CRIMES NA TERRA DE SÁRRIA ( 627 )

                                       CRIMES  NA TERRA DE SÁRRIA                (  627 ) 

ESTATÍSTICA CRIMINAL ( 1843 ).- Diccionario Madoz.-  " Os acusados deste partido xudicial no ano 1843 foron 94 , dos que resultaron absoltos   da instanza    7,. libremente 4 , penados   presentes 72, cntumaces   11, reincidentes   no mesmo delito 1 , co intervalo de 9 meses. Dos procesado un  contaba de 10 a 20 anos,  52 de 20 a 40 e 23 de 40 endiante ; eran homes 75 e 19 mulleres  , 37 solteiros   e 46 casados; sabían ler e escribir   41, non sabían 21 ; 4 practicaban  artes  liberáis  , 90 artes mecánicas ; de 11 acusados ignorábase a idade  e o estado e de 31 a instucción. No m esmo período cometéronse   57 delictos de homicidio e feridas  cunha arma branca de uso licito, 1  de uso ilicito  , 4 con instrumentos    contundentes  e 9 instumentos   ou medios non expredados.

                                           ...................................................

En  maio de 1907 un xornal de Lugo  dicía moi alarmado  diante   dos moitos crimes que en Galicia se producían :

 "  E verdadeiramente lamentable  o que ven ocorrendo  nesta provincia , onde a criminalidade  aumenta de xeito alarmante.

Apenas  pasa día  no que non  teñamos novas  dalgún suceso   sanguento  , acontecidos en moitas aldeas , pacíficas  algún día ,  mais hoxe, faise imposible  a súa existenza nelas.

E como proba   do que din  citaremos   uns cantos  feitos darredor   dos que chamamos a tención  das autoridades superiores desta provincia  chamadas   a impedir que    se repitan  sucesos coma estes , propios tan só  Rif.

Nas inmediacións de  Sárria promoveuse días pasados  grave referta  da que resultaron varios feridos.Un deles regóu  co seu sangue   as rúas da indicada vila , falecendo a consecuencia  das feridas que lle infrixiron. Deixa  muller e algúns fillos  na maior pobreza.

 En Santiago de Sáa , distrito do Páramo , librouse  tamén  hai días  unha verdadeira batalla  sacando a relocer   toda clas de armas , os mozos que a sostiveron,  e poñendo en dispersión  a todos os que   asistían á  festa da Ascensión.

Deu por  resultando   esta contenda  varios feridos , un suxeito disparóu un tiro  de revólver  recibindo o proxectil  nunha perna.Parece que o motivo   da agresión foron  antigas xenreiras.

E por último o día 24 , na feira celebrada en Láncara , cometeuse un crime, do que foi vítima  un veciño do distrito  de Neira de Xusá, que recibiu  un disparo , producíndolle a morte no acto.

Supoñemos que o Sr. Presidente  e fiscal da  Audiencia  terán coñecemento  destes abominables feirtos , que causaron verdadeira  indignación".

                                                    ***************************

Publicaban e repetían en xornáis galegos o que un de Lugo  dixera en   1910 : "  Chegóu o matonismo  a tal extremo  que a este paso  terán as persoas  decentes, inimigas de liortas e liarazas , que absterense  de concorrer a  feiras e romarías , convertidas  por obra  e graza  os nosos paisáns  en outros gantos campos de Agramante ", 

                                                    *************************** 

Grave seguía sendo  a situación en 1911, e a Terra de Sárria  sentía como unha praga  a sensación de impunidade  coa que se producían  mortes inxustificadas , expresión de salvaxismo  e depravación, froito da máis xeralizada ignorancia  nunha comarca na que o analfabetismo  non era combatido  e as autoridades  locáis  adicaban   máis medios económicos ao sostemento de institucións carcerarias ca o sostemento de escolas:

"  Na pasada semana  rexistráron se  no partido xudicial de Sárria  tres asasiñatos e un homicidio . Co motivo deses sucesos  ordeouse a concentración   dalgungas forzas da Garda Civil  por resultaren insuficientes  as do posto da vila".

                                          ************************************

                                                              CRIMES 

CRIME DE ANDREADE.-   En Santiago de Andreade (  Paradela ). O 15,08.1932 Manuel López Díaz , de 25 anos, veciño de Vilaragunte , declarado en rebeldía,  participóu na morte de Amparo  Fernández López.  Foi detido en 1935.

CRIME DE ARXEMIL.-  En Santalla de Arxemil ( Sárria ).. !5. 09.1895.  Na romaría da parroquia  mataron a Xosé Carreira  , de 17 anos. Detidos:  Galindo e Xosé Vázquez , " Os Rabicos".

CRIME DA BALSA.-  Na parroquia de  San Breixo da Balsa ( Triacastela ).  En decembro de 1912 , Francisco López Pombo, coas facultades mentáis  moi trastornadas,  e procedente de América, matóu  ao seu irmán  usando unha macheta  e feriu gravemente á súa cuñada. Viñera repatriado  e estaba alterado porque  os pais lle fixeran a mellora  ao irmán.  Non foi capturado por ter fuxido  precipitadamente.

CRIME EN BARACALDO.- ( 4.08. 1911 )  Xerardo  Soto Campos, de 24 anos, de Triacastela  , estando de paseo por Baracaldo, recibiu un golpe no peito dado  por Xosé Folla  a consecuencia do que morréu.

CRIME DE BETOTE ( 1 ).- ( 08. 1905 ) .-  Varios mozos  estaban diante   da casa do labrego  Luis Tourón Losada López ,  Unha persoa saíu a un balcón  e fixo un disparo de arma de fogo  que feriu gravemente , causándolle a morte,  a Amador  Losada López , de 17 anos, veciño de Vilarrairo. ( Vilar de Sárria )  Había xenreiras  previas  entre un dos mozos e un dono da Casa de Tourón.

CRIME DE BETOTE ( 2 ).-  1916.-  No alto de Betote, no quilómetro  23  da estrada de Nadela,  diante da casa de  Manuel Penelas  foi asasilado un pordioseiro.  Foron detidos o Mnauel e  un seu fillo de 18 anos.

CRIME DE CALLÁS.- En  San Fiz de Reimóndez.

 CRIME DE CALVOR .- ( 1935 )   Enfrontados pola rega de prados   Xosé López González ( 35 anos ) matóu en Perros  a Faustino Fernández ( 50 anos ) ao que lle deu un corte que afectóu o intestino. Levado a Sárria para os primeiros auxiñlios, morréu na casa. O autor da morte fuxíu e acabó sendo detido cando ía pola estrada de Monforte.

