SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1985 ) ( 504 )
FESTAS PATRONAIS DO SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1985 ) ( 504 )
ANO DA LEGALIZACIÓN DO ESCUDO DE ARMAS E BANDEIRA DO CONCELLO DE SÁRRIA
PROGRAMA DE FESTAS SAN XOÁN 1985
DÍA 22.- FESTA DA MOCEDADE.-
4 da tarde.-A apertura do feiral ,na Rúa Matías López.
5.- Os Gaiteiros e as Pampónigas recorrerán as rúas da vila.
7.- No Parque da Sociedade A Unión o alcalde tirará o foguente que sinalará o comén das festas.
PREGÓN A CARGO DE DON RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ
Entrega de distincións.
7 e media.No Parque da Unión CONCERTO DE HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO, pola Banda de Música de Sárria ( Patrocinado polo Concello de Sárria ), e segudamente pasacalles polas rúas e barrios.
Ás 10 e cuarto: Na Rúa Matías López, recital do Grupo EOAS.
11 e cuarto: recital do Grupo BRATH
12 e media da noite. verbena co a Orquestra Salnés Show , de Pontevedra.
ACTOS CULTURAIS
Ás 8 da tarde, na Sala de Exposicións da Caixa Galicia inauguración da Mostra de Numismática,Filatelia e Traxes Típicos, que orgaiza Meigas e Trasgos CIT
PROGRAMA DEPORTIVO
11 da mañán.-Tirada Social, no campo da Chousa de Padriñá, orgaizada pola Sociedade de Tiro San Juan.
4 da tarde.-No Pabellón Municipal comenzará o Maratón de Fúlbol Sala
DÍA 23.- DÍA DA FOGUEIRA
10 da mañá.- Disparo de bombas e pasacalles coa Banda de Música de Sárria e o grupo Agarimo.
2 da tarde,. Na Rúa Matías López Concerto coa Banda de Música de Sárria
5.- Solta do globo Caixa Galicia
7.- Concewrto da Banda de Música de Sárria.
8.- Desfile de traxes típicos , orgaizado polo Centro Cultural Meigas e Trasgos.
9.-Festa amenizada polas orquestras Venecia e Albariño, de Pontevedra,
11.- No C ampo da Feira acenderase a FOGUEIRA DE SAN XOÁN,
QUEIMADA de moca e actuación dos gaiteiros ( Patrocinada polo Concello de Sárria )
1 da mañán.- Verbena coas orquestras Venecia e Albariño.
PROGRAMA DEPORTIVO
11 da mañán.-Na Chousa de Padriñán Gran Tirada San Juán, organizada pola Sociedade de Tiro San Juán.
11:30.-Cruce da Ciguñeira. Saída da PRIMEIRA VOLTA CICLISTA A SÁRRIA ( Orgaízan o Club Ciclista Milagrosa de Lugo, e Comisión de Festas)
1,30 da tarde.No Cruce da Estación. Entrega de trofeus da I Volta Ciclista
Coniinuación e Clausura do Maratón de Fútbol Sala.
6.- Partido de Fútbol da II Copa Deputación SD SARRIANA-MILAGROSA
DÍA 24.- DÍA DO PADRÓN
9 da mañán.- Disparo de bombas. Alborada coas Bandas de Musica de Sárria e Vilatuxe , desfile de gaiteiros.
11 .- Na Eirexa de Santa Mariña MISA MAIRO , seguida de Procesión ( Misa cantada pola Coralde Meigas e Trasgos ).
1 da tarde,. Na Praza de D. Xoán María Lóepz, Concerto das Bandas de Sárria e Vilatuxe.
9 da tarde.- Festas coas Orquestras Nova Cabana e Mundo Xoven, de Pontevedra.
Á medianoite: Sesión de fogos artificiais.
1 da mañán.- Verbena coas mesmas orquestras,
PROGRAMA DEPORTIVO
Ás 6 da tarde.- No Pabellón Municipal, Partido de Baloncesto Mixrto. Xuncas ( Primeira División B ) CB Sárria-La Unión ( Juniors ).
6 e media.- No Campor de Deportes "As Insuas " , XVII Trofeu San Xoán de Fútbol Selección Provincial- CD Lugo.
8.- Baloncesto: Deborak - CB Sárria -La Unión
SOCIEDADE A UNIÓN
1:30 da tarde. Vermu-Concerto e actuación dos grupos folcloricos de Meigas e Trasgos CIT Dende a media noite, Verbena. Actuarán Foliada Band e Duendes.
AGRUPACIÓN CULTURAL ERGUEITOS
Mostra de Artesanía Galega.- Exemplares de Alfarería de Tameiga, Buño e Gundiv´os. Traballos feitos en madeira.- Cestos.- Colchas de liño.
DÍA 25.-DÍA DA COMARCA (FESTA DOS NENOS )
10 da mañán.- Pasacalles coa Banda de Musica e Sárria e os gaiteiros.
11.- Na Biblioteca Municipal. Proxección de peliculas.
12 e media..- No Pabellon Municipal, Concurso de Pintura.
1 da tarde.- No Pabellón Municipal. Proba de Mini-Bólidos ( actos patrocinados por Coca Cola)
5 e media.- Na Rúa Matías López. Guiñol co grupo Papaventos ( Patrocinado por Caixa Galicia )
9.- Na Rúa Matías López. Festa, coas orquestras París de Noia e Jaslas da Pobra de San Xiao.
Á medianoite, no Malecón do Río Sárria Sesión de Fogos Acuáticos.
1 da mañán.-Verbena coas mesmas orquestras.
PROGRAMA DEPORTIVO
Ás 6 da tarde.- No Pabellón Municipal. Partido de Fútbol-Sala , Chaston de A Coruña ( Campión de España 84/85 ), Selección Provincial.
SOCIEDADE A UNIÓN
10 da noite,. Cea Americana, seguida de Vwerbena , amenizada polas orquetras Principado e Foliada Band.
TEATRO
Día 22.- Parque da Unión ás 9 da noite "Os vellos non deben namorarse ", de Castelao, polo grupo de Teatro do Instituto Mixto de BUP de Sárria ( Patrocina o Concello de Sárria ).
MEIGAS E TRASAGOS
Díaz 29.- Romaxe Trasgo. Orgaizado polo Centro Meigase Trasgos, con " Xantar de Irmandade ", e ás 8 da tarde actuación dos grupos de danza e gaiteiros.
*************************************************************************************
ESPACIOS FESTEIROS
RÚA MATÍAS LÓPEZ.-PARQUE DA UNIÓN.- SALA DE EXPOSICIÓNS DE CAIXA GALICIA ( Rúa Marquesa Casa López ). CAMPO DE TIRO DA CHOUSA DE PADRIÑÁN ( Santa María de Vilar ).- PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES ( O Chanto ).- CAMPO DA FEIRA.-CRUCE DA CIGUÑEIRA.- CRUCE DA ESTACIÓN.- CAMPO DE DEPORTES DAS INSUAS.- IGREXA DE SANTA MARIÑA..- PRAZA XOÁN MARÍA LÓPEZ.- SOCIEDADE A UNIÓN.- SALA DE ERGUEITOS.- MALECÓN DO RÍO SÁRRIA.- BIBLIOTECA PUBLICA MUNICIPAL ( Rúa Pedro Saco ).
