SÁRRIA : CURIOSIDADES ( 734 )
SÁRRIA: CURIOSIDADES ( 734 )
Xaime Félix López Arias
( 25.02.1229 ) DOAZÓN DE VIVIÁN PÉREZ DE SÁRRIA E A SÚA MULLER MARÍA MARTÍNEZ. .- Cédenlle á Igtexa de San Miguel de Biville a metade dunha casa que tiñan na vila.
**********************
(...12,1236 ).- VENDA DUNHA HERDADE EN VILAR DE SÁRRIA.- En 1236 e no mes de decembro Pedro Peláez vendeulle a Xoán Mansilla unha leira de herdade que en Vilar "sub signo Sancti Salvatoris in loco praedicto Carraal Fremosa" xunto da Leira de Cmpanas,Diegom Arias e da outra parte Leira de Rodrigo Díaz e doutro Carral de Foro, polo prezo de 8 soldos , reinando o rei Fernando en Castela, León e Galicia, sendo Miguel bispo de Lugo e tendo a Sárria Don Ramiro e don Rodrigo , sendo Alcaldes Pelagio Carvallo ,Don García , Xuiz e P. Peláez perlado da Igrexa de San Salador. F.V.S.
***********************
( 1249 ) DOAZÓN DE BENS NO BURGO DE SÁRRIA FEITA POR VIVIÁN PÉREZ E MARIA MARTÑINEZ AO BISPO DE LUGO.- Vivían Pérez e a súa muller María Pérez ofrecen as súas persoas con 1.000 soldos e a casa que teñen no Burgo de Sárria con toda a facenda que alí posuían e o Bispo de Lugo e o Cabido admitírono , e para sustentación dos doantes e do seu fillo Pedro Viviánez déronlles a administración da facenda que a Catedral lucense tiña en Vikafranca e outras posesións.
************************
(31.08.1260 ).- ERMIDA DE SAN COSME DO CARBALLAL.- García Fernández , "miles" , dalle á Igrexa de Lugo e ao seu bispo don Miguel o dereito que el tiña " in hemeritagio de Sancto Cosme de Sarria , quod iacet in strata publica peregrinorum" ( no eremitorio de San Cosme, na estrada pública dos peregrinos". ( na parroquia de San Salvador de Vilar de Sárria ) F.V.S.
**********************
(......... ) García Núñez de Cereixa dóalle ao bispo de Lugo do Miguel toda a hedanza que el tiña co padroazgo da mesma igrexa e demais dereitos. F.V,S,
*********************
(7.07.1280 ), CESIÓN DO CASAL DE SAN COSME DO CARBALLAL.- O bispo de Lugo don Xoñan dá e empraza a Pedro Jordan e a un dos seus fillos que este sinale á hors d sús morte o casal de San Cosme en Sárria. F.V.S.
*********************
( ) MONTES PARA A CAZA.- ...... ( Libro de Montería, do rei Afonso XI )
O MONTE DE ERIBIO é moi real monte de oso no verán. E son as vocerías por riba do cume e que estean renovos nas dúa lombas que están n medio deste monte e a outra montería dende o cume da lomba de abaixo até o Camiño Francés que vai ao Pradonelo . E son as armadas no Camiño Francés que vai de Triacastela ao Padronelo.
ENTRE SÁRRIA E TRIACASTELA HAI ESTES MONTES ( 366 ) A aba do Monte " Sanct Maos" é un bon monte de porco no inerno e no verán. Nel é a vocería por riba do cume . E está a armada na lomba que está entre este monte e Portaferreira. .....( 367 ) O Monte de Portaferreira é bon monte de oso no verán....... ( 368 ) O monte de Nande e bon monte de oso e de porco en verán.....( 369 ) O monte da Avariña de Abradelo e río Samomedo é bon monte de oso e de porco en verán, E son as vocerías a unha por riba do cume , e a outra na lomba que está entre este Monte e o Monte de Eribio . E é a armada na lomba que está entre este monte da Variña de Abradelo e o río Samomedo.
******************
( 1381-1382 ).- ITINERARIO XACOBEO DO INFANTE DON CARLOS DE NAVARRA.- O sábado 22 de febreiro está na Vilanova de Sárria onde lle dá unha gratificación ao cabaleiro Riboulle, Señor de Assa: " A Monsieur Fouques Riboulle , Seigneur lui a donné pour un fois, pour consideration des bons services que le dit chevalier a fait a Monsire en venant avecques lui des parties de France au Royaume de Castelle, comme appor pour mandament de Monsire , domne Villeneuve le XXII jour de fevrier de 308 et un qui vaut pour quittence rendu cy , pour ce II flerins d ' Aragon" ( A monseñor Fouques Riboulle ., señor de Assa, que Mon señor lle doou por unha vez, por consideración dos bons servizos que o dito cabaleiro fixo a Monseñor vindo con el dende as partes de Francia ao Reino de Castela, como aportación por mandación de Monseñor, dalle na Vilanova ( de Sárria ) o día 22 de febreiro de 1381 . Valla por quitanza rendida aquí por isto, dous floríns de Aragón...... O 26 de febreiro estivo de volñta en Portomarín ( 26.02 ) e Triacastela ( 27.02 ) onde mercou un cabalo ao Ferrador dese lugar : " S Johan le Marechal de Triacastelle pour la vende et deñlivrance d ' un cheval bey que Monsieur a fait acheter de lui pour porter les besoignes de l 'office de la cuisine de Monsieur , X florins et demi d ' Aragón ( A Xoán o Ferrador de Triacastela pola venda e entrega dun cabalo beixe que Monseñor mandou mercarlle para levar os utensilios do oficio da cociña de Monseñor, 10 floríns e medio de Aragón )
********************
( xuño/outubro de 1486 ).- O SITIO DE SÁRRIA CON TROPAS PROCEDENTES DE CASTELA.- Tendo por centro a Fortaleza de Sárria esta acción militar do chamado " Sitio de Sárria" fíxose coa presenza de tropas procedentes de Castela , traídas polo goberrnador, para vencer a resistenza do Conde de Lemos fronte a Alvar González de Ribadeneira , escudeiro, e peóns. . Os pagamentos feitos entre maio e outubro 143.525 reais.