CRIME DO CAMIÑO DE FERRO.-  ( 1905 )  Entre as estacións do ferrocarril de Sárria e A Pobra de San Xiao  aparecéu tirado no chan o cadavre  moi mutilado de  Xosé López @ " Torrente"  de Santiago da Veiga  con muller e varios fillos , Ao seu carón acharom un  trabuco , un forquito  e unha navalla. Sospeitábase que o corpo morto fora colocado  na vía  do tren para fose destrozado  e borrar as pegadas do crime.

CRIME DO CAMIÑO DE SANTA MARIÑA.- No Concello de Paradela. No camiño de Castro de Rei de Lemos a  Portomarín.. 3.12.1902. Volvendo da Feira do Mosteirovello  mataron a Antonio Fernández @ " O Pelo " de Portomarín, Foi detido  Xoán López Rodríguez, de Riocabo, de 40 anos.

CRIME DE CARRACEDO.-  ( 1 ).- ( 1854 )  Na parroquia de  San Vicenzo de Carracedo ( Láncara  ) desaparecéu Ramón Díaz. Sospeitando  que fose asasiñado o Xulgado do Partido de Sárria deu orde de captura  contra   Álvaro Losada ( 24 anos ) e   Francisco Rodríguez ( 23 anos), veciños  de Láncara.

 CRIME DE  CARRACEDO ( 2 ).-  ( 1.02.1891 )  Na parroquia de San Vicenzo de Carracedo ( Láncara )  foron asasiñados Pedro López e Pedro Vila   despóis de ter votado por deputados a Cortes.  Foron procesadas tres persoas  e outra  foi posta en liberdade.

CRIME  DA CASA SACO.- 

CRIME DE CASTRELO DA LAXE.-  ( 7.01,1923 ) En Castrelo , parroquia de Santiago da Laxe ( Paradela )  Xosé  López Rodríguez  morreu nun camiño  a consecuencia  das feridas  producidas  por disparos de escopeta  feitos por Xosé  e Manuel González  de Ribas do Miño ( O Páramo ) . A vítima  retornaba  á  casa procedente de África  e vestía de militar.

CRIME DE CASTRO DO  REI DE LEMOS.-   Manuel Beltrán  García  cura párroco de Santa María de Castro de Rei de Lemos ( Paradela )  coa colaboración dun seu criado  , diante da casa reitoral, foi causnte da morte dunha freguesa  que con outros veciños  fora para asistir á misa de medianoite. O crego estaba bébedo e diante das queixas daqueles fregusees que chegaran de aldeas lonxanas  deulle orde ao criado para que disparase contra o grupo.  O párroco fuxiu para a Arxentina onde seguiu exercendo o seu ministerio.

CRIME DE CASTRONCÁN.- En Santa Marta de Castroncán ( Samos ) o 22.12.1908 Daniel Montero  López, de 22 anos, veciño de Castroncán  recibiu unha descarga de escopeta  feita por  Constantino Gallego Sánchez , de 25 anos, veciño de Formigueiros , que  produciu desgarramento do cráneo   saída da masa encefálica. O asasiño  intentóu  fuxir para América.

CRIME DE CEDRÓN ( 1 ).- En Santiago de Cedrón ( Láncara )  Produciuse a morte   de  Domingos Fernández  Fernández, de 25 anos,  que recibiu  un golpe de sacho dado por  Antonio González  Díaz, que fuxiu.

CRIME DE CEDRÓN ( 2 )..  En Santiago  de  Cedrón ( Láncara )   O 21,10.1932  asasiñaron  a Vicenzo  Díaz. Acusaron do acto a Ramón Oiro e  Xoán Oiro, este como cómplice.

CRIME  DE CELEIRO.-   Foi coñecido como " O  crime do Cobrador da Luz".  Tivo lugar  en Celeiro   ( Maside ) , Foi cantado en coplas de cego.

CRIME DO ENTROIDO EN SÁRRIA.- ( 1916 ) Parricidio.  Antonio  Díaz Rivas, con casa na Rúa Matías López, xunto coa súa nai  saíu pola tarde  para " ver o Entroido". Un irmán seu , que vivía en Lugo,  sen que Antonio o soubese adiantara a súa volta á  capital. A nai volvéu para o domicilio  familiar  e  Antonio andivo de taberna en taberna até ben entrada a noite  . Totalmente bébedo, e coa teima de matar ao seu irmán,  entróu na casa dando fortes berros, frustrado por non achalo alí. A nai ergueuse da cama e tratóu de calmalo e entón  e el , alporizado, botoulle man ao pescozo causándolle a morte.

CRIME DA FÁBRICA DA LUZ  DE MURO.-  ( 09.1923 )  Tivo lugar na parroquia de San Xoán de Muro ( Láncara )  na  Casa de Máquinas  de Hidroelñectrica  Sarriana no paraxe de Paradela- Fondoril-  propiedade  de Xosé Antnio Gayoso, " Marzán", veciño de Sárria.

CRIME DE CESÁR.- En San Salvador de Cesár ( Sárria ) Mataron a un xastre  dunh terrible coitelada.

CRIME DE CHELO.- (  19.04.1936 ),. En Lóuzara  ( Samos ), lugar de Chelo. Xaime e Vitor Pumarega  mataron a un veciño que entrara na súa casa despóis de apedrala.

