SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1984 ) ( 503 )
FESTAS DO SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1984 ) ( 503 )
PROGRAMA OFICIAL DE FESTAS
( por primeira vez publicado en galego o mesmo que todas as colaboracións literarias )
FESTA DO CORPUS
XOVES DIA 21
Ás 9: Alborada coa Banda de Música de Sárria, os grupos rexionais de Meigas e Trasgos e Agarimos e a compaña das Pampónigas ( Xigantes e Cabezudos ).
Ás 11: ( Tradicionais actos do Corpus organizados polo Concello. Misa solemne cantada pola Coral de Meigas e Trasgos. Seguidamente Procisión Eucarística .
Ó rematar esta o Alcalde de Sárria disparará o foguete que sinale o comezo das Festas.
Haberá Concerto da Banda de Música e actuación dos grupos folclóricos de Meigas e Trasgos , na Praza da Constitución,
Ás 2 : Clausura da Exposición-Homenaxe a William Kappler ( Socedade A Unión )
Ás 5 : Concurso de Traxes Rexionais Galegos.
Ás 9: Concerto polo grupo Brath na Rúa Matías López-
Ás 12: Verbena na que actuará o grupo "Max 2000"
PROGRAMA DEPORTIVO
9 da mañán: Campionato San Xoán de Fútbol Sala no Pavillón Polideportivo do Chanto ( até a medianoite )
10 da mañán: Grande Tirada " San Xoán" de Tiro ó Prato, na "Chousa de Padriñán " : Organia : Clube de Tiro San Xoán . Mais de medio millón de pesetas en premios. 45 trofeus.
FESTA DOS NENOS
VENRES DÍA 22
Ás 9 : Alborada co grupo rexional "Agarimo" e mailos gaiteiros de Meigas e Trasgos", As Pampónigas sairá tamén polas rúas.
Ás 11 : ( No recinto dos festexos ) - Concirso de e dibuxo e pintura ó aire libre.- Carreiras de sacos, xogos e cucañas e outras atraccións adicadas ós máis pequenos e garulaxe da vila-.
Ás 5; MARIONETAS co grupo "Trécola" ( Patrocinado por Caixa de Galicia ) . Guiñol co grupo Rebulidoiro ( Asociación C. Ergueitos ) , carreiras de mini cars ( Patrocinadas por Coca Cola )
Ás 9 : FESTA coas orquestras Tálamo e París de Noia
Ás 12: Verbena coas mesmas orquestras.
PROGRAMA DEPORTIVO
Ás 5: 30.- IV Trofeu San Xoán de Baloncesto , Estudiantes -CB Sárria A La Cruz ( Junior )
Ás 8 : Baloncesto: Estudinates - CB Sárria A La Cruz ( Trofeu Comisión de Festas ).
Notas: Do 16 ó 24 na Sala de Exposicións da Caixa . Exposición de pimtura de Juan Prada.
A Asociación Cultural Ergueitos organiza unha Mostra de Artesanía Popular Galega ( aberta durante as festas ).
DÍA DA FOGUEIRA
SÁBADO DIA 23
Ás 9: As Pampónigas correrán as rúas na compaña dos grupos Meigas e Trasgos e Agarimo nunha nova Alorada. Pasarrúas coa Banda de Musica de Sárria.
Á 1 e media: Concerto na Rúa Matías López , pola Banda de Música de Sárria.
Ás 6 : Festa na Rúa Matías López coas orquestras Lamas La Piña e Zoco.
Äs 10: 30, no Campo da Feira, a cenderase a FOGUEIRA GRANDE maila pequena para que os mozos e mozas brinquen riba dela. QUEIMADA e actuación do grupo Limiar-
Ás 12: Verbena amenizada polas orquetras anteditas na Rúa Matías López.
PROGRAMA DEPORTIVO
Ás 9 da mañá: Trofeu San Xoán de Fútbol-Sala no Polideportivo ( todo o día ).
Ás 4 da tarde: Na Chousa de Padriñán Tirada de Avancarga ( Pistola e Fusil) Trofeu San Xoán.
DÍA DO PAFRÓN
DOMINGOS DÍA 24
Ás 9 : Alborada e pasarrúas coas Bandas de Música de Sober e de Sárria , o grupo Agarsimo e os Gaiteiros de Meigas e Trasgos que xunto coas Pampónigas andarán as rúas da vila.
Ás 11: Na Igrexa de Santa Mariña Misa Solemne cantada pola Coral de Meigas e Trasgos , seguida de Procisión Eucarística na que sairá a imaxe de San Xoán.
Logo na Praza de D. Xoán María Lóepz Concerto das Bandas de Musica de Sober e de Sárria
Ás 9: Festa na Rúa Matías López , coas orquestras Florida e Trébol.
Ás 12: Grande sesión de fogos de artificio. Rematada esta Verbena coas orquestras Florida e Trébol.
