PARADELA: SANTA MARÍA DE FERREIROS ( 1761 ) ( 732 )
PARADELA : SANTA MARÍA DE FERREIROS ( 1761 ) ( 732 )
SANTA MARÍA DE FERREIROS, parroquia actualmente integrada no Concello de Paradela, atravesada polo Camiño de Santiago, eclesiàsticamnte formou parte do Arciprestádego de O Pàramo-Gondrame. Até a formación dos Concellos pertencía á Xurisdición da Encomeda de Portomarín da Orde de San Xoñán do Hospital de Resusalén que na Idade Media sotivo un Hospital de Peregrinos, no lugar de Mirallos. A partir de 1820 estivo integrada primerio no Concello de San Xoán de Portomarín e dende 1840 no de Paradela.
A igrexa parroquial estivo no lugar da AIREXE e deixou de ter ese carácter cando esa función pasou ao lugar de MIRALLOS, e a que fora Capela do Hospital de Peregrinos pasou a ser igrexa matriz , e nela reaproveitouse o campanario en espadana do templo anterior
A vella igrexa foi sustituida por unha capela adicada a San Vitoiro que está a carón da Casa da Airexe. Houbo tamén capelas no lugar de San Cristovo e no de Veiga ( aquí consérvase o topónimo Ermida e é posible que se trate do soar da desaparecida capela de San Pedro de Veiga ). No lugar da Parede tamén houbo outra capela.
En 1753 recolléronse datos para o Catastro do Marqués de la Ensenada e en 1763 fíxose unha nova recollida de datos, corrixindo e aumentando os datos anteriores nun labor de actualización sistemática . Os datos estatísticos máis salientables son os seguintes :
COMPOSICIÓN DAS FAMILIAS
PADRÓN DE LEIGOS
1.- ANDRÉ LÓPEZ, labrego, casado, de 50 anos, 4 fillos maiores dos 18 , un fillo menor , un xenro de 24 anos ( 8 membros ) 2.- ALONSO DÍAZ. , labrego, casado , 40 anos, 1 fillos menor . un cuñado maior e a sogra ( 5 membros ), 3.- ALONSO DÍAZ DE CARABA , labrego, casado, máis de 60 anos . 1 fillo menor solteiro, 1 fillo maior casado.( 5 membros ) 4.- AMARO LÓPEZ. , labrego, viuvo, de 60 anos, 1 xenro de 40 anos, e 3 fillos menores ( 5 membros) 5.- ANTONIO LÓPEZ DE FERREIROS, labrego, casado, 2 fillos, 2 irmás e 3 irmás maiores ( 7 membros). . 6.- COSME LÓPEZ. , labrego, casado, de máis de 60 anos, 1 fillo solteiro, 1 fillo casado de 30 anos con 2 fillos. ( 7 membros ) 7.- CAETANO MENDOZA., labrego , viuvo . 40 anos, 6 fillos menores ( 7 membros ) 8.- CRISTOVO FERNÁNDEZ , labrego, casado, 40 anos, 6 fillos menores ( 8 membros ) 9.- DAMIÁN LÓPEZ , labrego, casado , 39 anos, 2 fillos maiores , 1 irmá e 1 irmán de 40 anos ( 6 membros ), 10.- DOMINGOS LÓPEZ , labrego, 40 anos, 1 fillo maior, 1 irmá, 1 sobriña ( 5 membros ) 11.- DOMINGOS LÓPEZ, labrego, casado, 46 anos, 5 fillos menores ( 7 membros ).
12.- DOMINGOS LÓPEZ DA PENA, labrego, casado, 30 anos , 6 fillos menores e 1 irmán maior ( 9 membros ). 13.- ( Outro ) DOMINGOS LÓPEZ DA PENA , labrego, casado, 50 anos, 5 fillos menores ( 7 membros ) 14.- DOMINGOS LÓPEZ "MIRALLOS", labrego, casado, maior ( 2 membros ). 15.- FABIÁN DÍAZ, labrego, casado, 36 anos, 4 fillos menores , 1 cuñado, 1 cuñada e a sogra ( 9 membros ). 16.- FRANCISCO GAYOSO, labrego, casado, 40 anos, 6 fillos menores ( 8 membros ).