*************************************************************************************
COMISIÓN DE FESTAS
Presidente: Xulio Regueiro Díaz. Segreadio: Luis Daga López. Tesoureiro: Luis Álvarez Rei. Ramistas: Xosé M. Quiroga Pardo. Henrique Franco Espín.
*******************************************************************************
ESTADO DE CONTAS DAS FESTAS DO SAN XOÁN 1985
( Publicado no Libro Programa das Festas do San Xoán 1986 )
INGRESOS
Aportacións dos veiños ( 1.272.000 pesetas ).- Aportación ordinaria Concello ( 1.000.000 pesetas ).- Aportación Concello ( Letras Galegas: 75.000 pesetas ).- Aportación barracas ( 262.700 pesetas )..- Aportación Fúbol-Sala ( Entradas:: 124.000 pesetas) TOTAL: 2. 733.700 pesetas.
GASTOS
Luminotecnia ( 200.000 pesetas ).- Pirotecnia ( 235.000 pesetas ).- Orqiestras ( 1.363.588 pesetas ).-.Agrupación folclorica ( 90.000 pesetas ).- Bandas de Musica (410.000 pesetas ).- Permisos Festas ( 32.075 pesetas ).- Queimada (44.960 pesetas ).- Fútbol Sala ( 154,600 pesetas ).-Volta Ciclista ( 144.371 pesetas ).-Trofeus ( 51.500 pesetas ).-Pregón e Concerto Homenaxe ( 51.500 pesetas ).-Imprenta ( 7.140 pesetas ).- Publicidade e xestiñons ( 11.166 pesetas ).- Gastos Igrexa ( 10.000 pesetas ).-Recepción oficial ( 33.140 pesetas ).. Manutencións ( 70.900 pesetas ) TOTAL: 2.910,200 pesetas.
INGRESOS: 2.733.700 pesetas. GASTOS : 2,910,2OO pesetas. DÉFICIT: 176.200 pesetas ( pagounas o Concello ).
************************************************************************************+
LIBRO PROGRAMA
Portada: Sárria.Festas S, Xoán. 1985. Do 22 ó 25 de Xuño ( Escudo de Armas do Concello de Sárria- Primeria publicación )- Contido: Presentación ( O equipo gráfico e literiro. A empresa editora ).- Comisión de Festas.- Saúdo do Alcalde ( Arturo Corral Guitián ).- Un Saúdo ( Xulio Regueiro Díaz, Presidente ).- Pregón ( O Tamborileiro Municipal ).- Polas rúas pasas, compañeiro.(XFA ).- Lembrando a Don Xoán Mª López de Almance ( XFA ).- Cen anos da nova igrexa de Santa Mariña ( Xesús García Bernardo ).-Novo Escudo e Bandeira da Vila de Sárria ( Manuel Tourón Yebra ).- O último homenaxe ( Xosé Marra ).- O San Xoán de Fafián.-Mulleres sarrianas ( Fiz Vergara Vilariño ).- Programa de Festas.- A temporada deportiva ( Xesús García Bernardo ).- Leria I. Leria II ( Xaime Félix López Arias ).- Os 15 anos de Meigas e Trasgos ( Xulio Xiz Ramil ).- As Novas de Doce Meses ( Xesús García Bernardo ).- Tamén as pedras do castelo de Sárria souberon da loita Irmandinha ( Eloi Caldeiro ).- Garola ( Uxío López Pardo ).
Edita GRAFIME.- 168 páxinas.- 129 anunciantes , Deseños: Ricardo Segundo López Méndez. Antonio Vázquez Rivas ( Avari ). Fotogrfías: Xosé Marra e Victor López Villarabid.
*************************************************************************************
TEXTOS EN LINGUA GALEGA
PRESENTACIÓN
No limiar desta publicación queremos facer presente que este Programa de Festas quere ser un pouco espello da Vila e do seu sentir industrioso e traballador.
A moitos pareceralles que só cumple unha finalidade informativa e publicitariam mais nós coidamos que ten un senso máis fondo, Ser un pouco a memoria informativa colectiva dun ano , refrexando non só a face leda duns festexos, senón tamén a realidade dunhas empresas e duns equipos humáns que ofrecen servicios, e no fito das festas queren deixar lembranza da súa presencia e bons desexos.
Cando os anos pasen e o tempo de hoxe sexa recordo, uns e outros volveremos os nosos ollos a estas páxinas nos que o literario , o humorístico , o informativo e o aspecto publicitario se xuntan, para amostrar o que somos como comundiade , e cales son as nsoas teimas e os nosos anceios.
Así volo ofrecemos. Non queremos darvos outra cousa que un Programa de Festas, onde o arte duns, as creacións de outroe, e a colaboración económica dos anunciantes permiten que, dun xeito ou doutro, a Vila e os vilegos nos vexamos referxados.
-O equipo gráfico e liteario / A empresa editora..
***************************************************************************************
SAÚDO DO ALCALDE
Cando chegan as nosas Festas de San Xoán de Sárria, os sarriaos facemos unalto no andar de cada día para sermos fieles a unha tradición que ven de moitos séculos atrás.
Abrimos as portas ás familias, ós amigos, ós que están lonxe , e tamén temos o saudoso recordo para os que nos deixaron, para os que non poden estar connosco nas horas de ledicia.
Poñemps galanía polas rúas e queremos que os máis novos fagan o mesmo vello rito que a nós nos ensinaron os devanceiros.
Peamos por uns días o titmo febril do traballo e das preocupacións e queimamos horas de vagar nunha xuntanza na que cadaquén pon o millor dos seus soños-
Isto é o que siñifican as Festas do San Xoán.
¡ Sarriaos ! ¡ Forasteiros que nons facedes compaña ! :
Fagamos que cantos bons sentimentos xermolan nestes días sexan promesa dun mundo millor.
¡ Que o tenro e doce sentimento da fidelidade ó pasado abra camiños de esperanza !
E a esta mocedade que agroma nun sentir de galeguidade . só me resta dicirlles que neles están o futuro e a esperanza .E E que a súa ledicia e a ledicia de todos nós
E que a súa ledicia é a ledicia de todos nós : ¡ A festa é vosa , disfrutádea !
Arturo Corra Gutián ( Alcalde de Sárria )
*******************************************************************************
UN SAÚDO
Permitídeme que nestas páxinas , que son o limiar das Festas de San Xoán de 1985, agradezo a axuda que ramistas e pobo en xeral me teñen dado para facer leda realidade este espello de vida que son os festexos tradicionais.
A confianza que o Concello de Sárria me concedeu para facermos un equipo, foi para min responsabilidade, pois penso que acertar en darmos gosto a todos non é cousa doado, como tampouco é doado xuntar recordos de uns con degoros dos máis novos , e facer unha programación que, respondendo ás tradicións de séculos, sexa propias do tempo de hoxe.
