CLEMENTE FERNÁNDEZ GONZÁLEZ , EMPRESARIO SARRIAO ( 511 )
CLEMENTE FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, EMPRESARIO SARRIAO ( 511 )
Nado na Casa de Marcos de Barreiros, na parroquia de Santa María de Ortoá , onde os seus pais tiñan aberto o Mesón de Barreiros. na casa foral vencellada ao Mosteiro da Madalena e á Casa Grande dos Saavedra de Sárria , nas décadas finais do século XIX e primeiras do XX desenvolveu unha froitífera actividade comercial e industrial, centrando en Madrid e no Rif ( Marrocos ) a súa accion.
MARCOS FERNÁNDEZ ( Marcos " O Vello " ) , de Rente, na parroquia de Santiago de Barbadelo, casou con Xuliana Rodríguez , de Barreiros do Camiño Francés, casa esta vencellada ao Mosteiro da Madalena é á Casa Grande de Sárria, no cruce do Camiño de Sárria a Portomarín co Camiño francés de Lugo a Monforte , onde se documenta estar aberta unha taberna. Froito deste matrimonio foi Manuel Fernández Rodríguez que casou con Manuela González, e tiveron seis fillos : Marcos ( pai de "Antón de Marcos" ), Clemente, Xosé , Dores, Manuel e Benita Fernández González.
Clemente Fernández González comezou colaborando co seu pai, que levaba produtos do porco a Madrid, en carros, e ao chegar a Medina del Campo o pai collía o tren, mentres que o fillo seguía pola estrada conducindo a mercancía, Xa en Madrid Manuel Fernández visitaba aos posibles compradores e cando o fillo chegaba distribuía os pedidos entre os compradores, e aproveitaban a viaxe de volta para atender encargas e levar a Sárria mercancias coas que podían achar gaño-
O mozo Clemente practicou algún tempo o oficio de carniceiro en na Vila e Corte e pouco tempo despois abriu un tallo en Sárria a ao non ter bon suceso nesa actividade, xuntouse co tamén sarriao Pedro Rodríguez Somoza ( que acabaría sendo coñecido como "Don Pedro de Sárria") e contando coa axuda financiera do banqueiro lucense Soler , adicáronse a mercar tenreiros nas feiras para a súa venda en Madrid. Como nese tempo o camiño de ferro chegaba só até Toral de los Vados arreaban as reses pola estrada de Madrid , chegando, para evitar que sofriran polo longo desprazamento a colocarlles nas patas unha especie de mocasíns de coiro.
A exportación de animáis vivos alcanzou bon suceso facendo expedicións de varios vagóns mensuais , e cando no ano 1882 quedou rematada a vía entre O Oural e Monforte de Lemos ( liña Palencia- A Coruña) o volume de negocio sufriu un grande incremento, establecendo como puntos e embarque principais as estacións de Lugo e de Monforte de Lemos. Cando a aparición de exportadores competidores baixou rendabilidade ao negocio, fomentou a venda de vacas vellas nas localidades da provincia de Madrid introducindo así o consumo de carne de vacún nun territorio onde non era de costume o seu consumo, ao tempo que fomentou o consumo de casquería e a comercialización intensiva de coiros, sectores estes que lle produciron bons resultados económicos.
O seu socio, Pedro Rodríguez Somoza, casóu na Vilanova de Lourenzá, mantendo forte actividade na cidade lucense.
Clemente foi diversificando os seus negocios e mesmo foi un activo promotor do "Jamón de Jabugo". ´E de salientar que con ocasión dunha frustrada oferta de negocio en Melilla , onde tivo que deixar fora a un poaible socio "demasiado listo", para non perder o tempo e a viaxe adicouse a adquirir la de ovella procedente de Marrocos. Nesa ocasión coñeceu a un dos xudeus residented na cidade que lle ofereceu a posibilidade de negociar cunha Kabila do Rif a opción de explotar minas de ferro. Acompañado dese introdutor e vestido ao xeito mouro acabou concertano a actividade mineira, obtendo a exclusiva da explotación nesa montañosa zona, nacendo así as famosas Minas del Rif.
Nesa actividade , e noutras máis que emprendeu e ás que adicou o seu esforzo, obtivo un bon gaño, e mesmo foi empresario de cinema, sendo, dono de varias salas en Madrid.
Clemente casou con Antonia Gómez e tivo por fillos a Cesárea , Dores, Pilar , Avelina , Tomé, Nemesio, Antonio e Honorio Fernández Gómez-
Nunha publicación do ano 1820 dín que é alto , de barba negra ben poboada " e quita fotos vestido de mouro" . Foi home discreto e pouco dado a presumir de riqueza.
Aquel home emprendedor que nos anos mozos " arreaba" gado dende Lugo a Toral de los Vados , abrindo a exportación a Madrid e Barcelona, consolidada con "trens gandeiros" , potenciou o desenvolvemento do medio rural galego.
O certo é que pouca memoria gardamos daquel sarriao e ao día de hoxe moi poucos son os que saben cal foi o comezo do negocio da exportación da carne galega ás grandes cidades e o papel xogado polos Fernández de Barreiros en varias xeracións: Manuel, Clemente, Marcos e Antón de Marcos. Unha saga familiar darredor da que se foron artellando un bon número de actividades industriais.
o
Comentarios
Publicar un comentario