SÁRRIA : FILLOS NON MATRIMONIAIS ( 1650 / 1731 ) ( 684 )

               SÁRRIA :     FILLOS NON MATRIMONIAIS ( 1650 / 1631 )                ( 684 ) 

Xaime Félix López Arias 

                                     CURATO DE SANTA MARIÑA DE SÁRRIA 

PARROQUIAS DE SANTA MARIÑA DE SÁRRIA, SANTIAGO DE FARBÁN E SANTIAGO DE                                                            CASTELO DOS INFANTES, 

.......................................................................................................................................................................... 

 01.-  DOMINGOS LÓPEZ,  bautizado o 20,02.1655 ,  na igrexa de Santiago de Castelo dos Infantes, Fillo de  Clara López ,   moza solteira, que non deu a coñecer o nome do pai. Padriños:  Xoán López, de San Mamede e  Inés Sánchez  , do Rigueiro.

02.-  PEDRO RODRIGUEZ,  bautizado   o 15 de maio de 1671, na igrexa de Santiago de Farbán.  Fillo   de Catarina Rodríguez, filla de Domingos de Outeiro . Deu por pai do neno a  Pedro de Ureta, mozo solteiro, fillo de  Diego de Ureta  , rexedor da vila de Sárria . Foi apadriñado por   Rodrígo Sánchez de Quiriga, crego , e María Díaz de Aguiar.

03 .- MARIA RODRÍGUEZ ( DE OUTEIRO ) , fillo  de Catalina de Oute iro, moza solteira, filla de Domingos de Outeiro , foi bautizado  o 22.12. 1667. Deu por pai a Domingos González,  mozo  solteiro, de Castelo dos Infantes, Foron os seus padriños  Antonio do Rigueiro  e María López-

04.- LUCRECIA LÓPEZ, bautizada  na igrexa de Santiago de Farbán o día  12.02.1684 , foi filla de  Catarina López, moza solteira , da Ponte Ribeira . Deu por pai  a Juan da Silva Xiraldez  , correxidor  da vila e marquesado de Sárria, solteiro. Foron os seus padriños   Pedro Lóepez da Lama  e Xoana González (   filla de Bartolomeu  Rodríguez, tecelán  ) veciños de Farbán.

05.- MARÍA ( nena exposita ) deixada no Hospital de Santo Antón Abade ( fronte da igrexa de San Salvador, foi bautizada   o 1.04.1687  na igrexa de Santa Mariña.  Foron os seus padriños Martiño Vázquez e  a súa muller  María Manuela ( merceiros). 

06.-  XOSÉ  ÁLVAREZ, fillo de Clara Álvarez,  viuva   . foi bautizado en Santa Mariña , o 18.03.1692.  Deu por pai   a Xosé Fernández de Pradeda, mozo solteiro, Padriños :  Xoán García e a súa irmá   María Antonia,

07- ISABEL ROSA  N. , filla   de Sabela, moza solteira. criada de  Gregorio de Páramo, foi bautizada na igrexa de Farbán  o 22,07.169. Deu por pai ao seu amo ( Señor da Casa Torre de Farbán ) .  Foi apadriñada por  Xoàn Fernández  e a súa muller María Díaz. Ofociou  a cerimonia o licenciado  Faustino González, crego.

08- ANXO DA LAMA, fillo de Lucía da Lama , moza solteira,  deu por pai a  Xoán de Salceda, perto de Pontevedra, Bautizaron o neno o 14.03.1695  na  igrexa de Farbán sendo padriños  Xoán  López e  a súa muller  Lucía González, da Veiga de Arriba, parroquia de San Pedro de Maside

09, - MARÍA VENTURA DA LAMA, filla de María da Lama, moza solteira, foi bautizada  na igrexa de Farbán  o 4.02.1698.  Deu por pai  a Domingo de Cabanas , do lugar de Vilariño . Foi apadriñada por   Pedro  de Losada  e María González. Oficiante;  Faustino Gomez Rubinos, vigairo de Santa Mariña-

10 .- XOÁN ANTONIO  GONZÁLEZ, fillo de Rosa González, moza solteira ,  foi bautizado  na pía da igrexa de Farbán o  21.07.1699, polo crego  Faustino  Gómez Rubinos. Deu por pai  a Domingos de Cabanas , do lugar de Vilariño. Apadriñarono  Pedro Lópe  e Xoana González.

