CAMILO GARCÍA VAAMONDE E GARCÍA ( 606 )

                              CAMILO GARCÍA VAAMONDE  E MACIA                       ( 606 )

  Avogado,  Deputado Proncial e Vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo

" Na pintoresca  canto fértil  vila de Sárria  nacéu o Sr. García Vaamonde  o 20 de marzo de 1847, descendente  de respectable familia  daquel risento pobo.

Os seus pais foron  D. Manuel García Vaamonde  e Somoza  e Dª Antonia Macía de Neira, persoas  arraizadas e con  grande influencia no país.

Está  ademáis emparentado  con distinguidas  familias de Sárria e o seu partido.

Despóis de ter pasado os seus primeiros anos  a carón da súa respectable  familia pasóu  a Monforte  a cursar os estudos  do segundo ensino   en cuxa cidade  graduouse de Bacheler  en Ciencias e Artes.

De seguido  trasladouse a Madrid  cursando na Universidade Central  todas as asinaturas  da Faculdade  de Dereito.

O 19 de novembro  de 1869 obtivo, previos  os exercizos correspondentes, o grao de Licenciado  en Dereito Civil e Canónico.

Unha vez rematada  a súa importante  carreira voltóu ao seu pobo nadal , exercendo no mesmo  a profisión de Avogado  dende 1870.

O 16 de decembro  de 1870 posesionouse  do cargo de Fiscal  municipal de Sárria  e desempeñouno a satisfación  dos seus conveciños  até o 31 de xullo  de 1877, estando encargado  por  diferentes ocasións  e varios meses da  Promotoría Fiscal  do dito partido.

Desempeñóu por longo  espazo de tempo  o cargo de Xuiz municipal de Sárria , tomando posesión  o 1º de agosto  de 1877 e continuando  até o 31  de xullo  de 1889 , sendo reelexido  en cinco bienios consecutivos e disntinguíndose sempre  pola súa rectitude  e acendrado celo.

En diversas veces e  algúns varios meses  desempeñóu o Xulgado  de primeira instancia daquel partido.

O 1º de xaneiro de 1890 foi elexido Concelleiro e Primeiro Tenente de Alcalde  do Concello de Sárria  co beneplácito dos seus comarcáns , exercendo o dito cargo até  que pasóu á Deputación.

Foi elexido Deputado provincial   en decembro de 1890  polo distrito electoral  de Chantada-Sárria , posesionándose en  xaneiro  do ano 1891 , desempeñando  até a actualidade   o referido cargo , por ter sido reelexido  en setembro  de 1894 e no mesmo mes de 1898.

Sempre formóu parte  como Vogal da Comisión de Facenda  da Deputación e tamén o foi  da de Goberno interior .

En novembro de 1894 foi elexido  Vicepresidente da Deputación, cargo que exercéu  até novembro de 1896.

Actualmente é Vogal da Comisión permanente e ademáis  tamén o é  da Xunta provincial do Censo na calidade de Vicepresidente.

Foi Vogal propietario  do Tribunal provincial  Contencioso-administrativo  no ano de 1895   e Vogal suplente  noutros varios anos, volvendo a selo  hoxe en día  tamén propietario.

Por real decreto de 18 de outubro  de 1893  condedéuselle a honra  de Xefe Superior de Administración  Civil, libre de gastos.

O 16 de outubro  de 1898  foi elexido Presidente  da humanitaria  e caritativa  asociación a Cruz Vermella , no distrito de Sárria , cargo que desempeñóu  e aínda desempeña  con reconocido celo, polo que a Asemblea  Suprema da Cruz Vermella  Española  concedeulle  " Diploma  de Gratitude".

O seu proceder recto e cabaleiroso , ademáis do celo  que amosa  en todas as ocasións  que se lle presentan  polos intereses que están encomedados , fai  que disfrute  de boas relacións  con politicos e persoaxes  de valía  e especialmente  co Excmo. Sr. D. Benigno Quiroga  López Ballesteros , con quen o unen  elos de antiga  e sincera amizade .

