora GOMEZ ARES DE MANÀN e con las herdades ao dito lugar pertencentes e con máis outros certos leiros de herdade que están na dita freguesía , parga de foro por todo cincuenta maravedises . Máis unha leira que trai LOPO DO PÁRAMO que está ao "Portelo da Pedreira", paga dela terzo e desmo . Serán maís de tres oitavas de semeadura.
Item decrarou CONSTANÇA AFONSO , muller que foi de Gómez de Manán , as herdades que son e pertencen ao LUGAR DO SOUTO, que son da igrexa de Santa Mariña , da que é crego o dito Xoán Pariente , dixo o seguinte.
Declarou que a metade da CASA na que mora o anterior , que é nesta vila na freguesía de Santa Mariña , que é foro da dita igrexa e que a ten en foro cun leiro que labra DIEGO DE VILACHÁA, abaixo da súa casa , e que paga de foro esta metade de casa e leiro unha (........ ).
Estas son as casas e herdades do LUGAR DO SOUTO pertencentes á igrexa de Santa Mariña , primeiramente, que está sito na aldea de Manán , freguesía de San Salvador do Mato :
Unha CASA coa súa CÁMARA.
Un " Cortiñeiro " diante da porta que será media tega.
Outro leiro tras da casa que levará dous celemíns.
Outros tres leiros en Santiago da Veiga que levarán seis celemíns de pan.
Outra leira na "Cortiña do Poço" que levará dous celemíns.
Na "Agra de Baixo" un leiro no medio que levará tres celemíns de pan.
Na " Cortiña do Caneiro" outro leiro dunha tega de semente.
Outro leiro na mesma "Agra de Baixo" que levará tres celemíns.
Outros tres leiros na mesma Agra que levarán unha fanega de pan.
Na " Agra Grande ás Quintás" dous leiros. un de oitava e outro de unha tega.
Máis as árbores e as castiñeiras e " Cortiñeiro das Tapias do Muiño".
A " Agra do Cancelo" outras dúas castiñeiras vellas.
Na mesma Agra outro indo para Alláns que levará outra tega de semente.
Outro leiro a "As Capas" que levará outra tega de semente.
Outro leiro de dous celemíns.
Na "Agra de Ama" unha leira de unha oitava.
Outro leiro que levará dous celemíns.
Outra leira na "Cortiña dos Torgados" que levará de semente tres celemíns.
Outro leiro de dous celemíns de semente.
Esta peaçión fíxose perante FRANCISCO DE NOVAS RUBIAS , alcalde na dita vila, de pedimento do dito XOÁN PARIENTE , presentes MARÍA AFONSO , muller que foi de GÓMEZ DE MANÁN, e da súa confesión , testemuñas que foron presentes, DOMINGOS TADOUFE , criado do dito alcalde, e AFONSO DE SAN XULLAO. PERO DÍAZ, escribán.
VICIÑOS DE SÁRRIA
Afonso Mourín.- Afonso de San Xullao ( San Xulián da Veiga ).- Aldara Cacha .- :Alonso Ares de Fontela ( A Pena de Froián ).- Ares Fernández.- Ares do Rigueiro. ( crego ) - Bartolomeu Fernández.- Constança Fonso ou Afonso .( Manán )- Diego Álvarez ( crego ).- Domingos Tadoufe ( criado do alcalde de Sárria ).- AFernán da Riba.- Francisco de Novas Rubias ( alcalde da Vila de Sárria ).- Gómez Ares.- Gómez Ares de Manán. Gonçalo Ferrnandez ( crego ).- Gonçalo Pérez de Sárria.- Inés do Rigueiro.- Lope ou Lopo Çapateiro.-Lope de Ronfe.-Lopo do Páramo. Luis Fernández.- Pero Díaz ( escribán ).- Pero Fernández.- Pero Fernández de Sárria.-Pero O Novo.- Roi Branco.- Vasco da Praça.- Xoán do Barrio.- Xoán Castaño.- Xoán Ferrador.- Xoán Pariente ( crego de Santa Mariña ) .-. Xoán de San Martiño.-Xoán da Veiga,
( 25 de novembro de 1534 )
