MORTE DE PEDRO PÁRAMO ARIAS , PÁRROCO DE MEIXENTE.SÁRRIA ( 1946 ). ( 510 )
MORTE DE PEDRO PÁRAMO ARIAS, PÁRROCO DE MEIXENTE. SÁRRIA ( 1946 ) ( 510 )
PEDRO PÁRAMO ARIAS, párroco de San Xulián de Meixente e de Santa María de Ortoá, Alcipreste de Sárria, foi asasiñado por persoas descoñecidas que interesándose por lle facer unha visita foron guiados até a casa onde residía en Meixente, sen mediar maior diálogo matárono a tiros, fuxindo de seguido do lugar.
Os descoñecidos chegaron á Casa de Castaño en Nabás, nas estradas de Sárria a Portomarín e de Ortoá á Feira de Paradela ( Vilamaior ) onde preguntaron como poderían chegar á casa do Cura de Meixente. Alleos ás intencións deses forasteiros foilles ofrecida a axuda dunha das mozas da casa que os acompañou e guiou por Mouzós e a carreira de Meixente até chegar ao lugar, onde despois de petar na porta da casa, ao sair o sacerdote a se interesar polos visitantes foi vítima dos disparos deles quedando morto no acto, non sen antes dicir con voz forte ¡ Viva Cristo Rei !.
A nova da súa morte espallouse por toda a comarca , e o Alcalde de Sárria , Antonio Peña Villamarín, botou un Bando de condena do crime cometido e dacordo co clero da zona e as autoridades eclesiásticas da diocese foron organizadas as honras fúnebres , anunciando que se agardaba a presenza do Ministro de Xustiza.
A prensa adicou inusual atención a tan execrable feito e a celebración do funeral contou cunha multitudinaria presenza de autoridades, clero e persoas chegadas de moitos puntos da comarca.
( EL PROGRESO, 4 de setembro de 1946 ). En Meixente foi asasiñado o párroco don Pedro Páramo.
Na parroquia de Meixente. do municipio de Sárria, foi covardemente asasiñado na noite de antonte , o virtuoso cura párroco daquela freguesía , don Pedro Páramo Arias, persoa moi querida non só naquela comarca , senón tamén nesta capital e en varios puntos da provincia, pois o finado , co seu afable trato, xoviabilidade e espiritu de apostolado , gozaba dun merecido prestixio..
Don Pedro Páramo ( q.e.p.d. ) nacera en Belante, da parroquia a Pinza, no concello do Saviñao ( 1 ) en 1876. Foi ordeado de presbítero en 1905 e rexentaba a parroquia de Meixente dende 1907 , sendo nomeado alcipreste de Sárria en 1942.
O crime causou indignación na Comarca. Hoxe verificarase o enterro e funerais pola alma do respectable sacerdote asasiñado que sen dúbida ningunha constituirá unha importante manifestació de dóo popular presidida polo excelentíismo señor minstro de Xustiza D. Reimundo Fernández Cuesta , direitor xeral de Asuntos Eclesiásticos D, Mariano Puigdollers Oliver e autoridades provinciais e locais.
Descanse en paz a alma do virtuoso sacerdote.
( 1 ) Hai evidente erro na indicación do lugar de nacemento de don Pedro Pàramo Arias. Nacera na parroquia de Santa María de Belante, anexo da parroquia de San Salvador da Pinza, unha e outra no Concello de Sárria, e no alciprestado de Paradela. O asasiñado párroco de Meixente era sarriao.
---------------------------------------------------------
( EL PROGRESO, 5 de setembro de 1946 )
Onte verificáronse o sepelio e funerais do que foi digno párroco de Meixente.
Concorreron co direitor xeral de Asuntos Eclesiásticos , autoridades locais e de Sárria.
Os actos constituiron unha imponente manifestación de dóo.
Conforme estaba anunciado , onte tiveron lugar na parroquia de Meixente a inhumación do cadáver do que foi virtuoso párroco daquela freguesía don Pedro Páramo Arias ( q.e.p.d. ) e solemnes honras fúnebres en sufraxio da súa alma.
Un xentío enorme concorreu aos mencionados actos , testemuñando así a súa dor polo vil asasiñato do que foi disnísimo Ministro do Señor e a súa enérxica protesta polo covarde crime.
Estaba presente todo o Clero do Alciprestado de Sárria e das parroquias limítrofes e a veciñanza en pleno de Meixente , así como grande número de amigos do finado sacerdote, chegados de Lugo, Sárria, Monforte, etc.