PROGRAMA DEPORTIVO
Ás 9 da mañán: Trofeu de San Xoán de Fútbol Sala ( Final, ás 8 da tarde ). No Chanto.
Ás 4 da tarde: No Campo das Insuas XVI Trofeu San Xoán de Fútbol
Ás 8 e media: No Polideportivo do Chanto, Demostración de Artes Marciais
DÍA DA DESFEITA
LUNS DIA 25
Ás 9 : A Banda de Musica de Sárria, os gaiteiros de Meigas e Trasgos , o grupo Agarimo e as Pampónigas farán aúltima alboraad das Festas-
Á 1 e media: Concerto da Banda de Musica de Sárria, na Rúa Matías López.
Ás 9 : Festa coas orquestras Los Españoles e Jaslas.
Ás 11 e media: Sesión de Fogos Acuáticos no Malecón do Río Sárria .
Ás 12: Verbena na Rúa Matías López .
Ó remate desta: Sesión de pirotecnia que sinalará a desfeita.
PROGRAMA DEPORTIVO
Ás 11 da mañá: Tirada Social do Clube de Tiro San Xoán ( 20 trofeus valorados en máis de 250.000 pesetas ), na Chousa de Padriñán.
Ás 7 da tarde. Final do Trofeu de Tenis na Pista de Tachín.
AS FESTAS NAS SOCIEDADES
A UNIÓN
Día 24 : 13:30.- Vermú Concerto.- 20: Asalto Baile. 24: Verbena coa "Nosa Banda " e " Os Almirantes "
DÍA 25: 23: Cea Americana seguida de Verbena coas orquestras "Los Almirantes" e " Los Satélites ".
Día 23: Tradicional Baile de Noite
************************************************************************************
ESPACIOS FESTEIROS
IGREXA DE SAN SALVADOR. PRAZA DA CONSTITUCIÓN.- SOCIEDADE A UNIÓN.- RÚA MATÍAS LÓPEZ,. PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DO CHANTO.- RÚA MATÍAS LÓPEZ.- CHOUSA DE PADRIÑÁN ( Santa María de Vilar ) .- RECINTO DOS FESTEXOS .- SALA DE EXPOSICIÓNS DE CAIXA DE GALICIA.- MOSTRA DE ARTESANIA DE ERGUEITOS.- CAMPO DA FEIRA.- IGREXA DE SANTA MARIÑA.- PRAIA FLUVIAL DO CHANTO.- CAMPO DE FÚTBOL DAS INSUAS .- MALECÓN DO RÍO SÁRRIA.- PISTA DE TENIS TACHÍN.- CASINO DE SÁRRIA
**************************************************************************************
COMISIÓN DE FESTEXOS
Presidente de Honra: Arturo Corral Guitián, Alcalde de Sárria: Presidente : Xosé Manuel Castro López. Segredario: Euxenio López Prado. Tesoureiro: Xosé Manuel González Soto. Ramistas : Xosé Luis López López. Xulio Regueiro Díaz, Pedro Quintana López
**************************************************************************************
LIBRO PROGRAMA DE FESTAS
Portada : Festas de San Xoán Sárria 1984 Do 21 ao 25 de Xunio. Debuxo: Roda de danzantes- Autor: Avari ( Antonio Vázquez Rivas "Moreno ).- Saúdo do Alcalde ( Arturo Corral Guitián).- Comisión de Fetexos.- Pregón ( O Fillo Toco do Tamborileiro Municipal ). .-¡ Pasa can ! ( Conto Sanxoaniño ) , de Xaime Félix López Arias.- As Noticias de 12 meses ( Xesús García Bernardo. Fotos: Xosé Marra ).- De Sárria e San Xoán ( Francisco Vázquez Saco ).- Programación dos Festexos.- Lembranza a don William Kappler Ostermeier ( Xaime Félix López Arias ).- Fotografías: O xogo da técnica... Un ano de Deporte ( Xesús García Bernardo ).- Cantiga das Festas do San Xohán ( Fiz Vergara Vilariñ ).- pechome irremisiblemnte ( Xosé Marra ) Torreón da Fortaleza . Concello de Sárria. Dende O Chanto.- Sárria: vila dos meus anceios ( Ana Isabel Díaz Peña ).
Edita: Grafime .Sárria , 148 páxinas.- 110 anunciantes
***********************************************************************************
TEXTOS INCLUIDOS NO LIBRO PROGAMA ( 1984 )
SAÚDO DO ALCALDE
Cómpreme dirixir, dende as páxinas deste libriño que contén o Programa das Festas do San Xoán, un cordial saúdi a tódolos sarriaos,
Vaia pois o meu desexo de que sexan ocasión para a reunión de tódalas familias, así como espresión duna sana ledicia e marquen o cmenzo de tempos millores..