( 1490 / 1491 ) OBRAS DE REPARO NA FORTALEZA DE SÁRRIA .- Álvaro de Villasur era alcaide da Fortaleza de Sárria e mordomo que pola tenza e para as obras de reparo dispoñía de 100.000 maravedís en cada un ano.
( 1497 ) CONTAS POLO MANTEMENTO DE FORZA ARMADA NA FORTALEZA DE SÁRRIA.- Ao alcaide Álvaro de Villasur ( 33.333,33 maravedís ): Xil Gómez de Cedrón, da Pobra de Neira, aportanto unha lanza ( 4.000 maravedís ) ; Gonzalo Pérez de Sárria, con unha lanza ( 4000 maravedís ) ; Álvar González de Ribadeneira , de quen era a Casa da Barreira , recibiu 10.000 pola súa persoa e outros 40.000 por 10 lanzas ; Frei Alonso Quiroga , Comendador de Portomarín , e o seu fillo Pedro de Páramo , co catro lanzas recibiron 16.000 maravedís.
( 18.10.1584 ) VENDA DA XURISDICIÓN DA VILA DE SAN PEDRO DE PORTOMARÍN E FREGUESÍAS ANEXAS.- NUNO DE BERBETOUROS comprou a Agostiño de Vivaldo Ginovés , fillo de Bernardo de Franco, a Xurisdición de Tras Loio, que compreendía as xurisdicións e rendas xurisdicionais da Vila de San Pedro de Portomaría, na marxe esquerda do río Miño, formada pola parroquia do seu nome e as de San Xoán de Loio, San Salvador das Cortes, Santa María de Loio., San Pedro da Cova , máis dous veciños de Pedrouizos ( en Santiago de Ribas de Miño ) que andaba con San Salvador das Cortes., en prezo de 2.000 escudos. Esta Xurisdición pertencera ao Cabido da Catedral de Santiago de Compostela que a vendera.
**********************
( 1761 ) A BOTICA DE SAMOS E A BOTICA DE SÁRRIA.- " ( Mosteiro de Samos ) " Que a BOTICA que consta da operación do Msteiro , cuxo produto está regulado en 2 reais , consideran con toda verdade os presentes peritos que ao presente non deixa utilidade algunha, porque co motivo de se ter establecida outra botica na VILA DE SÁRRIA , perto desta freguesía, quitouselle a esta case que toda a venda que tiña, aínda que en realidade o que hai no mosteiro non ten nin pretende máis comerzo con ela que a conservación e mediciñas precisas para os individuos do mosteiro , por cuxo motivo moitas especies e xénero corrómpense e destrúense , e os veciños desta poboación , e especialmente aos pobres , danlles graciosamente as mediciñas precisas para as súas doenzas sen estipendio algún , cuxo feito é constante e patente, e polo mesmo non lle poden considerar produto . Nese ano moraban no Mosteiro de San Xulián de Samos 61 relixiosos sacerdotes, incluido o botocario, 7 monxes leigos, 23 criados maiores maiores dos 18 anos e 1 criado menor. o que facía un total de 92 persoas convivintes no mosteiro.
*********************
( 1831 ) NOTICIA DAS " AUGAS DE CÉLTIGOS".- " ..... en cuxo centro ( da Veiga ) e lugar , chamado Céltigos, na ribeira esquerda do río que a rega, hai unhas augas minerais sulfurosas mornas , moi saudables para moitas doenzas , con especialidade para as cutáneas..... "
**********************
( 4.01.1836 ).- ASASIÑATO DUN SARRIAO " APOSTÓLICO" EN BARCELONA.- XOSÉ CEDRÓN, veciño de Sárria, militante carlista , preso,da Cidadela de Barcelona, foi asasiñado nun asalto atribuido a liberais exaltados.
***********************
( 1839 ).- A MATANZA DE TREILÁN ( SAN MARTIÑO DE REQJUEIXO ).- Os "Apostólicos " mataran un valixeiro do correo militar entre Lugo e Monforte e en represalia foi fusilado un prisioneiro " realista", Isto deu lugar a unha incursión no lugar de Treilán ( Requeixo ) na que ademáis de queimar casas houbo os seguintes asasiñato : 1.- Pedro Pérez , quedando orfos os seus fillos Antonio, María Xosefa, Manuel e Placido. 2.- Xosé Torres, de 38 anos, celibato. 3 .- Xoán Torres, do que quedaron en orfandade Engracia, Domingos, Xosefa ; Xosé e Francisca . 4.- Vicenzo de Prado , do que quedaron por orfos María Xosefa, Xoana, Vicenta, María e Domingos. 5,. Francisco López ( Orfos : Francisco , Manuela e María do Carme) . O párroco de San Salvador de Sárria, Pedro Arias, calificou estas mortes de acción " violenta e precipitada",
************************
( 5.08.1840 ) CÁRCERE DO PARTIDO XUDICIAL DE SÁRRIA.- O Gobernos concédelle ao Concello de Sárria o edificio do antigo Convento de Agostiños ( Mosteiro da Madalena ) para cárcere público , agás as tullas onde se depositaban as rendas desamortizadas.
************************
( 1845 ) ESTRADA DE LUGO A MONFORTE.- Foron aprobados os traballos preliminares para abrir a estrada entre Nadela e Monforte de Lemos ( Direción Xeral de Camiños ) no treito Nadela a San Fiz de Paradela ( O Corgo ) obra subhastada en 6.04.1845 . Realizada con 24 pés de largo , 4 pés de firme e 6 pés para os paseos máis as gavias , podendo aumentarse o dimensionado nos montes comúns,
************************
( 12.10, 1849 ) O CHOCOLATE EN SÁRRIA.- " BOTICA DE MANUEL DE PAZ.- Na vila de Sárria e botica do Licenciado Manuel de Paz , acaba de chegar un surtido e esquisito chocolate , o que penetrado da superior calidade por acharse composto dos ricos cacaus Caracas de Puerto Cabello e Guanaguay así como as especiais canelas aromáticas de Ceilán , únicas sobre a das demáis nacións de Europa , co desexo de avisar ao respectable público para que se penetre até a evidencia da súa calidade esmerada , advertindo ademáis de ser tan recomendable a parte alimenticia é tamén cosmético mediciñal para os fractulentos , e certas persoas que pola grosura son propensos áa aplopexías".