Os relevantes dotes  e virtudes cívico- relixiosas  que o rodean  fan que o noso distinguido  sexa  persoa moi considerada , non só na comarca  sarriá , senón tamén nesta cidade , onde reside accidentalmente  con moita frecuencia . Ademáis da súa recoñecida  honradez  abrillantada  polos máis loables  sentimentos ,  encóntrase  o Sr. García Vaamode  ao cabaleiro  de bon porte  e ao cidadán  e protector servicial  e desinteresoso ,  sen que nas súas  miras particulares  aniñen  as máis  sombras  de pequenos  procedimentos".

                                                             ...................................................

                                                              ( Tomado de "Tesauro Sarriense")

                                                           A FAMILIA GARCÍA VAAMONDE

MANUEL GARCÍA VAAMONDE SOMOZA ( MANUEL VAAMONDE ).-   Propietario .Alcalde de Sárria  e Cabaleiro  da Real Distinguida  Orde de Carlos III.  Casóu con Antonia Macía de Neira  López. Fillos:  Camilo e Daniel García Vaamonde  Macía de Neira.

 CAMILO GARCÍA VAAMONDE E MACÍA DE NEIRA.-  Propietario e avogado, veciño de Sárria, parroquia de San Salvador , con casa  na Rúa Maior / Praza da Constitución, actual Casa do Concello. Nacéu en Sárria o día  20 de marzo de 1847. Foron os seus pais Manuel García Vaamonde Somoza ( "Manuel Vaamonde" ) e  Antonia Macía de Neira López.  Casóu con Concepción Ulloa e Lois, da "Casa dos Ulloa" da Praza de Vista Alegre, en Santa Mariña de Sárria. 

Seguiu o ensino primario na Escola de Nenos establecida na parte traseira da Casa do Concello- antigo Hospital de Santo Antón Abade- na actual Rúa da Mercé. O ensino secundario cursouno en Monforte de Lemos onde se graduóu como Bacheler en Ciencias e Artes. En Madrid, estudóu entre 1862 e 1870 ,   na Universidade Central, onde  acadóu  a Licenciatura en Dereito Civil e Canónico o 19 de decembro de 1869.

Entre 1864  e 15.02.1871 foi  Administrador de Rendas Estancadas en Sárria. Dende 1870  exercéu como avogado na vila de Sárria , posesiónadose do posto de Fiscal  municipal  o 16 de decembro de 1870     estando no seu exercizo até  31 de xullo de 1877 . Foi Xuiz  municipal entre 31 de agosto de 1877  e 31 de xullo de 1889 , distinguíndese pola súa rectitude  e celo, sendo ocasionalmente Xuiz de Primeira Instancia  interino do partido xudicial de Sárria . En 1 de  xaneiro de 1890 foi elexido concelleiro e tenente de alcalde  e en decembro foi elexido Deputado Provincial polo distrito Sárria-Chantada , tomando posesión  en xaneiro de 1891, resultando reelexido  en setembro de 1894 e setembro de 1898. Na Deputación Provincial foi Vogal da Comisión de Facenda . En novembro de 1894  foi elexido Vicepresidente da Deputación , posto no que estivo até  novembro de 1896.  Foi tamén Vogal  da Comisión Permanente  e Vicepresidente da Xunta  Provincial do Censo , Vogal propietario do Tribunal Contencioso-Administrativo  no ano 1895  e Vogal suplente  varios anos. Por Real Decreto  de 13 de outubro de 1893  fóralle concedida a honra  de Xefe Superior  de Administración Civil, libre de gastos.  O 16 de outubro  de 1898 foi elexido Presidente  da Cruz Vermella de Sárria, labor que levóu adiante  con recoñecido celo , séndolle concedido " Diploma de Gratitude", destacando na atención prestada aos soldados  repatriados de Cuba, Porto Rico e Filipinas ao seu paso pola estación do camiño de ferro. 

Foi presidente do Casino de Sárria ( 1888 e 1889 ) . Solicitóu que se ampliase   unha taxea  na Ponte do río Sárria , na estrada de Samos. En maio de  1897 voltóu dunha viaxe feita  a Madrid coa súa esposa.   ( 1901 ) Realizóu unha excursión  por Pontevedra, Santiago e outras partes .