Certamente poderiamos facer unhas millores festas , non teño dúbida de iso, mais dacordo coas nosas posibilidades, coido ofrecemos unha ampla programación, que se complementa cos actos que Sociedades , Clubes e Asociacións Culturais levan adiante nestes días , dando amostras de que andamos todos xuntos no desexo de que Sárria e as súas festas de San Xoán sexan ponto de encontro , e momentos inesquecibeis para a ledicia presente e a lembranza futura,
Este é o desexo da Comisión de Festas , que eu quero facer presente, agradecendo ó tempo a boa acollida que nos destedes.
O Presidente
Xulio Regueiro Díaz
********************************************************************************
PREGÓN
Xaime Félix López Arias
O San Xoán de cada ano / á vila xa ven chegando / e os corazóns da xente / están no peito estoupano //
E por outeiros e veigas / ven pregoando o verán / as xornadas de lembranza / do noso señor San Xoán //
E os pequenos rebrincan / e os vellos esquecen penas ,/ mais sirven ferve-lo sangue / co sorrisiño das nenas //
E os mozos traballadores / do taller e as cortiñeiras / aguzan ollos e orellas / cara as mozas falangueiras / e como están realizadas / xa non se fan prosmeiras,//
Os ramitas bulen-bulen / na percura de diñeiro / e todo vilego honrado / vai afrouxando o moedeiro.//
E cando está ben pensado / o programa festexeiro / van os ramistas e chaman / ó pobre tamborileiro //
Eu, collendo o cornetí, / e como son ben mandado ,/ veño a pregosr as festas / ó xeito do ano pasado//
"Veciños todos da vila ,/ das aldeas e lugares / e forasteiros graiosos / que andades nos nosos lares ,/ vide todiños ás festas , / con tino.....¡Non vos perdades !.//
Comede pouco, bebede ,/ asegún on as edades, / tede coidado co fígado,/ o colesterol e os sales ; / non andedes de apalpadas / que iso é mao se bailades; en fin, que unha vida san, / os catro días fagades, //
Así o manda e ordena / quen na vila ten o mando,/ e eu así volo digo / pois por iso estou cobrando, // O TAMBORILEIRO MUNICIPAL (INTERINO )
( que agarda a V.S, convoque unha oposición restrinxida ).- Amén
**************************************************************************************
( Poema adicado ao limpabota e pescantín " Durán" )
Polas rúas pasas , compañeiro, / dándonos o saúdo e mailo aprecio./ Polas rúas pasas. / E gardas saberes antigos , segredos e esperanzas ,/ Tés en Sárria a vida e as lembranzas ./ E nas enrugas da fronte e nas mans encalecidas / está o traballo, está o loito e está o saúdo amo, / ¡ Amigo ! //
(:XFA )- Xaime Félix López Arias
**************************************************************************************
LEMBRANDO A D. XOÁN MARÍA LÓPEZ DE ALMANCE
Don Xoán Mª López de Almance ( " O Cura de Nullán " ) nacéu na Casa de Pumares da Ribeira ( Vilar de Sárria ) , Foi capelán castrense da vila de Sárria e home de grande fprtuna . Algunhas informacións falan de que tivera moita sorte na lotaría, conseguindo vintecinco mil duros dos da metade do século XIX.
Ao seu desprendemento débese a construción da nova Igrexa de Santa Mariña , cuia testamentaría facilitou os fondos precisos para rematala en dous anos ( 1883 7 1885 ). Tamén as dúas torres da fachada principal da Catedral de Lugo se remataron gracias a un legado do exemplar sacerdote.
Como proba do agradecemento de Sárria a un dos seus millotres fillos a antiga Praza do Mercado leva agora o nome de "Don Xoán María López".
A fotografía que acompañamos está tomada dun cadro que se garda no faiado da Casa do Concello , e que , co gallo do Centenario da Igrexa de Santa Mariña , é de agardar se poña en un ponto máis digno.
Xa o di a lápida que todos coñecemos ; "Sarrianos, vividle agradecidos ".
XFA ( Xaime Félix López Arias )
Nota: O óleo co retraro de don Xoán María López de Almance figura na Galería de Sarriaos Ilustres , no Salón de Sesións da Casa do Concello.
*********************************************************************************
CEN ANOS DA NOVA IGREXA DE SANTA MARIÑA
Xesús García Bernardo
Cúmplese neste ano o primeiro centenario do remate das obras de construcción da nova igrexa parroquial de Santa Mariña de Sárria , razón pola que nos puxemos a furgar na historia local para coñecermos as miudanzas que levaron ó derrumbamento da primitivs igrexa - no decir de moitos investigadores, tal é o caso de López Ferreiro, Angel del Castillo e Amor Meilán , unha auténtica alfaia do románico, e o erguer o que hoxe vemos.
Sinalemos que a mediados do século XIX había en Sárria, unha Sárria formada polo que hoxe poderiamos chamr o casco antigo, a firme espranza de facer unha nova igrexa , pois a parroquial de Santa Mariña quedábse pequena Para algúns a primitiva igrexa era " el único ejemplar de arte románico puro del que justamente se enorgullecía la pintoreca villa de Sárria". Era de pequenas dimensións , e decímolo con base nun documento datado o día 12 de Novembro de 1862 onde se di que a igrexa · no corresponde bajo ningún aspecto al culto divino ni en ella pueden tener lugar muchos de los actos religiosos , especialmente aquellos de gran concurrencia". Enade este documento que a necesidade viña de vello pro " más de unos años a esta parte por el aumento considerble de la población" ; no mesmo documento fálase do desexo de facer unha igrexa nova nun lugar máis axeitado e desafogado, o que nos fai supoñer que a calle Maior, antiga Rúa Principal, estreitábase na concurrencia coa igrexa, e vemos tamén que se di que a igrexa vella era "reducida " e "ruinosa" , como viñan de recoñecer "el Obispo y el celoso y activo cura parroco don José Baamonde , quien manifestó la conveniencia y necesidad de un nuevo templo".
Os veciños déronse presa a axudar e comprometéronse a dar diñeiro para que se fixera unha nova igrexa. Consérvase unha lista de 95 familias cun ofrecemento total de 5.532 reás. Os compromisos máis altos foron os de Antonio Macía Cedrón, Juan Antonio Ulloa, José Ramón de la Torre, José Fernández, José López Quiroga, Juan del Barrio, José Goyanes, Ramón Martínez, Manuel Díaz de Freijo y Juan María López.´
O 27 de xaneiro de 1864 os que ofreceran cantidades meirandes foron chamados para facer un anticipo para pagarlle ó arquitecto , e o 2 de febreiro Manuel Díaz de Freijo entregou para tal pago 1.046 reás.
Ó primeiro a nova igrexa parroquia pensouse facer perto do hoxe cru do Avenida. onde xa se mercara unha finca . máis os albaceas de D. Juan María López , cecais polos propios intereses ou pola presiñon das "forzas vivas " da vila, incumpliron o mandado e fíxose no lugar da vella e en terreos da Praza do Mercado. E para rematar coas posibles amostras de desagrado puxeron unha fonte publica perto do terreo de abaixo.
