CRENZAS , CULTO E PRÁCTICAS RELIXIOSAS ( SÁRRIA ) ( 604 )
CRENZAS POPULARES , CULTO E PRÁCTICAS RELIXIOSAS NA TERRA DE SÁRRIA
Os novos xeitos de vida , a xeralización da sanidade pública e o abandono de moitas prácticas relixiosas mantidas durante séculos , fixeron que se foran abandoando diversas crenzas e un bon número de costumes e ritos , moi arraigañadas entre as xentes sinxelas. Poucas seguen vixentes, e , dende logo, moi lonxe do seguimento maioritario deses tempos pasados. Tanto a nivel individual como en prácticas colectivas é tan evidente o abandono que mesmo se perdéu memoria dos rituáis e usos establecidos.
A forte implantación das estruturas eclesiáis con un elevado número de cregos, párrocos , frades e monxes en toda a comarca sarriá ao longo dos séculos , evidenciado polo moi elevado número de mosteiros, igrexas parroquiáis, ermidas e capelas, fixo que en todos os lugares, e ao longo de todo ano, tanto a nivel individual como colectivo, se dese unha sucesión de cultos, ritos e costumes que viñeron a conformar a vida individual, familiar e social dos habitantes da Terra de Sárria.
A presenza da Igrexa Católica , dos seus dogmas , dos seus ritos , das súas proibicións , da opresiva calificación de pecado , a ameaza da condea eterna ás penas do inferno, o control absoluto exercido polos cregos con relación ao xeito de vida das familias dos seus fregueses, todo iso marcóu o ritmo da vida colectiva , familiar e mesmo persoal, traducido en prácticas relixiosas diarias e por ciclos , que conformaron as relacións sociáis e as actividades das xerazóns , até nos máis mínimos detalles.
***********************************
ACCIÓN CATÓLICA.- Organización relixiosa con implantación local ou parroquial, establecida en España en 1900 , da que formaban parte voluntariamente fieis católicos comprometidos en impregnar a súa vida individual, parroquial e social cos valores cristiáns. En Sárria , baixo o patrocinio da parroquia de Santa Mariña, e baixo direción dun consiliario , establecéronse as ramas Masculina e Feminina , unha con local no Barrio Novo ( Rúa Vázquez Queipo ) e a outra na Rúa Matías López. Había seccións xuvenís e o intento de consolidar a Xuventude Obreira Católica ( XOC ) non frutificóu. A rama feminina sostivo unha escola noiturna para formación de mozas e un grupo de teatro. Os membros da Acción Católica, presididos polas súas bandeiras visibilizaban a súa participación nas diversas celebracións relixiosas , procisións e actos de devoción, e mesmo tomaron parte activa no desenvolvemento de Radio Popular de Sárria . Un grupo de mozos da Acción Católica organizóu unha marcha e campamento en terras de Montefurado e As Ermidas. No local da rama feminina había un pequeno oratorio. No local da rama masculina había ao dispor dos seus membros xogos de xadrez e de mesa, e semanalmente o consiliario daba charlas formativas. A Acción Católica sarriá deixóu de ser operativa a primeiros da década de 1970, deixando os pisos que en réxime de aluguer ocupaban.
ACCIÓN DE GRAZAS.- Actos relixiosos celebrados nas igrexas, con celebración de misa, para agradecerlle á Divinidade a concesión de beneficios espirituáis, melloras materiáis , nomeamentos de xerarquías eclesiásticas, bonanza do tempo, chegada de tempos de paz ....
ACEITE DE SAN SERAPIO.- A chegada da Orde da Mercé a Sárria en 1986 supuxo a sustitución da maioría das imaxes dos altares da igrexa conventual que estivera baixo o goberno da Orde de Santo Agostiño, e a entronización de imaxes novas tomadas do santoral mercedario. O mártir San Serapio que ocupara espazo no desaparecido altar da Virxe do Rosario, a carón da porta da sancristía, está agora no altar do Sagrado Corazón de Xesús. Como santo avogoso para a curación de doenzas no seu altar , ao dispor dos fieis, hai frasquiños co " aceite de San Serapio ".
ADORACIÓN NOITURNA.- Organización católica cuxa misión consiste en facer veladas noiturnas diante do altar onde se acha o Santísimo, con rezo por quendas de oracións rituáis, rematando co a participación nas primeiras horas da mañá nunha misa con comuñón. Establecida en Sárria, na parroquia de San Salvador, e posta baixo o patrocinio da Orde da Mercé, foi dotada de bandeira e os seus membros, incialmente só homes, participaban publicamnte nas diferentes celebracións relixiosas e procisións, e noutras fora da localidade ( " Festa das Espigas" ) , cubrindo tamén presenzas en veladas celebradas na Catedral de Lugo, para o que, cando lles correspondía, facían os ritos diante da custodia da exposición permanente. Despois dun periodo sen actividade , no Convento da Mercé, nos anos 1960 recuperouse o grupo de adoradores, pasando máis adiante, e xa con participación feminina, a se reunir na igrexa d
e Santa Mariña. Houbo grupos de adoradores en varias parroquias da comarca, sendo de sinalar a actividade do grupo de Eirexalba, onde chegaron a alzaren un edificio anexo á igrexa, para acoller aos participantes nas veladas.
ADVOCACIÓNS DAS ERMIDAS E CAPELAS.- Asunción ( A Aguiada-. Calvor . Sárria-Colexio ) , Inmaculada ( Calvor , Castro de Rei ( 2) , San Vicenzo de Paradela , Vilamaior ) Nosa Señora do Camiño ( Calvor ). Nosa Señora do Perpetuo Socorro ( Sárria ) . Nosa Señora da Saúde ( Santa María de Loureiro do Real,, Purísima Concepción ( Torre ) San Amaro ( Vilamaior ). * San Bernardo ( Castro do Rei, San Bieito ( Belante ). San Bieito e San Fiz ( Santa María de Loureiro do Real ). San Brais ( San Xoán de Bardaos, Sárria ) San Caetano ( Cedrón ) San Cosme ( Santa María da Pena, Vilar de Sárria ). San Cristovo ( Ferreiros de Paradela , ) San Domingos de Silos ( Teiguin ) San Filipe e Santiago ( San Cristovo do Real San Froilán ( Barbadelo ) San Lázaro ( Maside, Triacastela ) San Lourenzo ( Friolfe , Lóuzara , Sárria ) San Mamede ( Triacastela ) San Marco ( Biville, Piñeira/ Chorente , Sárria ). San Martiño ( Barbadelo , Río ) San Mauro ( Louseiro ) San Mateu ( Vilapedre ) San Miguel ( San Pedro do Incio ) Natividade da Nosa Señora ( Triacastela) San Paio ( Piñeira ) San Pedro ( Barbadelo , Camiño , Castro do Rei,Monte-Triacastela, San Salvador do Mao ). Presentación da Virxe ( Eirexalba, ) San Roque ( Sárria- Casa do Barrio, Sárria- A Madalena, Cedrón, Lóuzara , San Salvador do Mao , Río ) San Salvador ( Barxa de Calvor, Samos ) San Silvestre ( Barbadelo ). San Vicenzo Ferrer ( Aldosende ). San Vitoiro ( Ferreiros de Paradela , San Cristovo do Real, Touville ). San Xoán ( Barán, Biville , Lier , Piñeira , Sárria ) San Xosé ( As Cortes ,Formigueiros , Sárria- Casa Grande ,Sárria-A Madalena ) . San Xulián ( San Cristovo do Real ) Santa Bárbara ( Lóuzara , A Vilavella ). Santa Cristiña ( Arxemil ). Santa María ( Betote, Láncara , Soñide , Vilasante-O Fontao ) Santa Marta ( Ortoá, Touville, San Facundo de Ribas de Miño ) , Santa Sabela ( Cedrón ). Santiago ( Sárria ) Santo Alberte ( Vilar de Sárria ) Santo Antón Abade ( Santiago da Laxe, ) Santo Antonio ( Chorente , Formigueiros , Hospital do Incio, San Martiño de Loureiro, Lóuzara, San Salvador do Mao, Santa María do Mao , Santa Mariña do Incio, Triacastela ) . * Santo Anxo ( Goián ) , Santa Bárbara ( Río ) Santa Margarida ( San Martiño do Real ), Santo Cristo ( Goián, Sárria.A Madalena, Santa Engracis ( Sáa do Páram ). . Santo Estevo ( Maside ) Santo Ildefonso ( San Cristovo do Real, San Cristovo do Real, Vilamaior ) . Santa María ( Loio-As Cortes , . Santa Mariña ( Lóuzara, A Pinza ) Trindade ( A Pinza ) Virxe do Carme ( O Mazadoiro ). Virxe das Dores ( Paradela , Torre ). Virxe de Guadaluoez ( Rubián de Cima ) Virxe da Mercé ( Sárria- Matías López ). Virxe dos Miragres ( Pascáis ). Virxe das Neves ( Castro do Rei , Muro ). Virxe do Pilar ( Goián ). Virxe dos Remedios ( Cesár, Lóuzara , Ermida de Nespereira )
ADVOCACIÓNS DOS MOSTEIROS. .-San Facundo ( Ribas do Miño ).- San Fiz ( O Incio )..- San Mamede ( A Pinza ) .- San Martiño ( Barbadelo , Lousada, Toldaos de Triacastela ) San Mateu ( Vilapedre ) San Miguel ( Montán, Piñeira ) San Paio ( Piñeira, Cesár ) San Pedro ( O Ermo en Triacastela , Taíde ) San Salvador ( Barxa , As Cortes , O Incio, O Mao , .A Pinza, Ortoá , ) San Vicenzo ( Carracedo , Froián ) San Xoán ( Couso, Loio ) San Xulián e Santa Basilisa. ( Samos ) . Santa Cruz ( Castroncán, Loio das Cortes ) Santa María ( Castro do Rei , Corvelle, O Mao , Ortoá ) Santa María Madalena ( Sárria ) Santiago ( Barbadelo, Mortolais en Froián, Pompeán en Renche, Toldaos do Val do Mao ) . Santo Adrao ( Biville ) .- Santo Antoiño ( Veiga de Sárria ) Santo Estevo ( Calvor )
ADVOCACIONS DAS PARROQUIAS : A titularidade das parroquias correspondente a santos e santas proba cales deles gozaron da devoción popular no tempo fundacional de cada unha delas , e noutros casos foi atribuida polas persoas que promoveron e dotaron os diferentes templos erixidos na comarca. A distribución das advocacións , mantida nas parroquias de presente existentes e noutras desaparecido é a que segue. :San Breixo ( A Balsa ).-* San Cidre ( Lamas ) .- * San Cristovo ( Cancelo . Cervela , Lóuzara , Real, ) .- * San Facundo ( Ribas de Miño .- San Fiz ( Reimóndez, Hospital do Incio, Vilapedre ).- * San Mamede ( Castro , A Chanca, Couto , Ribeira , Vilasouto ) . - * San Lourenzo ( Suar, Vilarxoán .) .- * .San Martiño ( Fontao , Laiosa , Loureiro, Lousada ,Louseiro, Oleiros, Real, Requeixo, Río , Romelle , Torre. .-* San Miguel ( Biville , Frolláis, Goián, O Incio, Paradela .- Piñeira , Vilapedre ,Vila de Mouros .- * San Paio ( Calleiros ) .- * San Pedro ( Armeá , Bande , Barán, Camiño , A Cova , Cuvela , Froián, O Incio, Láncara, Maside , Paradela, , Ronfe , Santa Comba, Santo Andrea da Ribeira, Seteventos, Vilarello .- * San Romao ( Lousada , O Mao ).- * San Sadurniño ( Ferreiros , Froián ) .- * San Salvador ( Cesár , As Cortes , Larín, O Mao, , O Mato, Pena , A Pinza , Piñeiro , Sárria., Toirán, Toldaos, Vilar de Sárria, Vileiriz .- * San Silvestre ( Freixo ) .- * San Tomé ( Castelo ) .- * San Vicenzo ( Betote , Carracedo, Froián, Gondrame , Rubián de Cima .- * San Xil ( Catballo) , * - San Xoán ( Bardaos, Fafián , Friolfe , Loio , Lóuzara , Muro , Sirgueiros , Trasliste ) ,.- * San Xulián ( Chorente , Frades , Meixente , A Pobra , Noceda , Santalla de Bardaos , Teivilide , Veiga de Sárria.- * . Santa Cristiña ( O Viso, )- * Santa Cruz. ( O Incio, Moscán, Vilasante ) .-* Santa Eufemia ( Santo Antolin, Vilarmosteiro ).-.* Santa María ( Albán , Belante , Castro de Rei de Lemos, Corvelle , Ferreiros , Foilebar, Gondrame , Góo , A Lama ,. Lier , O Mao, Montán, Monte , Neira de Cabaleiros , Ortoá , Pacios , Pena , Reboiro, Rendar , Suñide , Touvillle , Vilafiz, Vilaleo , Vilamaior, Vilar, Vilaragunte , Vilarello .- * Santa María Madalena ( Moscán, Neira ) .- * Santa Mariña ( Adai, Galegos, O Incio , Rubín, Sivil, .Vilaesteva de Herdeiros ) , - Santa Marta ( Castroncán .- * Santa Olalla ( Alfoz , Arxemil , Lagos , Paradela , Pascáis , Trascastro .- * Santa Xertude ( Samos ).- * Santiago ( Aldosende , Andreade , Barbadelo, Barboa, Castelo dos Infantes , Cedrón, Estraxiz ,Farbán, Formigueiros , Laxe , Nespereira , Renche , Ribas de Miño , Sáa, Souto, Toldaos , Triacastela , Veiga , Viance , Zóo . - * Santo André ( Gundriz , Paradela ) .- * Santo Estevo ( Calvor , Eirexalba , Grallás, Reiriz ),1.- Santa María ( 27 ). 2 - Santiago ( 20). 3 .- San Pedro (16 ) 4 .- San Salvador ( 13 ). 5.- * San Martiño ( 11 ) 6 .- San Xulián ( 11 ) 7..- San Miguel ( 8 ) 8 . - San Xoán ( 8 ) 9 .- Santa Mariña ( 6 ).- 10 .-. Santa Olalla ( 6 ).- 11..- San Vicenzo ( 5). 12 - San Facundo ( 4 ) 13 .- Santo Estevo ( 4 ) 14 .- San Fiz ( 3 ) 15 .- Santa Cruz ( 3 ) 16 .- San Lourenzo ( 2 ). 17 - San Romao ( 2 ).- 18.- Santa Eufemia ( 2 ) 19 .-Santa María Madalena ( 2 ).- 20 .- San Romao ( 2 ) 21.- San Sadurniño ( 2 ).- 22.- Santo André ( 2 ) ..- 23 .. Breixo (1 ).- 24 .- San Cidre ( 1 ).- 25. San Paio ( 1 ) .- 26.- San Silvestre ( 1 ).- 27.- Santo André ( 2 ).- 28 .- Santo Tomé ( 1 ).- 29..- San Xil ( 1 ).- 30.- Santa Cristiña ( 1 ).- 31.- Santa Marta ( 1 ).- 32 .- Santa Xertrude ( 1 ).-
ALPENDRES DAS IGREXAS.- Para que as persoas que ían ás igrexas con ocasión do culto poidesen agardar a chegada do crego sen se mollaren , ademáis do cabido, alzado diante do pórtico principal , apoiados ben na parede norte ou na sur, existían alpendres abertos , algúns acondicionados para se poder sentare. Aínda están servibles e consérvanse alpendres : No lado sur da igrexa de San Fiz do Hospital do Incio ; no lado norte na de San Fiz de Vilapedre . Hai outro alpendre en San Miguel de Monseiro. Albergando os adros-cemiterios todo darredor dos templos están os espazos cubertos en San Romao, San Salvador e Santa María do Mao. Houbo alpendres lateráis en San Salvador de Sárria e Santiago de Barbadelo.
AMONESTACIÓNS.- Previamente á celebración do matrimonio relixioso era práctica obrigada que en varias misas dominicáis nas parroquias dos noivos se proclamase , indicando os nomes dos futuros contraíntes, a vontade que estes tiñan de casar co obxecto de que as persoas que coñecesen algún impedimento o manifestasen Os noivos podían solicitar execión das proclamas , pedíndoo na formación do expediente satisfacendo o estipendio de 10 euros no caso dun contraínte e de 20 euros no caso de pedilo os dous, segundo o estipendio fixado pola Curia ( datos referidos ao arancel do ano 2014 ). Na actualidade a xeralidade dos futuros contraíntes acóllese á dispensa.
ÁNIMAS DO PURGATORIO.- A xeralizada crenza da existenza dun estado ou lugar onde as almas pecadoras debían pasar un indeterminado tempo para se purificaren e quedaren limpas de toda mácula que se podían ver beneficiadas polo froito das oracións e sacrificios dos vivos, e en especial dos seus parentes e amigos, deu lugar á creación de Confraderías de Ánimas en boa parte das parroquias da comarca e ao establecemento de misas especiais ao longo do ano, e en especial no Día de Defuntos . Ademáis , nos días domingo, antes da misa ofrecíanse responsos "polas ánimas da familia" o oferente de esmolas e tamén era costume, no Día de Defuntos, que se ofrecesen responsos cantados polo clero parroquial no lugar de enterramento dos parroquiáns. As familias podentes establecían a fundación de misas e responsos nas parroquias e mosteiros , con carácter perpetuo. E mesmo houbo Confraderías de Ánimas constituídas por sacerdotes, destacando a existente en Vilaragunte.
ÁNXELUS.- Oracións marianas de rezo xeralizado todos os días do ano, Äs 6 horas A,M,, ás 12 e ás 6 ( PM ) , agás na Páscoa tempo no que se rezaba o " Regina Celi" , a xeralidade dos fieis, advertidos polo toque de campás, e en especial cregos e monxas, estaban obrigados a rezaren tres versos intercalados con avemaías: " O Anxo do Señor anuncióu a María"..... Ave María,,,, " E concebíu por obra do Espíritu Santo".... Ave María,,,,, " Eis a Escrava do Señor ".... Ave María. As persoas devotas , estando no campo, ao escotaren o son das campás soían axeonllarse na terra para faceren os rezos, e en representacións pictóricas así se recolle este xesto.
APARICIÓN DA VIRXE ( 1 ).- A tradición popular da parroquia de Santa María de Ferreiros recolle a crenza de que polo 15 de agosto a imaxe da Virxe María existente na igrexa parroquial abandoaba o templo e de mañán aparecía na chamada Fonte da Virxe existente pasado o lugar de Mirallos, e antes de chegar á aldea da Pena. Como a primitiva igrexa parroquial estivo no casar da Airexe, e no século XVIII pasóu a ocupar a que fora capela do Hospital de Peregrinos de Mirallos, non se coñece se esa aparición comezaba nunha ou noutra desas igrexas. En boa medida parece ser unha tradición narrada e repetida en outras parroquias .
APARICIÓN DA VIRXE ( 2 ) .- Foi unha suposta aparición, Nun dos anos da década de 1960, nunha parroquia non lonxana das abas do Monte da Meda unhas rapazolas afirmaron que se lles " aparecera" a Vorxe María , sendo cridas por veciños e xentes da contorna, e tamén por residentes na vila sarriá. Comentaron que a Virxe lles pedria que se fixese ali no monte unha capela e "celebrasen unha festa". A xente reuniuse alí para rezaren o rosario e mesmo houbo algún sacerdote que participaba neses rezos. Pouco a pouco a aparición deixóu de ser tema de conservación e de presenza de "crentes". No dicir de persoas de perto do lugar as supostas luces que interpretaban como manifestacións marianas, naquel tempo no que polas noites circulaba xa un número de autos con luces de longo alcancez , os refachos luminicos non pasaban de ser outra cousa que o rrflexo da luz dos focos dende unha volta elevada da estrada..
APARICIÓN DE SAN VICENZO.- Un veciño da parroquia de San Vicenzo de Carracedo , no concello de Láncara, afirmou diante dos seus veciños, e a nova mesmo aparecéu nos xornaís que se lle aparecera San Vicenzo. Preguntado que aspecto presentaba, como non podía ser menos, indicóu que levaba as mesmas roupas e coas mesmas cores ca imaxe que preside o altar maior da súa igrexa parroquial. A nova axiña pasóu a ser esquecida.
APARICIÓN DE SAN MAMEDE.- Na parroquia de San Salvador da Pinza, na marxe dereita do río Loio, onde chaman Costa de San Mamede, non lonxe do Castro de Barán, e perto da estrada de Portomarín máis adiante da Ponte do Neo, houbo un mosteirolo de "San Mamede de perto do Río Loio", do que non quedóu máis memoria que a do nome dunha fonte e da costa antedita, e unha imaxe conservada no templo parroquial. Na meoria das xentes da parroquia cando chegaba o día da festa do santo, este para amosar a súa disconformidade con que o tivesen trasladado alí, desaparecía da igrexa e amosábase ano tras ano no que fora soar do desaparecido mosteiro.
APOSTOLADO DA ORACIÓN.- Agrupación de fieis da Igrexa Católica promotores do culto ao Sagrado Corazón de Xesús, promovido en Sárria na parroquia de San Salvador, finalmente establecida na igrexa conventual da Mercé onde puxeron para o culto unha imaxe de grande tamaño. N da ao mes de xuño organizan un novenario con procisión no seu último día. A Marquesa de Casa López fixo doazón do estandarte propio da agrupación. Creada en San Martiño de Río ( 1927 ).
ARANCEL DA CURIA DIOCESÁ.- O Arancel sinala as taxas esixibles como estipendios pola realización de trámites na Curia da diocese lucense. Segundo datos do ano 2014 os estipendios quedaron entón fixados da seguinte maneira: 1º Asuntos matrimoniáis.- Visto e prace, " Nihil obstat" ( 10 euros ); Decreto de liberdade de solteiría ( 10 euros ) ; Escrito de poder para matrimonio ( 7 euros ); Atestado: Por un contrainte ( 10 euros ); Polos dous contraíntes ( 20 euros ) ; Exhorto librado e cumprimentado ( 10 euros ): Autorización matrimonio do código canónico 1071 e 1124 ( 20 euros ) ; Dilixencias para matrimonio no que exista un "vetitum" ( 50 euros ); Dispensa das proclamas canómicas: Un contraínte ( 10 euros ), Dous contraíntes ( 20 euros ); Licenza para matrimonio en igrexa ou oratorio fora da igrexa parroquial ( 50 euros ); Matrimonio segredo seguindo de convalidación ( 6 euros ); Calquera decreto ou procedemento ( 10 euros ); 2º.- Asuntos administrativos e económicos.- Decreto de rectificación de partidas ( 10 euros ); Entable ou asentamento de partida ( 10 euros ); Certificación ( 6 euros ); Visados e legalizacións ( 5 euros ): Outras licenzas ( 10 euros ); Expedientes de enaxenación, permuta e declaración de bens eclesiáticos ( 20 euros ); Aprobación ou anovación de estatutos ( 20 euros ; Documentación de expedientes ou documentos do Arquivo, sinalando o ano ( 10 euros ; sen fixar o ano, taxa a xuizo do arquiveiro, segundo dificuldade do achado. 3º.- Cemiterios Parroquiáis ( fixados por cada parroquia).
ARANCEL PARROQUIAL .- Nas parroquias estaba exposto o arancel aprobado polo bispo , que contiña a relación de actos relixiosos propios dos sacerdotes exercentes na freguesías derivados do culto , da práctica sacramental, sinalando as cantidades en diñeiro esixibles . Misas nas súas varias categorías, vodas, bautismos ... segundo categorías por razón da dispoñibilidade económica das familias . Tamén os estipendios sinalados por funeración , enterros, cabos de ano , discorrer das comitivas de enterros por diferentes enterros e outros coceptos figraban nos arancéis impresos aplicados polos párrocos. Conceptos como alumeado, número de cirios nos túmulos, colocación de alfombras ou outros actos de ornato tamén aparecían cuantificados e eran obxecto da correspondente liquidación e esixenza de pago Na actualidade os pagamentos derivados dos enterros e funeración son adiantados polos servizos funerarios que os unen aos gastos derivados de uso do tanatorio, formación de cadaleitos, ambientación floral, coroas , publicación de esquelas , etc., diante da esixencia formulada polas autoridades fiscáis.** Aínda que a Igrexa considera simonía a esixenza de pagamento relacionado con celebracións sacrametáis e outras asimilables, de costume está sinalada a obriga de entregar cantidades en concepto de estipendios, dos que soen dispensar ás persoas e familias de escasos recursos económcos.** O Arancel fixando as taxas de estipendios fixado en 2014 quedara como segue : 1º .- Celebración da Santa Misa.- Estipendio manual ( 10 euros ) ; Novenario de Misas ( 98 euros ); Misas Gregorianas ( 320 euros ) ; Misas solemnes: Asistenza ( 30 euros ) ; Aistenza e aplicación da Santa Misa ( 40 euros ) : Dereitos de sancristía ( 25 euros ) ; Dereitos de Fábrica ( 25 pesetas ).- 2º .- Celebración de Exequias e Aniversarios.- Levantamento e condución de cadavre ( 20 euros ) ; Só levantamento : 15 euros ; Asistenza a acto fúnebre ( 30 euros ) ; Asistenza e apñlicación Santa Misa ( 40 euros ); Dereitos de sancristía ( 25 euros ) ; Dereitos de Fábrica ( 25 euros ).- 3º .- Celebración de Matrimonio.- Preparación expediente completo ( 20 euros ) ; Preparación medio expediente ( 10 euros ): Asistenza ao matrimonio ( 30 euros ) ; Asistenza e aplicación de Misa ( 40 euros ) ; Dereitos de Sancristía ( 25 euros ): ; Dereitos de Fábrica ( 25 euros ) ; Matrimonio noutra parroquia ( 35 euros ). 4º.- Dilixenzas administrativas : Certificación ( 5 euros )
ARAS.- Nos altares das igrexas , ocupando a parte central da mesa, colócanse unhas pedras marmóreas que encerran reliquias de santos, e que unha vez abenzoadas , debidamente cobertas con mantéis brancos serviran de apoio para os cálices empregados na celebración das misas.
ARMONIO.- En xeral o único instrumento musical, fora o órgano propio de templos mosteiráis ( Abadía de Samos e Mosteiro da Madalena de Sárria ), era o armonio. Nas parroquias da vila había armonios que se situaban ben na tribuna ou no presbiterio . Tamén os houbo no Convemto das Monxas Mercedarias e na Capela do Hospital- Asili Dende a década de 1970 os armonios quedaron sen uso, posiblemente pola forte baixada do número de cregos, frades e monxes , que levóu parello que os relixiosos músicos prácticamente desapareceran.
ARQUIVO DE SAN XULIÁN DE SAMOS.- Na Idade Medía o Mosteiro de Samos custodiaba os pergameos, previlexios de documentación en xeral nun arquivo propio, que mesmo aparrece denominado " Torre de Samos". Houbo ocasións nas que os documentos foron reoubados ou desapareceron en incendios. Moi destacada foi a apropiación feita por un bispo lucense. Tamén está documentada a ocasión na que os monxes de Samos interesaron do rei que lles facilitase copias dos custodiados en San Salvador de Oviedo. Como peza máis sinalada dos ali custodiados estaba o Tombo de Samos. Ao se producir a Desamortización e o abandono do mosteiro por parte dos monxes bieitos a documentación foi , na súa maior parte, pasada á cidade de Lugo e trasladada ao Arquivo Histórico Nacional, onde están deposotados, e unha boa parte deles pode ser consultada telemáticamnte en " Pares". O Tombo de Samos, casualmente aparecido no faio dunha casa da vila de Samos e foi adquirido pola Universidade de Santiago de Compostela. Cando se produciu o incendio do ano 1951 a documentación referida aos fondos do Padre Feijóo desaparecéu e tamén se perderon os libros parroquiáis das freguesías que estaban atendidas por monxes samonenses.
ARQUIVO DE SANTA MARÍA MADALENA.- A documentación do Priorado , entre a que se contan as buldas papáis, e todo o relacionado con rendas e propiedades estaba gardado primeiramente en arcas , na cela do prioiro. Cando o bispo lucense Francisco Armanyá promoveu a construción da Obra Nova ( ala norte ) fixeron no andar máis alto unha cámara con bóveda de pedra e portas de ferro, para darlle seguridade diante da posiblidade de incendios. Coa Desamortización os documentos foron levados a Lugo, permanecendo algúns na Delegación de Facenda até que foron trasladados ao Arquivo Histórico Nacional . Esta documentación pode ser consultada telemáticamente en " Pares".