CRIME DE CHORENTE.-

CRIME  DA CIGUÑEIRA.- (  1844 )  Cometido na Casa da Ciguñeira, parroquia de Santiago de Barbadelo ( Sárria ). Coñecido   por a requisitoria publicada no Boletín   Oficial da Provincia de Lugo : " En causa criminal  pendente no Xulgado de Sárria  e escribabía de Baamonde  polo maltratamento  que sufriu  Francisco López, criado da Casa da Ciguñeira ( Santiago de Barbadelo )  e do que resultóu a súa morte , acordaron  o arresto  de Xoán López @ " Rato",  Manuel Gayoso , Xosñe Mateo López e Xosé de Liz , veciños da parroquia de Santiago de Barbadelo  e o de Manuel Fernández, de Castromeixe  de San Miguel de Biville, que non puideron seren habidos , no medio das dilixencias  que a efecto se practicaron , polo que se exortóu en forma  a todas as autoridades da provincia  a fin de que por cantos medios  lles suxira o seu celo , se sirvan  procurar  a captura dos exortados  cinco  suxeitos, cuxos sináis persoáis se  indican, remitíndoos  coa seguridade  necesaria ao dispor  do Xuiz , caso de seren presos  (  Sárria, marzo de 1844.  Nicolau Casanova ,) **    Sináis de  Xoán Liz:  Idade , 30 anos, estatura alta ,  pelo negro,  cor trigueña,  barba pouca e ollos negros; viste  pantalón e chaqueta de dazaoiteno , chaleque de pano azul e chapéu  calabrés . ** Sináis de Manuel Gayoso:  Estatura curta,  idade 28 anos,  cor boa, cara redonda,  barba e pelo negro; viste chaleque azul , chaqueta de "béjar"  e pantalón azul celeste , con chapéu portugués de aba ancha. **  Sináis de Xosé Mateo López :  Idade 26 anos, estatura 5 pés, pelo e barba negra, cor trigueña e cara alongada; viste chaqueta de pano "béjar" bastante claro, chaleque do mesmo, pantalón raiado e chapéu  portugués de aba ancha.**  Sináis de Xosé de Liz : Idade 20 anos , estatura regular, pelo negro, cor trigueña, barba lampiña ; viste chaqueta , chaleque e pantalón de dazoiteno e chapéu portugués. Sináis de Manuel Fernández :  Idade ,. 30 anos , estatura 5 pés,  pelo castaño , cor trigueña, barba e patilla  negra : viste chaqueta  de pano azul , chaleque negro , pantalón de dazaoiteno e chapéu calañés.

CRIME DO COVALLO.- ( 08. 1904 )  Antonio Veigas aparecé morto  a catro quilómetros  do lugar do Covallo ( Samos )  tirado nun cavouco  moi fondo  e co corpo  coberto  pola auga  dun arroxo  e tiña unha grande riba da cabeza.  Foi detido  Manuel Pombo López @"  Lebre" como autor  convito e confeso .  A cabeza e o peito do morto estaban cheos de  feridas feitas  con pedras.

CRIME DO CURA DE LÓUZARA.- ( 09.1925 ) O pàrroco de San Cristovo, San Xoán e Gundriz , Xosé Couso Osorio, foi morto perto da igrexa de Santo André  cando voltaba para a casa reitoral  ao sair dun oficio relixioso . Ferido seguiu até a reitoral de Campos  onde sen someterse a  actos curativos  puxo ao día os libros parroquiáis e vendo agravada  a súa situación foi trasladado ao hospital de Lugo , onde morréu.  Nun sonado xuizo  celebrado en Sárria  os maxistrados da Audiencia Provincial  condearon  ao sindicalistalouzariño  Manuel Rodríguez Chaos  como autor dun delito de homicidio , coa agravante  de telo realizado  como ofensa da dignidade sacerdotal, á pena  de 17 anos , catro meses e un día  de reclusión temporal , accesorias  e costas correspondentes  e a aboarlle  aos familiares da vítima  10.000 pesetas de indemnización civil.

CRIME DO DESCABEZADO.- ( 21.03.1892 )  Marcos Veiga  saíu da súa casa para mercar uns bois na Feira do Incio . O seu corpo aparecéu   separado da cabeza.  Foron detidos   Cesáreo García Pérez, de San Salvador do  Mao e  Ramón García. de Noceda.

CRIME DE EIREXALBA.- (02.1894 ) Nunha ouriceira aparecéu o cadavre  dun neno de 6 ou 7 anos  que os seus pais dixeran que desaparecera da casa . A Garda Civil detivo aos pais  , Constantino  García e Pilar  González, por entender   que fora unha morte violenta,.

CRIME DA ESFARRAPA..-  ( 11.09.1901 ) Cando voltaban  da Feira da Esfarrapa ( Láncara )  polo Camiño do Busto  os veciños da Cortella ( Cedrón )  Antonio  Argiz,  Vicenzo Argiz e André Sangil  Piñeiro, uns veciños de Villouzán  e de Bustelo agredíronos  e feriron gravemente ao André Sangil Pereiro e a Vicenzo Argiz, resultando morto Antonio Argiz.

CRIME DE FARBÁN ( 1 ).-  ( 04.1914 )  Na parroquia de Santiago de Farbán ( Sárria ) produciuse  a morte  do demente  Félix Martín.  Foron detidos como sospeitosos  Pedro Varela e   Xosé Carrozas.

CRIME DE FARBÁN.- ( 9.05.1923 )

CRIME DA  FEIRA DE CASTRONCÁN. ( 1 ) - ( 4.07.1905)  Houbo unha forte liorta entre tratantes de gado , dando lugar a tiros, paus e puñaladas , resultando morto Cirilo Sánchez e houbo varios feridos  , dous deles gravísimo,

 CRIME DA FEIRA DE CASTRONCÁN  (2 ).- ( 4.O5.!916 (¡)Voltando da Feira de Castroncán  Pexerto Antonio  López Luna e  Antonio Rodríguez García  @ " Antonio da Venta",  rifaron entre  eles  por cartos e outros temas . Produciuse un disparo co resultado  da morte de Antonio , No xuizo  en 20.03.1917  o Ministerio  Fiscal   pediu a pena de  14 anos, 8 meses e 21 días.

CRIME DA FEIRA DE LÁNCARA.-( Feira do 24 ) Mataron a un veciño dr Neira  de Xusá.

CRIME DA FEIRA DE SÁRRIA.-   ( 06.07.195...) Houbo unha liorta nunha taberna co resultado de varios  feridos e un morto.

CRIME DA FEIRA DO VINTE .- Na vila de Sárria houbo duplo crime  do que foi vítima un matrimonio moi coñecido na vila-

CRIME DE FERREIROS DE SÁRRIA ( 1 ).-  ( 30.07.1919 )  Xosé González  foi morto pola súa filla,  Xosefa de 23 anos, e o seu noivo  porque   non lles  consentía arelación-

CRIME DE FERREIROS DE SÁRRIA ( 2 ).-  ( 28.11.1926 )  O someranista  Xosé  Díaz López , de San SAdurniño de Ferreiros , feriu gravemente a Manuel  López Sangil, tamén de Ferreiros, que foi trasladado a un Hospital de Lugo, onde falecéo á media hora da chegada.

