CONCELLOS DA TERRA DE SÀRRIA ( 1835 / 1841 ) ( 631 )

                           CONCELLOS DA TERRA DE SÁRRIA  ( 1835 / 1841 )

                                  CONCELLO DE CASTRO DE REI DE LEMOS

O primeiro Concello Constitucional de Castro de Rei de Lemos creado en 1820 foi suprimido en 1823. Despóis da morte  de Fernando VII  houbo un segundo Concello ,  do que formaron parte   un total   de  cinco parroquias,  que foi suprimido en 1841, pasando  as cinco  freguesías que o compoñían  a se integraren  nos concellos de Paradela  ( 2 )  e O Saviñao ( 3 ) .

1.-  Santa María de CASTRO DE REI DE LEMOS. 2.-  Santa María de REIRIZ. 3.-  Santiago de ALDOSENDE. 4.-  San Xulián de VILACAÍZ. 5.-  San Xoán de SOBREDA.

************************************************************************************* 

                                                CONCELLO DE LÁNCARA

En 1820 foi creado o primeiro Concello Constitucional de Láncara.  Pasada a Década Ominosa  formaron un concello, con seis parroquias,  coa mesma denominación, que en 1841 viu ampliado o seu territorio con parroquias procedentes dos extinguidos concellos de A Pobra de San Xiao e A Somoza de Vilouzán , cedendo pola súa parte  a parroquia de  Santa María de Franqueán a favor do entón concello de nova creación  que recibíu o nome de Concello de O Corgo.

1.- San Pedro de LÁNCARA . 2.-  Santa María da LAMA. 3.-  San Vicenzo de CARRACEDO.  4.-  San Salvador de TOIRÁN. 5.-  San Pedro de VILARELLO.  6.- Santa María de FRANQUEÁN (  * )

************************************************************************************** 

                                      CONCELLO DE SAN PEDRO DE PORTOMARÍN

O primeiro  Concello Constitucinal de San Pedro de Portomarín , formado por parroquias da marxe esquerda do río Miño, dentro do  partido xudicial de Lugo, deu paso despóis da morte de  Fernando   VII , ao segundo do mesmo nome, formado por nove parroquias.  Desaparecéu en 1841 e a vila de San Pedro de Portomarín integrouse no novo Concello de Portomarín  e as  freguesías  pasaron  ao novo Concello de Paradela.

1.-  ¨San Pedro de PORTOMARÍN  ( vila ) ( . 2.- San Xoán de LOIO. 3.-  Sam Vicenzo de PARADELA. 4.- San Mamede de CASTRO. 5.- Santiago da LAXE. 6.-  Santa María de FRANCOS. 7.- San Salvador das CORTES. 8.-  San Martiño de CASTRO. 9.-  San Facundo de RIBAS DE MIÑO.

************************************************************************************* 

                                     CONCELLO DE SAN XOÁN DE PORTOMARÍN

Creado en 1820 o primeiro Concello Constitucional de San Xoán de Portomarín, integrado no partido  xudicial de Lugo, foi suprimido no ano 1823.  O segundo Concello de San Xoán de Portomarín reunía  un total  de vinte e sete  parroquias, a unha e outra banda  do río Miño,  e foi sucedido polo Concello  de Portomarín, no que se integraron as vilas de San Xoán de Portomarín e San Pedro de Portomarín. As parroquias da marxe esquerda do río  pasaron para o concello do Páramo e a de Santa María de Ferreiros ao de Paradela. As freguesías da marxe dereita  integráronse con outras máis no concello de Portomarín-

                                                  Na marxe dereita do Río Miño.

1.-  San Nicolau de PORTOMARÍN. 2.-  Santa María de MESONFRÍO. 3.-  San Martiño de BEDRO. 4.-  Santa María de CORTAPEZAS. 5.-  San  Martiño de LEÓN. 6 -  Santa María de GONZAR. 7 .-   San Bartoloméu de BAGUDE. 8 .-  San Salvador de  SABADELLE- 9 .-   San Pedro de VILARBASÍN..10.-  San Mamede  de BELADE.

