CAMARA OFICIAL DE COMERZO E INDUSTRIA DE SÁRRIA ( 630 )

                    CÁMARA OFICIAL DE COMERZO E INDUSTRIA DE SÁRRIA                     (   630 ) 

 (  Data de creación    :  30.08.1908   )                                 ( Data de extinción:  30 de xuño de 1927  )

 .................................................................................................................................................................

                           A CÁMARA OFICIAL DE COMERZO E INDUSTRIA DE SÁRRIA

 ( El Progreso,  venres , 24 de xuño de 1988 )                      Xaime  Félix López Arias

Na primeira década  do século XX, Sárria, que deixara atrás o outeiro castrexo  para espallarse pola gándara baixa , é un activo  centro comercial  que medra darredor da estación de ferrocarril , dende onde parten estradas cara as terras da  Montaña  interior luguesa.

Nos barrios de San Lázaro  industriáis  chegados de Teruel , Zamora, Astorga e outras partes  que lle dan pulo á nova vila  que medra darredor  das estradas.

Ese dinamismo  vai facer que xurdan  unha serie de almacéns de coloniáis , tendas de tecidos  ao por maior, e mesmo cativas industrias  que farán desa nova Sárria  unha antitese  da vila casteleira e fidalga , nunha oposición que aínda  hoxe é perceptible.

Eses comerciantes  que se enriquecen  coa importación e exportación  de produtos  e constrúen verdadeiros  palacetes nos que se asentan os seus negocios  van sentar as bases  da expansión  sarriá  en todo este século .

A pechada  sociedade  rendista  terá que ir abrindo  canles de comunicación , mesmo a traveso dos   vencellos  de sangue,  pasando pouco a pouco  a ocuparen  os postos que o seu dinamismo esixía.

Dentro dese movemento  innovador temos  que contemplarmos a criación da Cámara Oficial  de Comerzo e Industria  de Sárria.

 Con data  30 de agosto  de 1908  reuníronse os comerciantes e industriáis  de Sárria e acordaron  a criación dunha Cámara de Comerzo e Industria , elixindo  na mesma sesión   como presidentes  honorarios  aos señores  D. Venancio Vázquez,  don Diego Pazos, don Mariano Zaera, don Matías Oñate  e don Xesús Pérez Batallón. A continuación designaron a Xunta Direitiva seguinte :  Presidente, D. Víctor Castro López ;  Vicepresidente: D. Xosé Antonio Gayoso ;  Segredario xeral, D. Bienvenido Díaz de Freijo ;  Contador, D. Dimas González ;  Tesoureiro, D. Emilio Zaera ;  Bibliotecario-arquiveiro, D. Xosé Viñas ;  Vogáis :  D. Matías Vázquez,  D. Francisco  García Delgado ,  D. Anxo Pazos , D. Antonio López López  e D. Manuel López Díaz.

Na mesma data  aprobáronse as normas  polas que se ía rexir  esta Cámara , Regulamento que foi elevado o 7 de setembro á Dirección Xeral de  Industria e Comerzo  que por Resolución de  28 de setembro de  1908 declaróu oficialmente constituida  a Cámara de Comerzo  de Sárria , sinalándolle  como  territorio para exercer xurisdición  o termo municipal.

O Regulamento  foi editado nun folleto de trinta páxinas  no que se incluiron ademáis   os Reáis Decretos reguladores da materia.

Nesta primeira referencia  á Cámara   de Comerzo e Industria de Sárria  hai que destacar  a  presencia  como promotores da mesma  de nomes como Víctor Castro ( fabricante de chocolate ) ou dos xá miticos  no comerzo e industria  sarriaos dos " Moreno",  " Marzán",  " Dimas" ,  "Zaera",  " Viñas ", " Vento" , "Freixo", etc. que  por  décadas   van significar o pulo  criador da nova Sárria.

Non deixa de ser importante  ter en conta que aparecen vencellados á Cámara  os nomes dos prohomes  de fins do século XIX :  Venancio Vázquez  (  fabricante de chocolate  ) triunfador en Madrid , que tiña en Villa Aurelia , hoxe  sede de " La Unión", a súa " quinta de verán ", Diego Pazos  ( economista, rexistrador da propiedade e historiador ),  Mariano Zaera  ( vencellado a Sárria  como neto de Matías López, industrial chocolateiro )  e Xesús Pérez-Batallón  (representante das tradicións liberáis da vila ).  Dalgún xeito a nacente Cámara , nomeando presidentes de honra  a estes homes, non facía senón homenaxear  a aqueles que dentro  ou fora da vila  levaban adiante  un labor  trascendente , e neles quedaban dalgún xeito unidos comerzo, cultura e política.

Da andadura  da Cámara Oficial  de Comerzo e Industria de Sárria , fora  do folleto publicado  por "Xerardo Castro. Tipografía La Minerva de Lugo"  ( 1908 ) , un de cuxos exemplares se garda no Arquivo do Seminario de Estudos Sarriaos , nada coñecemos. En algures se gardarán  referencias documentáis  máis amplas, É posible  que se conserven  os libros de actas  que permitirían  reconstruir  un suxerente período  dun tempo  no que Sárria se abría á modernidade . Nós, cando menos non esmaiamos, no intento de que un día aparecerán.

 O que sí é certo  é que  durante as primeiras décadas  do século XX  afortálase o comerzo  sarriao e aparece  una incipiente industria:  Fábricas de chocolates,  galletas, curtames , gasosas, electricidade , etc.  van sentando as bases  dunha nova mentalidade  e a burguesía sarriá  vai entrando nas canles de produción.

Un período de certo esplendor vaise manter  até a guerra civil para ir logo esmorecendo. Aqueles comerzos -almacén  onde había dende dinamita a berces, e dende  cadaleitos a bacalláu , foron caíndo un a un. As familias que os botaran a andar  ven como os seus membros  pasan aos sectores  das profisións liberáis  e ao servizo  do Estado  e rematan liquidando o negocio familiar.

Ese esnaquizamento  e esfrangullamento  vai traer  novos xeitos de comerciar . Será o intre das pequenas tendas ,  a hora dos pequenos tendeiros insolidarios  e atentos tan só  ao seu pequeno mundo , sen canalizaren inquedanzas,

                                                ************************************

Pasados ben anos dende a primeira toma de contacto coa histórica CÁMAR OFICIAL DE COMERZO E INDUSTRIA DE SÁRRIA   grazas a " Galiciana" e " Prensa Virtual"  pode ser seguido o ronsel deixado por esa entidade , que acabaría desaparecendo en 30 de xuño de 1927, sendo forzosamente integrada na Cámara Oficial de Comerzo, Industria e Navegación de Lugo".