Principiaron as obras no 1883 e rematáronse no 1885 , hai un século.. O arquitecto foi Cobreros , que complementariamente realizóu o planeamento da Praza do Mercado ( Murallon ) , obra pouco doada polos contrapesos que se precisaron.
Da primitiva igrexa só restan un dibuxo do pórtico principal e un chapitel , calificado de primoroso, gardado hoxe na sacristía , adornado con motivos vexetais , e que hai cinco anos se levou a unha exposición sobor do prerrománico.
Santa Mariña ( A Nova ) co seu reloxio municipal forma, dende hai cen anos, parte da paisaxe urbán da vila e é parte tamén da vida dos Sarriaos.
Xesús García Bernardo
**********************************************************************************
NOVO ESCUDO E BANDEIRA DA VILA DE SÁRRIA
Manuel Tourón Yebra
A falla tan só dalgúns trámites buricráticos , que en nada han afectar á súa fisonomía , tense rematado a composición do novo Escudo de Armas e da Bandeira e Guión Municipais. definitiva, ,
Este artigo pretende poñer en claro o proceso de xestación e desenrolo de blasón e enseñas así como as circunstancias que concorriron até a súa adopción , con expresión das bases históricas e heráldicas en que se fundamentan.
A posesión dun Escudo e Armas legalizado era unha vella aspiración de Sárria que as corporacións municipais foron demandando. Na primavera de 1984, o meu amigo Xaime Félix López Arias, transmitiume os desexos da actual Administración Muncipal de levar a eefcto o controvertido asunto polo meu vencello coa Eascola de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria, realicei unha primeira xestión para determinar a procednecia a seguir, entrementras el xuntaba unha ampla documentación histórica e heráldica de Sárria que me remesóu no seu momento, xunto cunha proposta de Escudo que non difería sustancialmente da agora aprobada, masi que precisaba dalgúns axustes que eu mesmo fixen.
Con relación á Bandeira e Guiónm non había unha idea da que partirmos e é preciso deixar constancia da decisiva colaboración de José María de Montells y Galán, historiador e membro da Sociedade Española de Vexiloloxía, que realizóu os bocetos.
Rematados Escudo e Bandeiras . foron sometidos á aprobación de Don Vicente de Cadenas y Vicent, Académico da Historia e Cronista Rei de Armas , quen referendeu coa súa autoridade académica e oficial as propostas presentadas.
O Concello de Sárria deu a súa conformidade ós diseños que, denantes da admisión oficial se lle remesaran.
As novas Armas da Vila descríbense así:
Mantelado:Primeiro de azur ( azul ), sostido dunha terrasa ó natural. unha torre donxonada de prtata, mazonada de sable ( negro ), aclarada de gules ( vermello )eratrillada de prata, acompañado de dous leóns de ouro, rampantes e afrontados, armados e lampasados de gules, coas testas contorneadas. Segunod, de prata seis roeles de azur, postos en dous paus.Mantel de azur, con catro ondas de prata en punta, surmontados dunha vieira de prata,Ó timbre , Coroa Real de Españs pecha.
A Bandeira ou estabdarte é terciada vertical de branco, azul e branco, cunha torre de prata, mazonada de negro, aclarada e vermello e rstrillada de prata, cargandi na franxa do medio,
A adopción dunha nova bandeira municipal non presentaba en principio ningún problema, tendo en conta a carencia de tradición vexilolóxica da vila e a imposibilidade real de determinarmos se noutros temposd dispuxo de pabellón propio , por outra banda, e isto sí era problemático, esa Bandeira tería que ostentar unhas coores que coincidiran coas do campo do Escudo , pois así figura estabelecido,O axuste das Armas solucionóu a cuestión, xa que a prata e azur pódense traducir en branco e azur para a Bandeira que, amáis, se correspondía coas coores tradicionais do Reino de Galicia.
Por último, as Leis Vexiloloxicas autorizan a cargar o Estandarte Mmnicipal coa peza máis característica do Blasón, Sen dúbida a eleición da torre é atinada , pois que simboliza en si mesma a máis xenuina representación da Vila.
Polo que fai ó Escudo m o primeiro aspecto a considerarmos eran as Armas que até dagora se viñan empregando , sen a preceptiva legalización,A primeira proposta mantiña estas pezas como elementos esenciais do Blasón e iso parecía excesivo, coa base de que a torre e os leóns, constitúen unha representación heráldica moi común ; sen irmos máis lonxe. o segundo cuartel do Escudo cortado de Lugo ten este motivo e é moi probabel que de aí pasara a Sárria. Sen lle restar importancia á nosa bimilenaria Capital, había que introducir as modificacións precisas que distinguirán á nosa histórica Vila e a vencellarán co seu ricaz pasado, sen cortar coa tradición máis de perto. Por iso mantéñense os leóns e a torre, aqueles coa cabeza contornada e esta de prata, pero situadas no primeiro cuartel
O segundo aspecto é, precisamentem a división do campo,Fixose opción polo mantelado xa que ofrecía unhas posibilidades representativas máis homoxéneas, dada a natureza das pezas,, ó tempo que, dalgunha maneira, o mantel significaba a unión entre a tradición máis de perto ( torre e leóms ) e a máis lonxana ( roeles ). O "Camiño de Santiago" e os ríos sarriaos , simbolizados a vieira e as ondas do mantel, conformaron notros tempos a persoalidade da Vila , e aínda hoxe son elementos determinantes do seu pulo e desenrolo.
Queda por analizar o segundo cuartel que contén as Armas da Casa de Lemos, que na Alta Edade Media e boa parte da Moderna ondearon en torres e fortalezas , Sárria unha delas, dando testemuña do seu poderío e tamén da súa misión social.
Aínda que é certo que as armas persoais non se deben utilizar en armas de municipios , non é menos certo que nada impide poñer os roeles nun blasón que podemos calificar como de nova creación .
Numerosos apelidos ilustres poderían encher o Escudo Municipal , mais os seis roeles de azur son algo máis que un apelido , son a expresión heráldica dunha tradición histórica multisecular que chega ós nosos días.
A cuestión do timbre tamén merece unhas liñas, En realidade a Coroa debería ser mural, isto é, representación das murallas e torres que no pasado cinguiron vilas e cidades.
A Real Academia da Historia recomenda que as armas dos municipios se timbren coa Coroa Real de España. O noso pensamento inicial de utilizar para timbre a Coria marquesal, tivo que se olvidar axustándose ó ordenado.
Manuel Tourón Yebra ( Licenciado en Histoia )
Extractado do seu traballo: Novo Escudo e Bandeira da Vila de Sárria "
*********************************************************************************
O ÚLTIMO HOMENAXE
As maus, que tantas veces falan por nós, poden chegar a truncar cen anos de vida nun momento.
Este ano non haberá San Xoán para o Pino do Marqués.
Nunca máis ollaremos esta silueta como fondo de pasacorredoiras, cohetes e verbenas.
Gardemos un minuto de silencio.
