BANDOS DO ALCALDE DE SÁRRIA ANTONIO PEÑA VILLAMARÍN ( 506 )
BANDOS DO ALCALDE DE SÁRRIA ANTONIO PEÑA VILLAMARÍN- ( 506 )
Don ANTONIO PEÑA VILLAMARÍN , farmacéutico , publicista estudoos do pasado histórico da vila e do Camiño de Sanatiaof, residente na Rúa Maior ( Casa da Botica ) foi Alcalde de Sárria. Mantivo unha especial comunicación cos veciños por medio de Bandos , nos que destaca a súa vontade de saneamento da economía municipal en grave situación polos sistemático impago de arbitrios municipais , dereitos e taxas que non foran esixidos con dilexencia polos anteriores alcaldes, e a súa preocupación pola defensa dos labregos fronte a inxustos decomisos dos froitos intervidos.
A el se deben activas xestións para dotar á vila de auga abundante para o consumo domiciliar , que , diante do progresivo increnento poboacional axiña resultaría insuficiente, nas décadas seguintes, por resultar insuficientes os caudais obtidos nas minas do Monte de Ortoá..
....................................................................................................................................................................
1.- 7. de setembro de 1945,. Bando ( non hai copia dispoñible )
2 .- Outubro de 1945.- Circular sinalando melloras para o servizo municipal de augas-
Contido ( obras realizadas ) Pechar todas as tomas anteriores ao depósito ; reparación de avarías, recuperando 9 de cada 13 litros por segundo que flúen no manantío; emprego de máis de 20 obreiros diarios durante 15 días para poñer en marcha o manantío aberto na finca no tempo do alcalde Román López Rubín, co que se garanten 30 litros de auga potable por persoa e día . Sinalan a cota de 2 pesetas por cada mers de servizo nos pasados 5 anos.
3.- 17 de outubro de 1945.-Contra o sacificio clandestino de animais para consumo humán
Contido : Aviso de medidas contra o abuso intolerable de industriais desaprensivos que fan sacrificio clandestino de gado vacún, ovino e caprino e introducen carnes de reses sacificadas noutros concellos, imprantando a obriga de que as pezas leven o selo da Inspeción Veterinaria do Concello de Sárria. da
4.- 7 de novembro de 1945,- Obriga de declaración da segunda tempada da colleita de 1945 e recibos do segundo semestre de Produtos da Terra. 4º trimestre de Viños e Alcois e Matrícula Indistrial , Comerzo e Indistrias en Ambulancia ( patentes ) sinalando calendario por parroquias entre o 16 e o 28 de novembro.
5.- 19 de decembro de 1945.- Como Alcalde e Delegado Local de Abastecentos e Transportes sobre Cupóns do Racionamento.
Contido: Anunciando que entre os días 24 e 29 por medio dos comerciantes se distribuián as Colecións de Cupóns do racionamento do primeiro semeste de 1946. Os que teñan racionamento de pan levaranas inmedatamente ás panadarías respetivas. Os prezos das colecións eran: 1º categoría ( 1,20 pesetas ), 2ª categoría ( 0,60 pesetas ), 3ª categoría ( 0,25 pesetas ), Infantías ( 0,25 pesetas ).
6.- 30 de xaneiro de 1946.- Como Alcalde e Delegado Local de Abastecementos e Transportes Fixación da repartici´´on de alimentos racinados "diante do estado crítico do abastecemento nacional".
Contido: Estando en estado crítico o abasteceemnto nacional acordaron repartir as exisetnzas só entre os habitantes do casco urbán, enadindo o Barrio do Mazadoiro e o persoal ferroviairip das casiña de Betote, Celeiro, A Rañoá, Piñeira e San Miguel. "Entre 31 de xaneiro e 2 de febreiro nos Ultramarinos serán despachados: Aceite: 1 /4 litro por persoa aos prezo de 1,40 pesetas/ración; Arroz: 1 /4 quilo por persoas ao prezo de 0,95 pesetas /ración; Azucre; 1 /4 quilo por pessoa ao prezo de 1,00 peseras / ración1 ; Bacallau: : 1 / 4 quilo por persoas ao prezo de 1,50 pesetas ración; Tomates: 300 gramos por persoas ao prezo de 3,25 pesetas / quilo.