                                                  Na marxe esquerda do Río Miño

11.-  Santa María de GONDRAME. 12.-  Santiago de RIBAS DE MIÑO. 13 .-  Santo Estevo de GRALLÁS. 14 .-  Santa María de REASCOS. 15.-  Santa Mariña de ADAI. 16.-  San Salvador de VILEIRIZ. 17.-  San Salvador de PIÑEIRO. 18-  San Mamede da RIBEIRA. 19.-  San Pedro de SANTO ANDREA DA RIBEIRA. 20 .-  Santa Eufemia de VILARMOSTEIRO. 21.-  Santa María Madalena de NEIRA. 22.-  Santa Cruz de VILASANTE. 23.-  San Martiño da TORRE.- 24.-  Santa María de  FERREIROS  ( de Paradela ), 25.-  San Vicenzo de GONDRAME. 26. -  Santiago  de SÁA DO PÁRAMO. 27.-  San Xoán de FRIOLFE.

************************************************************************************** 

                                            CONCELLO DA POBRA DE SAN XIAO

Formaban parte del parroquias  de unhas e outras bandas  dos ríos Neira e Sárria .  Suprimido o primeiro Concello Constitucional desta denominación  , e recuperado despóis da morte de Fernando VII, en 1841   as freguesías que o formaban inegráronse  nos concellos  do Corgo, Láncara e O Corgo 

                                           Integradas no Concello de Láncara.

 1.-  Santa María de VILALEO. 2.-  San Xoán de TRASLISTE. 3.-  Santiago de BALBOA ( * )  . 4.- San Pedro de BANDE. 5.-  Santa María de NEIRA DE CABALEIROS. 6.-  San Xulián da POBRA. 7.-  Santa María de VILAMBRÁN.  8.-  San Xoán do MURO. 9.-  San  Martiño de OLEIROS . ( 10.- San Salvador de LARÍN.

* Santiago de Balboa foi sumprimida como parroquia  cando se crea o terceiro Concello de Láncar.

                                       Integradas no Concello de O Corgo

11.-  San Bartoloméu de ABRAGÁN. 12.-  Santiago de CAMPOSO. 13.-  San Pedro de MACEDA. 14.-  San Xoán de CELA. 15.-  Santa María Madalena  de ESCOUREDA.  16.-  San Pedro de CERCEDA . 17.- Santalla de Quinte . 18.-   San   Miguel de  LAPÍO . 19.-  Santa María Madalena de SABARÉI. 20.-  San Salvador de  SANTALLA DO ALTO.  21.-  San Salvador de CASTRILLÓN. 

                                            Integrada no Concello de O Páramo

22.- Santa María de VILAFIZ.

************************************************************************************* 

                                 CONCELLO DA SOMOZA DE VILOUZÁN

O primeiro Concello Constitucional  da Somoza de Vilouzán foi creado en 1820.  Ampliado   despóis da morte de Fernando VII ata ter sete parroquias , foi integrado  no  terceiro concello que recibíu o nome de Concello de Láncara, formado con freguesías  dos extinguidos  concellos   da Pobra de San Xiao, Láncara e A Somza de Vilouzán,  A parroquia de San Pedro de Armesto  pasóu para o concello que foi denominado  Concello de Becerreá,

1,. San Martiño do RÍO. 2.- San Vicenzo de TOLDAOS. 3.-   San Miguel de MONSEIRO. 4.-  Santo Estevo de VILOUZÁN. 5.-  Santa Mariña de VILAESTEVA DE HERDEIROS. 6 .-  Santiago de CEDRÓN , 7.-  San Romao de ARMESTO.

************************************************************************************* 

                                                CONCELLO DE O INCIO

O primeiro Concello do Incio nacéu en 1820, integrado no partido xudicial de  Sárria.  . Recuperado o réxime constitucional  as parroquia que o formaron pasaron  ao partido de Quiroga,  e en 1840 pediron  integrarse no de Sárria. En  1841  13  das  freguesías   que o formban , procedentes dos anteriores concellos de Reboiro , O incio e algunhas parroquias da Somoza Maior ,  pasaron  a formar  parte do novo Concello de Rendar e   o enclave de Santo Tomé da  Broza  integrouse no do Saviñao.

1.-  Santo Tomé da BROZA.  2.- Santalla de  TRASCASTRO. 3.- Santa María de REBOIRO. 4.-  Santiago de TOLDAOS. 5.-  Santa María de GÓO. 6.- Santa Cristiña do VISO. 7.-  Santa María de PACIOS, 8.-  San Xoán de SIRGUEIROS. 9.-  Santa María de RENDAR. 10.-  Santa María de FOILEBAR. 11.-  Santa Mariña do INCIO. 12.-  San Pedro do INCIO. 13..-  San Miguel do INCIO. 14.-  San Fiz do HOSPITAL DO INCIO.

