MUIÑOS DO CONCELLO DE TRIACASTELA ( 680 )
MUIÑOS DO CONCELLO DE TRIACASTELA ( 680 )
Xaime Félix López arias
MUIÑO DA ACEA DE PARDO.- En Santiago de Triacastela. No río Sárria.En 1927 Xesús Pardo Neira e os seus irmáns Hilario, Purificación e Aurelia solicitaron a inscrición nos Rexistros Central e Provincial dun aproveitamento do cabdal de 800 litros por segundo con un salto de 2,60 metros no punto da Acea de Pardo augas abaixo da conluenza dos ríos " Orivio " e " Matavellas" como forza motriz para un muiño de dúas rodas herdado do seu pai Pedro Pardo Celeiro. ( 1928 ) Solicitan permiso para instalación dunha liña eléctrica dende o Muiño Central para alumeado da vila de Triacastela . Dispoñían dun alternador Siemens Shuker de 11 quilovatios e 220 / 115 voltios. A liña ía sempre beira do río, ao longo de 240 metros para levar forza ás casas de Triacastela e liña de distribución. Xiraron baixo a denominación de "Eléctrica de Triacastela.
MUIÑO DE ALFOZ.- En San Salvador de Alfoz.
MUIÑO DO AREAL.- En Triacastela. En 1753 era propiedade de Manuel García.
MUIÑO DO CANEIRO.- En San Breixo da Balsa. En 1753 pertencía a Xosé Pombo..
MUIÑO DA CAPELUDA.- En San Cristovo de Cancelo. En 1753 pertencía a Catarina
MUIÑO DA CASA DA TORRE.- En Santa María do Monte. En 1753 era propiedade de Xoán de Vales-
MUIÑO DE CASTIÑEIRA.- En Santalla de Alfoz. En 1763 era propiedade de Pedro Iglesia
MUIÑO DE EIRA COVA.-En Santa Marìa do Monte. En 1753 pertencia a Xoan da Iglesia.
MUIÑO DE EIRA MUIÑA.- En San Salvador de Toldaos- Enn 1753 pertencía a Xosé Pardo Herbón, de Cadoalla.
MUIÑO DE ESCALEIRA.- En San Breixo da Balsa. En 1753 pertencía a Xoán Valcarce da Pobra de Adai.
MUIÑO DO FEAL.- En Santa María da Vilavella. En 1753 pertencía a Domingos López-
MUIÑO DA FERRERÍA.- En San Breixo da Balsa. En 1753 pertencía a Xoán Suazo.
MUIÑO DE FONTAIÑA.- En Santalla do Alfoz. En 1753 era propiedade de Xosé Valcarce.
MUIÑO DE FONTE DE EILIVI. ( 1 ). - En San Cristovo de Cancelo. En 1753 pertencía a Domingos Fernández.
MUIÑO DE FONTE DE EILIVI ( 2 ).- En San Cristovo de Cancelo. En 1753 pertencía a Xosé Quiroga.
MUIÑO DE FONTE ESPAIL.- En Santalla do Alfoz. En 1753 era o seu dono Pedro da Torre de Santa María do Monte,
MUIÑO DA FREIRA. ( 1 ) .- En San Breixo da Balsa. En 1753 era propiedade de Antonio Pombo.
MUIÑO DA FREIRA ( 2 ) .- n San Breixo da Balsa. En 1753 pertencía a Francisco Valcarce de Monforte de Lemos.
MUIÑO DE LAGARES.- En Santalla do Alfoz. que se servía das augas do río Vezcas. Era muiño fariñeiro e as augas tamén se aproveitaban para a rega do "Prado do Muiño". ( 1952 ) Solicitaron inscrición no Rexistro da Propiedade e no de Augas.
MUIÑO DE LAMAS.- En San Cidre de Lamas de Viduedo
MUIÑO DO ORIBIO.- En Santiago de Triacastela. No Rego do Oribio ou da Ribeira. En 1753 pertencía a Antonio de Corral..
MUIÑO DA PEDREIRA.- En San Breixo da Balsa. En 1753 pertencía a Xoán da Pedreira.
MUIÑO DA PONTE DE MESME.- En San Cristovo de Cancelo. En 1753 pertencía a Pedro Pardo, veciño de Aranza ( Baralla ).
MUIÑO DE PONTIGOS.-En San Breixo da Balsa. En 1753 pertencía a Francisco Ventura.
MUIÑO DO PRADO.- En San Cristovo de Cancelo.
MUIÑO DE QUEIXADOIRO ( 1 ).- En Santiago de Triacastela. En 1753 era propiedade de Domingos Regueiro-
MUIÑO DE QUEIXADOIRO ( 2 ).- En Santiago de Triacastela. En 1753 era propiedade de Cidre V´azquez.
MUIÑO DA REGADA.- En Santa María do Monte. En 1753 era propiedade de Domingos Cabana e consortes.
MUIÑO DAS RIBEIRAS.- En Santa María do Monte. En 1753 era propiedade de Xoán Portela.
MUIÑO DO RÍO.- En San Breixo da Balsa.
MUIÑO DO RÍO.- En Santiago de Triacastela.
MUIÑO DO RÍO.- En Santa María da Vilavella.
MUIÑO DO RÍO DO MUIÑO.- En Santa María do Monte. Era propiedade en 1753 de Xosé Arrojo.
MUIÑO DO RÍO DO ORIBIO.- ( Iribio ) En Santiago de Triacastela , no Rego da Ribeira ou do Iribio. En 1753 era propiedade de Pedro Lópz.
UIÑO DE SAN BREIXO.- En San Breixo da Balsa. En 1753 pertencía a Bernardo Vázquez.
MUIÑO DE SAN PEDRO DO ERMO.- En San Breixo da Balsa. En 1753 pertencía a Antonio de Vales.
Comentarios
Publicar un comentario