( Este é o primeiro anuncio de prensa publicado por un sarriao , do que, até dagora temos memoria )
*********************
( 15.12.1852 ) GARDA CIVIL.- Remate de obras de carpintaría e albanelaría no local que ocupaba a Garda Civil, no exconvento de Santo Agostiño ( Mosteiro da Madalena )
*****************
( 7.12.1853 ) EXPROPIACIÓN DE TERREOS ENTRE O MAZADOIRO E A LAMA REGUEIRA psando pola rúa Principal e igrexa de San Salvador , sendo propiedade de 45 propietarios
****************
( 1854 ) A ESCOLA DE PRIMEIRO ENSINO DE SAMOS.- Establecida na Sala Capitular do extinguido Mosteiro de San Xulián de Samos.
*******************
( 1856 ) UN INTRUSO EXERCENDO A MEDICIÑA.- MIGUEL LÓPEZ, natural de O Barco- Portomarín., veciño de Frades, meteuse na arte de curar e produciulle a morte instantánea de Xacinta López, de San Miguel de Vilapedre. As autoridades xudiciais interesaron a súa percura. Sinais : 36 anos. cara redonda,. cor trigueña, ollos pardo. nariz regular, pelo e barba castaños, vestido decente
************************
( 18.09,1857 ) GARDA CIVIL.- Do Posto de Sárria dependían 155 parroquias ( Concellos de Sárria, Láncara, O Páramo, Paradela, Samos, Rendar ). Do Posto de Beberreá dependían as parroquias de Triacastela.
***********************
( 2.03.1858 ) VARIACIÓN DA ESTRADA DE SÁRRIA A FARBÁN.- Aprobada a aperttura de novo camiño provincial entre a Rúa Principal e Os Esqueiredos ocupando terreos das familias Novoa, Saco Quriroga, Capón e Loureiro ( Ferreiró ). , que é a actual Rúa Conde de Lemos.
********************************
( 9.10.1863 ) SUBHASTA DA PORTAXE DA ESTRADA DE VALDEORRAS NA POBRA DE SAN XIAO.- " Subhasta da portaxe da Pobra na estrada de Nadela a Valdeorras por tempo de dous anos e cantidade menor admisible de 20.200 reais veludo, que é o prezo do actual arrendo, máis coa condición especial de que o arrendatario non terá dereito a pedir a rescisión do contrato, sen indemnización ningunha, aínda que a recadación poida verse afectada pola explotación de calquera ferrocarril".
*******************************
( 1863 ) VICENZO RODRÍGUEZ, CURA PÁRRACO DE SAN MIGUEL DE VILAPEDRE percurado por comisión de abusos , para entrar en prisión. Sinais : 40 anos, estatura regular, cara redonda. cor boa , pantalòn e chaleque negros, gabán de corte , capa de pano azul e usa ás veces chapeu redondo de pano e outro fino , botas e zapatos.
*********************
( 21.05.1866 ) NOTICIA DE QUE O ESCRIBÁN SARRIAO BUJÁN ERA AMIGO DE MANUEL MURGUÍA E ROSALIA DE CASTRO.- ( Dunha carta de Soto Freire a Murguía )......" Buján, actual escribñan en Sárria , amigo de V ostede e de Rosalía , pois declamou con esta no Liceo , ofreceume as novas históricas do Colexio e darame o debuxo do sepulcro..... "
*******************************
( 4.03.1869 ) RECEPCIÓN DAS OBRAS DA CASA DO CONCELLO.- Aproveitando a antiga edificación do Hospital de Santo Antón Abada -Escola de Gramática-Escola de Primeiras Letras ., no número 1 da Rúa Principal ( Rúa Maior ) fixéronse obras para a Casa Consistorial , dotándoa de nova fachada. Arquitecto : Rafael de Luque. Foi Casa do Concello até o ano 1920, e Cárcere na traseria até 1896. En 1920 pasou a ser sé do Xulgado de Primeira Instancia.,
( 8.04.1869 ) RECEPCIÓN DEFINITIVA DA CASA -CARNICERÍA.- Foi alzada entre a Ponte Ribeira e a Fonte Ribeira o Matadoiro Municipal ou macelo , na beira do río Sárria , Desapareceu cando se fixo a ampliación da Ponte Ribeira para facer accesos á Zona Escolar. Arquitecto : Rafael de Luque. Conttratista : Xosé Fernández.
( 1869 ) RAMÓN SOMOZA SAAVEDRA, da familia da Casa Grande de Sárria, naceu en Lugo. .Enxeneiro militar que pertenceu ao progresismo avanzado e acabou afiliándose ao tradicionalismo carlista. Creou en Filipinas o pobo de Solsona con infieis agonotes , de bautizados, onde fundou escolas . En Manila fundou as Conferenza de San Vicenzo de Paul . Foi deputado "carlista" por Sárria, Cruz de 1ª de San Fernando, Cruz de Carlos III e San Hermenexildo e por non querer xurar a Constitución de 1869 quedou sen retiro aínda que tiña dereito a ela.
Dende Manila trouxo para Sárria un chino oriundo de Shangay , cristianizado, ao que lle deu o seu nome e apelido. XESÚS RAMÓN SOMOZA estableceuse na vila de Sárria, onde casou e tivo familia numerosa . Foi o primeiro individuo oriental asentado na Terra de Sárria , popularmente coñecido como " O Chino", e os sucesivos descendentes seguiron levando ese sobrenome,
********************************
( 8.09.1872 ) PRIMEIRA FEIRA DO OITO NO CAMPO DOS REMEDIOS: Acordada a súa creación polo Concello de Sárria o 18 de agosto, para celebrarse a carón da Capela dos Remedios ( Alto de Cesár ) Non se consolidou.