ARQUIVOS PARROQUIÁIS,.- Despóis do Concilio de Trento estableceuse a obriga de que os párrocos abrisen libros para asenatren os bautismos, casamentos e enterramentos das freguesías e anexos que estaban baixo deu coidado. Tamén gardaban asentamentos referidos aos fregueses confirmados , confraderías, etc. A súa conservación sufréu numerosas incidencias por causa de irresgularidades nos asentos , desaparicións, mala conservación por roturas e humidades. Na década dos anos 1970, grazas ao interese posto polo crego sarriao Elías Valiña Sampedro, que levóu a efecto a catalogación dos fondos documentáis das parroquias, toda a documentación foi trasladada ao Arquivo Central Diocesán de Lugo, situado no Pazo Episcopal ( Praza de Santa María ), onde as persoas interesadas en coñeceren as liñas parroquiáis de onde veñen , poden solicitar , en horario de mañán , os libros alí depositados, Dende o ano 1871 as inscrición dos Rexistros Civís dos diferentes Concellos permiten conseguir copias das actas. Porén a consulta por parroquias no Arquivo Diocesán permite conseguir datos con menor esforzo , sendo de notar que hai parroquias que non aportaron os libros máis recentes,
ARRAS.- Nos ritos propios do casamento relixioso a entrega simbólica das "arras " entregadas polo futuro esposo á noiva contaínte facíase coa aportación de trece moedas. Esta cerimonia tiña lugar na porta de entrada á igrexa, na presenza do sacerdote que abenzoaba a unión matrimonial, e unha vez rematados eses ritos " in face ecclesie " contraíntes, padriños e convidados entrabaaan no templo para asistir á misa. As familias podentes presentaban as trece moedas , con exemplares de prata, propias ou prestadas por familiares e amigos. As familias de menos recursos aportaban moedas de curso legal de certo valor, aínda que ás veces tamén llas prestaban familias coas que podían ter relación por padriñazgo ou tratamento amicial. A cerimonia, actualmente, ten lugar integramente a pé do altar.
ASOCIACIÓN DAS TRES MARÍAS.- Asociación relixiosa establecida na vila de Sárria , inspirada polo mercedario Padre Gaite en 1813 ( ver Marías dos Sagrarios ).
AUGA BENDITA DAS PIAS.- Pasada a porta de entrada das igrexas saíndo da parede as pías da auga bendita eran usadas para mollar neles os dedos da man dereita e santiguarse, tanto ao entrar como ao sair dos cultos. A reposición con auga á que se enade sal completábase co rito da benzón por parte do sacerdote. O uso das pías viuse moi limitado, por motivos sanitarios, e no caso de igrexas das cidades polo temor de que se lavasen nelas xeringas de consumidores de drogas. No tempo da pandemia deixaron de ser alimentadas as pías, e é en algunhas igrexas poñen concos de cristal que se poñen e retiran polo tempo das cerimonias . En moitas igrexas, pasadas as portes norte e sur tamén había pías para a auga bendita.
AVE MARÍA.- " ¡ Ave María ! " : Era este un saúdo dirixido ás persoas coas que se cruzaban os que andaban de camiño ou andaban polas rúas. Cando un penitente se achegada ao confesor tiña que dicir " Ave María Purísima" , ao que o sacerdote respostaba: " Sen pecado concebida". Para iniciar conversa con unha monxa tamén se daba ese saúdo ao que seguía a dita resposta.
BANCOS DE IGREXA.- En tempos pasados os asistentes aos actos de culto nas igrexas permanecían de pé, agás algunhas familias que gozaban do privilexio de " tarima" que tiñan cadeiras propias , e algúns podían ocupar postos de honra no presbiterio. As mulleres, non todas, servíanse de mesotes e de reclinatorios da súa propiedade. Había algúnhas veces bancos corridos, poucos, para sentar neles as persoas vedrañas e que tamén eran usados polos nenos da " Doutrina " , e non tiñan respaldo. Os bancos con respaldo foron introducidos primeiramente nas igrexas conventuáis de Sárria e Samos. Bancos de madeira con respaldo e con táboa baixa que permite axeonllarse foron entrando máis lentamente nas igrexas das parroquias ruráis.
BANDEXA DA COMUÑÓN.- Cando o sacerdote repartía a comuñón aos fieis, axeonllados diante da reixa do comulgatorio, facíao acompañado por un acólito, xeralmente un neno coa roupaxe propia da súa función, que portaba unha bandeixa metálica que poñía baixo do queixo do comungante para evitar a posible caída da hostia no chan. Se nalguha ocasión a hostia caía no solo o sacerdote oficiante recollíaa e consumíaa de seguido e con auga e un trapiño limpaba intensamente o punto onde caera, Ese uso desaparecéu e foi sustituido pola toma directa, estando de pé o comungante, e na actualidade o sacerdote deposita a hostia nas mans do tomador que deseguido a leva á súa boca.BAUTISMO DE SOCORRO.- Ou "auga de socorro ".Cando se producía o nacemento dunha criatura e existía, ou presumían que existía perigo de morte, e mesmo cando o nacemento levaba parella a morte da nai , calquera adulto podía facer un bautismo de urxenza , que debía ser comunicado ao pàrroco. O costume xeral era bautizar aos recén nados á maior brevidade e cando a distancia ou o mal tempo non facilitaban o trásito polos camiños, podíase demorar a cerimonia algúns días, con desgusto do párroco que non aforraba recriminacións aos pais
BAUTIZOS.- Os bautizos facíanse nas pías bautismáis da igrexas parroquiáis , moitas delas de orixe medieval, que nunha incomprensible actitude de moitos párrocos foron eliminadas, e mesmo convertidas en elementos decorativos instalados nos adros. O rito do bautismo, antano seguido por enteiro en latín , segue sustancialmente os pasos secularmente establecidos. Era costume consagrado o bautismo feito no mesmo día do nacemento, ou nos días inmediato. Na actualidade celébtanse semanas ou meses despóis , e mesmo deixando pasar anos .Na actualidade nas parroquias organizan cursiños para os pais, previos á administración do sacramento. Décadas atrán , cando na vila había un bautizo, pequenos e pequenas agardaban no adro a saída dos pais co bautizado, padriños, parentes e amigos e os padriños tiraban caramelos e moedas de calderilla ( 0,1, 0,5, 0,10 pesetas, e extraordinariamente de 0,25 ou 0,50 pesetas ) que , á pillota collía no chan a garulaxe. Se a tirada non era xenerosa , ao xuizo dos pequenos, aporreaban ao padriño dicindo : "Padriño roñón / tira o pequeno polo balcón".
BENZÓN DE ANIMÁIS .- Os fregueses solicitaban dos cregos a benzón das reses, e mesmo había festas sinaladas nas que as levaban ás igrexas e capelas facendo o rito de daren voltas con elas darredor do adro . Na actualidade, pola festa de Santo Antón Abade , no Convento da Mercé de Sárria hai un acto de benzón de mascotas e animáis de compañía que goza de moi boa aceptación.
BENZÓN DA AUGA.- A benzón da auga, na noite do Sábado Santo, facíase nos oficios reñlixiosos e os fregueses levaban xarras, botellas, garrafas , baldes e tinas que levaban para as casas . En Sárria facían benzón en San Salvador e Santa Mariña. Últimamente o acto da benzón da auga celébrase alternativamente nas igrexas da vila dentro da "Benzón do pan e da auga", nova cerimonia agora seguida. Tamén é obxecto de benzón a auga depositada no caldeiriño do hisopo usado nas funcións fúnebres e en outros actos de benzón.
BENZÓN DE AUTOS .- Moitas familias , no tempo da xeralización da posesión de veículos propios, solicitaba dos sacerdotes da súa parroquia que lles abenzoasen o auto. É acto con pouca implantación e non se dá o caso de benzóns masivas, como as que se fan en Monterroso.
BENZÓN DE BANDEIRAS.- Diferentes bandeiras, pendóns e estandartes das parroquias, confraderías e sindicatos agrícolas católicos foron obxecto de solemnes benzóns con actos con grande participación de fieis. Houbo actos de benzón de bandeiras para os cuartéis da garda civil, ou a da Unión Patriótica.
BENZÓN DOS CAMPOS.- Coa chegada da primavera tiña lugar a procisión para abenzoar os campos, que se celebraba en todas as parroquias, pedindo a proteción divina para que se desen boas colleitas. Os fieis desfiaban dende a igrexa até un punto no que se dese unha ampla vista de terras de cultivo , cantando a ledaiña dos santos nas que ao nome de cada un deles os procesionitas dicían " Ora pro nobis ", " Orate pro nobis ", " Te rogamos audinós ". En San Salvador de Sárria a procisión ía dende a igrexa até os Esqueiredos.
BENZÓN DAS CASAS.- Era costume bastante xeralizado, cando se remataba a obra dunha casa nova, ou cando unha familia se establecía nunha vivenda solicitar a presenza dun crego para abenzoala. Tamén houbo costume de poñer unha placa metálica na porta de entrada coa imaxe do Sagrado Corazón de Xesúa riba da frase " Sagrado Corazón de Jesús en Vos confío", ou no caso de familias podentes a instalación dunha imaxe de bulto ou un cadro desa advocación, e mesmo houbo un acto de entroización na Sala de Plenos do Concello. Nas frenteiras de Villa Andrea e na Casa Pallares hai senllos medallóns con esa representación,
BENZÓN DE IMAXES, CRUCIFIXOS, MEDALLAS E ESCAPULARIOS.- Os párrocos para as súas igrexas e a xente pía adquiría imaxes dos santos e santas da súa devoción para poñelas nas ugrexas ou eç nos seus domicilios en lugares preferentes , e crucifixos de bulto ou pequenos para levalas con cadeas ao pescozo e escapularios para o que solicitaban a intervención de sacerdotes. A xeralización de uso de cruceciás, medallas e escapularios, sobre todo entre as mulleres, foi remitindo e na actualidade só se dá un uso de cruces , moitas de materiáis nobres, levadas ben adheridas á roupa ou suxeitas por cadeíñas levadas ao pescozo.** O 27.04.1952 en Vilaleo fíxose a benzóm de seis imaxes. Instalaron en Vilaleo as do Sagrado Corazón e Santo Antonio, e seguindo en procisión depostaron en Trasliste as imaxes da Virxe de Fátima e de San Xoán , e dende ali foron a Santalla Alta onde entroizaron as de Santo Antonio de Padua e do Sagrado Corazón de Xesús.
BENZÓN DOS NEGOCIOS.- Ben con carácter particular ou con publicidade en inauguración de negocios, centros oficiáis , etc. dábase publicidade ao acto de benzón por un crego, e a prensa soía recoller a fotografia do momento no que, hisopo en man, o oficiante esparexía as pingas de auga tomadas no caldeiriño. Este costume está practicamente desaparecido.
BICO NA CODELA DE PAN.- Nos tempos nos que o pan era un ben escaso , cando fartos da merenda xa non tiñan os rapaces desexo de rematar o pan que lles deran na casa, guindaban a codela a onde non se vira tirado, e antes de desfacerse del había que darlle un bico.
BICAR NA MAN AOS SACERDOTES.- Era uso obrigado, en especial para a xente nova e a mocidade, cando se cruzaban cun crego , ou cun frade , achegarse a eles e bicarlles a man. Non era cousa de moito agrado para os bicadores, polo que se albiscaban que chegaba, se había lugar , facían por non se achegaren a eles. Había cregos que se observaban a maniobra da fuxida queixábanse aos pais do feito, e a rifa paterna quedaba grabada nos nenos cecáis cun par de lapotes ou pasar a vergoña de lle ter que pedir perdón ao cura. Había cregos que ao recibiren o bico nas mans non se cortaban en darlle unha labazada. Outro bico moi sinalado na vida da xente nova era o que había que dar no anel do bispo cando era a cerimonia da Confirmación.
BLASFEMIAS.- O "usar o nome de Deus en vao", o mesmo que proferir palabras malsoantes contra dogmas de fe , Deus e os santos , calificado como "pecado mortal", tiña a total repulsa do clero e das persoas "piedosas " que, dado que o blasfemar estaba incluído como deleicto no Código Penal , facía que o infractor acabase sometido a enxjuizamento nos tribunáis civis. No medio rural, en ambientes de traballo, nas tabernas... o costume do que chamaba " xurar " era costume de moitos homes blasfemar , o que daba lugar a establcer Ligas Antiblasfemas nas cidades e vilas e a que os párrocos puxesen toda a súa tención á descalificación daqueles que públicamente dicían palabras soeces d malsoantes contra a diviniade, Cristo, A Virxe María ou os santos . A blasfemia en boca de mulleres era moi ocasional. A publicación sarriá " El Estrellao" promocinóu actuacións contra da blasfemia. ( 19.03.1917 ) Na Feira de Becerreá o quincalleiro sarriao Mariano Trabado foi detido por escádalo e por blasfemo.
BOETAS.- Tamén coñecidas como "Petos " , eran caixas pequenas con mango na parte traseira e con representación de imaxes de santos, ou das ánimas do Purgatorio, que se poñían diante dos devotos para que intoducisen moedas para os diferentes cultos ou para as atencións das confraderías. Só de xeito residual se manteñen estas boetas. Un exemplo de pernanencia é a propia do Santuario dos Remedios do Alto de Cesár que todos os anos sacan polas rúas de Sárria solicitando aportacións para a celebración da Romaría da Virxe dos Remedios. A maioría das boetas foron desaparecendo, entrando no circuito dos anticuarios. Na igrexa de Santalla de Lóuzara consérvase un interesante grupo de boetas.
BOETAS DE ÁNIMAS.- Na maioría das igrexas parroquiáis había boetas de madeira con unha corrida talla representando ás Ánimas do Purgatorio bañándose nas ardentes labaradas, entre as que ás veces aparecían tamén representados bispos ou outros persoaxes siñificados . Estas boetas eran caixiñas con un burato para botar por ela as moedas das esmolas, pechadas con pequenos candados, e a parte sobresaínte da caixiña, xeralmente con forma de arco acollía por diante a representación do Purgatorio e pola parte traseira tiña unha asa . O esmoleiro, ou o sancristán, en misas e outras celebracións poñían a boeta diante dos fiéis e pedían indivudualmente a esmola dicindo : " Ánimas benditas ". ou " Ánimas do Purgatorio ". A inmensa maioría destas boetas desapareceron e caeron en mans dos anticuarios.
BOLIÑOS DE SAN BRAIS.- San Brais, avogoso contra as doenzas da gorxa, e que foi o santo que deu nome á Capela de San Brais, antecedente do Mosteiro de Santa María Madalena de Sárria, aínda despóis do abandono do mosteiro polos agostiños , seguiu , e segue , a ter veneración na agora igrexa conventual da Mercé. Mantense o costume de entregar boliños abenzoados aos fieis que asisten á misa do Santo.
BOTAFUMEIRO.- Nas misas solemnes, exposición do Santísima ,funeráis de enterros e procisións faise uso do botafumeiro no que se pon carbón aceso riba do que se bota incenso para facer benzóns , incluídas as dirixidas aos celebrantes e aos asistentes ás cerimonias.
BREVIARIO.- Tratábase dun libro de uso esclusivo dos sacerdotes, no que aparecían textos en latín con oracións e prácticas para o rezo diario e en diversas horas do día, como obriga non excusable. Ese exercizo desaparecéu con posterioridade ao Concilio Vaticano II. Recollía as oracións , lecturas bíblicas e salmos que debían seren rezados ou recitados en diferentes horas do día e sgundo períodos do ano . O seu fixado polo Concilio de Trento e promulgado por Pío V, adaptado por Pío X en 1911 e novamente en 1955 . Despóis da reforma do Concilio Vaticano II estableceuse como obriga para todo o clero seguir as Lecturas, Laudes , Oración do Día, as Vísperas e as Completas.. As comunidades relixiosas están obrigadas ao seu cumprimento e os sacerdotes a realizalo xunto cos fieis. A Comunidade Bieita de Samos mantén o seu secular seguimento das oracións comunitarias polo día e pola noite.
BREVIARIO DA MADALENA DE SÁRRIA.- Códice gardado no Arquivo Histórico Nacional en Madrid, procedente do Mosteiro de Santa María Madalena de Sárria ( Nª 1.458 -b1 , Códices do AHN ). Do século XII , primeira metade. Un folio de 870 X 285 mm, a dúas columnas, 50 liñas, Escrito en maiúscula visigótica. Notación musical aquitana . Iniciáis vermellas. O pergameo está cosido desde antes de escribir o Códice. Contén o oficio ( polo rito romano ) de Santo Tomé Apóstolo . Procedencia : 1518, Mosteiro de Sárria , da Orde da Penitencia dos Venerables Mártires de Cristo ( "Madalenos" ) incorporado en 1568 á Regular Ouservancia de Santo Agostiño .
BRUXAS.- A establecida crenza da existenza de bruxas, mulleres cuxos maleficios podían recaer riba de persoas e animáis, foi aceptada pola Igrexa Católica , que mesmo habilitaba a figura do " exorcista " con capacidade para anular os seus maléficos efectos seguindo os esconxuros aprobados pola xerarquía eclesiástica. Dalgunha maneira as xentes fan distinción entre "bruxas " e "meigas", estimando que estas últimas , e como cuestión folclórica hai unha consideración de que Galicia é terra de meigas, é popular o dito: " Non creo nas bruxas, pero habelas hainas". Na comarca de Sárria , nos últimos trinta anos, sinalan a existenza dunha meiga , residente na vila, á que acodían numerosas persoas na percura de consellos , defensa contra o malde ollo , etc. Coa chegada de inmigrantes procedentes de América tense observado algunha actuación de ritos emparentados co vudú ou prácticas animistas- Hai que sumar ademáis o ofrecemento publicitado por inmigrantes africanos que ofrecen os seus servizos para un bon número de situacións favorecedoras da boa sorte, eliminación de perigos, proteción da saúde, resolución favorable de pleitos... anunciándose con papeliños que poñen nos parabrisas dos coches.
BRUXOS.- Aínda que houbo oficializados esconxuros contra bruxos, son poucas as referenzas ou identificacións de "bruxos" na comarca. Con relación ao sanador de Larín, aparece recollida a denominación común de "O Bruxo de Sárria" que lle daban as numerosas persoas que a el acudían dende a zona de Pontevedra e mesmo atendéu xentes que procedían de Italia.
BULDA DE CARNE.- A bulda concedida pola autoridade eclesiástica permitía o consumo de carne na Coresma, agás o venres e festas sinaladas , con pagamento da cantidade sinalada en razón da riqueza de cada familia, que en xustificación do cumprimento da obriga recibía un escrito en latín.
BULDA DE COMPOSICIÓN.- Era concedida polo Comisario de Cruzada en virtude da faculdade concedida polo Sumo Pontífice aos que posuían bens alleos , cando non lles constaba quen eran os donos.
BULDA DE DEFUNTOS.- Bulda que, como feito de caridade, se tomaba co obxecto de aplicar indulxenzas en beneficio de un defunto, para redención de penas do Purgatorio.
BULDA DE LACTICINIOS.- Bulda para cregos que permitía que poidesen tomar produtos derivados do leite nos días que lles estaba proibido consumilos.
BULDA SABATINA.- Privilexio especial concedido aos confrades da Virxe do Carme que serán librados das penas do Purgatorio o primeiro sábado despóis da súa morte . Tiñan obriga de levar o escapulario, gardar castidade e ler as Horas Canónicas . Os que non sabían ler tiñan que facer xexún os días mandados pola Igrexa e gardar abstinencia de carne os mércores e sábados de cada un ano.
BULDAS PAPÁIS.- O Mosteiro de Santa María Madalena de Sárria foi agraciado con buldas con concesión de especiáis indulxenzas., entre elas as de alcanzar as que se conseguían en Roma , se confesados e despóis de comungar en determinadas festividades , enadían ás oracións a colaboración e axuda ao mosteiro e ao seu hospital
BULDAS DA SANTA CRUZADA.- A obriga xeral para os fiéis da Igrexa Católica era a de se absteren de comer carnes no tempo de Coresma e gardar tamén xornadas de xexún. Por concesión especial los Papas, tendo en conta o longo período de loita para botar fora da penísuna aos musulmáns, somemte en días sinalados e os venres de Coresma había que gardar xexún e non comer carnes. Por esa razón as familias tiñan que comprar buldas , dando por elas , segundo a capacidade económica, e por categorías a cantidade de diñeiro sinalada. Para as familias pobres había buldas sen obriga de pagamento. A nivel español había un Comisario Xeral da Santa Cruzada que cada ano promulgaba o comezo da pregación , e en tempos antigos, saían por toda a xeografía pregadores para a distribución do documento, extendido en lingua latina, e os pàrrocos levaban conta de quen a obtiñan; Despóis do Concilio Vaticano II a buldas desapareceron.
CABALGADAS DE REIS.- Na noitiña do día 5 de xaneiro, víspera do Día de Reis, é acto tradicional a Cabalgada adicada aos nenos e nenas da vila na que tres figurantes representando a Melchor, Gaspar e Baltasar , na compaña de " hebreos", percorren as rúa da vila. Orixinariamente foi organizada na parroquia de Santa Mariña., e potenciada polo alcalde Xabier López-Acevedo López , rematando o desfile na igrexa parroquial onde se instalóu un Nacemento Vivinte. Esta celebración rematóu precipitadamente ao haber un incendio na Casa Cotedo da Rúa Matías López , a onde foron con presa veciños, autoridades e todos os figurantes para formar cadea para mover os baldes con auga cos que se apagóu o lume. Máis adiante a Cabalgada de Reis foi organizada por Meigas e Trasgos-CIT , facendo en cada ano percorridos que foron variando a súa saída e remate. Despóis de darlle principio no Convento da Mercé , que daba pé á que os cabalos tivesen dificultade para baixar con seguridade pola Rúa Maior ou pola Rúa do Murallón , acabóu con saída na Estación, facendo andadura pola Rúa da Liberdade, Rúa Diego Pazos e en ocasións pola Rúa Benigno Quiroga , para rematar na Praia do Chanto e máis adiante na Praza da Vila. Foi costume dalgús anos facer o acto da Adoración en Catro Camiños. Finalmente acabóu rematando o desfile na Praza da Vila. Asumida a organización polo Concelllo de Sárria fóronse introducindo sucesivas novidade, en especial a de instalar plataformas para os tronos onde os reis saúdan aos concorrentes , todas con alumeado artñistico, e coa compaña doutras figuras do Nadal como Papá Noel, o Apalpador ou Apalpadora , contando ademáis coa colaboración dos propietarios de coches antigos. Dende as carrozas, ao longo de todo o traxecto, os reis e os seus paxes guindan caramelos que son apañados polos nenos e nenas, e tamén con activo labor por pais e avós. Nalgunhas ocasión tamén se fai o acto de entrega dos pedidos feitos aos reis. Na actualidade a chegada dos Reis Magos é seguida por todos os picaros e está xeraliza a entrega de agasallos para todos eles, mesmo coa colaboración de institucións como a Cruz Vermella. Tempo atrás na mañá do dia Seis os participantes na Catequese Mercedaria, das parroquias de San Salvador e Farbán, podían trocar os vales que por premio recibirán por xoguetes na exposición que se facía nas Escolas Publicas . Nesa mañá tamén era costume que os nenos fosen até o Campo da Feira amosando o que recibiran. As familias menos podentes máis que xoguetes poñíanlles aos miudos cousas prácticas , como roupas para estrea. E os que nada recibían consolábanse respondendo aos que lles perguntaban que lles deixaran os Reis aquelo de : " Un Correvelás, Un Salta Paredes e un MIrapraatrás".
CABIDO.- Os alpendres instalados diante do pórtico principal das igrexas eran coñecidos como O Cabido. Esas construción , no caso dos pórticos románicos , tiñan un forte impacto visual e pouco a pouco foron eliminados. Consérvase o cabido de San Miguel de Monseiro no que o artista sarriao " Finxo" ( Fermín Díaz Losada fixo unha pintura mural en homenaxe ao que cura encargado da parroquia o Padre Leo. A disposición do desaparecido cabido de Barbadelo , con asento corrido en pedra, pode ser coñecida porque se conservan as columnas macizas montadas riba do muro oeste do adro.
CAMPAIÑAS NAS MISAS.- Foi uso hoxe prácticamente desaparecido nas celebracións de misas o emprego dunha campaiña que daba toques de atención para seren seguidos de axeonllamento ou postas en pé e que se tocaban festivamente no alzamento da hostia e do cálice. Había tamén artiluxios formadas por varias campaiñas miudas unidas entre elas que daban un son alhgareiro de tons suaves. Entre Xoves e Sábado Santo estas campaiñas eran sustituidas polos sons das "carracas".
CAMPÁS DAS CAPELAS.- As capelas da comarca sarriá soen dispoñer dunha soa campaiña ou sino, somente usados nas poucas ocasións nas que se abren para o culto. Hai algunhas capelas que non están dotadas de campás. Caso curioso é o da capela de San Xoán do Couso, na parroquia de San Miguel de Piñeira na que había unha especie de clocha de grande tamaño, que estaba solta no chan e que para ser tocada facían uso dun ferro co que batían nela. A campá do Hospital-Asilo de Anciáns do Mazadoiro , ao desaparecer esa edificación e a Capela da Nosa Señora do Carme , foi colocada cunha inscrición conmemorativa no xardín da frenteira da Residencia de Anciáns construida no soar do desaparecido Hospital Municipal.
CAMPÁS DAS IGREXAS NO CAMIÑO DE SANTIAGO.-
CAMPÁS DAS TORRES.- Nas torres e espadanas das igrexas parroquiáis, nos mosteiros e conventos hai , cando menos, dúas campás , unha de son grave e outra de son agudo. En ocasións por riba dos dous vaos hai un pequeno que alberga a campaiña grileira coñecida como " Campá do trono". As casmpás fixas pódense tocar manualmente subindo ao tellado, ou ben estando o badal suxeito por unha cadea que baixa até a porta de entrada son tocadas dando movemento oportuno á cadea. Menos freceuente s son as " Campás de voleo" que fan xirar polo eixo a campá e a armazón de madeira na que están suxeitas, A campá de voleo de Santa Mariña de Sárria foi inutilizada porque estando a ser movida polo impulso que lle daba o campaneiro, entón mozo, coñecido como " Eliseo Merrecho" foi alcanado polo xiro da campá, e sorte tivo, ao se agarrara con todas as súas forzas , evitando ser proxectado dende as alturas ao chan. Hai memoria de que nalgunhas igrexas houbo torres exentas, e mesmo en documentación da igrexa de San Salvador de Sárria citan a existenza dun " tinglado das campás", anteior á construción da espadana que agora vemos que foi construída en 1860. Na igrexa de San Fiz do Hospital do Incio as campás están nunha torre, antiga fortificación, arredada do templo.Na torre da igrexa de Santa Mariña hai ademáis as campás do reloxo municipal que tocan os cuartos e as horas. Nalgúns templos instalaron artiluxios electrónicos cos diferentes repeniques e mesmo sons musicáis propagados con altofalantes.
CAMPÁS DO TRONO.- Existía a crenza xeralizada de que o son das campás escorrentaba o trono e os trebóns, labor que soía corresponderlle a un pequeno sino posto na parte alta da espadana da igrexa parroquial. Tamén cría moita xente que o estourido dos foguetes facía fuxir a tronadela. Había esconxuros contra o trono.
CANCELA DO COMUNGATORIO.- A reixa do comungatorio, que separaba o corpo da igrexa do presbiterio, na súa parte central tiña unha cancela de dupla folla, que se abría e pechaba para acceder ou sair do espazo do altar que só podía ser ocupado por cregos e acólitos.
CANTARES DE REIS.- Foi costume xeralizado o de que grupos de nenos saísen polo Nadal a cantar os reis, interpretando panxoliñas galegas, que nos últimos tempos se viron sustituídas por composicións en lingua castelá. En Sárria sairon grupos ás rúas até mediados dos anos 1960. Máis adiante os cntares de Reis pasaron a estar presentes nos Festiváis de Nadal organizados para obter recursos para axuda aos necesitados, a Cáritas ou para o Asilo do Barrio do Mazadoiro. Algúns anos, organizados polos Colexios ou polo Concello celebráronse Concursos de Panxoliñas. O vello costume, mesmo baixo os novos xeitos, acabóu esmorecendo.
