BENZÓN DOS ALTARES DE SANTA MARIÑA DE SÁRRIA ( 1877 )
BENZÓN DOS ALTARES DA NOVA IGREXA DE SANTA MARIÑA DE SÁRRIA ( 1877 )
Os días 18, 19 e 20 de xaneiro de 1877 tivo lugar a benzón dos altares da nova igrexa de Santa Mariña , alzada no soar que ocupara a igrexa románica que fora derrubada para alzar un novo templo debido á xenerosa dotación económica facilitada pola Testamemntaría de don Xoán María López de Almance, cura castrense da Vila de Sárria, que tamén adicou xeneroos fondos para as obras de remate das torres principais da Santa Igrexa Catedral Basílica de Lugo.
( EL LUCENSE, 20.01.1887 )
Sárria agradecida
E a gratitude cristiá , sen dubidalo, unha das virtudes que máis ennobrecen a un pobo e por iso os honrados e laboriosos habitantes desta vila, deron probas inequívocas de aquelo co motivo de teren sido abenzoados e habilitados para o culto os novos altares do, tamén, novo templo parroquial de Santa Mariña-.
Antonte o repenique de camp´as e o estourido das bombas reais , que enchía o espazo, anunciaron aos moradores deste pobo, a chegada do tren mixto, ás dúas e media da tarde, no que veu como delegado do noso ilustrisimo Prelado , o Señor Don Xoán Manuel Cardón, Maxistral desa SIC. Esperábano na Estación unha comisión do pobo , que o acompañou até a casa do Señor coengo Saco , onde se hospedou .Na noite do mesmo día , unha orquestra formada por varios mozos afeizaodos desta vila , baixo da direción do Señor Lliteras, tocou diante da dita casa , bonitas e diferentes pezas con notable harmonía e afinación, e tamén diante da casa na que habita o único testamentario en exercizo do defunto presbíero Sr. D. Xoán María López, por conta de cuxo herdo se construiu o dito templo, queimándose ap propio tempo multitude de cubos, de voadores e bombas reais.
Onte ás once da mañá deu comezo a cerimonia da referida benzón practicada polo expresado Sr. Maxistral , e deseguido Misa solemne m celebrada polo Sr, Saco, sendo ministros os Srs. parrocos desta Vila, e con asistenza das autoriades civís e militares, particulares convidaos ao efecto e numeroso público.
No dito acto o Sr. Carlón , pronunciou coa elecuencia que o distingue, un brillantísimo discurso, probando con irrefutable loxica que o templo católico é a casa de Deus , e que por conseguinte , que os habitantes deste pobo fixeron unha casa para Deus , practicando a un tempo, non só un acto de fe, senón tamén un acto de patritismos , porque ao pé do altar , se formaran sempre os grandes herois , en relixión e en patriotismo.
O nutrido coro formado por simpáticas mozas deste pobo, cantou con sumo " amore " a Misa, con acompañamento do armnium , pulsado con delicadez pola señorita dona Dores Solance e Macía.
Hoxe ás doce da mañá celebrouse unha función fúnebre polo eterno descanso do Sr. D. Xoán María López , oficiando o referido Sr. Saco , asistindo as mesmas autoridades do día anterior e bastante clero. Entre as distintas coroas que adornaban o catafalco chamou a atención unha natural feita de buxo, hecdra e outras plantas silvestres.
Ben por Sárria que co seu notable cumprimento , enadiu unha brillante pàxina á súa ilustre historia.
O Correspondente
Nota: O testamentario presente nos actos, e que foi homenaxeado, con actuación diante sa súa casa, era don Evaristo Gayoso Loasdas, do Pazo de San Sadurniño de Froián-
a
Comentarios
Publicar un comentario