Non deixarei ó esquezo un recordo para todos aqueles que por unha ou outra razónnon vivirán o bulicio da festa ó noso carón e tamén fago chegar o meu saúdio a aqueles forasteiros que con nós queiran facer honra ó nos Patrón.
Para todos,, en fin, unha calurosa aperta.
Arturo Corral Guitián, Alcalde de Sárria
************************************************************************************
UN SAÚDO
Ábrese Sárria en festas e en cada porta hai un amigo.
¡Chegóu o San Xoán !. Chega outravolta a ledicia do encontro . o estronicio das musicas e dos foguetes, o vello rito da xente traballadora que se para no camiño para tomar folgos e camiñar de novo.
Coa fidelidade ó costume antergo veñen tamén os aires novos.
Tal é o que no San Xoán do 1984 ofrecemos os que tomamos riba de nós a responsabilidade de levar adiante unhs Festas abertas a todos, e que quixeramos foran do gosto dos sarriaos de tódalas edades.
Nas follas que siguen a eset saúdo encontraredes un ramalliño de ilusións traducido en actividades para uns e para outros. E non teño dúbida de que ha ser a ledicia dos nenos, o fervor da garulaxe, as lembranzas dos máis vellos e a inqueda ilusión dos festeiros, o que fará a festa grande, pois só coa unión de tódolos sarriaos será realidade un San Xoán que abra camiño ó do vindeiro ano:
Ós que de forra veñan á Vila nestes días, só quero pedirlels que nos vexan con bons ollos, perdoen os nosos fallos e sexan por uns días uns sanxoaneiros máis no ledro rebrincar das festas.
É tamén propio do traballo que me tocóu, darlles as gracias a cantos me deron axuda desinteresada para facer realidade estas Festas do San Xoán de Sárria.
¡ Gracias a todos !... E... ¡ Que o tempo axude !-
Xosé Manuel Castro López
Presidente da Comisión das Festas
***********************************************************************************
PREGÓN
Xaime Félix López Arias
Novo pregoeiro son / e non quero andar de roga, / ben sabedes que non cobro / e papo da sopa boba, / e por iso homildoso, / pois de homildade dou proba / só lle pido ó meu santiño / o agarimo dunha nova, / para que me alede e me ature / que unha nova nunca estorba,//
E postos xa a pidir / poidamos vivir de gorra, / cobrando semre do paro, / que hei facer boa estopa / con puntos, pluses , café,/ faria da Cruña e máis copa. / con cretos a punta pala, / subvenciós e moita bola, que cando se chupa do bote / todo o demáis evos trola.77
o meu pregón é dioado, / e axiña o vou botar :/ ¡ Poñédevos ledos todos, / que na Vila está San Xoán !.//
E pra acabá.lo pregón. / pois a cousa vai de coña, / quero pidir un miragre / xa que ven xente de fora. /---¡ Este ano, meu santiño, / fai que nas festas.....non chova !. //
Pidecho con agarimo / e agarimo sinceiro / este mal nado e moi toco / fillo venial e aneiro / que por herdo vos deixóu / o vello Tamborileiro.
O Fillo Toco do Vello Tamborileiro
***********************************************************************************
¡ PASA CAN ! ( CONTO SANXOANIÑO )
Xaime Félix López Arias
Mañanciña de San Xoán, mañanciña relembrada cando en ceo e ccorazón o sol para nós bailaba.
Eu sonvos dunha parroquia dos arredores de Sárria, Teño xa unha chea de anos . De novo tecín canto puiden e agora, xa sen forzas, só me quedan os recordos.
Un bó amigo meu, alpabarda e tarabelo, pideume que vos falara do San Xoán do meu tempo . Fareino con gosto , por máis que no conto que segue eu quede un tanto en coiros.Mais, se ben se mira, eu cecias fun un precursor cando iso do nudismo era só un xermolo.
E paso a conta-lo conto , e ese conto non é conto, e por iso volo conto.
¡ Quen me iba dicir a min no amencer daquil 24 de San Xoán o día que me agardaba !
Miña nai preparar o outro día un balde de auga de rosas para cada un dos membros da familia , e aínda outro máis para a miña curmá Dondina , que viñera de Cedrón a pasar uns días e baixar coas primas á festa de Sárria , coma por costume tiñamos.
Sempre nos iamos lavar no fondal do agro grande , no meio da centeeira, lonxe das miradas indiscretas dos veciños. Nós e os veciños, toda a aldea, ía ás centeeiras a se lavar baixo as raiolas brincadeias do sol alboreante.
Eu xúrovos que nunca bailar ó Sol vin. Brincabamos nós coa friaxe da auga e iso podía ser o que os vellos dixeran que o Sol brincaba no amencer sgrado... ¡ Algunha exricación lle haberá que dar a tal conto, digo eu !.
