A VIRXE DO CEBREIRO ( 579 )

                  A VIRXE DO SANTO MIRAGRE : NOSA SEÑORA DO CEBREIRO                          ( 579 )

                 ( BAIXO A ADVOCACIÓN  DA NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS )

* En 1921 como consecuencia dun incendio a imaxe perdéu as mans.

* En 1922 foi levada a Lugo : O escultor Magariños  fixo as novas mans;  o sacerdote Rodríguez Moscoso  pintouna e foi vestida  con túnica de seda, ostentando no peito o Santo Graal e puxéronlle pelo novo.

* A imaxe foi exposta á veneración dos fieis na Catedral de Lugo,  sendo abenzoada polo Bispo, no altar portátil colocado no claustro e  na Capela Maior. O perlado colocoulle unha sortella nun dedo da man dereita.

** Foi solemnemente instalada na igrexa do Cebreiro o 7 - 8 de  setembro de 1922.

( LA VOZ DE LA VERDAD, 20.09.1921 ).- UN INCENDIO.

O  18 do actual  ás 6 da tarde decrarouse un incendio na igrexa parroquial de  Santa María a Real do Cebreiro.

Este incendio foi casual, debeuse a ter quedado   algún cirio   descoidadamente por apagar.

Queimáronse todos os fachos de defuntos , o pano do púlpito  eo manto da famosa Imaxe  que alí se venera, quendado esta case estragada por enteiro.

Grazas á hora   que foi non hai    que lamentar maiores  males , aínda que as perdas    alcanzan   unhas 600 pesetas.

                                               ...................................................

( LA VOZ DE LA VERDAD,  22.06.1922 ) .- A NOSA SEÑORA  DO CEBREIRO.

A imaxe  da Santísima Virxe que dende  hai séculos se venera  na igrexa  do desaparecido Mosteirodons  monxes  bieitos do Cebreiro , onde se realizóu  a fins do século  XIII o Santo Miragre, de se manifestar  sensiblemente   convertido a Hostia en carne   e o viño en sangue, ao celebrar o santo sacrificio  da misa, un sacerdote que dubidóu  do misterio sacrosanto, será  colocada esta tarde  no altar , que para a procisión da Oitava do Corpus , hase instalar   nos Claustros da Catedral  e que custea  o Excmo. Sr. Bispo.

 Traída a Lugo por orde do  noso Reverendísimo Perlado, para ser restaurada   dos desperfeitos   que sufriu nun  incendio o pasado ano, é pola súa antigüidade   das que a  a opinión   corrente atribúe  orixe bizantina.............. Raíña do Ceo.

                                                ********************************

(  EL REGIONAL,   22.07.1922  e CORREO DE GALICIA, 30.07.1922 ).- RESTAURO DUNHA IMAXE.-  A imaxe  da Virxe que se venera  no Cebreiro, a onde acoden moitos  peregrinos  co gallo  do Miragre realizado naquel Santuario, foi estragada en parte  por un incendio casual.

 Coñecedor  o Bispo de Lugo  deste incendio  e dos seus danos , mandóu  levar á Capital  a imaxe e ordeóu que fose restaurada.  Xa está completamente  arranxada de novo. As mans   fíxoas o Sr. Magariños, de Santiago, e con verdadeiro acerto   os vestidos  fixéronllos en Lugo   sendo pintados  por un sacerdote da diocese de Mondoñedo, que é un grande artista. A cara puido se conservada  e o cabelo   foi axeitadamente  colocado de novo.

Faltan as coroas  da Virexe  e do Neno Xesús, que están a construiren.

Cando a imaxe volte  ao Cebreiro  vanse celebrar   alí festas relixioso-profanas  con este motivo.
O  señor Bispo  colocóu  na man dereita da Virxe  unha sortella  que el lle regalóu.

                                         *********************************

( BOLETIN OFICIAL DO BISPADO DE LUGO, 31 de agosto de  1922 )

A imaxe da Santísima  Virxe, que dende  hai séculos  se venera neste celebérrimo Santuario , é pola súa antigüidade  das que a opinión corrente  atribúe  orixe bizantina.