CÁNTICOS EUCARÍSTICOS.- Foron os máis xeralizados á hora de coñecemento por parte dos fieis. O Tantum ergo" e " Pange Lingua " foron sen dúbida o máis coécidos e eran entoados , coa súa letra en latín , en cantas ocasións se facía exposición do Santísimo Sacramento. Unha sinxela canción con letra " Loado sexa o Santísimo Sacramento do Altar / e a Virxe concebida sen pecado orixinal" era cantada tanto nos actos de igrexa como nas procisións. Tamén era entoado o "Cantemos ao amor dos amores...". Despóis do Concilio Vaticano II foron introducidos novos cánticos entoados ao tempo da impartición da comuñón entre os que destacóu o que dicía " Como o cervo que ás fontes.../
CANTO DAS MULLERES NA IGREXA.- Tradicionalmente a Igrexa Catótica non permitía que grupos de mulleres, ou mesmo solistas , acompa´ñasen con cánticos os actos de culto, aínda que o fixesen dende espazos anexos ou separadas por elementos que impedisen a visualización do grupo. Máis adiante foron autorizados os cánticos de grupos coráis formados por mulleres, en especial nas actividades marianas promovidas polas Fillas de María ou outras asociacións relixiosas,
CAPELAS.- As primitivas ermidas medieváis asentadas en terreos isolados, moitas delas moradía de " ermitaños" aparecen calificadas como capelas, que era o nome dado a pequenos edículos ou a estancias anexas no interior das igrexas , dotadas con rendas e servidas por capeláns nomeados polos padróns desas institucións. As capelas, baixo diversas advocacións, fan boa proba da evolución das devocións propias dos promotores de ermidas e capelas e dos fiéis da súa contorna, que en moitos casos concorrían masivamente aos cultos que nela se celebraban. Actualmente moitas destas capelas non acollen celebracións litúrxicas , outras están reducidas a partiñeiro e outras non son máis que referenzas toponímicas polas que se pode saber onde radicaron capelas, ermidas, armidas... Ademáis das capelas propiedade da Igrexa Católica existían capelas de titularidade particular . En 1915 a diocese de Lugo recollía a existenza das seguintes capelas, omitindo outras, cecáis por incorrecta recollida de datos: Aldosende ( San Vicenzo Ferrer ). Barbadelo ( San Pedro , San Martiño, San Silvestre ). Biville ( San Marco ) Calvor ( Inmaculada, Asunción, Virxe do Camiño ). Castro do Rei ( Inmaculada, San Pedro, San Bernardo, Virxe das Neves, Inmaculada ). Castroncán ( Santa Cruz ). Cesár ( Virxe dos Remedios ), As Cortes ( Santa María de Loio, San Xosé ). Chorente ( Santo Antonio , San Marco ). Eirexalba ( San Mauro ) ; O Fontao ( Santa María ). Friolfe ( San Lourenzo ). Formigueiros ( San Xosé, Santo Antonio ). Goián ( Santo Cristo, Virxe do Pilar ). Hospital do Incio ( Santo Antonio ). Santa Mariña do Incio ( Santa María ). San Pedro do Incio ( San Miguel ). A Laxe ( Santo Antón Abade ). Láncara ( Santa María ). Lier ( San Xoán ). San Martiño de Loureiro ( Santo Antonio ). Santa María de Loureiro ( Nosa Señora da Saúde, San Bieito e San Fiz ). San Xoán e San Cristovo de Lóuzara ( Santo Antonio, Santa Bárbara , San Isidoro, Santiago, Santa Cruz, Transfiguración , Santa Mariña, San Lourenzo, Virxe dos Remedios ), San Salvador do Mao ( San Roque , San Pedro, Santo Antonio. O Muro ( Santa María das Neves ). Nespereira ( Nosa Señora dos Abeledos ). Noceda ( San Mauro ). San Miguel de Paradela ( Virxe das Dores ). San Vicenzo de Paradela ( Inmaculada ). Pascáis ( San Domingos de Silos, Virxe dos Miragres ). Santa María da Pena ( San Cosme e San Damián ). A Pinza ( Santa Mariña ). Piñeira ( San Paio, San Xoán ). A Pobra de San Xiao ( capela particular ). San Cristovo do Real ( San Vitoiro, San Filipe e Santiago, San Xulián, Santo Ildefonso, Santo Antonio ).San Martiño do Real ( Santa Margarida ). Río ( San Roque, Santa Bárbara ). Rendar ( Concepción ). San Facundo de Ribas de Miño ( Guadalupe, San Xoán e outra ¿ Santa Marta ? ). Rubián de Cima ( Virxe de Guadaluoe ). Sáa ( Santa Engracia ). Samos ( San Salvador ). San Salvador de Sárria ( San Lázaro, San Xosé, Nosa Señora do Carme; desaparecidas: San Roque, San Brais, Santiago do Mercado, Santa María de Barbadelo , San Marco ). Santa Mariña de Sárria ( San Roque da Casa do Barrio, Convento de Mercedarias , Virxe do Perpetuo Socorro, Convento da Asunción). Toirán ( Nosa Señora do Rosario ) . Torre ( Virxe das Dores, Purísima ). Touville ( San Vitoiro ). Triacastela ( San Pedro, San Mamede, Santo Antonio ). San Xulián da Veiga ( Capela de Manán ). A Vilavella ( Santa Bárbara ). Vilamaior ( Inmaculada, San Amaro- particular- ). Vilarxoán ( Purísima ) . Vilasouto ( capela particular ). Zóo ( capela ). Ao longo dos séculos as capelas eirixidas na comarca sobrepasan o cento, e pódense citar outras como O Santo Anxo en Goián, Santa Cristiña ( Arxemil ), Virxe da Cousela ( Farbán ), Santo Alberte e San Cosme do Carballal ( Vilar de Sárria ), Santa Marta da Cha, San Mauro ( Louseiro )... son mostra dalgunhas omitidas e doutras desaparecidas que proban a forte implantación da Igrexa Católica no entramado social , reflectiva no elevado número de igrexas parroquiais, mosteiros ermidas e capelas elevadas e sostidas polas sucesivas xerazóns de xentes da comarca,
CAPELIÑAS DE VISITA DOMICILIAR.- En moitas parroquias, normalmente vencelladas a confrarías, circulaban unhas caixas verticáis de madeira con portiña e cristal protector dentro das que había imaxes de San Antonio, a Inmaculada, A Virxe do Carme,etc. que circulaban de casa en casa seguindo quendas establecidas , demorando por días na morada correspondente, e na base había un espazo para recoller as esmolas que se daban.
CARITAS INTERPARROQUIAL.- Darredor de 1960 , seguindo instrucións do Bispado de Lugo, estableceuse en Sárria a organización de caridade , que tendo en conta a existenza das parroquias de San Salvador e Santa Mariña cos seus anexos, aunóu esforzos e labor de voluntarios , tomando o nome de Cáritas Interparroquial de Sárria, presidida por un laico co que colaboraban un equipo de persoas, baixo a supervisión do párroco ou un coadxutor de Santa Mariña e o mercedario ecónomo de San Salvador. Para a axuda de persoas e familias necesitadas recibe a organización as aportacións de socios , doazóns e estableceron que os óbolos recollidos nas misas do primeiro domingo de mes. E mentres houbo dispoñibilidade do Cine Cissa e o Cine Capitol mozos e mozas da vila organizaron festiváis para acadaren recursos para a Campaña de Nadal e mesmo houbo representacións teatráis para a mesma finalidade. Caritas organiza entrega de alimentos, organiza cursos de lingua para estranxeiros ubicados en Sárria, facilita o pagamento de alugueres a familias sen recurso, facilita roupas e calzado, combustibles , consumo eléctrico, libros para escolares, etc. Tamén programóu cursos de cociña, costura , etc. e un " Mercadiño " de venda de roupa e obxectos de segunda man doados polos veciños. Presta atención psicolóxica , xurídica e outros servizos a persoas necesitadas e inmigrantes.Tamén, no verán, programaban os xestores locáis, coa colaboración de grupos musicáis e outros artistas, unha Merenda Solidaria, con alimentos e bebidas facilitadas gratuitamente por particulares e suministradores, para recadaren fondos. Para a recollida de alimentos , coa colaboración dos supermercados establecidos na vila , fixéronse campañas nas que fixeron aportacións os veciños. A xestión de Cáritas Interparroquial por equipos formados por persoas de Sárria deu paso á xestión levada dende a Caritas Diocesana de Lugo.
CARRACAS.- Dende o Xoves Santo até o Domingo de Resurreción , estaba proibido facer uso das campás das torres das igrexas e das campaíñas usadas dentro da celebración da misa. Só estaba autorizado o son producido polas " carracas" , pequenos aparellos feitos de madeira, cunha engranaxe que ao xirar movía unha lámina que ao baixar cara a engranaxe producía un ruido desagradable.
CASAS REITORÁIS.- Para morada dos párrocos de igrexas dos curatos na Terra de Sárria os fregueses orixinariamente fixeron aportacións en diñeiro, en materiáis e traballo persoal en moitas delas , xa que había parroquias nas que os seus abades vivían en casas de aluguer , ou acollidos por familias . En 1915 había as seguintes casas complementadas co horto a elas anexos, único resto do que foran as terras dos igrexarios desamortizados e calificados de Bens Nacionáis sometidos a subhasta: 1.- Adai. 2.- Aldosende. 3.- Alfoz. 4.- A Armeá. 5.- Bande. 6.- Barán. 7.- Barbadelo. 8.- San Xoán de Bardaos. 9.- Betote. 10.- Calvor. 11.- San Tomé de Castelo. 12.- Castro de Rei. 13.- Castro do Rei. 14.- A Cervela. 15.- As Cortes. 16.- Chorente. 17.- Eirexalba. 18.- O Fontao. 19.- Friolfe. 20.- San Pedro de Froián. 21.- Formigueiros. 22.- Goián, 23.- Santa Mariña do Incio. 24.- San Pedro do Incio. 25.- A Laxe. 26.- Lagos. 27.- Láncara. 28.- San Martiño de Loureiro. 29.- Lousadela. 30.- San Xoán de Lóuzara. 31.- Maside. 32.- O Muro.- 33.- Noceda. 34.- San Miguel de Paradela. 35.- San Vicenzo de Paradela. 36.- San Salvador da Pena. 37.- Piñeira. 38.- A Pobra de San Xiao. 39.- San Cristovo do Real. 40.- Reboiro. 41.- Reiriz. 42.- San Vicenzo de Rubián de Cima. 43.- Santa Mariña de Sárria. 44.- Seteventos. 45.- Sirgueiros.46.- Toirán, 47.- Santiago de Toldaos. 48.- San Vicenzo de Toldaos. 49.- Torre. 50.- Triacastela. 51.- Vilaleo. 52.- Vilaleo. 53.- A Vilavella. 54.- Vilaesteva. 55.- Vilamaior. 56.- Vilarxoán. 57.- Vilasouto. 58.- Zoo. * A parroquia de San Salvador da vila de Sárria, que formaba curato con San Martiño de Requeixo e San Salvador de Sárria, nunca tivo casa reitoral. O seu último párroco residiu na casa pequena dos Pérez Batallón, pasando despóis a ser servida por ecónomos da Orde da Mercé , moradores no Convento. * Na actualidade a maior parte das casas reitoráis están deshabitadas, moitas delas, por exemplo a de Santa Mariña de Sárria, están ruinosas , mentres que outras foron vendidas pola diocese. Entre as enaxenadas están as de Piñeira, Barbadelo , Piñeiro, Cedrón... e aínda que as xentes das parroquias , baixo o convencemento de que no seu día foron construídas por enteiro co concurso dos seus devanceiros , o bispado mantén a intención de seguir coas vendas , sen facer reverter o importe obtido en accións na parroquia.
CATAFALCO.- No xeito de organizar os funeráis de enterro e cabodano, até darredor de 1965, para a misa de "corpore insepulto" ao pé do presbiterio instalábase , sustituíndo e simbolizando un cadaleito un catafalco alto que era unha estructura ou armación de madeira coberta de teas negras con bordos de fitas douradas. Segundo a categoría do finado, e consonte aos dereitos económicos aportados pola familia do finado aos dous lados dese elemento poñían maior ou menor número de fachos de cera postos en grandes candeeiros de madeira pintados de negro. O simbolismo era froito de que a misa de funeral se celebraba antes de se formar a comitiva que ía recoller o cadáver á casa mortuoria para dende alí conducilo ao cemiterio , sendo posterior o uso de levar o cadaleito dende a casa mortuoria, e máis adiante dende o tanatorio, á igrexa para, unha vez rematado o funeral, seguir a comitiva até o lugar de enterramento.
CATEQUESE.- " Catecismo ", Chamada popularmente a Doutrina, a explicación e memorización do Catecismo era seguida de xeito obrigado polos nenos e nenas da parroquia estando obrigados os cregos a facerlles recitar o seu contido, complementado ademáis pola obriga que os mestres tiñan de que os nenos e nenas coñecesen íntegramente o texto catequético . Os relixiosos mercedarios, rexentadores da parroquia de San Salvador de Sárria, crearon no Convento a Catequese Mercedaria . Todos os domingos, ás 12 da mañá, os nenos e nenas da parroquia comparecían na igrexa conventual e eran distribuidos en grupos segundo as idades e sexo. Os grupos de nenas establecíanse na sancristía e na igrexa e os dos nenos no claustro, dirixidos cada un deles por "catequistas" voluntarios. Pola asistenza e como premio polo coñecemento das preguntas e respostas contidas no Catecismo, entregaban vales de diferentes valores, que , unha vez ao ano podían ser canxeados por xoguentes ou premios, polo día de Reis, nun escaparate que se instalaba nas Escolas Públicas. Rematada a memorización e respostas , formados en fieiras, as nenas pasaban a ocupar os primeiros bancos do lado esquerdo da igrexa e os nenos os da dereita, entrando polo templo adiante cantando diversas cancións pías. Para fomentar a concorrenza dos pequenos á Catequese os mercedarios conseguiron que o alcalde autorizase a instalación de tróndeas ou bambáns para se acanearen, a carón dos depósito da auga no Campo da Feira, e facilitaban balóns para o xogo. A Catequese organizaba o acto da Primeira Comuñón en cada un ano, ofrecendo ao remate da misa doces, caramelos e onzas de chocolate a todos os nenos asistentes. Para os maiores , na primavera, organizaban excursións a Os Remedios, Ferraría do Incio, Gandarío, Santiago de Compostela e Poio, Xixón e Oviedo, entre outros lugares. En algunhas ocasións organizaron unha especie de Corte Catequética formada polos que mellores calificacións conquerían nun certame catequético previo no que rei e raiña, duque e duquesa, conde e condesa, marqués e marquesa e barón e baronesa. con traxes referidos a cada categoría, presidían na igrexa conventual un acto solemne e despois eran trasladados ao Cinema Cissa , ocupando lugares de honra no palco , onde na súa honra tiña lugar unha velada festiva. Darredor da organización catequética mercedaria xiraba a publicación de " La Cadenita de Oro" pequena revistiña da que só se conservan algúns exemplares . ** Na parroquia de Santa Mariña de Sárria a organización da catequese era máis sinxela e ademáis da preparación dominical adicaban especial atención á preparación para a Primeira Comuñón , repartindo tamén doces e caramelos como remate da actividade. ** Nas parroquias ruráis , dependendo do celo e da idade dos párrocos, a catequese tiña maior ou menor actividade, limitándose na maioría dos casos a unha preparación previa á celebración da Primeira Comuñón. **
CEMITERIO MUNICIPAL DE SÁRRIA.- Coa apertura das estradas modernas na parte baixa da vila de Sárria e a construción nas súas beiras de novas casas e conseguinte asentamento de un bon número de veciños , o Cemiterio que había a carón da Capela de San Marco resultó insuficiente e o Concello acordóu a dotación dun cemeiterio municipal ao servizo das parroquias da vila ( San Salvador e Santa Mariña) ás que se enadiría a partir de 1890 a parroquia de San Martiño de Requeixo.
CEMITERIO DE SAN LÁZARO.- Perto da Ermida e Hospital de San Lázaro , na parroquia de San Pedro de Maside, e destinados ao enterramento dos gafos residentes no lazareto , houbo espazos destinados a enterramento dos falecidos nesa institución hospitalaria. En 1700 , anos despóis da desaparición de doentes leprosos, o Hospital integrouse na Obra Pía do Hospital de Santo Antón Abade e San Lázaro
CEMITERIO DE SAN MARCO.- A insuficiencia de espazo no terreo do adro sur da igrexa de San Salvador de Sárria, que foi ocupado para facer un espazo de fortaleza para acoller tropas militares dentro da entón desacralizada igrexa parroquial de San Salvador, levaron ao Concello a abrir un cemiterio na contorna da Capela de San Marco ( na parte baixa do actual Campo da Feira ) para lugar de enterramento dos falecidos nas parroquias de San Salvador e Santa Mariña. Está documentado que cando non había lugar para abrir foxas dentro da igrexa de Santa Mariña, moitos anos de se converter en cemiterio xeral da vila a capela e adro de San Marco acolleron enterramentos de veciños de Santa Mariña.
CEMITERIO DE SAN SALVADOR DE SÁRRIA.- Como consecuencia das disposicións sanitarias dadas no Trienio Liberal ( 1820/1823 ) ao quedar proibidas as inhumacións no interior dos templos , o adro sur de San Salvador, pasóu a ser cemiterio parroquial, que era un espazo delimitado pola igrexa e sancristía , fincas da Casa Ferreiró e Casa Capón de Arriba e Corga de Matavellas . Esta situación debeuse manter entre 1820 e 1835, cando a igrexa e os espazos darredor dela foron fortificadas para servir de Cuartel militar que acollía as tropas perseguidoras das partidas carlistas.
CEMITERIOS PARROQUIÁIS.- Nas parroquias ruráis de toda a comarca os enterramentos , durante séculos , facíanse dentro das igrexas parroquiáis. A partires de 1820 pasaron a se facer nos adros dos templos , sempre baixo o control das parroquias católicas. Hai constancia de que en San Martiño de Requeixo e Santo Estevo do Mato non houbo cemiterios parroquiáis es os enterramentos facíanse en Vilar de Sárria e San Martiño de Loureiro, Andando o tempo as familias podentes foron autorizadas polas autoridades eclesiáticas para a construción de panteóns e nichos darredor dos templos . E a partir de 1940 esas concesións de espazos, abandoando as foxas abertas en terra , levóu a que prácticamente todas as casas fosen autorizadas para facer nichos, uns a ras do chao , outros dunha altura, e os máis con panteóns de varios ocos en altura, cos seus cinceiros, previo pagamento de dereitos para a fábrica da igrexa parroquial e a Curia diocesana, ** Cemiterios singulares son os de Santa María do Mao, San Romao do Mao e San Salvador do Mao, todos tres baixo tellados circundando as igrexas, presentando o de San Salvador a curiosidade de presentar caliveras remetidas nun dos muros.* En xeral a cativeza de miras de párrocos e autoridades diocesanas e o ataque brutal das cercas de nichos en altura darredor dos templos impedindo a visualización dos valores arquitectónicos , monumentáis e artísticos , con auténticas aberracións , feito o dito ataque con total impunidade , sen sometemento ningún a licenzas adninsitrativas, proxectos ou informes sectoriás, municipáis ou das autoridades encargadas da proteción do patrimonio cultural ten dado lugar , con total pasividade por parte das autoridades civía a que, en conxunto, todos e cada un dos cemiterios ruráis sexan auténticos atentados ás normas sanitarias e urbanisticas . ** Ademáis dos cemiterios das parroquias, en algunhas delas e frolto da lonxanía de lugarse con relación á igrexa , hai cemiterios a carón ou darredor de capelas, como sucede nas capelas de San Lourenzo da Montaña do Páramo, na capela de Manán ou nos de varias capelas do Val de Lóuzara ( Trascastro, Parada, Santa Mariña.... ),**Os cemiterios parroquiáis ao día de hoxe son resultado de actuacións sempre á marxe dos procedementos legáis establecidos, sempre froito dunha politica de tolerancia fronte a esas actuacións promovidas polas autoridades eclesiásticas sen que as autoridades municipáis teñan establecido controis ou esixido licenzas de construción, Ademáis, en ocasións, esgotados os espazos propios dos adros das igrexas fanse ampliacións a costa de fincas particulares e colindantes , sempre en contravención tolerada das normas de obrigado cumprimento,
CENTRO DE XUVENTUDE CATÓLICA DE SÁRRIA.- Foi creado en xaneiro de 1932 para agrupar á mocidade católica da vila de Sárria.
CERTIFICADOS DE BOA CONDUTA.- Os párrocos e ecónomos das parroquias , para efectos administrativos en diversos expedientes , tiñan que emitir certificacións referidas ao xeito de vida, moralidade e implicación na pràctica relixiosa do solicitante. Entre outras finalidades , para poder exercer a función pública , había que aportar ese certificado , xunto con outro da alcaldía e un mási emitido pola Garda Civil da localidade.
CERTIFICADO DO CUMPRIMENTO PASCUAL.- Algúns párrocos extendían certificacións para facer constar que os fregueses cumprían coa obriga de confensar e comungar polo menos unha vez ao ano " pola Pascua Florida"
CIRIO PASCUAL.- Nas funcións relixiosas do Sábado Santo, e dotado dun forte simbolismo, acendíase en cada un ano un cirio grande no que se facía figurar o ano. Nos tempos de agora o cirio serve para varios anos repintando o vixente no sitio do anterior.
CLAMORES.- O repenique solemne de campás veu establecido na fundación de misas e responsos feitas con carácter permanente con cargo ás rendas establecidas, e facíanse o día anterior á celebración. Tamén se facían clamores en ocasión de perigos colectivos , por exemplo incendios, por razón de festas e no tempo da guerra civil sempre que se daba a "liberación dunha cidade sometida ao dominio roxo".
CLERIGMAN,- Vestimenta dos cregos católicos establecida como alternativa ao uso de sotanas a partires do Concilio Vaticano II, con supresión do sombreiro sacerdotal , permitindo o uso de pantalón e chaqueta e con alzacolos e con cruz peitoral sinxela. Non foi de uso xeralizado e a maioría dos cregos gastan roupa "normal", de maneira que os cregos, polo seu aspecto exterior, non soen ser recoñecidos.
COLECTA DOMINICAL.-Nas misas de domingos e días festivos é costume solicitar dos fieis a aportación de esmolas para a atención ordinaria do culto parroquial e outras necesidades. Na igrexa de San Salvador un acólito tiña a misión de pasar con unha bandeixa a vista aberta , recollendo as moedas ofrecidas polos fieis. Na parroquia de Santa Mariña unha muller devota era a encargada de pedir a esmola servíndose dunha pequena bulsa alongada para non dar a coñecer as aportacións que se facía, Agora nas diversas misas celebradas no Convento e nas tres igrexas parroquiáis son fieis voluntarios os que recollen as esmolas con bulsas colocandas nunha vara . A colecta do primeiro domingo de cada mes faise en beneficio de Caritas Interparroquial de Sárria. No medio rural, na celebración das festas patronáis, é costume segudo que o que se recolle dentro da igrexa é a favor da parroquia e o que se recibe fora da igrexa, solicitado polos ramistas, queda para atender á organización das festas profanas.
COLECTAS VARIAS .- Xeralmente organizadas polo Bispado que publicaba as aportacións individuáis e por parroquias. Entre elas destacan : Colecta pro Abolición da Escravitude ( 6 de xaneiro ) .- Colecta para o Batallón de Voluntarios de Galicia .- Colecta para a Construción do Novo Seminario.- Colecta para as Coroas da Virxe dos Ollos Grandes ( 1904 ).- Colecta pro Culto e Clero ( 1º domingo de mes ) .- Colecta para o Culto ao Santísimo.- Colecta do Día dos Inocentes.- Colecta para Diñeiro de San Pedro ( domingo de Pentecostés ) ..- Colecta para os Labregos Perxudicados polos Tempráis do Verán ( 1903 ).- Colecta para a Lámpada Votiva da Catedral de Lugo 1898 ) .- Colecta para as Misións ( penúltimo domingo de outubro ) .- Colecta para as Misións de África..- Colecta para o Moumnento aos Soldados e Mariños Mortos nas Campañas de Cuba e Filipinas ( 1903 ).- Colecta para os Nenos Pobres de Europa Central ( 1939 ) ,. Colecta para a Pelerinaxe Obreira .- Colecta para a Obra da da Propagación da Fe.- Colecta pro Prensa Católica ( 29 de xuño .- Colecta para a Reconstrución do Mosteiro de Samos.-Colecta para a Santa Infancia.- Colecta para os Santos Lugares ( Xoves e Venres Santo ) .- Colecta Pro Seminario Diocesán ( 3º domingo de mes ).- Colecta para o Templo Mariano de Patrás adicado á Virxe do Rosario ( 1895 ).- Colecta pro Vítimas do Naufraxio do " Reina Regenta" ( 1895 ).-
COLECTAS PARA A A RECONSTRUCCIÓN DO MOSTEIRO DE SAMOS.- Producido o incendio do Mosteiro de San Xulián de Samos, en setembro de 1951, de xeito inmediato organizáronse diversas comisións en diversas localidades, tanto de promoción da comunidade bieita como do bispado de Lugo, que aportaron o recadado para permitir a reanudación da vida monástica. Os xornáis galegos publicaban os resultados das aportacións e tamén se recibiron cantidades procedentes de América.
COLECTAS LOCÁIS.- Colecta para a Ampliación do Santuario do Santo Cristo de Goián.- Colecta para Arranxo da Capela de San Lázaro.- Colecta para Arranxo da Igrexa de Farbám.- Colecta para Arranxo da Igrexa de Requeixo.- Colecta para Arranxo da Igrexa de San Salvador.- Mercedario Felipe Blanco Vaz .- Colecta para Bordón Sarriao.- Colecta para Cáritas ( primeiro domingo de mes e misa de Todos Santos ).- Colecta para a Construción da Igrexa de San Miguel de Vilapedre.- Colecta para a Reconstrución da incendiada Igrexa de Betote.- Colecta para a construcción de Santa Cruz do Incio.- Colecta para a construción da igrexa da Nosa Señora do Rosario.-
COMPOSTOR.- O compostor, ás veces chamado tamén " pizmeiro", era unha persoa con habilidades que lle permitían atender luxacións, roturas de osos e outras doenzas, cuxa actuación solicitaban as persoas en percura de curación. Gozaron de sona na comarca o compostor de Samos e o Cura de Remesar. O samonense pasaba consulta na " Rivereña", no Cruce da Ciguñeira, os días que había feira en Sárria.
COMUNIDADES RELIXIOSAS DE HOMES.- Comunidades activas : Relixiosos Bieitos, da Orde de San Bieito na Abadía de Samos, presididos por un abade ou prioiro. Relixiosos Mercedarios no Convento da Mercé de Sárria ( Mosteiro de Santa María Madalena de Sárria) Orde de Redención de Captivos., presididos por un comendador ou superior. Comunidades relixiosas desaparecidas : * Samos.- Renche, Montán, Lousada, San Cristovo de Lóuzara. Sárria: Calvor, Barxa, San Paio de Cesár, San Xacobe de Mortoláis, San Miguel de Piñeira, San Paio de Piñeira, San Xoán do Couso, Ermida de Nespereira, Santiago de Barbadelo, San Martiño de Barbadelo , San Pedro de Taíde, San Salvador de Rosende ou de Nespereira, Santa María de Ortoá, Santo Adrao do Monte do Páramo, San Salvador da Pinza, San Mamede da Riba do Loio, San Mateu de Vilapedre, Santo Antoíño de Sárria ou de Touville . * Paradela.- Santa María de Castro do Rei, San Pedro de Barán, San Pedro da Veiga ( de Ferreiros ? ), Sesmonde, San Salvador das Cortes, Santa María de Loio, Santa Cruz de Loio, San Xoán de Loio, San Facundo de Ribas de Miño. O Páramo: Sáa do Páramo.* Láncara: San Salvador de Láncara, San Paio de Neira, Santa María de Neira de Cabaleiros, San Vicenzo de Carracedo, Mosteiro de Sáa da Armeá, Mosteiro de Cedrón.* O Incio : Santa María do Mao, Santiago de Toldaos, Chelo, Teixiz, San Romao do Mao, Mosteiro en Piornedo( ? ), San Salvador do Incio ( San Fiz do Hospital do Incio ), Mosteiró en Góo.* Triacastela: San Pedro do Ermo.
COMUNIDADES RELIXIOSAS DE MULLERES.- Desaparecidas: * As que na Idade Media formaron parte de mosteiros dúplices ou enteiramente femininos, non ben identificados. * Samos: Monxas no Mosteiro de San Xulián e Santa Basilisa de Samos. * Relixiosas en Montán. * Sárria: Relixiosas Mercedarias de Alarcón ( Colexio de Nenas e Señoritas ) , Irmanciñas dos Anciáns Desamparados( Hospital.Asilo do Mazadoiro ) ( , Relixiosas da Asunción ( Ensino Secudario e Primario ) e Relixiosas de San Vicenzo de Paul ( Residencia de Anciáns ).
COMUÑÓN DE ENFERMOS.- Entre as obrigas dos párrocos estaba a de levar a comuñón ás casas dos fregueses doentes . Tamén se programaban saídas para levar a comuñón a varios enfermos, sendo en tempos tradición o sair en procisión , baixo palio e abrindo a marcha un acólito facedno soar a campaiña e levando velas varios dos procesionantes. Ao paso da comitiva as persoas que con ela cruzaban axeonllábanse.
CONFERENCIA DE SAN VICENZO DE PAUL.- A Sociedade de San Vicenzo de Paul (SSPV ) é unha asociación católica laica creada en París en 1833, que inicióu a súa actividade en Madrid en 1849 e quedóu legalizada en 1850 . A súa finalidade é a mellora da sorte dos pobres , facendo visitas para coñecemento das súas necesidades , axudalos no sostemento de vivendas e dando asistenza a pobres, doentes e desempregados. En Sárria estableceuse na parroquia de Santa Mariña , formaron parte dela mulleres devotas pertencentes á burguesía local. Na década dos anos 1960 cesóu a súa actividade , sendo a súa derradeira presidenta Faustina Lois.Sostiñan a súa acción de caridade con esmolas e aportacións de particulares.
