AS ( MOITAS ) PONTES DE SÁRRIA ( 832 )

                                     AS  ( MOITAS  ) PONTES DE SÁRRIA   ( 832 )

                SÁRRIA, UNHA VILA  Á QUE OS RÍOS NON LLE POÑEN ESTREMAS 

Os ríos Sárria e Celeiro ( na Idade Media río Barbadelo )      condicionaron o desenvolvemento da Vilanova de Sárria-A Pobra de Sárria-Vila de Sárria,  e dende séculos atrás non foron esas correntes atrancos  para  a ocupación de novos espazos  tanto das dúas parroquias consolidadas dende a Idade Media , como  das do seu alfoz , integradas no partido  ou Andaduría do Camiño Francés.

A actual vila de Sárria constitúe unha entidade singular e singularizada polo alto número de pontes, pontóns e ponticelas que  permitiron  que a vila histórica ,  acubillo de 600 veciños  ,  dese paso a unha poboación de máis de 10.500 habiantes que disfrutan de  pasos riba dos dous ríos , que como se ve non foron freo para  o espallamento polas dúas veigas .

Poucas vilas hai que  poidan presentar un número tan alto de  pontes  como os que os sarriaos , ao longo de nove séculos  foron  facendo . 

                                                  PONTES NO RÍO SÁRRIA

1.- PONTE  DA RIBELA  ( desaparecida ).-  Na parroquia de Santiago de Farbán , poñía en comuicación  A  Ribela  co lugar de Filloi , onde estaba a antiga igrexa parroquial , pasando polos prados de Mao. Primitivamente  era un pontón con  traves e taboado de madeira que se transformou  en plataforma de  formigón.  Nos seus últimos tempos  comunicaba  o Campo de Deportes da Ribela  coo lugar e coa zona  escolar- Rúa  Castelao. 

Unha  chea do río  tirou con ela e non foi refeita,

2.- PONTE CASTELAO.-   ( 1 ) Prevista  nas Normas Subsidiarias do Planeamento   formando parte  da vía de circunvalación  da vila  o Concello  pasou a executar  o treito previsto entre a Rúa Benigno Quiroga ( Pacios de Casteledo )  e a Rúa  Anxel Fole, para mellorar os accesos á  Zona Escolar e A Ribela. A Ponte Castelao  dun só vao permitiu unha boa comunicación  das partes de Farbán  dunha e outra bandas do río. 

( 2 ) Esa ponte durou poucos anos e dentro do  fallido intento dun  encanamento do río  a CHM-S , desfixo a obra primitiva , e co pretexto de ampliar o ollo  botouna abaixo e fixo unha nova  con máis  luz e  máis altos piares, o que deu  lugar a darlle lombas  á rúa.

3.-  PONTIGO  DO CHANTO.- Cando o Concello de Sárria, que xa contaba cun amplo espazo público no Parque do Chanto ( antigo nomeamento da Ribeira dos Cucos ) pasou a dispoñer de terreos  nos Prados de Fontao  e Zona Escolar, sentiuse a necesidade de  poñer  en comunicación as dúas beiras , apto só para peóns , que ademais  facilitase  o paso de escolares  para ir aos centros de ensino.  O Pontigo  con escaleiras a unha e outra banda  do río e viga de formigón a boa  altura  e no que se colocaron as armas  de Sárria. Este pontigo viu reforzada a súa  calidade de enlace  e tránsito constante coa dedicación dos antigos Prados de Fontao  como lugar de celebración de eventos deportivos, festas do San  Xoán, etc. facendo  dos terreos das dúas beiras do río un conxunto  de exaltación dos valores cívicos  dos veciños  de Sárria.

4.-  PONTE DE SÁRRIA-PONTE VELLA-PONTE RIBEIRA.- Construída nas primeiras décadas do século XII é  unha das catro  pontes de pedra coas que até 1850 contou a vila de Sárria , de cuxo mantemento e conservación  se encargaba o Rexemento da Vila, e máis adiante  os Concellos constitucionais.  Esta ponte  foi moi anterior  á fundación da Vilanova de Sárria  e deu lugar ao nacemento do barrio da Ponte.Chegou a ter seis arcos e era a entrada da vila, a carón da Fonte Ribeira e o Barrio  da Ponte , do Camiño de Santiago. na parroquia de Santa Mariña. Os que por ela pasaban, agás os peregrinos, tiñan que pagar a pontaxe, que servía para manter en bon estado camiños e pontes, ao que tamén tiñan  que contribuir   pobos e  xurisdicións  situados lonxe de Sárria e que  moitas veces poñian pleitos para evitar o pagamento de cantidades destinadas a esa finalidade.