11.-   FELICIANA MARÍA ( INCÓGNITA ) , de quen  non se souberon os pais, foi bautizada en Santiago de Castelo dos Infantes  o día  7.08.1699. Bautizouno o crego  e licenciado  Antonio Gonzákez, de San  Mamede do Camiño.Francés.

12.- MARCO ANTONIO VENTURA ( INCÓGNITO ) , foi achado no Hospital de Santo Anttón, fronte de San Salvador e baixo da Fortaleza ) . Bautizado na igrexa de Santa Maiña  o 16.01.1700 apadiñouno o escribán Marco Antonio de la Peña  e unxiuno o crego Francisco López.

13.- INACIO DOMINGOS SANJURJO,  fillo de  Ana María de Samjurjo Parga, moza solteira , de Santiago de Viladonga ( Mondoñedo )  foi bautizado  o 18.08.1700. Deu por pai  a Domingos Fernández de Losada , de San Fiz de  Paz ( na Diocese de Lugo ) , mozo solteiro. Foron padriños  Bartolomeu Díaz e a súa muller  María Sebastiana.

14.- FRANCISCO DA LAMA, fillo  de Sabela da Lama, moza solteira, foi bautizado o   23.05.1701 en Farbán   . Non lle deu pai. Naceu  o 12,05.1701 .E foron os seus padriños   Tomé Freile ( Freire ) de Andrade   e María Sabela de Lobera ( de San Salvador de Sárria ).

15.-  XOSÉ BIEITO RODRÍGUEZ , fillo de María Rodríguez , moza solteirs  naceu o  17.01.1702  e foi bautizado o día 22 seguinte. na igrexa de Santa Mariña Non lle deu pai . Foron os seus padriños  Xoán  de Valcarce e a súa filla  Leonor Francisca  de Bolaño Ribadeneira.

16.-   DOMINGA NÚÑEZ ,  filla de María Núñez, moza solteira , e de  Francisco de Acevedo , solteiro , de Santiago de Rubian, naceu o 20 .08.1702 e foi bautizada  na igrexa de Santa Mariña  o 28 seguinte. Apadriñárona  o escribán Domingos de Quroga  e a súa muller  María Fernández de Guitián.

17.- PEDRO DA LAMA,  fillo de Sabela da Lama, moz solteira, naceu o  21.05.1705 e foi bautizado na igtrexa de Santiago de  Farbán  o 24,05,1705. Deu por pai  a Amaro González, home casado, de Farbán. Foron padriños  Amaro González e Clara López.

18.- XOSÉFA VENTURA ( N, ) nena achada na rúa, da que non se soubo quen eran os seus pais, foi bautizada   o 28.02.1707.  Foi apadriñada por  Xosé de Rego, estudante, residente en Sárria veciño de Santiago da Veiga e Tereiza  Sanjurjo, solteiram  filla de Xoán Díaz de Freijo  e Xosefa  Sanjurjo. Oficiante :  Lcdo. Francisco López, ( Consonte  ás normas entón vixentes a nena, acopañada por unha ama ce cría provisoria tiña que sen levada ao Hospital Real de Santiago de Compostela. onde  eran recollidos todos os nenos expositos de Galicia ).

19-  BALTASARA VENTURA   DE VALCARCE, filla de  Ánxela de Valcarce, moz solteira,  natural de Vilafranca do Bierzo. Non lle deu pai.  Naceu o 6,01 ,1711 Foi bautizada na igrexa de Castelo dos Infantes o  7.01 1711   e foi o seu padriño  Domingos Soutelo.

20 .-  nMARÍA ROSA LÓPEZ, filla  de  Marta López,  moza solteira,  natural de Lavandeira, en San Vicenzo de Froián,  naceu o  28.01.1717  e recibiu as augas bautismais na  igrexa de Farbán  o 3.02,1717.Deu por pai   a Bartolomeu Riveira , home casado, de Céltigos en Santiago da Veiga.  Padriño :  Diego Díaz, de Santiago da Veiga.

21.-   PEDRO MANUEL DE QUIROGA, fillo  de Manuela de Quiroga , mza solteria, de  San Xulián de Tor , naceu o 8.01.1917  e bautizárono o  17.02,1717 na igrexa de Farbán   Non lle deu pai. Foi apadriñado por Manuel Capón.