CONFERENCIAS MORÁIS.- Os párrocos e demáis sacerdotes dos arciprestádegos da comarca ( Sárria, Picato, Páramo-Gondrame, Samos-Triacastela , Somoza O Incio. Paradela ) tiñan a obriga de facer xuntanzas regulares para trataren temas de apostolado, formación relixiosa e culto, e para coñecemento das directrices emanadas do diocesán e do Papado, que lles daban a coñecer no Boletín Oficial da Diocese de Lugo ao que estaban suscritos. Foron establecidas no ano 1884. Estas xuntanzas servían tamén para a adopción de acordos de actuacións en materia de moral e costumes dos seus fregueses e posta en común das variacións no culto e na acción pastoral. Para as reunións crearonse Centros nos alciprestádegos que estaban formados por párrocos, ecónomos, coadxutores e presbíteros sen adscrición, con un presidente e un segredario. Trimestralmente tiñan que comunicarlle ao Bispado as actas das reunións poñendo especial coidado en facer relación da ausencia de membros. * En 1915 os Centros das Conferencias que reunían a un total de 112 que concorrían como titulares de curatos e outros cregos das parroquias da Terra de Sárria eran os seguintes. **Arciprestádego do Incio.- Centro de Eirexalba: Curatos de Eirexalba, Vilasouto , Bardaos , Laiosa e dous presbíteros ( 6 membros ) . Centro de Hospital: San Fiz do Incio, Santa Mariña do Incio, Sirgueiros e un presbítero ( 5 membros ). Centro de Rubián de Cima : Rubián de Cima , A Cervela, Castelo. Noceda e un presbítero ( 5 membros ). Alciprestádego de Neira de Xusá: Centro de Pol.- Vilaesteva e Cedrón, e freguesías de Baralla ( 2 membros da comarca sarriá ). Alciprestádego de Paradela: Centro de Santalla de Paradela : Santalla de Paradela, San Facundo de Ribas de Miño , Aldosende e San Vicenzo de Paradela ( 4 membros ). Centro de Vilaragunte : A Pinza, Vilaragunte, Barán, Castro do Rei , Laxe , Vilamaior e dous presbíteros ( 8 membros ).. Alciprestádego do Páramo: Centro de Gondrame: Santa María de Gondrame, San Vicenzo de Gondrame, Adai, Ferreiros e Friolfe ( 6 membros ). Centro de Vilarmosteiro : Vilarmosteiro, Torre, Piñeiro e Sáa e tres presbíteros ( 7 membros ). Alciprestádego de Picato : Toirán . Centro de Vilaleo: Láncara, Bande, Muro, Touville, Vilarello e dous presbíteros ( 7 membros ). Alciprestádego de Samos : Centro de Lóuzara : Lóuzara, Santalla e Vilarxoán ( 3 membros ). Centro do Mao: Mao, Reboiro , Formigueiros , San Martiño de Loureiro , Mao e tres presbíteros ( 8 persoas ). Centro de Samos: Samos, Santa María de Loureiro , Castroncán , Pascáis , Real , Reiriz e 2 presbíteros ( 8 membros ). Centro de Zóo: Montán, Zóo , Calvor, Lier e Toldaos ( 5 membros ). Alciprestádego de Sárria. Centro de Corvelle: Seteventos, Oleiros, Armeá , Corvelle, Lagos e dous presbíteros ( 7 persoas ). Centro da Chanca : Froián, Piñeira , Cesár, Chorente , Nespereira , Pena, Reimóndez e un presbítero ( 8 membros ). Centro de Sárria: Sárria, Fontao, Barbadelo, Betote , Maside San Xulián da Veiga, Santiago da Veiga e dous presbíteros ( 10 membros ). Centro de Vilapedre : A Pobra de San Xiao, Goián , Lousadela, Vilar e dous presbíteros ( 6 membros ). Arciprestádego de Triacastela: Centro da Vilavella: A Vilavella, Alfoz, Lamas , Toldaos e Triacastela ( 6 membros )
CONFERENCIAS DE TEMÁTICA RELIXIOSA.- En Sárria, xeralmente promovidas pola Adoración Noiturna, Apostolado da Oración ou a Acción Católica , especialmente no tempo da posguerra civil , programaron conferencias con participación de sacerdotes e laicos, na percura do reforzamento do sentimento relixioso e da moral. Estas conferencias , dotadas de grande publicidade, e que se dirixían tamén para a asistencia das persoas máis cualificdas da localidade en ocasións tiveron lugar no Salón-.Teatro ( Cine Barbagelata ) as destinadas a " Cabaleiros" e no Convento da Mercé as programadas para mulleres.
CONFESIÓN.- Os fieis estaban obrigados a confesar , cando menos, unha vez ao ano e para dar cumprimento á confesión e comuñón anuáis as parroquias programaban o día do "Preceuto ", de maneira que en cada templo había un número suficiente de cregos para oir confesións. Os párroco levaban control persoal dos observantes dese mandamento entregando , en moitas ocasións, certificacións acreditativas desa práctica. Nas parroquias onde había un só crego, antes da misa dominical, este oía confesións. Onde había un coadxutor ou outros cregos , ao longo da misa, situábanse os que non misaban nos confesionarios e recibían a confesión de homes e mulleres. No caso de romaxes ou de Santas Misións dábanse confesións masivas coa participación de sacerdotes chegados mesmo de lonxanas parroquias. Tamén con ocasión de novenas ou actos penitenciáis se daban confesións . No Convento da Mercé, dende que se abría a igrexa de mañán cedo, até que se pechaba , despóis do rezo do rosario, existía a posiblidade de achar confesor a todas horas para o que había que tirar do cordel que accionaba a campaíña do claustro en demanda de atención, e de escoitadas as badaladas sempre aparecía un frade para dar atención. Existía en Sárria a figura do "padre espiritual" que era o sacerdote ou relixioso mercedario que como confesor habitual e director e conselleiro atendía ao fregués, especialmente na súa derradeira doenza, e como tal aparecía destacado na esquela mortuoria. * O acto da confesión, despois de se axeonllar os confesante, e feito o sinal da cruz comezaba cando o este dicía " Ave María Purísima" e seguía coa resposta do confesor " Sen pecado concebida ". Preguntáballe ao penitente canto tempo había que non confesaba e pedíalle que fixese relación dos pecados mortáis ou veniáis cometidos e finalmente despois de sinalarlle a "penitencia " que debía cumprir remataba dicindo " Ego te absolvo pecatis tuis in nomine Patri, et Filii et Spritu Sancti . Amén ". A pena a cumprir era o rezo dun número de avemarías, noso pai, credos ou salves, segundo a maior ou menor gravidade que o confesor estimase. Na actualidade a práctica da confesión oral descendéu a nivéis moi baixos.
CONFESIONARIOS.- Para oir en confesión aos fieis na igrexa houbo instalados varios mobles dotados de porta frontal con tranco reclinatorio e dúas follas que abrían cara afora, no interior asento para o confesor e nos dous lateráis unhas xaneliñas con reixiñas que non permitían distinguir as caras nun e noutro senso, cada unha con unha contra que se abría para confesar ás mulleres e que se pechaba cando remataban o acto contritorio. Moitos destes confesionarios , dende fináis o século XIX en diante, tiñan ar gotizante. Pola porta frenteira recibían a confesión dos homes. As mulleres, despóis de se axeonllaren nos reclinatorios fixos lateráis chamaban a atención do confesor petando na reixiña, abría este a contra e daba comezo á recepción da confesión. Había tamén un tipo de confesionario portátil, que era un asento para o sacerdote cunha táboa lateral con reixiña para oir confesión de mulleres. Na actualidade a maior parte dos confesionarios foron retirados dos templos da comarca de Sárria.** No Covento da Mercé había varios frades confesores, moi percurados polos fiéis, e para solicitar a súa participación había unha lista na que figuraban os seus nomes con indicación do número de veces que había que tirar da cadea que facían soar a campaiña ou sino que había no claustro baixo.
CONFIRMACIÓNS.- Nos tempos nos que os desprazamentos por camiños e congostras só se podían facer a pé ou dacabalo o desprazamento dos bispos pola parroquias das vilas e as ruráis non era doado, razón pola que pasaban anos sen que a maioría das persoas poidesen recibiren ese sacramento. Está documentado que no século XVIII , estando en Sárria, o bispo lucense en varios días confirmóu a milleiros de fieis de toda a comarca. Coa apertura de estradas e a chegada do ferrocarril as visitas dos bispos aos diferentes arciprestádegos e parroquias deu maior regularidade á impartición do sacramento , máis tendo en conta que se tomóu por costume confirmar aos nenos a partir dos sete anos. A cerimonia, coa participación do bispo, celebrábase nas igrexas parroquiáis, cun demorado rito no que a solemnidade , a maxestuosidade da presencia bispal, que xa fora saudada co disparo de foguentes, e os diferentes movementos dos oficiantes diante do altar , causaban sorpresa en cantos estaban no templo. O bispo, na presenza dun padriño e unha madriña. dúas persoas destacadas na comunidade parroquial, impoñía os óleos e dáballes un lapotiño aos nenos. Nos tempos actuáis a confirmación impàrteselles á xente moza previo o seguimento de xornadas de preparación , razón pola que desaparecéu a xeralización na recepción sacramental. Por outra parte os bispos soen delegar a función en sacerdotes da Curia, co que se perdéu moito da antiga solemnidade. En Sárria a parroquia soe organizar un xantar convivencial no que participa o oficiante e os xornáis publican unha fotografía conmemorativa da cerimonia.
CONFRADERÍA DA VIRXE DA SOIDADE E DO SANTO ENTERRO.- Creada na parroquia de Santa Mariña a Confradería da Virxe da Soidade.
CONFRADERÍAS DE ÁNIMAS.- Para a atención espiritual dos seus membros as Confrarías de Ánimas organizaban misas ao longo do ano e en especial o Día de Defuntos , data na que os cregos podían dicir varias misas e ademáis eran encargados de rezaren reponsos diante das tumbas dos seus fregueses. Houbo Confraderías de Ánimas en : Santa María Madalena de Sárria ; San Cristovo de Lóuzara, San Fiz de Rubián; San Martiño de Laiosa; San Miguel de Biville ; San Salvador de Toldaos; San Xulián de Chorente ; Santa María de Loureiro. Tamén relacionada coa devoción ás Ánimas e o achegamento de diñeiro para os gastos da confradería era o manter unha Colmea das Ánimas . En Santiago de Cedrón , por exemplo, tiveron administración conxunta da confradería do Santísimo e do Apóstolo Santiago.
CONFRADERÍAS DA NOSA SEÑORA DO ROSARIO.- Despóis da célebre Batalla de Lepanto os Papas , secundados pola Orde Dominicana promoveron o culto mariano baixo a advocación da Nosa Señora do Rosario e os bispos puxeron especial coidado en erixiron confraderías dotadas de estatutos Houbo confraderías en :Cedrón, A Cervela , Freixo, Lagos, San Xán de Loio, San Martiño de Louseiro, Montán , Noceda, Muro, Piñeiro, Reascos, Reboiro, Reascos, San Cristovo de Lóuzara, San Facundo de Ribas de Miño, San Romao do Mao, San Salvador da Pena, San Salvador de Toldaos, Santa Mariña do Incio, Santiago da Veiga, Suñide, Toirán, Vilaragunte, Santa María da Pena, Vilarxoán, Vilasante, Vilouzán, Sárria ( no Convento da Mercé ).
CONFRADERÍAS DO SANTÍSIMO SACRAMENTO.- A principal atención, ademáis das xeralmente asumidas por outras confraderías era a de contribuiren ao alumeado do Santísimo coas correspondentes candeas e coa Lámpada que debía arder continuamente, alimentada con aceite, diante do sagrario . A lámpada de metal. e mesmo de prata, adquirida polos confrades , ou froito de doazón de persoas devotas , soía estar pendurada ocupando o arco toural, dotada dunha corda que permitía subila e baixala para facer o labor de reposición do aceite. Os bispos lucenses tivero especial atención no século XVII para a implantación desta confradería forzando en moitos casos a unión con outras de diferente advocación, en orde a non diversificar as aportacións económicas. A Confradería do Santísimo tiña que mercar o aceite necesario, procedente de Andalucía, que pola súa carestía consumía a maior parte dos seus fondos diñeirarios. Houbo confrarías para o alumeado contino nas parroquias de Rubián, Aldosende , Santalla do Alfoz e Santa María do Monte, Vilasouto, Bande, Barán, Bardaos, Cedrón. Castelo dos Infantes, Nespereira, Reboiro, Castelo da Somoza e Vila de Mouros, Cela, A Cervela, As Cortes, Eirexalba, Escoureda, Estraxiz, San Facundo de Ribas de Miño, Fontao, Santa María de Francos, Friolfe, Noceda, Góo, San Pedro de Froián San Vicenzo de Froián, Santa Mariña de Galegos , Laiosa, San Xoán de Loio , Santa María de Loureiro, Lousadela, San Cristovo de Lóuzara, Santa María do Mao, Maside, Muro, Nespereira, Noceda, Oleiros, Piñeiro do Pàramo, A Pobra de San Xiao, Rendar, San Salvador da Pena , Santiago de Ribas do Miño, Río , Ronfe , San Miguel de Paradela, San Vicenzo de Paradela, San Salvador de Toldaos, Santa María de Gondrame, Santa María do Mao, Santalla de Paradela, Santo André de Paradela, San Salvador e Santa María da Pena, San Salvador da Pinza,Vileiriz , Reimóndez, Rendar, Seteventos, Toirán, Toldaos, Torre do Páramo, Trasliste, San Miguel de Vilapedre, Santa María de Vilar, Souto de Ferradal, Vilar de Sárria, Vilouzán. Confradería do Santísimo e Ánimas: Laiosa. Confradería do Santísimo e Santa Lucía: San Salvador do Mao. En Sárria houbo doazóns para dotar de lámpadas aos templos e o párroco de Santa Mariña, Diego de Otero e Lemos, fixo legato das rendas da Reitoral de Santa Mariña, entre outras atencións, para alumeado do Santísimo.
CONFRADERÍAS VARIAS .- O Incio: Bardaos : Santísimo. Inmaculada, San Xulián. Castelo se Somoza: Santísimo. A Cervela ; San Roque.Santisimo. Rosario. Eirexalba : Santísimo. Góo : Santísimo. Hospital do Incio: Sen confradería. San Pedro do Incio: Sen confaderías. Santa Mariña do Incio: Rosario. Santísimo Laioaçsa : Santísimo, Ánimas. San Roque. San Salvador do Mao ; Santísimo. Santa Lucía. San Roque Santa María do Mao : Santísimo, Rosario ( San Romao ) . Noceda: Rosario. San Mauro. Sirgueiros : Santísimo, Santa Bárbara. O Carme. Vilarxoán : Rosario.
CONSENTIMENTO PARA MATRIMONIOS.- Cando un home ou muller menores dos 25 anos pretendían casar e non era coñecido o paradoiro dalgún dos pais para formalizar o seu consentimento, o Vigairo Xeral da Diocese publicaba un anuncio no Boletín Oficial da Diocese dándolle un prazo para que concorresen ao expediente para facer a oportuna maniestación de consentilo ou non.
CONTOS DE CREGOS.-
CONXURO CONTRA TEMPESTADES , RAIOS , PEDRA E SARAIBA.- O Sacerdote revestido de roquete e estola cunha Cruz na man , con auga bendita e un Acólito que lle responda , con contrición dos seus pecados , con viva fe e esperanza, e perfecta confianza na misericordia de Deus , con fortaleza , volto cara de onde ven a tempestade , santiguándose así , e ao aire coa Santa Cruz, diga : " Per signum Crucis...( oracións en latín ).... Logo bote incenso nunhas brasas e diga unha oración , e despóis o Evanxello da Paz. ( todos os textos lidos e recitados en latín ).
CONXURO CONTRA DOENZAS E PESTE E OUTROS MALES QUE SOEN ENTRAREN NALGUNHAS CASAS.- Vestido o Sacerdote con roquete e estola , con luzm Cruz e auga bendita, diga ao entrar da casa, ou na porta dela botando auga bendita " Pax et salus huic domui.....Per Christum Dominun nostrum.Amén" . Despois torne a andar a casa toda botando auga bendita, dicindo estes Psamos: " Qui confiunt in Domine... qui vivis et regnas in secula seculoru, Amén. Despóis disto, torne a andar toda a casa , rociándoa con auga bendita, dicindo od outros vinco últimos Psalmos do canticum graduum," De profundis clamavit". Dígase o último Evanxello de San Xoán : "In principio erat verbum....E o de San Lucas: Missus est Angelus Gabriel Deo . E o Credo e Salve Regina coa súa coleta ordinaria de "concede nos famulos tuos" ( todos os textos lidos e recitados en latín ).
CONXURO CONTRA TODO HOME OU MULLER ENDEMOÑADOS.- Consello é de santos e varóns espirituáis , que o Sacerdote que houber de sacar demos, se prepare con xexún, oración e contrición, e con humildade e bágoas; e dita a Misa do Espiritu Santo , así derretido , se achegue ao endemoñado con Cruz, luz , Reliquias, auga bendita, diga con grande fe e confianza da súa devoción : " In Nomine Patris... Dominus voviscum.Et cum spiritu.Oremus.... Gloria tibi Domini....Evangelium... Oremus.... Evangelium.... Exorcizo te , inmunde spiritus..... Ergo maledicte Sathana recosce setentiam tuam....Adiuro te ergo Sathana....Evangelium...Oremus...Iterum atque iterum constriugo te, coniuro et praecipio , ut venias sine nocumento alicuo , aut laesione in corpus huius creatura , in quo soles stare , et habitare , per virtutem Domini nostri Iesu Christi , qui venturus est iudicare vivos, et mortuos , per secula secularem per ignum. Amen"......Bote auga bendita , dealle a bicar a Cruz , e despóis pregúntelle: Venisti ? ( Xa viñeches ? ). Que responda, que non responda , bótelle ao pescozo a estola , átelle os polegares cun cíngulo bendito , dicindo: O Clavis David et sceprus domus Israel....Evangelium. ...Evangelium..... Porque soe acontecer ausentarse o demo do corpo por algunhas horas e logo torna , convén mandarlle que non se ausente, e se o está que veña logo ao punto, e diga así : Adiuro te maledicte Sathana....Oremus...Oremus... Oremus...Oremus.... Despois fincado de xoenllos diga a Letanía como esta foi até omnes Sancti et Sancte Dei...Oremus...Oremus.( todos os textos lidos e recitados en latín ).
CONXURO CONTRA TRASNOS E BRUXAS QUE SOEN AMOLAR ALGUNHAS CASAS E AS PERSOAS DELAS, NENOS E NENAS , HOMES E MULLERES.- Revestido o Sacerdote con roquete e estola , con Cruz, luz e auga bendita , vaia á casa e ao entrar diga " In nomine Patris , et Filii , et Spiritus Sancti..... Oremus.... Evangelium....Oremus.... regnas per saecula sempiterna. Amen ". Todo isto dirase no portal da casa ou primeiro chan , e despóis dicindo os salmos sinalados aquí , discorra por toda a casa botamdo auga bendita con candea acesa das abenzoadas , e en cada parede dos cuartos , tránsitos e corredores e faga unha Cruz con carbón, lápiz , ou cun ferro, ou coitelo , dicindo en cada unha Cruz que faga: " Ecce Crucem Domini, fugite adversae in virtute Domini nostri Iesu Christi, qui pependit in ea.Amen".... " Os Psalmos que han dicir andando pola casa, son estes: Psalmos 119, 121, 123 " ... " Despóis na sala alta , ou no baixo, ou onde se sente o trasno ou bruxos diga : " Dominus voviscum.... Evagelium.... Oremus.... Despois torne a andar toda a casa botando auga bendita, dicindo estes Psalmos 124 , 125, 126, 127, 128... Oremus. Despóis disto , torne a andar terceira vez a casa toda , esparexendo auga bendita , dicindo os cinco últimos Psalmos do " Canticum graduum".....De profundis clamavit ad te Domini.119... Domine, non est exaltatum cor meum. 120.... Memento Domine, 121.... Ecce quam bonum,122...Ecce nunc benedicite Dominun 123 .... Oremus....Dígase para rematar o Evanxello de San Xoán: In principio erat verbum...... E o de San Lucas: Missus est Angelus Gabriel a Deo... E o Credo e Salve Regina coa súa coleta ordinaria de " concede nos famulos tuos " ( Todos os textos lidos e recitados en latín ).
CORIÑO.- Na igrexa do Convento da Mercé , na antiga Capela de San Lourenzo, riba da porta románica de acceso ao claustro , ocupando unha especie de balconciño pechado con unha alta celosía está o coriño que permite , con acceso dende o clautro alto, seguir os cultos da igrexa ou facer a visita ao sagrario. Foi o lugar preferido polo " Frade Santo" para as súas meditacións e exercitacións relixiosas.
CORO ALTO.- Xeralmente denominado pola xente como " A Tribuna" e situada riba da porta de entrada ao templo e que nas celebracións no templo era ocupado só por homes . Tamén era o lugar onde se situaban os coros de voces e a instrumentación musical nas celebracións festivas, O coro de San Salvador de Sárria foi eliminado.
CORO CONVENTUAL.- No Mosteiro de Samos o Coro era un espazo chouso que ocupaba o espazo da nave central a ras de chao , fronte ao presbiterio interrompendo a vista do altar maior , con un paramento onde campeban as imaxes de Afonso II O Casto e o rei Froila, que agora, unha vez e liminado o coro están riba de pedestáis. As cadeiras para os monxes e a abacial están agora darredor do presbiterio.** No Mosteiro da Madalena, e na súa Capela Maior , en 1568 o prioiro contratóu co entallador Gregorio Fernández " pai" a realización do altar e retábulo principal e das cadeiras do coro, desaparecidas en data imprecisa. ** Na actualidade o coro superior vai dende a porta de netrada e a Porta de Grazas até o fondo da nave principal. A este coro éntrase dende o claustro alto e serve de acceso á torre das campás e nel está instalado o órgano que está sen uso.
COROS VOGÁIS RELIXIOSOS.- Circunstancialmente nas parroquias formábanse coros, moitos deles de voces femininas , que interviñan nas misas cantadas e novenas, con cánticos en latín e himnos en castelán . As Fillas de María formaron o seu propio coro, A " Sechola Cantorum " formada no Postulantado Mercedario de Sárria interviña na Salve Sabatina , nas misas solemnes e novenas, e ocasionalmente actuaron en festiváis ofrecidos nos salóns da vila. Algunhas bandas de música da comarca tiñan un pequeno coro, que , co reforzo dalgúns sacerdotes , cantaban na Misa Maior das Festas , xeralmente a Misa de Perossi. Houbo tamén coros de homes e coros de mulleres da Acción Católica. No Mosteiro monxes e aspirantes reuníronse en coros , sendo de sinalar o sostemento do canto gregoriano. Na actualidade non hai coros parroquiáis nin de formación de grupos relixiosos. As diferentes coráis e orfeóns formados dende fináis do século XIX colaboraron e colaboran adoito nos diferentes actos relixiosos. As masas coráis "Meigas e Trasgos", " Coral do Concello de Sárria", "Sarricanta " interviñeron en actos relixiosos festivos, actos navideños ou da Semana Santa. Tamén , en ocasións, masas coráis doutras localidades amostran o seu repertorio relixioso.
CORPOS SANTOS .- Recibían especial veneración os restos mortáis daquelas persoas que, ao andar nos seus sepulcros aparecían incorruptos. No Mosteiro da Madalena recibían veneración os Corpos Santos, dous frades italianos que fundaran o mosteiro e outros de monxes. A xente atribuíalle carácter miragreiro á terra que envolvía eses restos e collíana para levala ás súas casas, e para evitalo puxeron unha grande pedra nese espazo, que estaba dentro da igrexa, fronte á porta do claustro. Tiñan tamén recoñecida a condición de corpos santos os restos mortáis dalgúns relixiosos " madalenos" que como " corpos incorruptos" foron obxecto de veneración. Outro corpo santo moi significado na comarca foi o de San Fraiz, depositado segundo moi antiga tradición, na igrexa de Santa María do Mao.
CRIPTA DO MOSTEIRO DE SAMOS.- Promovida polo abade Mauro Gómez Pereira fíxose a obra necesaria para instalar o lugar de enterramento dos monxes no soto de baixo da igrexa monacal. A ese espazo trasladaron os restos dos monxes falecidos con posterioridade á reanudación da vida monacal en Samos.
CRISTO REDENTOR DE FARBÁN.- Crucifixo de marfil de pequeno tamaño propio da parroquia de Santiago de Farbán moi venerado e que se poñía á veneración dos fieis no día da celebración da romaría do Santo Cristo no mes de agosto.
CRUCEIROS.- Na Terra de Sárria históricamente o número de cruceiros foi moi reducido.Os cruceiros historiados son recentes na súa maior parte. Monumental e con boas figuras e símbolos é o Cruceiro de San Miguel diante da entrada ao adro-cemiterio de San Miguel de Paradela..
CRUCES DE CONSAGRACIÓN.-
CRUCES NO LIMIAR DAS CASAS.- Como medida de proteción das casas, e para librar de perigos a residentes e animáis grabadas na pedra limiar poñían cruces e moitas veces xunto delas as letras IHS ( Xesús Salvador dos Homes ) , ou a lenda "JESUS.JOSÉ.MARÍA ". Se non había cruces grabadas poñían sinxelas cruces de madeira para acadar a protección desexada.
CRUCES DOS MADALENOS.- Pola parte de fora do muro do oeste da igrexa do Mosteiro da Madalena de Sárria- Convento da Madalena, nun contraforte á altura da Capela Maior e á esquerda da porta de entrada ao templo hai dúas cruces, grabadas na pedra, que corresponden , como símbolo representativo, á sarriá Orde da Penitenza dos Venerables Mártires de Cristo, cuxos ,membros foron coñecidos como "Madalenos" e que estiveron presentes no mosteiro até a supresión da dita Orde no ano 1568, cando por orde de Felipe II todos os bens e rendas foron pasados á Orde de Santo Agostiño da Regular Ouservanza e os "madalenos" forzados a se integraren nesa orde, quedando sometidos á provincia agostiña de Castela
CRUCES DAS SANTAS MISIÓNS.- Nos muros das igrexas. Na igrexa de Santa Mariña de Sárria na escaleira de subida ao coro hai dúas cruces de madeira de grande tamaño conmemorativas dae senllas Misións habidas na parroquia, Cruces exentas : Unha cruz de madeira, desaparecida ao sustituila por outra de pedra, en Fafián e outra tamén de bon tamaño colocada no monte de riba de Vilafiz conmemoraban as misións celebradas en Fafián e na Pobra de San Xiao.
CRUCES DE TERMO.- Nas estremas das parroquias a xeito de marcos delimitatorios situaban cruces de pedra , nalgúns casos de madeira, A Cruz de Pena Aguieira, A Cruz do Reconco ... son exemplos de consagración e sacralización de puntos que por ese motivo eran inamovibles.
CRUCES DOS VIACRUCIS.- Nas paredes do adro dalgunhas igrexas foron instaladas as catorce cruces propias dos viacrucis que servían para os rezos da Cuaresma e da Semana Santa. Na vila de Sárria entre Santa Mariña e a igrexa de Santa María Madalena- Convento da Mercé houbo un viacrucis do que se conservan só cinco cruces.
CRUCIFIXOS NOS CENTROS OFICIÁIS.- Con anterioridade á proclamación da II Republica presidián os salóns oficiáis dos establecementos publicos. Establecida a laicidad do Estado foi decretada a retirada de símbolos relixiosos , e a súa reposición foi cabalo de batalla para as forzas políticas dereitistas. As leis da ditadura franquista impuxeron a obriga de que nos salóns de plenos, xulgados, despachos administraticos, etc, en lugar preferente se colacase un crucifixo. Esa reposición foi obxecto de actos solemnizados .
CRUCIFIXOS NAS ESCOLAS.- No tempo da II República houbo fortes campañas contra o que chamaban as forzas politicas de deritas "A Escola sen Deus" para que se repuxesen os crucifixos nas aulas , retirados en aplicación do principio de laicidad do Estado. Triunfante a sublevación militar , no outono de 1936, programáronse solemnes cerimonias de reinstalación de crucifixos nas escolas de ensino primario, colocando as adquiridas en colectas previas, con participación dos mestres, cregos e autoridades locáis. No Concello de Samos, e deentro dun mesmo día, instalouse a imaxe do Crucificado en varias das escolas ruráis , organizando un percorrido procisional para chegar a elas. ** Nos centros particulares de primaria e secundaria da vila de Sárria ( coñecidos como " Academias" ) todas as súas aulas, xeralmente riba do encerado colocaron a obrigada imaxe.
