O XERINGADOR DE ROMELLE ( 577 )

                                     O XERINGADOR DE ROMELLE                                                                  ( 577 )

Persoaxe que en clave de humor   e  por medio  de versos, xeralmente formando " décimas", trata temas  de actualidade referidos  de modo preferente  á vila de Sárria , ás súas xentes   e  á  terra sarriá.

 ************************************************************************************ 

                                    (   28 de decembro de 2025 )

A xeito de felicitación e amostra de bons desexos para o ano 2026, " O Xeringador de Romelle"  mandou ás súas amizades as seguintes décimas:

                                                             2025 

               Esperabais buenas noticias  pero las circunstancias manda....

                                                           O XERINGADOR DE ROMELLE

                                                                     PROCLAMAN SEREN MOI SANTOS...

Van de Santos Inocentes /  agochados nos despachos; / sendo machiños  moi machos /  maduran nas súas mentes / proposicións indecentes . / Teñen dedos longos, longos , / de caladiños candongos , /   mandan salaces mensaxes , / entullada e máis aldraxes / de cerebros con mondongos.

Da Santa Constitución / proclaman ser seguidores , / xuran seren os mellores / en lle facer defensión  /  e en calquera ocasión / gaban teren por verdade  / a defensa da igualdade ,/  das mulleres o respecto : / " Non seguen camiño recto, / cultivan a necidade".

Adornan as súas verbas  / con moi floridas defensas ; / os seus actos son ofensas,  / cultivab as malas herbas / e máis as accións acerbas . / Ás mulleres compañeiras / lúbricos lles fan as beiras, / non lles gardan lealdade : / " Lacazáns sen calidade , / " charlatáns" en  malas feiras".

¿ Coidan cecáis  son monarcas / con dereito de pernada ? / ¿ Poden tamén coma se nada /  deixaren poutas e marcas ,/ mentres van enchendo arcas / con soldadas, comisións / e outros previlexios bons ....? /  E carentes de principios / con tetosterona e ripios / queren forzar ligazóns.

Fan politica en bordelo / no patio de Monipodio /  instalado en alto podio /  onde ben lles loce o pelo. / Axudan a corrompelo / con amigos e parentes / e sendo tan indecentes /  eles presumen de santos.... /  ¿ E damos creto aos seus cantos  / sendo nós  "os inocentes " ....?.

                                  EIS O PERFIL DO PÉRFIDO  CORRUPTUS BORDELENSIS

Traidor á súa palabra / e traidor ao seu partido / co seu ideal perdido  / a propia foxa ben labra /  con feitos de tola cabra : / ¿ E como poden pensar  / pegada non van deixar /  as súas noxentas mensaxes,/ carraxentas equipaxes  / dese aldraxante  actuar ?.

BOA NOVA VOU A DARVOS : / NÓS NON SOMOS " INOCENTES " .... /  E TAMPOUCO SOMOS PARVOS.

               "  El niño Jesús nació en un pobre pesebre de Belén . Su infancia , y después su vida toda ,fue humilde y sencilla.                                                                                                                                          San José, Esposo de la Virgen María , era carpintero y la propia Virgen María lavaba los pañales del Niño Jesús.                                                                                                                                       Pensad en todo esto y comprendereis por qué JAMÁS DEBEMOS SENTIR LA ENVIDIA     ........................................................................................................................................................                                                                                          ( novembro 2025 )

                               REQUILORIO  , REQUILORIO, / ¿ PARA CANDO O AUDITORIO )  

Sempre está riba da mesa  / ese lonxano Auditorio . /  Resulta sempre serodio , / non pasa de ser promesa, / unha carrilleira  avesa, /  unha carreira de obstáculos , /  todo  cortando  tentácuklos, / adoito pintando a mona, / rañando mal  a zanfona , / dando parvos obstáculos,

Por aquí pasou Corral  / e o vello cine Cissa  / non valeu para esa misa / e xa nos pareceu  mal  / a sala monumental /  volñta nun supermercado , / co seu patio derramado / matando a bonita historia  / da máis querida memoria  / dun salón por nós amado-

                                              POLO SÍ E POLO NON / QUEREMOS UN ORFEÓN

Non deron froito as conversas  / co monfortino don Pedro  / e agora evos conto vedro , / loita de heñenos e persas , / que con posturas adversas  / non chega nunca a bon porto, / non habendo amencer  e o orto  /  morreu antes de nacer : / Todo vos é padecer  / ficando o Auditorio morto.

E por iso  en cada seu ano / nese gaiso día  / na honra de  Santa  Icía  / ese Odeón  tan lonxano / reclama o pobo sarriano, / Mais os membros do Concelll / van agochando o coello / na súa choída chisteira : / Non dan modo nin maneira  de rematar conto  vello.

                          NON ANDEDES ÁS PATACAS , /      PEDIMOS  PATIO E BUTACAS

Todo foi  tempo serodio / e veuvos despois a xeira  / de falar da Feculeira  / e aquel proxecto do Clodio / no patio de Monipodio  / todos vimos esnafrar  / e ese vello soño adiar.... /   E na igrexa do Rosario /  da música fiel santuario / por sempre hemos ficar.

Temos en Sárria corais  /  temos musicais bandas , /  (  temos falcatrueiros   randas ) /     moitos  grupos musicais  / e gaiteiros ademáis   / ( dos que  os randas  ben se esquecen ) / e todos eles   merecen /  ter un sarriao escenario  / ( non un mundo cavernario / onde canten e non recen ).

