MUIÑOS DO CONCELLO DO INCIO ( 675 )
MUIÑOS DO CONCELLO DO INCIO ( 675 )
Xaime Félix López Arias
MUIÑO DA ALDEA.- En Santa María de Foilebar.
MUIÑO DE ARRIBA.- En Santalla de Trascastro. En 1753 pertencía a Bieito Casanova.
MUIÑO DE ARROXO.- En Santa Mariña do Incio. En 1753 era propiedade de Domingos da Torre, presbítero.
MUIÑO DO ARROXO DO BOQUEIRO.- En Santa María de Rendar. En 1753 pertencía a Antonio de Castro.
MUIÑO DE BUXÁN.- Muiño relo en Santa Cristiña do Viso, citado nun documento do 1308.
MUIÑO DO ARROXO DE CARQUEIXA.- En San Vicenzo de Rubián de Cima. En !753 pertencía a Lucas de Pàramo de San Xoán de Noceda.
MUIÑO DO ARROXO DA COVELA.- En San Pedro da Covela. En !753 pertencía a Ana María López de Prado.
MUIÑO DE ESCOREDO.- En Santa Mariña do Incio. En 1753 pertencía a Brais da Torre.
MUIÑO DO ARROXO DA FERVENZA.- En San Xoán de Noceda. En 1753 tiña unha roda e pertencía a Domingos Covela, de San Pedro da Covela.
MUIÑO DO ARROXO DE FOMPERNAL.- Ou do Río da Muiña. En San Vicenzo de Rubián de Cima. En 1753 pertencia a Alonso de Sobrado, de Lugo.
MUIÑO DO ARROXO DE LAGARES.- En San Vicenzo de Rubián de Cima. En 1753 pertencía a Domingos Sánchez,
MUIÑO DO ARROXO DA LONGUEIRA.- En San Martiño de Laiosa. En 1753 era propiedade de Lucas Somoza Saavedra.
MUIÑO DO ARROXO DO MAO. ( 1 ).- En Santa María de Góo. En 1753 pertencía a Xosé das Seixas.
MUIÑO DO ARROXO DO MAO ( 2 ) .- En Santa María de Góo. En 1753 pertencía a Gabriel Pérez.
MUIÑO DO ARROXO DO MAO ( 3 ) .- En Santa María de Góo. En 1753 pertencía a Pedro Fernández.
MUIÑO DO ARROXO DE NOGUEIRIDO ( 1 ) .- En San Xoán de Noceda. En 1753 tiña unha roda e pertencía a Francisco Quiroga.
MUIÑO DO ARROXO DE NOGUEIRIDO ( 2 ) .- En San Xoán de Noceda. En 1753 tiña unha roda e pertencía a Pedro Garcia.
MUIÑO DO ARROXO DE NOGUEIRIDO ( 3 ) .- En San Xoán de Noceda, En 1753 tiña unha roda e pertencía a Xosé Quiroga.
MUIÑO DO ARROXO DE PENALBA. ( 1 ) - En Santa Cristiña do Viso. En 1753 tiña dúas rodas e pertencía a Gregorio López.
MUIÑO DO ARROXO DE PENALBA. ( 2 ), - En Santa Cristiña do Viso. En 1753 tiña dúas rodas e pertencía a Lucas Díaz, de Reboiro.
MUIÑO DO ARROXO DE PENALBA. ( 3 ).- En Santa Cristiña do Viso. En 1753 tiña unha roda e pertencía a Xoán da Aira,
MUIÑO DO ARROXO DE PENALBA. ( 4 ).- En Santa Cristiña do Viso. En 1753 tiña unha roda e pertencía a Xoaquín Saco.
MUIÑO DO ARROXO DE PEREIRA.- En San Cristovo da Cervela. En 1753 era de Pedro Valcarce.
MUIÑO DO ARROXO DE PORTO RÍO.- En Santa María de Rendar. En 1753 pertencía a Gregorio Orozco.
MUIÑO DE BUXÁN.- En Santa Cristiña do Viso. Muiño relo ( muiñeira ) citado nun documeno do ano 1308.