CRUZ EMPOTRADA.- No Mosteiro de Santa María Madalena de Sárria hai dúas cruces grabadas en pedra, correspondentes á Cruz símbolo da Orde dos Benaventurados Mártires de Cristo ( " Madalenos" ) , unha á esquerda da porta de entarda á igrexa, e a outra na parte baixa dun contraforte da Capela Maior, ** No ouso da igrexa de Santa Maríña de Galegos , coa data de 1729, hai unha lápida empotrada cunha cruz que nas beiras ten grabadas dúas vieiras,
CRUZ MAGNA DE SAMOS.- Tamén coñecida como Cruz de Brandila, por figurar ese abade como doador da mesma para o mosteiro de San Xulián e Santa Basilisa de Samos. A xente da comarca atribuíalle condicións sanadoras. Foi roubada.
CRUZ PARROQUIAL.- Tamén chamada Cruz Procisional.Como Cruz alzada montada nun ástil abría todos os actos procesináis e enterros. Por aportacións da fábrica da igrexa, das confraderías e mesmo por doazóns de devotos e de familias fidalgas cruces de prata., cruces douradas e cruces metálicas constituían todo un símbolo para as comunidades parroquiáis e os fregueses tiñan especial veneración por elas , e eran motivo de orgullo para todos eles.Unha boa parte das cruces parroquiáis , en especial as de maior valor artístico, foron desaparecendo, unhas froito de roubos e outras ao pasar aos circuitos do comerzo de antigüidades. Foi moi sonado o caso da desaparición da Cruz Parroquial de San Cristovo da Cervela, que foi resuperada diante das esixenzas maifestadas polos fregueses. Abrindo as procisións a Cruz parroquial ía no medio de dous ciriáis , tamén alzados, de metal , dourados ou de prata.
CRUZ DA VERÓNICA.- Nome dado a unha cruz de pedra, integrada no Viacrucis da Sárria histórica, que estaba no espazo inmediato aos actuáis depósitos do servizo de augas , no que dende 1820 se celebróu a feira mensual ( Feira do Vinte ). Levaba ese nome por coincidir coa estación deo Viacrucis" A Verónoca enxuga o rostro de Xesús".
CRUZADA DO REZO DO ROSARIO EN FAMILI A.- Campaña a nivel mundial a prol do rezo do rosarios ( "A familia que reza unida, permanece unida", promovida polo Padre Peyton., relixioso irlandés-norteamericano, potenciada co emprego da radio, a prensa e a televisión, e mesmo por medio dun filme. * O 11 de abril de 1956 o relixioso estivo na vila de Sárria. O acto de rezo colectivo estaba previsto na Praza de Xoán María López e como choveu con intensidade celebrouse dentro da igrexa de Santa Mariña e os fiéis que non puideron entrar no templo agardaron silenciosamente na praza ao remate do rezo e das palabras do Padre Peyton.
CUARESMA.-
CURSIÑOS DE CRISTIANDADE.- Movemento eclesial de difusión mundial iniciado en Malorca no ano 1949. Celebración de reunións de fieis comprometidos durante tres días nos que se expón o básico da fe cristiá, por medio de ensino, testemuños , oración e postas en común. Nos anos 1960/1970 formouse en Sárria un grupo seguidor desas programacións.
CURSIÑOS PREMATRIMONIÁIS.- Previamente á celebración do matrimonio canónico as parroquias esixen a presenza dos futuros cónxuxes en sesións preparatorias grupáis dirixidas por sacerdotes cos que colaboran médicos, avogados , matrimonios consolidados e outros especialistas para que tomen coñecemento de todo aquelo que poida derivarse do novo estado que pretenden tomar. Xeralmente están dirixidos a nozos e mozas , e cando se dá o caso de futuros contraintes que non foron onfirmados esíxenlles que presenten acreditación de estaren confirmados.
CURSIÑOS PREPARATORIOS DO BAUTISMO.- Os pais dos neófitos deben asistir a reunións para coñecer as responsabilidades que na formación cristiá dos neóftos
CURSIÑOS PREPARATORIOS DA CONFIRMACIÓN.- Nas parroquias da vila de Sárria e nas do medio rural organízanse cursiños coa participación dos mozos e mozas aspirantes a recibir o sacramento da Confirmación .
DANZANTES.- Debeu ser costume establecido en moitas parroquias a actuación de danzantes masculinos , na festividade do Corpo de Cristo ( Corpus Christi ) , que ao son da gaita facían o baile dos arcos, das espadas ou outros con pasos típicos trasmitidos de xerazón e xerazóns diante da Custodia do Santísimo que, baixo palio , saía á rúa. Hai constancia de que os Danzantes do Corpus na vila de Sárria , en número de seis, recibían paga procedente dos fondos do Hospital de Santo Antón Abade e San Lázaro, e por presión e de mandado dos bispos de Lugo acabóu sendo proibida a súa execución nos anos fináis do século XVIII. Os Danzantes do Corpus en San Xoán de Lóuzara, que executaban diferentes danzas na procisión que tiña lugar pola mañá , despóis pola tarde participaban nunha representación teatral de tintes históricos 1. A fináis do século XIX .- Na actualidade na parroquia de San Cristovo da Cervela e na Festa de Santa Lucía mantense viva a anterga tradición, e os danzantes portando arcos embelecidos con vistosas flores tecen pasos e contrapasos conservados e trasmitidos con enteira suxeción á tradición herdada.
DEMO.- Nos relatos eclesiáis é a personificación do Mal. Xunto con outros rebeldes contra Deus foi condeado ao fogo do Inferno, e para se vingar del trata por todos os medios de tentalos , convertíndoos en pecadores, pasando a posuir as súas almas, mesmo mediando formalización de pautos, para finalmente arrastrar as súa almas ao fogo eterno onde irremisiblemente permancerán, sendo o seu maior triunfo o que morran sen se arrepentiren. Dado a coñecer baixo as denominacións de Luzbel, Lucifer, Diaño, Demontre, Satán, Satanás, Belzebú , Demo Maior, Demo Íncubo , Demo Súcubo , O Maligno , O Nemigo , O Anticristo . Leviatán, Mefistófeles, etc. pode presentarse baixo súa tópica imaxe , reflectida na iconografía presente nas igrexas , sometido baixo o pé do arcanxo Miguel, respondendo a quen o invocan, ou tamén por el mesmo tratando de arrastrar ás persoas a unha vida de pecado, tomando posesión das dúas almas para , á súa morte levalos á condenación eterna. Representado como un ser de cor avermellada , con cornos e rabo , pode personificarse baixo as máis variadas figuras humás exercendo as súas artes de persuasión, chegando a asentar dentro das persoas á que mesmo pode concederlles artes e facultades extraordinarias. Como servos na vida real aparecen bruxos e bruxas que poden voar para concorreren a reunións, moitas delas no " areal de Sevilla" que el preside baixo a figura dun grande castrón. As amezas da presenza do demo na vida cotiá, e da existenza dun estado ou lugar onde as almas son queimadas eternamente entre grandes labaradas, amosábnse en relatos e sermóns e nas representacións pictóricas muráis ou en baixorrelevos , nos que aparecían representados unha variedade de perxoaxes, inclidos reis ou eclesiásticos, para así indicar que calquera podería caer na tentación e verse chamado ao lume eterno. Para loitar contra a terrible caída nas poutas diabólocas ademáis dunha vida pía e da oración constante os fieis poñían cruces con invocacións nos limiares das portas das súas casas, ( IHS), colocaban crucifixos nos cuartos, ramallos de loureiro abenzoado tras das portas, tiñan na casa auga bendita que en boa cantidade recollían nos oficios do Sábado Santo, e pronuciaban frases como " Arrenégote demo ", ou dicían " Xesús " cando alguén espirraba, por creren que co espirro saía un demo do corpo. Crian que os demos que posuían os corpos de persoas podían ser botados mediante exorcismos practicados por sacerdotes , e mesmo dende a Terra de Sárria levaban ao Santuario da Virxe do Corpiño a persoas que consideraban " posesas ". Para as xentes simples o Demos era o culpable de todos os males sufridos polas persoas e os animáis, e con expresións como " Me cago no demos", " Me cago en San Negro" e outras semellantes trataban de apartalo do curso das súas vidas.
DEO VOTA.-
DEREITOS DOS PÁRROCOS.- Dereitos de Estola : Estipendios correspondentes aos sacerdotes que, usando estola, interviñan nas amonestacións , casamentos , bautizos, enterros , etc., que acabaron sendo fixados por arancel.. Esa esixenza o saber popular resumiuna no dito : " O crego onde canta , xanta .
DESAGRAVIO POLO CARNAVAL.- Na parroquia de Santa Mariña de Sárria , até mediados da dñecada de 1960, celebrábase un Triduo de desagravio polos moitos pecados que no mundo se cometían polo tempo do Entroido. Era unha función celebrada no serán, con rezo do rosario, lectura de oracións "ad hoc" e homilia do párroco. De todas maneiras esta celebración de desagravio conseguía menor participación ca os bailes populares celebrados neses días en calquera das prazas da vila ou nos bailes sociáis do Casino e da Sociedade La Unión.
DESAGRAVIOS.- Coa ocasión de festividades consideradas pagás ( tal era o caso do Entroido ) , por publicacións de obras ou peliculas consideradas inmoráis , por ofensas recibidas na práctica de exercizos relixiosos , cando o Papa recibía ofensas e mesmo para pedir perdón " polos pecados do mundo " as parroquias organizaban xornadas consistentes e rezos colectivos , celebración de misas e rosario e outras actividades tendentes a implorar o aplacamento da ira divina, e que apiadándose das xentes non se tivesen presentes esas ofensas.
DESCANSO DOMINICAL.- Houbo numerosos casos de formación de denucnias polos pa`rracos diante da Garda Civil. Coas debidas autorizacións a fábrica de mobles de Matrín Balboa, no Barrio da Estación, tiña permitido o traballo dos seus operarios nas mañáns de domingos e festivos.
DESENCRAVO.- Cerimonia nos oficios relixiosos do Venres Santo, nos que se presentaba a imaxe de Cristo Crucificado tapado cun pano moderado, e ao tempo que o oficiante canta " Esta aárbore da Cruz, que veu a traer a salvación do mundo: Vide a adorala" o pano é retirando dos brazos e da cabeza até que queda a imaxe á vista dos piieis. Nos oficios do Convento da Mercé o Cristo utilizado tiña os brazos articulados , e deixando de estar estirados poñíanse pegados aos costados da imaxe que seguidamente era depositado na urna procisional que saía procesionalmente polas rúas na chamada Procisión do Santo Enterro.
DESMOS.- Cada cabeza de casa viña obrigado a entregar a décima parte do valor da produción lograda nos seus campos á igrexa parroquial, na persoa do seu abade, aínda que había casos que se compartían con outros párrocos , sacerdotes, mosteiros, prestameiros e mesmo leigos que soían traer dereitos derivados de antergos dotadores dos templos.
DETENTE BALA.- No tempo da Guerra Civil, 1936 /1939 ) estivo xeralizada entre os soldados que levar un escapulario cunha imaxe relixiosa e a lenda " Detente bala" como garantía de non ser alcanzados por proxectís disparados dende as trincheiras contrarias.
DEVOCIONARIO.- Libro oracional , en lingua castelá, que contiña oracionarios , textos piadosos e tomados do evanxello, para seren seguidos na celebración da misa , pois como o total contido do desenvolmento da misa se facía en latín, sobre todo as mulleres, ían seguindo a celebración coa lectura do que para dominica ou festa sinalaba ese libro. Habíaos de diferentes procedencias, moitos deles de ordes relixiosas , e polo seu custe só chegaban a eles as mulleres burguesas .
DEVOCIONARIO DA PRIMEIRA COMUÑÓN.-
DEVOCIÓNS MARIANAS NA TERRA DE SÁRRIA.- En San Salvador de Sárria: Virxe de Lourdes, Virxe da Medalla Milagrosa, Virxe do Pilar . En Santa Mariña de Sárria: Sagrado Corazón de María, Virxe das Dores, Inmaculada, Virxe do Perpetuo Socorro, Virxe do Carme. Virxe de Fátima . En Santa María Madalena/ Convento da Mercé: Nosa Señora de Gracia.Virxe da Mercé, Virxe do Rosario, Virxe de Fátima,- Virxe dos Remedios en San Salvador de Cesár.- Virxe dos Abeledos, na Ermida, parroquia de Santiago de Nespereira.- Santa María , en Vilambrán.- Nosa Señora de Penarredonda.- Santa María do Loio, en San Salvador de Cesár .- Virxe do Amparo, en Santiago da Laxe.-
DÍA DO AMOR FRATERNO.- ( Corpus Christi) Tradicionalmente celebrado, dende a Idade Media, - Suprimido o día festivo a súa celebarción trasladouse ao domingo seguinte. ( Ver, Festa de Corpus Christhi- Festa do Corpo de Cristo ).
DÍA DA ASCENSIÓN.- Era festivo e celebrábase como festa de gardar 40 días despóis do Domingo de Resurreción. A importancia desta celebración viña recoñecida no dito: " Tres xoves hai en cada ano, que relocen máis ca o sol: Xoves Santo, Corpus Christi e o día da Ascensión.
DÍA DE CRISTO REI.-
DÍA DO CRUZADO .- ( 8.12.1938 ) Xornada de Reparación polos sacrilexios ., pola victoria do Exército e para darlle un crucifixo "a cada un dos combatentes para que lles sirva de consolo , e protrción nas batallas e nas penalidades até que non chegue a hora do triunfo".
DÍA DE DEFUNTOS.- Celébrase o día 2 de novembro. Nesa data os cregos estaban autorizados a dicir máis dunha misa,
DÍA DA IGREXA DIOCESÁ.- Celebración patrocinada pola Diocese Lucense para facer presente o labor da Igrexa e facer peticións
DÍA DA IGREXA DO SILENZO.- Ao caer paises católicos da Europa Central baixo réximes comunistas , onde houbo actos de persecucióm relixiosa contra os fieis e as xerarquías, celebrábase no día sinalado unha xornada oracional con recollida de aportacións económicas para as necesidades propias das Igrexas nacionáis silenciadas.
DÍA DA PRENSA CATÓLICA.-
DÍA DO SANTO ANXO.-
DÍA DE TODOS SANTOS.- Festa de gardar que se celebra o día primeiro de novembro, e que acabóu sendo o día no que se fai lembranza dos defuntos nas diversas parroquias con actos relixiosos e visitas e embelecemento dos cemiterios con unha intensa homenaxe floral nos nichos e sepulturas. En Sárria esta celebración faise de maneira conxunta polas tres parroquias da vila con celebración dunha misa na igrexa conventual da Mercé. Dependendo de como poida cadrar a data, con posiblidade de que se dea o caso de "ponte", na celebración hai maior ou menor presenza de familiares procedentes de cidades máis ou menos lonxanas. Coincidindo con esta celebración Sárria mantén a tradición da venda de dous doces: " os santitos" e " os osos de santo",
DISTRIBUCIÓN DOS SANTOS ÓLEOS.- Na mañán do Xoves Santo, na Catedral de Lugo, nunhas grandes ánforas de prata o bispo da diocese procede á benzón e consagración dos Santos Óleos e os alciprestes enviaban un crego comisionado para recoller en vasos rotulados co nome do alciprestado e destinados a Santo Crisma, Óleo de Catecúmenos e Óleo de Enfermos. Os sacerdotes comisionados reciben os vasos ao remate da cerimonia e partían para os seus destinos. Se algún alciprestádego non podía enviar comisionado levaba esa misiíon calquera dos comisionados dalgún dos estremeiros. Na tarde do xoves na cabeza de alcipretado eran recibidos os vasos e cada párroco, na mañán do venres cada un dos pàrrocos debía presentar as súas arquiñas crismeiras e nas cerimonias do Sábado Santo dábaselle o primeiro uso aos óleos coa " Benzón da Fonte Bautismal" ( Pía Bautismal ).
DIVORCIO.- A anulación do vencello nupcial propiciado polas normas constitucionáis nos variados periodos da vida nacional española , estivo vixente de maneira intermitente. Máis recentemente o divorcio, que fora instituido nas leis da II República , foi suprimido como dereito nas leis propias da ditadura franquista. A consolidación ideolóxica dos preceptos do nacionalcatolicismo , dando enteira presenza ao matrimonio canónico, deixando como residual e de difícil alcance a celebracións de matrimonios civís , fixo que a Igrexa Católica correse coa tramitación dos matrimonios como unións indisolubles , que só podían acadar, unha case imposible anulación acodindo aos Trubunáis Diocesáns e ao Tribunal da Rota. Coa recuperación do Estado Democrático o divorcio foi legalizado , e na fase previa á súa aprobación as esferas eclesiáis e diversas asocicións levaron adiante intensas campañas na súa contra. Actualmente o divorcio está consolidado e en Sárria, en primeiro lugar, foi solicitado por persoas que no tempo do franquismo cesaran toda convivenza matrimonial e aínda facendo vidas separadas non podían recuperar a solteiría. Nese tempo previo á legalización o divorcio foi teima constante na hora dos sermóns nas igrexas e obxecto prepoderante en campañas nos medios de difusión. Os xulgados de Lugo, e despóis os de Sárria, ao ser recuperado o Xulgado de Primeira Instancia, tramitaron e seguen a tramitar xuizos de divorcio, quedando case obsoleta a tramitación de " xuizos de separación" e máis ao ser eliminada a esixenza de culpabilidade dun dos cónxuxes e a eliminada tamén a situación de previa separación. O divorcio, na actualidade, está xeralmente aceptado pola cidadanía como un dereito irrenunciable, e ao que se poden acoller aqueles que teñan contraído matrimonio civil ( cuxa celebración é xa maioritaria ) ou matrimonio canónico, e que de conseguido poden , se o desexan novo ou novos matrimonios. A Igrexa , que segue a manter que o divorcio concedido polos tribunáis, non rompe o vínculo manteñen posturas como a de negarlles a comuñón a divorciados . Porén está xeralizada a aceptación polos cidadáns de que as rupturas matrimoniáis sexan normalizadas coa anulación do vínculo .
DOMUND.-
DOUTRINA.- A nivel popular a "Doutrina " era a xuntanza promovida polos párrocos para que os nenos e mozotes , mesmo os analfabetos, memorizasen o Catecismo ( resume dos dogmas católicos, mandamentos e oracións ) contidos no Catecismo ( o máis común o chamado do Padre Astete ). As reunións facíanse na igrexa, xeralmente desprovista de bancos ou calquera xeito de asento. O crego e algúnha persoa devota lían en voz alta as preguntas e respostas contidas no libriño até que os nenos, letrados e iletrados, galego falantes, "cantaban" ou coñecían de pe a pa a totalidade do resume das crenzas propias da relixión católica. Con relación á Doutrina xurdiron contos populares e cantigas. A identificación la lingua castelá como medio de comunicación coa divinidade de maneira que todo o oracionario se fixóu nesa fala. Curiosamente na " medicina popular " oracións e ensalmos conserváronse en galego, con inclusión dalgunha palabras en castelán ou castrapo, e a Doutrina non conseguiu sustituilas.** No Pazo do Tumbiadoiro , na súa Capela de Santo Ildefonso, nos meses de verán as Señoras de Alvarado organizaban a doutrina, nos anos 1940 a 1960, e festexaban a Primeira Comuñón dos nenos e nenas de Vilamaior.** Nas parroquias paradelenses de Ferreiros e Francos a primeira comuñón anual dos nenos e nenas quedaba reflectida en recordatorios e eran premiados cunha viaxe a algún lugar da costa galega. O labor formativo ds Doutrina víase reforzado pola colaboración das mestras establecidas na localidade.
DUPLICADOS DE PARTIDAS SACRAMENTÁIS.- O Bispado de Lugo esixia dos pàrrocos que enviasen regularmente á Curia duplicados das partidas sacramentáis levantadas en cada freguesías,
ENCOMENDA DO INCIO E A BROZA.-
ENCOMENDA DE PORTOMARÍN.- A Orde Militar de San Xoán de Xerusalén , que acabou sendo coñecida como Orde de Malta, tivo a cabeza da súa presencia na vila de San Xoán de Portomarín, na marxe dereita do río Miño. A " Pons Minea " comunicábaa coa Xurisdición da vila de San Pedro de Portomarín, pertencente ao Arxecispado de Santiago-
ENSALMO CONTRA OS VERMES.- Para o combate contra os vermes circulaban unhas folliñas impresas con oracións en latín , de dudosa eficacia, e percuradas pola xente, correndo coa súa difusión os cegos que concorrían ás feiras e romarías. Coñecemos unha folla impresa en Santiago pola viuva de Núñez,
ENTALLADORES SARRIAOS.-
ENTERRRO DE IMAXES.- Cando unha imaxe se deterioraba , en séculos pasados, estaba mandado enterrala , e así o sinalaban os bispos nas súas visitas ás parroquias. Iso explica que non se conserven tallas antigas. Co soterramento pretendíase NOsacar do comerzo as imaxes sagradas e evitar toda situación de deterioro que levase á perda de respecto ao sentido relixioso. Está documentada a orde dada polo bispo de Lugo para que enterrasen as imaxes da Capela de Santo Alberte en Vilar de Sárria cando mandóu que a derrubasen, no século XVIII. No tempos modernos as imaxes fixéronse desaparecer, moitas delas despóis do Concilio Vaticano II eliminadas , ao seren suprimidos altares, e , agás algunhas que acabaron en museus ou institucións semellantes, pasaron ao mercado das antigüidades.
ENTERROS.NO MEDIO RURAL.-
ENTERROS NA VILA DE SÁRRIA.-
ENTRONIZACIÓN DA IMAXE DO SAGRADO CORAZÓN DE XESÚS.-
ERMITAÑO DAS ERMIDAS.- Na comarca de Sárria estivo moi presente a devoción da Virxe das Ermidas, cuxo santuario está na Terra do Bolo ( diocese de Astorga ) e ademáis de haber devotos que aló ían en romaría pasando por Lemos e Quiroga nas aldeas había un bon número de confrades integrados na Confradería ali establecida que soían pagar a tarxa de un ferrado de centeo para gozar dos beneficios espirituáis , entre eles misas posteriores ao seu falecemento. Dende As Ermidas, saían en varias direcións os " Ermitaños " portadores de boetas e estampas coa imaxe mariana que a pé percorrían as súas vereas cobrando a tarxa en diñeiro ou en centeo, e recollendo a esmola voluntaria . A gra recollida íana vendendo sobre o camiño e todo o reunido entregábano finalmente ao Administrador do Santuario. Dende a chegada do ferrocarril os desprazamentos dos " ermitaños" resultaron moito menos penosos e o tempo de recollida moito máis curto. O ermitaño que percorría Lemos e a zona de Sárria deixóu de vir por aquí darredor de 1960 , chamábase Señor Antonio, e paraba na Casa de Paco San Pedro" . Hai que sinalar que pola devoción propagada e mantida dende As Ermidas, o nome de " Ermitas" tivo certa implantación na comarca sarriá.
ESCAPULARIOS.- Obxecto consistente en dúas pequenas estampas de santos unidas con dous cordóns que se pasaban aos dous lados do pescozo, conxunto abenzoada e facilitador de numerosas indulxenzas.
ESCOLA DE PADROADO DIVINO SALVADOR.- A parroquia de San Salvador de Sárria, rexentada pola Orde Mercedaria, fundou un Padroado para a dotación de escolas de ensino primarioen barrios da vila , correspondéndolle ao Estado a dotación do profesorado. No baixo do número 5 da Rúa Rosalía de Castro estivo servida pola mestra soberina Antonina Rodríguez e no seu último curso estivo servida por María Luisa Quiroga Vázquez. Como escola promovida pola parroquia na súa actividade tiñan presenza as normas de rezos diarios, estudo do catecismo , celebracións marianas e asistenza de todos os escolantes acompañando á mestra á misa dominical .
ESCOLA DE PADROADO DO MAZADOIRO.-
ESCORRENTAR TRONOS.- Crían que invocando a Santa Bárbara toda desgraza ocasionada polo trebón, raios e tronos desaparecerían . Dicían " Santa Bárbara bendita que no ceo estás escrita , en papel de auga bendita, garda pan e garda viño garda á xente no camiño". Polo xuizo seguido polo asasiñato do Cura de Lóuzara sabemos que entre outros beneficios gozaba do de recibir un xamón de cada casa da parroquia " por escorrentar o trono".
ESMOLAS PARA O ASILO DE SÁRRIA.- Establecidas no Hospital Municipal " Nosa Señora do Carme", doado por dona Andrea de Andrés Sánchez, e instalado no Mazadoiro, as relixiosas coñecidascomo Irmanciñas dos Anciáns Desamparados, que ali estableceron a súa residencia e atenderon ademáis o Asilo no que acolleron homes e mulleres até que abandoaron o establecemento , que foi derrubado para facer a Residencia de Anciáns que foi primeiramente posta baixo a xestión das Relixiosas de San Vicenzo de Paul. Con autorización do bispo diocesán de Lugo as " monxiñas", nome que cariñosamente lles daban as xentes , saían despois do tempo das colleitas polas parroquias da comarca pedindo nas casas labregas centeo, patacas e outros produtos , tanto para o consumo na institución como para a súa conversión en diñeiro. En ocasións mesmo saían a pedir esmolas en arciprestádegos lonxanos. Na década dos anos 1970, con aportacións dos veciños de Sárria, aportacións de institucións bancarias, fondos obtidos en veladas artísticas e doazóns de particulares as " monxiñas" poideron contar cun veículo Landa Rover que lles facilitóu moito a recollida de froitos polas aldeas . Tamén foi consecución de esmolas e apotacións varias o poder dotar de calefacción central o Asilo e a residencia das Irmanciñas. Tamén puxeron dúas capeliñas adicadas a Santo Antonio, nas dúas entradas do Campo da Feira onde os feirantes depositaban esmolas antes e despóis da celebración do mercado , uns para pedir bon suceso nas vendas, e outros para agradecer o gaño obtido. Nos bares e tabernas da vila de Sárria , e para " os velliños fumadores" as relixiosas colocaron unhas caixas para a recollida de tabaco, en xeral pitos soltos, que ali depositaban os siareiros e tamén admitían a aportación de cabichas que, mesturando os restos de tabaco non queimados, faciltaban darlles picadura para faceren os seus cigarriños.
ESMOLAS PARA OS PASIONISTAS DE MONDOÑEDO.- Até mediados dos anos 1970, un relixioso Pasionista do Convento dos Picos, en Mondoñedo, en tempo de primavera , aparecía por Sárria e solicitaba esmolas polas casas e establecementos da vila.
ESMOLA PARA PEREGRINOS.- Como reminiscencia da Obra Pía dos Hospitáis de Santo Antón Abade e San Lázaro, o Concello mantivo viva a axuda a peregrinos pasantes pola vila. Darredor dos anos 1970 aínda se lles daban 100 pesetas aos peregrinos que pedían esa esmola na Casa do Concello como axuda para que mercasen un petisco. Co incremento de peleriños o Concello rteiróu esta axuda e pasaron a solicitala na Caritas Interparroquial, que deixóu de dala . Dende entón, dun xeito máis ocasional, hai peregrinos que piden esmola diante das igrexas e dos supermercados.
ESMOLAS PARA POBRES.-
ESMOLAS PARA OS PRESOS NA CADEA.-
ESQUELAS MORTUORIAS.- Na vila de Sárria foi costume xeralizado o reparto de esquelas anunciadoras dos enterros e cabosdano , primeiramente editadas en imprentas lucenses e cando en Sárria houbo establecennto tipográficos as familias encargaban a edición e distribución polas casas. Dende o ano 2021, e como efecto deivado da pandemia da Covid, as esquelas, finalmnente editadas direitamente polas funerarias locais, deixaron de se repartir, e só de xeito moi ocasional se distribúen algunhas. A publiccación de esquelas nos diarios provinciíài aparece xa nas décdas fiis do século XIX e mantívose como uso bastante xeralizado até a pandemia da Covid, momento no que se produciu o pràtico abandono de publicitar as cerimonias fúnebres. Veu a sustituir esa ausencia a publicación polso tanatorios da coamrca das esquelas por vía telemática, ofrecendo ademáis a posibilidade de envío de pésames por ese medio. ). Nas esquelas máis remotas soía aparecer referenza ao " Direitor espirutual" que o era de un padre mercedario ou ben algún dos sacerdotes da parroquia de Santa Mariña. Todas as esquelas soían levar unha nota indicadora de v que o bispo de Lug, e moitas vcbes outros dicocesáns , concedían indulxenzas especiái s aos que asistisen aos cultos funerarios ou tivesen presentes aos falecidos nas súas oracións . Nos primerios tempos ademáis de indicar a data do óbito sinalaban tamén a hora da súa ocorrenza.
ESQUELAS RADIOFÓNICAS.- Durante varias décadas a emisoa local e as de Lugo e Monforte radiaban esquelas de pola celebración de enterros e cabosdano , que correron a cargo de Radio Popular de Sárria, Radio Popular de Lugo, Radio Lugo e Radio Moforte. As emisoras foráneas contaban con correspondentes na localidade. Este costume foi esmorecendo-
ESPIRROS.- A crenza popular de que cando se espirra se bota un demo do corpo facía que as persoas que estaban ao seu redor dixesen " ¡ Xesús !", para evitar que o diaño saído fora entrase no corpo dos que ali estaban.
