FEIRA DO SEIS EN SÁRRIA ( 574 )

                                         A FEIRA DO SEIS EN SÁRRIA ( 1890 )                   (  574 )

                         ( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO,  19.08.1890 )

                                                   Concello de Sárria

A Corporación municipal acordóu a criación dunha  segunda feira mensual  os días 6 de cada mes ,  e que a primeira  se celebre no  6 do vindeiro Setembro , facendo extensión   a contrataren  toda clas  de produtos e gados , mesmo os de razas cabalar, mular e asnal.

O que se anuncia  para coñecemento  xeral de todos os habitantes da provincia , por se lles convén  concorreren á mesma, facéndolles presente  que nas feiras do 6 de Setembro e 6 de Outubro  concederase un premio de 15 pesetas  á mellor poldra , outro de 10 pesetas  ao mellor macho ou mula , outro de 5 ao mellor asno e outro de 15   ao mellor touro semental.

                                               Sárria, 17 de agosto de 1890

                                       O Alcalde-Presidente:  Xosé Vázquez Castiñeira

                                          ................................................................... 

( BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO,  23.08.1890 )

Rectifícase  que os premios fixados pola  Corporación Municipal de Sárria , con motivo da criación  da nova feira , cuxa inauguración terá lugar  o 6 de Setembro vindeiro, foron elevados , debido a un donativo do Excmo. Sr. Don Matías López , a dez pesetas  máis, ou sexa  25 pesetas  á mellor poldra   que se presente, a 20 pesetas  á mellor mula ou macho , a 15 pesetas ao mellor asno e a 25 pesetas ao mellor touro semental.

                                               Sárria, 20  de Agosto de 1890. 

                                   O Alcalde-Pressidente: Xosé Vázquez Castiñeira  

                                   ..............................................................................

( EL REGIONAL,   10.09.1890 )

                                                        Desde Sárria

                                    Sr. Direitor de El Regional :

                                      Setembro , 7 de 1890

     Meu querido amigo:  No Boletín Oficial do 19 pasado anunciárase  por este Concello a creación dunha segunda feira  mensual os días 6 de cada mes , ofrecendo premios  nas correspondentes ao presente e ao vindeiro Outubro  de 15 pesetas ao dono do mellor poldro, 10 ao do mellor macho ou mula, outro de 5 ao mellor asno  e de 15 para o touro semental.

Como tería ocasión de ver   outro anuncio que se publicóu  igoalmente no Boletín do 23 , grazas a un donativo do nos distinguido paisán , o Excm. Sr. D. Matías  López, puideron seren elevados  os premios ,  e polo tanto excitaron máis o estímulo  dos gandeiros , ofrecendo   25 pesetas ao primeiro,  20 ao segundo, 15 ao  terceiro, e 25 ao cuarto.

Sendo tantas as feiras que  existen de recente criación no país, que contra a esperanza dos seus  organizadores  se non morren por elas mesmas   , levan  unha vida esmorecente  que as  fai nulas para o trafego , temíase que lle pasase isto  á ultimamente criada nesta vila, tanto máis,  canto notorio é temos hoxe  unha das mellores da provincia , que se celebra tamén mensualmente  os  días 20.

Mais o  estímulo polo seu lado  dos premios - aínda que pequenos-  ofrecidos, a capacidade  do campo  terraplenado e dotado de cantas condicións  son necesarias para unha feira de gados  de toda clas; os festexos  que por ese motivo acordóu  a Corporación municipal entre os que abondaron os foguetes  e as músicas foron sen dúbida  a causa  de que eses  temores fosen esvaídos , notándose desde as primeiras horas  da mañá a grande chegada de xente  ; os mesmos tendeiros  que concorren o 20 , iguáis as mercancías,  en especial as producións da rexión   ; os mesmos  compradores  de reses de vacún  e unha regular instalación de cabalerías  que a xulgar  polas presentadas  onte,  ofrécese chegará  a se constituir  un mercado  de importancia. 

Ás doce  da mañá o Xuri  nomeado de antemán  para o exame de reses  e adxudicación de premios , percorréu a feira  e inmediatamente   fixouse na poldra "  Culebra " , e dous anos, cabeza acarneirada, pelo castaño e sete cuartas e media de alzada , propia de don Manuel Camba Ledo, acordando concederlle  o premio  ofrecido a  esta clas  de gado.

Entre as reses mulares  non tivo competidora  de importancia a " Cuca",  mula de dous anos, pelo castaño , de 7 cuartas e 7 dedos, propia de D. Francisco Vázques, de San Salvador das Cortes, no concello de Paradela,  outorgándolle dende logo  o premio correspondente.

  O do gado asnal  obtívoo  unha burra  de grande alzada  que presentóu cunha magnífica cría Xosé     Rodríguez. de Estraxiz .

Para rematar o máis notable  que concorréu  á feira foron tres touros  sementáis , dous da propiedade  do farmacéutico Peña Villamarín , criados na súa casa de Nullán-Bóveda, e  outro  de don Froilán Ares, veciño do Corgo.Un dos primeiros de cor vermella clara, de 30 meses,  seis cuartas e seis polegadas e media de altura, e medio sangue suizo , obtivo o premio  así como unha pequena recompensa  o de Don  Froilán Ares que o Xuri  acordóu   do seu peito, para que non resultase desairado un animal que tamén  reunía boas condicións.,

Segundo tiven ocasión  de me enterar   parece ser que os touros  do Sr. Peña foron recoñecidos  polo veterinario Sr.  San  Román  como encargado  da Comisión provincial , polo interese   da Excma. Deputación para que  adquiran  touros  sementáis  para  distribuilos por todas as cabezas de partido.

