AVELINO POUSA ANTELO EN SÁRRIA ( 629 )

                AVELINO POUSA ANTELO EN  SÁRRIA                                    (  629 )

(  EL PROGRESO,  12.09.1962 )

                                     GALEGOS DE HOXE 

                         DON AVELINO POUSA ANTELO 

                                                                                                      ( Valentín Arias López )

Hai uns cantos días limos  na prensa rexional  unha moi agradable nova :  Foille concedido  un dos premios  anuáis " Ramón Morente "  a don Avelino Pousa Antelo.  Dende entón agardamos   con degoro ualgún artigo  xornalistico  que con este motivo  glose  a persoalidade do Sr. Pousa Antelo. E ao non  tropezar , por lado ningún,  co desexado  estudo  decidimos nós  artellar as presentes   liñas.

Don Avelino Pousa Antelo entróu no circo das nosas vivenzas  persoáis , exactamente. o día derradeiro  de xaneiro de 1948. Nesta data , acodimos a el para sermos inscritos  como escolantes da " Escola Agrícola da Granxa de Barreiros", en terras de Sárria , que foi inaugurada dous días despóis.

Alí - aquí -  convivimos co Sr. Pousa  -  Don avelino para todos - durante os sete anos  longos que dirixiu a mencionada escola. E estamos en condicións de  podermos afirmar  que aquí deixóu  constancia,  ben seguro que para moitos anos  das súas dotes  magníficas de grande educador. É recordado,  é admirado, é respectado,  é querido....

É  imposible  expresar en cifras  o labor  dun Mestre . ( Aínda  non dispoñemos  do instrumento   que permita medir  certamente  " até onde "  nin exhaustivamente  " en quen "  se exerce esa infulencia ).

Mais no caso  do Sr. Pousa Antelo poden orientarnos   os seguintes datos:

* Caseque ningún dos  alumnos que asistían  ás clases  de Don  Avelino pasaramos  por outras escolas ca  as de " ferrado"  ( que se  xa non o son  en canto ao estipendio   seguen a selo , e ben  marcadamente  en canto ao seu  labor se refire ). E  a maioría  dos nosos pais igual.

*  A presen da Escola  como de " orientación agrícola"  non satisfacía a moitos pais  - cecáis as causas xa quedan apuntadaa - , moitos dicían , e outros pensaban  "  pra ensiñar  ao meu fillo  a arar a terra  xa chego eu .

Pois ben  neste "clima"  D. Avelino Pousa Antelo conseguiu :

1.-  Interesar   e capacitar   aos seus escolantes e a algúns   dos pais destes  no estudo  para a mellora e anovación  agropecuaria.

2.-   Interesar   e capacitar igualmente , a todos ,  no cultivo  das máis xenuinas  tradicións locáis.

3.-  Abrir novos e certeiros camiños  á mocidade local.  Citaremos como expoñente  disto  3 mestres nacionáis  e outros 3 capataces agrícolas , entre outros,  formándose  grazas á axuda - en diversos aspectos -  do Sr. Pousa Antelo,

E 4.-  Que  se fixo respectar por todos   poden corroboralo  Manuel María  e Uxío Novoneyra  que nos viron chorar  a bágoa viva  cando de aquí se foi o Sr. Pousa.

Ademáis, nesta época,  D. Avelino escribiu un libro  que tiduóu   "  Temas de Agricultura "  e que é unha amostra  ben patente   da súa competencia  verdadeiramente  enciclopédica  no campo agropecuario.  E influiu - segue a influir -  notablemente na función  do Maxisterio  provincial ,  como profesor  nos Cursiños de  Capacitación Agraria  para Mestres Nacionáis  que desde 1948  ven celebrando a Inspeción  de Primeiro Ensino  de Lugo.

Colaboróu  con artigos  de carácter   divulgador  agrario , principalmente ,  en varios diarios   e revistas da rexión . Por un grupo  dos ditos artigos  publicados recentemente, condedéronlle  o galardón que motiva estas liñas .

Por avatares da vida , no verán de 1955 , trasladouse ás Illas Canarias.  E que destacóu alí  como pedagogo  e como técnico agropecuario   demostrano   as numerosas  misións encomendadas  polo Cabido Insular de Santa  Cruz   de Tenerife.

A súa preocupación  por Galicia  - a grande preocupación  de Don Avelino Pousa Antelo -  non deminiui  coa ausencia   como podemos demostrar   a traveso dunha  copiosa   correspondencia  que dende ali nos dirixiu.

Voltóu a Lugo   no verán de 1959 . Agora como técnico  agrario contratado  por unha empresa   particular.  E dende entón  corre os camiños  galegos. Traballando . Levando  a todas as partes  a  amostra da súa simpatía persoal  e a súa apreciada e incondicional   amizade  laborando sempre a prol de Galicia. Por iso  cremos   que o tíduo de amigo, xuntamente co de amigo do campo  que Sánchez Carro   lle concedéu , tenos  ben merecidos.

D. Avelino Pousa Antelo  tocóu - está tocando -  diversas actividades . Enumeraremos :   pedagóxicas,  agropecuarias ,  xornalisitcas,  económicas, artísticas......  E en  todos   deixóu  - está a deixar  - ronsel  marcado. 

Non é , non un diletante , pois.

Resumamos :  ¿ Que é Pousa Antelo ?. Un  galego . Un corazón.   Unha intelixencia esperta.  Un traballador infatigable. ...  Unha persoa   das  que precisamos moitos .

Noraboa , pois . A  Pousa  : Por selo. E  nós por telo.