7.- 7 de febreiro de 1946.- Advertencias especiais aos produtores agrícolas.
Contido ( Dirixido a todos os habitantes do termo e moi particularmente aos que son produtores agrícolas ). Advirte aos labregos DO DEREITO QUE TEÑEN A GARDAR AS CANTIDADES QUE A LEI SINALA , SA PRODUCIÓN PROPIA DE PATACAS,PARA O CONSUMO FAMILAR , advertido que non se poden levar adiante requisas e os únecos que poden facer rexistro nas casas son aqueles que estexan provistos de mandamento legal.
Comentario. As abusivas requisas feitas polos encargados de recoller forzosamnete parte da colleita de patacas nas casas labregas chocaron fRontalmente coa dedicida actuación de Peña Villamarín que tamén adptou a firme decisión de impedir a saída dun tren de marcancías , paralziado na estación e que fora cargado con pacacas forzando a devolucuón do inxustamente esixido aos agricultores,
8.- 5 de marzo de 1946,. Organización dunha Homenaxe á Garda Civil.
Contido: Comunicando que o vernres 5 de marzo se celebrará unha Homenaxe á Garda Civil con entrega de Banderín á Comandancia do Cortpo en Lugo, Sinala que a aportación máxima individual , ou por oficina e industria será de 2 pesetas, estando presdidi a Comisión Organzadora polo Alcalde de Sárria.
9.- 4 de abril de 1946,. Benzón e posta en servizo do manantío de Cervos
Contido: Comunicando que o venres día 5 terá lugar o acto de benzón e posta en servizo do novo manantío de Cervos para subministro de auga á vila . Convida á veciñanza para que visiten as obras.
10. 6 de xullo de 1946 ,. ( Como Alcalde e Delegado Local de Abastecementos e Transportes ) Distribución de Cupóns do racioamente,
Contido: Anunciando que entre os días 24 ó 29 , por medio dos comerciantesm se distribuirán as Colecións de Cupóns do racionamento do segundo semestre de 1946. Os que teñan racionamento de pan levaranas inmediatamente ás panadarís respectivas., Os prezos das colecións eran:1ª categoria ( 1,20 pesetas ), 2ª categoría : ( 0,60 pesetas ); 3ª categoría ( 0,25 peseats ); Infantís : ( 0,25 pesetas ).
11.- 8 de xullo de 1946.- Presentación de declaracións xuradas das colleitas de produtos.
Contido: Recordando a obriga de presentaren declaracións xuradas individuais e de disposición de patacas, trigo, centeo, orxo e garabanzos, sinalando entre os días 15 e 27 a presentación, segundo parroquias, na Casa do Concello, Os omisos serán sancionados pola Fiscalía de Taxas "como sucedeu en anos anteriores.
12.- 22 de xullo de 1946.- Proibición de todo traballo agrícola en domingos e festivos.
Contido: Recordatorio da proibición de todo traballo ágrícola en domingo ou festivo, e úneacmente poderá ser permitido algún deles nos ditos días previa a autorización escrita dos señores curas párrocos dos repectivos lugares , "se a urxenza e necesidade así o aconsellan,
13.- 3 de setembro de 1946.- HONRAS FUNEBRES POLO ASASIÑADO PÁRROCO DE MEIXENTE PEDRO PÁRAMO ARIAS.
