SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1986 ) ( 505 )
FESTAS DO SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1986 ) ( 505 )
PROGRAMA DE FESTAS . SAN XOÁN DE SÁRRIA, 1986
CREACIÓN DA FIGURA DO TAMBORILEIRO MUNICIPAL DE HONRA
( O día 22 celebráronse ELECCIÓNS XERAIS para eleixir deputados e senadores )
*****************************
DÍA 21. FESTA DA MOCEDADE
ÁS 4 : Apertura do Feiral ( Rúa Matías López, Rúa Nova. Rúa das Camelias.
ÁS 7 : No Parque da Sociedade la unión o Alcalde tirará o foguete que sinala o comén das festas. PREGÓN a cargo de Don AVELINO POUSA ANTELO ( Tamborileiro Municipal de Honra ). Actuación da Coral de Meigas e Trasgos
ÁS 9.- Festa na Rúa Matías López coa Orquesta " Quinta Avenida "
ÁS 10 e media.- "O Mago Antón " presentará o seu grande espectáculo " O Mago Merlín"
ÁS 12 da noite.- Verbena
PROGRAMA DEPORTIVO
Ás 4 da tarde.-No Cruce da Estación , Saída da Segunda Volta Ciclista a Sárria ( Orgaizan o Clube Ciclista Milagros de Lugo e a Comisión de Festas )
Ás 6 da tarde.-´ No Cruce da Estación, entrega de trofeus da II Volta Ciclista.
Ás 7 da tarde.- Baloncesto. Pabellón Municipal. CB SÁRRIA-LA UNIÓN- MARISTAS
*********************************************************************************
DÍA 22. DÍA DA COMARCA
Ás 10 da mañá.- Disparo de bombas e pasarrúas , coa Banda de Musica de Sárria e o grupo Agarimo.
Ás 12 horas.- Concerto da Banda de Música de Sárria.
Ás 9 da tarde; Festa coas Orquestras Duendes e Tony Constant
Ás 12 da noite.- Verbena coas mesmas orquestras
PROGRAMA DEPORTIVO
Äs 11 da mañá-.- Final do VI Trofeu San Xoán de Tenis, na pista de Tachín ( O Campionato celébrase dende o día 10 de xuño )
Ás 5:30 da tarde: Fútbol ( Copa Deputación ) Sarriana- S. Lázaro de Lugo.
*********************************************************************************
DÍA 23.- DÍA DA FOGUEIRA
Ás 7 da tarde.-Show infantil polo grupo Metropol adicado a tódolos nenos ( na Rúa Matías López )
Ás 8 da tarde.- Pasarrúas coas Bandas de Música de Sober e Sárria, o grupo Agarimo e os gaiteiros de Meigas e Trasgos.
Ás 9 da tarde.- Festa coa Orquestra Metropol-
Ás 11 da noite.- No Campo da Feira acenderase a FOGUEIRA DE SAN XOÁN: Haberá tamén a tradicional QUEIMADA e actuará o grupo Agrarimo.
Ás 12 da noite.- Verbena coa Orquestra Metropolo.
********************************************************************************
DIA 24.- DIA DO PADRÓN
Ás 10 da mañá.- Pasarrúas coa Banda de Musica de Sárria e o grupo Agarimo.
Ás 11 e media.- Na Igrexa de Santa Mariañ MISA MAIOR seguida de Procisión Eucarística ( Misa cantada pola Coral de Meigas e Trasgos )
Á 1 da tarde.- Concerto na Praza de D. Xoán María López pola Banda de Musica de Sárria.
Ás 9 da tarde.- Festas coas Orquestras Cuelebre e Manfer.
Á medianote..Sesión de fogos artificiais.
Á 1 da mañá.- Verbena coas mesmas orquestras.
PROGRAMA DEPORTIVO
7 da tarde.-Nas Insuas Partido de Fútbol Club Deportivo Lugo- Sarriana, XVIII Trofeu San Xoán
SOCIEDADE LA UNIÓN.Ás 13:30 da tarede Sesión Vermu. Orquestra Quemida, äs 20: Asalto Baile : Orquestra Queimada. Ás 24: Verbena coas Orquestras Ceniza e Queimada--
AGRUPACIÓN CULTURAL ERGUEITOS.- Exposición de Artesanía Popular. No Nuemros 17 da Rúa Pedro Saco.