E volvendo ó que iamos, tal día de San Xoán, collín o meu balde con auga de rosas e frol de sabugueiro , e funme cara onde miña nai mandou. Atravesei a Cortiña, paseia Namela da Nogueira , collin a Corga dos Teixos e metínme polo carreiro do agro.
Pintaba xa a palla centea e facíame cóxigas coas espigas . Tirei deica o cabo e logo , a carón do balado, onde eu ben sabía que ninguén me podía mirar , espinme e puxen a roupa nun fardeliño riba dos zocos.
Fixen o lavatorio que o antergo rito pidía e cando volvín pola roupa... ¡ Santo Apapucio me valla !... só restaba aí o zoco do pé direito.
Maxinade se queredes coma eu me quedei de pampo.Botade conta dos xuramentos que , tamén o hai que dicir, ceibéi en estado de transitoria enaxenación mental. De nada valía iso. Espido e cun só zoco eu pouquiña cousa vos era.Para voltar á casa tiña que pasa-lo agro, pasa.la namela, pasa-la cortiña , andar os currás... ¿ e quen é o home no seu san xuicio que vai polo mundo adiante cun balde, cun zoco do pé direito e sen cousa riba do corpo dicíndolle "Bon día " á xente que atopa polos camiños ?.
Achegueime mal que ben até a parede da namela , Tiña a aldea diante dos ollos. E era todo canto podía facer.Púxenme a matinar que cecais non atoparía xente, uns iríanse para as leiras, outros habían baixar a Sárria, e só algún vellote se quedaría na casa. Cando a hora máxica da sesta chegara, sairía correndo, sen o balde, por supòsto, namela arriba, cortiña abaixo, até a palleira da casa, e dende ali as cousas habían ser máis doadas.De ninguha forma podía perder a festa da vila... ¡ Coitadiño de min !.
De lonxe vín á curmá Dondina co seu baldiño de auga de rosas. Metérase carao Leiro Novo. As miñas irmás asexaban darredor para que ela sen coidado fixese o lavatorio. Acúsome de que o sangue mozo e ese degoropor deprender cousas novas que sempre tiven,fíxome matinar na boa lección que para min podía ser mirala no seu corpo branco fermoso bicado polas espigas centeas.
Todo o día tirei agochado acarón da parede.Non houbo xeito de salir dalibi. Pasou un bufariñeiro, pasou un crego dacabalo dunha mula `parda,pasaron reas de mozos aturuxando camiño da vila, as de Vilalvite, que gardaban loito, deulles por carrexar auga dende a fonte, na Pia da Namela a de Clodio e as meniñas lavaron canta roupa ten Deus no mundo... E o sol petaba forte e cravaba alfinetes nas miñas dondas brancas frebas.
Chorar non chorei, mais pouco faltóu.
Con noite pecha,co zoco na mans, pasei namela e cortiña e metinme na casa.Paseniño metínme no cuarto e puxen a roupa que a miña nai aviara para a festa.Mancábame nos ombreiros ferventes.Tiña sede e baixei á cociña.Só estaba ali a avoa fiando uns novelos---" ¿ Que fixdches todo o día de Deus ? Vaia cabeciña tola.... Alo van todos en Sárria, e tí aquí de mazarocas...".Eu calaba. Ó pasar pola palleirano sito do can vira o zoco e maila roupa. ¡ O condanícaro do León roubara todo e viñera con iso para a casa !
Non vos vou dicir que lle metín unha malleira, porque iso non é ceerto,mais dende aquil día, cando o animaliño se me achegaba na percura dun agarimo, non sei como, pro o zoco direito tirba da perna cara o arraque do rabo e saían da miña boca as seguintes palabras : " ¡ Pasa can...! "
Mañanciña de San Xoán, mañanciña remembrada , máis me valera, rapaces, terme quedado na cama.
Dende entón, tédeo por certo, non houbo para min máis auga de rosas.
Xaime F- López Arias
***************************************************************************************
AS NOTICIAS DE DOCE MESES"
Xesús García Bernardo Fotos: Xosé Marra
1983
14 de xuño. .O lume convertiuse no dramático protagonista desta xornada,A meia tarde declárase un grande incendio nun almacén da empresa "Tableval SA". As perdas chegan á impresionante cifra de 246,142,700 pesetas.Aínda hoxe non se coñecen as causas do sinistro.
18 de xuño.-Nun pleno extraordinario o Concello acorda comenza´los trámites para a adquisición dun vehículo contraincendios, cunha inversión de oito millóns de pesetas.
29 de xuño.-Asemblea da SD Sarriana,Os xogadores anuncian que non cobrarán por xogar.
20 de xullo.- Os alaldes e presidentes de Cámaras Agrarias da comarca fan xuntanza por vez primeira para falar da creación dunha mancomunidade de Concellos e sobor dos paralizados beneficios da declaración de zona de Ordenación de Explotacións Agrarias,
7 de agosto.-O enterro do policía nacional Basilio San Juan, atropelado nun control en Baracaldo, foi unha impresionante manifestación de dóo.