CRIME DA FONTE DOS FRADES.-Na parroquia de San Pedro de Maside, nunha volta da estrada de Sárria a Mouzós ( Meixente ) o veciño de Sárria Francisco  Loureiro , que era prestamista,  foi asasiñado por un home de Castromeixe ( Biville ) que o acoitelóu cunha navalla, cando principiaba a  noitiña . O asasiño  vira embargados bens seus por débedas co Loureiro.

CRIME  DE FREIXO.-  (  5.10.1911 ) Na romaxe do Rosario , na parroquia de San Silvestre de Freixo ( Samos ) , foi asasiñado  Sabino Vázquez de Vigo do Real, e foron  feridos Francisco  Vázquez  e unha irmá del, Pasaron por ser os autores uns veciños de San Cristovo do Real.

CRIME DE FRIOLFE.-  Na parroquia de San Xoán de Friolfe ( O Páramo )  David López Vázquez  matóu ao seu pai  Luis López Taboada, da Casa do Asturiano,  ao que xa ferira antes  e tamén feriu a unha tía súa. , Foi condeado a 12 anos de  cárcere.

CRIME DE LA UNIÓN.-  ( 26.06.1936 ) No salón da Sociedade Recreativa La Unión de Sárria, o falanxista Manuel Carrozas Varela , que ía na percura do concelleiro Tarí Uribe, matóu ao industrial Vitorino   Cabarcos  López que tratóu de detelo, ao que lle deu unha mortal puñalada no corazón, e feriu gravemente a Pedro García Arcas, que morréu ao día seguinte. O asasiño fuxiu , protexido na escapada polos seus correlixionarios da vila.  Foi convocada folga xeral como xeito de protesta  e os enterros dos dous mortos foron manifestacións de dor e repulsa  nos que participaron milleiros de persoas.   Manuel Carrozas  @ " O Lexionario" non voltóu  a Sárria até que se proclamóu o estado de guerra na cidade de Lugo polos militares rebeldes. Pasóu a formar parte das "escadras negras" que sementaron o terror na terra de Sárria . O crime quedóu impune , e malia a ser de xeral coñecemento a autoría do crime as actuacións xudiciáis seguidas  polo Xulgado de Instrución de Sárria   foron arquivadas baixo o pretexto de non ser coñecida a persoalidade  de quen ocasionara esas mortes.  O concelleiro  que nesa ocasión non fora achado polo asasiño Carrozas , presentado voluntariamente  abandoando a situación preventiva de fuxido, foi morto na Ponte da Silva ( Lugo ) cando o levaban para a Prisión lucense , sendo literalmente "paseado" nunha acción inxusta  e motivada simplemente pola  adscrición política do  asasiñado  como concelleiro da Fronte Popular.

CRIME DE LAIOSA.- (  1930 ) Morte violenta  de Santiago Saco @ "O   Cabalo" ( 63 anos )  . Foron detidos  Manuel Salustiano   e Francisco Losada, Florencio  e Aquilino  Copa Tomé , Pío de Arriba Luaces  e Arturo González. O Xulgado deu orde  de exhumación do  cadavre.

CRIME DE LAMARTÍN.-  No Concello de Samos . Resultóu morto  vioñlentamente  Manuel Villanueva Pérez. Acusaron da morte a  Xosé de la Fuente Lemos, de 20 anos,  fillo de Xulia e Xosefa, veciño de Roxofrei.

CRIME DE LÁNCARA ( 1 ) . -  O ano 1448 , véspera da Madalena,  pelexaron en Láncara  don Alonso de Castro  e don Fernando Suario  e mataron a don Alonso diante da porta da igrexa de San Pedro . O seu corpo morto foi levado á igrexa do mosteiro de Santa María Madalena de Sárria. Era fillo do Duque de Arjona , principe de sangue real.

CRIME DE LÁNCARA ( 2 ).-  ( 1890 )

CRIME DE LÁNCARA ( 3 ) .-  ( 18.01.1903 )  Houbo unha liorta de rapazotes  na que mataron a  Severino Álvarez, de 14 anos, de San Pedro da Armeá , que recibiu  un mocazo  na cabeza  e unha coitelada no nariz, con saída da masa encefálica.  Detiveron a Ramón López López, de 14 anos,  Manuel López López, de 12 anos e  Manuel Cabana, de 15 anos e outros nove máis  . O autor fuxira e detívoo a Garda Civil da Pobra de San Xiao,.

CRIME DE LÁNCARA.(  4 )-  ( 09.1915 ) Estando nunha festa  achóu morte violenta Ramiro Armada Piñeiro,  de Covas-Neira de Xusá ( Baralla )  na ocasión dun baile. Foron detidos: Manuel Iglesias Fernández (  22 anos ),  David Fernández (  25 anos ),  Xosefa Iglesias Arrojo (  25 anos ),  Xosé Quintela Quiroga ( 29 anos ) e Adolfo Arrojo  ( 19 anos ) de San Pedro de Láncara . O autor da morte vendéu  todos os seus bens pasando a escritura noutro  partido xudicial.

CRIME DE LASTRES.- ( 19.05.1911 )  En Santiago de Renche ( Samos )  resultóu asasiñado  Anxo Sangil, criado do rosquilleiro Antonio Alvaredo @ " Sistoi", Dentro da casa estaban  Dositeo Pumarega ,  Xosé Ramón Arias  e Francisco Montero . Este díxolle ao Anxo  que saira fóra  que quería  falar con el  e despóis  de darlle cun pau disparoulle un tiro  cunha pistola Browing  que lle partíu o corazón.  Francisco Montero , de 17 anos, prometera  varias veces que mataría  ao Sangil, que era unha persoas bondadosa.

CRIME DA LEITEIRA DE SÁRRIA.- ( 11.03.1887 )  Unha moza que levaba  leite para Sárria  cruzouse cunbha parenta na estrada  cona que estaba enemistada . Tiveron unha lkiaraza  e a outra rompeulle a cántara do leite. Voltóu para a casa e contoulle á súa nai o que pasara  e esta botóu fora para chamarlle a atención á agresora . Esta botóu man a unha navalla  ou cotelo   e cravoulla á súa cuñada no estómago , que non tivo máis tempo ca o de dicir " Agora si que  te vingaches de min que me mataches" e ao pouco morréu.

CRIME DE LOUREIRO DE FROIÁN.- ( 1906 )  O autor da morte ,  Manuel Pereira  Mourín, foi detido  cando se presentóu a quintas.

CRIME DE LOUSADELA.-  ( 17.02. 1922 )  Cesáreo Quiroga  Iglesias, de 17 anos,  acusado  da morte de  Xesús Díaz , foi detido pola Garda Civil da Pobra de San Xiao.