*******************************
( 11.01.1873 ) PROCLAMACIÓN DA I REPUBLICA ESPAÑOLA.- Acto na Casa do Concello e desfile festivo pola Rúa Principal.
******************************
( 2.05.1875 ) LICENZA PARA AS OBRAS DA CASA DO CASINO DE SÁRRIA .- Manuel Saco Quiroga promove a construción do edificio no patio da súa casa , fronte á Praza do Mercado e a igrexa vella de Santa Maraña e a torre do reloxo.
( 9.12.1875 ) CEMITERIO MUNICIPAL.- Antonio Buján, Euxenio Neira Solance e outros son autorizados para faceren 21 nichos con concesión a perpetuidade.
*******************************
( 17.04.1878 ) ARRENDAMENTO DA FERRARÍA DO INCIO..- Arréndase por 9 ANOS en pública e estraxudicial subhasta que terá lugar no da CRUZDO INCIO ás 2 da tarde do día 22 de maio coorente e con suxeición ao prego de suxeición ao prego de condicións que se acha de manifesto na Administración de Dompiñor , a FÁBRICA DE FERRO ou FORXA CATALANA , sita no lugar da FERRARÍA , coa súa CASA-PAZO , capela e destros consistentes en terras de labor , prados soutos de castiñeiras e montes , 26 fanegas de centeo e 540 reais de renda aneira, todo pertencente á Señora Condesa de Campomanes , no Partido Xudicial de Sárria,
A CASA-PAZO pode ser destinada con avantaxe , como estivo nos últimos anos , a establecimento de HOSPEDAXE E FONDA durante a tempada de AUGAS FERRO-MEDICINAIS , e no efecto admítese proposición separada para esta ou por xunto cos demáis bens. Dompiñor, 17 de abril de 1878..- Inacio López Orozco.
( 28.04,1878 ).- RELOXO PÚBLICO DE SÁRRIA.- Ao estar inservible o reloxo de Santa Mariña e acordan pedirlle a Matías López e López que adquira un en Madrid.
**************************
( 21.02.1879 ) AFUNDIMENTO DUN ARCO DA PONTE RIBEIRA .- Ás 11 da noite do 21 de febreiro caeu o arco maior da Ponte Ribeira, sito sobre do río Sárris , a inmediacións da vila , que enlaza con Samos, Courel, Triacastela e con Castela. Acordan solcitar a axuda da Deputación para repoñelo.
*********************
( 31.07.1881 ) TÚNEL DO OURAL.-O Gobernador Civil de Lugo inspecciona as obras do túnel.
( 10.09.1881 ) O MAZO DE SANTALLA DE ARXEMIL.- Goberno da Provincia. Sección de Fomento. Augas , DON MODESTO A. ARANGO , de Sárria, solicita autorización para construir un MAZO DE LABRAR FERRO , na parroquia de Santalla de Arxwmil utilizando as augas do ARROXO PENA DA AUGA.// Tengo acodido a este Goberno Don Modesto A. Arango , veciño de Sárria, en solicitude de autorización , para construir un mazo destinado a traballar o ferro , no punto denominado Pena da Auga , parroquia de Santalla de Arxemil e Concello dito aproveitando a forza motora das augas do Arroxo Pena da Auga , acordou facelo público polo medio deste Boletín oficial, con suxeición ao que determina o artigo 250 da Lei de Augas de 13 de xuño de 1789, e sinalar o termo de trinta díaz para que os donos das presas e predios de perto que se consideren perxudicados poidan presentaren na Sección de Fomento deste Goberno , onde se achan de manifesto a memoria e planos das obras que se intentan , as oposicións e reclamacións que estimen convirlles ao seu dereito-. Lugo, 10 de setembro de 1881. O Gobernador. Constantino Armesto ( BOP, 13.setembro.1881 )
***************************
( 13,07.1882 ) ASENTAMENTO DE BATALLÓNS MILITARES EN SÁRRIA.- Comunicación da isntalación dun Batallón de Reserva e un Batallón de Deposito na vila. O Concello ofrece o Mosteiro da Madalena onde só hai dous cuartos servibles.
( 1882 ) COMITÉ DA ESQUERDA DINÁSTICA.- Presidente de honra .- Manuel Becerra. Presidente : Xosé Martínez López ( avogado ) . Faustino Lois Cabañas ( notario e avogado ). Xesús Carreira ( propietario ). Francisco Barrio ( procurador ), Manuel Rivas ( agrimensor ). Vogal segredario. Amador Macía López ( avogado ).
***********************************
( 17.12.1882 ) FERROCARRILANA.- A DILIXENCIA DE MONFORTE A SÁRRIA.- "Esta empresa dispuxo establecer un servizo alternado con dous tiros ., na vez de un, entre Sárria e n, facendo a viaxe de ida e en moi poucas horas e a prezos sumamente económicos , cuxo servizo dará principio o día 15 de Monforte e de Sárria o 16 ". Máquin de cortar da súa innovación,
*****************************
( 7.01.1884 ) FEIRA DO OURAL.- Creada polo Concello de Sárria no Monte de San Sadurniño de Froián , na estrada de Nadela a Valdeorras, perto da Estación de Ferrocarril. ( Non se consolidou )
****************************
( 15.08.1884 ) INAUGURACIÓN DE VILLA ANDREA NA VILA DE SÁRRIA.- Matías López e López e Andrea de Andrés inauguran o chalé ou quinta " Villa Andrea", residencia de vacacións, na estrada de abaixo ou estrada de Nadela a Valdeorras ( Rúa Matías López )
**************************
( 10,09,1885 ) FORNOS PERIGOSOS EN SÁRRIA.-" Diante da alta perigosidade dos fornos polo grande incremento que tomaron na vila , ter cortes nos moi reducidos locais, instalados con infracción de lei. prohibiron o funcionamento dos de Antonia Castiñeira e Xoán Díaz de Castro . O de María de Castro, alias "Maruxa" pode ser autorizado se fai reformas. Como os panadeiros son pobres propoñen facer unha suscrición popular para facer novos fornos·
***************************
( 1887 ) PROXECTO DE ESTRADA DENDE A ESTACIÓN DE SÁRRIA A SAMOS E RAMAL ÁS AUGAS DO INCIO.- O proxecto de estrada de 3º Orde resulta aprobado .