                       QUE VERGOÑA, QUE VERGOÑA / A MUSICA TOMAN  DE COÑA 

Tamén   o teatro amamos  / e precisamos aforo / para todo orfeón e coro   / e boa conta nos damos . / " Polo camiño que andamos  / nunca o Auditorio ha chegar  / e non se pode agardar  / de randas tan nugalláns / teñan outros mellores plans / (  Ppois só pensan amolar ).

Pobre Sárria, Sárria pobre, / polo si  e polo non /  quere ter un Odeós  / para un pobo culto e nobre / no que todo randa sobre , / " Requilorio, requilñorio, / .- "  ¿ Para cando o Auditorio  ? " / " Non queremos as patacas ,  / pedimos patio e butacasm / segundo é certo e notorio".,

                                          ...................................................................... 

Concelleiros ocupantes  / da Casa de Vaamonde , / esta Sárria   non esconde /   os seus berros   ben tronantes,  / eses berros tan constantes / dun Auditorio  pedir . / " ¿ Coñecedes tal sentis ? " /  ( Que vergoña,  que  vergoña ) /  ¡ A música   non vos é coña ! / ¡ Tédenos  nun sinvivir ! ".

                                             ............................................................

Santa Icía tiña tres  mans : /  Ela coa  esquerda urdía, / coa  dereita destecía  ./ -  ¿ E coa outra ? ...............  

                                                        - Un Auditorio pedía.

                                                                                                   O XERINGADOR DE ROMELLE.

(  Fotografía  da cheminea da Feculeira , cunha cegoña pousada na cima ) "   Eis a cegoña responsable /  de que o  Auditorio non nado  / se perdera  no camiño...... ) 

*************************************************************************************** 

                         PORQUE MASACRARON ÁS OCAS                                      (  outubro de 2024 )

Alcalde  señor don Clodio / ocas, máis ben eran poucas, / papadoras  de pan e oucas; / vítimas  foron do odio /  de lontra libre de alodio,  /  que con furor sen igual / nese ben municipal / foi e fincóu o seu dente  / bebendo  aquel sangue quente.

Ocas, ansares  ou gansos, /  de tal maneira morreron / e as súas vidas perderon / por seren un pouco mansos  / e de andares máis ben cansos. / A culpa foi do Concello , / iso xa é conto vello, / por non lles por  nese día /  compaña dun policía / do río no belo espello.

 Agora, segundo a xente, / o facer reposición  / e necesaria xestión ,/ entre todas preferente / e , por suposto , urxente ; / mais para así proceder / moita paciencia hai que ter/ ( contando con Patrimonio  / e o hidráulico binomio )/ para novas ocas ver.

A solución desexada /  tras de millenta  papéis , / regulamentos e leis / poderá ser culminada / se boa benzón se acada / dos gardiáns  do Xacobeo , / distantes no  seu alto ceo, / e a da  Confederación  / que vai dar aprobación / se  hai no Sárria lazo e xeo.

¿  Hai cecáis  alternativo / a  esa desaparición ? : / Por vía de  de sustitución / moi  boa e imaxinativa, / suxerente e creativa, / por cocrodilos  no río, /  para facer desafío / a esa  lontra asasiña / que con medo de galiña / non vai dicir pío-pío-

 Vinganza  piden as ocas; / unha  resposta hai que dar / e Usía, Señor  Alcalde, / con vinganza pagará,

                               O Xeringador de Romelle, fecit

....................................................................................................................................................................

                                                     3    MORDEDELAS  SARRIÁS  3                      ( xuño de 2024 )

                                                          1.- CON PERDÓN

Por cuestión dun orinal / que no Cristal foi pedido, / e en nada correspondido, / polo camareiro formal, / responsable principal / daquel establecemento, / que ao ter coñecemento / da xa iniciada acción / de poñerse a facer micción, / o Pepe.... frustróu o intento.

Brincando  riba da barra / tratóu de cortar a mexada, / mais bon suceso n `acada / pois moita cervexa en xarra / bebera Toñitín na farra./ El trata de boas maneiras / calmar ao home das feiras, / este dalle mordedela / ao xeito dunha cadelña  / nun dedo ao das mans  lñixeiras.

E xa vai ao Ambulatorio; / levan o parte ao Xulgado / con baixa para ser curado.... /  testemuñas, requilorio, / dan por  certo e por notorio / no dedo haber a dentada  / e en xardiñeira mexada / e matinan os clientes / con maquiavélicas mentes / unha vinganza sonada.

"Por vía de arrepentemento" / piden audiencia ao Xuíz, / destacando aquel  matiz  / de estar naquel momento  / con alcool un tanto contento... / e así saen do Xulgado / cadaquén ben amigado, / sen  loita, teima e sen guerra, /  pois  quen perdoa non erra / e o dedo ficóu  sandado.

                                          2.- CON ESQUECEMENTO

Un éravos dentista / e armóu a liaraza / como bebedor de raza  ; / o outro ía de artista, / rei do mambo e toda pista / e tanto e tanto rifaron, / ben boa liorta armaron / pois do máis peqeuno  os dentes / travan deddos inocentes / e nin con esas pararon.

O odontólogo doente / vai e sola o seu espieche : / " ¡ Quitádeme  este  caniche ! / Tenme travado co dente , / eu hei poñelo ben quente," / Acodiron os do bar / con toda presa a arredar / odontólogo e poeta / e vai o barman e espeta: / " ¡ Para a rúa e a calar !".