17.- XOÁN DÍAZ, labrego, casado, 24 anos, 1 irmán e 1 tío maior. 18..- XOSÉ LÓPEZ, labrego, viuvo, 58 anos, 1 fillo de 30 anos, 1 xenro de 30 anos, 1 cuñada e a sogsa ( 5 membros ) 19.- XOSÉ LÓPEZ DA PENA, labrego , viuvo , maior , 5 fillos solteiros maiores e 1 fillo casado ( 8 membros ). 20.- XOÁN LÓPEZ, labrego , casado , 40 anos, 4 fillos maiores e o sogro maior. ( 7 membros ) 21.- XOÁN LÓPEZ DA AIREXE, labrego, casado, maior, 1 xenro maior,5 fillos menores ( 8 persoas ). 22.- XOÁN LÓPEZ "FROXINDE , labrego, casado, 30 anos, 3 fillos menores e 1 tío maior ( 6 membros ). 23.- XOÁN LÓPEZ, labrego, casado, 30 anos, 2 fillos menores, a nai , unha tía e 1 irmá ( 7 membros ) 24.- XACINTO LÓPEZ DE CARABA, labrego, casado, 20 anos, 2 fillos menores, a nai, 1 irmá, 1 irmán menor e 1 criado menor ( 8 membros ) . 25.- XOÁN LÓPEZ , labrego, casado , 48 anos, 1 irmán solteiro, 1 irmán casado de 30 anos. con 3 fillos ( 8 membros ). 26.- MARÍA LÓPEZ,viuva , 2 fillos solteiros, 1 fillo casado, labrego, con tres fillos ( 8 membros ). 27.- MANUEL DOCE, labrego, casado, 3 fillas, 1 fillo maior dos 18 anos, 1 xenro de 30 anos con 3 fillos. ( 10 membros ). 28.- MANUEL LÓPEZ DA PENA, labrego, casado ,60 anos, 2 fillas, 2 fillos solteiros, 1 fillo casado con u fillo ( ( 9 membros ). 29.- PEDRO DÍAZ, labrego, casado, 50 anos, 3 fillas , 2 fillos menores, o pai e 1 irmán de 40 anos ( 9 membros ). 30.- PEDRO PÉREZ, labrego , viuvo, 50 anos, 1 fillo casado, de 28 anos con un fillo menor ( 4 membros ). 31.- PEDRO LÓPEZ DE CARABA , labrego, casado, maior, 1 fillo maior solteiro, 1 filloa maior casado , 30 anos con un fillo menor ( 6 membros ). 32.- ROSA GAYOSO, viuva, 3 fillos menores, 1 irmán maior e 1 irmña ( 6 membros ). 33.- SANTIAGO LÓPEZ, labrego, casado, 60 anos, 1 fillo maior solteiro, 1 fillo maior casado de 40 anos con 1 fillo menor ( 6 membros )
**************************************************************************************
PADRÓN DE ECLESIÁSTICOS
1.- XOÁN ANTONIO LÓPEZ, Cura párroco, 60 anos, tiña con el 1 sobriño maior, 1 sobriñs , 1 criada e 1 criado maaior,. ( 5 membros )
2.- XACINTO LÓPEZ, 60 anos, tiña con el 1 irmán casado de máis de 40 anos con 4 fillos menores. 1 sobriña, 1 tía e 1 criada ( 10 membros )
3.- MAURO GAYOSO, 60 anos ( 1 membro ).
