ESTRADA DE SÁRRIA A BECERREÁ ( 605 )

                             A  ESTRADA DE SÁRRIA A  BECERREÁ (  605 )

A comunicación por estrada  da vila de Sárria coa de Becerreá , na Estrada Nacional nº VI, dilatouse no tempo dificultando a saída cara Madrid, froito dunha indefición da liña que se debería proxectar , con diversas proposicións e alternativas que deron como resultado que  a apertura dun primeiro treito , iniciado en 1853 non  chegase a ser estrada enteira até 1936.

I.- ESTRADA DE SÁRRIA A NEIRA DE XUSÁ  ( 1850  ).-     ESTRADA DE  SÁRRIA A  ARANZA.- ESTRADA DE SÁRRIA A RIBADEO.- ESTRADA DE SÁRRIA Á POBRA DE BARALLA.- ESTRAD A DE SÁRRIA A BARALLA.- ESTRADA DE SÁRRIA A CORVELLE.

A primeira actuación  para comunicar Sárria coa comarca de Becerreá   foi  a apertura dun treito da estrada que dende a vila iría a Aranza ( en Neira de Susao ), que estivo por décadas parada na parroquia de Santa María de Corvelle.  Tratouse de que  esa estrada rematase na vila de Ribadeo, e por algún tempo os papeis oficiáis falan da " Estrada de Sárria a Ribadeo", sen perxuizo de chamarlle tamén " Estrada de Sárria á Pobra de Baralla" ( referindose a Santo Estevo da Pobra de Neira de Susao ", ou "Estrada de Sárria a Baralla ". A nivel local , e por varias décadas, os sarriaos chamábana " Estrada de Corvelle ".

Principiaba  na parte baixa da Vila de Sárria,  na Estrada de Lugo a Valdeorras, na parroquia de Santa Mariña. por baixo do Barrio do Arrabaldo, e seguindo pola Carreira de Santa Mariña , Pedra Fita ou Pedra Chantada, Cruz de Pradeda ,  Pradeda e O Caneiro alcanzaba a Ponte Vella de Vilar de Sárria.  Pasando por Santo Alberte deixaba  a parroquia de Vilar de Sárria, pasada A Gándara ,  entrando no Morelle, de San Xulián da Veiga , para pasar á de Santa María de Corvelle onde remataba na Ponte de Cadeita . Pasado o lugar de Santo Alberte  a estrada   seguía unha longa liña recta. As sucesivas autoridades  provinciáis non foron quen de  darlle continuidade  ao trazado, dubidando por décadas en seguila cara Baralla ou cara Becerreá.

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo do mércores 1 de xaneiro de 1851  publicaron  a taxación da ocupación dos terreos do primeiro treito  do Arrabaldo de Sárria á Ponte de Cadeita en  Corvelle. Terían que pasar 85 anos para que estivese completada a  comunicación por estrada entre Sárria e Becerreá.

                                                        .................................................

" Téndose disposto por  este Goberno a taxación dos terreos  de propiedade particular  que hai que ocupar  para a construción  do camiño veciñal  declarado de primeira orde  dende SÁRRIA A NEIRA DE XUSÁ , e nomeados peritos  pola provincia e os interesados  e os interesados , procedeuse á taxación que deu o resultado seguinte:

Provincia de Lugo                                                Camiños veciñáis                          Concello de Sárria

Taxación dos terreos  que ocupa o camiño veciñal  proxectado dende a vila en liña recta  á Ponte de Cadeita  en Corvelle, practicada  polos agrimensores  D. Xoán Antonio  Rodríguez de Cancio e D. Xoán Carreira , nomeados  o primeiro pola provincia , e o segundo polos propietarios.