Desnaturalizada  no seu tipo primitivo  polo funestísimo  costume  nos últimos séculos  de vestir as imaxes con traxes  naturáis, para facela moviblr e doada  a súa condición  nas procisións , foi recortada na súa base e alixeirada de madeira no seu interior . con outras modificacións  esenciáis  no rostro e brazos , que fixeron  imposible   o seu restauro á forma antiga. Polos detalles  que dela conserva, esta efixie estaba compreendía no primeiro tipo   da iconografía mariana , ou sexa o hierático, en cuxa característica  apréciase  que estaba  nun tabolete  ou cadeira de pequenas proporcións , pes calzos e coberta  con manto que cai por igual  aos dous lados, pregando os panos no remate de xeito anguloso e simétrico de pouco resalte, parecendo  conservar sináis  de ter sostido o Neno entre os xeonllos. 

Levada a Lugo en 1922 , por orde do Excmo. Sr Bispo para ser restaurada dos desperfeitos que sofriu no incendio   o ano anterior, foi vestida con túnica de seda, ostentando pintado no peito o Santo Graal ou sexa o cálice  no que  se realizóu o miragre; é un detalle moi característico. Cóbr ese a imaxe con amplo manto de seda azul celeste e está en actitude  propia  co Neno sostido  no brazo esquerdo  e a cabeza, que orla coroa de prata, aparece  inclinada  cara adiante , atribuindo a piedade esta inclinación á crenza secular de que, ao se realizar o Santo Miragre, a Virxe que ocupaba lugar preferente no altar , tomóu  esa actitude para ollar e ser testemuña do prodixio que aos seus pés se realizaba.

Desta tradición  gárdase lembranza en moitos lugares desta provincia  e da de León , sendo numerosísimos os fieis  que o 8 de setembro, día no que se celebra a  festa da Virxe dos Remedios , padroa  da comarca do Cebreiro , coñecida vulgarmente  pola Virxe do Santo Miragre, concorren a visitaren  este miragreiro Santuario. Coñecedor o noso Rvmo.  señor Bispo. desta espallada arraizada devoción  e amante e  celoso conservador  das tradicións seculares, ordeóu que se levase a Lugo a imaxe para que dous artistas da rexión  a restaurasen  e xa que non se podía volver como antes dixemos  á súa  forma primitiva, fíxose o arranxo  con verdadeira intelixenza, poñéndoa en mellores condicións que antes dos desperfeitos sofridos.

O Sr. Magariños de Santiago  foi o escultor encarregado  de facer as mans  da efixie  e o sacerdote Sr. Rodríguez Moscoso, de pintala e darlle expresión  á faciana,que aparece coa suave tenrura do amor, a inocencia do sorriso  e a dozura e maxestade que caracteriza  á  augusta Raíña da Gloria.

O Sr. Bispo abenzoouna solemnemente , coa asistenza  de varios señores Sacerdotes, das Camareiras de Xesús Sacramentado e outras persoas. colocándoa  nun altar portátil  no altar maiore da Santa Igrexa Catedral Basílica, sendo moi visitado polos fieis de Lugo e outras partes.

*** ( Este artigo foi reproducios en " El Mensajero Parroquial  de  Pîedrafita del Cebrero "- Año III. Nº  6- 27 de Agosto de  1927) ***

                                             ********************************

( BOLETÍN OFICIAL DO BISPADO DE LUGO, 31.08.1922 ) 

O día 27 do último xuño o Sr. Bispo abenzoóu  coa asistenza de varios Sres. Sacerdotes, das Camareiras de Xesús Sacramentado  e outras persoas.  A continuación celebróu a Santa Misa  de Beata Virgine María no altar portátil  no que estaba a imaxe  e deu a Sagrada Comuñón  a moitos dos asistentes . Dende entón  foi moi visitado polos fiéis  de Lugo e outras partes.

Nos primeiros días de setembro  será levada  ao seu Santuario do Cebreiro, onde o día 8 se celebrará  a festa  titular coa solemnidade e concorrenza  numerosa  coas que toda  aquela comarca venera  á  Nosa Señora a Virxe María.

                                               ***********************************

( LA VOZ DE LA VERDAD, 13.09.1922  e  BOLETÍN OFICIAL DO BISPADO DE LUGO, 25.09.1922).-   NO CEBREIRO.- Con grande solemnidade celebráronse   na igrexa de Santa María a Real do Cebreiro, os días 8  e 9 , as festas que os moradores  daquelas elevadas montañas adican  anualmente  á Santísima   Nai de Deus, na advocación da Nosa Señora dos Remedios , para conmemorar  o marabilloso  e estupendo prodixio  eucarístico  que tivo lugar naquel Santo Templo , e  é  coñecido e   adourado  na montaña  co nome do Santo Miragre.