22.- FERNANDO  ANXO VALERIANO  RODRÍGUEZ ,  fillo de Marta  Rodríguez, moza solteira ,  naceu o 30.05.1718  e bautizárono na igrexa de Farbán o  4.06,1718. Deu  por pai  a Martiño Carlos  Páramo Gutián , mozo solteiro.  O neno non estaba  excomplado de  necesidade.  Foron padriños  Francisco Balboa Sarmiento,  estudante, veciño de Sárria  , e Ánxela  Inés de Ojea Ulloa. O dado por pai era  da familia dos Señores da Casa Torre de Farbán  e a madriña, Señora  desa casa, era a nai de Martiño Carlos.

23.- XULIANA LÓPEZ, filla de   Xoana López, criada  de servir  en Sárria, natural de San Sadurniño de Ferreiros , naceu o  25.04. 1720 e bautizárona en Farbán  o primeiro de maio. Deu por pai  a Paulo de Quiroga , solteiro.   O padriño foi André  Loureiro, de Farbán.

24.-  MARÍA XOSEFA GONZÁLEZ,    filla de moza solteira. A nai deu por pai  da criatura   a Diego Cedrón, da Nogueira, na parroquia de Vilar de Sárria, Naceu o 13.12,1721 e  bautizárona  o  15.12.1721- Foi apadriñada por   Xosé García, mozo solteiro, de Vilar de Sárria.

 25.- MARIANA DA LAMA , filla de María da Lama. moza solteira, que deu por pai da nena   a Domingos Franco , home casado, de San Salvador de Cesár. A criatura  naceu  o 28.05.1722  e foi bautizada en Farbán   o 7.06,1722. Apadriñárono   Domingos López   e Mariana González, solteira, do lugar de Vilariño.

26.-  GREGORIO ANTONIO GONZÁLEZ,   fillo de Rosa  González, moza solteira , naceu  o 11.12,1722 e bautizárono  o 14 seguinte   en Farbán, Os avós da criatura eran    Antonio Carreira e  María González. Deu por pai   a Xoán Antonio Álvarez, fillo de  Antonio Conde e  María Álvarez, de San Pedro de Maside- Foron padriños  Gregorio  de Pàramo e   a súa espsoa Ángela   Inés Ojea Ribadeneira.

27.-    LUCÍA MARÍA LÓPEZ,  filla de Lucía López , moza solteira, que lle deu por pai  a D. Diego Cedrón, solteiro,  da Casa da Nogueira, en Vilar de Sárria, naceu   o 8.07,1723   e foi bautizado en Santa Mariña de Sárria o   11,07.1723. Avós paternos:   Antonio Cedrón  e Francisco Ribadeneira, de San Salvador de Vilar de Sárria Avós maternos:  Xoán López de Santo Estevo  e Xoana López ( de Maside ). Padriños:   Alonso de Barallobre   e a súa filla María.

 28.-   XOSÉ ANTONIO  OSORIO DE PUGA,   fillo   de Sabela Osorio de Puga , moza solteira, veciña de Betanzos , foi bautizado  o 24.12.1726 en Santa Mariña de Sárria. Deu por pai  a Antonio Gregorio Bolñaño  Lemos, solteiro,,  veciño de  Santa María de Olveda ( Antas de Ulla ) . Foi padriño  Francisco Pardo.

29.-  FELIPE ANTONIO LOUREIRO, fillo   de Rosa " Loureira", moza solteira,  foi bautizado o  17.05.1727   na pia de Santa Mariña . Deu por pai    a Xoán Losada, mozo solteiro. Avós maternos:  Lázaro Vázquez   e María Loureiro. Oficiante: Brais Fernández-

30.-   SILVERIO PAULO  PÉREZ, fillo de  Clara Pérez, moza solteira, naceu  o 20,06.1727   e foi bautizado o   30.06.1727 na igrexa de Santa Mariña .   Deu por pai  a Lázaro Vázquez,  Apadriñouno  Tomé Díaz da Costa. Avós paternos maternos: non se indican.

31.-  ANDRÉ XOSE ARIAS,  fillo de Liberata Arias , solteira, e de   Domingos Antonio de  Freixo , que dixo que nacera  no Arcebispado de Santiago   e non sabían o lugar, naceu   o 30.11.1730   e foi bautizado o   3.12.1730 en Santa Mariña de Sárria. Avós  maternos :    Tomé Díaz e Sabela Arias. Avós paternos: Non se souberon   por non colecer ao pai.  Padriño:   Xosé Díaz. Oficiante : Xosé Antonio Pardo.