MUIÑO DO VAO.- En Santa María de Góo. En 1753 pertencía a Xosé Cortiña.
MUIÑO DE BATAN ( 1 ).- En San Romao do Mao- En 1753 tiña unha roda e pertencía a Francisco Rigueiro.
MUIÑO DE BATÁN ( 2 ).- En San Romao do Mao. En 1753 tiña unha roda e pertencía a Mateu Teixiz.
MUIÑO DE BELESAR.- En San Mamede de Vilasouto. No río Mao ( medieval Omano ). En 1753 era propiedade de Matías de Armesto, de Vilafranca do Bierzo. (1954 ) Rìo Mao e Fonte do Arnado, con aproveitamento dende tempo inmemorial . Concesión para a fabricación de electricidade .mover un muiño de dúas rodas e para a rega da finca do Couto de Belesar ( 45 hectáreas ).
MUIÑO DE BUGARELA.- En San Xoán de Noceda.
MUIÑO DA CAL.- En San Salvador do Mao. En 1753 tiña unha roda e pertencía a María Díaz Guitiá.
MUIÑO DE CAMPO REDONDO ( 1 ).- En San Lourenzo de Vilarxoán. En 1753 pertencía a Pedro de Armesto.
MUIÑO DE CAMPO REDONDO ( 2 ).- En San Lourenzo de Vilarxoán. En 1753 pertencía a Santiago da Vila.
MUIÑO DE CARDÓN.- No río de Penalba-
MUIÑO DE CEREIXIDO.- En San Salvador do Mao- En 1753 era dunha soa roda e pertencía a a Bartolomeu Lebón.
MUIÑO DO CHANTADO ( 1 ).- En San Salvador do Mao . En 1753 tiña unha roda e era propiedade de André Montero.
MUIÑO DO CHANTADO ( 2 ).- En San Salvador do Mao. En 1753 tiña unha roda e pertencía a Filipe Montero.
MUIÑO DE ESCOUREDO.- En Santa Mariña do Incio. En 1753 era propiiedade de Brais da Torre.
MUIÑO DA FERRARÍA.- En San Xoán de Noceda, no río Rubián.Tiña unha presa de 4,50 metros de altura, un rairo de 0,92 X 2 metros e moía con dúas pedras de 1,20 metros de diámetro movidas por rodicios de bronce. Tiña peneira. O salto era de 6 metros e útil de 5,46b metros. A presa daba rega ao Prado Grande ( 29 áreas ) e ao Prado Pequeno ( 8 áreas ) . A concesión era de 225 litros / segundo para cada cal, En 1956 pertencíav a Ramón Fernández Fernández.
MUIÑO DA FERRARÍA.- En Vilasouto, no río Mao. Desapareceu asolagado polo encoro de Vilasouto,
MUIÑO DA FERVENZA.- En San Salvador do Mao , En 1753 tiña unha roda e pertencía a Antonio da Buxa.
MUIÑO DA FERVENZA.- En San Xoán de Noceda. En 1753 tiña unha roda e era propiedade de Domingos da Fonte , da Covela.
MUIÑO DE FON PERNAL.- En San Vicenzo de Rubián de Cima. No arroxo da Muiña. En 1753 pertencía a Alonso de Sobrado.
MUIÑO DO GALEGO.- En Santa María de Góo.
MUIÑO DO IGREXARIO.- En Santa Mariña do Incio. En 1753 formaba parte do Igrexario da parroquia.
MUIÑO DA LAMA.- O presbítero Gudesteus de San Romao do Mao cedeullo ao abade -bispo Fatal de Samos ( 26.04,854 ). Estaba na Terra de Omao.
MUIÑO DE LAMELA.- En Santalla de Trascastro.
MUIÑO DE LENDE .- En Santa María do Mao. En 1753 pertencía a Dionís de Veiga, ( Posiblemente fose de "Alende" )
MUIÑO DAS LOUSEIRAS.- En Santa Cristiña do Viso.
MUIÑO DO MAO ( 1 ).- En Santa María de Góo, En 1753 pertencía a Gabriel Pérez.