Na vila de Sárria a vinte e cinco días del mes de novembro ano do nacemento do Noso Señor Xesucristo de mil quiñentos e trinta e catro anos perante o honrado señor RUI NÚÑEZ DE SÁRRIA, alcalde ordinario na dita vila e a súa xurisdición polo concello e reximento dela na presenza de min FERNANDO DE FARNADEIROS , escribán público das súas maxestades na súa corte, reino e señoríos e as testemuñas abaixo escritos, pareceu ende presente XOÁN PARIENTE, crego perlado do beneficio de Santa Mariña da vila de Sárria e dixo que el en nome da súa dita igrexa e porque os bens que ela tiña non se perdesen , antes estivesen sempre sabidos e certos aos cregos perlados que despois dos seus da dita igrexa e por canto na dita vila hai vedraños e persoas anciás que os sabían e poderían ben declarar que "ad perpetuam rei memoriam" pedía e se necesario era , requería ao dito señor alcalde lle recibise xuramento, ditos e declaracións das testemuñas que diante del quería presentar abaixo ditos lle mandase dar en pública forma , preguntándolles nos seus ditos , que declarasen todas as cousas, herdades, árbores, lugares e bens que á súa igrexa de Santa Mariña pertencían para que en todo tempo se souberan e sobor diso serlle feito cumprimento de xustiza. E xurou a Deus e ás ordes que recibira de San Pedro e San Paulo que non o pedía con malicia e o dito señor alcalde dixo que o facía e o faríao que era obrigado de Xustiza e que presentándolle as ditas testemuñas estaba presto de lles tomar os seus xuramentos ditos e declaracións e preguntar ao teor do pedido polo dito Xoán Pariente estando presentes por testemuños: XOÁN FERREIRO e ÁLVARO LÓPEZ, zapateiro veciño da dita vila e MARTIÑO DE CALLÁS e BARTOLOMEU LÓPEZ, criado de min o dito escribán.
E logo incontinente na dita vila de Sárria , este díto día, mes e ano de suso ditos perante o dito señor RUI NÚÑEZ DE SÁRRIA alcalde de suso dito e na presenza de min o dito escribán e testemuñas o dito XOÁN PARIENTE , credo de suso dito da dita igrexa de Santa Mariña de Sárria e no nome dela e para a dita información presentóu por testemuñas a PERO FERNÁNDEZ DE SÁRRIA e a BARTOLOMEU FERNÁNDEZ DE SÁRRIA e a XOÁN CEDRÓN, veciño da dita vila, e a XOÁN DO BARRIO , viciño de Treilán e a RUI FERNÁNDEZ DE SÁRRIA , que estaban presentes dos que e de cada un deles o dito señor alcalde tomou xuramento riba dun sinal de cruz + e palabras dos santos evanxelllos dicíndolles que eles e cada un deles xuraban a Deus Noso Señor e aquel sinal de cruz + que corporalmente tocaban coas súas mans dereitas e ás palabras dos santos evanxellos que como bons cristiáns , temerosos de Deus noso e gardando as súas ánimas e conciencias dicían e dirían e declararían a verdade do que souberen e por que fosen preguntados e que non a deixaría de dicir por ningunha cousa nin obra que a iso os movese que se así o ficeren qu Deus Noso Señor os axudase neste mundo, aos corpos e facendas, e no outro lles salvase as ánimas e dicindo e facendo o contrario os destruise e craramento como a maos cristiáns que xuraban e perxuraban o santo nome de Deus noso señor en van.Os que fixeron o dito xuramento e á confusión del dixeron "si xuro" e "amén" e prometeron de dicir verdade de todo aquelo que soubesen.Testemuñas que os viron presentes e xurar os enriba ditos,
****************************
E logo incontinente os ditos PERO FERNÁNDEZ e RUI FERNÁNDEZ e XOÁN CEDRÓN decrararon pertenceren á dita igrexa de Santa Mariña as propiedades seguintes:
Primeiramente
A CASA de tras da igrexa vella de Santa Mariña que fixo DIEGO ÁLVAREZ coa CASA que fixo XOÁN CASTAÑO.