                                               *******************************

                    A CÁMARA  DE COMERZO E INDUSTRIA DE SÁRRIA NA  PRENSA

 (  La Correspondencia de España,  15,11.1909 ).- Fai eco da visita ao Ministerio de Fomento )

                                                ...............................................

( La Idea Moderna,   16.11.1909 ).-  Xestión de melloras (  Madrid, 15 ).-  Hoxe vistóu  ao ministro de  Fomento   unha comisión   da Cámara de Comerzo de Sárria.

A visita tivo por obxecto  tivo  por obxecto   pedirlle ao Sr. Gasset  que se obrigue   á Compañía do Norte a realizar   varias  reformas na estación do ferrocarril    daquela vila  , para o mellor servizo   do  público.

Tamén interesóu do ministro  a construción de tres estradas   en proxecto .

Os comisionados  sairon  moi esperanzados  de obteren   bon suceso nas   súas   xestións.

                                                ...............................................

 ( El Miño, 16.11.1909 ).-  Pedindo  melloras.-  Unha Comisión da Cámara  de Comerzo  de Sárria visitóu aos señores Gasset e Burell para pedirlles  melloras na estación ferroviaria   e a próxima onstrución de tres estradas.

                                                .................................................. 

( El Progreso, de Lugo,  16.08.1911 ).- Recolle a nova da concesión  de vagón de viaxeiros entre Monforte e Lugo.

                                               ..................................................

( El Norte de Galicia,  18.11.1909 ).-   Visitóu aos señores ministro de Fomento   e Direitor de Obras Públicas   unha Comisión da Cámara de Comerzo de Sárria   formada por D. Venacio Vázquez, D. Xesús Pérez Batallón e o Marqués de Ugena, presidentes de honra,  D. Xosé A. Gayoso,  vicepresidente,   e Xesús Rodríguez Guerra , avogado consultor da dita Cámara, para recomendar   varias melloras   na estación ferroviaria   daquela vila   e a pronta  construción de tres estradas    de grande interese  para a mesma  localidade.

                                               ........................................................

 ( El Correo de Galicia, 18.08.1911 ).-   Moi en breve  dispoñerán que se agregue  un coche mixto   de 2 ª e 3ª clase  ao tren   de mercancías   número 1.443  que admitirá pasaxeiros  no seu traxecto de Monforte a Lugo.

O dito  tren  é o que sae de Monforte   ás 18 e 20 e chega  a Lugo  ás 23 e 40.É  unha  mellora importante  xestionada tamén   pola Cámara de Comerzo  de Sárria.

                                             ................................................. 

( El Eco de Santiago, 20.11.1909 ).-  Recolle a visita da Comisión da Cámara ao Ministerio de Fomento

                                                 ................................................

( El Regional,  5.02.1912 ).- Visita  dos reis Afonso XIII e dona Vitoria Euxenia a Sárria   para  ouvir m

isa no Convento da Mercé.-..... " á saída da  Estación  e na Rúa Maior   desta vila , alzábanse   dous arcos de  triunfo, adicados aos Soberanos  pola Cámara de Comerzo de Sárria  o primeiro  e polo Concello o segundo.....

                                                 .............................................

( El Progreso, de Lugo, 5.02.1912 ).-  Sianla a participación da Cámara de Comerzo de Sárria no recebimento dos Reis na súa visita á vila.

                                                ..............................................

( BOP de Lugo,  5.03.1912 ).-  Circular convocando   reunión da  Cámara de Comerzo de Sárria.

  Goberno Civil.  Circular nº 98. Cámara de Comerzo de Sárria.- Convocatoria.-  " De conformidade  co disposto  no apartado D.  da disposición 2ª transitoria  do Regulamento  de 29   de Decembro último , convócase  aos comerciantes  e industriáis compreendidos  na lista de electores  da Cámara de Comerzo de Sárria para o día  10 dos correntes ,  ás 11 , p candidaturas  proceder  á elección de dez  membros  que compoñerán a dita entidade.

O acto da elección  dará comezo á hora indicada  no salón de actos  do local da Cámra de Comerzo , Rúa Maior nº 37.

O día 5 vindeiro  no mencionado local  a Xunta, compoñentes da Mesa  e Comisión de Reclamacións , para a presentación e proclamación de   candidatos , cuxas   candidaturas  poderán seren presentadas até o dito  día na Segredaría da Cámara.

                                                              Lugo, 1º de   marzo de  1912

                                                                     O Gobernador

                                                                Fernando Baccherini    

                                                                ..................................   

( La Voz de la Verdad, 06.03.1913 ).-  Convocatoria de  eleccións para a Cámara de Comerzo de Sárria.

                                                                ...................................

( El Regional, 4.04.1912 ).-  Quedóu constituída a Xunta Direitiva  da Cámara de Comerzo  na forma que segue:

Presidente:  D. Vítor Castro López.  Vicepresidente :  D. Xosé Antonio Gayoso.  Contador: D. Dimas  González.  Tesoureiro:  D. Emilio Zaera.Vogáis:  D. Antonio  Sánchez:  D. Matías Vázquez; D. Manuel González ; D. Manuel López Díaz;  D. Francisco García Delgado ;   D. Antonio López López. Segredario :  D. Xosé Vázquez Pereira.

                                                              ..................................

( El Correo de Galicia,  23.05.1912 ).-  O Presidente da Cámara de Comerzo de Sárria remitiu ao ministro de Fomento   , informada favorablemente,   a instancia solicitando   a ampliación de beirarrúas   da travesía  daquela cidade. 

                                                                 ............................... 

( Suevia, 16.06.1912 ).- O Presidente da Cámara de Comerzo de Sárria  remitiu un escrito  ao Ministro de Fomento ,  informando favorablemente, a  instrución  solicitando a ampliación  das beirarrúas da travesía  daquela vila.

                                                                 ................................ 

( El Eco de Galicia.  10.08.1912 e 20.08.1912 ) .-  Elevación de solicitude de adhesión dirixida pola Cámara de Comerzo de Sárria ao Concello de Vilalba.

                                                                    ..................................

( La Región,  10.08.1912 ).-  A prol da Agricultura.-  A Cámara de Comerzo en Sárria .- Xusta  e mercente  de atención polos poderes públicos  , é a petición  que o presidente  da Cámara de Comerzo de Sárria , D, Vítor Castro López,  facendo patente  a triste situación  da agricultura  diante da perda das colleitas.

                                                            ..............................................

