CASA TORRE DE FARBÁN ( 681 )
CASA TORRE DE FARBÁN ( 681 )
Na parroquia de Santiago de Farbán ( Sárria ),
Manuel Vázquez Seijas
Foron señores deste maorazgo desta casa , D. Álvaro González ( ou Guitián ), que estivo casado con Dona Catarina Rodríguez,viuva de D. Pedro Valcárcel.
O derradeiro testamento outorgado por esta señora, segundo manifesta o P. Crespo, na súa obra " Blasones y Linajes de Galicia, parece ser o que fixo o 22 de xaneiro de 1594, Do seu segundo matrimonio tivo unha filla, a que se lle puxo o mesmo nome de Catarina e casou con D. Luis Pérez de Chantada.
Segue a liña D. Pedro González de Casares ( ou de Guitián ) , que contraeu matrimonio, en segundas nupcias, con Dona Inés Rodríguez Arias , filla de D. Miguel Rodríguez , dono da Casa de Tor e de Dona María Rodríguez, que foron tamén donos da casa de Pezuco. Estivera casado cunha filla de D. Bastián López, veciño de Morga,en Seteventos ; sen que saibamos tivese sucesión do seu primeiro matrimonio.
Do segundo, foi fillo D. ALONSO DÍAZ DE GUITIÁN , aveciñado por algún tempo en Madrid , onde tivo o cargo de Contador . Estivo casado con Dona Beatriz de Ribadeneira e tiveron por filla a Dona FABRIANA GUITIÁN RIBADENEIRA , señora da CASA DE FARBÁN, que contraeu matrimonio con D. ALONSO DE PÁRAMO E GUITIÁN , receptor da Real Audiencia de A Coruña, viuvo de Dona Inés Nieto , da que tivera un fillo chamado D. RODRIGO PÁRAMO GUITIÁN , que estivo casado con Dona Violante de Temes, non quedando sucesión .
Don Alonso de Páramo era fillo de D. Xulián López de Páramo , señor de Trebolle , e de Dona Catarina de Guitián . Sígueos o seu fillo menor D. GREGORIO DE PÁRAMO GUITIÁN, que tivo por muller a Dona Apolonia Osorio de Yebra , señora de Láncara, filla de D. Rodrigo de Yebra e Dona Leonor Pimentel. Só tiverom unha filla chamada María Xosefa , que contraeu matrimonio con D. Gregorio Somoza , seguindo a liña da casa de Farbán . o seu fillo D. GREGORIO DE PÁRAMO E GUITIÁN , Cabaleiro de Santiago, casado con Dona Ánxela Inés de Ojes , dos condes da Torre, sucedéndoos MARTIÑO CARLOS DE PÁRAMO GUITIÁN OJEA , que casou con Dona María Somoza e Losada , señora da casa da Abelleira , da freguesía de Toimil na Somoza Maior de Lemos , e da de Santiago de Farbán , fora da vila de Sárria , anexo da de Santa Mariña da mesma ( * )
Posteriormente foi señor de Farbán , D. NICOLAU DE PÀRAMO E GUITIÁN , fillo de D. Martiño Carlos , que tivo por muller a Dona Leonor Xoana Arias Mariño Varela Taboada e Ulloa , aos que sucedeu a súa filla Dona XOSEFA DE PÁRAMO ARIAS GUITIÁN , que foi dos maorazagos da Abelleira, freguesía de Toimil, na Somoza Maior de Lemos , e da de Santiago de Farbán, e que, pola súa unión con D. LUCAS FLÓREZ DE LOSADA , da ilustre liñaxe dos Flórez de Losada , do Pazo do Castro, en Valdeorras, quedou incorporada a Casa de Farbán á dos Flórez , na que se conserva un copioso arquivo , que contén noticias moi interesantes para a historia de Sárria.
Os Flórez , con casa soar na vila do Castro , pasaron de Asturias a Galicia , e naquela viñeron a se refundir varias outras casas da zona de Galicia e do Bierzo.
Foi D. LUCAS FLÓREZ DE LOSADA herdeiro de ricas casas e vínculos dos seus maiores. Os seus méritos,. tíduos académicos e graos , cos exercizos realizados , foron impresos en 1788, por D. Manuel Anonio de San Felices de San Salvador do Hospital de Quiroga o de 18 de novembro de 1752, tiña vinte anos de estudos maiores en Artes , Cánones e Leis , graduándose de Bacheler , en Cánones e Leis, por Alcalá, Valladolid e Toledo . Por despacho real do mesmo ano , foi nomeado bibliotecario da diicese.