¡  Canto tería mellorado   a raza  de levar adiante tan  feliz   pensamento, e se en cada partido xudicial  se poidera contar  cun touro semental  como os do Sr. Peña !  ¡ Era bon o proxecto   e por iso non pasóu de tal !.

O gado premiado   percorréu  ás cinco da tarde   polas rúas  , locindo fitas  e moñas, pensando  os concorrentes , no 6 de outubro, para que a festa se repita.

                De Vde, afectísimo-   O Correspondente

**********************************************************************************+         ( EL REGIONAL,  6.10.1890 )

                                                  A  Provincia

Malia  ter sido día festivo  o anterior   e coincidindo  coas festas de San Froilán m  a nova feira  creada en Sárria, que tivo lugar o 6 do actual, estivo  relativamente concorrida dabondo  e fixéronse transacións  concedéndosee  ou adxudicándose os premios ofrecidos  polo Concello    , previo dictame  do Xuri  na dita feira , aos gados seguintes:

Como mellor  macho, o de D. Xoán Guitián, alcalde do distrito do Incio, cor negra, da estatura de un metro e trinta e cinco  centímetros, de tres anos de idade, coa cantidade de 20 pesetas.

Como mellor  poldra  , a de  D. Antonio López Díaz , de Pintín, en Santo Estevo de Calvor, cor negra,  da estatura de un metro  quince centímetros, da idade de   3 anos  , coa cantidade de 25 pesetas.

Como mellor asno,  o de D, Antonio Saco, de Santa María de Góo, cor torda, da estatura de un metro quince centímetros e da idade de 3 anos, coa cantidade de 15 pesetas.    

Como mellor touro semental , o de Don Xoán González Castro, de Santa María de  Corvelle, cor castaña, da idade de 3 anos, e da estatura   de un  metro vinte  e cinco centímetros, coa cantidade de 25 pesetas.

Como mellor porca con cría , a de Don Froilán Cabarcos, de Sárria,  cor branca , con oito recos, coa cantidade de 5 pesetas.

Como somellor  porca  con cría, a de Don Agostiño García , de Sárria,  cor branca, con sete marranquelo, cantidade  2,50 pesetas.

Como  somellor parella de bois  a de Don Gabriel  Díaz Saco  de San Sadurniño de Ferreiros, cor castaña.  da alzada de un metro trinta centímetros , de catro anos de idade.

Como mellor parella de bois  a dos señores da Casa de Somoza , de San Martiño do Río,  que ten o seu casar de Vila de Tres , cor negra , de tres anos  de idade, da estatura de un metro  trinta  e seis centímetros , coa cantidade de 10 pesetas.

Como mellor vaca de leite  a de Don Antonio López Barrio. de San Xoán de Fafián,  cor castaña clara,  de sete anos e de alzada  de un metro once centímetros, con unha cría, coa cantidade de 5 pesetas.

Como sumellor vaca de leite , a de don Xosé López, de Santiago de Faerbán , cor vermella, de sete anos  de idade, estatura de un metro dez centímetros  coa cantidade de cinco  pesetas.

Como mellor égoa, con cría, , a de Don Luis Iglesias Labarta , de Sárria,  cor negra,  de oito anos de idade,  e de altura   de un metro  trinta e cinco centímetros , coa cantidade de 7,50 pesetas.

 Como sumellor  égoa con cría , a de Dona Manuela García , de San Martiño de Oleiros,  cor castaña,  da idade de tres anos e de alzada  de un metro  trinta e cinco centímetros , coa cantidade  de 4 pesetas.

Como mellor cría mular , a de Don Xosé Pérez, de Santa María de Corvelle, cor castaña escura, da idade de  cinco meses e da  estatura   de un metro   trinta centímetros , coa cantidade  de 5 pesetas.

Como sumellor  cría mular, a de Don Manuel López, de Morgade  , en San Salvador da Pinza . caseiro  de Don Xosé López  Souto-Novo ,  cor castaña , da estatura de un metro vinte centímetros , coa cantidade de 4 pesetas.

Como sumellor tenreira , a de Don Domigos Antonio Martínez , de Santiago de Barbadelo,  cor vermella,  da idade de dez meses  e a estatura de un metro, coa cantidade de  2 pesetas.

O Xuri tendo en conta   tamén  as condicións  que reunía  a mula  de Don Camilo Sánchez, veciño  de San Vicenzo de Rubián , da estatura de un metro  cuarenta centímetros , cor castaña escura  e da idade de catro anos ,  adxudicaron un premio de 10 pesetas.

E ademáis  concedeuse  outro premio especial   debido a un donativo  feito  polo comerciante  Don Matías Vázquez,  o porco  de  Dona Xosefa Castro,, de Sárria,  branco  e negro,  consistindo  o dito premio de  5 pesetas,

**************************************************************************************

    

Comentarios

Publicacións populares