*****************************
( 3.06.1890 ) MOTÍN EN SÁRRIA.- Parea impedir o arrendamento do imposto de consumos en segunda subhasta houbo pedradas, berros e peche dalgunhas tendas, mais a cousa non pasou a maiores.
*********************************
( 2.04.1893 ) UN SARRIAO PRIMEIRO PRESIDENTE DO CENTRO GALEGO DE MADRID.- Venancio Vázquez López , fabricante de chocolate e vendedor de froitos coloniais, foi presidente do primeiro Centro Galego constituido en Madrid, que tivo pouca vida e foi seguido pola creación dun segundo centro que segue activo.
******************************
( 2.09.1896 ) INAUGURACIÓN DAS ESCOLAS PÚBLICAS DE SÁRRIA.- O edificio alzado para asescolas publicas de Sárria , con cargo á testamentaría de Matías López e López foi entregado pola súa viuva Andrea de Andrés Sánchez e as súas fillas ao Concello de Sárria ( actual edificio da Casa da Cultira na Rúa Marqués de Ugena )
******************************
( 1899 ) PASEOS NOITURNOS.- O Casino de Sárria organiza Paseos Noiturnos nas noites dos días festivos no verán, actuando a Banda de Música , facendo un templete na Praza.
*****************************
( 1903 ) O ESCULTOR CESÁREO ÁLVAREZ BARRERA - ALTAR DO SAGRADO CORAZÓN DE XESÚS- Na igrexa conventual da Mercé de Sárria púxose o novo altar feito o obradoiro do notable e acreditado escultor da vila de Sárria Cesáreo Álvarez Barrera , irmán de Ramón Álvarez, cura de Reimóndez. O altar correu de conta de Concepción Ulloa Lois de Vaamonde , para colocar nel a imaxe do S;C, de Xesús, no espazo onde estivera o altar de San Xosé,
*****************************
( 1903 ) EUXENIO CORDERO DE PAZ FERRAZ fixo doazón dunha MESA DE OPERACIÓNS para o Hospital de Sárria.
********************************
( 23.10.1904 ) PEREGRINACIÓN Á ERMIDA DOS REMEDIOS ( Cesár ).- Saída de Sárria ás 9 da mañá, camiñaron 2.000 persoas cantando o Rosario. Houbo misa no Campo dos Remedios na que participaron 10.000 persoas e na que foi pregador o Comendador da Mercé de Sárria , Padre Inocencio . O acto rematou co canto da "Salve Regina". Os fieis das diferentes procisións parroquiais deron volta para as súas casas. Os sarriaos chegaron á vila ás dúas da tarde,
*******************( 7.08.1910 ) TOUREIROS " MADE IN SÁRRIA ".- Contratan " Novillos de Miura " para seren toureados en Sárria por Vitorino Cabarcos, Leandro Balea, Gonzalo González , Xosé Fernández e outros .E ao rematar organizaron verbena á veneciana no cruce das estradas con faroliños , actuación da banda de música e gaita galega , fogos artificiais e elevación de globos,´
***************************************
( 1912 ) UN FUXIDO DO CÁRCERE.- Manuel Montero Monteqro fuxiu da cadea do Partido de Sárria aínda que tiña posto un lazo de seguridade . Foi detido na Coruña na Oficina Local de Emigración cando pretendía embarcar para América.
****************************
( 09.1912 ) O CURA DE SAN VICENZO DE TOLDAOS ( LÁNCARA ) FERIDO POLOS FREGUESES.- Xoán Losada, Cura de Francos, proposto polos padróns do beneficio pasou parea entrar en Toldaos e achou que un grupo de veciños armados con paus e epdras , aldeaxárono e ferírono.
**************************
( 03.1913 ) DETENCIÓN DO ENVENENADOR DE QUIRUOGA.- Xesús López González . @ Fernedo, que andaba fuxido, foi detido no lugar do Oural, Andivera polos montes de Quroga, O Incio, Moforte e Sárria , andando uns 50 quilómetros por día , agochado en cortes de moitos lugares, para despistar.
**************************
( 17.09.1915 ) A ELÉCTRICA DO TOLEIRO DÁ LUZ PÚBLICA POR VEZ PRIMEIRA.- Coincidno coa actuación do Orfeón EL LIRIO, na Rúa Benigno Quiroga. diante da Casa dos Sres. González Cabarcos ( Botica de Florido ) luciu por vez primeira un foco eléctrico da Eléctrica do Toleiro , propiedade dos paradelenses Irmáns Martínez.
*************************
( 5.11.1916 ) TEATRO DO ORFEÓN EL LIRIO, DE SÁRRIA.- Sesión organizda polo Orfeón El Liro. Declamación : Manuel Vázquez. Obras : " Sueño dorado", de Vital Aza.- "Aves Nocturnas", do sarriao Díaz de Freijo. Actrices: Lolita Carreira, Bríxida e Xoaquina Ibáñez , Matilde Fernández e Pepita Díaz. Orfeón: " Alalá de Valcude", " Negra Sombra", de Montes , cunha boa execución orquestral.