( El Progreso, de Pontevedra,  16.08.1912 ).-  Velaí uns párrafos  da instancia da Cámara de Comerzo  de Sárria, mais elocuentes  e exactos que canto poderiamos dicir pola nosa conta:

"  Será  este para o habitante  desta zona o verdadeiro  " ano terribñle " ou das "vacas fracas " do soño israelita.

A colleita  de centeo , alimento  principal da comarca , é case nula , algún terase collido  , pouco máis ca semente,  as patacas  sustitutivo en parte , daquel cereal, atacada de varias enfermedades , ofrece un aspecto  tan desmedrado  e a colleita deste apreciado tubérculo , será certamente  das peores  que eb moitos anos  se recolleron ;  outro tanto ocorre  co millo, sostén primordial  do gado vacún , último recurso e "caixa de aforros"  do labrego galego  , único que en tempos normaís lle permite, aínda con graves privacións , pagar os impostos e trabucos  do Estado  e moitas veces inxustos repartimentos veciñáis. Enádase  a isto a enfermdedade do castiñeiro  , outra riqueza  do  país ameazada de morte rápida e o tempo impón o tempo impropio  da estación tan perxudicial  e a todas as faemas   agrícolas  e ten a Vª Excª  un público  e lixeiro  bosquexo  da nada doada  existenza de numerosos cidadáns  españóis  necesitados do amparo, da protección  e da xustiza do Estado aos que as enfremedades  ou a morte por inanición  no seu país , ou á forzada  expatriación  a lonxanas e  máis  hospitalarias terras.

Para que a Vº, Excª  poida xulgar   da imposibilade  da vida,  á  maioría   dos habitantes   do campo cuxo  cotián  e fundamental  alimento  e o pan de centeo , haberá de saber  que pola escaseza  ou a falla de colleitas  e as rendas  foráais  que moitos deles satisfán (  problema  que tamén a Vª Excª prometéu solemnemente  resolver  )  ten hoxe que adqurilo o  que coste  con diñeiro a un prezo exorbiante , abonda con apuntar , que se vende o ferrado  deste cereal  ( equivalente a 16,54 litros )  nos mercados  desta vila a 4,10 pesetas,  verdadeiro prezo de "fame" e este  elocuentísimo  dato é suficiente para levar  o ánimo  máis prevido  á convicción   , que se fai de todo punto  necesario  , proceder con presa   a procurar  a baixa  de tan exorbitado prezo."

Non se lomita a Cámara   de Comerzo de Sárria a  pintar o mal    a a se laiar, senón que dando  proba de espíritu   práctico e demostrando   ter estudado a cuestión  a fondo  propón aos poderes públicos   as medidas   encamilñadas a resolver   ou a minguar   cando menos as consecuencias   swata  situación aflicitiva..... ( seguen as propostas elevadas ao minisro de  Fomento )...

                                             .........................................................

( El Correo de Galicia,  23.08.1912.-  O Concello de Ribadeo  secundando  a iniciativa da Cámara de Comerzo de Sárria  elevóu  unha  instancia ao Sr. Presidente  do Consello de ministros , solicitando a entrada libre  en España   de centeo, millo e patacas  , en orde á tremenda crise   que a nosa rexión  atravesa. 

Tamén se insinúa  a idea  de solicitar   a rebaixa do 50 % nas contribucións deste partido-

* A  Cámara de Comerzo  de Sárria  pediu a adhesión  do Concello de Vigo  a medidas  que  remedien   a precaria  situación da agricultura  galega, por efecto  das repetidas  choivas. 

                                                     ..........................................

( El Correo de Galicia,   26.08.1912 ).-  A Cámara de Comerzo  de Sárria  pediu a adhesión   do Concello de Vigo   para a solicitar  do Goberno  medidas   que remedien a precaria  situación do agricultor galego, por efecto das choivas.

                                                        Petición xusta

A Cámara de Comerzo  de Sárria  unha solicitude   propoñendo as seguinbtes medidas  , coas que estamos  conformes, para atenuar a aflicitiva  situación  pola que atravesa Galicia  debido á perda  de colleitas:

1ª.- A suspendión por real orde , a reserva  de dar conta  ás Cortes , dos  dereitos arancelarios  do millo, centeo e patacas, na súa entrada en España.

2ª.-  Que se aprobe a construción  das estradas incluidas  no plan xeral  últimamente aprobado , especialmente  as desta zona  e dos camiños de ferro secundarios   que tamén figuran no plan vixente , particularm ente os desta rexión.

3ª.-  Que se poñan   por obra   todos os demáis   medios   que poidan aliviar   direita  e indireitamente   a situación  precaria   das  clases  labrega  e  traballadora  do campo.

                                                              ......................................

(   Galicia Nueva,  22.08.1912 ).- Referenza  á solicitude  dirixida a concellos galegos para  a liberalización  da entrada de centeo, millo e patacas.

                                                          ...........................................

( Gaceta de Galicia, 23. 08.1912 ).-   Referenza á solicitude dirixida aos concellos.

                                                         ..............................................

(  La Opinión de Ortigueira,   5.9.1912 ).-   ( Encol do pedimento da Cámara de Comerzo de Sárria ).....  Isto é  moi razoable  , xa que para outras rexións   veuse sempre   abrindo   a man, e o que a simpática Cámara de Sárria pide , non é ningunha galafateada  e todo ao contrario cae dentro dos límites do equitativo  e polo tanto do factible,  sen producir  con iso grandes trastornos  de ningunha especie na marcha económica da nación ".....

                                                        ......................................................... 

( El Eco Orgtegano, 7.09.1912 ).,. Louva a petición  da Cámara  de Comerzo de Sárria  como defensa dos intereses galegos.

                                                             .............................................. 

(  El Porvenir Segoviano,   14.11. 1912 ).-  Comentario  encol da petición de supresión de arancéis feita  pola Cámara de Comerzo de Sárria, para o centeo, millo e patacas.

                                                          ............................................

( La Voz de la Verdad,  22. 02.1913 ).-  Manifestación de dó pola morte de  Sor Rosa,  Superiora das Irmanciñas dos Anciáns Desamparados ( Hospital-Asilo do Mazadoiro ). Entre as representacións oficiáis figuróu o presidente   da Cámara de Comerzo de Sárria.

                                                    ............................................................

( BOP de Lugo,  2.06.1914 ).-  Convocando aos socios  da Cámara de Comerzo de Sárria a unha xuntanza   sinalada para o  día 15.

                                             ................................................................ 

( La Correspondencia de España,  31.08.1914 ).-  Felicitación  á  Cámara de Comerzo de Sárria e a ,oitas outras corporacións  polo acordo de  apoio á declaración de neutralidade na guerra europea.