29. de agosto- Cun sinxelo acto a "RESIDENCIA DE ANCIANOS DA NOSA SEÑORA DO CARME abte as portaa ós primeiros ocupantes.Baixo da rexencia da orde de San Vicenzo de Paul.vencéllase co magnánimo valor comenzado aló polo 1909 no vello asilo , construido gracias ó mandado da Señora Marquesa de Casa López.
10 de setembro.-Toda a vila se conmociona coa nova dun tráxico accidente ocurrido na carreyera de Monforte,O matrimonio formado por Amadeo López Rodríguez e Sara Valiña López falece, metres que os seus cinco fillos resulta feridos,O enterro das víctimas foi unha grande manifestación de pesar,
5 de novembro.- Ao aprobar o Concello unha moción sobor da utilización das palas da Deputación salta á rúa a chamada pola prensa "guerra das palas ", coa especial participación da Deputación Provincial e mailo Concello de Sárris. Prodúcense graves acusacións mutuas entre Alianza Popular e Coalcición Galega.
8 de novembro,. Na Audiencia Provincial ábrese a vista oral pola morte do mozo José Manuel Vilar Balbos, que finara nunha liorta na festa de Corvelle do ano anterior . Grande expectación diante das declaracións contradictorias dalgúns dos testigos. Suspéndese a vista para facer novas averiguacións. Hoxe sigue o asunto pendente da decisión xudicial.
1984
16 de febreiro.- Os alcaldes da Comarca publican un comunicado pedindo a realización do Plan de Obras e Melloras Territoriais , que nacerían da declaración de Zona de Ordenación de Explotacións Agraria , e que supoñería unha inversión de 659 millóns de pesetas.
20 de febreiro.- Máis de medio milleiro de persoas , na súa maioría mozos de FP e BUP participan nunha manifestación que recorreu as principais rúas da vila, solcitando se seguiran axiña as obras de construción do novo edificio de FP.Dous días despois unhas incribles declaracións do Delegado Provincial de Educación causan un grande malestar en Sárria-
4 de marzo.- Por segundo ano consecutivo celébrase o revivido Antroido polas rúas , con meia ducia de carrozas que recorren a vila e contando coa participación dunha grande moitedume. O martes sairían tamén os membros da popular "Peña do Burato".
13 de marzo.-O Concello de Sárria aproba o presuposto ordinario, Son en total 150 millóns de pesetas , 12 millóns máis que o do ano anterior.
13 de abril.- Faise público que non se celebrará a Feira Exposición do San Xoán, diante da pouca axuda recibida polo Comité Organizador por parte de moitos industriais locais. Ao mesmo tempo confírmase que as festas patronais celebraranse no pleno centro da vila.
**************************************************************************************
DE SÁRRIA E SAN XOÁN "
( Fotografía cun San Xoán , Altar Maior do Convento ) ( Foto Julio )
Francisco Vázquez Saco
" O 4 de xullo de 1616 o concello de Sárria outorgaba contrato con Xoán Rivela , gaiteiro de Santa María de Merza ( Pontevedra ) polo que este se obrigaba a concorrir " co seu instrumento de gaita, nas festas de Corpus, SAN XOÁN, e as Pascoas de todo o ano"... e.... " e regozixalas, así as danzas que se fixeran como as mascaradas e outros regocixos."
O contrato para o oficio de gaiteiro fala de que é para as festas de Corpus " e outras asegún que de moitos anos a esta parte estaban en posesión e costume de telo e salarialo".
***************************************************************************************
LEMBRANZA A D. WILLIAM KAPPLER OSTERMEIER
Xaime Félix López Arias
Artista destacado é un auténtico namorado da Paisaxe galega,
Participóu en exposicións ( Lugo, Ferrol,Xixón, A Toxa,,, ) nas que tivo moi boa acollida tanto da crítica como do público.Ó longo da súa vida de artista pintóumáis de cincocentos cadros e estivo presente coa súa obra en máis de vinte exposicións individuáis e colectivas,
Sarriao de corpo enteiri, pintor das nosas paisaxes campesías e fermosos motivos frorais, aínda que de vocación tardía, pode ser considerado un pintor clásico , no bon xeito da palabra, alonxado de "ismo" e modas pasaxeiras,
A mostra que da súa obrase presenta nas sáasde "La Unión" os 16-21 de xuño . é , para os sarriaos, non só lembranza, senón tamén agradecemento."
( Badem-Alemania, 18.12,1907, Sárria, 25,12,1983 )
***************************************************************************************
TORRE DE SANTA MARIÑA
O xogo da técnica , trasno cotián que nos envolve , danos unha insospeitada visión da agulla da torre de Santa Mariña e das galerías e solainas , co fondo das devesas e camposas.