Cada un para  o seu lado, / en santa paz, paseniño, / coas súas cargas de viño / camiña descompasado.... / Especialista en dentamias / sen  afectar ás sesamias  / dicía aquel odoltólogo / en moi sentido monólogo: / " ¡ Vaia dentes para lamias !".

Non houbo maior liorta , / o feito foi esquecido, / non se queixóu o mordido, /  nunca puxo cara torta , / o agravio  foi cousa  morta./ Guerras de tirios-troiáns  / e liortas de galváns / son por todos esquecidas / e as paces por ben sentiads / das xenreiras matan plans.

                                              3.- ............. E CON MACHADO  DE GUERRA

Falemos do acontecido / en Santalla de Arxemil, / onde con xesto xentil / un veciño foi mordido / ( contacto non consentido ) / contrastando pareceres / os dous miríficos seres, / segundo round en disputa , / sen razón, con forza brutta... / ¡ olla que membro ti feres ! .

Aquel do dedo adentado / raudo e con presa el acude  / ao Centro de Saúde / dos médicos ao coidado, / que para ir ao Xulgado / ben se precisa un informe / que fixe e, / se dano enorme / para boa indemnización / e fortemente amolar / co que ese atestado forme.

Os xornáis derpn a nova / da sonada discursión / e da forte lisiación, /  boa evidencia e proba / de que non rematóu na cova / por estar ben vacinado / e o dedo así alcanzado / precisa dun  mes de baixa, /  ( ¡ tócalle, tócalle a caixa ! ) e de ser indemnizado.

O suceso de Santalla / foivos feito belicoso / e fortemente gravoso : / non vos é fume de palla, / nas nosas conciencias malla / vendo ese dedo agraviado / e amolante e amolado / moi antigos veñen ser / e ao noso parecer / veñen do tempo pasado.

                                                             CONCLUSIÓN

E agora nesta ocasión, / ¿ No suceso de Arxemil / dispararán  un misil ? /  ¿ Responderán  con un dron / de iraní fabricación ? / ¿ A ONU vai interceder / ou a OTAN malmeter  ? / ¿ Coa nova maneira e xeito / lolitarán polo dereito  / de novos  dedos morder ?

                                                                   A RESPOSTA É :

                                                                 " Iso.... nin se sabe "

        O Xeringador de Romelle.-  Festa  do Corpus 2024. 

                           " Día do Amor Fraterno"                                                           

                                   ************************************** 

                                          RÚA DA LIBERDADE

Ben nos di a Constitución  / que a Santa Liberdade  / en todo tempo e idade  / de cidadáns é benzón /  e que en toda a ocasión  / debemos tela presente , / pois se  libre vos é a xente  / sempre  triunfa o raciocinio: " Furtalo é un lemcinio . o non louvala , indecente.

A Liberdade é angueira / dos cidadáns e dos pobos , /  ps vellos e máis os  novos  / dos séculos en ringleira  / fixeron a sementeira ,  / ¡ Vivs o libre albedrío ! , /   e das liberdades o río  / medre con forza imparable  / e facendo  a vida amable  / rache o  integrismo frío./

Pois  na Lei Fundamental  / a Liberdade  é a estrela..... /  ¿ A que ven  aquí  esa trela , / ese erro descomunal , / esa actitude anormal / de lle facer esa afrenta , / tan teimuda  e á mantenta , / as gañadas liberdades , piar forte  das verdades / nas  que a Democracia  asenta ?./

Pois xa Sárria no rueiro / a Liberdade proclama , / a forza que o pobo ama  /  sempre da Xustiza ao abeiro, / como  tesouro primeiro / de homes e mulleres libres , / lonxe dos vellos acibres , / só  o democrático manto , / ledo eu a Liberdade canto , /  e Sárria con ela libres  ./

                                                                                   O Xeringador de Romelle

                                           ¿ Como  se manifesta a Liberdade ?......... 

" Liberdade de pensamento, Liberdade de expresión , Liberdade relixiosa,  Liberdade ideoloxica,  Liberdade de prensa, Liberdade de cátedra ,  Liberdade de desprazamento,  Liberdade de sindicación , Liberdade de reunión .......

Todas elas  se consagran na nosa Constitución  e agora Sárria  celebra  co nome da súa primeira rúa  o triunfo  do máis sagrado dereito  humán , motor de soños , apoio de realidades  e sustentador  da promesa  dun futuro  máis  digno, apoiado  nos principios   de igualdade  e fraternidade<

                                    Liberdade  sen ira....

Constitución  Española ( Vixente )

A Nación  española , desexando establecer  a xustiza , a LIBERDADE ,  e a seguridade  e promover o ben  de cantos a integran , en uso da súa  soberanía   proclam a súa vontade......

NORABOA,  SÁRRIA, POR PROCLAMAR  O VALOR UNIVERSAL DA LIBERDADE  COMO FONTE DA DEMOCRACIA  E   DOS DEREITOS HUMANOS E DOS POBOS.

 *********************************************************************************

                      NO TRASLADO DE NÚÑEZ FEIJÓO Á CAPITAL DO REINO

                                                    1.- Nova singladura

Deixando atrás Santiago  / vas " Camiño da Moncloa "; trocas en trigo a boroa / cunha variña de mago ; deixas o mainiño lago / para ir a navegar / de Xénova no bravo mar / onde poderás perderte / se alguén che presenta un ERTE / para o teu fol abaixar. /     ALBERTE

                                                    2.- Póo, sudes e ferro...