*******************************************************************************
DÍA 25.- DIA DA DESFEITA
FESTA DOS NENOS
Ás 10 da maña .- Pasarrúas coa Banda Municipal da Arzúa, Banda de Granaderos de Arzúa e Grupo de Gaiteiros da Deputación de Ourense.
Ás 11 da mañá.- Na Rúa Matías López, Concirso Infantil de Pintura sobre o asfalto.
Ás 12 da mañá.- Competición de Mini-Bólidos no Pabellón Muicipal de Deportes, patrocinado por Coca-Cola
Á 1 da tarde.- Concerto coa Banda Municipal da Arzúa.
Ás 5 tarde.- Guiñol para os nenos polo grupo de Ergueitos.
Ás 6 da tarde.- Desfile do Grupo de Gaiteiros da Deputación de Ourense e Banda de Granaderos de Ferrol-
Ás 9 da tarde.- Festa coa Orquestra Monumental, a Banda de Musicia da Arzúa e Los Jaslas.
Á medianoite.- Sesión de Fogos Acuáticos no Malecón do Río Sárria.
Á 1 da maña.- Verbena cos mesmos grupos (-Banda de Granaderos de Ferrol. Aportación Caixa Galicia )
SOCIEDADE LA UNIÓN, Ás 22. Cea Americana segudia de Verbena coas Orquestras Queimada e Pao.
********************************************************************************
ESPAZOS FESTEIROS
Feiral: Rua Matías López, Rúa Nova, Rúa das Camelias ).- Parque da Unión.- Cruce da Estación.- Pavillón Muncipal do Chanto.- Pista de Tenis de Tachín ( Vilar de Sárria ).- Campo de Fútboldas Insuas,. Campo da Feira.- Igrexa de Santa Mariña.- Praza de D. Xoán María López.- Sociedade A Unión.- Baixo da casa nº 17 da Rúa Pedro Saco.- Malecón do Río Sárria.
**************************************************************************************
COMISIÓN DE FESTAS
Presidente: Euxenio López Carrozas- Vogais: Luis Daga López, Víctor lópez Villarabid, Uxío López Prado ( Representante do Concello de Sárria ).
**************************************************************************************
LIBRO PROGRAMA 1986
Portada: Autor, Antonio Vázquez Rivas ( Avari ) Grandes Festas do 21 a o 25 de xuño. Sárria. 1986. San Xoán. Deseño: Agulla e reloxo da Torre de Santa Mariña. Faroliños alumeado á veneciana. Textos: ¡ Foguete fora !¡ Comenxe a festa !.- Bando ( Arturo Corral Guitián. Alcalde de Sárria ).- Saúdo do Presidente da Comisión de Festas ( Euxenio López Prado ).- Pregón ( O Tamborileiro Muniipal ).- .- Un labor pola Cultura Galega ( Xaime Félix López Arias ).- Festas de San Xoán ( Ingresos-Gastos ).- Pulpeiras de Sárria ( Xaime Félix López Arias ).- Ode ós carpinteiros sarriáns ( Fiz Vergara Vilariño ).- Diego Pazos e García ( Xaime Félix López Arias ).- As Noticias de Doce Meses ( Xesús García Bernardo ).- O troveiroo sarriano Alvaro (Afonso ) Gómez ( Manuel Celso Matalobos ).- Programa de Festas.- Algunha vez teño soñado ( Xosé Marrra Quiroga ).- O San Xoán de Couso - Piñeira ( Xaime Félix López Arias ).- Unha temporada do Deprte Sarriao ( Xesús García Bernardo ).- Auga viva ( Xaime Félix López Arias ).- Apuntes da Historia Musical de Sárria. ( Xesús García Bernardo )
**********************************************************************************
TEXTOS E COLABORACIÓNS
BANDO
O Alcalde do Concello de Sárria
fai saber :
Que dende o vinteún de Xuño ó vintecinco celebraranse en Sárria as tradicionais FESTAS DE SAN XOÁN que ofrecemos para tódolos vilegos e forasteiros no desexo de que traian ledicia para todos.