Contido: "Novamente mans criminais derramaron sangue inocente nun crime abxecto e vil. Esta vez uniron á repugnancia do asasiñato o horrible crime do sacrilexio. Un sacerdote exemplar, don Pedro Pàramo Arias, dignísimo e cidadán cabal, foi a vítima eleixida polo poder das tebras , encarnado nos eternos inimigos da España católica. O covarde asasiñato encontrou un vigoros eco de indignación nas altas esferas oficiais e en toda a comarca de Sárria, onde as virtudes do abnegado párroco de Meixente eran xeralmente admiradas, Ao acto de sepelio, que será mañá día 4, naquela igrexa parroquial, asistirá o Excmo. Sr. Ministro de Xustiza , o Ilmo Sr, Director Sr, Direitor de Asuntos Eclesiásticos, O Excmo, Sr, Gobernador Civil da provincia, O ilmo, Sr, Vigairo Xeral do Bispado, en ausenci do Sr. Bispo, e todas as autoridades locais. Convido tamén a todo o pobo de Sárria a que se sume ao derradeiro tributo qeu mañá se renderá ao exemplar sacerdote , que coroou a súa vida chea de abnegación coa morte dos herois cristiáns , pronunciando por tres veces nos seus postreiros intres a farse que cnstituira como lema do seu ministerio sacerdotal " ¡ Viva Cristo Rei". Espero tamén que o pobo sarriao exteriorice a repugnancia que en todo corazón ben nado produce o feito tan execrable , colocando nos balcóns colgaduras con crespóns negros ; e que o comerzo pechará as súas portas para se unir á dor xeral, aisitindo a poboación en masa á igrexa de Meixentem en imponente manifestación de sincera condoenza e de identificación cos salvadotes ideias de Relixión e Patriq, que non morrerán nunc, mentres haxa herois que como o inesquecible Alcipreste de Sárria, ofrenden a súa vida por eles," Notas: O comerzo pechará de 11 a 4. Para asistir ao enterro haberá servizo de coches que sairán do Barrio de San Lázaro".
O crime.
Persoas descoñecidas , o día 3 de setembro de 1846, entraron no establecemento que Pedro Castaño tiña nno lugar de Nabás, parroquia de Ortoá, solictando os levasen até a casa onde vivía o párroco de San Xulián de Meixente, don Pedro Pàramo Arias. A familia encomendoulolle a unha filla que os guiase e seguindo pola estrada de Portomarín , deixando atrás o lugar de Mouzós , levounos até a casa onde o crego paraba. Xa ali dispararon contra del, que saira fora sen temor a mal algún, e dispararon contra o seu corpo, deixándoo morto e fuxindo a contnuación
Malia a que se manexaon varias hipóteses non quedaron claras nin a autoría nin a causa crime. que algúns atribuiron ao fuxido Golás , e en defintiva non se chegou a saber se foi unha morte debida a cauas "politicas " ou a algún tipo de vinganza persoal.
Notas xornalisticas:
( El Progreso, 4-09. 1946 .páxiana 2ª ).- ).-En Meixente foi asasiñado párroco don Pedro Páramo
Na parroquia de Meixente , do concello de Sárria , foi cobardemente asasiñado na noite de antonte, o virtuoso pàrroco daquela freguesía don Pedro Páramo Arias, persoa moi querida non só naquela comarca , senón tamén nesta capital e en varios puntos da provincia , pois o finado , co seu afable trato , xoviabilidade e espíritu de apostolado gozaba dunmarcado prestixio.
Don Pedro Pàramo ( q.e.p.d.) nacera en Velante , da parroquia da Pinza, no muicipio do Saviñao (sic ) ( ** ) en 1876.Foi ordeado de presbítero en 1905 e rexentaba a parroquia de Meixente desde 1907., sendo nomeado alcipreste de Sárria no 1942.
O crime causou indignación na comarca -
Hoxe verificarase o enterro e funerais pola alma do respetable sacerdote asesiñado que, sen dúbida, constituirá unha imponente manifestación de dó popular , presidida polo excelentísimo seños Ministro de Xustiza, don Raemundo Fernández Cuesta, director xeral de Asuntos Eclesiásticos , donMariano Puigdellers Oliver e autoridades provinciais e locais,
( ** ) Don Pedro Páramo Arias naceu na parroquia de Santa María de Belante ( Sárria ) nu curato da Pinza, Biville-Belante.