Dona María Xosefa de Pàramo e Arias Guitián era filla de don Nicolau de Pàramo e Guitián , dono das casas de Farbán e da Abelleira , e de Dona Leonor Xoana Arias Mariño Varela Taboada e Ulloa. As súas capitulacións matrimoniais tiveron lugar en 1799 , perante D. Manuel Fernández de Hermida, escribán de Rubián , en terra de Lemos .Outorgou testamento o 13 de marzo de 1824 , en San Clodio de Ribas de Sil , e D. Lucas o seu , o 3 de maio de 1822, na escribanía do couto de Castro de Caldelas , perante D. Francisxo Xabier Quevedo, declarando herdeiro universal ao seu fillo D. ILDEFONSO FLÓREZ DE LOSADA E PÀRAMO, que viviu no seu pazo da vila do Castro e contraeu matrimonio con Dona Dores Quiroga e Puga , filla do cabaleiro mestrante de Ronda D. Bernardo María Quiroga Arias Sánchez de Somoza e de Dona Benita de Puga e Arroxo . condes da Torre, veciños e donos da Casa Grande da Pobra de San Xiao.
Don Ildefonso foi vicepresidnete do Consello provincial de Ourense e Senador do Reino pola provincia de Lugo. Nel recaeron as principais casas e vínculos dos seus maiores , entre os que figuraba a casa e torre de Farbán.
Esta casa como xa indicamos , áchase nas aforas da vila de Sárria . O Instituto Xeográfico Catastral , sitúaa entre a estrada de Nadela e Monforte e o ramal da Lamarrigueira , anotando que no castro de Filloi hai minguados restos de fortificacións.
O apelido Flórez é patronímico derivado de Fruela ou Froila . Dos Flórez de Losada , do pazo da vila do Castro , foi D. Diego Fernández Flórez , señor da casa de Miramontes , con concello asturiano de de Cangas de Tineo, no val de Civea.
As armas dos Flórez de Losada son : escudo cortado ; no alto, as cinco flores de lis de ouro en campo de azur ; no baixo, en campo de gules, dous lagartos da súa cor, aplastados por unha lousa de prata, que son armas dos Losada. Algúns, en igual campo, somente tran tres flores de lis de ouro, ben ordenadas, como se as cinco pertencesen exclusivamente aos maorazgos da citada caa de Miramontes.
Os Losada tiveron o seu soar no val de Quiroga. Eran donos das terras e do mosteiro de San Clodio que entregaron á Orde Miklitar de San Xoán . E así como, por un lado se extenderon notablemente por terras do Bierzo , en Galicia levantaron soares nos ricos vales de Quiroga e Valdeorras, ascendendo polas escarpadas terras que de Larouco van a terras de Trives, onde se extenden moi axiña, e de onde descenden a entroncaren coa maior parte da nobreza titulada de Galicia .
Infórmanos o P. Crespo, que un bon número das persoas desta dilatada liñaxe, chegan a seren donos e señores de multitude de casas, en distintos lugares da rexión. Deles descenden, entre outros, os marqueses de la Atalaya e os Figueroa, os condes de Maceda e San Román e os vizcondes de Figueroa.
En 1753 , Farbán era de señorío particular da marquesa de Sárria, que recibía dos veciños leigos, do estado xeral, rendas de centeo e servizos, e tamén os produtos das alcabalas.
.......................................................................................................................................................................
NOTAS
( * ) Por erro no artigo lese " da de San Salvador da mesma". Non foi senón até 1890 cando Farbán pasou a ser anexo de San Salvador de Sárria, pois até entón formou parte do Curato de Santa Mariña de Sárria, Santiago de Castelo e Santiago de Farbán.
A casa dos Armesto, Señores de Trebolle, que estaba no lugar de Pacios de Casteledo ( nos asentos parroquiias din " Pazos" ) , desapareceu, e tamén outras edificacións que alí había. Con posteiroirdade á apertura da estrada de Nadela a Valdeorras foi alzada a Casa de Pacios, propiedade da familia Álvarez.
En 1761 , como único fidalgo con casa en Farbán, aparece Don MARTIÑO DE PÁRAMO, viuvo, de idade de 60 anos, con un criado maior dos 18 e unha criada.
Con relación aos bens que en Farbán lle pertencían lese: D. MARTIN DE PÁRAMO. Este sonana no asento anterior ser veciño de Santa María de Toimil ( * Casa da Abelleira* ), e agora eo desta freguesía de Farbán, e as 25 partidas do seu asento anterior declaran os Peritos que confrontal co seu actual estado; só lle quedou por asentar a Partida que estes Peritos poñen a continuación:
1.... Un ferrado de devesa de segunda calidade ao sitio da LAMA RIGUEIRA. Estrema a L, con camiño público; a P. , co dito camiño ; N. e S., Bartolomeu López.
As casas e bens propios da familia Flórez foron enaxenados. Pódese indetificar como procedente dese patrimonio a DEVESA DE FLORIDO ou DA BOTICA, de 15.495 m/2, con frenteira á estrada do Mazadoiro a Lamarrigueira.
ASENTOS NO LIBRO DE BAUTISMOS ( SANTIAGO DE FARBÁN )
* O día 22.07.1694 na igrexa de Santiago de Farbán foi bautizada MARÍA ROSA, filla de SABELA, moza solteira, criada de Gregorio de Páramo , que deu por pai da criatura ao seu amo. Apadriñaron ao neófito Xoán Fernández e María Díaz.
O Gregorio de Páramo figura apadriñando en Farbán a bautizados da parroquia.
Comentarios
Publicar un comentario