Poñamos unha placa imaxinaria sobre deste monumento á irresponsabilidade
Xosé Marra
( Texto sobre unha fotografía da súa autoría, que contén a imaxe da escultura "A Man" de Xosé Díaz Fuentes," Villa Andrea" e o abeto pinsapo que fora chantado coa ocasión do nacemento de Matías Oñate López, neto d Matías López e López , maxestuosa árbore que se fixo desaparecer cando os donos desa propiedade souberon da intención do Concello de facer unha praza publica na parte baixa da Vila )
********************************************************************************
SAN XOÁN DE FAFIÁN
Xaime Félix López Arias
Xan Xoán , O Precursor, o que abre camiños e aparta abrollos padroeiro da xente de Fafián, amóstranos a chegada da Palabra, do Verbo que fendeu a tebra e deu luce ós vieiros da escuridade mesta.
Fafián, terra de labregos, de muiñeiros, de xente da soldada, terra encosta , garda na sía igrexa a imaxe do Santo, e de outeiro a outeiro, cando o verán chega , as fogueitas falan dun mesmo sentimento.
************************************************************************************+
MULLERES SARRIANAS
A Xulia e Ana González
¡ Ah, mulleres sarrianas , lume ergueito, musas de antergos troveiros e xograres, estrelas dos esgrevios cabaleiros, primavera, eterna primavera no torrón escravo, na morna lareira e nas rúas vilegas sbertas a tódolos ventos !
¡ Ah, nobres mulleres que axudastes a parir - - - intre a intre - a nosa patria maceirda á forcia de couces e aldraxes !
¡ Ah, nobres descendnetes de Elvira Suárez , de dona Estefanía e de tantas outras donas e estirpe egrexia e lanzal !
Un día désteme o voso sorriso gasalleiro , agarimáste-las miñas meixelas con donda tenrura e o meu corazón quedou agradecido e contento.
Xa que logo de cando en cando volvo á vosa beira, comparto as vosas arelas con sinxelez e agarimo e regreso encheito de gozo á Lóuzara Xabreira, terra irmá da vosa terra.
Fiz Vergara Vilariño
***************************************************************************
A TEMPORADA DEPORTIVA
Xesús García Bernardo
Un ano máis facemos o resume do que deu de sí o deporte en Sárria nunha temprada,Un ano no que se deron satisfaccións e amarguras , sobre todo esta polos avatares da SD Sarrianae que levaron ó primeiro equipo do Clube á Primeira Rexional
Unha vez máis analizaremos as distintas actividades deportivas por orden alfabético para que non haxa envexas....
BALONCESTO
Non temos dúbida de que o baloncesto está chegando a altos cumes na nosa vila. A asistencia de afeizoados ós encontros que disputa o primeiro equipo do CB Sárria , que chegou a un bó sexto posto no Grupo Norte da III División , co que un ano máis segue na categoría nacional , é unha crara proba de que está nacendo e afortalándose unha grande afeizón.
Cccáis o meirande mérito do baloncesto sarriao na pasada temporda fose o dar un paso importante para rexovenecerse a plantilla do seu primeiro equipo, e así os xogadores "juniors "prestaron xa servicios na Terceira División e cun éxito máis que notabel, o que nos fai pensar que Sárria vai seguir sendo unha potencia do baloncesto provincial por moito tempo.
Os equipos juniors , xuvenil e infantil realizaron unhas campañas máis que aceptabeis, sendo de destacar que casque tódolos xogadores daqueles estarán na vindeira temporada nas mesmas categorías , co que se vai partir xa cunha base fundada cara alcanzaren títulos.
Temos que destacar a celebración nos meses de maio e xuño deste mesmo ano, do que se deu en chamar Mini Sárria 85, unha competición de minibasquet levada adiante coa colaboraci´on dos tres colexios de EXB da vila, e na que toman parte un total de cen rapaciños distribuidos nunha decena de equipos . Esta é a base do futuro elevado nivel do baloncesto en Sárria.
No aspecto adminsitrativo chegóu a consolidación do Clube como entidade. A integración na Sociedade La Unión sección de Baloncesto, foi o primerio paso para obter unha cimentación o suficientemente forte para que o baloncesto enraíce definitivamente en Sárria.
FÚTBOL
O fútbol deu satisfaccións ós afeuzoados sarriaos.
A Sarrians. o primeiro equipo, logo dun come´n calamitoso, pois até a xornada 32 non deu anamdonado o último posto da táboa clasificatoria, deixou a Rexional Prefernte, mais hai elementos novos que cunha boa dirección técnica , e sen cacicadas nos altos niveis coo Clube, ppderían darlle ó futbol local novas tardes de groria.
Pola súa banda o equipo xuvenil logrou, despois dunha brillante campaña o segundo posto na competición da Zona Sur, integrándose moitos dos seus compoñentes no primeiro equipo e desmostraro, que, inda verdes, posúen boas cualidades e poderán erguer de novo a Sarriana á categoría que lle corresponde.
Temos que deixar constacnia de que o Clube pasóu por maos intres nesta pasada temporada. Peña Díaz, Barreal López e Me´ndez Pacín foron tres presidentes para un ano, e Carlos Alberto, Siro e Aurelio tres entrenadores para o mesmo tempo. A sucesión do primeiro dos presidentes , a esapntada do segundo e o traballo do terceriro, que con meritoria dignidade ven no desempeño do cargo, foron as notas máis caracter´sticas dunha temporada que resultou tal como se presaxiaba, Cando uncapitán abandona a nave nos peores momentow , cando esta se vai a pique, as probabilidades de supervivencia non serán nada doadas.
FÚTBOL- SALA
Esta foi a temprada da consolidación do fútbol-sala en Sárris. Os equipos que dende hai xa varios anos viñan disputando unha liga local que eles memos organizaban, integráronse na Federación, creouse en Sárria unha Subdelegación da Federación Territorial Galega de Fútbol para levar o tema do fútbol-sala e os resultados non podían ser millores , con unhha liga local integrada por trece equipos e un equipo representativo de Sárria, o Ciguñeira, que se proclamou campeón da Liga Provincial,, despois dunha campaña sensacional na que só eprdeu un partido, empatou dous e gañou trece, conseguindo o ascenso á Liga Rexional.
A Liga Local , á que seguiu a disputa da Copa Local, foi gañada polo Bar París, que chegou ó ascenso á Liga Provincial.
Como amostra da potencia que está tendo o fútbol - sala hai que destacar que o 25 de xuño, dentro da programación festeria dispurase no Pabellón de Deportes un interesanet partido entre unha Selección Provincial e o Chaston, de A Coruña e campeón de España, Todo un bon espectáculo está asegurado.
CLASIFICACIÓN FINAL DA LIGA LOCAL
BAR PARÍS ( 39 puntos ); ALMACENES SAN JUAN ( 38 puntos ) ; MESÓN DO XUGO ( 37 puntos ); BODEGÓN DO REY ( 33 puntos ); CEMESNTOS COSMOS OURAL ( 29 puntos ); BAR GRAN VÍA ( 28 puntos ); HISPANIA R. DAFRA ( 28 puntos ); JUVENTUS ( 24 puntos ); ISAJOR ( 23 puntos ); ERGEITOS DEPORTES BASILIO ( 16 puntos );DISCOTECA LITMAR ( 13 puntos ); MESÓN NÚLEZ ( 8 puntos ); ESTACIÓN SEAT ( 4 puntos ).
