MORTE DE GARDAS CIVÍS EN PACIOS DE LOUREIRO -O INCIO ( 1946 )
TRES GARDAS CIVIS MORTOS EN ACTO DE SERVIZO EN PACIOS DE LOUREIRO DE FROIÁN
MORTE DE DOUS GARDAS CIVÍS EN ACTO DE SERVIZO ( 27 DE XUÑO DE 1946 )
O día 27 de xuño de 1946 a Garda Civil de Sárria dispuxo un operativo para intervir na parroquia de Santa María de Pacios . no Concello do Incio, onde unha persoa enaxenada estaba a causar alarma entre a veciñanza.
Cando se persoaron na aldea dous gardas civís, un do Posto de Sárria e o outro do Posto de Samos foron recibidos a tiros pola persoa á que pretendían calmar en evitación de situacións perigosas, e causou a monte dos números , resultando tamén morto o autor dos disparos dirixidos á Forza..
Identificación dos falecidos
MANUEL IBAÑEZ FRANCO, natural da Coruña , garda civil en Sárria , de 28 anos, solteiro.
RAMÓN SILVELA DE LA FUENTE, natural de Fiolleda -Monforte de Lemos, garda civil en Samos, casado con Pilar Losada Fernández , quedando orfos os seus fillos Xosé Ramón, Aurora, Dores, Carme ,Pilar e Carlos Silvela Losada.
EDUARDO FERREIRO SACO, de 23 anos.natural de Eirexalba ( O Incio ) , labrego, solteiro,
Feridos os tres de gravidade acordouse o seu traslado a Sárria. Non había nesa dirección estrada que permitise unha rápida evacuación , nin a posibilidade de dispoñer de veículos para o seu transporte, e os tres, en improvisadas padiolas para alcanzar a estrada comarcal.. As feridas sufridas, a falla de atención médica e a precariedade do desprazamento, trouxeron como resultado a súa morte no traxecto entre Pacios de Loureiro a Sárria", ás 18 horas e "ao seren trasladados dun punto ao outro, por morte violenta a consecuencia de feridas recibidas de arma de fogo", consonte consta nas actas de defunción,
Foron enterrados no Cemiterio Municipal de Sárria ás 21 horas do día 28 de orde do Comandante Xuiz Instrutor da Comandancia Mixta da Garda Civil, e a inscrición no Rexistro Civil tivo lugar o día 1 de xullo.
Froito da situación de censura de prensa imposta naqueles tempos foi que na prensa lucense non sexa posible achar referenzas a "vil asasiñato", e que só unhas semanas despois apareza no Libro de Actas a primeira mención ao loitoso acontecemento. Non houbo ningún pronunciamento oficial nin oficioso darredor da desaparición dos servidores públicos falecidos.
As honras fúnebres tiveron lugar en Sárria o día 28 e O Concello de Sárria, presidido por Antonio Peña Villamarín, acordou correr co gasto de funeración dos dous servidores públicos, destacando no texto aprobatorio que faleceran no cumprimento do seu deber , e fan constar agradecemento aos cregos que non quixeron cobrar pola súa participación no acto relixioso-
O día 3 de xullo , na Igrexa Mosteiral de Samos, e presidido polo Abade Mauro Gómez Pereira celebrouse outro funeral pola alma do garda civil do Posto samonense Ramón de la Fuente Silvela.
O Alcalde de Sárria, Xosé Gayoso Fernández, recollendo o que informalmente sinalara o seu antecesor Peña Villamarín., propuxolle ao Concello a adopación do acordo de concesión perpetua de sepultura a favor dos familiares do garda Manuel Ibáñez Franco. O seu corpo está enterrado na parte traseira do panteón da Casa Gallego- na actualidade dos herdeiros de Xosé Manuel Rivas Santos.
Comentarios
Publicar un comentario