( Ao camiño  veciñal dánselle  33  pés de latitude , o ferrado  medida agraria deste país  componse de 900 pés cadrados )

Nº/ Nome dos propietarios /Situación dos terreos/Cultivo dos mesmos /Extensión en varas /Árbores/ Valor

 01.-  FRANCISCO VARELA .  Cortiña da Porta. Horto. 222 varas/2.  5 froiteiras. 158 reáis  22 maravedís . 02.- ANTONIO RIBAS.  Carnicería.  Cortiña de 1ª.  194 varas/2. 125 reáis 18 maravedís.03.- MANUEL QUIROGA.  Carnicería.  Horto. 57 varas/2.  36 reáis 30 maravedís. 04.-  XOSÉ DE LA VEGA. Arrabaldo.  Cortiña de 1ª.  468 varas/2.  302 reáis 28 maravedís. 05.-  XOSÉ REBOREDO.  Carreira de Santa Mariña.  Agro de 1ª.  600 varas/2.  97 reáis 2 maravedís. 06.-  XOSEFA SOLANCE.  Carreira.  Agro de 1ª.  200 varas/2.  32 reáis 12  maravedís. 07.-  XOÁN CAPÓN.  Carreira.  227 varas/2.  36 reáis 25 maravedís. 08.-  MANUEL RODRÍGUEZ. Carreira.  Agro de 1ª.  52 varas/2.  8 reáis 3 maravedís. 09.-  MANUEL FERNÁNDEZ.  Carreira. Agro de 1ª.  152 varas/2.  61 reáis  7 maravedís. 10.- XOÁN LÓPEZ YÁÑEZ.   Carreira. Agro de 1ª.  397 varas/2.  64 reáis 7 maravedís. 11.-  PEDRO GALLEGO. Carreira. Agro de 1ª.  48 varas/2.  7 reáis 26 maravedís. 12.-  XOSÉ CARREIRA.  A Cruz.  Cortiña de 1ª.  405 varas/2. Unha froiteira.  70 reáis 32 maravedís.  13.- BERNARDO MACÍA. A Cruz.  Cortiña de 1ª. 200 varas/2.  129 reáis 14 maravedís. 14.-  PEDRO MELLE.  A Cruz. Cortiña de 1ª.  660 varas/2.  427 reáis  2 maravedís. 15.-  HERDEIROS DE ANTONIO PRADEDA.  O Caneiro.  Prado de 1ª.  840 varas/2. Un carballo. 709 reáis 4 maravedís.  16.- FRANCISCO MACÍA. O Caneiro.  Prado de 1ª.   212 varas/2.  176 reáis 22 maravedís. 17.- ANTONIO LÓPEZ. O Caneiro. Prado de 1ª.  223 varas/2.  5 lamigueiros.  210 reáis 28 maravedís. 18.-  XOSEFA RIVERA . Cortiña da Ponte.  Cortiña de 1ª.  2.618 varas /2.  2 castiros e 1 carballo.  1.724 reáis. 19.-  XOSÉ VÁZQUEZ, Cortiña Nova . Cortiña de 1ª.  324 varas/2.  5 froiteiras.  209 reáis 22 maravedís. 20.- DOMINGOS LÓPEZ. Santo Alberte.  Agro de 1ª.  81 varas/2.  13 reáis 4 maravedís. 21.- PEDRO LÓPEZ. Santo Alberte. Agro de 1ª. 605 varas/2.  97 reáis 28 maravedís. 22.- BERNARDO ARMESTO.  Santo Alberte. Agro de 1ª.  447 varas/2. 23 reáis 26 maravedís. 23.-  MANUEL LÓPEZ. Santo Alberte, Agro de 1ª.  77 varas/2. 12 reáis  11 maravedís. 24.- PEDRO LÓPEZ. Santo Alberte, Agro de 1ª.  74 varas/ 2. 12 reáis. 25.-  XOÁN MANUEL SÁNCHEZ.  Santo Alberte. Agro de 1ª.  44 varas/2.  7 reáis 4 maravedís. 26.-  XOSÉ VÁZQUEZ.  Santo Alberte, Agro de 1ª. 92 varas/2.  14 reáis  30 maravedís. 27.-  MANUEL LÓPEZ. Santo Alberte. Agro de 1ª .  183 varas/2.  29 reáis 20 maravedís. 28.-  BRAIS GONZÁLEZ E CONSORTES. Santo Alberte. Agro de 1ª.  220 varas /2.  