EMILIA PARDO BAZÁN EN SÁRRIA ( 607 )

 EMILIA PARDO BAZÁN EN SÁRRIA    ( 1899 )                             ( 607 )

Dona Emilia Pardo Bazán foi convidada  pola  Marquesa de Casa López e o seu esposo Xosé Oñate  para que visitase  as Escolas Públicas  de Sárria inauguradas no ano 1896, que se deberon á magnificencia do  filántropo sarriao don Matías López e López.

Foi acollida  na " Villa Andrea"  o día 12 de setembro de 1899, chegando en tren a Sárria  e despóis dunha parada de poucas horas  tomóu de novo o tren na  estación .  Coñecemos  por artigos  de prensa que visitóu as Escolas Públicas,  a Rúa Maior  o Convento da Mercé  e a que fora Escola Vella ( a histórica Cátedra de Gramática ) que estivera na parte traseira do Hospital de Santo Antón Abade- Casa Consistorial.

Na "Gaceta de Galicia ", 16.09.1899 ,  publicóu : "  Áchase  na casa dos señores de Oñate de Sárria, a eximia escritora dona Emilia Pardo Bazán".

" El Eco de Galicia " de 2.12.1899 recolléu  con relación á Condesa de Pardo Bazán : " Nesta notabilísima escritora que honra a Galicia e está na actualidade  recibindo prácemes  sen conto ao seu paso  por todas as provincias españolas, tivo un recordo para Matías López , o grande industrial galego.

Segundo lemos  nalgúns colegas  da nosa rexión , o dito recordo foi impresionado  nun fonógrafo , propiedade dos señores  de Oñate e dí así " :

                                              AO PASAR POR SÁRRIA

"   Contraste vivo  entre o pasado  e o presente, as dúas escolas de Sárria, a antiga e a nova, coa que dotóu  ao seu pobo nadal a xenerosidade  patricia de Matías López.

A escola de onte , lóbrega,  reducida,  semellante a un cárcere; a de hoxe , ampla, fermosa, invadida de ar, de luz espallándose a ollada na perspectiva do bosque e da montaña coas súas lonxanías diáfanas e azúis.

Na primeira vese ao dómine armado de palmeta e disciplinas ;  na outra , ao mestre  moderno que ensina persuadindo  e entretendo  ao neno.

¡ Son dous  séculos postos fronte a fronte , as dúas escolas de Sárria !.

O  que soletreóu  na primeira , custeóu a segunda para ben do pobo  e como símbolo  do que pode o traballo  e a industria.

O viaxeiro saúda  a memoria  do que dotóu  a tantos seres  coa instrución, pan do espíritu , e a xente sinxela  que non entende de retóricas , dí con frase expresiva

                            ¡ Deus llo pague !  "                                                      Emilia Pardo Bazán.

En " La Ilustración Artística"  de 16.10.1899 recolléu  as impresións   da escritora na súa visita a  Sárria : 

 " Convidáronme  os señores de Oñate , fillos do fundador, o rico fabricante de chocolate D. Matías López, a ver as Escolas  do lindo pobiño de Sárria.

Sucedía con este  pobo , o que  adoito  ocorre , cruzándoo todos os anos varias veces , xamáis se me ocorría  determe alí , e cando o chamo lindo pobiño , non é por adxetivar , é que a paisaxe de Sárria - unha paisaxe de transición - , onde se transforma  insensiblemente a brandura  mecosa  da campiña galega  na severidade  non adusta  aínda  dos primeiros  campos casteláns  - merece o calificativo. O fondo de montañiñas  con depresións dondas , salpicada de brancas casiñas , de chalés , de Pazos soarengos , de arboredas   e de xardíns.

O pobo forma unha cuiña , agatuñando as novas rúas  a  se axuntaren coas antigas  que soben até  se rendiren pé do castelo señorial, que aínda mantén  ergueito  o seu torreón, Non lonxe  do castelo , acouga  soñando  o convento  e a súa igrexa monumental, que estaban esborrallándose e con grande oportunidade  encarregáronse  de manter en pé  botando teitos e pisos, os Padres Mercedarios.