CRIME DE LOUSEIRO.- ( 19.03.1906 ) Na parroquia de San Martiño de Louseiro  ( Sárria ) na Festa  da Virxe da Asunción  rifron por cueestión do baile  mozos de Láncara e de Sárria,  que levaban armas  de todos tipos.  Morréu  Antonio Paz , carpinteiro de Láncara  e resultaron feridos  Vitorio Villanueva García ( Louseiro ),  Constantino  Díaz Melle ( Ferreiros ), Manuel Mao ( Ribela )  e Leonardo Lois ( Sárria )

CRIME DE LÓUZARA.- Morte de Bieito Vila , de Chelo-San Cristovo de Lóuzara , nunha liorta  entre grupos de  diferentes signos politicos.

CRIME DE MANÁN .- ( 1911 )  Acontecéu en Manán, lugar da parroquia de San Salvador do Mato ( Sárria )." El Correo Gallego":  " En Manán, parroquia  pertencente  ao concello de Sárria, cometeron un crime  do que foi vítima un rapaz de casa rica.  Chegóu á aldea un  cego deses  que percorren   feiras e festas  arrincando  das cordas  dun vello violino  cancións e danzas  e canto o público intelixente pide.  Darredor  do músico  cego  organizouse un baile.  Os mozos non quixeron muiñeira , pedindo un "agarrao".  E comezóu o baile  no medio da maior xolda , rematando como tantas veces  soen rematar, tráxicamente.  Dous mozos que falaban  coa mesma rapaza  fixeron liaraza  entre eles  de tal maneira  que un dos riváis , Benigno Fernández,  quedóu tirado no chán , sen dicir palabra  nin proferir   unha exclamación . Interviu o Xulgado de Sárria  e o agresor ingresóu no cárcere do Partido, sendo máis tarde posto en liberdade  provisoria".

CRIME  DO MARCADOIRO.-  ( 06.08.1901 )  Na parroquia de Santiago da Laxe ( Paradela )  produciuse a morte violenta de  Emilio Gayoso López, de Francos.

CRIME DE MEIXENTE ( 1 ) .- ( 8.03.1908 )  En San Xulián  de Meixente ( Sárria )  houbo a morte  de Manuel Arias, de Meixente,  a mans de  Eufrasio Vázquez López  ( 21 anos ) do Currial .  San Pedro  de Maside.

CRIME DE MEIXENTE ( 2 ).-  O párroco de San Xulián de Meixente e Santa María de Ortoá e alcipreste de Sárria  Pedro Pàramo Arias foi asasiñado na porta da súa casa, por persoas descoñecidas , nun crime posiblemente de motivación politica  por ser o  sacerdote  de ideoloxía  integrista , aínda que en versións corridas entre o pobo  poidera ter  orixe en vinganza  pola súa intervención  favorecedora de  resolucións  xudiciáis. O día do crime uns homes entraron no comerzo de Castaño, en Nabás ( Ortoá  )  e preguntaron como podían chegar á Casa Reitoral de  Meixente , guiounas até ali unha das  mozas da casa.  Cando chegaron alí  o párroco saiu á porta  e case sen mediar palabras dispararon contra el , caendo ao chan mentres dicía¡ Viva Cristo Rei !. A súa morte deu lugar a un bando do Alcalde de Sárria  convocando á veciñanza da vila  para asistir  ao funeral que foi presidido polas autoridades locáis e provinciáis, e unha representación do  goberno centra. Fora anunciada a presenza do Ministro de Xustiza, que non se produciu pola imposiblidade  de  dispoñer  de enlaces   para chegar á cerimonia relixiosa. 

Esquela do funeral em Santa Mariña de Sárria : "  O presbítero D. Pedro Páramo Arias   , Párroco  de Meixente e Alcipreste de Sárria , ofrendóu  a súa vida por Deus e a Patria  o día 2 do corrente. D.E.P.  O Clero do Alciprestádego de Sárria , Suplica aos veciños desta Vila  e das parroquias da contorna  unha oración pola alma  de tan digno sacerdote e a concorrenza  ao funeral que polo seu eterno descanso  se celebrará mañá , día 11 , ás doce , na parroquial de Santa Mariña. Sárria, 10 de setembro  de 1946. O Sr. Bispo  da Diocese de Lugo dignouse conceder  as indulxenzas de costume.

Quen por Deus e a Patria  /  chega  a  perder  a súa vida,  /  non poderá  xamáis perder /  o soberano placer /  de vela tan ben perdida. "

CRIME DE MOSCÁN.- ( 1907 ) En Santa María  Madalena de Moscán ( O Páramo )  Manuela Armesto Brea foi acusada de infanticidio por darlle morte a un fillo seu.

CRIME DE OUTEIRO DE BARÁN.-

CRIME DA PANADERÍA D E XOSÉ FERNÁNDEZ.-  (  08.1902 )  Na estrada do Mazadoiro, hoxe Rúa Xela Arias, na casa que fora da Eléctrica Sarriana, propiedade de Xosé Antonio Gayoso ( Marzán ) onde había un forno de pan produciuse unha morte violenta.

CRIME EN PARADELA.- ( La Crónica de Pontevedra, 29.09.1888) Foron  detidas  17 persoas e  8 incomunicados  por  dar morte a unha persoa,  á que lle roubaron a roupa,  unha moeda de ouro de oito duros  e tres de vinte reáis de prata. Foron despóis á casa do home morto   atemorizano á nai e   levaron 3.500 reáis, que estaban nun armario.

CRIME DO PARAGÜEIRO.-  ( 20.05.1918 ) Na Casa do Pulpeiro ( Sárria )  houbo discusión entre dous  paragüeiros  e un matóu ao outro dunha coitelada na gorxa.

CRIME DE PEDROUZOS.- (  25.07.1914 ) Na parroquia de Santiago de Ribas de Miño ( O Pâramo)  María Rodríguez  Varela, de 20 anos,  veciña de Vilachá das Cortes ( Paradela )  resultóu morta  estando na Romaxe de Santiago , ao ser alcanzada   por un disparo de revólver feito por un descoñecido,  entrándolle a bala polo ollo dereito.