NÁUTICA
O Cluibe Juventud OJE , con sé en Sárria e Portomarín, tivo grande actividade nos deportes náuticos, sendo por máis o representante dos clubes náuticos da provincia a nivel federativo.
Coa súa nova instalacióm na beira do encoro de Belesar milloróu mloito os seus servicios e deu ensino nas actividades de vela, piragüismo, esquí acuático e vela-surf. amáis de cursos teórico-prácticos de vela, patróns de embarcacións a vela e motor de 2ª clas, radio e transmisións, actividades de aire libre, natación, etc.
Este clube firmóu un acordo de colaboración coa Unión, que resultóu interesante para ambalasdúas sociedades e ten intercambios co Club Náutico de Vigo.
TIRO
Fiel á súa finalidade de fomenta.la cultura e o deporte en toda.las clases sociaiis o Club de Tiro San JUan desplegou unha intensa actividade deportiva, no seu campo de tiro " Chousa de Padriñán ", onde conta con instalacións de foxo para tiro ó prato na modalidade de Foxo Universal, Fono-Pull, con cancha "cuberta" e local para reunións con servicio de cafetería e restaurante. Actualmente estase a construir unha galería para a práctica de tóda.las modalidades de tiro de precisiónm e teñen en proxecto comprar terreos para pistas d etenis, pía para natación e parque infantil.
As actividades que neste ano realizóu o Clube foron: Escola de Tiro, Tiro ó prato, carabina neumática, carabina lixeira, pistola standar, pistola groso calibre e avancarga.
Xesús García Bernardo
**********************************************************************************
LERIA I
Xaime Félix López Arias
Avogadp dos anos vinte, de moi boa casa e que pasaba consulta de cando en cando, pois non vivía da profisión, xa que lle sobraban as rendas.
Había un paisano que semana sí e semana tamén colleu a teima de lle ir facer consultas , e cando chegaba a hora de pagar sempre decía aquelo de "Vostede apunte que cando levemos o asunto adiante xa se pagará todo xunto.
E así un día e outro , até que o letrado, canso xa de falar de moca de regos e servidumes, de partillas e melloras matinou un día en que a seguinte vez que viñera habíalle dicir mal as cousas , pois il sospeitaba que pasaba consulta arreo con outro avogado da vila, e que cun pouco desorte, habíase ver libre de tan pesado como pouco pagador cliente-
E tal como o pensou o fixo. Chegóu o paisano, contoulle o novo problema que lle quitaba o sono e que tiña que ver cun angüeiro e unha calderia e o bon do home rematóu coa mesma despedida de sempre, O licneciado até aquel d´ñia se demorou dándolle explicacións e facendo como que as respostas as reforzaba mirando nun dos libros que ali tiña. Puxo a pucha o paisano e o boto pé para a rúa.
No intre entróu a cirda da casa e díxolle ó avogado: " Mire, señor, veño a dicirlle que ese home que agora pasou consilta trouxo un cabrito tan grande coma un becerro, e a ver que dispón o señor que fagamo
s, se chamamos ó matador...".
O letardo deixou á marmota coa palabra na boca e saiu cofrrendo , O paisano ía xa cun cacho andado.
- ¡ Ei, Manuel .-berroulle´--- O que lle dixen todo ó revés... Todo ó revés.
********************************************************************************
LERIA II
Xaime Félix López Arias
Nos lonxanos tempos da II República había en Sárriaun vilego que traballalba a xornal , e amigo de de ler sen ter que pagar un pataco a prensa diaria.
Tiña por costume ir a unha barbería do barrio da Estación, onde todos o temían , non só porque cando collia o dkiario non o soltaba até que o tiña lido, relido e memorizado, senón porque despois de remata-la lectura pontificaba sobre do divino e humano . dándose de sabido e enterado de canto os papeis poñían.
Tiña unha teima : O asunto social. Os asuntos do mundo do traballo facíano matinar moito. Folgas , regulacións , ideas sindicáis,, facíano cavilar moito e cando tiña ocasión, que era á primeira de cambio cando alguén lle daba pé, botaba un mitín en menos que o galo canta.
Cansos os clientes da barbería de que tal personaxe collera sempre o diario e non parara de lelo até que o tiña ben sobado, até que o tiña ben sobadio , conformaron un día en madrugar un pouco máis e non deixarlle botar ollado ó "políitco".
E así o fixeron, Cando chegóu o fulano, tiña o periódico nas mans un dos clientes. Estivo lé que lé máis de medua hora sen levantar ollo das follas, veña a ler e veña a lee cun interese desmedido, O noso home agardóu pensando que axiña o soltaría, mais non foi así, pois cando rematou a lectura pasoulle a publicación a outro cliente que se puxo a ler con non menos inrereses, e cando rematóu pasoullo aoutros, e este a outro...
Ó noso " politico" pic´ñaballe a curiosidade, antráballe un proído teimudo , ¿ que pasaría para que todos puxeran tanta atención na lectura e non comentaran cousa ?. algo grave tiña que ter pasado e il estaba ali sen sabelo.
O que máis o amolaba era que na barbería había un silencio de morte. Un silencio que duraba xa as tres horas en que sen conseguilo andaba a esperar que o periódico chegara as súas mans. E aínda había diante del tres homes que agaerdaban.
Non se deu aguantado :
- ¡ Coño !, ¿ Que pon o periódico que tanto vos interesa ?
- O Consello - dixo o que lía-. aprobou onte o arranxo da Avenida da República... Hai que retirar as casas vinte centímetros. en cada unha das veiras....
E o noso home cos ollos ledos diante de tan boa nova e con máis corazón que cerebro , brincou de contente,,
- ¡ Iso , iso !... ¡ Traballo para o obreiro !.
*********************************************************************************
OS QUINCE ANOS DE " MEIGAS E TRASGOS"
Xulio Xiz Ramil
15 anos xa do nacemento de MEIGAS E TRASGOS de Sárria, 15 anos ben aproveitados.
Chégame a nova desde Madirde, da actuación desta agrupación cultural sarriana na capital da Nación : Coral, grupo de baile, grupo de gaitas , actuaorn no Centro Galego e no programa de TVE , GENTE JOVEN. Iste é , sen dúbliuda, un fito na historoa de MEIGAS E TRASGOS , e un dato a ter en conta.pero moito menos imprtante que eses 15 anos de traballo, de esforzo, dunhas xentes que representan a vila de Sárria.
Coñezo a MEIGAS E TRASGOS desde que naceu e ós seus dirixemntes desde ese mesmo momento que é como decir desde sempre- E coñlecer a MEIGAS e a súa tarefa é vencellarse a esta iniciativa.