Ás tropas pasas revista / na loita contra esas "hordas".../ tantas xentes  nada cordas, / tanto  noxento arredista, / nunha santa reconquista,  / tirando bem  do adibal / para liberar  do mal ,  /  co Cid e con Lopo Antúnez, / España, Marrocos, Túnez.... / ¿ coa axuda do Abascal  ? /   NÚÑEZ

                                                      3.-  ¿ En freada e marcha atrás ?

Alzando Santa Cruzada / as hostes  ti vencerás / e por terra botarás  / esa pesada empanada  / onde anda  misturada  / en maremagnum confuso / xentalla nada no abuso  / e levantaras  ti o vóo / se non van e che din ¡¡¡ XÓO !!!  / Azanr , os outros e Ayuso ./ ..... FEIJÓO

                                                      4.- ¿ Mellor gaita que organillo ?

Alberte Núñez Feijóo / Madrid  é moito Madrid  / e na Meseta a perdiz / cázana sen alzar o vóo  / e axiña che botan póo / se alto queres voar / e póñense a  disparar / os cobizosos  dos postos , / papadores nos magostos / desexosos de mandar......

                                                                         O Xeringador de Romelle

                                                         ************************** 

                                                           XARDÍN VERTICAL NA PRAZA

Na rúa do Murallón / vemos a flor da nugalla, / silvas e fentos a esgalla, /  en calada floración  : / con edilicia  benzón, / vizoso edén vertical , /  enxebre, monumental, / medrando con afouteza , /  con forza de Natureza  / ..... en non nos parece mal/

Anda por aí o runrún , / froito de bon raciocinio, / de ofrecer  o patrocinio /  de cabras do Camerún / que saíndo do xexún  / escalen o paredón, / na percura de ración / e con dentadas ben rápidas / deixen lexibles as lápidas , / de saudosa acordación. /

                                                                      O Xeringador de Romelle

 VEU A PRIMAVERA,  / PASÓU O VERÁN,   /  AS PEDRAS DO MURALLÓN /  MANTO  VEXETAL TERÁN. /

***********************************************************************************

                                                             NO TRASLADO DO " FONSIÑO"

Por orde do Señor Alcalde  a estatua de pedra do rei AFONSO IX foi trasladada na Praza da Constitución para  poñela á man dereita da porta da Casa do Concello.

                                                                            1

NO DESTERRO E OSTRACISMO / EN PERPETUA REVISABLE / AGARDÓU REVISIONISMO.

Afonso , chamado " O Nono " ( e para nós " O Oitavo ) / de Sárria  fundador bravo, / agora de pedra  o sono/ durme sentíndose  dono / desa Casa do Concello ; / sorridente  este rei vello / garda a súa Vilanova, / sendo a forte  espada proba  / do seu valor bon espello.

                                                                           2

   PASÓU AS HORAS OLLANDO, / COA FAME DE OITO SÉCULOS / AOS PELEGRÍNS PAPANDO 

Antes ficaba arredado , / Praza da Constitución, / e polo si  e polo non / moi malamente arrestado / por tras dun toldo agochao. / E parecía moi  mal / darlle  ese trato fatal / as xentes  do Consistorio, / aldraxe  frío e notorio  / para quen fixo a " Vila Real".

                                                                            3

ASÍ VOS SON ESTAS MEAS : / É MÁIS  DOADO REUBICAR / QUE MUDAR MALAS IDEAS

E manexadno un guindastre / o equipo municipal / move imaxe e pedestal / e subsanando o desastre, / dando puntadas de xastre, /  o moimento  removeron / e por gardián o puxeron / da Casa de Vaamomde: / ¡ Agora xa non se esconde  / e preferenza lle deron ! 

                                                                          4

PARA A RÚA ROTULAR / ¿ TERÁ DIÑEIRO O CONCELLO / E ASÍ AO FUNDADOR HONRAR ?

¿ E cando chegará o día, / a hora tan desexada / e por lustros adiada / de vermos nós na Gran Vía / ( dito vai con simpatía ) / sete, nove ou dez letreiros / rezando cal pregoeiros  / con tamaño non pequeno / "Gran Vía Alfonso IX", / honra de poucos diñeiros.

                          De " vila real " presumimos, / pois tal foi a nobre orixe, / e no rueiro o esquecimos.

                                       O XERINGADOR DE ROMELLE ( abril de 2020 ) 

                                      Ano  Oitocentésimo Vixésimo Sesto ( " ab villa condita " )

                                   .................................................................................................     

NON VOS É COUSA NORMAL / BOTAR LIXO, LIXO E LIXO / NA NOSA VIDA LOCAL 

                                                                                                        (    MAIO 2022 )

Na vila de Sárria a xente / cando fala dos politicos, / fala deses seres miticos / como de caste indedente ,/ no pasado e no presente : / Din  que son uns tragadores, / de orzamentos  chuchadores, / lacazáns e  preguiceiros , / uns loráns e trapalleiros / por sempre baralladores".

Dotados de ciencia infusa / chámanlle burro ao alcalde  / e queren  que a conta salde , / da súa actuación difusa, / xogando á ruleta rusa / ( non hai nunca un edil bon ) / e presente a demisión / inmediata, irrevocable, / por ser pailán destacable /  e máis un simple mamón.

Os concelleiros tamén / resultan calificados / de burranzáns destacados / que nunca fan nada ben / e a todos tanto lles ten, / só lles ten conta asinar / o que lles queiran mandar : / "Cada un é un alpabarda  / merecente dunha albarda / para ben o aparellar".