**************************
( 18.08.1917.- BANQUETE DE HOMENAXE A DIEGO PAZOS GARCÍA.- No baixo do Hotel Roma , de Henrique Prado. Ementa: Entremeses variados . consomé, polos á xardineira, ensalada, tenreira no seu zume , xamón en doce. Sobremesa : biscoitos, touciño de ceo, xelado, pastas e froitas . Viño do pais, champán, café , ron, coñá e habanos. Falaron : Víctor Castro, Xesús Rodríguez Guerra , Marqué de Ugena, Venancio Vázquez, Manuel Saco Pradeda e Vázquez Castiñeira. Palabras de agradece mento de de Diego Pazos que lle pediu ao alcalde Castor Fernández López a paetura do concurso de gado para o ano seguinte.
*************************
( 16.11.1918 ) INAUGURACIÓN DO SERVIZO ELÉCTRICO EN SAMOS.- Na festividade de Santa Xertrude inauguración do alumeado publico e privado : Repenique de campás, disparo de bombas , actuación da banda de musica, todas as fiestras do mosteiro con luces acesas e baile até as dúas da madruagda. Os promotores , os industiais Xosé e Antonio Martínez , voltaron na súa moto con sidecar ao seu domicilio en Sárria.
( 23,05.1919 ) CERTIFICADO DE BOA CONDUTA E DE CUMPRIMENTO DO PRECEUTO PASCUAL.- Don Xosé Rodríguez Arza , Cura propio de San Martiño da Torre, arciprestado do Pâramo , provincia e bispado de Lugo , Certifico: Que Manuel López Gayoso. casado de trinta e tres anos de idade, natural e veciño desta parroquia , e fillo de Cándido e Carme, ouserbou até a data boa conduta. E tamén que este ano cumpriu xa nesta do meu cargo o santo Preceuto Pascual. E para que conste , asino e selño a presente en San Martiño da Torre , a vinte e tres de Maio de mil novecentos dezanove ( Xosé Rodrìuguez Arza ).
*****************************
( 15.04.1920 ) INAUGURACIÓN DAS FONTES DA TRAÍDA DE AUGAS DE SÁRRIA.- Tivo lugar nesta vila a inaugiración das fontes da traída de augas. Ao abrir a chave do depósito e comezaren a funcionar . así como varios surtidores que se instalan provisoriamente as bandas de música e gaitas do país executaron a Marcha Real. O pobo en pleno asistiu ao acto. É un dos grandes beneficios que conseguiu para esta vila o celoso deputado a Cortes e ex.subsecretario de Gracia e Xustiza ilustrísimo Sr, D. Xoaquín Quiroga Espín,
******************************
( 9.07.1922 ).- MITIN NO PÀRAMO.- En San Martiño da Torre homes, mulleres e veciños de Láncara , O Corgo, Paradela e outros concellos participaron nun mitín para protestar pola conduta do Segredario do Concello e cacique da zona, por non facer oas reparticións do imposto de consumos a debido tempo , anticipando as cantidades correspondentes ao Tesouro . facendo despois outras incrementadas en territorial e consumo e pola súa oposición só habia escolas na capitalidade do concello e estaban paralizadas as obras de estradas. Presentaron a súa demisión 11 concelleiros. O primeiro orador falou en castelán e todos os demáis en galego. Tres parellas da Garda Civil estiveron presentes noacto baixo do mando do suboficila Tomé.
*********************************
( 28.06.1925 ) ORFEÓN DE SAMOS.- Formado por 50 voces. Interpretaron :" Sol de primavera," " San Campio" e" Os meus amores".
*******************************
( 7 e 8.10.1925 ) PRIMEIRO CONGRESO DE ECONOMÍA GALEGA EN LUGO.- Participantes da comarca de Sárria: Manuel Rivas Saco, Xerardo Pallares Pérez ( mestre de Paradela ), Xosé María Varela Novo ( mestre de Láncara ) , Micaela Garrote Martín ( mestre de Laiosa ), Domingos López Valcárcel, de Sárria , Ramiro López López, de Paradela, Concello de Paradela e Xesús López Pérez, de Paradela.
************************
( 02.1927 ) SURTIDOR GASOLINA.- Antonio Batallón instala un surtidor de gasolina no Cruce das Estradas de Sárria a Pedrafita e de Nadels a Quiroga ( Catro Camiños ) de grande utilidade para os automobiliastas por estar en estratéxico punto.
*************************
( 1.02.1927 ) CALEIRAS SARRIÁS.- Particípolle á miña distinguida clientela que a primeiros de Marzo vindeiro comezarán a funcionar TRES FORNOS MODERNOS que veño de construir, os que me permitirán servir os pedimentos con máis prontitude que até a data. Sárria, 1 de febreiro de 1927 ).- Manuel Pardo
*****************************+
( 1930 ) FÁBRICA DE XABRÓN EN SÁRRIA.- " LA GALAICA ".- Fábrica de xabrón . Local. de facer pasta en caldeiras , Local de cortar e troquelar Xabrón brando. Xabrón duro . Xabróns de cores. Aberta e 1930,
********************************
( 12.1930 ) URBANO PARCERO RODRÍGUEZ.- Entallador veciño de Santiago de Compostela fixo e colocou na igrexa do Convento da Mercé un novo altar.
********************************
( 1932 ) MITÍN GALEGUISTA EN SÁRRIA.. .Lois Peña Novo, Ánxel Fole e Xulio Sigüenza participan nun mitín galeguista na vila de Sárria no que entre o público se encontraba Ramón Piñeiro López.
*********************************
( 07.1935 ) CLUBE NATACIÓN DA POBRA DE SAN XIAO.- Para a práctica do deporte náutico, natación, remo , water polo, etc. presidido provisoriamnte por Xulio Franco.
********************************************
( 08.1935 ) CREACIÓN DO LAW-TENNIS CLUB.- Tiña o seu campo na rúa Matías López, na finca de Sarry ( actual Rúa Portomarín )
**********************************
( 15.03.1936 ) BANQUETE POPULAR EN SAN FIZ DE VILAPEDRE.- Na Casa de Saúde propiedade do médico Ricardo Núñez Rodrígue celebrouse un banquete para celebrar o triunfo elecoral do 16 de febreiro e para homenaxear á muller republicana , no que participaron representacións femininas e Comités do Partido Xudicial de Sárria. Falaron Francisco Pardo Camba , Xosé Antnio Núñez, Ricardo Núñez Rodríguez e Antonio Páramo Sánchez.