                                              ...........................................................  

( BOP de Lugo,   2.11.1914 ).-  Circular  convocando aos socios   para a xuntanza do día  15. 

                                              ..........................................................

(  El Debate,  29.01,1916 ).-  A cuestión  do azucre.- A  Cámara   de Comerzo de Sárria   nomea   para que  a representen  na reunión que se celebrará   na Corte  para tratar   do problema do azúcar ,  ao ex-deputado a Cortes e ex.primeiro tenente de alcalde   de Madrid  D. Venancio Vázquez  e o propietario  D. Xesús Pérez Batallón.

                                              ......................................................

( El Norte de Galicia,  28.07. 1916 ).-  Para  o establecemento   de redes telefónicas provinciáis  , ditáronse disposicións    en 1909 e a Cámara de  Comerzo de Sárria , por iniciatva do actual  xefe da sucursal   de Telégrafos  do Distrito de Hospital de Madrid  D,  Dositeo Castro,  elevóu instancia  á Comisión Provincial , para que esta  solicite  do Goberno   tan importantísima mellora  que poñería en comunicación  entre eles e a capital, todos  os pobos da provincia.

É moi  pausible  esa feliz iniciativa   e moito celebraremos que   obteña  favorable acollida  e dea o resultado apetecido , que , sen dúbida,   beneficiará   grandemente   os intereses da provincia.

                                               ................................................. 

(  La Voz de la Verdad,  28.07.1916 ).-  Teléfono para Sárria.- Celebramos moitísimo  que se realicen  os desexos dos entusiastas  , e achamos moi xusta a petición , pois  hoxe  que todos os pobos   de algunha  importancia  teñen teléfono, resulta  verdadeiramnte anómalo que unha vila da importancia  e riqueza  de Sárria  non conte  con este adianto. e máxime tendo  en conta  que pasa por alí  a liña que vai a Monforte  , e a  instalación  nunca resultará costosa   e en troques  daría  ingresos.

                                             ..................................................... 

( El Progreso, de Lugo,  28.07. 1916 ).-  Recolle  a xerstión da Cámara a prol da xeralización do teléfono  nos pobos da provincia.

                                           .............................................

  ( La Idea Moderna,  1.08.1916 ).-   De  Sárria.-  Á Excma.  Deputación provincial de Lugo :

A Cámara de Comerzo  e Industria de Sárria  acode perante aquela  en súplica  de que á maior brevidade   se solicite por  esa Deputación provincial , da superioridade, o esteblecemento  da rede telefónica  nos principáis pobos  do seu territorio .

Son tan  evidentes as avantaxes   derivadas de  poñer unha comunicación telefónica  entre os principáis pobos  da provincia, que non é preciso  expoñelos á iliustración  dos señotres deputados.

Lugo,  que figura co número 26  enttre as demáis provincias  de España  en cato á súa extensión  e co 12  en canto á súa poboación , ocupa  polo que fai a comunicacións   eléctricas   o  número  45  que demostra  a súa inferior situación  neste orde, considerando ademías que ten  64 concellos   supeiorres  aos 2.000 habitantes  e 13 superiores  a 10.000 habitantes.

Dende as disposicións legáis , publicadas en 1909 ,  para facilitar   a instalación destas utilisimas comunicacións , co apoio do Estado, viñéronse preocupando  as corporacións  celosas da súa boa administración  de establecelas  no seu territorio.  Así o fixeron as Deputacións  de Gipuzcoa, Vizcaia , Barcelona, Ciudad Real, Madrid  e outras están en vías de conseguilo , debendo facer presente  a esa Excelentísima Deputación  que canto máis tarde  en solicitar tan importante  mellora,  maior será o seu sacrificio , e que ademáis  existe  un centro técnico de expertos  funcionarios  que se encargabn de realizzaren  todos os traballos preliminares   coa maior economía.

Polas razóns expostas   non dubida esta Corporación  que neste punto  se fai eco   dos desexos   de todas as entidades  e forzas vivas da provincia , que a Excm. Deputación Provincial de Lugo vai a se apresurar  a solicitar   do Goberno  o establecemento  da rede telefónica  nos principáis  pobos  do seu  territorio.

                                 Sárria, xullo  10  de  1916.

                                    O Presidente :  Víctor Castro López.

                                    ...........................................................

       (  El Correo de Galicia,   5.08.1916 ).-  A Cámara de Comerzo de Sárria dirixiu  unha instancia á Deputación  de Lugo,  solicitando   a implantación nesta provincia do servizo telefónico.

                                            ...................................................... 

( Verdad y Justicia, 5.08.1916 ).-  Recolle a  nova de que a Cámara  de Comerzo de Sárria  aspira a lograr que o  teléfono  a todos os pobos da provincia  de Lugo  que non o teñen .

                                           ....................................................

( La Voz de la Verdad , 26.11. 1917 ).-  Manifestación en Lugo  contra as inxustizas do Goberno   e a Compañia dos Camiños de Ferro do Norte : A  Cámara de Comerzo de Sárria adhirese á protesta. 

                                           .....................................................

(  La Voz de la Verdad,  29.11.1917 ).- O xornal anima á Cámara de Comerzo de Sárria para  que mova a opinión pública sarriá  ma prol das demandas sociáis.

                                            ................................................. 

( El Progreso, de Lugo, 1.12.1917 ).-  Xunta de Subsistenzas de Lugo. -  A Cámara de Comerzo  de Sárria   presentóu un amplo informe no que se argumenta  a necesidade de fixar   unha taxa superior aos  aceites, azucre, sal e outros  artigos  para aquel Concello . A Xunta acordóu  pedir informe detallado  ao Alcalde   de Sárria  sobre esa cuestión , para resolver despóis  consonte aos  intereses xeráis daquel distrito.

                                            .....................................................

( La Voz de la Verdad,  1.12.1917 ).-  A Cámara de Comerzo de Sárria  manifesta non estar conforme  coa taxa do aceite, azucre , sal e outros artigos.

                                              ................................................       

(  El Progreso, 19.09.1919 ).-  En Sárria. Un mercado.- O Concello  e a Cámara de Comerzo  dela  propóñense  organizar   un mercado diario diario  na  praza daquela vila ( * Praza de Xoán María López ).

Moi oportuno achamos   este propósito  que apenas coñecido  en Sárria foi acollido  con manifestas  probas de satisfación  segundo nos informan. 

                                   ......................................................

( El Eco de Santiago , 22.09.1919 ).-  Nova do desexo de crear un mercado diario en Sárria, proposta pola Cámara de Comercio de Sárria.