32.-  MARÍA  BERNARDA NÚÑEZ , filla de Xosefa Núñez  de dun mozo dos Portos  que non sabe cpomo se chama  , nin de onde é. Aboa materna:  María Núñez. Foi  bautizada  o 25.02.1733 en Santa Mariña de Sárria.

33.-  XOSÉ ANTONIO  DE ARMESTO VALCARCE,  fillo natural  de Xosé de Armesto Somoza , fillo  de Diego  de Armesto Somoza   e de Xosefa Valcarce , Foi bautizado en Santa Mariña de Sárria en  20.03.1737 

34.-  ROSA BERTA  LÓPEZ VARELA,  filla de  Alberte López  e Sabela Varela, mozos solteiros.  Foi bautizada  o 10.07.1751 en Santa Mariña de Sárria. Foron padriños:  Mateo López de Armesto e Rosa Santos.

35.-  ROSA TOMASA CONSTANZA  RODRIGUEZ, filla de Constanza Rodríguez    e Tomé Teixeiro, mozos solteiros.  Foi bautizada en Santa Mariña de Sárria o  8.10..1751 e foi apadriñada por  Mateo de Armesto e  a súa muller Rosa Santos,

36.- FRANCISCA MARÍA  COLOMO LÓPEZ,   filla natural  de Manuel Colomo   e María López Cedrón, mozos solteiros . Avós paternos, segundo dixo:  Antonio  Colomo e Florencia  González.  Avós maternos:  Lucia López e  Diego Cedrón ( + ),   Foi bautizada en Santa Mariña de Sárria, sendo apadriñada  por Mateo López de Armesto  e Ánxela  Belón,

37.-  TOMÉ  FRANCISCO  ANTONIO LOUREIRO , fillo natural  de María Loureira ( * ) , que por pai  a Domingos López  da Fonte de Maside. Naceu o  12.10. 1754 3 foi bautizada o  20.10.1754 en Santa Mariña de Sárria. Padriños :   Tomé Teixeiro Pardo e  Lucrecia Díaz, solteiros.

(  * ) O apelido Loureira  corresponde ao apledo Loureiro do seu pai.

38.-  ROSA MARÍA VÁZQUEZ ROBINOS , filla natural de  Tereixa Vázquez   Robinos,  que deu por pai a Tomé Teixeiro Pardo , mozo solteiro.Naceu o 2.11. 1754 e  bautizárona   o 11.11.1754 , sendo os seus padriños  Mateo López  de Armesto e Rosa Sánchez.

39.-  DOMINGA BERNARDA  TEIXEIRO PARDA,  filla de María Parda   e do falecido  Xosé Teixeiro , mozos solteiros. Avós maternos :  Lázaro Vázquez e  Francisca Robinos, Avós paternos:  Xosé Teixeiro e María Parda ( * ).  Naceu o 1. 10.1756 e foi bautizada   6.10.1756  en Santa Mariña de Sárria polo vigairo  Fraiz  Quiroga ,  apadriñada por Domingos  López e Bernarda  Vázquez.

40.-  MARÍA XOSEFA  ANDREA ( INCÓGNITA ).  Filla de pais descoñecidos . Foi bautizada en Santiago de Castelo dos Infantes o  3.05.1757, e foron padriños  Xosé López  e María López. Oficiou  o tenete  cura Fraiz  Quiroga e asina tamén o párroco Froilán de Otero e Lemos. 

41.- MARÍA ROSA  FROILANA  XOANA LUISA  ( INCÒGNITA  ).- Nena e moza  expósita  que na idade dos 16 ou 17 anos   foi bautizada na igrexa de Farbán  o  día 24.08.1757  e foi apadriñada  por Gregorio López, xastre  e María  Luisa Pradeda  e Navia. O parroco fixo averiguación nas parroquia de Sárria e dos arredores para ver se fora bautizada, e  non puido averiguar nada , Entó  , como a mozota fora criada dende  que tiña  un mes de idade   por Gregorio López e a súa muller , o pàrroco  instuiuna nos rudimentos da santa fe , antes de bautizala.