¿  E que din dos funcionarios / os cidadáns  " espilidos" / tan "doctos" e tan "sabidos" ? : / En agudos comentarios  / renegan dos seus salarios,  / nugalláns os califican / e a todos van e critican /  chamándolles galafabtes / e do alcalde monifates / por eles nomeados fican.

¿ E como  son no sentir  / dos políticos locáis  / os adversarios: " Banáis", /  " Afeitos só a mintir", / " Non se pode resistir  / tanta iñoranza fatal ",   / " Todo o que fan, fano mal " / " Son decote incompetentes", / "Diante do problema, ausentes",/  " Merecen un adibal".

" ¿ Como se entende esta mea ? : / Se estamos gobernados / por astrevidos e ousados / a cousa ten pinta fea / e metidos nesta lea , / ¿Como pode acontecer / que sempre haxa que / " como os "doctos cidadáns "  fabrican coas súas mans / " tan "estultos gobernantes" , / burros  todos, hoxe e antes, / voltos de leóns en cans ?.

Dialécticamente armado / con coitelos e  navallas, / xostregos, cuspes e trallas / o sarriao máis calado / ao politico despreciado / ataca inmisericorde  / repetindo monocorde / "Es un burro, moito burro", / " ¡ Bota fora deste curro ! "/  "¡ Vaite axiña, non engorde !",

 CON TANTO SARRIAO LISTO / REGALANDO GASOLINA / ¿ QUEN VAI ACENDER O MISTO  ? 

                                                                                        O Xeringador de Romelle

  ***********************************************************************************

SAN MARTIÑO CON BOA MAÑA / VAI ESIXIR EN EUROPA / O QUE LLE NEGA ESPAÑA

                                                                                                                     (  FEBREIRO 2022 ) 

O lugar de San Martiño / na parroquia  de Requeixo, / por municipal desleico / sen verea e sen camiño / sendo da estrada veciñom / non ten pista nin carreira /  e non atopan maneira / de abrilo á modernidade , / á simple  normalidade, /  en condea duradeira ,/

Levóu o pontón o río / e agora pasan o vao /  cómodamente  en verao / cando o Celeiro é un fío / e no inverno pío-pío...... /  Non chega ali camión / de ningunha condición, / ambulancia,  furgoneta, / remolque nin carroceta / en penosa pumición ./

Pasan os trens pola porta , / teñen igrexa románica , / e a palabra mesiánica / non rompe  a maldición torta , / nin a distancia acorta. / Ollan no Planeamento / rúas que son un invento, / riba do papel pintadas./ oito lustros agardadas / ¡ Promesas que leva o vento ! /.

Pobre San Martiño, pobre, / tan perto e tan marxinada / da vila de Sárria illada  / pola nugalla que cobre / o seu pasado tan nobre./  Ano tras ano a súa queixa / do esquecemento na reixa / vai caíndo no Concello / e na chisteira o coello / é  burócrata madeixa. /

Para chegar ben á casa / un veciño no seu leiro / fixo camiño senlleiro / e así co seu coche pasa   / mentres a xentiña alasa / subindo e baixando a costa / pola estreita, ruín, congosta / propia de tempos pasados /  véndose así mal penados /, ¡ Ninguén por eles aposta !./

Axuda ao  Defensor do Pobo / piden para re,mediar /   os vieiros do mal pasar, / aldraxar  que non é novo / e administrativo  tobo / n impide facer a ponte . / Permitídeme que vos  conte : /  " Vai ir coa queixa a Europa / a ver se xustiza atopa  : / ¡ San Martiño non  é monte  !."

                                                                                                          O Xeringador de Romellea

 ************************************************************************************

                        UN RETRETE  A CARÓN  DO CAMIÑO NO MONTE DE SAN CIBRAO

                                                                 RETRATO CON RETRETE ( * )

                                                  (   e agora a pregunta é..... ¿ onde ficará o  bide ?

O trámite evacuatorio / e sen coñecelo o alcalde , / pódese  facer de balde , / como é  visible e notorio /  nun camiño  rotatorio / onde un moi pulcro  inodoro,  / acolledor, non sonoro, / no Monte  de San Cibrao, / ben de inverno, ben de vrao / nos recibe con decoro./

                                                               ********************* 

¿ Onde esta ocupación se acha ? /  ¿ Onde poderemos vela ?:  /   Non lonxe de Lousadela / onde medra a silva macha.

                                                           O Xeringados de Romelle

( * )   Perto dun vertedoiro clandestino de reblo, nunha folganza do monte , diante da parede dunha devesa  deixaron abandoado un  retrete desbotado por mor de reformas domiciliarias, e o Xeringador inmortalizóu achado cunha instantánea  reenviada ao señor alcalde  para o seu coñecemento e adopción das medidas pertinentes.

************************************************************************************

  CANDO VAN SESENTA ANOS, VEÑAN BÁGOAS, VEÑAN PANOS ( DECEMBRO 2021 )

Non é de morte morrida , / que é de morte matada, / perdendo o Sárria a vida.

Permitide á rúa saia ( e isto non é ningún canto, / senón un doído pranto / de todo un pobo que laia / pola perda dunha praia) / e chore  a anunciada morte, / mala fada e mala sorte, / do legado de Acevedo / e do río amado e ledo / que a Sárria lle deu seu norte.