                                      .................................................

( Diario de La Marina, La Habana,  6.11.1919 ).-  Recolle  a nova da proposta de creación do mercado diario  feita pola Cámara de Comerzo de Sárria.

                                       ...............................................

( La Voz de la Verdad, 14.08.1923 ).-  En Sárria organizan un acto de benzón e entrega dunha Bandeira á Garda Civil.  Convidado  pola Cámara  de Comerzo de Sárria  irá    o día sinalado   á  aquela fermosa vila  o perlado da diocese lucense,   Frei Plácido   Anxo Rey Lemos, que fará a dita benzón.

                                                    ...........................................        

 ( El Regional, 20.06.1924 ).-  A Direción Xeral de Seguridade manifestoulle á Cámara de Comerzo  de Sárria, en telegrama dirixido ao Goberno Civil   que non é posible   acceder aos seus desexos  de permitir o ujso  das augas salutíferas de Céltigos , cuxo Balneario  foi clausurado por pon reunir as debidas condicións.

Parece  que esta negativa  , compreendida na Real Orde proibitiva, está fundada  ademáis no informe médido elevado  á mencionada Direción.

                                            ..................................................... 

(  El Progreso, de Lugo,   20.06.1924 ).-   Recolle a resolución da Direición Xeral de Seguridade referida ao Balneario de  Céltigos , denegatoria de petición de apertura interesada pola Cámara de Comerzo de Sárria.

( El Regional,  5.07,1924 ).-   O Balneario de Céltigos.- A Rireción Xeral de Sanidade   á vista das peticións  elevadas polo Alcalde e a Cámara de Comerzo de Sárria  interesando   que sexa consentido  o uso das augas  mineiro.mediciñáis  , dispuxo que se autorice   o uso da auga  do referido manantío  somente  en bebidas   , previs prescrición facultativa , entenbdéndose  que esta autorización é só con carácter provisorio  e únicamente para a tempada   do corrente ano, sen que   de ningún modo  signifique   aorde  de apertura oficial do Balneario ao servizo público.

Para prestar aistenza facultativa   aos enfermos   que o consulten  e expedir as papeletas  para utilizaren as augas   nomease  ao médico  D. Ramón  Guitián Lapido.

No vindeiro ano  , se os donos  do manantío  non cumpren  os precetos regulamentares , de ningún xeito  será tolerado o uso das augas.

                                                      .....................................

(  La Voz de Galicia, 25.07.1925 ).-  Informa da inclusión da Cámara de Comerzo de Sárria no Censo  Corporativo Provincial.

                                                       ......................................

( La Provincia, 26-07.1925 ).-  Informa da inclusión da Cámara de Comerzo de Sárria no  Censo Corporativo Provincial.

                                            ...................................................

  ( El Regional, 21.01.1927 ).-  A Cámara  de Comerzo de Sárria.-  Foi asinada  unha Real Orde   suprimindo  a Cámara  de Comerzo de Sárria , que viña funcionando  dende hai xa tempo.

                                           ..................................................... 

( La Correspondencia de Valencia,  18.07.1927 ).-  Recolle a nova do acordo de extinción da Cámara de Comerzo de Sárria.

                                             .................................................

 DECLARACIÓN DA EXTINCIÓN DA CÁMARA DE COMERZO E INDUSTRIA  DE SÁRRIA.

                                                   ( 30.06.1927 )

( Gaceta de Madrid , 18.07.1927 ).-   Ministerio de Traballo , Comerzo e Industria .- Real Orde  .

Ilmo.  Sr., Visto  o expediente da Cámara    de Comerzo e Industria de Sárria,

Resultando  que por   incumprimento   das  distincións legáis   foi acordada  , por Real Orde   de 27 de decembro de 1926  , a disolución desta Cámara , para ser reorganizada.

Resultando   que por Real Orde   comunicada, notificouse   ao Gobernador civil de Lugo  o nomeamento da Comisión  reorganizadora, consonte ao disposto   no artigo  64 do Regulamento   orgánico desta Corporación.

Considerando   que dende que foi nomeada a  Comisión , en 20 xaneiro deste ano en  curso até o día da dta , trascorreron con exceso  os tres meses  que  fixóu  o apartado 3º  do artigo 64   do mencionado Regulamento  para a celebración das eleccións  , e non somente   non se efectuaron  , senón que   a indicada Comisión  non notificóu  ter feito   o máis pequeno traballo para organizar a Comisión.

A Súa Maxestade ( que Deus garde )   tivo a ben dispoñer    que se declare extinguida  a Cámara de Comerzo e Industria   de Sárria , incorporando o seu censo  á provincial de Lugo, consonte dispón  o apartado  4º   do mencionado   artigo  64 do Regulamento   de 14 de marzo de  1918.

O que de Real  Orde digo  á Vª. Ilma   para o seu coñecemento   e demáis efectos  . Deus garde  á Vª Ilma, moitos anos.

                               Madrid, 30  de xuño  de  1927.

                                        Aunós

Sr. Direitor Xeral   de Comerzo , Industria   e Seguros.

                                               ...................................................................... 

(  El Debate, 19.07.1927 ).-  Recolle a nova  da declaración de extinción da Cámara de Comerzo de Sárria.

                                                .....................................................................

( El Pueblo Gallego, 20.07.1927 ).-  A Cámara de Comerzo de Sárria.-  Lugo.-   Estando acordada a  disolución  da Cámara de Comerzo e Industria  da vila de Sárria, e como non foi nomeada oprtiunamente  a Comisión reorganizaodora  que para estes casos prevé o Regulamento  orgánico das ditas corporacións  , por Real Orde de 30 de xuño último  declarouse extinguida  a Cámara de Comerzo citada   dispoñendo a  incorporación do seu censo  á de Lugo.

                                            ..............................................

  ( BOP  de Lugo, 22.07.1927 ).-  Publicación do acordo de extinción da Cámara de Comerzo de Sárria.

                                             .............................................

( La Voz de la Verdad, 30.07.1927 ).-  A Cámara de Comerzo de  Lugo  toma coñecemento  da extinción  da Cámara de Comerzo de Sárria  e da incorporación do seu censo   á C.amara provincial.

                                              ...........................................     

( El Progreso, de Lugo, 30.07.1927 ).-  Recolle a nova da extinción da Cámara de Comerzo de Sárria.

                                               ........................................