Este costume de saudar a chegada do verán darredor do lume ventureiro da Noite de San Xoán , que ven dende lonxanos tempos, facémolo anovar cada ano con un forte senso de galeguidade e boa veciñanza.
Neste ano a partiicipación cívica e os festexos danse a man , amosando deste xeito a responsabilidade da vida cidadán , na que responsabilidades e bons desexos sinalarán o roteiro dos vindeiros meses.
O Concello de Sárria, co seu Alcalde ó frente , desexa a cantos nestes días de ledo folgar connosco estean , alcontren, por tras do rebumbio propio destas datras a verdadeira face dun pobo traballador e responsabel que laboura polo engrandecemento do que os devanceiros en herdo nos teñen deixado.
¡ Que Sárria sexa para todos unha grande festa !
Sárria, Xuño de 1986
O voso Alcalde
Arturo Corral Guitián
*************************************************************************************
SAÚDO DO PRESIDENTE DA COMISIÓN DE FESTAS
Cantos formamos parte da Comisión de Festas de San Xoán neste ano 1986, tencionamos ofrecervos unha programación amena e variada, que, dentro dos recursos disponibeis, chegue a todos.
Isto non é doado, pois é ben sabido que as dificultades son moitas e os recursos non tan amplos coma sería de desexar. Non abonda con que o Concello dea unha aportación importante , nin que particulares e industriais fagan donativos máis ou menos grandes, é preciso que tódolos sarriaos tomemos conciencia do verdadeiro significado das festas patronáis e da súa trascendnencia a nivel comarcal e provincial para, dese xeito, axudar según corresponde. E, en verdade, que con unha axuda decidida as festas habían ser mellores e ter unha meirande proxección.
Agardemos aos anos vindeiros para vermos se o pobo de Sárria dá un novo pulo ás festas da Vila.
Nese labor andamos, e aceptando de antemán as críticas , ofrecemos unha programación que coidamos axeitada. Agradecemos a colaboración de particulares e institucións e desexamos que, coa axuda do noso padrón San Xoán estes días sexan de felicidade para todos, sarriaos e forasteiros.
Gracias a todos.
Euxenio López Carrozas
*******************************************************************************
PREGÓN
De San Xoán o día chega / e xa se escoita a fanfarria, / que vos son moi barulleiros/ estes vilegos de Sárria //
Ofrecen música e baile , / bandas, orfeóns e ciclistas, / que, sonvos moi espildios , / os condenados ramistas //
Exposicións e foguetes, / e hai cousas de deportistas, / luminarias polas rúas / e diversións hai...... das mixtas. //
Lembrando tempos de outrora / fai pregón o Pousa Antelo / e vaille prestar axuda/ ó meu pregón tarabelo .//
Vinteú é o do comenzo, / e vintedous o que sigue : / pollo día votacións / e pola noite de ligue.//
Vintetrés alo no alto / haberá gran labarada / e con lume e augardente / do vran verei a chegada.//
Vintecatro é o Padrón , que é data moi agardada, / quen ande de convidado / de moca gaña a soldada,/Vintecinco, pra remate / cando a xente se delita / brincando leda, contenta /pois iso é lei ben dereita , / hémoslle pidir ó Santo / que os candidatos eleitos / se lembren de nós catro anos / e sexa boa a desfeita//
E tí, meu santo qureido. / se de agarimo dás proba / mándanos sol ós de Sárria , / fai que na festa non chova, //
O TAMBORILEIRO MUNICIPAL ( interino )
( Que segue a agardar da v.S, convoque oposicióm restrinxida , ou de poder ser, que lle arranxe os papeis do paro" )
Xaime Félix López Arias
************************************************************************************
UN LABOR POLA CULTURA GALEGA
Xaime Félix López Arias
No comén foi só un xermolo prometedor rompendo a monotonía da vila. Unha candea miúda na escuridade indiferente. Hoxe é unha realidade puxante e chea de vida que prendeu en moitos e a moitos chega.
Para outros, eses eses que só están atentos a poñer tachas ó bon labor alleo . MEIGAS E TRASGOS foi e é coma un divertimento para desocupados , unha angueira de quen non ten outra cousa que facer.