Ninguén lle bota unha man / á maltreita chapacuña, / Agora o río rabuña / as beiras que o río fan ; /mingua  o cabdal no verán / e no rairo a entullada, /  e nas beiras a enxurrada, / tecen de nugalla un manto / e desta praia do Chanto / a morte está pregoada.

Foi fachenda dos sarriaos / a nosa Praia Fluvial,/ Agora , para o noso mal, /non ten auga, tan só vaos: / A chapacuña merece / axiña o arranxo empece.

                                                                     O Xeringados de Romelle

......................................................................................................................................................................

                                                    PÍAS CLIMATIZADAS PEREGRINANTES

Aló nos prados do Lago / ten soares o Concello /   para a cría de coello   /  ou do botellón o trago,/ que anda o orzamento vago  / e  pías municipáis  / que na casa dos demáis / en Sárria son futurible, / dito de xeito  terrible / por Santiago e algún máis.

Euros cento moitos mil / pagoulle aos de Vilasante, / e é cousa que un se espante / de que pola lei do funil / non poidamos o cadril / mergullar  en auga quente /  e por iso di a xente / non é bonfacer de amigo / actuar como castigo /  trincándonos polo dente.

Pías hai de calidade / en Monforte  e en Vilalba ; / aquí como crían calva /  as ras na súa necidade  / non achan necesidade /  en facernos a piscina ; / de parvadas  unha mina /  ollamos xa dende hai anos / e bágoas dos nosos panos / non son boa medicina.

Queremos pía cuberta , / que o saiban Santiago e Lugo, / e que pescozos e xugo , /  é cousa  sabida e certa / non son símbolo de aperta. / Son noxentos  parafusos /  e que mantendo eses usos / ponse vinagre, acedume, / e non amoroso lume./ ¡ Ollo que son ben ilusos.

Falaron do Novento e Dous, / e van para o Noventa e Cinco ,/ e de  seguiren dando o brinco / terán pías en Quindóus  / para navegar cos seus bous / e Sárria por exclusión / recibirá o bombón  / de "teredes a piscina ,  /  se vos levanto a paulina / nunha vindeira eleución".

A cousiñas peregrinas / andamos xa ben afeitos  / e coidamos que os dereitos / a disfrutar de piscinas /nacerán de cuestións finas /  e non da intercesión / de  calquera " home bon " /Aquí pagamos impostos /  e non precisamosrostos / para facer papelón.

Sárria compróu os terreos / e agardando  está a acción , /  e non cremos a canción , / de sermos en Sárria alleos , / ¿ Temos  pecado de feos, / ou somos feras corrupias /  para negarnos  as rupias / da pía climatizada ?.

.....................................................................................................................................................................

  NUGALLA PATRIMONIAL   =   INOPERANCIA XACOBEA                          (  OUTUBRO 2021 )

En Sárria  mantén acción / a  Tropa  Confederada , / hidrófoba  ben asentada , / en moi coñecida unión / e en íntima comuñón / adosada a Patrimonio  : / "  E o Camiño de Santiago / agarda que algún mago /  rompa elos de  Santo  Antonio",

A nosa Ponte Ribeira /  só con retirar o entullo /  ( ¿  fará falla un estadullo ?) / boltaría á vella xeira  / e a auga ben lixeira / pasará  por baixo do arco / Sostemos, falando parco : / "  Sen tocar ningún pear  / a madre pode medrar  / sen trasladar ningún marco".

Peregrino que choído /  do río Sárria na Ribeira /  atopaches o Camiño : / "  Cando chegues a Santiago ,/  antes de ir á Catedral, / non sexas preguiceiro e vago, / pregoa que está moi mal / o noxento pandemonio / armado por Patrimonio. /  ¿ Quen merece un adibal ?",

                                                                               O Xeringador de  Romelle

************************************************************************************

                                                   FELICITANDO  O NADAL

ESTAMOS  TODOS CONTESTES / FACEMOS PRAGAS E PESTES  / E O QUE NACÉU  EN BELÉN / POUCOS DISCÍPULOS TEN.

Neste Nadal ferruxento /  temos  que  considerar  /  que andamos a pecar /  en colectivo noxento /  e xa chegóu o momento  / do máis fatal desenlace  / pois agora ninguén pace /  as obras de misericordia  /  cos que tanto nos incordia  / o Neno que agora nace, /

                                             NON VISITAR AOS DOENTES

E os novos pregadores /  dannos de couces nos dentes /  e visitar aos doentes /  impiden, provocadoresm /  e todos somos doutores , / dito sen risco de abuso, / e non digamos a Ayuso /  que xa fixo un hospital /  de custe piramidal /  ( cuxo  calificativo excuso ).

                                         NON DAR DE COMER AOS FAMENTOS

Afeitos xa á fartura,  /  e moi sonadas enchentes /  entre o común das xentes /  medróu a literatura /  de que a fame non ten cura /  e os pobres do Terceiro Mundo /  son un pozo moi profundo /  que só pensan en papar /  e abonda con lles mandar /  bolsas de Pipas Facundo.