                                                                            ( VALENTÍN ARIAS LÓPEZ )

************************************************************************************

                                                                      DE PASO

                                                  DON AVELINO POUSA ANTELO     

                                                                                           Alfredo Sánchez Carro

Sempre estimamos que a provincia de Lugo  anda demasiado escasa  de homes que sintan preocupación  polos seus problemas  agrarios, que son -  queiran ou non - os principiáis problemas  que sempre a  afectan e afectaron .

Para demostralo abonda con botar  de  novo a man ás terras da emigración, facer cálculos  de rendabilidade  ou non deste  ou aquel produto que se cultiva  na mesma   seguindo rotinariamente  os xeitos de hai  centos de anos  ou amosar os exemplos  que nos ofrecen   as gandaría  e agriculturas doutros países  menos aptos para estas producións  ca nosa Rexión.  E aínda sen falla de poñer de relevo  a triste realidade  do campo lugués , abondaría sinalar  que o setenta e cinco por  cento da poboación lucense  vven  por e para campo.

Avelino Pousa Antelo -e un deses poucos homes  que por vocación sinten  a necesaidade de mellorar  o nivel de vida  dos labregos luguesas . Sobradas amostras  disto deu  a veciñanza de Santa Comba  ou a Granxa de Barreiros onde degrañóu  o seu maxisterio , as doutras moitas localidades nas que pola súa condición  de bon mestre  lucense -  non pode levar este adxectivo  quen descoñeza que os seus nenos  enfrontaranse  ao sairen da escola  cunha agricultura  e gandaría  que teñene que  superar -  de técnico  agropecuario  indiscutible  e realista  e de   ameno conversador  na lingua vernácula , levárono a dar leccións  de aproveitamento de froiteiras , abonado de terras,  establecemento de prados , mellora de colleitas   por medio do emprego de sementes seleccioandas, etc. . E mesmo, se non recordamos mal, temos ollado a súa sinatura  na libraría nun libro  que sen dúbida vai resultar  grandemente utilitario  para a  mellora  agrícola- gandeira da nosa provincia.

Cada vez    que nos atopamos  co amigo  e  compañeiro Pousa Antelo  gustamos de falar  das inquedanzas ruráis tratando sempre  de aportarmos algunhas solucións.  E unha crítica  construtiva . necesaria e valiosa....

¡ Mágoa que non haxa moitos homes  como el  preocupados  polo estudo dos problemas  dos nosos humildes compañeiros.

                                                                                                A. S,C,

*********************************************************************************** 

( EL PROGRESO,  21.10.1949 )

                        "OS  ARGALLEIROS DE BARREIROS" EN LUGO

                                   Un acto escolar no "Círculo de las Artes"               

Os nenos da Granxa Escola de Barreiros  interpretaron varias cancións e danzas.

No salón  do primeiro andar do " Círculo de las Artes" celebrouse  ás seis da tarde de onte  un acto escolar , coincidindo  co que se celebraba   no V Cursiño de  Formación Agrepecuaria para Mestres , Na presidenza   achábanse  os Direitores dos Institutos nacionáis  de Ensino Medio, Insipectores de Primeiro Ensino desta  provincia , asesor relixioso  da Asociación Católica para mestres  e outros representantes.

No local achábanse a totalidade  dos mestres desta praza , alumnos das Escolas de Maxisterio  , nenos dos centros de Primeiro Ensino   e numeroso público.

Abriu o acto  o inspector Xefe  da Sección Administrativa de Primeiro Ensino , don Xoaquín  García Ojeda,  quen pronuncióu unhas palabras exaltando  a significación do acto. Fai un memorandum  dos propósitos e marcha  dos cursiños  de Formación Agropecuaria  e sinala que as  leccións neles desenvolvidas  leváronse e lñevanse adiante  cunha marcada  orientación metodoloxica, non só dende o   punto de vista agropecuario, senón tamén   no que se refire   ao interese escolar.

Referíndose   á actuación artística   que momentos despíos terá lugar , a cargo   dos nenos da Granxa Escola  de Barreiros, fai resaltar    que o canto e a danza   folcklóricos  son o sinal   de que hai un tinte especial  en cada rexión  que non pode ser desconsiderado , por canto significa   o permanente. Sinala a necesidade   de que a escola se preocupe  polo folcklore   e recorda que  o eminente músico  Benedito, mestre nacional.   , contribuiu con   estas miras  , a conservar e enriquecer   tan marabillosa fonte de historia , de xeopolitica e de lendas.

 De seguido fixo uso da palabra don Antonio Fernández López,, enxeñeiro de camiños e propulsor   dos Cursiños de Formación Agropecuaria  , indicando que o que alí se celebraba    non era un espectáculo , senón unha exhibición   dunha das ocupacións   que non se pode menosprezar  nas escolas campesiñas.  " Ë urxentísimo  - dixo- recuperar esa persoalidade  da aldea , que está   expresada    nas cancións e danzas   rexionáis".  " Cultivando  estas actividades- enadiu -  conseguirase   que o campesiño, que no verán  percura a romaría  e a festa campestre, ache  no inverno o lecer   na mesma escola.  Esta será  ademías unha  base fundamental  para que o mestre consiga   unha constante intimidade  e confianza  co habitante da aldea  , situación  indispensable   para a formación  do escolar".

Por último  , os escolantes   da Granza de Barreiros,  baixo da direición  do mestre, don  Avelino Pousa Antelo, puxeron en escea  adaptacións   teatráis  da vida campesiña , interpretando   varias cancións,  xotas e muiñeiras  ,

Finalmente  m o Sr. Pousa   pronuncióu  unhas breves palabras   agradecendo  aos presentes  a atención prestada , recibindo despóis  deste acto numerosos parabéns .

Tanto os oradores  como  o mestre  e nenos da Granxa Escola de Barreiros foron moi aplaudidos.

************************************************************************************

 


Comentarios

Publicacións populares