32 reáis 12 maravedís. 29.-  XOÁN DE CASTRO E CONSORTES. Santo Alberte. Agro de 1ª.  132 varas/2,  21 reáis 12 maravedís. 30.-  BERNARDO ARMESTO . Santo Alberte. Agro de 1ª.  132 varas/2 . 21 reáis 12 maravedís. 31.-  DOMINGOS LÓPEZ. Santo Alberte. Agro de 1ª.  645 varas/2.  104 reáis  11 maravedís. 32.-  XOÁN PIÑEIRO. Santo Alberte, Agro de 1ª.  66 varas/2 .  10 reáis  23 maravedís. 33.-  BERNARDO ARMESTO. Santo Alberte, Agro de 1ª.  366 varas/2.  59 reáis 7 maravedís. 34.-  DOMINGOS LÓPEZ. Santo Alberte. Agro de 1ª.  308 varas/2.  49 reáis 28 maravedís. 35.-  ANTONIO RIBAS.  Santo Alberte. Agro de 1ª.  183 varas/2. 29 reáis  20 maravedís. 36.-  XOÁN PIÑEIRO E CONSORTES. Santo Alberte. Agro de 1ª.  366 varas/2.  59 reáis  7 maravedís. 37.-  EUFRASIO LÓPEZ. Santo Alberte. Agro de 1ª.  480 varas/2.  77 reáis 22 maravedís. 38.-  PEDRO ARIAS. Santo Alberte, Agro de 1ª.  88 varas/2.  44 reáis 8 maravedís. 39.-  XOÁN LÓPEZ NICA. Santo Alberte. Agro de 2ª.  55 varas/2.  7 reáis 9 maravedís. 40.-  PEDRO LÓPEZ. Santo Alberte. Agro de 2ª. 124 varas /2. 16 reáis 11 maravedís. 41.-  BERNARDO ARMESTO.  Santo Alberte. Agro de 2ª.  80 varas/2. 10 reáis 20 maravedís. 42.-  FRANCISCO QUINTE. Santo Alberte. Agro de 2ª.  278 varas/2.   36 reáis  27 maravedís. 43.-  ANTONIO LÓPEZ. Santo Alberte. Agro de 2ª.  88 varas/2.  14 reáis  22 maravedís. 44.-  XOÁN LÓPEZ NICA. Santo Alberte. Agro de 2ª.  92 varas/2.  12 reáis 6 maravedís. 45.-  DOMINGOS LÓPEZ. Santo Alberte. Agro de 2ª. 132 varas/2. 17 reáis  16 maravedís. 46.-  XOSÉ RODRÍGUEZ. Santo Albaete, Agro de 2ª.  132 varas/2.  17 reáis  16 maravedís  47.-  ANTONIO LÓPEZ. Santo Alberte.  Agro de 2ª,  278 varas/2.  35 reáis 27 maravedís.48.- PEDRO ARIAS. Santo Alberte, Agro de 2ª.  183 varas/2 . 24 reáis 8 maravedís. 49.- EUFRASIO RÍO. Santo Alberte . Agro de 2ª.  132 varas/2.  17 reáis 16 maravedís. 50.- EUFRASIO LÓPEZ.  Santo Alberte, Agro de 2ª.  146 varas/2. 10 reáis  51.-  BERNARDO ARMESTO. Santo Alberte.  Agro de 2ª . 92 varas /2 . 12 reáis 6 maravedís. 52.-  XOÁN LÓPEZ BARRIO. Santo Alberte. Agro de 2ª . 234 varas/2 .  30 reáis 33 maravedís  53.-  EUFRASIO LÓPEZ. Santo Alberte. Agro de 2ª. 496 varas /2 .  52 reáis 11 maravedís, 54.- MANUEL ARCOS. Senra.  Agro de 4ª. 806 varas/2.  130 reáis 13 maravedís. 55.-  XOÁN LÓPEZ BARRIO. Senra, Agro de 4ª . 44 varas /2 .  Tres carballos.  37 reáis 4 maravedís.  56.-  ANXO PIÑEIRO. Senra. Agro de 4ª.  44  varas/2 ,  Tres carballos.  30 reáis. 57.- PEDRO ARIAS.Senra. Agro de 4ª. 502 varas/2 .  85 reáis 7 maravedís. 58.-  DOMINGOS LÓPEZ MARTUCHO. Senra. Agro de 4ª. 660 varas/2 . 106 reáis 26 maravedí . 59.-  DOMINGOS QUINTE, Rego de Outeiro. Agro de 4ª. Dez carballos. 