                                       NON DAR DE BEBER AO SEDENTO

Nadamos en viño e colas , /  en licores e cervexas  / e medramos nas envexas / oir canados  e por olas : / Apuntamos con pistolas / a quen fuxen dos desertos  / con ollos pampos , abertos, /  a un mundo no que esgotamos  / as augas  que malgastamos / en despilfarros ben certos. /

                                       NON REDIMIR AOS CAPTIVOS

Moito  nomeamos Xustiza, / falamos  de Caridade, / dicimos  amar Verdade ,  / e medramos na preguiza  : /  ese lume onde tiza  / o máis  insolidario berro  / e nesta Idade de Ferro /  de presos e outros proscritos /  como borralla malditos / facemos diario enterro. /

                                      NON DAR VESTIDO AOS  NÚOS

Na nosa  altiva afouteza /  aos que andan núos  espimos / e nin vergoña sentimos /  diante o clamor da pobreza /  e a nosa lixeireza  /  casa, pan e luz  lles negamos  / e con desprezo pagamos  /a  petición de cultura, / medrando nós na usura /  a conta dos que arredamos.

                                      NON DAR POUSADA  AO PELENGRÍN

No mundo común errantes  / pechamos ben os camiños  / e a cantos son peleriños  / tratamos como moinantes  / esquecebdo  que denantes  / polos camiños andamos /  e por mares navegamos , / e coma famentas feras  / renegamos das pateras  / ( no noso  lixo emborcamos )./

                                                                *******************

O que parece máis  grave  /  é que falando do Neno / anden metendo veleno / dicindo van na súa nave / e ensinar ao que non sabe , / negándolles o pan e o sal  / con un trato desigual / aos que sendo diferentes  / de Amor son ben merecentes / segundo se viu no Portal, /

                                                              ******************** 

De Gregorio, aquel gaiteiro / posto ao pé do pendello , / o son ledo e garuleiro /  debera ser bon espello. / " Haui  que anunciar alborada / sen pedir xiquer soldada. /

                                                        O XERINGADOR DE ROMELLE

                                                                     ( Decembro de 2020 )

( Acompañada da reprodución do gaiteiro galego   presente no pendello de Belén , obra do máis insigne sarriao de todos os tempos. ; Gregorio Fernández ).

************************************************************************************

                                   A  FONTE RIBEIRA NON TEN  QUEN A QUEIRA

                                                                   I

 E Sárria tiña unha fonte / oito  séculos manando / e agora  quen ten o mando, / que coma din só foi onte / deixa que fique a monte. / E a poulo , de valuto , / en longo coito  interruto  / están os seus canos cegos / e os cultivadores de egos / dormen  sono disoluto. /

                                                                  II

¡ Ai,  miña Fonte Ribeira / tocada polo mal fado ! / O rusmusmús  apagado / da túa auga cantareira / do río Sárria na beira / matan tarela e preguiza, / perdendo  Sárria esta liza / e nin cano nin pinguela  / ornan a estrutura bela,,,, / nin a inversión amortizan, /

                                                                 III

O Concello, lindo dono, / varias veces a mudóu / e máis pequena a alzóu , / durmindo en perenne abono,/ sen auga , de pedra sono. / Agora esta " Fonte Seca " / veu da  ceca para a Meca  / e feita no Dazaoito / por estas horas de loito / a Corporación ben peca. /

                                                                 IV

Dazasete son chamados  / nugalláns e preguiceiros, / loráns , sen seren primeiros / na dfensa, ben armados ,/  dos canos mal apagados ,/ Nin xiquer os peleriños / cando pasan xa  cansiños  / poden apagar a sede / caendo adoito na rede / de bares onde venden viños. /

                                                                 V

Estaba fachendosa a vila / da súa fonte secular / e a fonte tiña un cantar /  ( a letra hai que sentila. / amar á Terra e vivila ) / Morréu de morte matada , /xa de fonte non ten nada . / e todo o mundo comen ta / que temos por mala ementa / municipal empanada /

                                                                VI

Oito séculos  seguidos /  moitas sedes apagóu, / ¡ Cantas morriñas sandóu ! / ¡ Cantos soños esquecidos  / aqueceron os sentidos  / de xerazóns de sarriaos !  / O río sen ponte e vaos . / a vila sen billa e fonte, / semella tiran ao monte / armadores de cacaos./

                                                       ******************* 

Dicía a vella cantiga: / " Viva Sárria porque ten / unha  fonte na Ribeira... "/ - Agora por mala /, secos os canos se ven / na nosa " FONTE SEQUEIRA". /

                                                                            O XERINGADOR DE ROMELLE.

( O Concello de Sárria mantén cega a Fonte Ribeira  e nada fixo nin fai para que as pedras deste monumento   regalen augas que apaguen sedes ).  ¡ Que vergoña ! ¡ Que vergoña !

**************************************************************************************

                                                                                                                     ( ano 2013 )

¡ QUEN TE VIU E QUEN TE VE ! / RUIÑA, RÚA , RUELA..... / PADEDENDO  MAL DE PEDRA. ( cómodo , carro de residente  camiño do seu garaxe.. Condutor con bulda !

                               ¿ QUEN TE VIU RÚA MAIOR ?

                                                     I

Rúa enriba, rúa embaixo, / por esa Rúa Maior , /  facendo bulra das normas  / guiados por " Gran Señor", / soben e baixan os coches / con cadanseu infrator , / e esnaquizan as laxes , / causando  unha grande dor / na Facenda do Concello / no peto do contribuidor.

Cada ano novas pedras / a xeito de reposición , /  son por forza sustituidas / tirando de patacón , /  e así cadela a cadela  o gasto  chega ao millón.

E a parvada tan grande / ¿ dá o Concello solución ? .

                                                                     II

Cada día máis cocheiros /  van pola peatonal /  fachendosos e rumbosos / en horario matinal, / e para non quedaren curtos / o mesmo na vesperal / soben , baixan e repasan /  esta rúa carretal , /  e para contalos é pouco o sistema decimal.