************************************************************************************
RELACIÓN DE POSUIDORES DE BENS RÚSTICOS E URBÁNS N PARRUQUIA DE FERREIROS
1,. André López "Delle". 2.- André López. 3.- André López " Fruxinde". 4.- Alonso Díaz. 5.- Alonso Díaz de Caraba, 6.- Alonso López. 7.- Amaro López. 8.- Alomso Díaz de Caraba. 9.- Alomno López. 10.- Antonio de Rozas. 11.- Antonio López Ferreiro. 12.- Antonio López de Caraba. 13.- Antonio Fernándea,14.- Anxo Somoza, 15.- Brais López. 16.- Cosme Mendoza, 17.- COMÚN DA VECIÑANZA. 18.- Cristovo Fernández, 19.- Damián Lópes, 20.- Domingos López. 21.- Domingos González. 22.- Domingos López da Pena, 23.- Domingos de Rozas. 24.- Domingos do Outeiro, 25.- Domingos López " Ferreiros", 26.- Domingos López da Pena, 27.- Fabián Díaz. 28.- Francisco López., 29.- Francisco Gayoso. 30.- Xoán Díaz. 31.- Xosé López. 32.- Xosé Fernández. 33.- Xosé López. 34.- Xosé Somoza. 35.- Xosé López da Pena, 36.- Xoán López. 37.- Xoán López da Airese. 38.- Xoán López "Fruxinde",, 39.- Xoán López. 40.- Xacinto López de Caraba 41.- Xoán López. 42.- María López. 43.- Mannuel López da Veiga 44.- Manuel Doce. 45.- Manuel López da Pena. 46.- Mateu López. 47.- Pedro López da Pena. 48.- Pedro Díaz. 49.- Pedro Pérez. 50.- Pedro López de Caraba, 51.- Pedro López 52.- Rosa Gayoso. 53.- Rafael López. 54.- Roque López. 55.- Santiago Carreira. 57 .- Santiago López-
Total posuidores de fincabilidade: 57 leigos e 3 eclesiástico ( 60 )
NOMES DOS POSUIDORES: XOÁN ( 6 ).- DOMINGOS ( 5 ).- PEDRO ( 3 ).- ALONSO ( 2 ).- MANUEL ( 2 ).- XACINTO ( 2 ).- OSÉ ( 2 ).- AMARO ( 1 ) .- ANDRÉ ( 1 ).- ANTONIO ( 1 ).- CAETANO ( 1 ).- COSME ( 1 ).- CRISTOVO ( 1 ).- DAMIÁN ( 1 ).- FABIÁN ( 1 ).- FRANCISCO ( 1 ).- MARÍA ( 1 ).- MAURO ( 1 ).- ROSA ( 1 ).- SANTIAGO ( 1 ).- XOÁN ANTONIO ( 1 ).
PATRONÍMICOS DOS POSUIDORES : LÓPEZ ( 23 ).- DÍAZ ( 5 ).- GAYOSO ( 3 ).- DOCE ( 1 ) .- FERNÁNDEZ ( 1 ).- GONZÁLEZ ( 1 ).- MENDOZA ( 1 ).- PÉREZ ( 1 ).
************************************************************************************
VARIACIÓNS DE TITULARIDADE E FINCAS CON RELACIÓN AO CATASTRO DO MARQUES DE LA ENSENADA.
1 .- ANDRÉ LÓPEZ DE DELLE , declara ter unnha CASA TERREA EN DELLE ( 10 X 5 varas ), ter adquirido dúas fincas ao Torno , máis as 30 partidas anteriores. Gado: 2 vacas, 2 xovncas , 1 xatiño, 9 ovellas , 5 cabras e 2 porco.
2.- ANDRÉ LÓPEZ , declara declra ter os redios Taboado, Frieiro, A Branca , Pedregosa, Airexe , 1 MUIÑO NA VEIGA ( 5 x 4 varas ) no río Loio, que producía 132 reais e 28 maravedís e entón só 50 reais. Gado: 2 porcos.
3.- ANDRÉ LÓPEZ DE FROXINDE falecera, falecera deixando por herdeiros ao seu fillo Xorán López de Froxinde.
4.- ALONSO DÍAZ. . tiña unha CASA DE BAIXO E UN ANDAR EN FERREIROS ( 14 X 7 varas ). Adqurira os predios Coteiro, Taboada, Pedregosa , Costa de Lobares e as 53 partidas do censo anterior. Gado : 1 boi, 2 vacas, 1 xatiño, 10 ovellas,, 1 cabra, 1 cabuxo, 1 porcam 2 porquiños e 4 marranquelos.
