MUIÑOS DO CONCELLO DE LÁNCARA ( 676 )

                                MUIÑOS DO CONCELLO DE  LÁNCARA   ( 676 )

                                                                                                Xaime Félix López Arias 

MUIÑO DA ALDEA.- En Santa María de Neira de  Cabaleiros,

MUIÑO DA ALDEA.- En  Santa María de Vilaleo. 

MUIÑO  DE ANTONIO FRADES.- En San  Pedro  de Vilarello . En 1753  pertencía  a Antonio Frades.

MUIÑO DE ANTONIO GARCÍA.-   En San Xoán do Muro.  En 1753  tiña dúas rodas e pertencía a Antonio García.

MUIÑO DE ARIZ.-  Na Pobra de San  Xiao . No río   Neira. Darredor de  1918 os  Irmáns  Martínez  fixeron a instalación dunha fábrica da luz, que  foi  pasada á propiedade da   familia da Casa Grande da Pobra.

MUIÑO DA ARMADA.- En Santiago de Cedrón. En 1753  pertencía a Pedro Núñez.

MUIÑO DA ARMIELA.-      En San Pedro de Láncara.  En 1753  tiña unha roda e pertencía a  Felipe López de Carracedo.

 MUIÑO DE ARUDEDO.-  En San Pedro de Láncara.  En 1753  tiña  unha pedra e pertencía  a Pedro  Cidre de Yebra e Pimentel, Señor de Láncara.

MUIÑO DE BALSE.- En San Pedro de Láncara.  En 1753 tiña unha soa pedra e pertencía  a Melchor Díaz.

MUIÑO DO BARREDO.-  En Santiago de Cedrón.  En 1753 pertencía a  Caetano Capón.

MUIÑO DE BARREDOS.-  En Santiago de Cedrón.  ( 1870 )

MUIÑO DE BARTOLOMEU RIVERA.-   En San  Martiño de Oleiros. En 1753 tiña unha roda  e pertencía a Bartolomeu Rivera de Santiago da Veiga.

MUIÑO DE BRAIS RODRIGUEZ.- En  San Pedro de Vilarello.  En 1753 pertencía a Brais Rodríguez.

MUIÑO DE CABOI.-   En  San Pedro  do Val de Láncara   e pertencía ao Hospital de Santa María de Lugo.  O bispo Rivera aforoullo  en 1525 a Catarina Fernández  e ao seu fillo  Xoán de Corvelle  e a dúas voces máis , en renda de 3 fanegas de pan postas  no Hospital  polo muiño e polo lugar de Caboi.

MUIÑO DA ARMADA.- En San Pedro de Ronfe.  En 1753  pertencía a Antonio Camba.

MUIÑO DA ARMADA.-   En San Xoán do Muro. En 1753 pertencía a  Antonio García. 

MUIÑO DE CAMBA.-  En San Pedrro de Ronfe. No río Sárria. En 1753 pertencía a Antonio Camba.  ( 1927 )  Tiña a concesión  de 500 litros / seg.  para mover o muiño e   a caída de 1,80 metros.

MUIÑO DE CARBALLEDO.-  En San Xoán do Muro , no río Neira. ( 1959 )  Era propiedade de Vicenzo  Rodríguez Núñez , de San     Xoán do Muro , Prantexou pleito  verbal civil  6 /1959  contra Xosé Magdalena  Sánchez , para  recuperar pezas levadas do muiño : coxinetes  de bronce, restos de ranques , martelo de aceiro e outros por valor de 262 pesetas.

MUIÑO DE CARRALCOVA.- En Santiago de Cedrón. 

MUIÑO DE CASTRO.-  En San Martiño do Río. Manuel Somoza Salgado  pediu autorización  para liña eléctrica na marxe esquerda do río Armiela , dende A Armeá a Río, para alumeado  e usos industriais  de carácter privado.

MUIÑO DE CASTRO.-    En San Salvador de  Toirán .

 MUIÑO DA  CORTIÑA DA ARNEÍÑA.- En Santiago de Cedrón.  En 1753 pertencía a  André Escobar Pardo Osorio.

MUIÑO DO CORTIÑEIRO.- En Santiago de Cedrón . En 1753 pertencía a Xosé Valcarce.

MUIÑO DE CORVEIRA.- En San Vicenzo de Carracedo. No río Neira. posto á venda  en 1934  por Xermán Méndez.  Descrición: Tiña dúas rodas  , unha francesa e outra do país, pesqueira e salto de 10 metros , cunha produción  de 4.000 pesetas no ano. Foi punto de delimitación do Couto de Pesca de Láncara, con proibición fr pescar  entre outubro  de 1956 e outubro de 1958 até 150 metros máis arriba da Ponte de San Pedro.

MUIÑO DE DOMINGOS DE NEIRA.- En San Pedro de Vilarello . En 1753 pertencía a Domingos de Neira.

MUIÑO DE EGAS.- Muiño medieval no Río Neira.