Había grande expectación  nos veciños  desta comarca  para ollaren e   contemplaren  a imaxe da Santísima Virxe  do Cebreiro , restaurada   a expensas do Excmo. e Rdmo.  Sr. Bispo da Diocese, dos desperfeitos que  sofrira  por un incendio acontecido  na dita igrexa  o ano último e que, comisionado  especialmente polo Perlado , levouna dende Lugo o señor  D. Antonio Goyanes  Pérez , vicesegredario  de Cámara  e de Goberno do Bispado.

O día 7 , polo serán, organizouse unha  solemne procisión  na igrexa de Pedrafita para conducir a imaxe  da Santísima Virxe  á igrexa  do Cebreiro e o espectáculo foi  visitadísimo  e realmente admirable,

Ao sair a imaxe  da igrexa de Pedrafita , levada por catro mozas  do Cebreiro, as mulleres de Pedrafita  entoaron  fermosísimos cánticos  á Raíña dos Ceos , admirablemente dirixidas   por unhas señoras de Vigo  que veranean no pobo.  Unha banda de música  e unha gaita  do país  executaron a marcha real  e unha multitude de foguetes  atroaron o espazo , Emprendéu a procisión a marcha  por un costento repetón  e cando xa subiran uns trescentos metros  aínda se vían os veciños  de  Pedrafita axeonllados   coas máns xuntas   despedíndose da Virxe   do Cebreiro.

Ao empardecer  chegóu  a procisión  ao Cebreiro , e entre os sons das músicas , o repenique das campás  e o atroador estourido  das bombas   entróu a imaxe  da Nosa Señora na súa igrexa , recibindo a venerración  dos fiéis  que se axeonllaron diante dela, rezándose de seguido  o Santo Rosario  que foi dirixido polo Sr. Goyanes .

Durante toda a noite  do día 7 estiveron chegando de contino  ao Cebreiro innumerables peregrinos  para poderen cumprir as súas promesas e devocións  nas primeiras horas da mañá.  A maior parte destes romeiros viñan  a pé e descalzos  e algúns de seis ou sete légoas de distancia.

Na mañá do dia oito celebráronse  na ampla igrexa nove misas rezadas , asistindo a elas unha multitude de fiéis que encheron completamente  o templo. Ás  doce celebrouse  a Misa solemne , sen que na igrexa houbese un só sitio valeiro. Despóis do Evanxello  ocupóu a Sagrada Cátedra  o Sr. Goyanes Pérez . Cantóu as  glorias da Raiña dos Anxos  e fixo resaltar a arela  e o cariño postos a contribución  polo Excmo. e Ilmo. Perlado da Diocese  para o restauro da  Virxe do Cebreiro , regalándolle en  prenda da súa devoción  unha preciosa sortella  que a imaxe ostentaba , á que non poidera acompañar , como era o seu desexo, por impedirllo   os seus deberes pastoráis. Aludiu ao Santo Miragre , o verdadeiro SANTO GRAAL,  que  inspirara en Alemaña  ao Filósofo da divina Arte , Ricardo Wagner, unha das páxinas musicáis  máis sublimes e grandiosas  que escribiu, PARSIFAL ,  e remata exhortando  aos fiéis a que continuasen venerando   con todas as súas enerxías  e con  todos os seus ánimos  a Xesucristo no Augusto Sacramento  da presenza real do seu Corpo   e Sangue e á Santísima  Virxe, Nai  de Deus Redentor e do home redemido.

Despóis da  Misa  saíu a procisión  percorrendo o sitio de costume e nela figuraban  máis de cincocentas persoas  de xeonllos . Calcúlase que visitaron   a igrexa do Cebreiro o día 8  unhas 7.000 persoas.

Coa mesma solemnidade  celebrouse o día 9  a festa do Santo Miragre , na que tivo  lugar  a procisión  co Santísimo Sacramento.

Os veciños do Cebreiro   están entusiasmados   coa imaxe da Virxe   e tributan   sen reservas loores  ao Excmo. Perlado da Diocese polo restauro   da dita imaxe , pola preciosa sortella  que lle regalóu   e polas atencións que tivo  cos moradores daquela montaña.

                                                     *************************






































































Comentarios

Publicacións populares