5.- ALONSO DÍAZ DE CARABAm tiña 1 CASA TERREA ( 5 X 5 varas ) e seguía posuindoi 27 partidas de terreo. Gado : 3 vacas, 1 becerra, 2 xatiños, 1 xovenca . 17 ovellas , 7 años, 5 cabras , 1 cabuxo , 3 porcos e 1 colmea,
6.- ANTONIO LÓPEZ, declara ter 1 CASA TERREA EN VEIGA ( 8 x 6 varas ), adqurira os predios A Longa, Su Casa, O Loio e mantiña no seu poder as 38 partidas anteriores. Gado : 1 boi, 1 vaca, 2 becerras, 1 becerro , 4 ovellas , 2 años 7 cabras , 1 porca e 3 porquiños.
7.- AMARO LÓPEZ, tiña 1 CASA TERREA NA PENA ( 8 X 4 varas ) e as 37 partidas da declaración anterior. Gado: 1 boi, 1 vaca , 1 xatiño, 6 ovellas, 3 años, 4 cabras e 1 porca-
8.- ANTONIO DE ROZAS, veciño de Francos, mantiña a propiedade anterior.
9.- ANTONIO LÓPEZ DE FERREIROS, tiña 1 CASA TERREA EN FERREIOS ( 10 x 8 VARAS ). posuía os predios Redondiña, A Brita, Alvaredo, Agto Seara, Baíde, Táboa, A Branca, A Cruz ( 2 ) e as 58 partidas da anterior declaración. Gado: 2 bois, 2 vacas, 2 cuxos, 1 becerra, 4 ovrllas, 6 años e 4 porcos.
10.- ANTONIO LÓPEZ DE CARABA, ao seu falecemento deixou por herdeiro ao seu fillo Xacinto López de Carba.
11.- ANTONIO FERNÁNDEZ, tiña os mesmos bens de 1753. Gado: 2 vacas, 2 xatos, 5 ovellas, 1 carneiro, 3 cabras, 1 cabuxo , 1 porca , 4 marranquelos e 1 porco.
12,. ANXO SOMOZA, herdeiro do seu pai Xosé Somoza, á morte deste pasou a posuir os seguintes bens:
1 CASA DE BAIXO E SOBRADO ( 12 X 6 varas ), NA PAREDE, Horto da Parede, Portela, Freixeiro, Formigueiros, Pena, Francelos ( 2 ), Torno ( 2 ), Penela, , A Vella, Latineira, A Parede , O Muiño (2 ), A Zarra, Amieiral, O Castro, A Casela ( 2 ), Prado de Delle, A Bica ( 3 ) , Salgueira, Campazas ( 3 ), Cambada, O Mallo, Nabega, A Carballeira ( 2 ), O Rigueiro ( 2 ), A Bica ( 2 ), Recarea , A Nova ( 2 ), O Chouso, Pelamio, 1 MUIÑO NA RECAREA ( 5 X 4 varas ) arruinado. Gado : 2 bois, 2 vacas, 2 almallos , 20 ovellas, 10 años, 1 porca ,4 marranquelos e 4 porcos.
13.- BRAIS LÓPEZ, á súa morte foi herdado polo seu fillo Xoán López.
14.- COSME LÓPEZ, pousía 1 CASA TERREA EN DELLE ( 5 X 8 varass ).Ademáis das 30 partidas herdadas adqurira Campaza, Leira e Abelaira.
15.- CAETANO MENDOZA, tiña 1 CASA TERREA EN FERREIROS ( 8 X 5 varas ). Adquiriu os predios Pedregosa, Brita,O Rego, Furafolla, Pousadoira, Freixeiro, Sestelo , Airexe e as 42 partidas do anterior censo, Gado : 1 boi, 1 vaca , 1 xato e 3 ovellas.
16.- COMÚN DA VECIÑANZA..- Non había modificación.
17.- CRISTOVO FERNÁNDEZ, adquirira o predio Formigueiro e as 16 partidas do censo anterior. Gado : 2 vacas, 1 xovenca e 3 ovellas.