CRIME DA PENA DE MIRALLOS.- En Santa María de Ferreiros, lugar da Pena, mataron ao herdeiro  da Casa de Alonso á volta dunha festa. Deixárono tirado pé da porta da casa e  colleronlle a chave  e entraron e levaron o diñeiro quen tiña gardado,

CRIME PERTO DE SÁRRIA.-  ( 1892 )  Foi achado o cadavre dun home coa cabeza  separada do corpo. en panos menores  e ao seu carón había un par de botas. Levara no peto 3.000 reáis para mercar unha parella de bois.

CRIME PERTO  DE PORTOMARÍN.-  ( 3.12.1902 )  Antonio Vázquez @ " Peto", tendeiro de Portomarín , voltaba da Feira do Mosteiro Vello, en Santa María de Castro do Rei de Lemos ( Paradela ) , na compaña doutras persoas.  Foi quedando atrás   e foi atacado por  uns individuos que o seguían , mallándoo a paus  até deixalo morto.  O motivo foi o roubo xa que a vítima   tiña sona de ser  persoa rica.

CRIME DE PIÑEIRO DO PÁRAMO.-  ( 1915 )  Na festa de Santo  Antón abade, na parroquia de San Salvador de Piñeiro do Páramo houbo unha verdadeira batalla campal entre os mozos desa parroquia e os de Santiago de Sáa do Páramo. O morto foi un mozo de 22 anos  chamado Francisco Rodríguez Gay. A Garda Civil detivo oito mozos.

CRIME DA PONTE DE LÓUZARA.-( 24.04.1936 )  A Garda Civil  pretenden deter  a Xaime e Vitor Vila, presuntos autores da morte de Bieito Vila, de Chelo ,na noite do 19, cando se pretendera na noite do 19 , cando se pretendía asaltar a casa  comerzo destes , que fora apedrada.  Detiveron a Xosé Pumarega,

CRIME DE PRESELAS.-  En Castro de Rei de Lemos ( Paradela ).  Emilio Arias López , de 25 anos, resultóu ferido por un disparo de arma de fogo , recibindo feridas no ventre, que lle afectaron o fígado e tivo tres perforacións de intestino, O autor dos disparos  foi un veciño  que o atacóu cando guiaba un carro  de vacas por un camiño.

CRIME DO QUEIXADOIRO.- ( 04.1912 )  En Triacastela. Na ruada organizada na aldea  despòis dunha voda , a carón  da casa da noiva, beberon viño os mozos e por causa do " cambio de parella "  comezóu unha liorta. Alguén fixo un disparo que alcanzóu a Manuel Villavol, de 17 anos, veciño de Lousadela , quen caeu morto. Toda a mocidade fuxiu do lugar.

CRIME DE RAMIL.- ( 3.06.1917)  Petronila Olmo Carballo , de 25 amos, aparecéu mortta   cunha forte coitelada no peito. Foi detido Lourenzo Lemos que  pasaba as noites no seu cuarto e tivera un fillo con ela. El  quería casar con outra muller.

CRIME DE REBOREDO.-( 04.1899 ) En Reboredo, parroquia de San Pedro de Seteventos ( Sárria )  mataron na porta da súa casa a Primo  Feliciano, natural de Sevilla, matónm de actitudes abusivas que fachendoso dicía que comería crus aos nenos   e que era quen de facer correr a un tempo a dez homes e a máis se fosen galegos. Manuel López, acompañado polo " Coxo", cando  Primo botou fora déronlle unha coitelada no petio e xa caído no chan craváronlle varias veces o forquito no corpo.  O morto tiña 40 anos  e os agresores eran de 20 e 21  anos.

CRIME DAS REIGAÑAS.- ( 1937 )  Persoas descoñecidas mataron ao párroco de  Santa María de Castro de Rei de Lemos ( Paradela ), Francisco  Ochoa García.

CRIME DE REIMÓNDEZ .- ( 1844 ). María Pumares, de San Fiz  de Reimóndez, foi asasiñada por  Francisco Rodríguez   ( 24 anos ).

CRIME DE RENDAR.- ( 1920 )

CRIME DO RIGUEIRIÑO.- ( 1904 )  Morte  de Manuel  Menéndez López, apuñalado por Xosé María  López Fernández.

CRIME DA ROMARÍA DE SANTA POLONIA.- ( 02.1903 ) Armouse  unha liorta pola poxa da rosca. Mulleres , vellos e nenos fuxiron para  as casas  e os mozos andiveron a paus e usaron navallas. Despóis  de media hora de liaraza houbo un morto e quince feridos.

CRIME DA ROMARÍA DE  SANTO ADRIAO.-  En Triacastela -  Santalla do Alfoz  ( 8.09. 1906 )  Produciuse un homicidio polo que foron procesados  Xesús  e Xosé Gallego e  Severino Carballo.  Traslado de

CRIME DE ROXELIO TARI  NA PONTE DA SILVA ( LUGO ).  Traslado  dos restos mortáis.- "  Xefatura Provincial de Sanidade. Lugo. En virtude das atribucións  que me están conferidas polo Excmo., Sr Gobernador Civil da provincia e en vista de solicitude  presentada por dona Dores López Díaz  en súplica  de que se lle conceda  autorización  para trasladar  o cadavre do seu esposo D. ROXELIO TARÍ URIBE , falecido no mes de febreiro  de 1938, segundo xustifica  con certificación  de defunción,  teño o gusto de  comunicarlle a Vde.   ter accedido  dende o cemiterio de San Pedro de Santa Comba , no concello de Lugo, ao de San Salvador de Vilar de Sárria., nese municipio de Sárria. Deus garde a Vde. moitos anos. Lugo, 30 de outubro de 1948. O Xefe Provincial de  Sanidade . Asinado. Sr, Alcalde do Concello de Sárria.

 CRIME DE RUGANDO.- ( 1906 )  O pleno do Concello de Lugo  solicitóu dos poderes públicos  a concesión  da graza de infulto  para os reos condeados  á pena de morte  polo crime de Rugando.

CRIME DE SABADELLE.- ( 23.09.1954 )

CRIME DE SAN BREIXO.-

CRIME DE SAN CRISTOVO DO REAL(  1 ).- ( 27.08. 1885 )  Na romaría de San Vitoiro mataron  a Casimiro Iglesias  sendo procesados  Manuel López García   e Evaristo  Iglesias Quiroga. Foron  condeados por homicidio  a 16 anos de reclusión  e indemnización de 500 pesetas. 

CRIME DE SAN CRISTOVO DO REAL ( 2  ) .-  (7.08.1904 )  Aparecéu o cadavre dun home  que fora mallado a paus . O rusmusmús  pública apuxo  a autoría  a un fillo da vítima.

