SÁRRIA : A CAPELA DE SAN LÁZARO ( 822 )
SÁRRIA : A CAPELA DE SAN LÁZARO.
O ENFRONTAMENTO DA CASA DE ROXO E A CASA DE VENTO ( 822 )
Sárria, 5 de xaneiro de 1953
Señor Alcalde Municipal Sárria.Lugo Señor :
Teño a honra de me referir á súa persoal chamada, encontrándose na Casa do Concello, nesta data, ao efecto de solicitar certificacións das licenzas concedidas aos herdeiros de Antonio Sánchez respecto de cerros e cercas nos terreos de San Lázaro , propiedade da Capela do mesmo nome.
Téndose dignado o Sr, Alcalde entregarme no mesmo día de hoxe, unha certificación de data anterior a máis recente licenza que solicitei , cómpreme trascribir dela o máis interesante para mellor entendemento .- " Os que suscriben , fillos de Antonio Sánchez, veciño de Sárria á Vosa Señoría respectuosamente expoñe, : Que propoñéndose construiren un Valado no circundo dun soar da súa pertenza radicante no barrio de San Lázaro desta Vila , para evitar sexan alcanzadod por pedras e obxectos os transeñuntes que pasen polo dito punto , no que se propoñ,em construit unha casa para a que xa está solicitado o oportuno permiso.. Suplica á Vosa Señoría que tendo por presentado este escrito e por feita esta solicitude á que se refire , se digne conceder tal autorización . Sárria , 12 de agosto de 1953, Asinado: Antonio P. Sánchez ",
" Igoalmente certifícase : que na acta da sesión da Comisión Permanente deste Concello , correspondente á celebrada o día vinte e dous de Agosto de mil novecentos cincuenta e dous, entre outras aparece o estremo que copiado di : " OUTRA,. Dos fillos de Antonio Sánchez solicitando a construción dun valado estremando cun soar da súa propiedade , sito no Barrio de San Lázaro. A Comisión Permanente acorda autorizalo, sen perxuizo de terceiro,"
Comentarios
Publicar un comentario