Estes relixiosos  envoltos no seu branco saial , son un toque poético , moi en harmonía  co edificio  e o pobo, co ambiente de sosego e calma que nel se respira. Mágoa  que usen eses feos sombreiros curvos, negros, de tella adoptados  hoxe por todas as ordes relixiosas, sen excetuar a franciscá, e que botan a perder  o efecto dos hábitos máis nobres. Dentro do claustro  onde non hai que levar sombreiro , o Mercedario,  coa súa vestimenta de la nívea , encostado nun pear ou nimbada a cabeza por un arco que sosteñen capitéis  de imaxinería da acuarela  xa feita ao pintor.

Notéi  que os Mercedarios de Sárria son moi xoves todoss , - téñase  en conta que esta viaxe foi realizada  xa hai anos- ; algúns parecen adolescentes , e coa súa cara imberbe  e a modestia mistica da súa actitude  está a se desprender dalgunha táboa medieval.

Voltando ás Escolas, diréi que o señor López non puido achar mellor  emprego  para parte da súa facenda, laboriosamente  adquirida . É toda esa familia  en extremo caritativa e afeizoada a facer o ben, e non hai Igrexa  nin hai necesitado en Sárria  que non coñezan os efectos da súa bondade  previsora.

Probado por  repentinas desgrazas e cruelisimas perdas de seres queridos, Matías López, que é un ·self made man " , fillo daa súas obras, ascendido mercé ao seu traballo de posición humilde á opulencia, sentíu que debía , por decilo así, pagar réditos a Deus  e deixar instituidas as Escolas de Sárria , a súa viuva completará a obra fundando o Hospital .

As Escolas custaron máis de medio millón de reáis ; o edificio é  desafogado , ventiladísimo entrando o ar e a luz a cachón; a instalación escolar, dende a peculiar feitura dos pupitres até os dous inmensos patios de recreación, descobre que a dirixiu unha man experta e entendida ; o material , tan abondoso que en longos anos non se esgotará o que hai de reposto , é de última,  cos seus mostrario  de obxectos, para as "leccións de cousas"  e os seus cartóns  compretísimos para ensino de Historia  e Xeografía ; e os despachos , cómodos, amplos , decorosos , encerran  as vivendas do profesor e a profesora,  que achan aí modesto benestar  e seguro aseo.

Despóis de visitar  as Escolas novas, o paseo por Sárria levounos casualmente a troezarmos  coa Escola antiga. Nin o máis teimudo  apaixoado  da tradición resiste a unha " lección de cousas" semellante. - Ver polos ollols, que diría o Señor Coengo de Toledo.-

A escola antiga , onde  deprendéu a soletrear e algo de latín  Matías López, debéu  de grabar  na súa imaxinación  de neno o horror  a semellante antro . Sostido por postes de pedra,lóbrego, húmido, infecto, levántase  aquel local miserable  en comparanza do que é alegre o cárcere  de a carón del.  Ali deberon  resoar as rudas disciplinas  e palmetazos , arrincar  sangue das carnes infantís  as rudas  disciplinas  e ostentarse  o gorro de burreñas  orellas , castigo dos  tumbóns e desaplicados.  E  cecáis  nin aínda iso , porque as severidades  revelan algún celo no "dómine"  . O máis probable  é que esta escola semellase  aquela que describe  Galdós  en "El Doctor Centeno" . alianza da nugalla  coa rebeldía; reunión  de picaros  aburridos de morte  ou alporizados  a troques de  combatir  a súa amocadura  invencible e axfisiante . E eu pensaba na Escola actual, con ínfulas de pazo, con salubridade e alegría  e vistas e luz...e até divertición  para os pequenos.

                                                                        Emilia Pardo Bazán

Baixo o epígrafe  " Provincia adelante - Sárria "  no diario " El Regional de  1.10.1919  recolléu na súa maior parte o anterior traballo dende " Convidáronme os señores de Oñate...."  a "  .....e até divertición para os pequenos."



Comentarios

Publicacións populares