CAPELANÍAS DA TERRA DE SÁRRIA ( 626 )

                                CAPELANÍAS  DA TERRA DE  SÁRRIA                              (  626 )

CAPELANÍA DO BON XESÚS DE BARBADELO.-  Constituída en Santiago de Barbadelo, na Abadía de Samos.

CAPELANÍA DE LOUSEIRO.- Fundada  pola Señora de Cabezáis ( Vilouzán ), Clara de Villar e Espada, coa obriga de que se materializase o seu herdeiro. Dotóu tres meses semanáis, con 40 fanegas de pan centeo, O capelán tiña que ser parente da familia ou fillo de caseiro pobre, Deixóu  unha fanega máis para alumeado do Santísino  e da Virxe , e como obra pía  anexa mandóu que depositaran 100 fanegas de pan  nas tullas da Aguiada e Santiago  da Laxe  para axuda dos que o necesitasen en maio e xuño , con reintegro ás tullas na seguinte  colleita, e  con destino a parentes pobres , caseiros e vasalos (  17.01.1663 )

CAPELANÍA DA NOSA SEÑORA.- Fundada , con autorización do Comendador  da Orde de San Xoán de Xerusalén ( Orde de Malta ), por Ánxela Rodríguez , viuva de Xoán Martínez en 1.12.1586,

CAPELANÍA DA NOSA SEÑORA.- Fundada , con  do Comendador da Orde de San Xoán de Xerusalén, por Xoán Somoza , dono das casas do Incio e Ribas Pequenas en 6.12 1625,

CAPELANÍA DA NOSA SEÑORA DO CARME.-   Fundada  con autorización do Comendador de San Xoán de Xerusalén , polo licenciado Santiago de Toro, en Santo Tomé da Broza, en 20.12.1600.

CAPELANÍA DA NOSA SEÑORA DO CARME.- Fundada , con autorización do Comendador de San Xoán de Xerusalén, por Francisco Maceda ( ¿ ? ).

CAPELANÍA DA NOSA SEÑORA  DA CONCEPCIÓN.-  Fundada con autorización do Comendador  da Orde de San Xoán de Xerusalén , por Antonio Sánchez, no Incio, en 26.07.1610.

CAPELANÍA DA NOSA SEÑORA DA  CONCEPCIÓN .-  Fundada con autorización do Comendador da Orde de San Xoán  por Xoán Rodríguez, no Inio, en 29,12.1666,

CAPELANÍA DA NOSA SEÑORA DA CONCEPCIÓN.-  Fundada de San Romao do Val do Mao. En 1845 estaba vacante por  falecemento do capelán  Xosé López Corujo-

CAPELANÍA  DA NOSA SEÑORA DA CONCEPCIÓN,. Establecida en Santa María de Corvelle. En 1753 era capelán  Caetano de Castro.

CAPELANÍA DA NOSA SEÑORA DO ROSARIO.- Establecida en Santiago da Veiga . En 1753  era capelán  Xosé  López de Armesto.

