ESTRADA DE SÁRRIA A PORTOMARÍN ( 1859 )
ESTRADA DE SÁRRIA A PORTOMARÍN ( 1859 )
As primeiras actuacións para abrir unha estrada entre Sárria e Portomarí comezaron no ano 1859, da man da Deputación Provincial de Lugo, e remataron , xa pola conta do Estado , cando se inaugura a ponte riba do Miño que por en comunicación a antiga vila de Portomarín, na marxe esquerdda, co que fora a vila de San Xoán de Portomarín, na marxe dereita, sendo esa arroquia a capital do Concello de Portomarín establecido no ano 1840-
O camiño de Sárria a Portomarín, coiincidente co Camiño de Santiago tiña a súa orixe na Ponte da
Áspera e seguí até os Prados de San Miguel , na parroquia de San Pedro de Maside. dende onde subía ás casas de Zanfoga e polo Mesón chegaba ao Pontón de Santa Marta, no río Bao ( Rego de Cervos ), Entraba na parroquia de Santa María de Ortoá, atravesando o lugar de Santa Marta do Camiño Frances. Deixano á esquerda os lugares da Souto e O Pico ( de Barbadelo ), e seguía pola Granxa ou Venda de Barreiros do Camiño Francés e Nabás do Camiño Francés, entraba na parroquia de de San Xulián de Meixente. Seguía a calzada polos lugares de Mouzós , O Sisto e Domiz, até o Chao de Domiz. Pasaba á parruquia de Santa María de Belante polos lugares da Pena, Novelle e Peruscallo. Por Cortiñas , Campo de Lavandeira e O Casal atravesaba a parroquia de Santa María de Belante, de onde seguía pola Brea e Morgade, da parroquia de San Salvador da Pinza, en direción á parroquia de Santa María de Ferreiros. A vía seguí por Ferreiros, O Cruceiro , Mirallos, A Pena e o Couto. Seguía por As Rozas ( de Santa María de Francls ), Os Moimentos, Mercadoiro e Moutrás ( de Santiago da Laxe ). Pola Parrocha e Vilachá ( de San Salvador das Cortes ) entraba na parroquia e vila de San Pedro de Portomaría Fontedagra e San Lázaro e atravesaba o río Miño pola famosa Ponte de Portomarín ( Ponte Miña ).
A Deputación Provincial de Lugo acordou abrir un camiño "proncial" entre as dúas vilas xacobeas e como primeiro paso no Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou a Circular 208 o 4 de marzo de 1869, una relación dos donos de terreos en Sárria, que habían de seren ocupados para abrir a estrada provincial de Sárria a Portomarí, Esa nómina estaba asinada en Monforte , o 23 de febreiro de 1859, co Visto e Prace do Direitor Central, Inacio López. Incluía un listado de 70 porpietarios , no treito Sárria - Mouzós : Prevían ter que expropiar parcialmente 13 fincas na parroquia de Santa Mariña de Sárria ( Entre o Barrio da Duquesa e a Corga de Vales ); 36 parcelas na parroquia de San Pedro de Maside, entre a Corga de Vales e o Pontón de Santa Marta. Na parroquia de Santa María de Ortoá sinalaban a ocupación de 19 predios, e finalmente, na parroquia de San Xulián de Meixente a ocupación alcanzaba dúas fincas.
Cecais froito de atención a reclamaciós ou modificaciós no trazado previsto foi a publicación ,no Boletín Oficial da Provincia, o 20 de maio de 1869, da Circular Nº 556, relativa á ampliación da nómina dos donos de terreos en Sárria que ocupa o primeiro treito da estrada provincial de Sárria a Portomarín.
Asinada en Lugo o 27 de abril polos mesmos responsables da anterior relació sinalaban como comezo da esrrada unha casoupa propiedade de Xoán Pazos ( Casa de Pazos,) na parte baixa da Rúa Maior - no treito coñecido como Arrabaldo e que dende 1958 é coñecida esa vía como Rúas Marqués de Ugena,O remate das afeciós sinalouse no lugar de Mouzós ( Meixente )
Propietarios das fincas Parroquia de situación Cultivo Paraxe
Parroquia de Santa Mariña de Santa Mariña
1.- Xoán Pazos Santa Mariña Casa terrea Fornos
2.- Antonio Díaz Huertas Santa Mariña Horta Fornos
3.- Manuel Lopez Santa Mariña Horta Fornos
4.- Sabela Pumares Santa Mariña Horta Fornos
5.- Manuel Díaz de Freijo Santa Mariña Labradío Fornos
6.- Francisco López Santa Mariña Horta/ Labradío Fornos
7.- Carlos García Santa Mariña Labradío Fornos
8.- Francisco López Santa Mariña Horta Fornos
9.- Bieito de Castro Santa Mariña Aira Fornos
10.- Hdros Bernardo Arias Santa Mariña Labradío Fornos
11.- Antonio Barrio Santa Mariña Labradío Fornos
12.- Antonio Rivas Santa Mariña Labradío/ Prado Fornos