CRIME DE SAN MARTIÑO DE REQUEIXO.-   ( 11.1916 )  Un home descoñecido , duns 30 anos, aparecéu  morto, cun corte  no pescozo  e desangado, tirado nun mato, perto de San Martiño ( Sárria ).

CRIME DE SAN  MARTIÑO DA TORRE.-  ( 21.12.1927 )  En San Martiño da Torre ( O Páramo )  Purificación  López Liz morréu a consecucna dunha pedrada  da que fora autor Pedro Doce Díaz. A morte fora calificada como ocasionada por causas naturáis e  foi un veciño quen presentóu denuncia, que deu por resultado a detención de  Froilán e Manuel López López.

 CRIME DE SAN MIGUEL DE PARADELA.

CRIME DE SAN PEDRO DE FROIÁN.-  ( 21.12.1935 ) En San Pedro de Froián ( Sárria ) á hora da saída da escola  noiturna de adultos  uns mozos agachados na beira  do camiño da escola  cando pasaba á súa altura  Xosé Fernández Balboa , da parroquia da Pena,  de 26 anos , deronlle un golpe na cabeza  e perdéu o coñecemento  sendo levado a Vilaesteva . Estaba ferido no brazo esquerdo por disparo de  arma de fogo  e morréu sen que os auxilios prestados lle valeran. O autor, Manuel Gallego Balboa, foi detido en Lugo.

CRIME DE SAN SILVESTRE DE FREIXO .- (  10.1911 )   En Freixo ( Samos )  morréu asasiñado   Sabino Vázquez López   e feridos os seus irmáns   Francisco   e Pilar  de Vilar do Real.

CRIME  DE SAN VICENZO DE PARADELA.-

CRIME DE SAN VICENZO DE TOLDAOS.- ( 06.1901 )  Morre unha persoa que entrara nunha leira do matador a cortar herba,

CRIME DE SAN XOÁN DO  MURO  ( 1 )  .- ( 1890 ) En San Xoán de Muro ( Láncara )  André López @ " Rancheiro"  foi asasiñado pola  súa muller Antonia Gil, que lle cortóu a cabeza  seccionándolle o  pescozo  e axudada pola súa filla  Manuela López Gil, levaron os restos  até a Pena de Ferreiro de Ariz  e dende alí guindaron  ao río Neira corpo e cabeza do asasiñado. O corpo foi recuperado o  24.01.1890 e non se puido achar a cabeza.  A asasiña pretendéu que fose crida   a súa versión de que o marido marchara para Madrid. Deidas nai e filla,  e mentres as levaban   para Sárria,  o garda civil  Lisardo Castro conseguiu que a moza confesase como se produciran os feitos  e mesmo sinalóu onde enterraran as roupas  que o morto levara naquel  tráxico día.  " El Correo Gallego" de 9.02.1890  relata  os feitos.

CRIME DE SAN XOÁN DO MURO ( 2 ).-  Na noite do  19 ao 20 .11-.1901  Un veciño de Céltigos, Santiago da Veiga ( Sárria ) que ía para a súa casa  recibíu  varias puñalada da man dun seu veció.

CRIME DE SAN XULIÁN DA VEIGA.-

CRIME DE SANTA CRISTIÑA DE PARADELA.- (  24.07.1910 )  Ramón Pérez, casado  con muller e fillos,  de 30 anos,  de San Miguel de Paradela, foi apuñalado  con resultado de morte.

 CRIME DE SANTA CRISTIÑA DE PARADELA..- 

CRIME DE SANTA MARÍA DO MAO .-

CRIME DE SANTA MARÍA DO MONTE ( 1 ).-  ( 04.1909 )  En Santa María do Monte ( Triacastela). Celestino  Gallego observara que lle roubaran   a chave da palleira   e velóu pola noite para coñercer quen o fixera. Ao se achegar xente deulle un mocazo  a Xosé   Días López, da Balsa,  que  caéu no chan  e erguéndose cravoulle unha navalla  no costado esquerdo. Ía acompañadpo de  Manuel Valcárcel , do Monte, e xa lle roubaran un saco de patacas  coa que pagaron a débeda de 10 pesetas que tiñan   cun taberneiro<

CRIME DE SANTA MARÍA DO MONTE ( 2 ).-  ( 1933 )   En Santa María do Monte ( Triacastela )  Benigno Villanueva Gallego  foi sorprendido nun camiño por Xosefa López Vázquez  e os seus fillos  Pilar, Domingos  e Isidro  López López que o botaron por terra  e mallándoo a paus e tirándolle pedras por todo o corpo causáronlle a morte.   Un fillo do asasiñado , de 15 anos, tratóu de  defendelos  e tamén   resultóu ferido.  Foron  detidas  Xosefa e Pilar e os outros fuxiron.

CRIME DE SANTA MARÍA DO  MONTE(  3 ) .- ( 12.01.1975 ) En Santa María do Monte ( Triacastela )  Eliseo  Iglesias Valcárcel , de 42 anos,  foi ferido gravemente nunha  discusión por augas de rega . O día 13 ingresóu en prisión  o seu curmán  Xosé Torre Iglesias.

CRIME DE SANTA MARIÑA DE ADAI.- Na taberna   de Domingos Pérez, en Cendoi ( O Páramo ) nunha liaraza entre mozos  déronlle unha puñalada  a Pedro Vila, de Santo André de Paradela ( Sárria ). Non se soubo quen fora o autor,

CRIME DE SANTA MARIÑA DE   GALEGOS.. 

CRIME DE SANTALLA DE ARXEMIL.-

CRIME DE SANTALLA DE LAGOS.-   ( 1924 )   En Santalla  de Lagos ( Láncara ) nunha discusión por asuntos de familia  Domingos Rodríguez Rodríguez  , de 35 anos  e Dositeo López Parajuá, de 26 ,  este deulle ao seu cuñado un corte de fouce  que lle  separóu a cabeza do corpo, e tamén lle fixo feridas  no corpo  O asasiño foi perseguido por doce veciños , agochándose nunha casa abandoada no Monte do Furco, e feito preso  levárono ao cárcere  de Sárria. fillo  do exconcelleiro  Manuel González  recibíu un  tiro de revólver  feito por un mozo de Vilamaior.