CAPELANÍA DE SAN BARTOLOMEU DE PORTO CANEIRO.-  Fundada  na parroquia  de San Salvador  das Cortes- Paradela.  Tiña un capelán ao seu servizo  e estaba dotada con capela e  unha casa na que había foreiros  coa obriga de atnederen ., guiaren e recolleren  aos camiñantes  que pasaban polo camiño de Portomarín a Monforte de Lemos , polo inmediato Porto Caneiro, no río Loio. onde había vao,  e facían pontigo  por ser espazo perigoso,  especialmente en tempo de inverno , e quedar afastado dos lugares dunha e outra banda do río.  En 1915 pertencían a esta capelanía os seguintes bens:  A Granxa da Cal da Casiña ( levadores  Xosé Arias, Concepción López e Manuela López );  O Leiro e Pasteiro de  Pena do Lobo  ( Bieito García  e Xosé Ramón  González García , de Outeiro de Santa  Cristiña de Paradela ); O Souto da Horta do Vao , de antigo  con 70 castiñeiros ;  a Horta  do Vao;  3 fanegas de pan de renda  pagadeiras en Randulfe , antes por Antonio de Randulfe  e despóis por Pedro López Yáñez; 6 ferrados de pan e un ducado, ou sexa dúas pesetas  e 75 céntimos , pagadores  Domingos Fernández de Millarados- San Miguel de Paradela , e despóis  Manuel López Rodríguez ;  3 canados e medio de viño  que pagaban   Bartoloméu  e Domingos do Cereixal , e despóis Antonio Rivera do Cereixal e Silvestre Amenedo,  de Santalla de Paradela;  3 fanegas de pan e 4 capóns  pago todo na casa  de Martiño da Regueira, de Barán  ( só eran pagadeiras  dúas fanegas por  Antonio López Gómez ;  Unha fanega de pan de renda  paga por Antonio de Vilar de Aldixe  e 6 ferrados na casa de Antonio de Vilar  de Aldixe- Vilaragunte ; 4 fanegas de centeo  pagas por Alberte  e Francisco de Guián , e despóis só pagaban 6 ferrados  a cargo de Xosé López  e a súa muller; Dúas  fanegas de pan pagas  por Antonio Sánchez de Vilaragunte  e despóis só eran  seis ferrados por conta  de Xosé López Sánchez ;  2 fanegas de pan  na casa dos herdeiros  de Martiño da Torre, pagadeiras  por Pedro Pérez Arias de Vilaragunte ;  3 fanegas de pan e 3 capóns pagos por Antonio Rodríguez de Vilaragunte  polo lugar e casa  na que viví ; 2 ferrados  de pan pagos por Amaro  de Güián , veciño de Friolfe. O Páramo , polo lugar e casa na que vivía ; 7 ferrados  de pan de renda, pagos por Domingos de Amieira , de Vilacaíz- O Saviñao , polo lugar no que vivía  e outros 5  ferrados  de Pedro López Carreño , por un muiño: 7 fanegas de pan de renda , na casa de Xoán de Martiño, veciño de Celmán-Suar ; Fanega e media na casa de Amaro de Vilar de Abaixo  e dúas tegas e media na de Amaro Quiroga. O Bispado de Lugo valoraba os bens e rendas desta capelanía en 2,200 pesetas, cun prezo baixo. As fincas  da Capelanía foron enaxenados a un veciño da Tellada- As Cortes.

CAPELANÍA DE SAN FRAIZ.- Establecida no Mosteiro de Samos.