60.-  XOSÉ RODRÍGUEZ. Rego de Outeiro, Agro de 4ª. Un carballo.  61.-  EUFRASIO RÍO. Rego de Outeiro. Monte. 384 varas/2 . 20 reáis 16 maravedís. 62.- XOSÉ PUMARES. Cabadas,  Devesa. 2.112 varas/2 . 157 reáis 12 maravedís . 63.-DOMINGOS QUINTE.  Cabadas. Agro de 2ª. 2.264.-  ANTONIO LÓPEZ.  Cabadas. Agro de 2ª. 65.-  XOÁN LÓPEZ BARRIO.  Agro, Devesa e agro de  1ª.  2.200 varas/2. Dez carballos.   391 reáis 6 maravedís . 66.-  ANDRÉ REBOREDO. Cabadas. Agro de 2ª e monte. 1.188 varas/2 . 67.-  PEDRO DE CASTRO. Gándara.  Agro de 2ª. 2.024 varas/2 .  267 reáis  22 maravedís. 68.-  MATEU CAPÓN. Gándara. Agro de 2ª.498 varas/2.  65 reáis 20 maravedís.  69.-  DOMINGOS LÓPEZ DE FERREIROS.  Gándara. Agro de 2ª. 286 varas/2 .  37 reáis  29 maravedís .70.-  FILIPE VÁZQUEZ.  Gándara. Agro de 2ª. 880 varas/2.  116 reáis 16 maravedís.              71.-  MANUEL LÓPEZ DE FERREIROS.Morelle.  Agro de 2ª.  72.- PEDRO DE CASTRO.  Bouzallo. Agro de 2ª.  73.- BIEITO DE CASTRO.  Vella. Agro de 1ª. 74.-  FILIPE VÁZQUEZ. Vella. Agro de 1ª.75.-  PEDRO DE CASTRO. Vella. Agro de 1ª, 76.-  FILIPE VÁZQUEZ. Corvelle. Monte. 77.-  MIGUEL DÍAZ. Corvelle. Agro de 2ª.78.- MANUEL CAPÓN. Corvelle. Agro de 2ª. 79.-  A VIUVA DE XOSÉ MOURÍN.Corvelle. Campo. 261 varas/2.  34 reáis 32 maravedís.  80.-  MANUEL MARÍA LÓPEZ. Corvelle. Agro de 2ª. 410 varas/2,  54 reáis 9 maravedís,  81.-  TOMÉ LÓPEZ . Corvelle, Agro de 2 ª.  186 varas/2.  24 reáis  21 maravedís. 82.- A VIUVA DE XOÁN LÓPEZ. Corvelle, Agro de 2ª.  180 varas/2.  180 varas/2 .  23 reáis 83.-  A VIUVA DE XOSÉ MOURÍN. Corvelle. Agro de 2ª. 223 varas / 2,  29 reáis 26 maravedís . 84.-  FRANCISCO FERNÁNDEZ. Corvelle. Agro de 2ª. 85.-  XOSÉ NÚÑEZ. Corvelle. Agro de 2ª. 2 86 varas/2 ,  37 reáis 29 maravedís.86.-  A VIUVA DE XOÁN LÓPEZ. Corvelle. Agro de 2ª.  120  varas/2.  15 reáis 30 maravedís. 87.-  TOMÉ LÓPEZ. Corvelle. Agro de 2ª.  300 varas/2.  39 reáis 21 maravedís. 88.- XOÁN PÉREZ. Corvelle. Agro de 2ª. 55 varas/2 .  7 reáis  9 maravedís. 89.-  XOSÉ GARCÍA. Corvelle. Agro de 2ª.  98 varas/2.  12 reáis  32 maravedís. 90.- PEDRO LÓPEZ DE CO RVELLE. Corvelle.  Agro de 2ª.  160 varas/2.  24 reáis  6 maravedís.

Valor total dos terreos taxados :  8.414 reáis  e 3 maravedís de veludo

...................................................................................................................................................................

                                               ESTRADA DE OUVIAÑO A SÁRRIA


                                               Estrada de Becerreá a Vendas de Narón.


                                                    Estrada  de Sárria a Becerreá

Comentarios

Publicacións populares