MUIÑO DO MAO ( 2 ).- En Santa María de Góo. En 1753 pertencía a Pedro Fernández-
MUIÑO DO MAO ( 3 ).- En Santa María de Góo. En 1753 pertencía a Xosé das Seixas,
MUIÑO DO MAZO.- En San Miguel do Incio. Era dunha roda e pertencía a Manuel de Orozco ( 1753 )
MUIÑO DA MEDORRIÑA.- En Santa María de Pacios de Froiá, En 1753 pertencía a Pedro López.
jMUIÑO DA MUIÑA.- En San Vicenzo de Rubián de Cima. En 1548 foi aforado polo Cabido da Catedral de Lugo a Lope de Quintela
MUIÑO DE MUIÑOS.- En Santa Cristiña do Viso.
MUIÑO DE NOCEDA.- En San Xoán de Noceda, no río de Rubián.
MUIÑO DAS NOGUEIRAS.- En Santiago de Toldaos, En 1753 era propiedade de Melchor do Mao.
MUIÑO DE PAÍNZA.- En Santalla de Trascastro., En 1753 era propiedade de Francisco Rodríguez.
MUIÑO DA PENA.- En San Pedro do Incio-
MUIÑO DE PÉREZ DE MOSTEIRÓ.- En Santa María de Góo- No río Mao. Tiña dúas rodas. Desapareceu cando se fixo o encoro de Vilasouto.
MUIÑO DE PIELAS.- En Santiago de Toldaos.En 1753 era propiedade de Pedro López.
MUIÑO DE PIÑEIRO ( 1 ) .- En San Pedro da Covela.
MUIÑO DE PIÑEIRO ( 2 ) .- En San Pedro da Covela.
MUIÑO DA PONTE.- En San Pedro do Incio. En 1753 tiña unha pedra e era propiedade do Igrexario de San Pedro-.
MUIÑO DA PONTE DA RIBA.- En San Pedro de Trascastro- En 1753 pertencía a Alexandre González.
MUIÑO DA PONTE DO SANCHO ( 1 ) .- En Santalla de Trascastro. En 1753 era propiedade de Cristovo López.
MUIÑO DA PONTE DO SANCHO ( 2 ) .- En Santalla de Trascastro. En 1753 pertencía a Francisco Rodríguez.
MUIÑO DA PONTE DO SANCHO. ( 3 ) .- En Santalla de Trascastro , movido por augas do río da Antigua, no Arnado. A presa segue por un túnel con augas do Cabe ou da Antigua, aproveitando 200 litros / segundo na Presa de Peizal , onde había unha comporta para a rega do Prado do Muiño ( 5 áreas ) e Prado de Xunto ao Muiño ( 26 áreas ). O muiño contaba cunha turbina que movía un xenerador para produción de electricidade e unha serra cunha limadora . Contaba cunha concesión de 314 litros / segundo para uso industrial e 3 litros /segundo para rega,
MUIÑO DO PORTO.- En Santa María de Reboiro . En 1753 pertencía a Domingos Somozam
MUIÑO DE PORTO RÍO.- En Santa María de Rendar. En 1753 pertencía a Gregorio Orozco.
MUIÑO DE PRADAIRO.- En San Salvador do Mao. En 1753 era dunha roda e pertencía a Xosefa Barrera.
MUIÑO DE QUINTÁ.- En Santiago de Toldaos. En 1753 pertencía a Santiago da Cortiña,
MUIÑO DE QuUINTELA.- En San Xoán de Sirgueiros.
MUIÑO DO RIAL.- En Santa María de Foilebar, En 1753 tiña unha roda e era propiedade de Francisco González,
MUIÑO DA RIBEIRA.- En San Salvador do Mao , no lugar de Pacios. Movido con augas do Rego de Pacios. ( 1956 ) Era muiño faiñeiro dunha soa pedra e tamén estaba destinado para producir electricidade para uso particular. Luis Arias Veiga levantou acta de notoriedade referida ao aproveitamento de 31 litros / segundo.