A CASA na que vive XOÁN ARES que está entre camiño e casa na que vive XOÁN PARIENTE que é a metade da dita igrexa e a casa na que vive XOÁN ARES paga unha aniversaria e outro tanto a FORXA na que labra XOÁN FERREIRO que é unha ofrenda e unha misa.
Item a PRAÇA onde VASCO DE ARMESTO fixo a casa.
A CASA que foi de XOÁN DO BARRIO que está xunto á casa que fixo DIEGO DE VILACHÁA
A metade da CASA que fixo XOÁN SÁNCHEZ.
A CORTIÑA que está cabo a igrexa e riba das cerdeiras.
O CORTIÑEIRO que está riba da "Cortiña" que trai XOÁN ARES que tamén é da dita igrexa de Santa Mariña-
Unha leira que está na "Cortiña" que tiña PERO DÍAZ segundo está demarcada.
Unha leira na "Cortiña dos Barredos " que traía PERO DÍAZ que xaz embaixo da "Aira".
E outro leiro na "Agra dos Barredos " que é redondo que xaz a campo e fere en tres leiros de Santiago do Mercado e de herdade de MARÍA MONIZ.
E outro xaz debaixo a leira de GRIGORIO LÓPEZ que soía traer ALDARA CACHA e vai darredor da leira que de Grigorio López é debaixo de San Salvador.
É máis a "Leira de Casteledo" que trai PERO ALVAREDO e MARQUES ARES e PERO DÍAZ.
Item máis ao "Leiro de Paçios" a leira que trai XOÁN FERRADOR que xaz no medio das herdades dos lugares de Paçios.
A leira que xaz na "Viña do Chao" que xar entremedias de herdade de San Salvador e a "Cortiña dos Barredos " e segundo está demarcada e a posúe XOÁN DO PENEDO.
Item outro leiro que xaz entre un leiro chamado "da Nogueira" e herdades de RUI BRANCO e fere no "Castriño da Ribeira" e tráeo PERO FERNÁNDEZ e RUI BRANCO leva a metade.
Item o leiro que trai PERO FERNÁNDEZ que fere frenteiro á "Ponte Ribeira" riba do Camiño da Fonte
Dous leiros que xacen á Pedreira entre a " Cortiña " de RODRIGO ALONSO e é o camiño que vai para a Ponte Ribeira. ( )
Outro "Cortiñeiro" que xaz debaixo o "Horto" de CATARINA DA RIBA.
Dous leiros que xacen riba do "Poço dos Hortos" e unha vai en braço con "Leiro" de CATARINA DA RIBA.
Outro leiro que vai "Ás Nogueiras " que fere en braço que fere en braço co "Horto" que fixo BARTOLOMEU FERNÁNDEZ e fere no " Camiño Real".
Na "Agra da Alvareda " as herdades seguintes:
Unha leira que fere en braço con "Leira" de RODRIGO ALONSO, crego, e fere no "Camiño Real" e fere en braço con "Leiro da Capela de San Xoán do Muro",
Outro leiro que fere de cabeça con "Leiro" de LIONOR DA PENA e embraça nesta dita leira.
Outra leira que fere de testa na dita leira.
Item máis abaixo outra leira que fere en braço de una parte con leiro da igrexa de San Salvador e fere de testa con "Leiro da Madalena" e en braço con herdade de Santo Estevo-( )
Item outro leiro que fere de cabeça no "Cortiñeiro" de PERO FERNÁNDEZ que é de Santa María de Lugo e xaz en braço de "Leira" de Santa Mariña e a Madalena.
Item outro "Leiro" que xaz cabo de outro leiro de GONÇALO PÉREZ e de outro leiro da Madalena e vai para a "Cançela de Formigueiros.
Outro "Leiro" que vai entremedias de herdade da Madalena e de Santo Estevo.
Item outro "Leiro" que xaz entre o dito leiro de Santo Estevo e fere no "Cortiñeiro do Forno" e no "Camiño Real"
Unha "Leira" que vai en braço con "Leira" de San Vinçenço e fere no "Camiño Real".