***********************************************************************************
UN ANO DE DEPORTE
Xesús García Bernardo
É un labor complicado dabondo podermos resumir nun pouco espacio o que ten dado de si o deporte sarriao durante un ano polo grande volume de actividades desenrolados polos clubes,Con todo tencionamos recoller o máis sobresaínte.
Deixemos constancia de que a analise das diferentes actividades deportivas vaise facer por orde alfabética para arredarnos de calquer xeito de osmias, poñendo ó remate a híbrida figura do deporte escolar e tamén que este resume non pretende entrar no campo das debouras que hai sobor da dirección dalgunhas das entidades que promocionan a práctica deportivan xa que noné este o lugar nin o intre indicados para facelo.
BALONCESTO
O deporte da canastra está chegando a altas cotas en Sárria, e non só dende o pomto de vista da súa práctica senón tamén dende a grande afición que se anda a formar. Sinalemos que o CB Sárria -Ambulancias La Cruz contou na pasada temporada con tres equipos., un de nenos, outro "Junior " e o "Senior",
O equipo infantil, formado por un total de catorce rapaces de 13 a 14 anos, participou no campeonato provincial, clasificándose no terceiro posto e téndose enfrentado a riváis da categorí de Breogán, Maristas , Estudantes e San Roque. Todo isto resultoou moi positivo xa que era o primeiro ano no que moitos dos seus compñentes xogaban baloncesto, mentras que os equipos riváis pertenecen a clubes que contan cunha grande tradición e infraestructura.
O equipo "Junior", cunha pequeneira plantilla de oito xogadores, militou igoalmente na categoría provincial e clasificouse no terceiro lugar, polo que non logróu pasar á fase final.En realidade este equipo estaba formado por xogadores da categoría xuvenil, mais disputaron acompeticion "Junio" co obxeto de poder formar tamén co cadro "Senior ". tal e como sucedeu en algúns encontros, o que parez asegurar a continuidade do primeirp equipo do clube,
O equipo "Senior " militou por segundo ano na Terceira División Nacional, clasificándose en oitavo lugar logo de realizar unha sensacional campaña..Os moitos aficionados que estiveron tódolos sábados no Pabellón Polideportivo Municipal viviron xornadas de grande emoción e teñen ollado basquet de moita categoría,
Deixemos constancia, como datos ben significativos do que hoxe por hoxe supón o baloncesto en Sárria , que o CB Sárria conta con 376 socios, que o clube é rexido prcaticamentepolos propios xogadores, que a pesaresde estar na categoría nacionla. con desplazamentos por toda Galicia. terminou a campaña con superávit e que está a facer aficionados a este deporte a moitas persoas quefai só dous anosnon se podían imaxinar que houbera un deporte tan belo e emocionante.
Un clube coma este, con todo o que supón e significa - único dos sarriaos que conta cunequipo na categoría nacional - deberá de ser axudadoa tódolod niveis,E dando comén polo propo Concello que lle concedeu unha ridícula subvención de sesenta mil pesetas,
FÚTBOL
Os aficionados sarriaos ó balompé non tiveron precisamente unha temporada couga.A campaña realizada pola SD Sárria non foi precisamente satisfactoria,
Temos que sinalar que despois de moitos apuros o primeiro equipo do clube conseguiu evitar o descenso de Rexional Preferente cun equipo formado na súa meirande parte por xogadores sarriaos e dirixidos, coidamos que de moi bon xeito, polo sarriao Aurelio, Tivo en contra as moitas baixas padecidas , así como ter un terreo de xogo que moitas veces convertiuse nunha verdadeira lama,,Destas baixas a máis notada pola afición foi a do xogador Carlos Alberto, pundonoroso home que mesmo dende o comén da temporada estivo no dique secom e o que se lle recibiu, cando faltaban só dous minutos para rematar o derradeiro partido da temporada , con unha moi grande ovación.
Por outra banda o equipo xuvenil fixo unha campañana que dende o principio se viu que estaba chamado ó descenso, ocupando ó cabo a última posiciónda táboa, co que logo de dous anosna primeira categoría rexional ha volver a vindeira temporada a disputar a popular Zona Sur.
Msis o que tealmente preocupa á SD Sarriana é o aspecto económico,Os xogadores prantexáronse axudar a saldar o déficit e non cobraron dietas, directivos e aficionados sacrificáronse, mais a situación parez ser moi grave, As baixas de socios poderán ser un factor decisivo neste tempo.
Con todo cremos que o poder formar un equipo con xogadores do pobo é xa un bon resultado.A afición pensa en non pasar tan malos ratos na próxima temporada,
FÚTBOL-SALA
O fútbol sala convertiuse nos últimos tempos , con abalos e debalos, nun dos deportes que máis gostan en Sárria.Gracias ó fútbol sala sácaselle un grande rendemento ó Pabellón Municipal de Deportes, pois en números redondos son cento oitenta as persoas que o practican..