Se ese argumento tivera algo de realidade serían moitos, unha morea , os sarriaos que teñen tempo a perder.Mais o certo é que en verdade hai sarriaos que teñen un precioso tempo que perder, verao e inverno, en longos ensaios a horas en que os demáis se recollen ó abeiro dos seus fogares , e hai nenas e nenos sarriaos que perden o seu tempo para achar lecer, mantendo aceso o lume sagro das tradicións herdadas dos devanceiros e hai... ¿ Para que falar máis dun labor aplaudido, si, pero tamén incomprendido moitas veces ?.
E nestas vilas rabenas , onde ollos punxentes están sempre prestos a malinformar a linguas afiadas , ver moitas e moitas veces posot en tea de xucio a labora desinteresada de homes, mulleres e raparigas e nenos que nos dan o mellor do seu, fai que o desencanto poida prender nos que nos da a regalía dun traballo serio , e caian tamén no cabouco sen fondo da nugalla. esa preguizosa corga que as comunidades pequenas tecen para afundirse máis día e día.
Porque con ser mercente de toda a admiración do mundo, MEIGAS E TRASGOS e moito máis que o labor de dona Carmela e un feixe de axudantes,MEIGAS E TRASGOS move xente , ten xente, que anda no labor, un labor , que non se queda no folklorista, para trascender a metas máis altas.
MEIGAS E TRASGOS é bandeira que Sárria pode ensinar con orgullo e que con orgullo leva o nome de Sárria a todas partes. MEIGAS E TRASGOS non é dona Carmela, aínda que dona Carmela sexa unha referencia obligada . MEIGAS E TRASGOS é García Rey, e Suso, e Manolo Rego , Eva, Elena, Paco, Xulio , e tódolos outros que perden horas de sono cantando en común, e tamén Rebeca, e Tío Ra, e as meniñas e nenos que visten con orgullo unha roupa de outrora e manteñen nesta Sárria nugallenta o orgullo da galeguidade.
Hai angueiras que mostran a vida dunha comunidade e van conformando o seu carácter . MEIGAS E TRASGOS é unha delas. E pecadento sería que só se considerara labor dunha persoa cargando sobre dela tódolos traballos , ou deixar esmorecer algo que tan íntimamente vencellado se encontra co ser sarriao.
*******************************************************************************
PULPEIRAS DE SÁRRIA
Xaime Félix López Arias
O bafo sai do caldeiro onde o polbo anda no primeiro fervor.
Pito na boca . sorriso e chusgar de ollos, o noso home bota unha man na angueira.....
Unha feira máis as pulpeiras de Sárria facerán o miragre do bon xantar...
¡ Atizádelle ó caldeiro que polbo, pan e viño manteñen a mil veciños !
( Fotografía de X. Marra, co popular "Torrente" atizándolle ao caldeiro )
*******************************************************************************
ODE ÓS CARPINTEIROS SARRIÁNS
Fiz Vergara Vilariño
A empuñar decote o xabreiro e maila garlopa . xurden longas virutas de amor e carraxe a sobir en espirais cara o infinito do mundo.
A empuñar decote o corazón e maila memoria , xurden belidas figuras grabadas na cerna dos carballos traguidos das serras loxincuas.
Así labouran os carpinteiros dunha vila esgrevia terra onde Afonso Gomez deixou cantigas en frol ¡ lanza de victoria para os século dos séculos !
Labouran porque teñen no maxín os devanceiros mortos : Gregorio , ergueno a gubia e o buril , convídaos a ser fachos acesos . eterna canción dos ventos nordesais.
De meniños contáronlles historias dos héroes inmortais para que os escriban hoxe co lenguaxe dos cinceis, á forcia de sudes , sobre a madeira luída e labrada.
Endexamáis tiveron outras ambicións nen desexos ca esparexer na moblaxe o seu val verdexante. candia o áer tépedo do Iribio e os salmos de Fray Luis , doces pregarias,
Hei loubar sempre as súas maos núas e callosas - que aloumiñan as táboas con morna tenrura - . o seu corazón e a súa barileza usas inapreixabeis no celme dun cantigo,
Hei loubar sempre a súa mestria e o seu arte antergo , manantíos de luz que fluien dende o fondo dos sigros, e seguirán a fluir enmordiño nos longos canles do tempo.