CRIME DE SANTIAGO DE NESPEREIRA.-  ( 2.02.1905 )  Na Festa da Candeloria en Nespereira ( Sárria )  Xusto González López , de 25 anos ,

CRIME DE SANTO ANDRÉ DE PARADELA.- 

CRIME NO SANTO CRISTO DE GOIÁN.- ( 1921 ) Una moza do Incio, aveciñada en Sárria, con parentes na Pobra de San Xiao foi á romaxe do Santo Cristo de Goián . Pouco tempo anmtes deixara ao noivo . Este  chegara á festa na compaña de doce mozos  e falando con ela convenceuna para sairem  do campo  , alonxándose do lugar , e de súpeto  ela e os compañeiros  agredírona e foi violada por todos eles e resultando morta  abandoaron o cadavre e fuxiron.  Catro deles foron detidos  pola Garda Civil.

CRIME DE SANTO EUFRASIO.-

CRIME DE SISMONDE.- 

CRIME DE TOEXE.-

CRIME DE TOLDAOS.-

CRIME DE TRASLISTE.-

CRIME NO TREN.-  ( 6. 10.1908 )  Estando á altura de Céltigos- Santiago da Veiga ( Sárria ) Un cabo  de tambor do Rexemento de San Fernando en Lugo  que viaxaba en tren, posiblemnte co desexo de baixar  del para visitar á súa nai,  situouse nons topes de entre dous vagóns  para saltar e  recibiu un farolazo na cara que o fixo  caer en terra  sen control  producíndose   a súa morte . Foron detidos   Eduardo Molado  Navarro, maquinista  e Hilario Gómez Mouriño, mozo de tren.

CRIME DE TRIACASTELA ( 1 ).-

CRIME DE TRIACASTELA ( 2 ).-

CRIME DO VAL DO MAO.- ( 05,1911 )  No lugar de Balboa, no Val do Mao ( O Incio ) foi asasiñado  Xosé María  Díaz Montero.  O asasiño deulle un  golpe na cabeza  cun obxecto cortante   e punzante  e unha vez morto   arrastróu  o corpo até  un arroxo.  Matouno  Manuel  Arias Orille , de 22 anos ,  soldado do Rexemento  de Isabel a Católica  da Coruña  que estaba  permiso.

CRIME DE  VILAFIZ ( 1 ).- ( 17.01.1980 )   Na taberna-mesón  que había en Agreimode ( O Páramo ) , fronte da ponte   do río Sárria , no empalme coa estrada do Páramo, Euxenio  Doce López, de Vilafiz,  foi convidado por un veciño a que bebese viño e  aquel rexeitóu o convite porque tiña que acompañar ao seu pai.  Ofendido pola negativa  dixo " Esta noite heite matar " . Permaneceron no establecemento porque fora chovía . O agresor pasóu a se meter co pai e o fillo recriminouno . Cando sairon para fora  deulle una cotelada no ventre .  O taberneiro , sen atender ao ferido, botóu  para a estrada a todos os que estaban  na taberna  e pechóu a porta. Para valerlle ao ferido  alguns dos presentes pasaron a ponte  até a casa de  Santiago  Cerviño , da  outra banda do río; xa na Pobra de San Xiao ( Láncara ). Tres días despóis  o mozo morréu. O agresor,  tivo a fachenda de deixarse ver  ao día seguinte trabañllando nas leiras da súa propiedade, sen que a garda civil  fixese nada por detelo, o que deu lugar a críticas da veciñanza.  Despóis o  asasiño fuxíou  non sen antes  facer venda dos seus bens nunha notaría doutro distrito.

CRIME DE VILAFIZ ( 2 ).-  

CRIME DE VILAFIZ ( 3 ).-  En  xullo de 1938 aparecéu tirado unnha gavia da estrada de Nadela a Valdeorras o cadavre  dun home descoñecido, que foi enterrado no cemiterio da igrexa de Santa María de Vilafiz.  Unha nota do párroco  feita de xeito marxinal   recolle o feito da aparición e enterro, sen que haxa referenza documental no  Rexistro Civil do Páramo nin haxa constanza de actuacións identificadoras ou esclarecedoras  en persecución do crime, por parte do Xulgado de Paz nin do Xulgado de Instrución de Sárria. Sen dúbklida  ningunha o morto  foi unha máis das vítimas anónimas  debidas á inxusta e irracional actuación dunha " Escadra Negra" , que con outras semellantes  de feito impune espallaron o terror pola comarca e que  , vergoñosamnte, nunca acharon  condena-

a

CRIME DE VILAMAIOR.- 

CRIME DE VILLOUZÁN.- 

....................................................................................................................................................... 

CRIMES DO ALTO DA VALIÑA.-

CRIMES  NO  PERÍODO FRANQUISTA-

 CRIMES DE TREILÁN.-

........................................................................................................................................................................  

CRIMES NA TERRA DE SÁRRIA.-   A Terra de Sárria  foi escenario dun elevado número de crimes  , que xa causaba  alarma  na primeira  metade do século XIX, consonte se recolle na voz correspondente a "Sárria" , no  Diccionario Madoz. :

( 30.03.1906 ).  O xornal "  Correspondencia Gallega "  publica que no termo de Sárria  nos últimos 6 anos  houbo 30 homicidios , quedando a maioría deles impune.

( 1907 ) Val do Mao: 1 morto;  Vilouzán : 1 morto ;  As Cortes: 1 morto ;  Manán: 1 morto ; Sárria ( 1 morto e varios feridos ).,

( 7.11. 1911 ).-  EMEELEPE escribe en " La Voz de la Verdad" de Lugo. " Estas  batallas anúncianse  con bombo e pratillos , enterándose todo o mundo de que van a ter lugar, menos as autoridades .   Todos sabemos  que calquera mozo , antes de que o bigote  empece a sairlle,  é de ritual que aínda  carecendo do máis necesario, ha empregar o primeiro diñeiro que adquire  en mercar  o seu correspondente  revólver , o seu puñal e unha navalla  de grandes dimensións.  Co cuxo parque , ao que se une unha moca   de catro ou cinco quilos , vai ás feiras e romarías.  Uns para amosar  a súa fama de valentes , outros por adquirila , e moitos para ocultaren a súa covardía. Pos ben, cun  rexistro xeral por parte da Garda Civil , e recoller esas armas,  e con asistir aquela  aos puntos nos que se  anuncie tempestade , creo que a tranquilidade  voltaría ao país , e moitos país  non terán que se laiar  despóis  como os que motivan estas liñas."

........................................................................................................................................................................


Comentarios

Publicacións populares