Alzóu a Casa Vaamonde ( Praza da Constitución nº 1 ), segundo proxecto do seu irmán Daniel.

Falecéu o 1 de outubro de 1908 . Foi herdado pola súa esposa , Concepción Ulloa Lois  que á súa morte deixóu a maior parte dos bens do matrimonio á Orde da Mercé. A "Casa Vaamonde" foi comprada en 1920 polo Concello de Sárria, que instalóu nela a Casa Consistorial, que estaba ubicada no número 1  da Rúa Maior. 

Foi enterrado no Panteón dos Vaamonde, no Cemiterio Municipal de Sárria , proxectado por Daniel García Vaamonnde, que na actualidade   é tamén panteón onde son enterrados os relixiosos mercedarios falecidos en Sárria.

Na Sala de Visitas do Convento da Mercé- Mosteiro da Madalena  hai os retratos dos esposos García Vaamonde. Ulloa Lois e do bispo Murúa, como  benfeitores da Orde Mercedaria.

DANIEL GARCÍA VAAMONDE E MACÍA DE NEIRA.-  Arquitecto. Nacéu en Sárria . Foi fillo de Manuel García Vaamonde e Somoza e  Antonia  Macía de Neira e López.  Casóu con Delia García Ferreiro  e fixaron a súa residencia en Santiago de Compostela. Non tiveron fillos.

Seguiu estudos  na Faculdade de Ciencias da Universidade Central  de Madrid, resultando titulado en 1877. 

En 1883  corréu coa direción  da obra da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo arquitecto provincial interino.  En 19.08.1889 interviu profesionalmente na acta de deslinde dos terreos adquiridos para facer o cárcere do Partido de Sárria ( horta da Casa de Losada, na Rúa Maior ).-  ( 1896 ) Fai o proxecto  do quisosco da Música no Paseo da Ferradura de  Santiago de Compostela , desenvolvendo un porxecto anterior de R. Vieites Castromán . En 1897  Fixo planos para unha frustrada unión  da Rúa do Pombal co Campo do Inferniño.- O Cabido da Catedral de Santiago agasallouno  cunha figura de prata en agradecemnto á axuda por el prestada en algunhas obras realizadas no tempo.  Foi arquitecto da Diocese de Ourense . Foi da súa autoría o proxecto da construción da Casa Vaamonde.  Tamén se debe a el o proxecto da finca de Vista Alegre, actual  Casa de Europa, en Compostela .

No programa das Festas o Apóstolo  do ano 2013 , con relación á queima dos famosos fogos  e á fachada que alí se alzaba lese o seguinte: ...."  está documentado un intento de  cambio da man do arquitecto municipal Daniel García Vaamonde, que traza unha catedral gótica, mais polo seu elevado  custe non puido  chegar a ser realizada ".  No ano 2000  o  Concello de Santiago  patrocinóu a construción  dunha nova fachada  e recuperóu  o deseño de García Vaamonde  que foi a usada  nos últimos anos da queima de fogos de artificio, antes de ser sustituida os fogos por un program de luz e son .

Falecéu en Santiago  o 8  de xuño de 1898 e foi herdado pola súa viuva  Delia García Ferreiro.

                                                              **************************  

CONCEPCIÓN ULLOA LOIS.- Natural de Santa Mariña de Sárria ( 2.12.1846 ). Filla  de Xoán Antonio Ulloa  e de Benita Lois. Casóu con Camilo García Vaamonde  de cuxo matrimonio non houbo fillos. Nomeu por herdeira súa á Orde da Mercé, que enaxenóu  a Casa Vaamonde ao Concello de Sárria ( Rúa Maior 14- Praza da Constitución 1 ) que pasóu a ser a Casa Consitorial. Venderon tamén a terceiros a Casa dos Ulloa ( Praza de Vista Alegre ),  a Horta da Ponte Ribeira e fincas en San Vicenzo de Froián.  

Falecéu  o 25.07.1918 . Leva o seu nome  a Asociación de Viuvas constituida na vila de Sárria.

                                                                 ****************************

                             ..........................................................................................

Comentarios

Publicacións populares