ESTANDARTE DE DEFUNTOS.-
ESTANDARTES DE ORGANIZACIÓNS RELIXIOSAS.- Estandarte do Apostolado da Oración, Estandarte do Catecismo Mercedario. Estandartes de Confraderías.
ESTANDARTES PARROQUIÁIS.- O Pendóm ou estandarte parroquial era unha moi grande bandeira con un longuísimo ástil que , como símbolo da comunidade, abría as procisións sendo levado por homes fortes e mesmo , para maior seguridade, dous acompañantes suxeitaban dúas longas cordas que descendían da cima , atadas baixo da cruz de metal do remate. Arrombadas , e coas súas telas xa apodrecidas, poucos anos atrán , conservábanse os estandartes de Santo Estevo de Lousadela e San Salvador de Vilar de Sárria. Cando se facían as Santas Misións era costume establecido o de iren en procisión até o campo onde se celebraban todas as parroquias da contorna levando as súas imaxes máis representativas e abría a marcha o estandarte seguido dos estandartes das confraderías. A xeito de saúdo e homenaxe os pendóns eran abaixados a terra por varias veces cando pasaban perto das imaxes procedentes das distintas parroquias.
EXAME DE CONCIENCIA.- Antes de se achegar ao confesionario , previo rezo do " Noso Señor Xesucristo" recomendaban os confesores que se fixese meditación e repaso dos pecados veniáis ou mortáis cometidos dende a anterior confesión. Tamén sinalaban a bondade da práctica diaria, antes de se deitar, de facer exame e propósito de emenda.
EXCOMUÑÓN.-
EXERCIZOS ESPIRITUÁIS.- a ).- Para homes. b ).- Para mulleres. c ) Para estudantes.
EXERCIZOS ESPIRITUÁIS PARA CREGOS.- Estaba establecido que cada tres anos os cregos diocesáns participasen en tandas programadas no Seminario lucense- A título particular, algúins sacerdotes participaban en exercizos organziados no Mosteiro de Samos ou no Convento da Mercé de Sárria,
EXORCISMOS.- Os ritos reservados aos cregos para curar enfeitizados, endemoñados, facer conxuros , etc. tiñan que seren seguidos segundo o Ritual Romano , debidamente autorizados polo diocesán . Os exorcismos, escritos en latín, figuraban en libriños específicos e cecáis en casos fosen seguidos por persoas leigas que recibirían total desaprobación das autoridades eclesiásticas e mesmo a condea da Santa Inquisición baixo da acusación de bruxería . * O Bispo de Lugo en Visita Pastoral á parroquia de Santa Mariña de Sárria en 22.10.1772 deixóu mandado " Encomenda ao dito Cura non consinta que nas súas freguesías haxa crego mercenario (* ) que sen licenza expresa da Súa Ilustrísima , nin esconxure a ningunha persoa que dicer estar enfeitizada , ou endemoñada, nin lle fagan nin bote escritos, nin digan misa sen colo e coa decenza que se require , máis se tiveren necesidade de abenzoar os campos, casas , conxuros de tempestade, lagosta ou outros anormáis nocivos, farao como se prevén no Ritual Romano do que usarán e non de Remixio, nin Manofilo e o dito auto farano saber aos ditos mercenarios para que o cumpran. ** E no caso de que o celo e a providencia ditasen hai necesidade de exorcismos estes se fagan polo Ritual Romano e non por ningún outro libro nin escrito".
( * ) Sacerdote mercenario era aquel que recibindo a orde do presbiteriado non tiña beneficio, parroquia ou capelanía coas que se soster , e vivía do que podía recibir por sustitucións, celebración de misas ou participación en enterros . Estaban sometidos ao control dos párrocos da súa residencia, e en moitos casos non estaban autorizados para confesores, en especial de mulleres.
EXTREMAUNCIÓN.- Agora coñecida como Unción de Enfermos.
EXVOTO DE FARBÁN.- Na igrexanova de Santiago de Farbán, na Estrada de Arriba, consévase un exvoto consistente nunha táboa pintada, procedente de a igrexa de Santiago de Farbán " A Vella", que estivo no lugar de Filloi, en espazo que agora forma parte da Casa de Redondo.
FÁBRICA DAS IGREXAS.-
FEIRAS.- Segunda feira ( luns). Terza feira ( martes ) Cuarta feira ( mércores ). Quinta Feira ( xoves ). Sesta feira ( venres ) , sábado e domingo. Anualmante a diocese editada un libriño que contiña todos os días do ano, escrito en latin. no que facía constar o santoral coas celebracións de cada día, indicando a cor dos ornamentos que se tiñan que empregar en cada un dos días,
FESTA DO CORPUS CHRISTI.- Celebrábase o xoves de Corpus ( Festa do Corpo de Cristo ) e era día festivo con obriga de ouvir misa, Agora tamén coñecida como Día do Amor Fraterno. Foi instaurada na Idade Media . Na procisión na que se percorrían as rúas da vila levando, baixo palio, a custodia co SantísimoSacramento, ademáis de cánticos de orixe antiga, como o "Pange Lingua", en latín e de xeral coñecemento, ao longo do século XX pasóu a ser de obrigada intepretación polos acompañantes do Santísimo o "Cantemos ao Amor dos amores/ cantemos ao Señor..."
FESTA DE CRISTO REI.-
FESTA DA EXALTACIÓN DA ESCOLA CRISTIÁ.- Tamén chamada " Festa de Exaltación da Santa Cruz". Celebración nas escolas e centros de ensino o 14.09.1939.
FESTA DE PENTECOSTÉS.- Celebración o día luns, 50 días despóis do Domingo de Resurreción.
FESTA DE SAN LÁZARO.-
FESTA DE SAN LOURENZO.-
FESTA DE SAN XOÁN.-
FESTA DE SAN XOSÉ DE CALASANZ
FESTA DE SANTA MARIÑA.- " Padroeira da Vila de Sárria"
FESTA DA SANTÍSIMA TRINDADE.- Celebración o domingo seguinte a Pentecostés.
FESTA DE SANTO AGOSTIÑO.-
FESTA DE SANTO TOMÉ.- Como padroeiro dos estudantes adicábaselle festividade nos centros privados de ensino existentes na vila de Sárria e tamén no colexio de externos do Mosteiro de Samos.
FESTA DA VIRXE DO PILAR.- Festividade promovida pola Garda Civil nas localidades nas que ven existindo Cuartel aberto, na que ademáis de actos propios da institución se programa unha misa á que concorren veciños e autoridades locáis. En Sárria , moitas veces tamén con procisión, celebrábase a misa na Capela de San Lázaro, pasando nos últimos anos a ser celebrada na igrexa parroquial de Santa Mariña- Na igrexa de San Salvador hai unha imaxe da Virxe que foi regalada por un neno, fillo dun garda civil. No Cuartel consérvase un cadro repuxado coa imaxe mariana ofrecida polos veciños de Sárria en homenaxe da Garda Civil no último trimestre de 1936. En Triacastela, A Pobra de San Xiao, A Cruz do Incio e Samos, organizada polos respectivos acuartelamentos programáronse , nos que estaban abertos cuartéis , misas na honra da súa Padroa. Os Cuartéis de Sárria e O Incio veñen celebrando a festa de maneira conxunta.
FESTA DA VIRXE DE FÁTIMA.- A entronización en Sárria do culto á Virxe de Fátima, con imaxes no Convento e na igrexa de Santa Mariña, movéu á celebración dunha festa , que non achóu consolidación , no Barrio da Estación. En maio de 1951 con misa na Mercé , disparo de bombas e festa profana con actuación da Banda de Musica de Sárria servíu para darlle pulo a unha devoción que por eses anos empezóu a se xeralizar na comarca.
FESTAS MARIANAS.- Ao longo do ano están establecidas celebracións adicadas á Virxe María baixo diversas advocacións: Santa María, Nai de Deus ( 1 de xaneiro ) ; A Anunciación ( 25 de marzo ); Visitación de María a Sabela ( 31 de maio ); Asunción da Virxe ( 15 de agosto ), Estas celebracións deron lugar aos nomes de muller Anunciación, Anuncia , Asunción ., Asunta , Concepción, Consolación, Consuelo , Dores , Presentación. Remedios, Socorro , Visitación . Os diversos santuarios adicados a darlle culto á Virxe María, fai que en moitos templos haxa imaxes semellantes ás que neles son obxecto de culto, e esas denominacións son acollidas para darlles nome a mulleres estando presentes na comarca entre outros : Almudena, Altagracis, Amparo, Begoña, Cabeza, Candelaria, Corpiño, Covadonga , Cristal, Ermitas, Fátima, Guadalupe , Lourdes, María do Cebreiro, Montserrat, Remedios, Rocío, Saleta,
FESTA DA VIRXE DO PILAR ( FESTA DA HISPANIDADE ).-
FESTAS DE GARDAR.- Recibían ese nome as festas establecidas , con obriga de asistiren os fiéis á misa. Os fieis levaban as súas mellores prendas de vestir. Nos acordos matrimoniáis documentados entre os bens que a muller aportaba ao matrimonio figuraba invariablemente roupas, baixo a expresión " a noiva vestida de roupa de labor e roupa de gardar"-
FESTIVIDADES DESAPARECIDAS.- Xoves da Ascensión, Corpus Christi, San Pedro, Santo Anxo
FIGAS.-
FILLAS DE MARÍA.- Agrupación relixiosa formada por nenas e mozas solteiras , baixo do patrocinio da Inmaculada Concepción. Establecida na Igrexa de Santa Mariña onde daban culto á imaxe posta baixo do seu coidado. Corrían coa celebración da Novena da Purísima Concepción e chegaron a ter un coro de voces femeninas que actuaba nos actos relixiosos por elas promovido.
FLORES E FOLLAXE DO ESTRADO DE RÚAS .- Nas festas de Corpus ( festa oficial do Concello ) e de San Xoán ( festa popular ) facíase estrado na Rúa Maior con espadanas, fiuncho e flores para o paso das procisións eucarísticas. A de Corpus saía, e segue a sair, dende San Salvador pasando por Santa Mariña e a de Corpus saía de Santa Mariña subía até San Salvador dende onde baixaba para visitar as capelas de San Roque ( Casa do Barrio ) e da Virxe do Perpetuo Socorro ( Villa Andrea ). De poucos anos para acó suprimouse a subida até San Salvador. Unha vez pasada a procesión xentes devotas recollían as flores e follaxe do estrado, abenzoado polo paso do Santísimo, e levábano para as súas casas como elemento protector.
FLORES DA NOITE DE SAN XOÁN .- Na noite do 23 ao 24 de San Xoán era tradicional poñer flores silvestres nas frenteiras das casas da vila, que tamén se gardaban como sortilexio unha vez retiradas.
FOGUEIRA DE SAN XOÁN.- Costume profano vencellado á chegada do Solsticio de Verán
FOGUETES EN CELEBRACIÓNS RELIXIOSAS.- Dende tempos antigos está documentado que algunhas confraderías , parroquias e mosteiros nas súas máis sinaldas festas , anunciaban as vísperas das máis destacadas celebracións, a alborada do día grande e as procisións co disparo de foguetes. Especial coidado tiñan en disparar tres foguetes coincidido co acto da consagración. A Orde da Mercé, e o Apotolado da Oración, manteñen a tradición da tirada de bombas nas festividades e vísperas da Virxe da Mercé e da festa do Sagrado Corazón de Xesús. Menos habitual é o feito de tirar foguetes con ocasión de celebrarense vodas, cecáis non moi xeralizado atendendo ao refrán que corre pola busbarra: " Vodas con foguetes acaban a cachetes ". Tamén con ocasión da Visita Pastoral do Bispo de Lugo ás diferentes parroquias era costume recibilo con disparo de foguetes, o mesmo se facía, en parroquias ricas con ocasión da celebración das Santas Misións.
FONTE DE AUGAS FERRAS DA FERRARÍA DO INCIO.-
FONTE DE AUGAS FERRAS DA RIBEIRA DOS CUCOS .- Beira do Camiño da Ribeira dos Cucos, perto do río, e no espazo onde agora está a Pía Municipal dos nenos había unha fonte de augas ferras , catalogada como tal a fináis do século XIX, á que concorrían veciños da vila e auguistas en tempo de verán. Recoñecíanlle virtudes curativas, especialmente contra a anemia. Cando se fixo a Praia Fluvial do Chanto foi tapada e puxeron un cano que vertía direitamente ao río, ao pé da presa do Muiño da Ponte Riveira, A bica desaparecéu comida polo ferruxe e o aproveitamento das augas mineráis desaparecéu.
FONTE DE AUGAS SULFUROSAS DE CÉLTIGOS.- Xorden na " Poza das Caldas", no lugar de Céltigos na parroquia de Santiago da Veiga.
FONTE DE AUGAS SULFUROSAS DO MORELLE.-
FONTE DA FAME.- No monte de Meixente, perto do lugar da Serra de Goián, nacen augas nun manantío que pegureiros e cavadores da bouza evitaban , porque o consumo das súas augas , se ben quitaba a sede, producía tal apetite nos que as bebían non eran quen de seguiren traballando.
FONTE DE MIRALLOS.- Beira do Camiño de Santiago, máis adiante da igrexa parroquial, entre Mirallos e a Pena, hai unha fonte ( Fonte da Virxe ), formada por dous corpos verticáis, o baixo coa fonte e o alto cunha fornela onde debéu haber unha imaxe de pedra. A crenza popular recoñecía ás augas desta fonte virtudes curativas, especialmente para as doenzas dos ollos. A falla de limpeza e o descoido na conservación do manantío fixeron que haxa tempo que non se observe a presenza de augas. Ademáis o costume dos peregrinos de poñer pedras ali por onde van pasando fixo que tanto a fonte como a fornela se vexan invadidas por moreiñas de pedra, escritos, estampas relixiosas e refugallo.
FONTE RIBEIRA.-
FONTE DE SAN SALVADOR.-
FONTE DAS VIRTUDES.- Entre o a Capela de San Marco ( Biville ) e o Pico do Faro do Páramo, a Fonte das Virtudes, a cuxo carón hai a tradición de que existíu unha capela, da lugar ao nacemento dun regueiro que rende as súas augas ao río Sárria en Vilapedre. O seu nome fai alusión á xerenza xeralizada na contorna de que a auga dese arnado tiña virtudes miragreiras para a curación de doenzas.
FRADES.-
FUNERÁIS OFICIÁIS.-
GREGORIO FERNÁNDEZ.-
HÁBITOS PENITENCIÁIS.-
HÁBITOS PROCESIONÁIS.- Confradería do Santo Enterro e da Virxe da Soidade.
HORA SANTA.-
HOSPITAL DE GAFOS.- Houbo hosptáis de acollida de doentes de lepra en Santa María da Vilavella ( Triacastela ) e na parroquia de San Pedro de Maside: Hospital de San Lázaro, en espazo incorporado á vila de Sárria en 1891.
HOSPITAL MUNICIPAL DE SÁRRIA.- Foi creado e dotado por dona Andrea de Andrés Sánchez, Marquesa de Casa López. e instalado no Barrio do Mazadoiro ( Requeixo ). Acabóu sendo complementado co Asilo de Anciásns servido até 1974 polas Irmanciñas dos Anciáns Desamparados. Para a atención dos acollidos contaba cun capelán . No edificio había unha capela. As edificacións foron derrubadas en no soar alzous a Residencia de Anciáns " Nosa Señora do Carme" de promoción municipal, á que con xerosas doazóns contribuiron as Irmásn García Vázquez.
HOSPITÁIS PARA PEREGRINOS - Houbo hospitáis para peregrinos non só no Camiño de Santiago senón tamén noutras vías que atravesaban a comarca: Triacastela. Samos : Hospital de Montán, Hospital de Samos, Albergaría de Pasacáis. . Sárria: A Aguiada. Louseiro, San Cosme do Carballal, Hospital Vello de Sárria, Hospital de Santo Antón Abade, Hospital de San Roque ou da Madalena, Hospital de Barbadelo, Hospital de Santa Marta, Hospital de Morgade. Paradela: Hospital de Mirallos. O Pàramo: Hospital de San Martiño da Torre. O Incio: San Fiz do Hospital
HOSTIAS.- Na parroquia de Santa Mariña de Sárria as hostias procedían do Hospital-Asilo do Mazadoiro, onde as fabricaban as Irmanciñas dos Anciáns Desamparados. Os mercedarios pedíanas a suminstradores foráneos,
IGREXA DE REFUXIO.-
IMAXE NAS AUGAS DO RÍO.- Costume seguido nun lugar do concello de Paradela, cando viña tempo de seca, era o de levar a imaxe dun santo á beira do río Miño, antes de que fixesen o encoro de Belesar e , atado a unha pedra, e ben ancorado , e mergullado na auga telo ali até que chuvia chegase.
INCENDIOS DE IGREXAS.- Igrexa de Santa María de Castro do Rei de Lemos.- Igrexa de San Facundo de Ribas de Miño.- Igrexa de Santo André de Paradela.- Igrexa de San Vicenzo de Betote.- Capela da Nosa Señora dos Remedios.- Capela de San Pedro de Taíde.
INCENDIOS DO MOSTEIRO DE SAMOS.- a ).- b ).- Ano 1951.-
INCINERACIÓN.- A cremación de cadavres vai sendo practicada despóis de que a Igrexa Católica , aínda recomendando e preferindo a inhumación , autorizase as incineracións. Son xeralmnte os que eleixen ese procedemento residentes no medio urbán. No cemiterio de Sárria, adosado ao muro norte do cemiterio vello, no Cemiterio Novo., hai un columbario de promoción municipal. As incineracións realizanse en Lugo ou en Monforte.
INDULXENZAS.- Concedidos 50 días de indulxenza para os que roguen polas ánimas dos sacerdotes falecidos.
IRMANCIÑAS DOS ANCIÁNS DESAMPARADOS.- A súa presenza no Hospital.Asilo de Anciáns rematóu o 23.04,1974.,
LADAIÑA LAURETANA.- Tanto en celebracións nas igrexas como con ocasión de procisiós ao ar libre cregos e fieis cantaban loubanzas e peticións , e n lingua latina, dirixidas aos santos Tiñan unha longa duración , e comezaban nomeando advocacións marianas entonadas polo clero, ás que daban resposta os fieis que ían en fieiras seguindo a cruz alzada , e no seu caso ás imaxes procesionáis . De xeito resumido, omitndo aqui moitas delas, entoaban as advocacións marianas ..... Santa María ( Respondían : Te rogamos audinos. Rogamosche, ouve nos",,, Santa Virxe das Virxes.,,,, Raiña do Santo Rosario...... Seguían as chamadas dirixidas aos santos : Santa María,,.... San Miguel.... Todos os santos anxos e arcanxos... Todos os santos coros dos espiritus benaventurados ,,,, San Marco .... Todos os santos apóstolos e evanxellistas...... Tdoos os santos discípulos do Señor.... Tódolos santos inocentes...... Santo Estevo.... San Lourenzo.... Todos os santos mártiresr San Silvesre....San Gregorio.... Todos os santos bispos e confesores..... Todos os santos doutores Santo Antoio.... San FRancico... Todoso os santos sacedotes e levitas ..... Todos os santos sacerdotes e levitas Santa María Madalena.... Santa Anastasia..... Todas as santas virxes e viuvas ... Todos os santos e santas de Deus..... ( as resostas , en singular ou en plural, dicían : " Roga por nós"...." Rogade por nós " ... Seguían peticións ás que se rspodía: Liberanos Domine . Libranos , Señor"..... De todo mal... De todo pecado.... Da túa ira..... Da morte súpeta e imprevista.... Da teimosía do diaño.... Da cólera, da xenreira e de toda mala inten ción..... Do espiritu de forniucación.... Do raio e da tempestade-... Do xostrego dos terremotos... Da peste, da fame e da guerra... Da morte eterna.... Polo misterio da túa santa encarnación..... Pola túa vinda.... Polo teu bautismo e xexún santo.....Pola tú cruz e a túa paixón.... Pola túa morte e sepultura..... Pola túa santa resurreción,,,, Pola túa admirable ascensión.... Pola vinda do Espiritu Santo , consolador noso.... E no día do Xuizo ... ( Cristo ouvemos ) ( Cristo, escoitanos ) ( Cristo trn peidade de nós ) ( Señor, ten piedade de nós ).
LADAIÑA DO SANTÍSIMO SACRAMENTO.-.
LÁMPADA DO SANTÍSIMO.- Presente en todas as igrexas parroquiáis, nela había luz permanente, alimentada con aceite, na honra do Santísimo Sacramento. Nas parroquia pobres somente estaba acesa cando nas igrexas había actos de culto Despóis do Concilio Vaticano II as lámpadas foron eliminadas acabando na súa maior parte nas mans de anticuarios e sustituídas por un velón aceso día e noite.
LAMPADARIO.- Unha vez autorizado o uso da electricidade para alumear diante de imaxes e altares , como método de recollida de esmolas , foise implantando a colocación duns aparellos metálicos con pequenas bombilliñas semellando velas que se acenden cando se bota a moeda na boeta , producindose automáticamente o alumeado individualizado.
LAMPADARIO DO SANTUARIO DOS REMEDIOS.- A crecente devoción á Nosa Señora dos Remedios no Alto de Cesár á que os fieis ofrecen candeas aconsellou , por motivos de seguridade, que a carón da porta norte de fixese un espazo ao ar libre , con un telladiño, onde colocan un bon número de candeas, No ano 2024 produciuse un pequeno incendio que queimóu un bon número delas.
LAVANDEIRAS NO RÍO.- Existía a crenza de que as mulleres que abortaban sofrirían a condena de ter que estar lavando roupa e cando pedían axuda para torcer as sabas , ao dicir o requerido ou requerida "Santa María me valla", desaparecían mentres no río quedaba un rastro de sangue.
LAVATORIO DE PES DOS POBRES.- Na celebración dos actos relixiosos do Xoves Santo , na igrexa de Santa Mariña, cumprían co rito de lavarlles os pés a doce varóns en lembranza da Última Cea.
LECTURA DE XORNÁIS E PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS.- Os bispos calificaban públicamente as publicacións que os fieis non debían ler , ao tempo que recomendaban a lectura das que, calificadas como " católicas" , en especial os xornáis e revistas promovidos polas dioceses e que destacaban estar sometidas á " censura eclesiástica " Non eran moi atendidas esas proibicións, e os xornáis "laicos", "liberáis" e da máis variada calificación politica gozaban de difusión xeral malia á contina descalificación da que eran obxecto tanto por parte da xerarquía como dos párrocos nos seus sermóns.
LIBRO DE ANIVERSARIOS.- Libro que se levaba nos mosteiros de Samos e a Madalena, sinalando os calendarios de misas rezadas e misas cantadas, cos seus responsos, que polos benfeitores , fundadores e dotadores de rendas para eses actos de culto sinaladas tiñan que celebrar ao longo do ano. Os Visitadores Apostólicos recomendábanlles aos párrocos a levanza deste libro e das táboas del derivadas para daren exacto cumprimento ás obrigas contraídas,
LIBRO DO APOSTOLADO DA ORACIÓN.- Nas parroquias onde existen Seccións do Apostolado da Oración a presidencia e o seu segredario deben levar un libro no que se recollan as actas das reunións preceptivas e a relación dos seus compoñentes.
LIBRO DE BAUTISMOS.- A levanza de rexistros sacramentáis foi imposta polo Concilio de Trento. Son poucas as actas que se conservan dos séculos XVI e XVII e , con abondosas lagoas documentáis, é no século XVIII cando empeza a xeralizarse a súa cuprimentación, nos primeiros tempos mesturando os datos de bautismos, casamentos ou enterramentos. Aínda que nas actas deberían figurar o nome e apelido do bautizado , identificación dos pais e dos avós, data de nacemento e bautismo, nome dos padriños e do sacerdote oficiante, en moitos casos omítense moitos deses datos. Con relación ás inscricións referidas a parroquias ruráis soe axudar na pescuda de datos a indicación da aldea ou casar de nacencia , aínda que coa mudanza de curatos , agregacións e segregacións de parroquias a pescuda de antepasados presente ás veces dificultades . Cando foi do incendio de 1951 no Mosteiro de Samos desapareceron os libros das parroquias que estaban rexidas por monxes bieitos. Froito de omisións á hora de anotar os bautismos era que pasado o tempo houbese que facer expedientes para sustituir a falla cometida polos pàrrocos neglixentes ou pouco atentos á hora de inscríbilos . A xeralidade dos libros conservados foron recollidos no Arquivo Diocesán ( Praza de Santa María. Lugo ), onde poden ser consultados e se poden obter certificacións. Para asuntos civís son proba as inscricións anteriores ao ano 1871. Do ano 1871 adiante , ademáis de nos libros parroquiáis, os datos dos nacementos poden obterse nos Rexistros Civís dos Concellos.
LIBRO DE CASAMENTOS.- " Libro de Matrimonios".
LIBRO DE CONFERENCIAS.- Destinado a recoller as actas das Coferencias Moráis nas que participaban sacerdotes de varias parroquias, para trataren asuntos eclesiáis, dogmáticos e de posta en común.
LIBRO DE CONFIRMACIÓNS.- Aínda que os bispos recomendaban a cumprimentación deste libo rexistro, son moi poucas as igrexas que o posuiron. Nun Libro de Bautismos da parroquia de San Salvador de Sárria da segunda metade do século XVIII recóllese unha longuísima relación de confirmandos de toda a Comarca que recibiron o sacramento na igrexa do Convento de Santo Agostiño ( Mosteiro da Madalena ).
LIBRO DE CONXUROS.- Os cregos manexaban, para faceren os conxuros autorizados pola Igrexa , libros nos que figuraban os ritos que se tiñan que facer . Na comarca de Sárria apareceu un libro chamado " Libro de Conxuros contra treboadas contra vermes e arañola, contra pestes e males contaxiosos , contra rabia e contra endemoñados , contra as aves , roncos , ratos, lagostas e contra todos calisquer animáis corrosivos que danan viñas e pans , e árbores semente ; agora novamente enadidos . Sacados de Misáis , Manuáis e Breviarios Romanos ; e da Sagrada Escritura. Composto e ordeado polo P. Fr. Diego de Céspedes , Monxe Bernardo, Prioiro do Mosteiro Real da Nosa Señora a Branca de Marcilla, e Lector de Sagrada Teoloxía. Con Licenza. En Pamplona , pola herdeira de Carlos de Labayén. Ano 1641,." Foi aprobado en 23 de agosto de 1626, e en 28 de xuño de 1627 , por frei Marcos de los Huercos e tiña o prezo sinalado de tres maravedís por prego ( Martín de Uribarri, 19 de xuño de 1627. Contido: Conxuros contra tempestades , raios , pedra e saraiba. Conxuros contra doenzas e peste, e outros males que soen entraren nalguhas casas. Conxuros contra todo home ou muller endemoñados. Conxuro contra vermes, Conxuros contra trasnos e bruxas que soen amolar algunhas casas e ás persoas delas, Nenos e Nenas, homes e mulleres.
LIBRO DE DEFUNTOS-
LIBRO DE FÁBRICA.-
LIBRO DE MISAS.-
LIBRO DE OBRAS PÍAS.-
LIBRO DE PADRÓN PARROQUIAL.-
LIBRO DE PRIMICIAS.-
LIBRO REINO DE GALICIA.-
LIBRO DE SAN CIBRAO "O CIPRIANILLO" .- Libro que, como en todas as comarcas galegas, contiña oracións, ensalmos e relación de pasos a seguir para facer posible o achado de "tesouros " ocultos en antigos xacementos arqueolóxicos, que permitirían que quen do librro se servisen achar o premio de inmensas riquezas. Esa crenza deu lugar a que se cavase en espazos de castros ou se abrisen as mámoas.E cando se acharon obxectos de ouro, moitos deles acabaron en mans de dentistas.
LIBRO DE SEPULTURAS.-
LIBRO DE SEPULTURAS DO CONVENTO AGOSTIÑO DE SÁRRIA.- Libro manuscrito con debuxos de altares e sepulturas monumentáis e esquemas da ubicación das foxas dotadas , con indicación das persoas enterradas ao longo dos anos. Remata con anotacións e táboas de misas dotadas , responsos e outras obrigas.