*******************************************************************************
DIEGO PAZOS GARCÍA
Xaime Félix López Arias
Natural de Sárria, ondenaceu no 1857, era fillo de Juan Pazos e de Dolores García.
Rexitrador da Propiedade , entre outros lugares en Daroca e Arévalo,foi un estimábel xurisconsulto , estudoso de problemas económicos e publicista destacado, sentando ademáis as bases da historioghrafía sarriá,
Publicou as seguntes obras,
* " Estudios estadisticos sobre la propiedad inmueble. Ensayo sobre la Estadística de los Registrod de la Propiedad en España y en el extranjero , teórica y practicamente considerados " ( Madirid, 1889 ),
* " Sobre el Registro de la Propiedad en la tarea y en la aplicación, particularmente en España" ( Madrid, 1890 ).
* " La división de las fincas rústicas en España" ( Madris, 1893 ).
* " Reformas que convendría introducir en la formación de los Presupuestos del Estado y en la discusión y aprobación por las Cortes " ( Madrid, 1905 ).
* " La redención de foros. Situación presente " ( Madrid, 1908 ).
* "La cuestión agraria en Irlanda y referencias a la de España" ( Madrid, 1908 ).
* " Disposiciones que podrán impedir en España la división de las fincas rústicas , cuando esta división perjudica al cultivo" ( Madrid, 1909 ),
* " Asociación de Registradores de la Propiedad en España. Memoria que publica su Junta General , redactada y ordenada por el Presidente de la misma " ( Madrid, 1913 )
* "APUNTES ACERCA DE LA HISTORIA DE LA VILLA Y COMARCA DE SÁRRIA " ( Madrid, 1916 )
* " Politica social agraria en España. Problemas, Situación y Reformas" ( Madrid, 1920 )
Como primeiro historiador da vila e comarca arrincan de el tódolos estudos posteriores.
Morreu en Sárria o día 12 de xullo de 1920, a consecuencia dunha larinxite.
O Concello adicoulle hai anos unha das principais rúas da vila ( a antiga carretera de Aranza ou de Corvelle ) e unha placa sinala , na súa casa nadal, a homenaxe dos sarriaos a un dos seus máis destacados fillos.
******************************************************************************
AS NOTICIAS DE DOCE MESES
Xesús García Bernardo
1985
12 de maio.- O Alcalde, Arturo Corral, resulta ferido de gravedade ó ser atropellado por un coche.
26 de maio.- Luis Macía e Nestor González reciben a homenaxe da Sociedade "La Unión" . Néstor González non poido asistir e faleceu días despois.
6 de xullo.- Inaugúranse as piscinas ( pías ) municipais.
25 de xullo. O Concello de Sárria acorda impugnar o Plan de Cooperación coas Comunidades Veciñais da Diputación Prvincial.
7 de setembro.- Dúas series do número 02.947 da Lotería Nacional deixan na vila 80 millóns de pesetas.
8 de setembro.- Na Romería dos Remedios entréganse as primeiras insignias de ouro do Concello a tódolos ex-alcaldes vivos.
10 de setembro. No Instituto de Bacharelato causases danos por máis de medio millón de pesetas ó romper grande cantidade de cristais uns gamberros.
29 de outubro.- O sarriao Eloi Caldeiro obtén o premio Galicia de Xornalismo ó millor programa musical de radio.
31 de outubro.- O Concello toma conocemento de que se pretendía incluir o t´rmino do Incio no partido xudicial de Monforte por razón dun erro. O Incio pertencerá ó futuro partido xudicial de Sárria.
2 de decembro.- A Delegación de Sanidade ordea o peche de tódolos centros escolares da vila ó aparecer un brote de hepatitis e terse detectado nos días anteriroes máis de cen casos.
1986
14 de xaneiro.- Os afectados pola hepatitis celebraron unha xuntanza , Asiste o Alcalde, e tómase o acordo de leva-lo asunto , esixindo responsabilaides, ós trinunáis de Xusticia. A epidemia afectou a másis de trescentas persoas.
12 de marzo.- Xestións do Alcalde e máis do Diputado en Cortes Antonio Díaz Fuentes en Madrid , Sárria pode contar co primeiro Centro ocupacional de Minusválidos Psíquicos en Galicia, que supoñería unha inversión de 400 millós de pesetas. O Concello terá que aportar 9.000 metros cadrados de terreo. Fan xestións para o novo Cuartel da Guardia Civil e para a construcción da Casa da Xusticia.