42.-  FELIPE ANTONIO  VÁZQUEZ FERNANDEZ    ,  fillo natural  de Diego Vázquez Varela  Aguiar, cirurxano  e de Francisca Cacha ( * )  Carreira. Avos paternos :   Xosé Vázquez  e María Antonia  de Aguiar Arias. Avós maternos:  Xosé Carreira  e Xosefa Ferrnández,  Foi bautizada en Santa Mariña de Sárria  o 17.11.1758  polo crego   Xoán André de Pradeda Navia , sendo apadriñada por  Felipe González   e Francisca   López de Porto da Veiga  ( Vilar de Sárria  ), 

43.- XOÁN MANUEL CEDRÓN ,  fillo de Lucía Cedrón , moza solteirs , deu por pai  a Xoán Carballude , soldado, de  Tabeirós (  Arcebispado de Santiago ) . Foi bautizado en  Santa Mariña de Sárria o  16.09.1759. . Padriños : Xoán Varela e María Colomo, Xoán Carballude era orixinario  de  Bermes , na Deza,

44.- BARTOLOMEU SILVESTRE LÓPEZ FERNÁNDEZ, fillo de María Fernández, que deu por pai a  Domingos López, solteiro, de Santiago da Veiga.,Avó paterno : Xosé López . Avós maternos:  Silvestre  Fern+andez e Dominga  López. Foi bautizada en Santa Mariña de Sárris  o 31.12.1759. Padriños :  Bartolomeu López  Loureiro  e a súa muller  Ánxela de la Peña. .

45.-  XOSEFA ANTONIA TEREIXA  VÁZQUEZ,  filla  de  Tereixa Vázquez, moz solteira, naceu o 17.02.1760. Deu por pai a Xosé Vila, da Coruña. Foi bautizada en Santa Mariña de Sárria  o 25.02.1760. Padriños: Mateu de Ar,esto  e Antonia   de Santos, filla súa.

46.- MANUELA XERTRUDE  XOSEFA FERNÁNDEZ, filla de  Manuel García Capón  e Catarina Díaz, mozos solteiros.  Avós  paternos:  Manuel García Capón  e Catarina Díaz. Avós maternos:  Santiago Díaz e  Ánxela Fernández .  Foi bautizada en Santa Mariña de Sárria o 17.11.1767.  Padriños:  Xoán Luis de Neira  e a súa irmá Manuela  Valcarce de Herbón.

47.- FRAIZ  ANDRÉ MANUEL  DÍAZ,  filla de Paula Díaz, moza solteira, e de Nicolau Sarmiento.   Avós maternos:  Xosé López  e María Díaz, de Santa María de Ortoá.  Fo bautizado en  Santiago de Castelo dos Infantes  o 18.01.1771,. Padriños : Fraiz Pérez e Manuela Fernández ( de Perros ).

48.-  XOÁN FRANCISCO ANTONIO LÓPEZ, fillo de Manuela Fernández, moza solteira.  Deu por pai a Francisco López de Callás.  Avós paternos:  Tomé Frameán e Locaia  López, de Reimóndez. Avós maternos :  Xulián Cabanas  e Antonia Fernández, de Farbán .  Foi bautizado en Santiago de Farbán  o 30.08.1777.  Padriños:  Xoán Balboa e María Díaz. 

49.-  MARÍA  XOSEFA  NICOLASA  ARIAS, filla de Mariana Arias de Arxevide ( Cesár ) , moza solteira ,que deu por pai  a Antonio Ulloa ( de  Aián- Santo Estevo de Reiriz ) . Foi bautizado en Santiago de Castelo  o 12.09.1977. Padriños: Nicolau Loureiro.

50.- FROILÁN  ANTONIO GONZÁLEZ, fillo de  Madalena  González,  moza solteira, de San Fiz do Incio. Avós : Pedro da Vila e  Antonia González.  Foi bautizado o  1.04,1779  en Santiago de Farbán. Padriño: Francisco Castiñeita.

51,- XOÁN MANUEL XOSÉ RODRÍGUEZ,  fillo de Ánxela Rodríguez, deu por pai  a " Grgorio " ( do Arcebispado de Santiago, Avós maternos :  Damián do Barrio e Catarina  Rodríguez-Foi bautizado na igrexa de Santiago de Castelo dos Infantes o 30.09.1782.  Padriños: Manuel García, Presbítero de Mendrós e  Xoana Rodríguez.

                                ............................................................................................

Entre os anos 1655   e 1786  ( 134 ahos )  , bautizados nas igrexas de Santa Mariña de Sárria, Santiago de Farbán  e Santiago de Castelo dos  Infantes houbo 51 nacementos de fillos  non matrimoniais., que veñen a ser  dous nacementos en cada  cinco anos, cifras ben lonxe da interesada apreciación de motos autores que falan dunha laxitude que non se corresponde  coa realidade.

Comentarios

Publicacións populares