Era unha necesidade de que anos para tódalas vilas galegas o nacemento dunha entidade cultural. Había que sair do valeiro, e veu o tempo de que todo era novo, que había que facer cosuas, que as deixaban facer, que incluso axudaban a facelas.. E moitos ponbos acadaron grupiños de xente inqueda, poboáronse dee iniciativas culturais, que revestían a forma de grupos folkóricos , corais, agrupacións musicais, cine clubs, asociacións, grupos de amigos--- Todos eles parcían ter un obxetivo común : Suerguer s cultura galega nas máis diversas manifestacións.
En Sárria naceu MEIGAS E TRASGOS. Un grupo de amigos que pon en mrcha esta idea, e que ten a sorte de que del sae unha muller. Carmela González Ruiz que pon toda a súa vida a disposición da idea que nace. E máis. Consigue contaxiar o seu entusiasmo a cantos trata.
De súpeto Sárria ten non un grupo de baile senón grupos de baile de maiores, rapaces e nenos,, xurden varios grupos de gaitas.unha coral, actividades, festas, certames culturais,,, MEIGAS E TRASGOS , desde o primerio momentom xa representa a Sárri, e está presente en tódalas manifestacións culturais máis importantes de Galicia. Cando se fala de MEIGAS E TRASGOS , asociase co nome de Sárria. Pero tamén cando se fala de Sárria, xurde por asociación de ideas o nome de MEIGAS E TRASGOS.
Eu adoito o chamarlle MEIGAS a esta asociación, porque femenina é a representació que está en tódolos lugares onde faga falla para obter unha axuda , para colabkrar ou onde haxa que representar a Sárria: Carmela, Marité, Paz.. e tantas outars , forman esa avanzada de MEIGAS reconocible en calquer sitio, presente sempre onde MEIGAS debe estar.
Si tódolos pobos tivesen e conservasen un MEIGAS E TRASGOS como Sárria.... e tódolos MEIGAS tivesen a xente que ten o MEIGAS de Sárria, a situación cultural de Galicia sería moi diferente. Porque coido que o que falla nas pequenas vilas, nos concellos rurais e esta infraestructura humana que MEIGAS ten para recibir as accións culturais que veñen de fora, e arroupar as que dentro vaian nacendo.
Xa son 15 os anos de vida de MEIGAS E TRASGOS. Hoxe 15 anos despois , eu non diría que MEIGAS esteña tan enraziado en Sárria coma o castelo, pero casi tanto. E si un día me dan a nova de que MEIGAS desaparece , eu coidarei que Sárria está empezando a morrer. Anque xa sei que esto é imposible.
*********************************************************************************
NOVAS DE DOCE MESES
Xesús García Bernardo
1984
8 xe xuño.- Visitan Sárria o Conselleiro de E. e Cultura e o de Turismo, Xuventude e Deprte, Vázquez Portomeñe, e Villanueva Cendón, xunto co Presidente da Diputación,, Cacharro Pardo, para ver o edificio de "Meigas e Trasgos" ( en construcción ). Meses despois entre os tres organismos concederon ó Centro Cultural "Meigas e Trasgos"CIT unha subvención por vintecinco millóns de pesetas.
9 de xuño.- Na vila causa conmoción que a nova farmacia do Oural entre nos turnow de garda. O 14 a Alcaldía dá unha nota informativa e faise unha xuntanza cos farmacéiticos. Hoxe as gardas fanas tan só as farmacias da vila.
21 de xuño.- Teñen comén as Festas do San Xoán, coa "novidade" de seren no casco urbán da vila.
28 de xuño,. Manuel López Barreal faíse cárrego da Presidencia da SD Sarrina. Dimitiría o 13 de outubro e o 2 de novembro sería elexido novo presidente Avelino Méndez Pacín.
5 de xullo.- Celebrouse unha xuntanza dos Alcaldes da Comarca, que continuaría o 12, Tratan da non realziación do Plan de Obras e Melloras Territoriais, que tragería unha inversiónde 647 millóns de ptas., e da creación dunha mancomunidade de Concellos.
8 de agosto.- Unha vella teima por unhas augas remata, en Vilamaior , coa morte a tiros de Xosé Manuel Cernuda López. A Garda Civil detería como presunto autor do feito a Jaime Boado Rodríguez.
31 de agosto.-O Conselleiro de Ordenación do Territoiro e Obras Publicas visita amedia mañán a vila. Interesouse polo proxecto de construcción de aceras e complementación de servicios nas rúas por onde pasa o tarzado actual do Camiño de Sangtiago. Este interés ía quedar en nada e meses despois o Concello incluiría esta obra no Plan Provincial de Obras e Servicios para 1985,
1 de setembro.- O Alcalde anuncia que a Casa da Cultura vai a ser ubicada nas antigas Escolas Públicas , xa que a D.X. de Arquitectura e Vivenda do MOPU redacta un proxecto con un presuposto duns vintecionco millóns de ptas.
13 de setembro.- Anunciase no DOG a obra de reconstrucción e ampliación do Clube de Anciáns "Andurila" por un importe de 23.982.527 ptas.
21 de setembro< O Clube de Baloncesto Sárria intégrase na Sociedade LA UNIÓN, pasando a ser unha sección de esta.
4 de outubro.- O ciclón Hortensia é o protgonista da xornada, causando desperfectos, sobre todo na arboreda do Chanto.
23 de novembro.- Cortan ao tráfego a Ponte da Ciguñeira, por razón das obras da Rúa Calvo Sotelo ( hoxe Rúa da Liberdade ).
4 de decembro.- Pola tardiña emèzase a cotar o " Pino do Marqués " ( abeto pinsapo ), teima que se relaciona co interés do Concello en adequirir a " Villa Andrea" para adicala a parque publico.
6 de decembro.- Síguense as obras da Ponte da Ciguñeira , despois de estaren paradas con un interdicto.
7 de decembro.-
1985
11 de xaneiro.-Arde en Betote un taller de tapicería. A causa das fortes xeadas non se puido utilizar a auga do coche dos bombeiros.
21 de xaneiro.- Principia o traslado do Instrituto de FP ó novo edificio ( na zona de Ribela ), As clases comenzaría n nel o día 28.
22 de xaneiro.- Un novo interdicto para as obras da Ponte da Ciguñeira até o día 30.
24 de xaneiro.- Reunión no Concello para tratar do novo matadeiro. Non hai acordo , mais o Axuntamento comprométese a levar adiante os trámites adminstrativos.
17 de febreiro.- Garnde éxito do Antroido na rúa organizado por Meigas e Trasgos . O mesmo sucedeu o 19 coa saída da Peña Burato.
19 de febreiro.- Nun mato de Ortoá aparecen os restos de Guillermo González, coñecido personaxe residente na vila ( " O Químico" ) Desaparecera o 6 de u¡outubro de 1983, Confirmouse así a tese do suicidio.
15 de marzo.-Publícase pr vez primeira o proxecto de novo Escudo Municipal, Bandeira e Guión.
11 de abril.- O Pressuposto Municipal alcanza a cifra de 133 millóns de pesetas. No avamce de modificacióm das Normas de Planeamento sinálase unha importantee zona erde no centro da vila.