( El Progreso, 5.09.1946 ). Aclaración no funeral pola alma de don Pedro Páramo Arias non se contou coa presenza do Miisntro de Xustiza, que o día do enterro, procedente de A Toxa, estaba na cidade de Salamanca o día 4 de setembro, e dende alí seguiu viaxe a Madrid.
" Onte verificaronse o sepelio e funerais do que foi dignísimo párroco de Meixente " Concorreron co direitor xeral de AsuntosEclesiásticos, autoridades lucenses e de Sárria "" Os actos constituiron unha importante manifestación de dó "
Consonte estaba anunciado . onte tiveron lugar na parroquia de Meixente a inhumación do que foi párroco daquela freguesía don Pedro Páramo Arias ( q.e.p.d ) e solemnes honras fúnebres en sufraxio da súa alma.
Un xentío enorme concorreu aos mencionados actos , testemuñando así a súa dor polo vil asasiñato do que foi dignisimo Minstro do Señor e a súa enérxica protesta polo covarde crime.
Achábse presente todo o Clero do Alciprestado de Sárria e das parroquias limítrofes e a veciñanza en pleno de Meixente , así como grande número de amigos do finado sacerdote. procedentes de Lugo, Sárria, Monforte, etc.
O Alcalde de Sárria fixo publico un bando convidando aos veciños a concorreren ao sepelio de don Pedro Pàramo , chamamento atendido cordialmente.
O comerzo sarriao pechou as súas portas en sinal de dó e en case todas as casas da vila víanse colgaduras con crespóns.
En Sárria congregáronse o excelentísimo señor Gobernador Civil co presidente en funcións da Excelentísima Deputación Provincial , Ilmo Señor Vigairo Xeral do Bispado, gobernador eclesiástico, doutor don Anxo Garrote Martín e o Xefe da Comanmdancia da Garda Civil de Lugo.
Ali recibiron ao Ilustrísimo seños direitor xeral de Asuntos Eclesiásticos don Mariano Puigdelers Oliver chegado co exclusivo obxesto de asistir aos actos fúnebres de referenza , partindo de seguido as mencionadas autoridades con direción a Meixente , seguidos dunha nutrida caravana automobilista conducindo ás persoas que levaban o mesmo fin.
Na recepción do señor Puifdollers achábanse presentes a Corporación Municipal sarriá e demáis autoridades locais, así como o RP Comendadorda Mercé e o Reverebdo Abade Mitrado da Comunidade Bieita de Samos.
Xa en Meixente verificouse o traslado do cadáver do señorPáramo Arias até o enterramento no adro do templo parroquial e de seguido deron comezo os solemnes funeraisnos que oficiou o ilustrísimo señor doutor don Francisco Vázquez Saco , reitor dos Seminarios diocesáns. e leitoral da SICB lucense asistido dos párrocos de Santiago de Lugo, don Manuel Gómez Díaz, e de Vilapedre , don Román López Osorio.
O Coro e Capela da Comunidade Mercedaria , reforzado con outros elementos de Sárria, interpretou maxistralmente unha severa misa de "Requiem".
A tradicional ofrenda foi numerosísima , véndose chrrar profusamente a un grande número dos concorrentes.
Rematado o solemne funeral , o ilustrísimo señor Garrote Martín dirixiu unhas palabras á concorrenza que se arremuiñaba nun amplo espazo darredor do templo parroquial,por ser este insuficiente para conter tal xentío, facendo, coa sua habitual elocuencia, un cálido eloxio do defusacerdote e poñendo de relevo as virtudes que o adornaban.
O Ceo terá premiadp o celo apostólico do finado e ao excelentísimo señor Bispo da diocese , clero do Alciprestado de Sárria e familiares do finado, facémoslles presente a expresión do noso máis sentido pésame,
14.- 5 de outubro de 1946.- Sobre declaración de colleitas de millo, trigo, centeo, fabas e patacas.