CAPELANÍA  DE SAN XOÁN DE SÁRRIA.-  Fundada  na igrexa de Santa Mariña de Sárria. " A fundación tiña na igrexa   un altar  adicado ao  glorioso  precursor e estaba  dotada  con rendas dabondo para a congrua  sustentación dun Capelán  Até os últimos anos do século XVI  desempeñara  este cargo o Presbítero D. Pedro Díaz de Mourillón  , a cuxo falecemento  o Doutor  Garibay, provisor do BispaDO DE Lugo, anuncióu a vacante, con emprazamento para cubrila de todos os que crese teren dereito, a teor das condicións fundacionáis .O tal decreto leva a data de 21 de outubro de 1595,A provisión  na vacante producida  deu lugar a un longo pleito  que se conserva no Arquivo do Provisorato de Lugo  , andel 17 A , nº 3.  Do legaxo correspondente  só interesan algúns datos ao noso obxecto e son os que trascribimos de seguido;..... Un dos litigantes, o Presbítero Diego Día,....por canto para garda do meu dereito e claridade da miña xustiza teño necesidade  dun traslado  de dous letreiros que están dun lado do altar de Señor San Xoán  á  man do Evanxello , e  témome que alguén os borrará... ou  caerá o xeso  no que están escritas, por onde despóis non se poderán ver nin declarar   tan ben como agora pide ao notario de Lugo  D. Alonso López  de Cañas, lle dea un traslado sinado dos ditos letreiros e letras deles "..... A parte  que nos interesa  da escritura  notarial di así ......... En cumprimento  do cal, eu o dito Alonso López de Cañas , xuntamente  co dito Xoán López  e con Gomez Ares de Páramo, escribanos do Rei noso señor  e veciños da dita vila de  Sárria e  co Francisco Alonso, veciño   da cidade de Lugo, e con Pedro Díaz de Guitián  e Xoán Díaz de Páramo , testemuñas instrumentáis, fumos á igrexa de Santa Mariña..... e cunha vela de cera  acesa  para que mellor  se poidesen  ler as letras dos ditos letreiros  dos que no dito requerimento  se fai mención, e habéndolles lido tres e catro veces  os ditos letreiros de arriba letra por letra  nos que se puido ler  e entender , din  o un letreiro despóis doutro nesta maneira :  " Esta capela mandóu facer Fernán González  que santa gloria haxa, crego que foi da dita capela e dotouna a súa liñaxe e mandóu para....aqui está gastado, e logo prosegue..... catro fanegas de pan  para  sempre xamáis   E un cálice  de prta dun marco de ouro. Está  enterrado aquí ao pé ; e foi a catro....está borrado e non se le até onde di ... era do nascemento do noso Señor Xesucristo de mil cincocentos e oito anos ( 1508 )...." O outro letreiro  di desta maneira :  Sepultura  dos antecesores de Rodrigo Alonso de Veiga , crego desta capela, que a dotaron e edificaron"..... Como se ve a parte  que o notario non puido ler no primeiro treito da inscrición  non afecta gravemente a cuestión cronolóxica .O  ano 1508 existía xa a Capelanía, xa que nesa data  foi enterrado Fernán González , " crego que foi  da dita capela". Enádese que a mencionad capela fora dotada , non polo crego , senón  pola súa liñaxe, Por pouco que Fernán González  a desempeñase , temos que retrotraer a data da fundación ao século quince. Iso mesmo  corroboran as diversas testemuñas que depoñen no pleito  iniciado en 1595,  ao que aludimos máis arriba. Moitos deles  afirman  que "dende máis de cen anos a esta parte", os descendentes dos fundadores  nomeaban  "ao máis propincuo e conxunto  ao último posuedor". Non temos datos  para aquilatarmos máis a data da fundación; mais  non é pouco pode localizar no século XV  unha capelanía  e un altar adicado na igrexa de Santa Mariña de Sárria a San Xoán Bautista.  Agora ben, esta fundación  foi froito da devoción popular de Sárria  ao santo Precursor , ou polo contrario , as festas que anualmente se lle adican son posteriores á Capelanía ?- Non podemos contestar a esta preguntas, mentres non aparezan novos documentos.      

(   Francisco Vázquez Saco., " Sárria y San Juna". publicado no  Libro Programa das festas do San Xoán de 1949 )

CAPELANÍA DE SAN XOSÉ  DE BARBADELO.- Capelanía colativa  fundada na parroquia de  Santiago de Barbadelo . ( 1808 )  Extinción por venda de bens secularizados  das catorce  pezas  de terreo adquiridas por Francisco de la Vega  da Vilerma-Maside  e Bieito López Somoza, da Ciguñeira- Barbadelo.

CAPELANÍA DE SANTA CATARINA..-  Fundada na igrexa de Santa Mariña de Sárria-

CAPELANÍA DE SANTA ELENA.-  Fundada en San Miguel de Goián. No arquivo parroquial, hoxe no Arquivo Central da Diocese de Lugo, hai copia  do testamento fundacional  ( 1819,  2 folios )

CAPELANÍA DE SANTA MARIÑA DE VILAESTEVA DE HERDEIROS.- 

CAPELANÍA DE SANTO ANTONIO EN RUBIÁN DE CIMA..-  Foi  fundada  polo licenciado  Antonio González  de Rubián  en 12,05.1643. Nomeóu por por padróns  aos seus sobriños  Pedro López  Armesto, de Castragude, e Antonio  González de Sobrado, de Rubián de Cima. O capelán debía  ser parente dentro do cuarto grao, debendo recaer  en crego de misa ou de non habelo en tonsurado de prima orde.

Comentarios

Publicacións populares