LIBROS PROIBIDOS.- Ademáis do Indice de libros prohibidos que a Igrexa Católica Romana tiña establecida, os bispos , nas respectivas dioceses, publicaban e publicitaban listados de libros de lectura "perniciosa " , e dende os púlpitos e actos relixiosos os párrocos daban coñecemento das penas a que ,por ser grave pecado , se verían suxeitos. Como a Biblia , en latín e con anotacións e acotacións, só podía ser lida na versión oficial da Igrexa, a lectura das edicións en lingua castelá, procedentes de confesións protestantes , e sen anotacións, estaban consideradas como moi perigosas e quen as lesen podían ser obxecto de graves censuras e mesmo de excomuñón. No período liberal 1820/1823 foi suprimida a Inquisición e quedóu sen efecto a relación de libros prohibidos. O 20 de xaneiro de 1824 o bispo de Lugo Xosé Antonio de Azpeitia Sáenz de Santanaría adiantándose ao por el desexado restablecemento da Inquisición manda que todas as persoas da súa diocese, baixo pena de excomuñón, os libros contidos no Índice e os Editos posteriores. , e sinala 53 autores malditos autotores de obras publiacdas en castelán e francés , abrindo a relación " O Contrato Social" e " O Emilio" de Rousseau" e o Dictame e Notas da Comisión Eclesiástica encargada do arranxo definitivo do Clero de España ( 1823)",
LINGUAS VERNÁCULAS.- O Concilio Vaticano II suprimiu o uso único do latin como lingua propia das misas , pasando a ser xeralizado o emprego das linguas modernas propias dos distintos paises. Iso deu lugar a que en toda a comarca pasasen os cregos a utilizar a lingua "castellana ". Houbo na vila de Sárria un movemento a prol do uso da lingua galega nas distintas celebracións relixiosas con recollida de sinaturas que non gozóu de acptación polo clero local. En realidade , agás algúns cantos en galego dentro da misa e ocasionáis misas con ocasión de algunhas festividades, o uso do galego é meramente episódico. No medio rural algúns cregos din misas en galego, se ben á hora de pregar , ou mesmo cando fan citas da biblia ou dos Evanxellos fan as citas en castelán . Non se establecéu a celebración en horarios predeterminados de misas regulares en galego, Como curiosidade hai que sinalar que no cemiterio de San Facundo de Ribas de Miño as inscricións dos enterramentos están en galego. Tamén aparece esporádicamente en galego algunha cartelería ou programacións de celebracións. A terceira parroquia da vila aparece rotulada como da "Nosa Señora do Rosario"
LOITO.- Costume social imposto aos familiares dos falecidos como símbolo da pena sentida pola súa desaparición, amosada coa vestimenta, limitación de esparcemento e de reunións . As mulleres , adultas e nenas, viñan obrigadas a vestiren roupas negras, e así as familias de poucos recursos tiñan que tinguiren as de uso ordinario e vestir de negro , xeralmente por tempo de dous anos. Os homes e nenos tiñan que poñer unha tea negra na manga da chaqueta ou peza de uso exterior, as camisas levábanse con botóns negros e era obrigado o uso de garabata da mesma cor. Os sobres e as follas das cartas levaban unha orla negra . Durante o tempo do loito os membros da familia non organizaban festas ou seráns, nin podían participar nas das parroquias e familias achegadas, e mentres duraba esa situación non facían aportacións para as festas organizadas polos ramistas da parroquia. Os varóns tampouco concorrían , na maior parte dos casos , ás tabernas. En xeral as mulleres viuvas no medio soían vestir de negro o resto das súas vidas. Na vila as viuvas, pasado un tempo que cada unha delas fixaba, pasaban a " vestir de alivio" con maior e discreto uso de vestidos doutras cores.
LOUREIRO DO DOMINGO DE RAMOS .- En Sárria na procisión do Domingo de Ramos nenos, mozos e maiores participaban levando ramos de loureiro, e os máis fortes portando arboriñas de bon tamaño. Pouco a pouco foron aparecendo ramalliños de oliveira e palmas adquiridas en comerzos. Mantense na actualidade a crenza de que os ramallos bendecidos son protectores contra o mal e póñenos nos portáis das casas e as palmas nos balcóns.
LUISES.-
LUNS DE PASCUA.- Tamén coñecido como "Pascuiña". A tradición popular na comarca , finalmente trasladada ao Domingo de Pascua, tiña como protagonistas aos mozos e mozas, que en grupos diferenciados por sexos, saían cara os montes da contorna onde celebraban animadas merendas , Na microtoponimia rexistrase a denominación " Pena das Merendas ". No ano 1954 o Catecismo da Mercé de Sárria con esa ocasión organizóu unha merenda no Campo dos Remedios do Alto de Cesár, onde os catequistas prepararon unha paella , fixeron unha visita ao Santuario e organizaron un partido de fútbo. O Circulo Geegorio Fernández, da OJE de Sárria, na década de 1960 programóu merendas de Pascua no Monte de Santa Cristiña.
MADRIÑAS. - En bautizos, vodas , primeiras misas.
MAL DE OLLO.- Tamén chamado " Frida de ollo"
MANDAS FORZOSAS.- A favor das ordes mendicantes,
MARÍAS DOS SAGRARIOS.- Esta organización adicada a María Madalena, María de Cleofás e María Salomé , creada baixo o nome de Obra das Tres Marías dos Sagrados Calvario , foi fundada en 1910 en Huelva por Manuel González González , que foi bispo en Málaga e Palecia. Na diocese de Lugo as súas compoñentes aparecen nomeadas o " Marías dos Sagrarios". A súa finalidade era a de acompañar e reparar a Xesús Sacramentado , especialmente na soidade dos seus sagrarios , amando polos que non o aman e reparar polos que o ofenden . Fins xeráis: A gloria de Deus, a satificación dos seus membros por medio do seu apostolado activo , atraer a a outras persoas cara a Eucaristía .Unha das súas actividades para as que eran requeridas as súas compoñentes pola Curia e os sacerdotes era a consecución de obxectos de culto para parroquias pobres: cálices, copóns, cortiniñas para os sagrarios , panos litúrxicos e sagrarios, Na cidade de Lugo tiñan especial presenza as Señoras do Tumbiadoiro ( Vilamaior ), María Alvarado e a súa filla. En 1958 esta obra sostiñan e participaban na confeción de ornamentos varias señoras da vila e estaba operativa na parroquia de Santa Mariña de Sárria.
MATRIMONIO CIVIL.- Como consecuencia do golpe militar de 1936 e asunción das normas católicas en 12,03,1938 publicouse a lei derogatoria do matrimonio civil.
MEDALLAS.-
MEIGAS.-
MÉRCORES DE CINZA.- " Pulvis eris et in pulvis te reverteris"
MES DAS ÁNIMAS.- Mes de novembro.
MES DE MARÍA..- Mes de Maio
MES DO ROSARIO.- Mes de outubro.
MES DO SAGRADO CORAZÓN DE XESÚS.- Mes de xuño.
MESOTES DAS MULLERES .- Até os anos 1960 unha boa parte das igrexas ruráis non tiñan bancos para se sentaren os fiéis. Os homes oían misa de pé, ben no corpo do templo ou na tribuna , e algúns fregueses destacados sentaban nas beiras do presbiterio. As mulleres, cando ían á misa, levaban uns pequenos mesotes individuáis de madeira con cuberta mulida, de non máis dunha cuarta de altura, na que sentaban agachadas nas ocasións que o culto o permitía.
MEZQUITA.- Lugar de oración para os musulmáns residentes en Sárria, establecida na Rúa Nova.
MINERVA.- Misa seguida de procisión eucarística . En Sárria está documentado o feito de que as autoridades locáis ( Xustiza e Rexemento da Vila ) presidián as Minervas que se celebraban no Mosteiro da Madalena de Sárria e no século XVIII esas autoridaes locáis seguiron pleito, que perderon, para garantir ese dereito de presidiren a procisión que percorría o claustro , saíndo e entrando pola Porta de Grazas,
MIRAGRES.- Na conciencia popular diversos episodios fora do normal foron interpretados como miragres. Na igrexa de Santiago de Farbán gárdase un ex.-voto que narra como miragre o que lle acontecéu a un veciño de Ribela que andaba a carretar pedras de cantería para a obras na igrexa parroquial nun carro tirado por bois, Ao estar baixando pola Ribeira de Cervos, en Barbadelo, o carro cabeceóu baixando pola súpeta costa sen control. O carreiro invocóu ao Santo Critto e malia que as pedras e o carro pasaran por riba dos bois nin estes nin o carro resultaron danados . Subiron ao camiño o material, os bois e o carro e o fervoroso fregués levou o seu carreto até o adro da igrexa.* Na parroquia de San Salvador de Toirán fan un relato semellante ocorrido cando andaban a facer un carreto para as obras dunha casa , con resultado de resultar ileso o carreiro e salvos os animáis , carro e materíais, grazas á intervención da Virxe do Rosario. A esta advocación recoñecíanlle carácter miragreiro en toda a contorna como o proba o feito de que a capela onde se garda a famosa imaxe , situada nun castro, teña unhas dimensións e disposición máis propias dunha igrexa parroquial ca dunha ermida isolada lonxe dos lugares da parroquia.
MISA DE ALBA.-
MISA DE CÓRPORE INSEPULTO.-
MISA DE DEFUNTOS.-
MISA DIARIA.-
MISA DE GLORIA.- Cando morrían nenos de tenra idade , fundados na idea de que " eran anxos que ían direitos ao ceo", o seu enterro, portado o cadáver en cadaleito branco, era acompañado por repenique " de gloria" e celebración dunha misa da mesma denominación.
MISA DO PEREGRINO.-
MISA DE PONTIFICAL.- As misas celebradas polos bispos, revestidos das roupas propias da súa dignidada e con uso da mitra, reciben ese nome. Os abades de San Xulián de Samos, en ocasións solemnes, tamén oficiaban a Misa de Pontifical.
MISA DE SAN SILVESTRE .- Foi moi antigo costume o de se reuniren os fregueses na igrexa parroquial na noite do 31 de decembro , onde oían misa, e mantiñan aceso toda a noite un grande cepo. Os bispos acabaron censurando este costume por mor da promiscuidade convivencial de persoas dos dous sexos dentro da igrexa.
MISAL DE DEFUNTOS.-
MISAL ROMANO.-
MISAS DOMINICÁIS.-
MISAS CANTADAS.-
MISAS GREGORIANAS.- Estaba estatuido e era costume xeralmente seguido o de que , con posterioridade aos enterros se lle encargase ao párroco a celebración durante trinta días seguidos de misas polo eterno descanso dos falecidos ( os domingos non eran hábiles ) . Na actualidade , suprimido o rosario dos sete días na casa do difunto, o rezo dun rosario vespertino seguido de misa, por sete días , reúnen a familiares , veciños e amigos na igrexa parroquial.
MISAS OFRECIDAS.-
MISAS REZADAS.-
MISAS DE VELACIÓN.-
MISAS VESPERTINAS.- Establecidas despóis do Concilio Vaticano II.
MONAGUILLOS.-
MONUMENTO DE XOVES SANTO.-
MORDOMOS PARROQUIÁIS.-
NACEMENTOS.- Na vila de Sárria, na igrexa conventual da Mercé, na Capela do Santo Cristo, faise instalación dun nacemento con figuras de tamaño regular. No Postulantado tamén poñian um nacemento con figuras pequenas. Varias familias facían isntalacións nas súas casas que eran visitados polos veciños.Ocasionalmente algunha tends poñíao nos seus escaparates. As " señoritas de Castiñeira " tiñan no corredor do primeiro andar da súa casa, na rúa Maior, un portal que fixeran con faragulla de pan e que ensinaban con preferenza aos nenos que pasaban por diante do edificio. Os centros de ensino primario e medio fan creacións navideñas de variada feitura. Sen continuidade en colexios e con ocasión das Cabalgadas de Reis organízaronse Nacementos Viventes. Tamén en contadas ocasións, de xeito artístico, e con grande tamaño se fixeron Nacementos ambientados no portal de Belén .
NAVETA.-
NENOS REPARADORES.- Asociación relixiosa infantil darredor do culto eucarístico .En 1958 estaba operativa nas parroquias de vila de Sárria.
NOVENAS.- En San Salvador de Sárria: Novena da Virxe de Lourdes. Novena da Virxe Milagrosa. Novena da Virxe dos Desamparados. Novena de San Lázaro. Novena de Santa Lucía. Novena do Sagrado Corazón de Xesús, Novena da Virxe dos Desamparado. En Santa Mariña de Sárria: Novena da Purísima Concepción, Novena da Nosa Señora das Dores. Novena de San Luis. Novena de San Xoán. Novena da Virxe do Perpetuo Socorro. Farbán . Novena de San Roque. Novena do Santo Cristo de Goián. Vilar de Sárria: Novena da Virxe do Perpetuo Socorro.
OBLATOS.-
OBRA PÍA DOS GUITIÁN.-
OBRA PIA DOS HOSPITÁIS DE SANTO ANTÓN ABADE E SAN LÁZARO.-
OBRA DAS TRES MARÍAS DOS SAGRADOS CALVARIOS.- ( Ver Marías dos Sagrarios ).
OBRA DE VOCACIÓNS SACERDOTÁIS .-
OFRECIDOS.- Ofrecidos descalzos .- Homes ou mulleres que dende os seus lugares ían ás igrexas e santuarios de especial sona descalzos de pé e perna. Tamén no tempo de facer viacrucis ou en festividades sinaldas había quen daba voltas ao templo descalzos. Ofrecidos a camiñar axeonllados, darredor das igrexas ou capelas. Ofrecidos con hábito.- Homes e mulleres que desexaban obter sanación ou beneficios comprometíanse a vestiren hábito cinguido , tanto na esperanza de obter o pedido como en agradecemento por telo conseguido.
OFRENDA DOMINICAL POLOS DEFUNTOS.- ( 1714 / 1725 ) Pleito promovido polo párroco de Lier e Frolláis por non contruiren coa offenda dominical aos seus defuntos, primeira instancia en Samos, segunda instancia en Madrid.. En 1767 o párroco as ofrendas dominicáis e en 1768 pon pleito
OITAVAS.-
ORACIÓNS DA MAÑÁ.- Costume xeralizado , especialmente vixiado polas nais con relación aos nenos e nenas, era ao se ergueren pola mañá , despóis de se santiguaren rezasen algunha oración ou recitacións de poemiñas relixiosos.
ORACIÓN MARIANA.- Oración versificada de moi xeral coñecemento era a que dí " A ti celestial princesa / Virse sagrada, María /, ofrézoche eu neste día / alma , vida e corazón , Non me deixes Nai querida / , ,,,, que na casa rematabamos enadindo " morrer sen a túa benzón ",
ORACIÓN MENTAL.-
ORACIÓNS DA NOITE.- Antes de se deitaren os maiores, e tamén os miúdos, facían rezos e recitaban fórmulas como " Con Deus me ergo, con Deus me levanto, coa Virxe María e o Espiritu Santo". " Catro esquiniñas ten a miña cama / catro anxiños que ben a gardan,/
ORDE SACERDOTAL.- Prima clerical tonsura.-Acólitos.- Leitorado.- Ostiarado.- Exorcistado . Subdiaconado.- Diaconado.-Presbiteriado.-
ORDE TERCEIRA FRANCISCÁ.- Terceira Orde Regular de Penitencia de San Francisco formada por laicos consagrados, na que cada irmán se compromete a realizar a súa profisión a vivir o Evanxello á maneira de San Francisco no seu estado seglar ouservando a Régoa da Orde Franciscá Seglar aprobada pola Igrexa. Baixo da direción e patrocionio dos relixiosos franciscáns estableceuse na parroquia de Santa Mariña de Sárria un grupo desta orde terceira , entronizaron nese templo unha imaxe so santo , organizaron novenas e outros actos píos, dándolle especial protagonismo a pregadores franciscáns. En algunhas parroquias ruráis , máis ben a tiduo individual , houbo persoas integradas na orde terceira suxeitas ao convento lucense. Desta orde non queda máis memoria cas imaxesde San Francisco e Santo Antonio de Padua colocadas nun altar lateral na igrexa de Santa Mariña-
ORDE TERCEIRA DA MERCÉ.- Recuperada a vida relixiosa no ex-convento de Santo Agostiño de Sárria coa chegada da Orde da Mercé en 1896 , e para vencellar aos leigos co labor espiritual dos frades estableceron a Orde Terceira.
ÓRGANO.- Órgano da igrexa mosteiral de San Xulián de Samos. Órgano da igrexa conventual da Mercé en Sárria,
OSOS DE SANTO.- Doce tradicional ofrecido polo Día de Todos Santos e Día de Defuntos.
PADRE LEO..-
PADRIÑOS.-
PADROADO DAS IGREXAS PARROQUIÁIS.- O feito de que moitas das igrexas foran promovidas por particulares e por mosteiros, bispos e outros benfeitores fixo que se lles recoñecesen dereitos , entre eles como máis destacado o de exercer o dereito de presentación dos párrocos cando os curatos quedaban vacos, ou dereito á percepción dunha parte dos dereitos desmales. O dereito de presentación de párracos exercido por bispos, deáns, mosteiros , casas nobres, fidalgos e mesmo persoas podentes, mantívose vixente até mediados do século XX. Na Terra de Sárria un bon número eran dereitos exercidos polo bispo lucense, que acabóu exercendo os que corresponderan ao Mosteiro de Samos ( "nullius diocese" ) , a outros mosteiros , tamén de monxas , ás suprimidas Ordes Militares e á sede compostelá. En 1915 conservaban o dereito de presentación de moitas igrexas , na seguinte maneira: Conde de Lemos ( San Xoán de Bardaos, Castelo de Somoza, Corvelle, Lousadela, Maside, O Muro, Noceda, San Miguel de Paradela, San Vicenzo de Paradela, A Pobra de San Xiao, Rubián de Cima, San Xulián da Veiga, Santiago da Veiga, Vilaragunte, Vilasouto ). Conde de Maceda e Taboada ( Aldosende ),.....San Salvador de Sárria ( A Súa Maxestade ). Betote ( Levador do Couto de Piño ). Cedrón ( Dono do Couto de Láncara ). Cesár ( Deán de Santiago de Compostela ). Chorente ( Señor de San Sadurniño de Froián ). Goián ( Señores do Couto de Goián ). A Laxe ( Dono do Couto de Pol ). Laiosa ( Señor da Vila e Fortaleza de Laiosa ). Loio, Piñeiro ( Conde de Amarente- Marqués de San Miguel ). Seteventos ( Cabido de Mondoñedo ) Toirán ( Casa de Láncara ). San Vicenzo de Toldaos ( Marqués de Castelar ).. Baráan ( A Súa Maxestade e o Señor do Couto de Domiz e Peruscallo. O Fontao e Láncara ( A Súa Maxestada e o Señor de Láncara ). San Pedro de Froián ( Bispo de Lugo e Señor da Chanca ). Nespereira ( As Agostiñas da Nova de Lugo e os Herdeiros de Pedro Rodríguez do Páramo ). Oleiros ( A Súa Maxestade e o Señor do Couto de Larín ).. Reimóndez ( Bispo de Lugo e o Conde de Lemos ). Río ( Casa de Rubín e Casa Dónigas ).. Santa Mariña de Sárria ( Bispo de Lugo e Marqués de Sárria ). Vilar ( A Súa Maxestade e Marqués de Vilar ), Vilarmosteiro ( Marqués de Viance e e Herdeiros de Alonso Díaz do Páramo ), Vilaleo ( 2 quendas a Casa de Láncara 1 quenda o Conde de Lemos ). Sáa ( Donos de Rionegro, Goián O Pàramo e outros ).Vilaesteva ( Sucesor de Rodríguez de la Ribera e Marqués de Parga e outros ). Vilamaior ( Sucesor de Xacob Pallares , Marqués de Viance e outros ). Góo ( Bispo de Lugo, Cabido de Lugo e Constanza das Mariñas.
PALETILLA CAÍDA .- Era crenza xeralizada que moitas situacións de doenzas e decaimentos de ánimo tiñan razón de ser en "ter a paletilla caída " e para que lla levantasen acodían a persoas que sabían como facelo . Para comprobar esa situación sentaban nunha cadeira ao paciente , mandábanlle erguer as mans en alto por riba das cabezas e se non igualaban os dedos, quedando os dunha man máis baixos ca os da outra era evidencia de ter a paletilla caída. Ademáis de facerlle estiramentos e movementos dos osos do espiñazo de torax soían mandarlles aos pacentes que non traballasen nin collesesn pesos por un período de tempo. O seguir o consello do "pizmeiro", nun tempo no que os traballos persoáis eran duros e penosos, evidentemente producían o beneficio de eliminar o "strees" e o efecto placebo que levaba a que cada certo tempo se repetise o levantamento.
PALIO.-
PAN DE ESMOLA.- Foi costume mantido nas casas podentes e nos conventos , cando facían fornadas, cocer algunhas pezas que se daban tanto aos pobres residentes na parroquia como a aqueles que estaban de paso.Nos conventos , ben en días sinalados dentro da semana, como chamando na portaría os esmoleiros recibían pan para a súa mantenza. Coñécense, en especial, as esmolas da Casa Grande de Sárria e as do Pazo do Tumbiadoiro, en Santa María de Vilamaior da Lobataira ou de Paradela, que tiña a gala ter a súa porta sempre aberta para pobres, como rezan as palabras grabadas no arco da porta principal,
PAN DOS POBRES.-
PASCUA.- Ovos e manteiga para os cregos. Festa das Merendas. Festa dos Ovos ou da Tortiña.
PASCUA FLORIDA.- Confesar e comungar cando menos unha vez en cada un ano.
PASCUA DE RESURRECCIÓN.-
PASCUAS DO ANO.- Son catro: Pascua de Natividade.- Pascua de Epifanía.- Pascua de Resurreción.- Pascua de Pentecostés ( Pascua Florida )
PASCUIÑA.-
PAULINA.-
PELERINAXES.- A Santiago de Compostela. A Xerusalén. Ao Cebreiro: Adoradores a pé dende Portomarín e Sárria, Ao Santo Cristo de Goián. Á Catedral de Lugo. Ao Santuario de Limpias. Á Capela de San Marco. A Santo André de Teixido.
PELERIÑOS.- Xa dende o século VIII aparece documentada a axuda e recepción de peleriños nas igrexas e mosteiros da Terra de Sárria. Hospitáis. Acollida nas casas particulares. Hai documentada a pelerinaxe a Terra Santa dun veciño de Sárria no século XVII.
PENDÓN PARROQUIAL.- Estandarte parroquial de tamaño polo común desmesurado.
PEREGRINACIÓNS.- A Santiago de Compostela. Ao Santuario do Cebreiro.- A Santo André de Teixido . A Xerusalén.- Ao Santuario das Ermidas. Ao Santo Cristo de Goián. Á Ermida de San Marco.- Á Ermida de San Paio.-
PETOS DE ÁNIMAS .- A crenza de que ás ánimas dos cristiáns falecidos que non quedaran libres de culpas ao tempo da súa morte tiñan que se purificaren no Purgatorio, un lugar onde previamente á subida das almas ao ceo, había que permanecer por días ou por séculos , onde polo "lume" se producía o lavado e esquecemento das máculas do pecado. Con oracións e esmolas era posible axudar ao rescate desas almas pola concesión de indulxenzas, tanto de concesión dos papas como dos bispos diocesáns, contribuindo á saída dos purgantes que vían reducida a súa permanencia no Purgatorio. Para recoller esmolas fixeron petos, ben nos muros das igrexas ben como pequenas edificacións rematadas con cruces e con gravuras de almas nas lapas do Purgatorio, nas que se poñían caixas de ferro para a recolleita de moedas ofrecidas para " as benditas ánimas do Purgatorio". En San Salvador de Sárria, na Ponte Vella de Vilar de Sárria e no muro do adro da igrexa de Farbán que dá á estrada houbo petos. O que se recollía no peto de Farbán, potenciado pola grande devoción ao Santo Cristo, foi, segundo documentación coñecida, adicado á construción da nova igrexa da parroquia.
PETOS DE SANTO ANTONIO.- As Irmanciñas dos Anciáns Desamparados , residentes no Hospital-Asilo do Mazadoiro ( San Martiño de Requeixo ) puxeron petos de cemento armado nas dúas entradas do Campo da Feira de Sárria, que deixaron de ser receptáculos de esmolas cando ao abandoar Sárria retiraron as imaxes que tiñan nas capeliñas. A capeliña da Rúa da Mercé , sen cristáis nin reixa aínda se mantén. Por varios anos esa capeliña albergóu unha imaxe en pedra de Santiago, feita por un alumno dunha Escola Obradoiro, que foi obxecto de roubo.
PÍA DA AUGA BENDITA.- Dentro das igrexas , a carón das portas, ben metidas nas paredes , ou exentas están instalados receptáculos onde se depositaba auga bendita para uso dos fieis , que mollabam nelas os dedos para se santiguaren , tanto ao entrar como ao sair do templo. Por razóns hixiénicas, e mesmo por se ter observado en cidades que se utilizasen para lavado de xeringas usadas por drogaditos foise deixando de repoñer a auga, e coa pandemia do Covid consolidouse o feito de que os fieis deixasen de se servir dela á hora de se santiguaren.
PIZMEIROS.-
PLACAS DO SAGRADO CORAZÓN DE XESÚS.- Nas portas de moitas casas particulares colocaron placas metálicas cunha imaxe do Sagrado Corazón de Xesús, coa lenda " Reinaré en España". En Villa Andrea e na Casa do Forno de Pallares hai medallóns en relevo coa imaxe do Sagrado Corazón nas frenteiras das edificacións.
PLÁTICAS.-
POBRES DE PEDIR.- Nos Mosteiros. No Pazo do Tumbiadoiro, en Santa María de Vilamaior, tiñan a gala ter as súas portas sempre abertas para asistiren aos pobres. Na Casa Grande de Sárria, a familia dos Saavedra, cocía unha vez por semana pan de esmola para pobres.
POÑER O SANTO.- Rito consistente en facer benzón dos fieis cunha imaxe pequena manexada polo "santeiro" . Eduardo Lence Santar e Guitián , darredor do ano 1900, recolle como viva esa tradición na romaxe do Santo Cristo de Goián.
POSTULANTES.-
PRECEPTORIA DA ABADÍA DE SAMOS.-
PRECEPTORÍA DO CONVENTO DA MERCÉ DE SÁRRIA.
PRECES DE DESPÓIS DA MISA.- Unha vez rematado o segundo evanxello o oficiante, necesariamente axeonllado na tarima do altar ou nos chanzos, tiña que rezar as preces establecidas.
PRECES DO ESPÍRITU SANTO.-
PRECEUTO PASCUAL-
PRESIDENCIA DE AUTORIDADES EN ACTOS RELIXIOSOS.-
PRIMEIRA MISA.-
PRIMEIROS FROITOS.- Cando á hora de comer se comían os primeiros froitos da tempada había que dicir : " ¡ Deus nos axude ! ".
PRIMEIROS SÁBADOS DE MES. - Adicados á Virxe María.
PRIMEIROS VENRES DE MES.- En Sárria os estudantes nos colexios privados de ensino secundario de xeito obrigado interrumpían as clases todos os primeiros venres de mes e concentrados na igrexa de Santa Mariña eran confesados por catro ou máis sacerdotes e asistían a unha misa rezada na que recibían a comuñón.
PRIMICIAS.-
PROCISIÓNS.-
PÚLPITOS.- Na igrexa do Mosteiro da Madalena ( Convento da Mérce ) , na man esquerda da Capela Maior , riba do arco de entrada dende a Capela do Cristo, estivo o púlpito que era un oco rectangular aberto na parede , e que foi anulado e cuxa forma é claramente visible. Para chegar a el había que subir por unha súpeta escada que remataba nun arco , tamén eliminado, na parede medianeira das dúas capelas. Para sustituilo puxeron U púlpito de madeira, perto do arco do altar de San Xosé. coa restauración mercedaria puxeron dous púlpitos que acabarían sendo retirado despóis do Concilio Vaticano Segundo, cando se fixeron obras e se instalóu o altar para celebración cara os fieis. O púlpito de San Salvador foi retirado, e tamén dos dous que había en Santa Mariña " A Nova", que foron repostos máis adiante , pero desprovistos das escadiñas que permitían subir e baixar aos pregadores,
PUÑADA DE TERRA .- Cando o enterramento se facía na terra había que abrir a foxa e amoreaban á beira o cavado e cando se depositaba o cadaleito no oco as persoas alí reunidas, despóis do abenzoamento feito polo crego e o rezo dos pregos de ritual , collían unha puñada de terra e íana botando riba da tumba antes de tapala enteiramente.
PURGATORIO.-
PURIFICACIÓN DAS MULLERES PARIDAS.- A Igrexa Católica recordado a Presentación da Virxe no Templo despóis no nacemento do seu fillo, impuxo a obriga ás mulleres paridas de se presentar na igrexa parroquial , cobertas con velo e levando unha vela para cumpriren o rito purificador.