O Alcalde de Sárria fixo público un bando convidando á veciñanza a concorreren ao sepelio de don Pedro Pàramo, chamamento atendido cordialmente .
O Comerzo sarriao pechóu as súas portas en sinal de dóo e en sase todas as casas da vila vínase colgaduras con crespóns.
En Sárria congregáronse o escelentísimo señor gobernador civil, co presidente en funcións da Excelentísima Deputación Provincial , Ilmo Sr Vigairo Xeral do Bispado gobernador eclesiástico, doutor don Anxo Garrote Martín e o Xefe da Comandancia da Garda Civil de Lugo-
Ali recibiron ao Ilustrìsimo señor direitos xeral de Asuntos Eclesiásticos , don Mariano Puigdollers Oliver, chegado co exclusivo obxecto de asistir aos actos fúnebres de referenza, partindo de seguido as mencionadas autoridades en direción a Meixente , seguidos por unha nutrida caravana automobilista conducindo ás persoas que levaban o mesmo fin.
Na recepción do señor Puigdollers estaban presentes a Corporación municipal sarriá e demáis autoridades locais , así como o RP Comendador a Mercé, e o Reverendo Abade Mitrado da comunidade bieita de Samos .
Xa en Meixente verificouse o traslado do cadáver do señor Páramo Arias até o enterramento no adro do templo parroquial e inmediatamente deron comezo os solemnes funerais no que oficiou o ilustrísimo señor doutor don Francisco Vázquez Saco, reitor dos Seminarios diocesáns, e leitoral da SICB de Lugo, asistido dos párrocos de Santiago de Lugo , don Manuel Gómez Díaz, e de Vilapedre. don Román López Osorio.
O coro e capela da Comunidade de Mercedarios , reforzado con outros elementos de Sárria , interpretou maxistralmente unha severa misa de "Requiem".
A tradiicional ofrenda foi numerosísima , véndose chorar profundamente emocionados grande número dos concorrentes.
Rematado o solemne funeral o ilustrísimo señor Garrote Martín dirixiu unhas palabras á concorrenza que se amoreaba nun amplo espazo darredor do templo parroquial por ser este insuficiente para conter tanto xentío , facnedo coa súa habitual elocuencia , un cálido eloxio do defunto sacerdote e poñendo de relevo as virtudes que o adornaban.
O ceo terá premiado o celo apostólico do finado , e ao excelentísimo señor Bispo da diocese, Clero do alciptrestado de Sárria e familiares do finado, facémoslles presente a expresión do noso pésame máis sentido.
.................................................................
Aínda que o Bando do Alcalde Peña Villamarín e as primeiras novas xornalisticas anunciaban que nos actos fúnebres do día 4 ía estar presente en Meixente o Ministro de Xustiza , tal feito non se produciu , de seguro por non ser posible una coordinación de medios de transporte. En EL PROGRESO , de 5 de setembro, publicaron que chegara a Salamanca, procedente da Toxa, e dende ali seguiu viaxe para Madrid.
.............................................................................
CERTIFICACIÓN DA DEFUNCIÓN DE PEDRO PÁRAMO ARIAS
REXISTRO CIVIL DE SÁRRIA
Folio núm, 39
Na marxe. Nº 39.Nome e apelidos: Pedro Pàramo Arias.
En Sárria , provincia de Lugo, ás once e ......minutoss do día cinco de setembro de mil novecentos corenta e seis perante D. Xosé Castro Saco , Xuiz Municipal e D. Camilo Iglesias López, Segredario, procédese a inscribir a defunción de D. PEDRO PÁRAMO ARIAS , que naceu na parroquia de Belante, provincia de Lugo, de sesenta e nove anos de idaden fillo de Xoán Páramo e María Arias, domiciliado en Meixente, profesió, cura párroco e de estado célibe ; faleceu na parroquia de Meixente o día DOUS do actual , ás vinte e dúas aproximadamente a consecuecia de ------------------- segundo resulta do informe de autopsia e recoñecemento practicado , e o seu cadáver recibiu sepultura no Cemiterio de Meixente o día catro do actual.
Esta inscripción practícase en virtude de orde recibida do Sr. Xuiz de Primeira Instancia e Instrucción deste partido de data de hoxe, sendo presenciada polas testemuñas D. Amador Caloto Iglesias e D. Xosé Rodríguez Díaz, maiores de idade e viciños de Sárria.
Lida esta acta, é selada co do Xulgado e asinaa o Sr. Xuiz, as testemuñas.... e certifico:
Xosé Castro Saco. Amador Caloto.-Xosé Rodríguez.- Camilo Iglesias
.............................................................................................................
Comentarios
Publicar un comentario