Ó mesmo tempo que tódolos anos organizouse a liga local, liga que a pesares dos lóxicos problemas chegou a bon porto xa que foi seguida pola disputa da copa.Campeón da liga resultóu o equipo de Radio Bascar ,mentres que os mozos de Ergueitos quedaron no derradeiro posto, mais levaron o premio á deportividade. Un total de dazaoito equipos participaron no torneo e é de agardar que para a vindeira temporada se decida a integración na Federación, o que sin dúbida había ser moi positivo para o afortamento de este deporte en Sárria.Hemos sinalar tamén que un equipo sarriao, o "Pub de Román", participou xa na liga oficial, na segunda división, desplazándose á cidade de Lugo, e obtendo un dos dous postos de ascenso á segunda división.
No terreo do anecdótico temos que sinalar que a teima do fútbol sala fixo que hastra o propio Cnocello teña formado un equipo, que tivo unha boa clasificación, sendo unha das súas millores figuras precisamenteo primeiro rexidor municipal,E tampouco debemos esquencer a moi grande colaboración que atopa o fútbol-sala en moias casas comerciais,pola donación dos trofeos e o patrocinio dos equipos
NÁUTICA
CLUB JUVENTUD OJE
Nas actividades náuticas segue a ser digna de loubanza p ñabor que desenrola o "Club Juventud OJE" no encoro de Belesar ( Portomarín ) . Este clube é o representante dos clubes náuticos da provincia no deporte de Vela , e conta con seccións de Vela. Vela-Surf , Esquí acuático e piragüismo. o que fai que moitas persoas , mozos e adultos, de toda a comarca podan practicar os deportes náuticos.
Temos que destacar que no pasado ano dous xóvenes deste Clube acudiron ó Campeonato de España de Vela. na clás Cadete, seleccionados pola Federación Española, e lograron un bon posto no campeonato que se celebróu na fermosa localidade cántabro de Laredo .
CLUB DE TIRO "SAN XOÁN "
Nestes últimos doce meses o tiro convertiuse nun dos deportes mási practicados en Sárria . " O Club de Tiro San Xoán " está facendo que un deporte que, nun principio. podería ser con siderado elitista , sexa practicado por un gran número de persoas, entre elas moitas mulleres. xa que tamén se teñen organizado mesmo diversas tiradas para elas. -E, pois sen dubida e hoxe por hoxe , o deporte que máis practican as sarriás.
Sinalemos que este Clube está a facer no seu campo de tiro, chamado " Chousa de Padriñán " , unhas instalacións modélicas e a súa Xunta Directiva ten a intención de arranxala de xeito tal que se convirta nun verdadeiro complexo social. Da intensidade das actividades do lube de Tiro fala o dato de que, dende fins do mes de maio e astra o remate do presente ano, están programadas vintetrés tiradas , nas especialidades de prato, carabina lixeira , carabina neumática , pistola standard e avancarga,
DEPORTE ESCOLAR
Rematamos este resume do que foi o deporte en Sárria en todo un ano falando do prácticaente inexistente deporte escolar.E pois logo que a situación de Sárria non é pior nin millor do que é doutros pobos, non é de extranar que España siga sendo un país no que a práctica xeneralizada inda teña que nacer. Abonda con dicir que un colexio público , con máis dun milleiro de alumnos, non ten xiquer unha mala pista polideportiva.
Máus lonxe quedan xa aqueles anos nos que algúns centros escolares sarriaos obtiveron éxitos a cachón no terreo deportivo
Xesús García Bernardo ***************************************************************************************
CANTIGA DAS FESTAS DO SAN XOHÁN ( repetición da publicación)
Fiz Vergara Vilariño
¡ Amiga, irei ó San Xohán , / queira ou non queira teu pai ! // Agárdame na verbena, / - enriba na calle Maior ., / Se non chego pola noite, / chegarei polo albor , / ¡ Ó San Xohán irei, amada, / e andaremos de ruada ! // Subiremos ó castelo, / a sentarnos na campía / e eu miraréi para ti, / e ti mirarás prá vila // ¡ Amiga , irei ó San Xohán / queira ou non queira meu pai ! // Hemos bailar a fartarnos , / ¿ de comer.... ? Xa nos darán / os meus amigos de sempre , / Xente baril e sin par.// ¡Ó San Xohán irei, amada , / e andaremos de ruadas .// ¡ Que fachenda ser sarrianos / e te-lo sangue lanzal...! / ¡ Sárria, que fermosa vila, / que festas as do San Xohán ! // ¡ Amiga, irei ó San Xohánm / queira ou non queira meu pai .//
Fiz Vergara Vilariño
****************************************************************************************
PÉCHOME IRREMISIBELMENTE....