MUIÑO DE SÁA.- En San Pedro do Incio , no río Cabe. Foi cedido ao Concello do Incio que en 2021 contou cunha axuda de 30.000 euros concedidos pola Xunta de Galicia para poñerlle lousado novo. En 2022 a Axencia de Turismo de Galicia concedeu outra axuda por importe de 17.222 euros con novas actuacións en 2023. O muiño está perto da Áre Recreativa de Sáa,
MUIÑO DE SAN MIGUEL.- En Santa Cristiña do Viso,no río Mao. En 1753 tiña unha roda e pertencía a Francisco Rodríguez.
MUIÑO DE SAN PEDRO DO INCIO.- En San Pedro do Incio, no río Cabe. ( 1955 ) Declaran adqurido por prescrición o aproveitamento de augas para un muiño fariñeiro e para a rega do Prado do Mato e do Prado de Tras do Muiño de 1hectárea e 13 áreas, a razón de 370 litros /segundo , a favor de Felisa Valcárcel Quiroga ; Rodrigo, Avelino e Adela Cortiñas Pontón, da Cruz do Incio.
MUIÑO DE SANTA MARIÑA.- En Santa Mariña do Incio. En 1753 era propiedade do Igrexario de Santa Mariña.
MUIÑO DE SAQUE.- En Santa María do Mao. En 1753 pertencñia a Bieito González de Sáa.
MUIÑO DE SENDEIRO.- En San Salvador do Mao . En 1753 tiña unha roda e era propiedade de Diego Moreno.
MUIÑO DE SO A VILA.- En Santa María do Mao. En 1753 pertencía a Pedro do Mao,
MUIÑO DO SOUTO.- En Santa María do Mao. En 1753 pertencía a Bieito González.
MUIÑO DE TEIMUIQUE,. En Santa María do Nao, En 1753 pertencía a Xoán Teimui.
MUIÑO DE TEIXIZ.- En San Romao do Mao. En 1753 era dunha roda e pertencía a Xoán de Outeiro
MUIÑO DE TRASCASTRO.- En Santalla de Trascastro. No río Cabe. ( 1955 ) Autorizado uso de augas para rega cunha canle de 1,20 X 0,40 e comporta de madeira 1 X 1, presa de 4,50 e salto de 4,09
MUIÑO DO VAO..- En San Pedro do Incio. En 1753 era propiedade de Anxo Cortiña.
MUIÑO DA VILA.- En Santa María do Mao, no lugar da Vila. No río Mao. ( 1957 ) Xosé Sánchez Campo do Val do Mao tiña concesión de augas para a rega do Prado da Porta ( 20 ferrados ) e movemento dun muiño : 160 litros / segundo par a rega do prado,
MUIÑO DE VILANOVA. - En San Mamede de Vilasouto. No río Mao. En 1753 pertencía a Mariana Sánchez e Xoán Gallego. ( 1956 ) Xulio Gallego Losada e Pilar López Rodrñiguez solicitaron concesión de augas, A presa tiña 1,55 metros de alto e pide sobrelevala 23 centímetros por razón da estiaxe. Pola dereita saía unha cal de 2,30 X 0,60 metros Moía con dous rodicios de fundición, as pedras eran de 1,30 metros de diámetro e tiña peneira, Había unha dinamo Thomson Oustane de 115 voltios e 8,25 amperios que servía para a produción de electricidade , con rodicio independente e un salto bruto de 3,64 metros e útil de 2,50 metros . 15 metros máis arriba da presa saía unha cal para a rega do Prado da Ponte ( 12,20 áreas ), Prado da Veiga ( 45,52 áreas ), Regata de Abaixo e de Arriba ( 174,50 áreas ), Campaza da Presa ( 2,79 áreas ) e Prado da Ponte ( 67,07 áreas ) . O muiño e as cinco primeiras fincas eran de Xulio Gallego Losada e as outras de Pilar López Rodríguez , A concesión era de 427 litros / segundo para o muiño e 5 litros / segundo para o muiño e 5 litros segundo para cada cal.
MUIÑO DE VILAR ( 1 ).- En San Lourenzo de Vilarxoán.
MUIÑO DE VILAE ( 2 ),,. En San Lourenzo de Vilarxoán,
Comentarios
Publicar un comentario