*********************************
( 23.07.1936 ) EMISORA DE RADIO CLANDESTINA EN SÁRRIA.- Polas tropas militares e paisáns foi descoberta unha emisora clandestina, que se cre era a que lanzaba novas falasas encol dos momentos actuais.
********************************
( 25.09.1936 ) NOTA DA FALANXE DE SÁRRIA.- O rusmusmús que corría por Sárria de que a recollida de aportacións en diñeiro para a compra do AVIÓN LUGO que se ofrecería ao exército sublevado contra a Republica deu lugar á publicación dunha nota de prensa asinada por Eduardo G. Requejo, Xefe local da Falanxe ( quen acabaría sendo condenado a morte en Consello de Guerra celebrado en León:
" Diante dalgúns comentarios , nados sen dúbida de mentes atormentadas polo espléndido triunfo do glorioso movemento nacional Salvador de España , comprelle manifestar a est JONS o seguinte:
Primeiro: Que a causa da extraordinaria importancia e crecido número de afiliados de Falange Española de las JONS neste partido xudicial , non tivo lugar máis suscrición que a realkizada a beneficio da dita organización. Non ten por tanto esta Xefatura que dar conta aninguén que non sexan os seus xefes e a estes xa o fixo en forma cumprida ( tendo merecido aprobación ) das cantidades recadadas e da inversión dos mesmos. Aos doadores débelles abondar a satisfación de contribuiron coa súa aportación á nova España que amence, mais se así non fose e alguén cegado pola máis estúpida das vaidades , ou con vista a unha futura recompensa , quixese ver o seu nome na Prensa , non ten máis que se presentar nesta Xefatura e será compracido de xeito inmediato..
Segundo : Que dos víveres recollidos coa mesma finalidade , remesouse a Lugo artigos varios por valor de máis de 1000 pesetas.
Terceiro.- Que os donativos noutro recibidos até o 22 do pasado mes , foron entregados á Xunta que en Lisboa representa á Nacional de Burgos segundo recibo e factura que o acredita.
E por último que esta Xefatura non pasa a dar máis explicacións encol do particular e si procederá enérxica e contundentemente cos bardalláns que toman a liberdade de faceren " cariñosos comentarios" sobor de todos nós.
Sárria, de 1936,. O Xefe Local.: Asinado ; Eduardo Gómez Requejo.
***************************
( 19.01.1937 ) PERSECUCIÓN ARBITRARIA DE DOLORES DE CASTRO DO REI.- Requisitoria do Xulgado de Instruciòn de Sárria : Unha tal DOLORES cuxas demáis circuntancias son descoñecidas , que o día 29 de Xuño último actuou como abaderado roxa dos grupos de Paradela , procesada por virtude la Cáusa número 99 de 1936, sobre SEDICIÓN , comparecerá no termo de dez días perante o Xulgado de Instrución de Sárria , a prestar declaración indagatoria en constituirse en prisión acordada na dita Causa , baixo de apercebimento de que se non o vrifica será declarada rebelde , pararalle o perxuizo á que houber lugar. Sárria, 19 de Xaneiro de 1937 . O Xuiz de Instrución: R. Borondo Sánchez.
..........................................................
Nota: Dolores participou no enterro do asasiñado concelleiro Pedro García Arcas levando a bandeira que abría a marcha dos participantes procedentes de Castro do Rei de Lemos e Paradela. Difícilmente se pode calificar de "sedición" o feito de ser unha porte estandarte legal a todos os efectos, e na condución dos restos mortais da vítima dun crime do que foi responsable, de pleno coñecemento, Manuel Carrozas Varela , que a partir do 20 de xullo de 1936 se significou como activo represor integrado na Falanxe local. E sorprende que un xuiz de carreira apareza asinando e forzando unha requisitoria totalmente inxusta
************************************************************************************
( 06.1939 )..- MANTÓN PARA AMOSAR ESPAÑOLIDADE.NAS FESTAS DO SAN XOÁN .- " Encarecemos ás Señoritas que dispoñan de Mantón de Manila , concorran ás verbenas , ataviadas co mesmO.
*****************************************
( 2.09.1945 ).- NACEMENTO DE TRILLIZAS EN SÁRRIA.- Naceron nun só parto tres fillas do industrial do transporte de viaxeiros Raúl López Loureiro ás que lles puxeron os nomes de Fe , Esperanza e Caridade , que morreron pouco despois.
****************************************
( 29.10.1948 ) CAMIÑO DE BETOTE AO MONTE DE SANTA CRISTIÑA.- Exposición do proxecto do camiño de acceso ao punto de erección do " Moimento dos Caídos de Sárria " ( Nunca se fixo )
**************************************
( 1948 ) CUPO FORZOSO DE PATACAS.- A Fiscalía de Taxas impuxo multas por non entregar o obrigado cupo de patacas por importe de 1.000 pesetas a Luis López Valcárcel , Xoán Bautista López Díaz, Antonio López García, Manuel López López, Xoán Pérez Pérez, Xoán González López , e Xusto López Melle. , Agostiño López Pérez ( 2.000 ptas ), Xosé Penela Camino ( 1.100 ptas ) e Xosé Barreal Pérez ( 1.050 ptas )
*************************************
( 06.1949 ) SUBVENCIÓNS ESTATAIS A ESCOLAS PRIVADAS CONFESIONAIS.- a ) Ás escolas de Santa Mariña de Sárria ( parroquiais) 5.000 pesetas b ) Á escola do Mosteiro de Samos , 7.500 pesetas c ) Escola Obreira Profisional dos PP Mercedarios de Sárria , 15.000 pesetas.
*************************************
( 1950 ).- NOVA SUBVENCIÓN.- O Minixterio de Educación concede 3.000 pesetas ás escolas de " Cristo Rei" e "Santa Tereixa", da parroquia de Santa Mariña de Sárria, xestionadas pola Acción Católica.