13.- Antonio Macía Cedrón Santa Mariña Labradío / Ptrado Fornos
14.- Herdeiros de Xosé Leiro Santa Mariña Labradío / Prado Fornos
Parroquia de San Pedro de Maside
15.- Pedro Pallares Maside Labradío Fornos
16.- Bieito Somoza Maside Labradío San Lázaro
17.- Xoán Vázquez Maside Labradío San Lázaro
18.- Bernardo Varela Maside Labradío San Lázaro
19.- Xoán Carreira Maside Labradío San Lázaro
20.- Francisco Saco Maside Labradío San Lázaro
21.- Pedro González Maside Labradío San Lázaro
22.- Xosefa Solance Maside Souto de castiros San Lázaro
23.- Xosé Torres Maside Leiro / Souto San Lázaro
24.- María Francisca González Maside Labradío Celeiro
25.- Tereixa González Maside Labradío Celeiro
26.- Pedro González Maside Labradío Celeiro
27.- María Tereixa González Maside Souto de castiros Celeiro
28.- María Tereixa González Maside Souto de castiros Celeiro
29.- Rosa Fernández Maside Souto de castiros Celeiro
30.- María Manuela González Maside Souto de caatiros Celeiro
31.- Xosefa González Maside Souto de castiros Celeiro
32.- Manuel González Maside Souto de castiros Celeiro
33.- María Pisabarro Maside Souto de castiros Celeiro
34.- Manuel Fernández Maside Monte Penagache
35.- Patriciio López Maside Toxeiro / Souto Zanfoga
36.- Antonio Macía de Neira Maside Carballeira Zanfoga
37.- Xoán López Maside Monte Zanfoga
38,. Pedro López Maside Monte / Carballos Zanfoga
39.- Manuel González Maside Souto / Castiros Zanfoga
40.- Patricio López Maside Prado / Devesa Zanfoga
41.- Pedro López Maside Souto Zanfoga
42.- Pedro do Outeiro Maside Souto / labradío Chousa de Ortoá
43.- Froilan Cabarcos Maside Labradío Chousa de Ortoá
44.- Pedro da Torre Maside Labradío Chousa de Ortoá
45.- Manuel González Maside Labradío Chousa de Ortoá
46.- Manuel Fernández Maside Labradio Cervos
47,- Antonio García Maside Labradio Cervos
48.- Vicenta Fernández Maside Cortiña Cervos
49.- Manuel Fernández Maside Labradío Cervos
50.- Lourenzo Pérez Maside Labradío Cervos
51.- Domingos de Castro Maside Labradío Cervos
52.- Pedro López Maside Labradio Prado
53.- Pedro Díaz Maside Horta / Prado Prado
54.- Señor Cura de Maside Maside Prado Prado
55.- Xosé López de Maside Maside Labradío Prado
56.- Xoán López Maside Labradío Prado
57.- Domingos de Santa Marta Maside Laradío Prado
58.- Antonio López Masidem Toxeiro / Souto Prado
59.- Domingos de Santa Marta Maaide Toxeiro / Souto Prado
Parroquia de Santa María de Ortoá
60.- Xoán do Pico Ortoá Labradío Prado
61.- Xoán do Pico Ortoá Souto Prado
62.- Domingos Vázquez Ortoá Toxeiro Ribeira de Río
63.- Viuva de Río Ortoá Devesa Ribeira de Río
64.- Antonio Alonso Ortoá Castiros/Toxeiro Ribeira de Río
65.- Manuel do Río Ortoá Castiros/ Toxeiro Ribeira de Río
66- Domingos Vázquez Ortoá Castiros / Toxeiro Ribeira de Río
67.- Domingos Vázquez Ortoá Cortiña / Souto Ribeira de Río
68-- Manuel Arias de Río Ortoá Cortiña / Souto Rieeira de Río
69.- Xosefa Arias de Río Ortoá Cortiña / Souto Ribeira de Río
70- Benita Feernández Ortoá Cortiña / Souto Ribeira de Río
71.- Manuel Arias Ortoá Labradío Ribeira de Río
72.- Xosefa Arias Ortoá Labradío Ribeira de Río
73.- Xoán López Labrada Ortoá Labradío Rdeira de Río
74.- Manu Fernández Ortoá Labradío / Prado Ribeira de Río
75- Manuel Arias Ortoá Labradío / Prado Ribeira de Río
76- Rosa López Ortoá Labradñio Venda de Barreiros
77.- Manuel Fernández Ortoá Labradío/CASA Venda de Barreiros
78.- Manuel Vázquez Ortoá Cortiña / Prado Venda de Barreiros
Parroquia de San Xulián de Meixente
80.- Xulián Pérez Meixente Labradío / Pradr Venda de Barreios
81- Alexos López Meixente Labradío Venda de Barreiros
Lugo, 27 de abril de 1869. O Director.- Tomé Ledo. O Direitor Central.- INACIO LEDO
Paraxe FORNOS: Barrio da Duquesa . Paraxe PEDREGAL: Até a Corga de Vale
s , parte baixa do Camiño, Prado Grande e As Castiñeias.Paraxe SAN LÁZARO: Campo de San Lázaro, Devesas de San Lázaro. Paraxe: CELEIRO: Prados de Celeiro, Carballeiras de Celeiro Bacelar . Paraxe PENAGACHE: Monte de Penagache,
OBRAS DE FÁBRICA: Ponte de San Lázro ou Ponte do Lázaro. no Río Celeiro ( Río Barbadelo , na Idade Media ).- .Pontón de Santa Marta no Rego de Cervos ( Río Vao na Idade Media )
.
Comentarios
Publicar un comentario