Coñecida primeiramente como a " Ponte de Sárria "  ( con este nome a recolle o Padre Sarmiento no seu itinerario da viaxe que fixo de Madrid a Pontevedra ", e  máis adiante chamada a " Ponte Vella ", era o punto de separación entre a " Ribeira dos Cucos" ( augas arriba ) e a " Ribeira das Amieirzas " ( augas abaixo ) . A proximidade á Fonte Ribeira  deu lugar a que no século XIX  pasase a ser coñecida  como " Ponte Ribeira ".

Cando se fixo a Casa-Carnizaría  ( O Matadoiro ) na década de 1860  cegaron o arco que estaba  máis perto da vila  e e entre o río e  a Corga da Fonte  fixeron  o macelo que estivo en servizo por máis de 120 anos. 

O afondamento do arco grande  interrumpiu o paso para o Camiño de Triacastela, e diante da ineficacia  da Deputación Provincial de Lugo, que negou fondos para refacelo, o Concellos puxo traves de madeira con taboado de madeira, situación que non se mudou até darredor do ano 1928, cando o organismo provincial  a dotou de traves  e plataforma de formigón.

 No  desexo de mellorar as comunicacións coa Zona Escolar e o barrio de Vigo de Vilar de Sárria o concello  levou adiante obras  para enadirlle  espazo duplicado  ,con eliminación dos tallamares,  feito con formigón , que levou máis adiante  ao alargamento  da Corga da Fonte e do Camiño de Triacstela ou Camiño de Vigo, que  acabaron por levar o nome de " Rúa do Peregrino".

(Para o paso de carros, cabalos e reses  evitando pagar dereitos de pontaxe  había en paralelo un vao ). 

5.- PONTE  ALFONSO IX.-

6.- PONTE DO MUIÑO DO  TOLEIRO ( 1 ) .- PASARELA  DO TOLEIRO  ( A MASEIRA )

 7.- PONTE DE FERRO-PONTE DO TOLEIRO-  PONTE  DE TORRÓN-  PONTE DO LITMAR

 (   Augas abaixo  do Areal- Campo do Río estaba o vao coñecido  como PORTO DA VEIGA )

8 .- PONTE  DO CANEIRO

9 .- PONTE DE VILAR DE SÁRRIA.- " PONTE VELLA"

( Houbo un vao  a carón da ponte había un vao para o paso de carros,   cabalos  e  reses )

10-  PONTIGO DA  VEIGUIÑA

(  Augas arriba   , na cabeceira da Insua da Veiguiña , mantense o vao que permite o paso de veículos  agrícolas ), 

                                        PONTES RIBA DO RÍO CELEIRO

11-  PONTE DA ÁSPERA.-

( Houbo un pontigo  coñecido como Pontón de Celeiro que comunicaba coa casa e o muiño  de Celeiro- Maside )

12 - PONTE  DO LÁZARO (1 ).- PONTE DO LÁZARO ( 2 )

13 .-  PONTE ALBORADA-

14.-  PONTE DE FERRO DA ESTACIÓN ( 1 )  PONTE DA ESTACIÓN ( 2 )

15.-  PONTE VELLA DO MAZADOIRO.

( Para o paso de carros , cabalos e reses había un vao paralelo á ponte ) 

16.-  PONTE NOVA DO MAZADOIRO OU PONTE DA ACEA.-

17.- PONTES NOVAS DO MAZADOIRO ( RIBA DO RÍO E DO FERROCARRIL )

18.- PONTE  "VIADUTO  DO MAZADOIRO"

19.- PONTIGO DAS INSUAS

20.- PONTÓN DE SAN MARTIÑO ( desaparecido ).

( Para entrar con tractores, e ocasionalmente con algúns tipos de coche  hai  un amplo vao  que pon en comunicación  o Camiño da Veiguiña  co lugar de San Martiño, na parroquia de Requeixo ), e que se mantén diante da inactividade do  Concello  de Sárria e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que non achegan medios para  facer  un pontón amplo e seguro  que permita o paso de veículos e maquinarias.

                                      ....................................................................... 

Moi unida ao lecer e ás actividades  deportivas  da vila de Sárria A FOZ DAS ACEAS , promovida polo Concello de Sárria,    ten uhna ruta para camiñantes   que discorre polas parroquias de Santiago de Farbán, San Xoán de Fafián , San Salvador de Cesár e San Fiz de Reimóndez ,  na que  o río Sárria está atravesado por:

O PONTÓN DE FAFIÁN

O PONTÓN DA  ACEA DE RIBA

O PONTÓN DA  ACEA DE BAIXO

O  PONTIGO  DA CAL DE PONTEAGOS 

Comentarios

Publicacións populares