************************************
( 1951 ) AUTORIZACIÓN DO ENTROIDO SÓ PARA O CASINO E LA UNIÓN.- Goberno Civil da Provincia de Lugo. CIRCULAR. . Suspendidas as chamadas festas de Entroido por Orde de 3 de febreiro de 1937 , que por outras disposicións foi sucesivamente mantida en vigor para cada un dos anos pasados , sen que no actual teñan variado sustancialmente algunha das circunstancias que aconsellou por entón a adopción de tan discreta como xustificaa medida.
Este Goberno tivo a ben dispoñer que continúe na provincia aquela suspensión sen concreción de prazo , non podendo na súa consecuencia , celebrarse en adiante festa ningunha que exteriorice en calqueira maneira aquel carácter , desde o domingo de sesaxésima até o primeiro da Coresma , ámbollos dous inclusive , nin autorizarse durante eses días dominós , caroutas ou disfraces nas rúas ou lugares públicos , nin nos cafés, casinos e círculos de todas clases , tolerándose somente os bailes privados nas sociedades e circos de recreo , previa autorización deste goberno , con traxes de época ou rexionais que non constitúa disfrace e sen velar o rostro en caso ningún , ao facelo público , este Goberno agarda que todos os alcaldes e axentes da autoridade , dependentes da miña, velen polo exacto cumprimento das mesmas, dando conta dos infratores para seren debidamente sancionados. Lugo, 1 de febreiro de 1951,O Gobernador Civil..- José del Valle Vázquez.
( Esta circular facía o número 15 das dadas na persecución constante da celebración do Entroido..... e ano tras ano houbo novas circulares até o ano 1975 )
********************************
( 09.1951 ) O INCENDIO DA ABADÍA DE SAMOS,. Arderon os libos parroquiais ( bautismos, casamentos e defuncións ) de Samos, Pascais, Formigueiros, Loureiro do Real, San Mamede do Couto, os libros manuscritos de Poio cedidos polas monxas de San Paio de Antealtares, os de San Martiño de Xubia, os libros do Padre Feijóo, o tomo VIII da Crónica da Orde de San Bieito de Antonia de Cantabrana , etc,
******************************
( 28.11.1952 ).- A BANDA DA FILARMONICA DE SÁRRIA.- Celebración da FESTA DE SANTA ICÍA . Organizada pola Banda de Música de Sárria: Pasarrúas, Misa en Santa Mariña, pregada polo Padre Sanlés, mercedario . Concerto na Praza de Xoán María López. baixo a direción de André Piquero Xantar nun restaurante local presidido polo alcalde Alfredo López.
SEGUNDO CONCERTO.- No Cinema CISSA. Dirixido por André Piquero Cabrero. 1ªª parre: " Todos son nubes " , pasodoble de R. San José ; " Andante cantabile", do Cuarteto en Re de Tschaikowsky , " Follas Novas", rapsodia galega de L. Brage ; " La pulida imagen", segunda fantasía sobre motivos de Ávila . de André Piquero , 2ª parte ; " Gigantes e Cabezudos", selección M.F. Caballero ; "Scherzer, da sinfonía en Sol Maior , André Piquero ; " La del manojo de rosas", selección de Sorozábal ; " La Baturrrica" , gran jota de Soutulo e Andrés . Fora de programa : " Marcha solemne ", " Bajo mazas " ; " Miuoñeiro" , " O Padriño" , estas dùas obras do direitor. Os compoñentes eran músicos afeizoados non profesores. Solistas destacados : friscorno, trompeta, bombardino, clarinete principal e saxofón".
*********************************
( 08, 1954 ) FORMACIÓN DUN GRUPO ESPELEOLOXICO EN SÁRRIA.- No Bar España.- na Cruce da Ciguñeira - para entrar na Cova de Vilaesteva de Herdeiros, coa programación " Covas por un tubo".
*************************
( 1965 ) O filme " Franco, ese hombre" foi proxectado no Cinema CISSA de Sárria os días 11,12 e 13 de setembro.
**********************************
( 1969 ) CHOURIZOS E LACÓNS DE SÁRRIA PARA O " CELTIÑA".- O industrial chacineiro de Sárria, celtista até os miolos, don Xesús Reboiro Vázquez , propuxérase premiar aos xogadores se estes conseguían o ascenso. A meta foi coberta e o señor Reboiro cumpriu a súa palabra , desprazándose a Vigo co mellor da súa terra , os FAMOSÍSIMOS CHOURIZOS E LACÓNS DE SÁRRIA.
********************************
( 9.08,1974 ) TELEFONÍA AUTOMÁTICA EN SÁRRIA.- Para 1200 usuarios.
**********************************
( 16.01.1976 ) ORDE DE POSTA EN FUNCIONAMENTO DO CIOLEXIO NACIONAL MIXTO COMARCAL " FREI LUIS DE GRANADA " DE SÁRRIA , creado para 1.200 postss escolares distribuidos en 32 unidades de asistencia mixta e dirección con función docente. Supresións de centros escolares : O Colexio Nacional Mixto en réxime de Agrupación Escolar , constituida por 13 unidades escolares ( 11 unidades escolares de asistencia mixta , 2 unidades de educación preescolar ) 1 profesos diplomado de E, Física e dirección con funcióan docente. Escolas no medio rural : 1.- Formarigo ( mixta ) 2. Tremeado ( nenos / nenas ) 3.- Castelo ( mixta ) 4.- Loureiro ( mixta ). 5.- Guitián ( mixta ). 6.- Piñeira ( mixta ). 7.- San Fiz de Reimóndez ( mixta ) 8.- Betote ( mixta ). 9.- Vilar de Arriba ( mixta ) 10.- Lezoce ( neos ) 11.- Céltigos ( mixta ) 12.- Veiga ( mixta ). 13.- Palacio.Vilamaior ( mixta ). 14.- Meixente ( mixta ) , 15.- Santo André de Paradela ( mixta )
************************************
Comentarios
Publicar un comentario