Un "Leiro" que trai LOPE GARZÁA DE TREILÁN que entremedias dos dos lugares de San Martiño e herdade de Treilán e fere na "Lama",
Un "Leiro" que fere no camiño que vai da Ponte Vella para San Lázaro e xaz en braço entremedias de herdades de Celeiro.
Un "Leiro" debaixo o dito camiño e fere no dito camiño e xaz no medio de herdade de Çeleiro e da Madalena.
E logo de tras a dita leira da Madalena, outra leira de Santa Mariña baixo do valado que vai para "Lama da Gándara",
Outra leira á " Pedrachantada" que vai para a Ponte Vella,
Item unha leira que xaz entremedias de herdade de " Leira de Santo Estevo" e da Madalena e fere na "Carreira",
Item máis outra leia que xaz entremedias de "Leiro do Hospital" e " Leiro da Nogueira".
Item máis arriba a leira que xaz en braço con leira de RODRIGO ALONSO que está acortiñada. ( )
Item a "Leira de Riba do Porto da Veiga" que é da Cançela e vai entre os camiños que vai para a Ponte Vella e para o río.
Outra leira que vai en braço de herdade do Hospital e da Nogueira e fere no Porto da Veiga,
Un leiro que vai abaixo aos "Barrocos" que vai entre outro de PERO FERNÁNDEZ e XOÁN DE VIGO.
Un leiro que labra VASCO DE ARMESTO que entra na Cortiña de XOÁN FERRADOR que é da Nogueira e ten a entrada pola Cortiña que trai XOÁN FERRADOR.
Un leiro por tras da "Ínsoa" de GONÇALO PÉREZ e fere en la "Leira da Nogueira".
Item dous leiros máis que anda o río por eles.
Item o "Leiro do Toleiro" que trai ALDARA RODRÍGUEZ riba do cerrado.
Item o leiro que fere no MUIÑO que fixo PERO DÍAZ.
Dous leiros na "Cortiña de Vigo" que un vai darredor do camiño que vai para "Pumariño" e outro embaixo.
Item un leiro ás "Pedredas" que vai cabo herdade do lugar que labra FERNÁN MARIÑAO que soía labrar BARTOLOMEU FERNÁNDEZ.
Una leira que vai riba de "Font Sante" que fere de testa en leira de XOÁN DO BARRIO que labra PEDRO FERREIRO
Otro leiro en "Font Sante" que labra XOÁN DA RIBELA e xaz en "Lama da Bouça" que fixo ALONSO GARCÍA en herdade de Pacios.
Ten Santa Mariña o desmo en dous leiros que se chaman "do Forno" que xacen na "Agra de Vigo" que son de PEDRO SILLERO.
Ten máis o desmo na "Ínsoa do Toleiro" que foi de ARES DE PALLARES e labra PEDRO DE PÁRAMO.
*****************************
Más declarou XOÁN CEDRÓN ser da dita igrexa o leiro que trai ALDARA RODRÍGUEZ ao "Toleiro" que a tivo en foro da dita igrexa CATARINA RODRÍGUEZ.
Ten o desmo no prado que fixo LIONOR DA PENA no "Campo de Vigo" e o desmo da "Cortiña" de GÓMEZ ARES DE VIGO.
Un leiro debaixo da "Ponte Vella" na testada da "leira de Portomarín " que labra ALDARA FERNÁNDEZ
Un leiro que xaz a "Tallo de Pereiro" que labra PERO FERNÁNDEZ e outro na "Albareda " que fere en Cortiñeiro de San Lázaro" e xar en braço con herdade de Santo Estevo.( )
Item outro leiro que fere no "Cortiñeiro " de PERO FERNÁNDEZ que é de Santa María de Lugo e da Madalena.
Item outro leiro que xaz cabo de outro leiro DE GONÇALO PÉREZ e doutro leiro da Madalena e vai para a cançela de Formigueiros.
Outro leiro que xaz entremedias do leiro de Santo Estevo e fere no "Cortiñeiro do Forno " e o "Camiño Real".