QUINARIO DE REDENCIÓN E ROGATIVAS.-
RADIO POPULAR DE SÁRRIA.-
RAMO DO ALBOROQUE .-
RAMO DA VENDA DE VIÑO.-
RECLINATORIOS.- Especie de cadeiras baixas usados nas igrexas polas mulleres , mulidas, cunha frenteira alta que permitía, estando axeonlladas pousar os cóbados na coberta, tamén mulida. Esa frenteira soía ter calados na madeira con trazos eucarísticos ou motivos relixiosos e mesmo rotulacións co nome das propietarias. Os reclinatorios eran utilizados nas vodas e primeiras comuñóns embelecidos con boas teas e flores . Non pertencían ao templo senón ás familias podentes. Cando se instalaron bancos para os fieis os reclinatorios desapareceron e moitos deles pasaron aos circuítos comerciáis do mundo dos anticuarios,
RECORDATORIOS MORTUORIOS.- Foi costume, agora practicamente desaparecido, o de repartir recordarios impresos, en lembranza dos falecidos, en dípticos con estampas relixiosas, nas que se facían figurar os datos do finado e familia e a data do seu falecemento, que se facían chegar a familiares , amigos e veciños de perto.
RECORDATORIOS DA PRIMEIRA COMUÑÓN.- Con ocasión das primeiras comuñóns de nenos e nenas as familias encargan artísticos recordatorios , non que inclúen unha fotografía do comungante con indicació da data e parroquia ou templo onde se celebran eses actos. Moitas veces os párrocos encargaban recordatorios nos que recollían os nomes dos comungantes .
RECORDATORIOS DE PRIMEIRAS MISAS.- Cando , xeralmente na súa parroquia de orixe, un recén ordeado "cantaba " a súa primeira misa , rematado o acto despóis do beixamáns , entregábanlles aos asistentes un recordatorio impreso no que figuraba o nome do "misacantano" e os dos padriños espirituáis e padriños de altar.
REIXA DO PRESBITERIO.- Houbo un tempo, que rematóu despóis do Concilio Vaticano II, que nas igrexas se instalaron unhas rexas artísticas, de pouca altura, con unha canceliña , separando o corpo da igrexa do presbiterio, que sinalaban a liña de colocación dos fieis, que axeollados diante delas recibían da man dos sacerdotes a hostia da comuñón, Eses elementos de separación de espazos desapareceron,
RELICARIOS.-
RELIQUIAS.- No Mosteiro de Samos: " Lignum Crucis". Da familia Saco de Sárria: " Lignum Crucis".
RELOXOS.- Para a regulación dos rezos ao longo do día e da noite as comunidades relixiosas instalaron reloxos que daban as horas co son de campás. O primeiro establecido na comarca de Sárria foi o do Mosteiro de San Xulián e Santa Basilisa de Samos. No Convento de Agostiños de Sárria ( Mosteiro de Santa María Madalena ) cumpría esa misión un reloxo de péndulo colocado no claustro alto. A carón da igrexa de Santa Mariña promovido polo Rexemento da Vila , e colocado nunha torre adosada ao templo, darredor do ano 1800 isntalaron un reloxo cuxa campá servía ademáis de para sinalar as horas , dar coñecemento da chegada das horas de celebración dos actos de culto.-Na actualidade na igrexa do Convento da Mercé, entre a Capela Maior e a Capela do Santo Cristo hai un reloxo que dá as horas co correspondente son. Ademáis hai un reloxo automatizado que anuncia as horas coas badaladas que se espallan dende a torre e que tamén anuncia o Angelus.
RESPONSO DE SANTO ANTONIO.-
RESPONSOS .- Responsos nos enterros, funeráis de enterro e cabosdano.- Responsos dominicáis. -Responsos nos cemiterios- Responsos de dotación e fundación.
REVODA.-
REZO DO BREVIARIO.- O Breviario, cuxos textos estaban integramente en latín, e no que para cada día do ano, agás algúns exentos, estaban sinalados rezos e lecturas, nas horas oportunas .
REZO DIARIO DO ROSARIO.- Foi costume de extensión universal , sometido a contino control por parte dos pàrrocos, o rezo diario , en familia, do rosario, que ademáis dos cinco misterios ( un nos pai e dez avemarías ) incluían as ledaíñas na honra da Virxe María, varios nosos pais por diversas intencións e o rezo da Salve . Os párrocos chamábanlle a atención aos omisos e amplificaban o rexeitamento desa situación nos sermóns dominicáis
REZOS NAS ESCOLAS.- Diariamente, ao comezo das clases e ao seu remate, tanto nas escolas publicas como nas privadas ,estaba establecido o acto de santiguarse e o rezo da avemaría . No mes de maio, polas tardes, os rezos tiñan máis ou menos duración segundo a condición da profesora ou profesor, ao tempo que nenos e nenas declamaban poemas.
ROGATIVAS.-
ROMAXE DE GOIÁN.- En San Miguel de Goián ( Sárria )
ROMAXE DE MIRALLOS.- En Santa María de Ferreiros ( Paradela )
ROMAXE DE PENARREDONDA.- En San Facundo de Ribas de Miño ( Paradela ).A crónica de sucesos recolle que nunha liarada armada o día da romaría houbo disparos e agresións mesmo dentro da capela.
ROMAXE DOS REMEDIOS.- Na parroquia de San Salvador de Cesár ( Sárria )
ROMAXE DE SAN CRISTOVO DO REAL .- En San Cristobo do Real ( Samos )
ROMAXE DE SAN FRAIZ .- Na parroquia de Santa María do Mao ( Val do Mao, O Incio )-.
ROMAXE DE SAN MARCO.- Na parroquia de San Miguel de Biville ( Sárria ), no Monte de San Marco perto do Pico do Faro do Monte do Páramo, onde estivo o mosteirolo medieval de Santo Adrao.
ROMAXE DE SAN PAIO.- Na parroquia de San Miguel de Piñeira ( Sárria )
ROMAXE DE SAN XOÁN DO RESTRELO .- Na parroquia de Santa Eufemia de Vilarmosteiro.
ROMAXE DE SANTA MARÍA DE LOIO.- Na parroquia de San Salvador das Cortes. A esta Virxe adicáronlle composicións poéticas Eduardo Lence-Santar e Guitián e Xesús López González ( Silio ben Amor " O Patriarca do Loio" )
ROMAXE DE SANTA MARÍA DE VILAMBRÁN .- Na actual parroquia de San Pedro de Ronfe da que foi anexo até a súa supresión.
ROMAXE DE VILARMOSTEIRO.- Na parroquia de Santa Eufemia de Vilarmosteiro ( O Páramo ).
ROMAXE DA VIRXE DOS ABELEDOS.- Na parroquia de Santiago de Nespereira, no lugar da Ermida.
ROMAXE DA VIRXE DO CEBREIRO.- Na parroquia e vila de Santa María a Real do Cebreiro.( Pedrafita do Cebreiro ).
ROMAXE DE SAN VITOIRO .- Na parroquia de San Cristovo do Real ( Samos )
ROMAXE DO SANTO ANXO.- Na parroquia de Santa María de Lier ( Sárria )
ROSARIO DA AURORA.-
ROSARIO RADIOFÓNICO.-
ROSARIO VESPERTINO.-
ROUBOS DE IGREXAS.-
SACRILEXIOS.-
SAGRARIO.- Altar do Sagrario.
SALÓN DO REINO.- O Templo das Testemuñas de Xehová en Sárria estivo primeiramente instalado na Rúa Diego Pazos , nunha casa con acceso dende a Rúa Camiño Verde. Pasóu despóis a un edificio da Urbanización da Ponte Vella. En ocasións actos programados para un elevado número de membros desa relixión tiveron lugar no Pavillón de Deportes da Praia do Chanto.
SALVE SABATINA.- Práctica relixiosa seguida no Convento da Mercé mentres houbo bon número de postulantes , e no seu tempo de novicios e coristas, na que con ocasión do rosario vespertino saían comunidade e aspirantes, en procisión dende a sancristía ate o fondo da igrexa, portando velas e en dupla fieira, cantando , en latin, a " Salve Regina", a imitación do mesmo rito seguido na igrexa conventual de San Xoán de Poio.
SANADORES.-
SANCRISTÁNS.-
SANCRISTÍAS.- Sancristía do Mosteiro de Samos.- Sancristía de San Salvador de Sárria.-Sancristiá de Santa Mariña de Sárris " A Vella".- Sancristías de Santa Mariña de Sárria.- Sancristía de Santa María Madalena.- Convento da Mercé. de Sárria. Sancristía de Santiago de Farbán.- Sancristía de San Xoán de Fafián.- Sancristía de San Miguel de Goián.-
SANTA MARÍA DE AGOSTO
SANTA MARÍA DE SETEMBRO.-
SANTA MISIÓN.-
SANTIÑOS.-
SANTITORIAS.-
SANTOS ÓLEOS.-
SAUDADOR.-
SEMANA SANTA.-
SEMINARISTAS.-
SERMÓN.-
SERMÓN DO MANDATO.-
SERMÓN DAS SETE PALABRAS.-
SERMÓNS DOMINICÁIS .-
SERMÓNS DAS NOVENAS.-
SERMÓNS DAS SANTAS MISIÓNS.-
SINÁIS DA MORTE.-
SINO.- Nome dado de antigo ás campás das igrexas, Estancia do Sino. Na igrexa mosteiral de Samos, lugar de convocatoria dos monxes bieitos para a súa entrada na igrexa para os exercizos relixiosos e actos comunitarios aos que eran convocados " a son de sino tanguido segundo de uso e costume teñen "- Para indicar situación dun lugar ou natureza dunha persoas usaban a fórmula de " morador no lugar de X so sino de San.... de......" ou " natural de X, so sino de San.... de......"-. En algúns casos sino aparece como sinónimo de campá pequena,
SOTANA.- Roupa talar de cor negra usada polos cregos como símbolo distintivo da súa condición de persoas consagradas, de uso obrigado até o Concilio Vaticano II, e voluntario na actualidade. Soe manterse como vestimenta habitual por parte dos sacerdotes de ideas integristas,
TÁBOA DE MISAS.- Nos mosteiros e nas igrexas establecíase un calendario no que se sinalaban as misas de fundación e dotadas de rendas que se tiñan que celebrar ao longo do ano, indicando se eran rezadas, cantadas, con responsos, con clamor de campás ,etc. Ademáis das táboas propias da igrexa parroquial, no caso de capelas establecidas nos templos, había táboas calendadas sinalando as misas que tiña que oficiar o capelán ou o crego que o sustituise.
TANATORIO.S- Sarria: Tanatorio Madeira. Tanatorio La Cruz. O Incio: Tanatorio Madeira. Láncara : Tanatorio Mosteiro, Tanatorio Ventosinos. Paradela: Tanatorio Álvarez, Tanatorio Municipal. Triacastela: Tanatorio
TAPADO DAS IMAXES DAS IGREXAS.- No tempo de Cuaresma e até Domingo de Resurreción todas as imaxes de santos e santas dos diferentes altares das igrexas eran tapadas con panos de cor morada, para centrar o culto nos misterios da Paixón e Morte de Cristo.
TARIMAS.- Determinadas familias nobres ou fidalgas da Comarca gozaban do privilexio de poderenj colocar "tarima e cadeira " perto do presbiterio para asistiren ás celebracións relixiosas, e para gozar desa manifestación de honra facían dotacións de rendas , En casos podían estar riba das foxas onde se facían os enterramentos familiares , Como curiosidade hai que sinalar que o Señor de Lusío pleiteou co Mosteiro de Samos porque o abade quería privalo do dereito a usar de tarima na igrexa de San Cristovo do Real. Unha das donceliñas do Pazo de Lusío asistía a misa sentada riba da tarima, acompañada dunha cerviña mansa. Na igrexa conventual da Madalena tiñan dereito de tribuna os señores de Trebolle e do Couto de San Martiño de Requeixo.
TEDEUM.- Canto solemne para darlle grazas a Deus por algún feito extraordinario, tanto de orde eclesiástico como da vida civil ou pola consecución de paz ou cesación dunha peste .** ( 1880 ) Coa chegada dos monxes bieiros restauradores da vida monástica no Mosteiro de Samos , logo de entraren na igrexa , onde se reunira un grande número de persoas , de xeito espotáneo entoaron un Tedeum. * ( 02.1922) O bispo de Lugo, para celebrar a elección do Papa Pío XI , ordena que se cante o Tedeum nas principáis igrexas , e suxire que en Sárria, para darlle maior realce se celebre conxuntamente polas parroquias na igrexa que estimen oportuna. *
TEMPLARIOS NA TERRA DE SÁRRIA.-
TEMPLOS EVANXÉLICOS.- En Sárria estableceuse o primeiro templo evanxélico na Rúa Nova. Na Rúa Diego Pazos estableceuse outro coa denominación........... , do que son maioritariamente fiéis inmigrantes porcedentes de Hispaoamérica.
TEMPORIZACIÓN CON ORACIÓNS.- Cando os reloxos particulares non estaban xeralizados , era costume seguido polas mulleres que cociñaban contar os tempos de cocción ou elaboración dos diferentes pratos ou sobremesas co rezo de oracións, en número variable, e de maior ou menor duración
TONSURA.-
TOQUE DE ANGELUS.-
TOQUE DE CAMPÁS.- Para anunciar misas e rosarios. Para anunciar enterros. Toque a rebato. Para celebración de festas ou de eventos cidadáns.
TOQUE DE GLORIA.-
TOQUE VESPERTINO.-
TRASNOS.-
TRANSPORTES FUNERARIOS.- Nos tempos antigos o traslado dos cadavres facíase en padiolas, e cando había que facer o cortexo atravesando outras parroquias había que contar cos sacerdotes de cada unha delas, e pagarlle dereitos polo acompañamento. Coa chegada dos modernos medios de comunicación os traslados fixeronse en carros, en tren e en coches. Na vila non houbo carrozas fúnebres e os enterros facíanse a pé, mudando os portadores dos cadaleitos. Finalmente as funerarias establecidas na vila e noutras capitáis dos concellos veciños facilitaron o uso de coches fúnebres, para o traslado do cadavre até as igrexa e os cemiterios . Na vila de Sárria probiuse o traslado a pé polas rúas. Para o traslado de acompañantes estebleceuse o costume de que os familiares ofrecesen que un ou máis autobuse, con traxectos previamente establecidos e publicitados con esquelas impresas e radiofónicas. Pouco a pouco ese servizo foi desaparecendo.
TRIDUO.- Rezos e celebracións por tres días na honra de santos e * ( 06,1930 ) En Reiriz Triduo do Sagrado Corazón de Xesús e Santo Antonio , rematado con ambientación musical cunha banda e gaita. ** Tríduo da Virxe de Fátima , celebrado o13.14.15 .12.1951.
TRIDUOS. DE DESAGRAVIO POLO ENTROIDO.- Habitual na igrexa de Santa Mariña de Sárria era a celebración de exercizos de oración, despois do rezo diario do rosario vespertino
TRISAXIOS.- Cánticos ou himnos na honra da Santísima Trindade : " Sanctus", " Gloria in excelsis Deo", Trisaxio Anxélico.
TROBO DAS ÁNIMAS.- Nunha parroquia de Paradela, e para achegar recursos para a Confradería de Ánimas , sostiñan un trobo para a produciñon e venda do mel, e aplicalos ás actividades destinadas aos confrades.
TRONANTES.- Nas crenzas populares os tronantes eran uns seres míticos que habitaban nas nubes onde facían os bruidos do trono e baixaban á terra dacabalo de raios e lostregos. Contaban que un tronatnte baixara perto de Vilamakior traendo un seixo miragreiro que tiña carácter curador.
TULLA PARA AXUDA DOS POBRES.- Pertencente á Obra Pía dos Guitián, Estivo establecida no que fora edificio do Hospital Vello ( Rúa Maior 16 ).. Reunía o centeo de varias rendas e en tempos ou ocasións de necesidade , con obriga de restitución facilitaba gra a familias pobres.
VACALOURA.- Existe a crenza de que a posesión dos cornos dunha vaca loura traeralle boa sorte a quen a leve consigo.
VELAS. LITÚRXICAS.- En cada altar debe haber de xeito obrigado dúas "velas de misa". Esas e o cirio pascual tiñan que conter un 60 % de cera virxe de abella, As demáis velas, de carácter ornamental, podían contar cun 30 % de cera virxe,As lampadiñas de cera servínase para duración de 8, 12 e 24 horas e outras de 8 a 15 días .
VELO.- As mulleres e as nenas estaban obrigadas a tapar a cabeza cun velo ou co mantelo antigamente usado na igrexas candoNo asistían á misa ou a outras cerimonias relixiosas, e os cregos poñían especial coidado en que ningunha delas entrase ou permanecese na igrexa coa cabeza descoberta. Nas parroquias ruráis moitas mulleres cubrían a cabeza con panos ou mesmo con mandís. Dábase o caso de que se ían comungar sen levaren a cabeza coberta lles fose negada a comuñón, ademáis de ter que ouvir palabras fulminantes dadas polo crego.
VENDA DE IMAXES DAS IGREXAS.- Nos tempos antigos cando se estragaban ou se querían sustituir as imaxes dos altares por outras novas, máis ao gosto da época estaba establecido un rito consistente en facer enteramento, en espazo sagrado, das ditas imaxes. Consta que un Visitador Apostólico mandóu derrubar a capela de Santo Alberte de Vilar de Sárria encomendoulle ao párroco que co debido respecto se lles dese terra. Ese costume dalle explicación a que sexan moi poucas as imaxes dos períodos románico e gótico que se presenten á devoción dos fieis nas igrexas da comarca. De 1950 en diante , especialmente dende o remate do Concilio Vaticano II , cando se procedéu á eliminación de moitos retábulos para seren sustituidos por un crucifixo, quedaron fora da vista dos fieis numerosas imaxes. Tamén houbo numerosos casos nos que imáxenes de talla popular foron retiradas para introducir novas devocións, tal foi a entrada de imaxes da Virxe de Lourdes, da Virxe de Fátima, ou das dos Sagrados Corazóns de Xesús e María, moitas veces feitas de materiáis de baixa calidade. Esas retiradas de imaxes coincidiron no tempo coa aparición de moitas delas nos circuitos comerciáis dos anticuarios. Esa desaparición das imaxes tradicionáis, esquecendo as normas canónicas, e dándolle o carrelo á necesaria autoirzación dos bispos , deu lugar a que os fregueses se escandalizasen e non esixisen responsabilidades. Houbo casos, os menos, nos que o obtido coa venda das imaxes, e doutros obxectos relixiosos propios do culto parroquial, foron invertidos en arranxos ou equipamentos, como a colocación de bancos , mais na maioría dos casos a responsabilidade da venda e a non rendición ce contas correu da man dos cregos. Caso de escándalo para os veciños de Santa María de Vilar ( Sárria ) foi a comprobación ao asistiren á misa dominical da desaparición do retábulo maior da igrexa parroquial. Organizada unha comisión para coñecer o seu paradoiro, mediando denuncia e reclamación no Bispado de Lugo, foi recuperado no porto de Vigo, de onde estaba preparado para ser levado a Estados Unidos, e despois de reintegrado e depositado na sancrístía o sacerdote nada fixo por repoñelo na súa antiga situación. Outro caso sonado fora moitos anos antos a desaparición da imaxe ecuestre de Santiago Apòstolo, en bronce, que había na igrexa de Santiago de Barbadelo, da que nunca máis se soubo . Estas actuacións naceron do feito da inexistencia de inventarios de todas as imaxes custodiadas en igrexas e capelas, sometidas á vixianza dos cregos responsables , que deberan ser obxecto de documentación nos Libros de Fábrica e comprobación nas ocasións de entrada de novos párrocos, que debera dar lugar a que ese inventario se complemetase cunha memoria fotográfica con base na parroquia e duplicado a custodiar no Bispado, o que faciltaria que no caso de roubo, que foi en menor medida outra causa de desaparición de imaxes, se poidesen facer aveiguacións e seguimentos para a súa restitución. Houbo un mmento no que a Garda Civil de Sárria pretendéu recoller fotografías da imaxinería relixiosa da Comarca, Un bon inventario publicado foi o feito por Elias Valiña Sampedro cando percorrendo toda a Diocese lucense na descrición de todas as igrexas relacionando as imaxes nelas gardadas. Na desaparición de imaxes peor sorte correron as imaxes existentes en ermidas e capelas isoladas nas que despóis de forzar as portas , con total impunidade, pasaron a mans dos ladróns e deseguido entraron nas canles comerciáis.
VESTIDO DAS MULLERES E NENAS NAS IGREXAS.- No ano 1938 o arcebispo de Granada, en pleno comezo das direitrices do nacionalcatolicismo, establecéu unhas normas de obrigado cumprinmento para as mulleres e nenas sinalando como debía vestir para seren admitidas nas igrexas. O bispo luicense fixo súas esas normas e publicounas no Boletin Oficial do Bispado de Lugo o 1.09.1938. Mandábanlles aos sacerdotes: 1ª.- Non permitiredes a entrada no templo á muller , de calquera idade que sexa, que non vaia vestida con cristiá modestia. 2ª.- Non van vestidas con cristiá modestia as leven roupas: a ) de tal maneira cinguidas ao corpo que acentúen os contornos e formas que manda velar o pudor. b) ou que non cubra o peito até o colo , os brazos até o pulso e as pernas até os nocellos. c) ou que estean confeizoados con aberturas ou de teas trasparentes que deixen ver o que debe estar oculto. 3ª.- O mesmo dicimos daquelas que non leven medias , ainda baixo pretesto de seren caras. 4ª,.Se algunha se introducise no templo, faltando a estas normas conidarédela , cortés e privadamente , a se retirar del por non se acomodar ao que esixen a santidade e a debida reverencia do lugar sagrado. 5ª.- Non admitiredes nas reunións de asociacións piadosas, nin de Acción Católica, nin moito menos en procisiós, ás que non vistan con total modestia cristiá. 6ª.- Os confesores negaranlles a absolución ás que faltando á modestia no vestir segundo estas normas, non prometeren siriamente emendarse ; e os sacerdotes que administren a sagrada comuñón, privarán dela a toda muller que se achegare ao comungatorio inmodestamente vestida, pasando para adiante polo momento, como se non estivese alí tal persoa. 7ª.- Declaramos que non é honesto o vestido das neas - referímonos ás menores - sempre e cando non lles cubra os xeonllos e os brazos até o cóbado inclusive.** Houbo episodios nos que as mulleres que a xuizo do crego non gardaban estas normas foron obrigadas a sairen da igrexa e tamén se lles negóu a comuñón, cando axeonlladas no comungatorio, o sacerdote oficiante entendía que non levaban roupas axeitadas.
VELORIO.-a ) Na casa mortuoria. b ).- Nos tanatorios
VIACRUCIS DAS IGREXAS.- a ),. Viacrucis nos adros. b ).- Viacrucis no interior das igrexas.
VIACRUCIS DE PEDRA.- En Sárria , entre a igrexa de Santa Mariña entrae a de Santa María Madalena ( Convento da Mercé ) con unha cruz de pedra por cada unha das estacións estableceuse un Viacruso, do que na actualidade só restan cinco na cerca da Horta de Batallón e no muro da finca da Casa do Campo da Feira. Deste viacrucis formóu parte a " Cruz da Verónica", que estaba á altura dos depósitos da auga no Campo da Feira.
VIÁTICO.-
VIRXE ABRIDEIRA.-
VIÑO DE CONSAGRAR.- Procedente de adegas de fora de Galicia. No Boletín Oficial da Diocese de lugo, entre outras facía propaganda a adega Loidi y Zulaia de Alcázar de San Juan , proveedores dos Sacros Palacios Apostólicos ,
VISITA AO CEMITERIO.- Até darredor de 1820 os enterramentos facíanse en igrexas, capelas e templos de mosteiros e conventos. Proibida a inhumación dos cadáveres no corpo principal, ábside e capelas da igrexa, foi costume xeral a conversión dos adros en lugar de enterramento dos fregueses de cada parroquia. Iso deu lugar a que non houbese que facer especiáis actos de visita porque tanto con ocasión das misas diarias como en festas de gardar , ou celebracións funeráis, forzosamente se pasase polo lugar de enterramento, pisando mesmo as foxas, nas que , agás a colocación de cruces sinxelas non había sináis nin identificacións persoáis. Cada familia soía facer as inhumacións " na terra " respectando áreas para cada casa. O Día de Defuntos había celebración especial de misas e cantaban responsos riba de cada foxa a petición dos parentes. Non era costume o poñer flores riba para lembrar aos falecidos. No caso concreto de Sárria como o Cemiterio foi promovido polo Concello, e non ocupóu terreos "sagrados" , como eran os dos adros-cemiterio, os vilegos podían faceren visitas aos lugares de acougo dos restos dos seus deudos, e as familias burguesas tomaron por costume adornalos con flores e seguindo o seu exemplo foise xeralizando o costume. No Día de Defuntos, que acabóu dando primacía ao Día de Todos Santos, os cemiterios pasaron a ser unha explosión floral e xeralizouse o costume de que tanto os vilegos como os residentes en localidades de lonxe fagan visitas nese día, participando en Sárria nunha misa interparroquial que se celebra na igrexa do Convento da Mercé ( Mosteiro de Santa María Madalena de Sárria ), e o costume dos responsos rogados diante se nichos, panteóns e foxas desaparecéu darredor de 1970, en especial polo feitodo drástico descenso do número de sacerdotes.
VISITA AOS DOENTES. - Un dos mandamentos instituídos pola Igrexa era o de cando algún veciño ou parente caía na enfirmidade era acción virtuosa e acompañalo no "leito da dor" ou nas horas da "agonía". Para os membros das Confraderías de Ánimas , e nalguhas outras, era obriga estatutaria ,ademáis da visita, a de participar en establecidas quendas de vela, para permitir que o coidado dos doentes no recaese en exclusiva riba dos parentes, e permitirlles , que coas loxicas limitacións, poidesen adicar tempo ás súa obrigas e traballos ordinarios e ao necesario descanso e disfrute de horas de sono revitalizador.
VISITA DOMICILIAR.-
VISITA PASTORAL.-
VISITA AO SANTÍSIMO.-
VODAS.- No medio urbán.- No medio rural.-
VODOS.- Trátase dun voto con pagamento de rendas aneiras para Santa María de Lugo, que debeu acbar sendo residual, xa no século XVIII , e do que só queda lembranza nalgunhas citas no Catastro do Marqués de la Ensenada. Consistía no pagamento de renda en especie ou en diñeiro.
VOTO DE SANTIAGO.- Todos os labregos das diferentes parroquias que tivesen xugada estaban obrigados a pagaren en cada un ano , polo xeral , un ferrado de centeo, e os que non tiñan xugada pagaban medio ferrado , todo iso ao Cabido da Apostólica Santa Igrexa Catedral de Santiago de Compostela. Os máis pobres soían pagar con algunha moeda miuda e os moi pobres estaban exentos. O cobramento do Voto sacábano en arrendamento dado a particulares , que tiñan a exclusiva en varios arciprestádegos , que recibían unha porcentaxe do total acordado como premio, e que no caso de non pagamento eran quen tiñan que poñerlle pleito aos debedores. Estivo vixente até as primeiras décadas do século XIX.
XANTARES NO ASILO DE ANCIÁNS..- Os Marqueses de Ugena estableceron o costume de patrocinaren un xantar de Nadal especial para os acollidos no Asilo do Barrio do Mazadoiro * ( 1928 ) Comezóu co canto de panxoliñas por Andreíta García, ao armonio , e Manolo Vázquez con violín. Os fondos foron reunidos na postulación feita por Andreía, Carmelita, Paquita Viñas, Rafael Gómez, Lolita Batallón, Elisa Rodriguez , Mercé Solance e Mercé Saco,
XEXÚN ANTES DE COMUNGAR.- Até o Concilio Vaticano II tanto os sacerdotes para a celebración das misas, como os fiéis para poderen comungar tiñan que gardar xesún dende a medianoite anterior. Iso daba lugar a que as misas, que só se celebraban pola mañá, tivesen lugar moi cedo. Con ocasión de romaxes , misas maiores e misas de defuntos nas que as misas se celebraban maiormente entre as dez e as doce da mañá o xexún era un auténtico sacrificio, en especial para os nenos, Non era ocasional que os máis pequenos levasen á boca pequenos alimentos, leite, auga con azucre ou algunha froita, o que soía xerarlles un grave sentimento de culpabilidade. Cando se eliminóu esa esixencia fixóuse un xexún de unha hora previa á toma da comuñón.
XEXÚN CORESMAL.- Entre o Mércores de Cinza e o Sábado Santo, periodo coresmal, había que gardar , dende os sete anos en adiante, un obrigado xexún , sumado á proibición de comer carne , os días venres . As persoas doentes estaban eximidas dese cumprimento. En xeral había que comer pequenas racións, estaba autorizado o peixe , e podíanse tomar lacticinios. Esa norma coresmal facía que, en tempos e lugares nos que non había peixe fresco, botaban man do bacalláu, do congro e de peiexes salgados , en escabeche ou en conserva. Para poder disfrutar da limitación do xexún había que estar na posesión da bulda da Santa Cruzada. Desaparecida esta o mandato de xexún e abstención do consumo de carne sigue vixente, aínda que cada vez é menor o número dos que siguen ese mandamento.
XORNADA DA DOR.- A prol dos enfermos ( Domingo de Pentecostés )
XOVES EUCARÍSTICOS.-
ZORRA DA MORGAZA.-
Comentarios
Publicar un comentario