25 de marzo.- O Pleno municipal acorda rebaixara do 20 ó 5 por cento o tipo da Contribución Territorial Urbana. Sárria comenza a vivir unha considerable polémica como consecuencia da revisión dos valores catastrais ordenada polo Ministerio de Facenda.
12 de abril.- Celébrase multitudinaria, e merecida, homenaxe ó Doctor D. Älvaro López-Vizcaíno co gallo da súa xubilación como médico da Seguridade Social. Asisten unhas cincocentas persoas.
19-23 de abril.- Celebrouse en Sárria a primeira Feira do Libo. ubicada na rúa Matías López- Organízanse multitude de actos culturais.
11 de maio.- Impresionante celebración da II Mostra Gandeira de Sárria.
25 de maio.- O árbitro monfortino Camilo Díaz , logo dunha actuación provocadora, calamitosa e difícil de entender, sai do campo das Insuas en ambulancia , depois de ter recibido unhas labazadas que lle deu un xogador sarriao no minuto dez do segundo tempo, no partido Sarriana-Milagrosa, da Copa Diputación.
Angel Rodríguez Castedo, Director Xeral do INSERSO, confirma a dotación en Sárria dun Centro para atención de minusválidos
***********************************************************************************
O TROVEIROS SARRIANO ALVARO ( * ) GÓMES
( * Afonso Gomes ) Manuel Celso Matalobos
A nosa cultura, afortunadamnte, está a vivir tempos de bonanza e esplendor, como o ven demostrando a morea de conferencias, recitais poéticos e diversos actos deste xeito que a cotío se veñen celebrando nas distintas vilas e cidades galegas.
Mais este esplendor actual non surxiu de forma repentna e expontánea senón que se remonta no tempo ata xa os distantes séculos medievais que constituiron o que podemos considerar como a verdadeira Idade de aouro.
Eran os tempos en que a Compostela do Arcebispo Xelmírez disputaba a Roma a capitalidade espiritual de Occidente, os tempos en que se ían asentando importantes núcleos de economía burguesa e artesanal coincidindo coa expansión da arte románica polo Camiño de Santiago que, como sabemos, deixou mestas terras sarrianas unha importante e fonda pegadadescrita magnificamente por Víctor - Villarabid no seu coñecido libro " Sarria y el Camino Francés por tierras lucenses".
Por aquel entón, a lingua faladaó Norte e ó Sur do río Miño ( o idioma galego-portugués . idioma unitario que aínda non se escindira en dous ) , era unha lingua admirada e respeitada en todo o territorio peninsular , de tal forma que en pleno século XV o Marqués de Santillana escribía "non ha mucho tiempo qualesquier decidores e trovadores destas partes . agora fuesen castellanos, andaluces o de la Extremadura , todas sus obras componían en lengua gallega o portuguesa".
Vemos logo como o noso idioma era a lingua "nacional" poetica< e así como hoxe parece se-lo inglés o idiomano que compoñen algunhas cancións moitos cntantes españois - por aquelo da moda - . os cantantes daqueles tempos ( os trovadores ) facían as súas composicións en lingua galega . como queda dito.
Non imos entrar agora na consideracióndo que foron as orixes desta lírica florecente, se ben debemos entrncala coa antiga tradición oral popular hispana da que proceden as "cantigas de amigo " ou as "jarchas" mozárabes e a "canço" e o "sirventés " provenzais nos que se fundamentaron as "cantigas de amor" e as "cantigas de escarnio e maldizer " que aparecen recollidas nos tres grandes Cancioneiros profanos que se conserva. : o da Ajuda , o da Vaticana e o da Biblioteca Nacional de Lisboa , esas verdadeiras xoias de incalculable valor para a cultura galega que foron descubertas e publicadas entre os derradeiros anos do século pasado e os comenzos do actual.
Foron varios os troveiros que se supoñen nacidos na provincia lucense ( Lopo. Xoán Romeu de Lugo, Lopo Lías, Xoán Lopez de Ulloa ,Pero de Veer, Xoán de Requeixo, Nuno Fernandez Peixeiro ) , mais agora falaremos brevemnte de Alvaro Gomes ( Afoso Gomes ) , o único do que sabemos a ciencia certa que naceu nesta vila de Sarria.