************************************************************************************* 

                REGULAMENTO  DA CÁMARA OFICIAL DE   COMERZO E INDUSTRIA  DE SÁRRIA

                                                                                            Xerardo  Castro

                                                                                       Tipografía La Minerva 

                                                                                            Lugo, 1909 

                                                           CAPITULO I

                                    A súa constitución, obxecto e fins

ARTIGO 1º.-  Conforme ao  Real Decreto  de 21 de xullo  de 1901   e demáis disposicións vixentes , crease nesta Vila  e para todo o termo municipal , unha asociación libre , baixo do nome de   CÁMARA DE COMERZO E INDUSTRIA DE SÁRRIA.

ARTIGO 2º.-Para pertencer   á mesma requírese :

1º .- Ser español.

2º.-  Ser comerciante ou industrial  por conta propia , con un ano de exeercizo , satisfacendo por este concepto  contribución ao Estado, e

3º.- Aboar a conta correspondente de socio,

Poderán tamén  pertenceren á Cámara :

1º.- Os Xerentes  de sociedades ou empresas  mercantís e industriáis.

2º.- Os Enxeneiros  industriáis , Profesores  e Peritos mercantís e os Fiéis contrastes.

3º.- Os Axentes comerciáis de Cambio e Bolsa , de Aduanas e Transportes  e  os Corredores de Comerzo 

4º.-  Os comerciantes  e industriáis  estranxeiros, sempre que leven  dez anos de resdienza  no termo municipal.

ARTIGO 3º .-  Para a plicación do precedente  artigo ,

Considéranse  comerciantes  :

Os que tributen polas tarifas  1ª , 2 ª e 5ª ( nos epigrafes que non se refiren á ambulancia )  da Contribución Industrial  e de Comerzo e os Farmacéuticos,

Reputanse industriáis:

A.  Os que se achen compreendidos  na tarifa 3 ª  e a sección de Artes  e Oficios da tarifa 4ª.

B.  Os explotadores de minas  e os Xerentes das  Compañías  que a estas explotacións se adican.

ARTIGO 4º.-  Consonte  coas precitadas  disposicións lexislativas , esta CÁMARA DE COMERZO  terá por obxecto:

1º.-  Coidar  , aparte de calquera idea politica ou relixiosa, de canto poida contribuir  ao fomento dos intereses moráis  e materiáis do Comerzo  e da Industria  de España en xeral , e en particular  do territorio da súa xurisdición,

2º .-Estudar  e propoñer ao Goberno  as reformas que xulgue  necesarias nas Leis  e demáis disposicións vixentes  para o desernvolvemento  e progreso comercial e industrial.

3º.-  Practicar  cantas xestións sexan necesarias na defensa dos intereses  que representa , percurando o concurso das Corporacións  análogas da Nación  e traballando a prol  das medidas ou reformas  máis convintes  a aqueles intereses , xa perto do Goberno , xa de Corporacións , xa de Sociedades ou Empresas, como de Camiños de Ferro, Mineiras ou de calquera outra clas.

4º.- Fomentar, ademáis, a execución de obras e o establecemento de servizos públicos  que poidan favorecer  o Comerzo e Industria,

5º.-  Promover e dirixir exposicións  e concursos  comerciáis e industriáis.

6º.- Establecer,  cando os seus recursos o consintan por iniciativa  propia, ou por acordo co Goberno  e consnte ás bases   que sinalem  por este, Museus  comerciáis ou industriáis.

7 º.- Establecer e soster relacións coas demáis Asociacións mercantís e industriáis , así nacionáis e extranxeiras,

8 º.-  Elixir, no seu caso, os Delegados que a representarán nas asembleas  de varias Cámaras e nomear os correspondentes  que estime necesarios.

9º.-  Promover  o xuizo  de amigables compoñedores  para dirimir as  cuestións entre  os comerciantes e industriáis  se susciten,  decidindo ademáis,  como Xuri  e con arranxo  as condicións  que voluntariamente  establezan  as partes interesadas , as que estas lle  sometan.

10.-  Resover as diferenzas  que xurdan  entre  patróns e obreiros  cando uns e outros  se acollan  á súa decisión .

11.-  Exercitar perante  os Tribunáis as accións  crimináis para a persecución  dos delitos  cometidos  en perxuizo dos intereses  comúns do Comerzo e a Industria.

12.- Nomear Veedores  que, por conta da Cámara  coidan da policía industrial e mercantil, para poñer en coñecemento  das Autoridades  os abusos e fraudes que se cometan nesa orde.

13.- Fomentar direita e indireitamente  o ensino comercial e industrial, celebrando ao efecto Conferencias, publicando Memorias, concedendo premios  en concurso ou fora del aos autores das mesmas.

14.- Formar no comezo de cada ano unha lista de Peritos  que se remitirá ao Xulgado  correspondente, para que emitan dictamen  en toda clas  de contendas xudiciáis  de carácter mercantil.

15.-  E todos os demáis asuntos  que lle correspondan, se lle asignen ou se lle encomenden consonte ás Leis.

                              CAPITULO  II

                  Organización, funcionamento e  elección de cargos  da Cámara

ARTIGO 5. º- Todos os socios da Cámara  formarán a súa Asemblea xeral ou Cámara en pleno.

A Cámara dividirase  en dúas Seccións denominadas de Comerzo e Industria, constituídas polos socios que figuren nas respectivas clases.

ARTIGO 6º.- A Cámara estará representada e será dirixida por unha Xunta composta de  un Presidente , un Vicepresidente, un Tesoureiro, un Contador , un Arquiveiro-Bibliotecario , un Segredadio Xeral e seis vogáis.

Os Presidentes das Seccións  sustitúen por orde de antigüidade ou de idade  na Presidencia da Cámara , de Vicepresidente , e enfecto destes, ou por ausencia de todos , o Vogal máis antigo da Xunta  direitiva  e en igualdade de tempo  no cargo, o que sexa da maior idade.

Os primeiros cargos  serán  conferidos por elección direita  da Cámara,  por maioría de votos e os elixidos serano por tres anos , renovándose a Xunta  por metade  sucesivamente cada ano . Só terán voto  os que pertenzan á Cámara cun ano de antelación.

ARTIGO 7º.-  Serán elixibles   para os cargos da Xunta direitiva  da Cámara  os membros desta con dereito  e elixir   que figuren nas súas listas  con un ano de antigüidade  , ao día da elección , clasificados   nos dous conceptos referidos.

ARTIGO 8º.-  A elección terá lugar na primeira quincena  do mes de xaneiro.

ARTIGO 9º.- Todos os cargos da Xunta direitiva  son de honra e gratuítos.

Serán  os seus membros de honra aqueles a quen outorgue esta distinción , en premio de  sinalados servizos  a ela prestados.