MUIÑO DE ESMORIZ.- No arroxo de  perto da Casa de  Esmoriz, en Bande ,- Antes do ano  892 pertencera  a Gondesindo.

MUIÑO DA FONTE.-  En San Vicenzo de Toldaos.  En 1753 era dunha soa pedra e pertencía a Xosé de la Peña.

MUIÑO DE FRANCISCO RODRÍGUEZ.-  En San Xoán do Muro. No río Neira.  ( 1753 ) Tiña dúas rodas e pertencía a Francisco Rodríguez 

MUIÑO DE GONDESINDO.- Muiño medieval , en terra de Neira. ( século X ). no arroxo  que  por perto da Casa de Esmoriz baixaba ao río Neira.

MUIÑO DA INSUA.- En Santiago de Cedrón.  En 1753 pertencía  a Pedro González.

MUIÑO DE CIDRE GONZÁLEZ.-  En San Pedro de Vilarello.. En 1753 pertencía a Cidre González.

MUIÑO DA LAGARIÑA.-  En Santo Estevo de Vilouzán.. En 1753 tiña unha roda e pertencía a Martiño da Ribeira,

MUIÑO DA LAMA ( 1 ) .- En Santa María da Lama. En 1753 pertencía  a Bernardo de Bande.

MUIÑO DA  LAMA ( 2 ) .- En Santa María da Lama. En 1753  pertencía a Xoán Varela.

MUIÑO DA LAMA (  3. ) - En Santa María da Lama. En 1753 pertencía  a Xerome Marquín-

MUIÑO DA LAMA.-   En Santa María da Lama.  En  1915  tiña anrxa  a concesión  de 2,5 litros /segundo para a Rega de Mon do Campo e os Ríos  a favor de Salvador Piñeiro García , Miguel Álvarez López   e Cándido  Valcárcel de la Torre.

MUIÑO DA LAMA.-   En Santiago do Souto de Ferradal . En 1753 era dunha soa roda e pertencía a Martiño Méndez. 

MUIÑO DE LAVADOIRAS.-   En Santa María de  Touville. ( 1761 )  Tiña unha roda, moía dous meses no ano e  era o seu dono Xoán Vilela,

MUIÑO DE LOUREIRO.- En San Martiño do Río.  En 1753 pertencía a Xoán Francisco  Reimúndez.

MUIÑO DE MARÍA ROSA.-  En Santa María de Touville.  ( 1761 )  Tiña unha roda e pertencía  a María Rosa López,

MUIÑO DE MATÍAS XANEIRO.-  En San Pedro de Vilarello.  En 1753 pertencía a Matías Xaneiro

MUIÑO DO  MOIN DA IGREXA.-  En Santiago de Cedrón . En 1753  pertencía a Xoán A. Fernández.

MUIÑO DE MOREIRA.-  En San Vicenzo de Carracedo.

MUIÑO DE MUIMAR ( 1 ).-  En  Santa  Mariña de Galegos.  En 1753 pertencía a Antonio López. 

MUIÑO DE MUIMAR ( 2 ) .-  En Santa Mariña de Galegos.  En 1753 pertencía a Bartolomeu  Fernández.

MUIÑO DE MURO.-   En San Xoán do Muro. En 1753 pertencía a Francisco Rodríguez,

MUIÑO DA NOGUEIRA.-  En Santiago de Cedrón. No Arroxo de Cedròn.  En 1753 pertencía a Luis Saco.

MUIÑO DE OLEIROS.-  En San Martiño de Oleiros.  En 1753  pertencía a Bartolomeu Riveira de Santiago da Veiga.

MUIÑO DE PARADA.-   En Santa María de Touville.  En 1753 tiña dúas rodas e era de María Rosa López

 MUIÑO DO PASO.-   En San Vicenzo de Carracedo. Tiña dúas rodas. En 1753  pertencía  a Francisco López de San  Salvador de Moreda.

MUIÑO DE PEDRO ADÁN,- En San Xoán de Trasliste. En 1753 era de Pedro Adán

MUIÑO DE PEDRO LÓPEZ   .-   En San Pedro de Bande. No río Neira. En 1753  tiña tres rodas e era propiedade de Pedro López.

MUIÑO DE PEDRO LÓPEZ  .- En San  Salvador de Toirán.  En 1753 tiña unha roda e pertencía a Pedro López-

MUIÑO  DA  PONTE (  1 ) .-  En Santa Mariña de Galegos ou do  Carballo. En 1753 pertencía  a María de Ulloa.

MUIÑO DA PONTE ( 2 ).- En Santa Mariña de Galegos ou do Carballo.  En 1753 estaba a pardiñeiro  e pertencía a Bartolomeu Fernández 

MUIÑO DA PONTE, - En San Pedro de Láncara. No río Neira.

MUIÑO DA PONTE.- En San  Martiño do Río.  En 1753 pertencñia  a Xoán de Neira.

MUIÑO DA PONTE.-  En Santa María de Touville. En 1753  pertencía a Rodrigo de Trebolle.