Álvaro ( ou Afoso ) Gomes foi un xograr que naceu en Sarria e demorou nas cortes de Castela e Portugal durante o período Alfonsino participando activamente en liortas e afervoadas discusións politicas igual que o fixo o xograr portugués Pezelho, versificados dun dos episodios da deposición do rei Sancho Capelo a mediados do s. XIII.
O noso poeta censurou a anarquía imperante durante o mandado de Alfonso X, o rei Sabio , que como apunta Landeira Yrago unhas verbas de Menéndez Pidal " non soubo loitar cos nobres , non puido dominar de cheo as cobizas destes . e as revoltas sucederonse unhas tras outras..."
Álvaro Gomez ( Afonso Gomes ) era un contemporáneo do crego xograr aragoñes Martin Moxa . paremte do bispo de Viseu . e a el adicoulle unha dura cantiga de escarnio diriamos mellor de maldizer - iroinzando sobre a súa grande lonxevidade . E a cantiga que comenza : "Martin Moxa , a miña alma se perca... "Noutra pasaxe dí :
" mais habedes pecado pola herba / que comestes, que vos faz viver / tan grande tempo, que podedes saber / miu ben cando naceu Adán e Eva.. //
Auí A . Gomes utiliiza unha grande dose de sarcasmo para criticar a Moxa polos moitos anos que tiña pois, segundo el, nacera había tanto tempo que mesmo podía ser contempráneo dos noso bíblicos primeiros pais....
Este particular sentido do humor que os troveiros medievais herdaran xa dos seus devanceiros foi continuado no tempo e deixaría marcas indelebles en boa parte da literatura da galega posterior, mesmo na literatura actual, subsidiaria de toda aquela sabiduría popular e humorismo retranqueiro tan ben plasmados nas cantigas de escarnio e maldizer, auténticos cadros de costumes e tipos humanos.
********************************************************************************
Algunha vez teño soñado que pintaban as rúas de cores brillantes...
Xosé Marra Quiroga
Algunha vez teño soñado que pintaban as rúas de cores brillantes.
As casas, as portas, as farolas, os buzós do correo,eran vermellos. azuis, verdes, violetas, mapoulas, xeranios e luces.Luces que voltas. baixaban , espallábanse no ceo.
As estrelas danzaban en noites de lóstregos multicores e fogueiras de saxofós e platillos de ouro.
Algunha vez teño soñado que as rúas eran longuísimas ringleiras de caramelos de frea, de menta , de laranxa, de mel, e as lambetadas chovían baixo dunha nube de nenos despeitados e suxos , larafuzas andantes e sorrintes e libres.
Era un soño, pero talvez foran así nalgún tempo as Festas do San Xoán.
Algunha vez teño soñado que medraban as árbores nas rúas e bancos, e parques e florecían os semáforos a que os peixes.......
Pero, claro, era un soño e talvez Sárria nunca chegue a ser así.
********************************************************************************
O SAN XOÁN DE COUSO ( PIÑEIRA )
Xaime Félix López Arias
Chegaron na noite amparados na escuridade e na negrura de corazóns de pedra.
Para eles non hai nen o pouso da Historia nen o respeto e temor relixiosos , pensan só en números e cifras.
Atopámo-la porta aberta e o altar valeiro. A devota donación dos devanceiros fillos do lugar non poido nada contra da barbarie e a impiedade.
Chegamos tarde. Queriamos ofrecerlles a imaxe do San Xoán de Couso. Non poido ser. Eles chegaran con alevosía e nocturnidade-
A mans do mercantilismo caeu o San Xoán de Couso. Un roubo máis co agravante de nocturnidade.
( Fotografías de X.Marra : A Capela de San Xoán de Couso.- O altar da capela sen as imaxes ( roubadas )
************************************************************************************
Umha Temporada do Deporte Sarriao
Xesús García Bermardo
Resultou a pasada temporada bastante positiva para o deporte sarriao , destacano os é´xitos da Sarriana en fútbol, tanto do equipo principal coma do xuvenil , e do CB Sárria-La Unión , en baloncesto -Nunhas cortas liñas imos analizar o que deu de sí un ano de actividades cunha análise, por orde alfabética , das distintas especialidades.