           ( O Concello de Rendar  viu trocado o seu nome polo de CONCELLO DO INCIO,  establecendo a súa capitalidade na Cruz do Incio, onde se celebraba feira, segregando terreos da parroquia de San Xoán de Sirgueiros  , cos que en 1891  se creóu unha nova parroquia: Santa Cruz do Incio )

**************************************************************************************

                                     CONCELLO  DA SOMOZA MAIOR DE LEMOS   

Houbo un primeiro Concello Constitucional da Somoza Maior de Lemos entre 1820 e 1823.  Coa implantación do absolutismo foi suprimido, e morto Fernando VII recupèrase a denominación   nun segundo concello que se ve ampliado polo norte coa incorporación de parroquias que pertenceran ao primeiro Concello de Paradela.  En 1841  extinguiuse  e  as  trinta  parroquias que o integraban   pasaron a formar parte dos concellos de Bóveda ( 8 ),  A Pobra do Brollón (4 ), Paradela ( 7 ) e  O Incio (  11  )

1.- Santiago de RUBIÁN DE ABAIXO. 2.-  Santalla de TEILÁN. 3.- San Fiz de RUBIÁN. 4.-  San Xoán de REMESAR. 5.-  San Martiño de BÓVEDA. 6.- Santiago de FREITUXE. 7.- Santa María de TOIMIL. 8.-  San Vicenzo de VER. 9.-Santa María de OUTEIRO. 10.-  San Paio de MOSTEIRO.  11.- San Miguel de CANEDO ,12.- San Cristovo  de GUNTIN DE LEMOS.13.- Santa María de VILARAGUNTE. 14.- Santiago de ANDREADE.15.-   San Miguel de PARADELA.  16.-  San Lourenzo de SUAR. 17.-  Santalla de PARADELA. 18.- Santa Cristiña de PARADELA. 19.- San Pedro de BARÁN. 20.- San Cristovo da CERVELA. 21.-  San Xoán de BARDAOS.  22.- San Xulián de SANTALLA DE BARDAOS, 23.- Santo Tomé de CASTELO DE SOMOZA. 24.-.  San Miguel de VILA DE MOUROS.  25.-  San Xoán de NOCEDA. 26.-  San Pedro da CUVELA . 27.- San Vicenzo de RUBIÁN DE CIMA. 28.-  Santo Estevo de EIREXALBA. 29..  San Mamede de VILASOUTO.  30.- San Martiño de LAIOSA.

************************************************************************************

                                           CONCELLO DE SAMOS

Entre 1820 e 1823  houbo un primeiro Concello Constitucio nal de Samos   e despóis da morte de Fernando VII , baixo da mesma denominación houbo un segundo Concello Constitucional formado por un  elevado número de parroquias ( 39 ) que en 1841  perdeú freguesías  que pasaron a formar parte dos concellos de Rendar, Sárria e Láncara . Máis adiante desapareceron as parroquias de Bustofrío e San Martiño de Lousada, e creáronse as de Santo André de Gundriz e San Xosé de Santalla de Lóuzara, e a parroquia de San Lourenzo de Vilarxoán  pasóu para o Concello do Incio . Un intento de crear un novo concello coas parroquias de Lóuzara  , Vilarxoán e  Foilebar foi rexeitado.

