A VILA DE SAMOS ( 1754 ) ( 735 )

 A VILA DE SAMOS  ( 1754 )                                   ( 735  )

                                                       Parroquia de Santa Xertrude de Samos 

ESTREMAS  :  Principiando  no CAMIÑO VELLO  DE FOMBEADE  , de ali segue á FONTE LODEIROS,  desta ao MARCO  DA MEDORRA ,  del ao MARCO DE FOXOS, de ali  ao MARCO DA CARREIRA DO RIGUEIRAL , deste á  PENA REBORDÁ   e dela ao sitio  do CAMIÑO VELLO DE FOMBEADE.

                                                Bens propiedade do Mosteiro

CASA NO FONTAO,  de baixo e sobrado   ( 5,5 x 7 varas ).-  CASA NO LUGAR, de baixo e sobrado (  5 x 18 ).-  CASA NO LUGAR , destinada a CÁRCERE, de baixo e  sobado (  5 x 6 varas  ), estremaba coa Ponte , e pola esquerda  con   Antonio Valdés. 

HOSPITAL.-   Hai  unha  casa   que sirve de hospital  para pobres   que o mantén direitamente   o dito Real Mosteiro  , sen que para iso teña  destinado renda algunha  por fundación , máis que   únicamente  a  devoción de asistentes.

                                                           Oficios e  profesións

Boticario ( un relixioso- 200 reais.-  6 xastres  ( 2 reais e medio / día ),  1 carpinteiro (  3 reais / día ), 1 ferreiro ( 4 reais / día ),  2 canteiros (  3 reais / día ),   1 albanel ( 3 reais / día )  , 2 zapateiros (  3 reais / día ),   1  escultor e tallista (  6 reais / día ) . Había 2 pobres de solemniade que vivían  das esmolas.

                                                       PERSOAL

1.-  XOÁN AMARO QUIROGA,  casado,  de 44 anos,  xastre  ( 2 reais por día ) ( 2 membros )

2.-  XULIÁN LÓPEZ ,  casado, 30 anos,  tiña un fillo menor.  Era  carpinteiro ( 3 membros )

3.- LOURENZO RIBERA, casado, 28 anos ( 2 membros )

4.-  XOÁN GONZÁLEZ , casado, 29 anos,  2 filllos menores  (  4 menores )

5.-  ANSELMO VALDÉS , viuvo, 62 anos ( 1 membro )

6.-  ALEXANDRE DE VEIGA,  casado , 60 anos ( 2  membros )

7.-  ANTONIO VALDÉS ,  casado, 62 anos ,  2 fillos maiores ( 1  casado, con 2 fillos menores )  O fillo Xosé Valdés  como xastre tiña o gaño de  140 reais ( 7 membros )

8.-  ANTONIO VILLANUEVA ,  viuvo, 71 anos , e con el ISIDORO  GONZÁLEZ , casado , 43 anos ,  2 fillos menores, comlo xastre tiña un gaño  de 140 reais (  5 membros )

9.-  BIEITO GONZÁLEZ ,  viuvo, 70 anos,  1 fillo maior ( con 1 fillo menor ) , o fillo como xastre tiña o gaño  de 140 reais (  3 membros )

10.-  FERNANDO LÓPEZ , casado, 70 anos ( 2 membros )

11.-  FRANCISCO LÓPEZ,  casado, 54 anos,  1 fillo maior ( 3 membros )

12.-  FRANCISCO MONTERO ,  casado, 40 anos ( 2 membros )

13,. FRANCISCO DÍAZ,  casado,  38 anos,  1 filllo menor (  3 membros )

14,.  XOÁN DE LA FUENTE ,  casado, 40 anos ( 2 membros )

15,.  XOÁN CALDEIRO,  casado, 70 anos , 1 fillo maior (  3 membros )

16.-  XOÁN VALCARCE ,   casado, 36 anos ( 2 membros )

17,.  XOSÉ VALDÉS ,  solteiro,   22 anos ( 1 membro )

18.-  XOSÉ RAMIL, casado,   30 anos,  1 fillo menor, como xastre tiña un gaño  de 140 reais  ( 3 membros )

19.-   MARTIÑO  DA TORRE   , casado, 58 anos , 1 fillo maior  e o xenro  XOÁN LÓPEZ, casado, 30 anos, ferreiro  ( un gaño  de 60 reais )

20.-  MANUEL GONZÁLEZ ,  casado, 31 anos, 1 irmán solteiro de 24 anos  ( 3 membros )

21.-  MANUEL LÓPEZ , casado, 30 anos, 1 fillo menor ( 3 membros )

22.-  PEDRO PÉREZ, casado,  42 anos , 2 fillos maiores , 1 fillo menor  ( 7 membros )

23.-  PEDRO CORTES, casado, 66 anos, 1 fillo menor ( 3 membros )

24,.- PEDRO GONZÁLEZ, casado,  29 anos, 1 fillo menor,  ferreiro ( cun gaño de 60 reais ) ( 3 mmebros )

25.-  SILVESTRE CAMINO, casado,  45 anos, 2 fillos ( 4 membros )

26.-  ESTEVO  RAMIL, casado,  30 anos. ( 2 membros )

Os residentes no  Lugar, no Outeiro e no Fontao  eran 80 persoas cuxa vidas xiraban darredor  do Mosteiro. 

.....................................................................................................................................................................  

                                                MOSTEIRO DE SAN XULIÁN DE SAMOS

Residían  nel  61 monxes, incñluso  o botivcario ) sacerdotes. 7  monxes leigos, e ao seu servizo tiñan  23 criados  maiores e 1 criado menor  ( Tota :  92  ) 

Comentarios

Publicacións populares