Nais de escolantes garridos / estudantes no Convento ,/ Feirantes que van á feirs / deses mil e máis o cento, / Policías  cando queren, / confirman o bon invento / e iso ben o fan adoito, / pensando que é de ce,mento / a rúa por onde pasan / a cantaría rompendo.

Repartidores de cousas , / e  mesmo a garda civil, / colaboran con  carraxe / e póñenlle á cousa til, / sen esquecer a outros tantos / de grande ou pequeno ril, / taxistas, frades, atletas / pasando polo funil.

                E a toda esta desfeita / ¿ Que é o que o Concello di ?

                                                      III

¿ Serán todos residentes ? / ¿ Son moradores na " Vila"  /  os que pasan cos seus coche  / seguindo a leción de Atila ? / ¿ Irán cos seus carros lindos / cadaquén " para garaxe" ? /  ¿ Serán cecais residentes / de corpo, de pel e traxe, / ou serán contraventores  / da norma facendo aldraxe ?. 

En toda a Rúa Maior /son dazasete os cocheiras, /  ¿ De onde entran e saen / as acostumada ringleiras / de autos con venia e bulda / aparcados polas beiras ?.

¿ Como se logra o miragre ? / ¿ Como se come a empanada  / de que pasando por centos / NINGUÉN se  entere de nada  /  e cando hai pedras fendidas / haxa orde de amañalas ? 

                      ( Ol.vi-do, Úl-ce-ra ... voto vale.... FRA-CA-SO  cru-do )

                                                        IV

Son dazasete dos garaxes : / Os de Kappler e Losada, / Casa Marzán e Macía /  e outra de Yáñez  chamada, / co de Cabarcos de Arriba / e segue a relación xa dada, / coa cocheira do Paulino / e de Castellano a casa / polo Calellón de Lois / dende antigo  ten entrada : / e teñen garaxe aberto / Caldeira, a Casa do Circo, / Retoral , Torres e Barrio / e o coche do Gumersindo.

Todos amosan o vao , /  e por iso non me queixo, / de que entren carruaxes / polo portalón de Freixo / Son dazasete os vaos / pagadeiros ao Concello, ao vermos  tanto trafego ¿ non hai gato por coello ?.

Santa Lucía no Lázaro / vai a ter moito traballo / xa que andan mal da vista / os que non movendo o trallo /  calan, consinten, toleran , / permiten e non fan callo, / deixando que as normas durman /  ben esquecidas no faio , / facendo que "in extremis" / haxa que anovar o lastrado / por esa actitude  parva / cando vence cada ano.

Soben e baixan, pois, / pola rúa mil pantasmas / e os talonarios de multas /  durmen bon  sono na casa, / de Vaamonde chamada.

Tal  xeito de proceder / en verdade é sistemático : / non se pribe pasar  / como xesto ben sinpàtico  / porque todos eses coches  / funcionan en automático / e os "chauferes" non teñen / o seu control telemático ./ E un amiguiño meu , / que non é nada simpático, / vai e lanza esta pregunta / con criterio matemático :

Con tanta condescendencia / e deste modo e maneira  / ¿ Canto diñeiro  tiramos / destas nosas faltriqueiras ?.

                                                              V

¿ Quen moveu as xardiñeiras / que están diante o Xulgado ? / ¿ Quen permite  aparcamentos / de San Salvador no eirado ? ¿ Por que se dá tolerancia / e non hai un só multado ?

De certo non pode habelo / xa que sería pecado / que se os coches oficiais / van e veñen sen descanso/ dicindo ser "residentes" / rúa enriba , rúa embaixo / ¿ Como van teren fachenda /  de aos demais castigalos ?

Santa Lucía bendita / nos dea resinación, / seguiremos pagando pedras / aló por San Salvador.

E  Santo Antón Lacoeiro / nos regale a súa benzón : / Pagaremos pedras novas / aló polo Murallón.

A  nosa Santa Mariña  / nos ampare e nos protexa / o día que do Arrabaldo / a nova fatura vexa.

                                                                  VI

O meu compadre querido /  PAIO SARRIEGO, coitado, / e maila súa familia , / sen ter culpa  nin pecado / pagarán ben caladiños /  dende a cima deica ao cabo / laxes e pedras aneiras / da Rúa Maior no eirado , / ¿ "Quousque tandem"  NINGUÉN  / vai a coller vara e trallo / para evitar  que esta rúa / sexa a " Rúa do C.....allo ?" ( **)

Seica que da Humanidade  é / a Rúa Maior Patrimonio ; / Protexer e maltratar / pagan ben mal matrimonio, / consentir  e arranxar / non son o mellor  binomio , / cando PAIO SARRIEGO paga / ñousa, laxe, pedra  e coio......                         ( **   ....ar...... )

                                                                       O XERINGADOR DE ROMELLE.- 2013                     ( RESTA.-  ¿  MULTA ?.- desesperación.- caridade )  (  auto de Un pbre  perdón  milagro )

Por conducir o meu coche  / estragando a Rúa Maior / metéronme na gaiola / e vivo coma un señor....    Automovil    Natural RAPIDEZ  a cara  de Carlota    carro de  Paco...... Rúa enriba, rúa embaixo autos pasasn e repasan.....  Olle señor policía, olle , / olle que hai que ollar , / olle, mire, olle, observe / e non pare de mirar.

......................................................................................................................................................... 


 

 

Comentarios

Publicacións populares