BALONCESTO
O C.B. Sárria-La Unión , non sen problemas e dificultades. cerróu novamente unha brillante campaña- O equipo senior, mantivo dignamente a categoría de Terceira División Nacional, iso sí con abalos e debalos, e a súa clasificación poido ser de éxito resoante de ter alcanzado colocarse entre os equipos que loitaron polo ascenso á Segunda División , circunstancia esta que non se deu debido a erros de estructuración e a unha demasiada confianza nas propias forzas . Con todo o cerro da temporada foi un éxito notábel, máis se temos en conta que Sárria leva catro anos seguidos contando con esa categoría baloncestistica , entre a élite galega.
Os equipos inferiores do C.B. Sárria-La Unión, equipos junior, cadete e infantil, participaron nas correspondentes competicións provinciais , chegando ás fases finais os juniors e cadtetes. Todos estes equipos inferiores víronse afectados no seu rendemento , e por iso non lograron maiores éxitos , debido á incidencia da epidemia de hepatitis que padeceu a vila.
E hai que destacar tamén a celebración do "Mini-Sárria 86", coa organización do C.B. Sárria-La Unión e a colaboración dos centros de ensino sarriaos e o Concello , conseguíndose que un cento de nenos de edades comprendidas entre os nove e os doce anos disputasen unha interesante competición, entre os dás 10 de maio e 14 de xuño, rematando con unha grande festa no Pabellón Municipal de Deportes.
De cara á vindeira temporada intentase a consolidación do C.B.Sárria-La Unión, e está previsto contar cun equipo feminino, na categoría cadete, o que vai supoñer un empuxe no asentamento definitivo do basquet en Sárria,
FÚTBOL
Nen que dicir ten que a pasada temporada foi moi brillante para o fútbol sarriao.O ptrimeiro equipo da S Sarriana conseguiu o ascenso á Liga Galega.
Os afeizoados a este belo deporte gozaron coa sarriana nunha temporada na que logo de levar desventaxe con respecto a Ribadeo , fixo unha remontada grandiosam para rematar proclamándose campeona de Primeira Rexional con toda xusticia e sen que ninguén lle poda poñer tacha algunha. Conseguiuse un bo conxunto . cunha dianteira rompedora . coma non se recordaba hai anos nas insuas- e os froitos non se fixeron agardar.
¿ E que dicir do equipo xuvenil ? Tan só o Barco logróu facerlles sombra na competición ligueira. Proclamáonse campeónsm amostráronse bcoma o conxunto máis fortem golearon a casi tódolos rivais con moita facilidade e disputron a fase do ascenso á Liga Galega para, logo de deixar na beira ó potente equipo do Ordes, caeron eliminados diante do Perlío.Unha temporada para os xuvenís que vai ser difícil de igualar.
Tamén tivo a arriana un equipo infantil.
Non swe pode rematar este comentario sen facermos unha especial mención á xunta directiva do Clube, que presidida por M éndez Pacín e composta non por moitas persoas, soubo levar a nave a bo porto. e destacar a parte técnica. encabezada por Aurelio, no primeiro equipo, e por trabuco no xuvenil. que en todo momento estiveron á altura das circunstancias.
FÚTBOL-SALA
O fútbol sala sarriao contou neste ano coa participación dun equipo na Liga Rexional, o "Manolos das Rodas " que cecais non actuóu á altura por moitos desexada. Logo dunsomenzos esperanzadores, unha serie de actuacións arbitráis descompuxeron o conxunto. O esforzo final non sacóu ó "Manolo das Rodas " dos últimos lugares da táboa, mais é posibel que conserve a categoríane así Sárria poderá presenciar unha temporada máis o mellor fúfbol-sala galego,
KÁRATE
TIRO
***********************************************************************************
O día 21 comenzan as Festas. O 22 temos que ir a votar e si votamos por Coalición Galega O día 23 principiamos unha nova etapa da Historia de Galicia. Fagámonos Escoitar en Madrid
*********************************************************************************
***********************************************************************************
Comentarios
Publicar un comentario