18 de abril.- Xuntanza dos alcaldes da comarca na que se acorda acelerar os trámites de constitución da Mancomudiade de Municipios, e de que a Consllería de Agricultura non leva adiante o Plan de Obars e Melloras Territoriais.
********************************************************************************
Tamén as pedras do castelo de Sárria souberon da loita Irmandiña.
Eloi Caldeiro
A manha cobre de brétema o val, o ar está prenhada de esperanzas ledas. De súpeto unha voz ¡ Abaixo os castelos !. Todas as gorxas irmandinhas soltan mil berros - Por Fasrbán venhen , a Rúa Maior, polo Mosteiro e o Salvador, os nobres fillos de Breogán con fouces, gadanhas . forcados ao vento pouco a pouco rodean o castelo berrando con voz arrepiante . " ¡ Abaixo os castelos, feneza o asobalhamento ! " A loita comenza , terribel e feroz : no outo da torre o fidalgo trema,.
.........................................................
Pola rúa da manhá o río ao pasar a Ponte Velha vai vermelho ,de liberdade celta. Mais a loita segue , non hai acougo nen medo . Perto da igrexa, no chan ferido, berra un home velho : ¡ Loitade galegos ! ¡ Galiza desperta ! ¡ Loiatde labregos, a vitroia é certa !. Rematando vai o serán escura e moura a noite chega acénden.se fachos de pahla e candís e lumieiras . O castelo non aguanta, fuxe o fidalgo á serra. Nace o sol , a manhñá chega , vasalo non quedou un, nen pedra sobre de pedra, rematáron-.se os aldraxes, ceibe a terra.
Eloi Caldeiro ( Do libro: " Sárria Imorrente" ( Inédito )
********************************************************************************
GAROLA
Uxío López Prado
Xan , o fillo do tío Ánxel que en paz estea, era un bebedor desfeito dende que tiña os pantalóns curtos. E ós cuarenta e moitos anos non tiña nin ofiicio nin beneficio.Gracias ás axudas dos parentes ía engañando as tripas , inda que estas estaban máis afeitas á agardente e ó ribeiro que ó calfo e máis ó unto.
Para ter dous reás para engrasar o seu ventrullo, tan afeito ó morapio e á augardante . facía calquer cousa : o mesmo pintaba a cancels de Dona Amparo, que lle axsitaba o xardínós señoritos da vila , que lle levaba as sillas ós dos postos cando había festas . Inda que pra facer isto tiña que principiar o víspora.
O Vintetrés de San Xoán , xa hai anos, mandáronlle ir buscar sillas á Estación, aí sobre as nove da mañá. hora esta que para el non era moi cedo, xa que dende as seis movía a noz da gorxa con augardente.
Ali se foi o Xoán polas sillas e as mesas e cando chegou á Avenida eran as cinco da tarde. Non tardara moito en descontando as pousadas e ergjidas que lle fixera ó carreto , pois onde vira cuncas e xarras ali paróu. E no úneco que se parecía ó Xan da mañán cedo era nas cantigas e na camisa , pois a "merluza" era moito meirande, Foi por unhja carrada e traguía dúas.
A garola que millor recordo do noso personaxe aconteceu unha mañán na taberna do Enrique . número tres á hora de molla-la gorxa logo de se erguer da cama.
As cousas foron así:
-- Enrique : ¡ Unha copa de lavagorxas pola mañá " que os pès lávoos ás oites !
O Enrique puxolle a copa e colleu a peza de diñeiro que o Xan lle puxo para que cobrase. Deulle un peso de voltas.
O Xan mirou o pesso e encendeu como un foguete, mais non reñendo, senón dando gargalladas e berrando, dixo::
- ¿ E quéresme amolar ?
- ¿ Que dís , Xan ? ¿ non che sentóu ben a copa ?
- ¡ Que copa nin que gaitas ! O que me senta mal é que te me subas ó lombo. ¿ cantos cartos che dei eu )
- Cinco pesos ...
- Ti estás tol, dinche des...
- Non hom,déchesme cinco....
- ¡ A fe que foron dez. ¿ A cnato é a copa ?
- A vinte pestas coma sempre
- Pois cando saín da casa, na Pedreiira , tiña para cinco copas , ou sexa , vinte pesos. Toméi unha no Andión, outra na Cantina e agora esta, ou sexa tres copas, Logo teño que ter para dúas máis. Mira, dínche des pesos e non me líez .... ¡ Que eu non conto por cartos que conto por copas !
O Enrique enrugou o fuciño e con cara de pote queimado quitou os cinco pesos quitou os cinco pesos do caixón e puxollos na man ó cliente.´
Ó sair da taberna o Xan botou o seu grito de guerra :
< ¡ Vaite hooo.... "
**********************************************************************************
ACTIVIDADES ECONÓMICAS DESAPARECIDAS
BAR SAVOY.- Edificio Alborada. Rúa Ramón Cabanillas.
PARRILLADA PETO.- Estrada de Abaixo- Farbán
TALLEREZ VILLA ( Mobles ). Feculera- Ramón Cananillas
GRAN TABERNA. Rúa Pedro Saco
INDUSTRIAS LOPEZ Y TABOADA SL ( portas de Madeira ). Betote
CAFÉS LODÍAZ.- Rúa Matías López
DONNA SALÓN DE BELLEZ. Rúa Matías López.
VILLAMAR-CAFE BAR. Rúa Maior 36
LÓPEZ ARIAS, SL . Venda de pensos. Rúa Conde de Lemos
CARNICERÍA LA FAVORITA. Edificio Alborada. Rúa Ramón Cabanillas.
CALZADOS GALICIA. Rúa Calvo Sotelo 90 / Rúa da Liberdade
OPTICA ADOA.- Rúa Diego Pazos 22
RESTAURANTE CASA HORACIO Rúa Diego Pazos 54
VIDEO CLUB 2001. Rúa Calvo Sotelo . 126 /Rúa da Liberdade
TALLERES EÑECTRICOS SIERRA.- Rúa Pedro Saco 20.22
BASILIO. Caza .Pesca. Deportes, Paseo do Malecón o Río Sárria.
MESÓN ALBORADA.- Paseo do Malecón do Río Sárria.
TRAPOS. Boutique ropa. Rúa San Lázaro 1
COMERCIAL JOSÉ Y LUIS. Maquinaria. Diego Pazos 69.
DEPORTES PIÑEIRO.- Calvo Sotelo / Vázquez Saco ( Rúa da Liberdade )
ALMACENES CURRO. O Carballal Vilar de Sárria
CARPINTERÍA METÁLICA EL CHANTO. Rúa Curros Enríquez
SERVICIO TÉCNICO COBAS . Rúa Pedro Saco 17
TALLERES JONÁS. O Mazadoiro.
MODELO 2002. Moda. Samos. Avda, Genralisimo / Rúa Compostela
SARRIAUTO SL , Matías López 85 / Calvo Sotelo,67 / Rúa da Liberdade
******************************************************************************
a
*************************************************************************************
Comentarios
Publicar un comentario