ARTIGO 10.-  Constitúen  a Asemblea  xeral  conforme ao artigo 5º , todos os socios de número  que reúnan as condición expresadas  nos artigos  precedentes  e estexan ao corrente  no pagamento da cota  mensual.

A Asemblea  poderá ser ordinaria  e extraordinaria . A primeira  reunirase  polo menos unha vez ao ano na primeira quincena do mes de xaneiro e sempre que  o pidan por escrito a terceira parte dos socios efectivos . Non poderá  deliberar  sobre asuntos alleos ás súas peculiares  funciñons,

ARTIGO 11.- A asistenza será  persoal e tamén por apoderado ou representante legal.

ARTIGO 12.-  Todos os anos redactará a Cámara unha Memoria  dos traballos  que teña realizado  cos balances e  contas correspondentes.

ARTIGO 13.-  Coa suficiente  anticipación  avisarase a domicilio aos socios da cabeza do partido e por circular aos de fora, para a elección de cargos da Cámara.

Para proceder  a esta requirese  , polo menos, a presenza da maioría absoluta dos seus membros efectivos, Non asistindo  ese número , convocarase segunda vez, dentro dos oito días  seguintes  e entón sexa  calquera o  número de electores  que concorran, será válida a votación.

ARTIGO 14.-  A mesa para as eleccións   compoñerana  o Presidente  e na súa  ausencia o Vicepresidente, Segredario  xeral e dous escrutadores  designados polos  electores , podendo ademáis os votantes nomear dous interventores.

ARTIGO 15.-  En cada elección cubriranse as vacantes correspondentes á quenda de renovación  e ademáis  as que tivesen ocorrido  durante o ano, por falecemento , renuncia e outras causas.

A elección será segreda , verificándose  por papeletas  cos nomes  dos candidatos elixibles  e proclamándose aos que obteñan maior número de votos.

O resultado  poñerase en coñecemento  da Direición  Xeral de Agricultura ( " ?  " )....

Os que  resulten  elixidos  individuos da Xunta  direitiva da Cámara , tomarán posesión dos seus cargos  antes do 31 de xaneiro.

                                                   CAPITULO III

                   Das atribucións   da Xunta Direitiva  dos seus membros

ARTIGO 16.- Á Xunta  direitiva correspóndelle:

1º.-   Dar cumprimento aos acordos das Asembleas xeráis.

2º.-  Aprpbar ou rexeitar  canto propoñan as Seccións.

3º.-  Coñecer, acordar  e resolver todos os asuntos  que por este Regulamento  non correspondan  específicamente   á Cámara en pleno.

4º.-  Propoñer a execucuón de obras  e establecemento  ou reforma de servizos  que crea ventaxosos.

5º.-  Solicitar as concesións  que estime convintes  e administralas con suxeición  aos orzamento e régoas  que se fixen  ou disposicións que rixen.

6º.-  Emitir os informes  que o Goberno lle pida.

7º.-  Acordar todo o relativo  ao nomemento  e destitución  dos seus empregados e  honorarios ou soldos  dos mesmos.

8º.-  Intervir  na recadación da cota  que deben satisfacer os socios  e os arbitrios e subvencións  que se lle concedan á Cámara.

ARTIGO 17.- A Xunta direitiva  reunirase unha vez ao mes  se perxuizo das extraordinarias  que  fose necesario e cando  o soliciten a terceira parte dos seus habitantes. Os seus  debates serán dirixidos polo Presidente o os seus acordos polo Presidente e os seus acordos serán adoptados por maioría-

ARTIGO 18.-  As sesións que celebre verificaranse previa  convocatoria por medio de cédulas que conterán a orde do día, remesándollas a cada individuo  da xunta con 24 horas de anticipación.

ARTIGO 19.- Para  se poida celebrar sesión, será necesaria  a asistenza  da  metade máis un  dos seus individuos  e non asistino número  suficiente, procederase  á segunda convocatoria e os seus acordos  serán válidos  coa asistenza de tres individuos.

ARTIGO 20.- Á asistenza ás sesións será obrigada, agás xusta causa que se poñerá en coñecemento da Segredaría.

ARTIGO 21.-  Dos acordos  que tome  a Xunta direitiva  ou seccións levantarase acta  que asinarán o Presidente e o Segredario.

ARTIGO 22.-  As sesións comezarán coa lectura  da acta anterior , dándose conta ademáis  do asunto que se vai tratar , da comunicacións  realizadas pola  Segredaría.

ARTIGO 24.-    As reunións  que celebren as seccións  que celebren as seccións da Cámara  axustaranse ao  preceptuado  para a Xunta direitiva.

Os acordos de aquela  someteránse á aprobación da última.

O Presidente da Cámara poderá asistir  ás reunións   das seccións.

ARTIGO 25 º.-   Correspóndelle ao Presidente :

1º.-  Convocar  as Asembleas ou Xuntas xeráis.

2º.-  Dar conta  a estas  de todos os asuntos  no que as mesmas  deban intervir .

3º.-   Dirixir as  discusións.

4º.-  Decidir os empates  das votacións.

5º.-  Asinar  as actas das Xuntas que presida , así como as comunicacións  que se dirixan  ás Autoridades  , Cámaras de Comerzo  e demáis Corporacións  e visar  todos os  documentos  que por acordo  da Asemblea xeral  ou Xunta direitiva  expida a Segredaría.

6º.- Executar as  resolucións  da Asemblea xeral  ou da Xunta direitiva ,  autorizado coa súa sinatura  os nomeamentos  e supresión de empregados que as mesmas acorden.

7º.-  Ditar e adoptar  en casos urxentes  as resolucións que xulgue necesarias , someténdoas á aprobación  da Xunta ou Asemblea xeral , no seu caso, na primeira sesión.

8º.-  Autorizar a apertura  a apertura da Cámara  e rubricar  as súas follas.

ARTIGO 26.-  Son  atribucións do Segredario:

1º.-  Coidar da orde da oficina  e  dispoñer os traballos da mesma.

2º.-  Legalizar coa súa sinatura  a apertura de todos os libros  da Cámara e selalos  co selo da mesma.

3º.-  Extender  e tomar razón  de cantos  documentos  teña que  expedir a Cámara.

4º.- Levantar  acta das sesións  e redactar  a Memoria  anual  á que se refire  o artigo 12.

ARTIGO 27.-  O Tesoureiro  farase cargo baixo da súa  responsabilidade das  cantidades que por calquera  concepto ingresen  na Caixa da Cámara.

Todos os pagamentos  que se efectúen serán ordeados  polo Presidente.