Contido: Recordando a obriga de persentación das declaracións xuradas do primeiro tempo referidas ao millo, e do segundo tempo de trigo, centeo , fabas e patacas sinalando entre o 7 e 15 de outubro a presenza por parroquia na Casa Consistorial.
15.- 13 de outubro de 1947.- Esixencia de posta ao día das débedas de industriais e particul ares que se resisten a pagar os arbitrios e taxas con grave perxuizo para as arcas municipais.
Contido: " Que non podendo permitirse por máis tempo o intolerable plan de resistenza en que se colocaron numerosos industriais e particulares , negándose sistemáticamente a pagaren os arbitrios municipais de Consumos, de Luxi, entradas de bebdidas espiritosas, , apertura de establecementos, consumo de carnes de porco procedentes da mata domicilar, etc., etc., no seu desexo de mellorar todo o posible a Facenda deste Concello, mediante a atención dos recursos precisos par atender aos gastos preferentes e forzosos do orzaemnto en curso e pagar na máxima cuantía posible obrigas de exercizos pechados; sendo ademáis desexo desta Alcaldía dar as maiores facilidades aos contribuintes , evitándolles máis importantes gastos e perxuizos mentres non se dane a boa marcha económica do Concello, acordou sen perxuizo dos medios coercitivos postos en práctica actualmemte, conceder un derradeiro e definitivo prazo que finaliza o 31 de outubro actual a todos os morosos , para que, os que así o desexen, podan facer efectivos os seus respectivos descubertos na Recadación de Arbitrios Municipais, Rúa Maior , núm. 70-baixo".
16.- 1 de xullo de 1948.- ( Como Alcalde e Delegado Local de Abastecementos e Transportes ).- Distribución de cupóns para o racionamento do pan.
Contido: Anuciando que entre o 1 e o 15 por medio dos comercianets de distribuirán as Coelcións de Cupóns do racionamento do segundo semestre do ano 1948.- Os que teñan racionamento de pan levaranas inmediatamente ás panadarías respectivas .Os prezos das colecións eran : 1ª categoría ( 1,50 pesetas ). 2ª categoría ( 1,20 pesetas ). 3ª categoría ( 0,75 pesetas ). Infantís ( 0,75 pesetas ).
17.- 11 de setembro de 1948. Sobre o amillaramento de fincas.
Contido : Dando prazo de dez días para que os que se sintan agraviados nos traballos de rectificación do amillaramento presenten diante da Xunta Pericial as reclamacións comparativas que estimen convintes.
18.- 10 de decembro de 1948.- Petición de Aguinsldo do Nadal-
Contido : Pedindo o Aguinaldo do nadal para as familias necesitadas e os acollidos no ospital, Asilo dos Desamparados , en Auxilio Social , Sección Feminina de FET de las JONS, Acción Católica, Asociacións benéficas de carácter relixioso, baixo da direcón dos pàrrocos de San Salvador e Santa Mariña-
19.- 12 de xullo de 1949.- Presentación de dcclaración por parroquias dos produtos do campo-
Contido: Sinalando datas de presentación por parroquias , entre os días 19 de xullo e 1 de agosto das declaracións xuradas individuais de primeiro tempo das colleitas de fabas , patacas, trigo , centeo, orxo e millo e tamén as existenzas de la de ovella e gado.
20.- 15 de decembro de 1949.- Comunicando o cesamento do Alcalde-
Contido: Comunicando o ceamento de orde gubernativa como alcalde para ser sustituído por Xosé Gayoso Fernández , con agrademento aos Alcaldes de Barrio e Xuntas Parroquiais.
21.- 16.12.1949.- Sobre comercializaci<ón de carnes.
Contido: Recordando aos almacenistas ao por maior e fábricas chacineiras do municipio se absteñan de comerciaren con produtos cárnicos de procedencia clandestina , considerano como tais os xamóns e lacóns que carezan da regulamentaria placa sanitaria, en cuxo caso serán obxecto de decomiso, esixíndose ademáis aos propietarios dos mesmos a responsabilidade a que haxa lugar,
Comentarios
Publicar un comentario