MUIÑO DA PONTE DE SAN PEDRO.-  En San Martiño de Touville.  En 1753  tiña dúas  pedras e pertencía a Faustino López.

MUIÑO DE PRADEIRO.- En San Martiño do Río. En 1753  pertencía  a Xosé Rodríguez consorte.

MUIÑO DE PRADO DO MUIÑO.-   En San Pedro da Armeá. En 1753  era propiedade de Xosé Reimóndez.

MUIÑO DE PRADO DO MUIÑO.- En San Vicenzo de Carracedo. 

MUIÑO DE PRADO MOREIRA.-  En San Pedro da Armeá. En 1753 era propiedade de André do Rego.

MUIÑO DO PRADO NOVO.-   En San Vicenzo  de Carracedo.

MUIÑO DO PRADO    NOVO.-  En San Pedro da Armeá. En 1753  pertencía a Manuel Goyanes.

MUIÑO DO PRADO DA RIBEIRA.- En Santa Mariña de Touville.  En 1761 tiña unha roda., moía  tres meses no ano- A súa dona era María López,

MUIÑO DOS  PRADOS.- En Santalla de Lagos.  En 1753  pertencía a Mateu López.

MUIÑO DE PUMAREGA.-  En San Martiño do Río.  En 1753 pertencía a Miguel López.

MUIÑO DE RÍO.-  En San Martiño do Río.  En 1753 pertencía a Lourenzo Sangil.

MUIÑO DE RONFE.-  En San Pedro de Ronfe. En 1753 pertencía a  Marco Pan-

MUIÑO DE SAN PAIO.-   En Santa María da Lama,

MUIÑO  DE SANGUVIÑAL.- En Santalla de Lagos.

MUIÑO DE SEOANE  ( 1  ).-  En Santalla de Lagos. En 1753 pertencía a  Ana González,

MUIÑO DE SEOANE ( 2  ).- En Santalla de Lagos  En 1753  pertencía a Caetano  Fernández.

MUIÑO DE TOIRÁN.  (  1  ) .- En San Salvador de Toirán.  En 1753 pertencía a Pedro López.

MUIÑO DE TOIRÁN ( 2  ).-  En San Salvador de Toirán, En 1753 pertencía a Xosé García.

MUIÑO DE TRASLISTE ( 1 ) .-  En San Xoán de Trasliste. En 1753 pertencía a Pedro Adán.

MUIÑO DE TRASLISTE ( 2  ).-  En San Xoán de Trasliste, En 1753 pertencía a  Xoán Rodríguez,

MUIÑO DE TRASLISTE.-   En  San Xoán de Trasliste ( 1870 ) 

MUIÑO DE VALDRIZ.- Na Pobra de San Xiao. No río Neira. ( 1927 )  Xosé Quiroga Espín, por título de herdanza, solicita  800 litros / segundo para rega dos prados de Valdriz, un muiño fariñeiro , pesqueira e produción de electricidade,

MUIÑO DA VEIGA ( 1  ).-   En Santiago de Cedrón. En 1753  pertencía  a Xoán Álvarez Villares, cura de Petín de Valdeorras.

MUIÑO DA VEIGA  ( 2 ).-  En Santiago de Cedrón.  En 1753  pertencía  a Tomé  Fernández, de Vilaesteva.

MUIÑO DE VILARELLO (  1  ).- En San Pedro de Vilarello. En 1753 pertencía  a Antonio Frades.

MUIÑO DE VILARELLO (  2 ) .- En San Pedro de Vilarello. En 1753  pertencía  a Cidre González-

MUIÑO DE VILARELLO ( 3 ) .- En San Pedro de Vilarello. En  1753 pertencía a Xil del Valle.

MUIÑO DE VILARELLO ( 4  ) .- En San Pedro de Vilarello. En 1753 pertencía a Brais  Rodríguez

MUIÑO DE VILARELLO ( 5  ).- En San Pedro de Vilarello. En  1753 pertencía  a Domingos de Neira.

MUIÑO DE VILARELLO ( 6 ) .-  En San Pedro de Vilarello. En 1753  pertencía  a Matías Xaneiro. 

MUIÑO DE XOÁN CALVO (  1  ).-  En  Santa Mariña de Galegos ou do Carballo.  En 1753 pertencía a Antonio Valcárcel.

MUIÑO DE XOÁN CALVO (  2  ).-  En Santa Mariña de Galegos ou do Carballo.  En 1753 pertencía a Gabriel Rigueiro.

MUIÑO DE XOÁN RODRÍGUEZ.-  En San Xoán de Trasliste. En 1753 pertencía a Xoán Rodríguez.

MUIÑO DE XOSÉ CORDEIRO.-  En Santiago de Barboa. En 1753 pertencía  a Xosé Cordeiro

MUIÑO DE XOSÉ GARCÍA.-  En San Salvador de Toirán , En 1753 pertencía a Xosé García e moía cunha sóa roda,

 



Comentarios

Publicacións populares