ARTIGO 28.-   O Contador será o interventor das operacións  de Tesouraría  e de todos ingresos,  dereitos e  arbitrios  da que pertenzan  ou poideran pertencer  á Cámara.

ARTIGO 29.-  O Arquiveiro-  bibliotecario  coidará da adquisición  e conservación de enseres  e libros e da ordeación  e catalogación   destes que estarán  á disposición  dos socios , e suplirá ao Segredario , cando este non poida funcionar.

                                       CAPITULO  IV

                                Dos recursos e gastos da Cámara

ARTIGO 30.-  Os ingresos da Cámara compoñeranse  :

1º.- Das cotas que satisfacen os asociados. A cota será de unha peseta mensual ; mais poderá ser alterada por acordo da Xunta direitiva.

2º.- Dos arbitrios que no sucesivo lle sexan concedidos.

3º.- Das subvencións, donativos   e legatos  que á Cámara lle fagan.

4º.- Dos dereitos  que devengue por celebración  de xuizos de amigables compoñedores.

ARTIGO 31.-  Os gastos  serán os que reclamen as atencións ordinarias e extraordinarias da Cámara, conforme ás funcións que lle están encomendadas.

ARTIGO 32.-  Na segunda quincena de decembro, formará e aprobará anualmente , a Xunta direitiva  o orzamento de  ingresos e gastos.

                                                               CAPITULO V

                                  A Cámara  como Tribunal de amigables compoñedores

ARTIGO 33.-   Poderán seren sometidas  á resolución da Xunta direitiva  da Cámara ou das persoas  nomeadas por ela  e concepto de amigable compoñedor   e consonte á  sección, do título V da Lei de Enxuizamento Civil , todas as cuestións   que xurdan entre comerciantes  ou industriáis  de dentro ou fora da Cámara , á  solicitude  de calquera deles  e previa a conformidade dos interesados.

Os que se sometan ao xuizo de amigables compoñedores  farán un depósito prudencial  a xuizo da Xunta , que perderán en beneficio  da Cámara , se non cumprisen o fallo.

ARTIGO 34.-  Recibida a solicitude de mediación  ou prestada  a conformidade das partes , o Presidente   darálle conta á Xunta  e esta  admitida a encarga  , se non for ela mesma a que deba entender na cuestión , designará  os individuos que han formar  o Tribunal  que se compoñerá de tres membros-

As partes poderán   sinalar na mesma solicitude  os individuos que recusen , pois noutro  caso calquera  poderá ser membro do Tribunal.

ARTIGO 35.-  Constituido este, ouvirá ás partes  que se poderán defender por elas mesmas ou por medio de apoderados sexan ou non Letrados , verbalmente ou por escrito , determinando aquel , en cada caso, os prazos nos que se deban practicar as probas.

ARTIGO 36.- O Tribunal fallará  segundo o seu leal saber e entender por maioría de votos e o fallo practicarase perante Notario-

ARTIGO 37.- Os dereitos que os interesados terán que satisfacer , serán fixados polo Tribunal  e non poderán exceder de un  dez por cento da cuantía ou valor do asunto litixioso .

Estes  dereitos  ingresarán íntegros na Caixa da Cámara.

                                                    Disposicións adicionáis

1º.-  Este  regulamento poderá ser  reformado por  acordo da Cámara  en Xunta xeral-

2ª.-  As dúbidas e interpretacións  ás que dea lugar  a aplicación deste Regulamento , resolveranse pola Xunta direitiva  da Cámara , tendo en conta o seu espiritu  e os Regulamentos  doutras Cámaras , en casos análogos.

3ª.-  Este Regulamento será imprimido  adicionándolle com apendice  o Decreto orgánico  de Cámaras  de Comerzo , Industria e Navegación, de 21  de xuño de 1901  e demáis disposicións  que se consideren oportunas  e o Real Decreto  no que se aproba  a constitución  desta Cámara   e distribuirase un exemplar a cada socio.

                                    Sárria, 30 de agosto de 1908

                           O Presidente                                       O Segredario Xeral

             Víctor Castro López                                       Bienvenido Díaz de Freijo

**********************************************************************************

                                                 ANEXOS

REAL DECRETO   de 21 de xuño  de 1901  publicado na "Gaceta " do 23.- REAL DECRETO de  13 de decembro  de 1901 publicado na " Gaceta "  do 14.      

                                                                 NOTA

 Con data 30 de agosto  de  1908 , reuníronse  os comerciantes e industriáis de Sárria  e acordaron a creación  dunha Cámara de Comerzo e Industria  e acordaron a creación  dunha  Cámara de Comerzo e Industria , elixindo  como Presidentes de Honra  a os señores;

Excelentísimo  Sr. D. Venancio Vázquez.-  Sr. D. Diego Pazos.- Sr.  D. Mariano Zaera.- Sr.  D. Matías Oñate.-  Sr. D.  Xesús Pérez Batallón.

A continuación foi designada a  Xunta direitiva seguinte:

PRESIDENTE :  D. Víctor Castro López.  Vicepresidente :  D. Xosé Antonio Gayoso.  Segredario  xeral :  D, Bienvenido Freijo.  Contador :  D. Dimas González. Tesoureiro :  D. Emilio Zaera,  Bibliotecario.-Arquiveiro : D. Xosé Viñas. Vogáis :  D. Antonio Sánchez.-  D. Matías Vázquez.-  D. Francisco García Delgado.-  D. Anxo Pazos.- D. Antonio López e López e D. Manuel López Díaz .

                                                        DIREICIÓN XERAL

                                                                  DE

                                                        INDUSTRIA E COMERZO

                                                           INDUSTRIA,  TRABALLO E COMERZO

Vista  a petición que con data  7 do corrente eleva a este Ministerio  o Presidente da Cámara de Comerzo de Sárria  solicitando se declare  oficialmente constituída , tendo en conta que se cumpriron  as formalidades que determina o R.D. de 21 de xuño de 1901  e aprobado  o seu Regulamento ; S.Mde. o Rei ( q.D.g, )  serviuse  declarar  oficialmente constituida, a Cámara de Comerzo de Sárria, sinalándolle como territorio  para exercer  xurisdición  o do seu termo  municipal.

De orde do Sr. Ministro comunícollo a Vª Sª para o seu coñecemento  e efectos coseguintes.

Deus garde a Vª Sª moitos anos  Madrid , 28 de setembro  de 1908, O Direitor Xeral. Ordóñez.

                 Sr. D. Víctor Castro  e López , Presidente da Cámara de Comerzo de Sárria.

                          

*************************************************************************************  

Comentarios

Publicacións populares