1.-  Santa Xertrude de SAMOS, 2.- Santiago de ESTRAXIZ. 3.-  San Romao de LOUSADA. 4,.  Santiago de ZÓO. 5.-  Santa María de MONTÁN. 6.-  San Xil do CARBALLO. 7.-  Santalla de PASCÁIS.- 8.- San Cristovo do REAL. 9.-  San Martiño de LOUSADA. 10.- San Silvestre de FREIXO. 11.- Santiago de RENCHE. 12.-  San Martiño do REAL. 13.-   Santa María de LOUREIRO DO REAL. 14.-  San Mamede do COUTO. 15.- San Martiño de ROMELLE. 16.-  Santa Marta de CASTRONCÁN. 17.-  Santa María de SUÑIDE. 18.-  Santiago de FORMIGUEIROS. 19.-  San Xulián de TEIVILIDE.  20.- Santo Estevo de REIRIZ. 21.-  San Miguel d e FROLLÁIS.  22.-   San Lourenzo de VILARXOÁN, 23.- San Cristovo de LÒUZARA,  24.- San Xoán de LOUZARA. 25.-  San Cidre de BUSTOFRIO. 26.-Santo Estevo de CALVOR . 27.-   Santa María de  LIER. 28.-  San Martiño de LOUREIRO DE FROIÁN.  29.-  San Vicenzo de  FROIÁN. 30.-  Santiago de BARBADELO.  31.-   San Miguel de  PIÑEIRA. 32.- Santa Eufemia de SANTO ANTOLÍN. 33.-Santa María do MAO. 34.-  San Salvador do MAO  35.- . San Romao do MAO.  36.-San Pedro da ARMEÁ. 37.-  Santa Mariña do CARBALLO  ou de  GALEGOS. 38.-  Santalla de   LAGOS . 39.-  Santiago do SOUTO DE FERRADAL. 40.-  Santa María de TOUVILLE

************************************************************************************** 

                                           CONCELLO DE SÁRRIA

O primeiro Concello Constitucinal de Sárria, Cabeza de Partido, creado en 1820  foi suprimido en 1823. Despóius da morte de Fernando VII  o número das súas freguesías    foi destacado, xa que incoporóu, no segundo Concello Constitucional freguesías dos  pouco duradeiros concellos da Pinza e Biville e o de  Vilapedre , e as parroquias de Ronfe e Viance.  En 1841  perdeu esas dúas parroquias  e gañou sete  procedentes do segundo Concello Constitucional de Samos. Polo tanto , no paso de vinte anos, houbo tres concellos  " de Sárria",  consolidándose  o último deles con 49 parroquias ruráis e  2 urbanas. A parroquia de Santiago de Viance  foi suprimida  e integrada na de San Pedro de Ronfe, cando  se crea o terceiro  concello de Láncara.

1.- San Salvador de SÁRRIA.( na vila ) 2.- Santa Mariña de SÁRRIA  (na vila ). 3.-  Santiago de CASTELO DOS INFANTES. 4.-  Santiago de FARBÁN.  5.- Santa María de VILAR- 6.-  San Fiz de VILAPEDRE.7.- San Miguel de GOIÁN. 8.-  San Miguel de VILAPEDRE. 9.- San Sadurniño de FERREIROS. 10.-  Santa María de CORVELLE. 11.-  San Xulián da VEIGA. 12.-  Santa Mariña de RUBÍN. 13.-  San Xulián de CHORENTE. 14.-  San Sadurniño de FROIÁN. 15.-  San Mamede da Chanca. 16.- Santo Estevo de LOUSADELA. 17.- Santa María da PENA . 18.- San Salvador da PENA. 19.-  Santiago da VEIGA. 20.-  San Salvador do MATO. 21.-   San Martiño de LOUSEIRO. 22.-  San Vicenzo de Betote. 23.-  San Martiño do FONTAO. 24-  San Pedro de SETEVENTOS. 25- San Mamede do CAMIÑO. 26.-  Santiago de NESPEREIRA. 27 .-  San Xoán de FAFIÁN. 28.-  San Fiz de REIMÓNDEZ. 29.-  San Pedro de MASIDE. 30.-  Santalla de ARXEMIL. 31.-  San Salvador de VILAR DE SÁRRIA. 32.-  San Martiño de REQUEIXO. 33.-  San Salvador de CESÁR. 34.-  San Salvador da PINZA. 35.-  Santa María de BELANTE. 36.- San Miguel de BIVILLE. 37.-  Santa María de VILAMAIOR. 38.- Santo  André de PARADELA.  39.- San Pedro de FROIÁN. 40.- Santa María de ALBÁN. 41.- Santo Estevo do MATO. 42.- San Xulián de FRADES. 43.-  San Xulián de MEIXENTE. 44.-  Santa María de ORTOÁ. 45.- San Pedro de RONFE ( * )  .  46.-  Santiago de VIANCE ( * ) 

************************************************************************************

                                 CONCELLO DE TRIACASTELA  

1.- Santiago de TRIACASTELA ( vila ). 2.-

*************************************************************************************

Comentarios

Publicacións populares