Unha leira que vai en braço con leira de San Vinçenço e fere no "Camiño Real"
Un leiro que trai LOPE GARZÁA DE TREILÁN que xaz entremedias de herdades de San Martiño e herdade de Treilán e fere na Lama..
Un leiro que fere no camiño que vai da Ponte Vella para San Lázaro e jaz en braço entre herdades de Celeiro.
Un leiro debaixo do dito camiñoque fere no dito camiño e xaz no medio de herdade de Çeleiro e da Madalena.
E logo por tras a dita leira da Madalena outra leira de Santa Mariña riba do valado que vai para a Lama da Gándara.
Outra leira na Pedrachantada que vai para a Ponte Vella.
Item unha leira que xaz entremedias de herdade de leira de Santo Estevo e a Madalena e fere na Carreira.
Item máis outra leira que xaz entremedias de leiro do Hospital e leiro da Nogueita.
Item máis arriba a leira que xaz en braço con lugar de RODRIGO ALONSO que está acortiñada.
Item a leira riba o Porto da Veiga que é da Cançela e vai entre os camiños que vai para a Ponte Vella e para o río.
Outra leira que vai en braço de herdade do Hospital e da Nogueira e fere no Porto da Veiga.
Un leiro que vai abaixo ós "Barrocos" que vai entre outro de PERO FERNÁNDEZ e XOÁN DE VIGO.
Un leiro que labra VASCO DE ARMESTO que entra na cortiña de XOÁN FERRADOR que é da Nogueira e ten a entrada pola dita cortiña que trai XOÁN FERRADOR.
Un leiro dentro da "Insoa " de GONÇALO PÉREZ e fere na leira da Nogueira.
Item dous leiros máis arriba que anda o río por eles.
Item o "Leiro do Toleiro" que trai ALDARA RODRÍGUEZ riba do cerrado.
Item o leiro que fere no muiño que fixo PERO DÍAZ.
Dous leiros na Cortiña de Vigo que un vai darredor do camiño que vai para Pumariño e outro embaixo.
Outro leiro ás Pedtredas que vai cabo herdade do lugar que labra FERNÁN MARIÑAO que soía labrar BARTOLOME FERNÁNDEZ.
Unha leira que vai riba Fonsante que fere de testa en leira deXOÁN DO BARRIO que labra PEDRO FERREIRO
Outro leiro en Font Sante que labra XOÁN DE RIBELA na leira de XOÁN DO BARRIO e xaz en Lama da Bouça. que fixo ALONSO GARCÍA en herdade de Pacios.
Ten Santa Mariña o desmo en dous leiros que chaman do Forno que xacen na Agra de Vigo que son de PEDRO SILLEIRO.
Ten máis o desmo na Insoa do Toleiro que foi de ARES DE PALLARES e labra PERO DO PÀRAMO.
**************************
Máis declarou XOÁN CEDRÓN ser da dita igrexa o Cortiñeiro que trai ALDARA RODRÍGUEZ ó Toleiro que o tivo en foro da dita igrexa CATARINA RODRÍGUEZ.
Ten o desmo no prado que fixo LIONOR DA PENA no Campo de Vigo e o desmoda cortiña de GÓMEZ ARES DE VIGO.
Un leiro debaixo a Ponte Vella na testada da leira de Portomarín que labra ALDARA FERNÁNDEZ.
Un leiro que xaz a Tallo de Pereiro que labra Pero Fernández e outro na Albareda que fere en Cortiñeiro de San Lázaro e xaz en braço con herdade de Santo Estevo.
*****************************
Item declarou BARTOLOMEU FERNÁNDEZ que era da dita igrexa de Santa Mariña a " Leira de Veigadelo " que trai PERO DE PÀRAMO que GÓMEZ PÉREZ DE SAN TA MARIÑA mandou á dita igrexa con que fixesen foro á súa muller e ten dela foro de Santa Mariña.