Xosé Marra
péchome irremisiblemente / odio contidianidade que amo // achégome á beira da corrente / río solermiño / e lembro / distancias esquecidas / e lembro / distancias esquecidas / grandores soterrados lembro // horas lonxanas irrepetibeis / soños de bicos mollados / nas sombras / referxos da auga // e axunto ontes perdido // proporciós asulagadas minutos / relanzos de tempo afondados / valeiros na nada.
Xosé Marra
TORREÓN DA FORTALEZA: O que outrora foi medo e aferrolloamento é agora belido belvís coberto de edras,
CONCELLO DE SÁRRIA.- A antiga Casa Vaamonde, onde os rexidores municipais fan laborpor unha Sárria que camiña.
DENDE O CHANTO .- Tras do veo da follaxe a esguía torre de Santa Mariña sinala os camiños vellos e os camiños novos.
****************************************************************************************
SÁRRIA: VILA DOS MEUS ANCEIOS
Ana Isabel Díaz Peña ( 2º de BUP )
Sárria é unha vila de Lugo. Ali vive a miña tía nunha casa bastante vella, mais a min tráeme recordos moi gratos da miña infancia.Recordo cando eu era pequena e corría con ledicia por aquel largo pasillo, sa parecí sin fin para os meus pequenos pés,Acórdome tamén das rosquillasue facía a miña tía nunha daquelas noites interminables de inverno; eu ´saía ós establos cando a noite xa iba bastante avanzada, entón collía o cabalo branco polo rabo e empezáballe a tirar hasta que se despertase, e eu largábame rindo entre dentes,
Hoxe, cando xa o cabalo branco morreu, miro desconsoladamente entre os establos agora vacíos con anceios de tristeza, pensando naquel cabaliño.Entón miro ó meu arredor e vexo os montes e campos daquela maravillosa vila, na que o verdor derrítese por entre os arbresá luz do sol, miro cara os pequenos casuchos da vila, os máis antiguos de Sárria están feiitos de pedra e rodeados de verdes e longas enredadeiras que parecen querer alcanzar o ceo cos seus brazos,
As xentes un pouco leriantes , como debe pasar nestes lugares, mais sempre boa xente, amable e sonrinte en todo momento.
¡Canto me gustaría volver a ver aquel can ladrando no medio da praza coma un can solitario e aburrido !. ¡Canto me gustaría volver a ver aquela pequena parroquia de fieles seguidores de deus, que é ó fin e ó cabo consolo naquela vila de todas as desgracias persoales !
¡ Canto me gustaría,,,! ¡ Canto me gustaría... !
Publicado en EL IDEAL GALLEGO, ( 21 5.1984 )
**************************************************************************************************************************
ACTIVIDADES ECONÓMICAS DESAPARECIDAS
EL PUB DE ROMÁN. Calvo Sotelo / Rúa da Liberdade/ Rúa das Ameneirizas .Edificio El Puente.
ESPECTÁCULOS ALBORADA. Sárria
TALLERES RAMÓN PORRAL. CHAPA E PINTURA. Estrada de Monforte
GARCÍA Y RODRÍGUEZ.CARPINTERÍA DE ALUMINIO. As Pedreiras
O BODEGÓN DO REI. Travesa Rías Baixas
TAPICERÍAS LÓPEZ, Rúa Formigueiros.
ZAPATERÍA GERARDO NÚÑEZ ( Betote ) Rúa do Porvir
CAFETERÍA RESTAURANTE VENECIA Rúa Marquesa Casa López
DONNA . SALÓN DE BELLEZA. Rúa Matías López, 96
COMERCIAL JOSÉ Y LUIS SL. Rúa Diego Pazos, 69
CHAPISTERIA Y PINTURA ÁLVAREZ Rúa Greco, 38
HOSTAL LONDRES.Calvo Sotelo / Rúa da Liberdade
AUTOS PARDO. Calvo Sotelo 103 / Rúa da Liberdade
CAFÉ BAR VILLAMAR . Rúa Maior 36
DISTRIBUCIONES CRISTOS Rúa José Antonio 34 / Rúa Xela Arias
DISTRIBUCIONES LÓPEZ ARIAS. Rúa do Castel / Rúa Conde de Lemos
CONSTRUCCIONES ANICETO SILVA . Vigo de Sárria
MUEBLENORTE. Sárria
RELOJERÍA JAVIER . Rúa Diego Pazos 18
EMMA BOUTIQUE, Rúa Marqués de Ugena,55
RADIADORES AMADO. Rúa Goya, 4
DEPORTES PIÑEIRO Calvo Sotel / Vázquez Queipo / Rúa da Libernade
CALZADOS MAPA. Diego Pazos, 51,
TABERNA SETEVENTOS Vigo de Sárria
CAFE BAR ELDORADO. Rúa das Insuas
REPUESTOS ROMÁN. Estrada de Monfo<rte
CALZADOS PETET, Rúa Diego Pazos 52
RESTAURANTE CASA HORACIO Rúa Diego Pazos 54
***************************************************************************************
Comentarios
Publicar un comentario