*****************************
Item dixo e declarou o dito XOÁN DO BARRIO saber seren da dita igrexa de Santa Mariña todas as herdades contidas e declaradas nesta dita apeaçión agás que dixo non saber seren da dita igrexa os leiros e herdades seguintes:
Primeiramente
O leiro que vai ás Nogueiras.- O leiro que labra Vasco de Armesto.- O leiro que vai dentro da Ínsoa de Gonçalo Pérez.- O leiro do Toleiro que trai Aldara Rodríguez.- O leiro que fere no Muiño que fixo Pero Díaz.- Os dous leiros que xacen na Cortiña de Vigo.- O leiro das Pedredas.- El leiro que jaz debaixo da Ponte Vella.- O leiro que xaz a Tallo de Pereiro,.
Estes dixo Xoán do Barrio que non sabía seren da igrexa de Santa Mariña nin sabía iso mesmo se pertence á dita igrexa o desmo dos leiros chamados do Forno nin o desmodo prado que fixo Lionor da Pena no Campo de Vigo.
************************
E máis declarou o dito Xoán Cedrón que a casa na que vive Aldara Fernández de Vigo paga real e mediode aniversaria á dita igrexa de Santa Mariña que a mandóu á dita igrexa MARÍA ÇAPATEIRA que era súa e que el....vala a dita aniversaria denantes que lle vendese a dita casa a min FERNANDO DE FARNADEIROS , escribán e notario público das súas maxestades na súa corte, reinos e señoríos presente fun ao dito pedimento e refrendacións de testemuñas e xuramentos e declaracións que perante min pasaron , fielmente o fixen e por ende puxen eiquí este meu nome e sino que din
Perante min , escribán,
Fernando de Farnadeiros Ron
************************
Item paga MARQUES ARES en cada un ano des celemíns de pan á dita igrexa de Santa Mariña por razón dos bens que ten en Treilán e tres maravedís vellos polo leiro que ten en foro da dita igrexa e en Cova do Ladrón.
Item máis ten e posúe INES CARDEA á dita igrexa de Santa Mariña o lugar do Souto, sito en Manán que renda......tegas de pan en cada un ano.
Item debe á dita igrexa de Santa Mariña ARES DE OUTEIRO , crego, por foro das herdades de Vilasante cada un ano catro tegas de pan.
Item o lugar de Sabadelle que se di de Santa Mariña que renda cada un ano catro tegas de pan.
Item máis unha herdade en Corvelle que traía PEDRO DE PEDROSO de que ten foro e paga á dita igrexa de cada dous anos unha carga boa de pan.
Item trai GRIGORIO LÓPEZ unha leira na Costa de Fafián de que ha facer foro
VICIÑOS DE SÁRRIA
Aldara Cacha.- Aldara Fernández.- Aldara Rodríguez.-Alonso García.- Alvaro López ( zapateiro ).- Ares de Outeiro.- Ares de Pallares.- Bartolomeu Fernández.- Bartolomeu Fernández de Sárria.- Bartolomeu López ( criado de Fernando de Farnadeiros ).- Catarina da Riba.- Catarina Rodrígyuez,. Diego Álvarez.- Diego de Vilacháa.- Fernán Mariñao.- Fernando de Farnadeiros Ron ( escribán )..- Gómez Ares de Vigo.-Gómez Pérez de Santa Mariña.- Gonçalo Pérez. -Grigorio López.- Inés Cardea.-Lionor da Pena.- Lope Garzaa de Treilán.- María Çapateira.- María Moniz.- Marques Ares.- Martiño de Callás. Pedro Ferreiro.-Pedro de Páramo.- Pedro Sillero. -Pero Alvaredo.- Pero Díaz.-Pero Fernández.- Pero de Pedroso.- Pero Fernández de Sárria,.-Rodrigo Alonso. ( crego )- Rui Branco.- Rui Fernández de Sárria.- Rui Núñez de Sárria ( alcalde ordinario de Sárria).-Vasco de Armesto.- Xoán Ares.- Xoán do Barrio.- Xoán Castaño.- Xoán Cedrón.- Xoán Ferrador.- Xoán Ferreiro.- Xoán Pariente ( crego de Santa Mariña de Sárria ).- Xoán do Penedo.- Xoán de Ribela.- Xoán Sánchez.- Xoán de Vigo.
Comentarios
Publicar un comentario