18.- DAMIÁN LÓPEZ, tiña 1 CASA TERREA EN FERREIROS ( 10 x 5 varas ) , adquiriu os predio Muiño e folla máis os 33 do censo anterior. Gado : 2 bois, 2 vacas, 1 xatiño, 1 xovenca , 12 ovellas, 6 años, 8 cabras , 3 porcos e 1 porca.
19. DOMINGOS LÓPEZ, enadira o predio Torna aos 45 do censo anterior, Gado : 2 vacas, 2 xovencas, 6 ovellas e 5 porcos.
20.- DOMINGOS GONZÁLEZ , tiña 1 CASA TERREA EN FRUXINDE ( 6 x 6 varas ) e ás 26 partidas anteriores uníralles os predios Feal, Ribeira e Costa. Gado : 2 vacas , 2 xovencas, 6 ovellas , 6 cabras e 2 porcos.
21.- DOMINGOS LÓPEZ DA PENA, tiña 1 CASA TERREA NA PENA e os 35 predios do censo anterior aos que enadira os chamados Mirallos ( 3 ) e Reboira. Gado : 2 vacas, 2 xatiños e 2 `porcos.
22.- DOMINGOS DE ROZAS, da parroquia de Francos non modificou o por el posido.
23.- DOMINGOS DO OUTEIRO , da parroquia de Francos, non tivo modificacións.
24.- DOMINGOS LÓPEZ "FERREIROS" , posuía 1 vaca e 1 xatiño.
25.- DOMINGOS LÓPEZ DA PENA , como herdeiro do seu pai Pedro López da Pena , tiña 1 CASA DE BAIXO E UN SOBRADO NA PENA ( 6 X 5 varas ). Fincabilidade : Horto da Pena ( 4 ), Carrigueiro ( 2 ) , Su Vila, Riba, O Río ( 2 ), Lameiro ( 3 ), , Pena ( 9 ) , A Pia, Couto ( 2 ), Aira ( 2 ), , Mirallos ( 16 ), Prado de Mirallos, Fonte, Souto do Porto, Río e Casanova. Gado: 1 boi, 2 vacas, 1 tenreiro, 1 xatiño, 4 ovellas 2 añas , 2 cabras e 2 porcos.
26.- FABIÁN DÍAZ tiña 1 CASA TERREA NA VEIGA ( 6 X 4 varas ), enadiu ás 46 paridas do censo anterior a chamada Banzado. Gado: 2 vacas, 2 xovencas , 4 ovellas , 2 años , 4 cabras e 5 porcos.
27.- FRANCISCO LÓPEZ , ao seu falecemento , pasou os seus bens ao seu fillo Xoán López.
28.- FRANCISCO GAYOSO, tiña 1 CASA DE BAIXO E UN SOBRADO NA CASANOVA ( 10 X 7 ), enadiu as parcelas Castro ( 2 ), Carballeira , Penelas ( 2 ), A Torna e Bouzas ás 32 do censo anterior.
29.- XOÁN DÍAZ , como bens herdados de Xacinto Díaz , tiña 1 CASA DE BAIXO E UN SOBRADO ( 10 X 5 varas ),, chamada CASA DO REGO, e 49 partidas ás que enadiu os predios Couto, Pena, Escadiña, Fonte e Penafrou. Gado : 2 bois, 1 vaca, 1 becerra, 1 xovenca, 6 ovellas, 2 cabras e 4 porcos.
30.- XOSÉ LÓPEZ, herdara de Xacinto López 1 CASA DE BAIXO E SOBRADO EN SAN CRISTOVO ( 10 X 7 varas ) e 37 partidas ás que enadiu os predios Riba, Reboira ( 2 ) e Airexe. Gado : 2 vacas, 1 xato , 4 cabras e 1 cabuxo.
31.- XOSÉ FERNÁNDEZ, veciño de San Salvador da Pinza tiña os mesmos que no censo anterior.
32.- XOSÉ SOMOZA , foi sucedido polo seu fillo Anxo Somoza.
33.- XOSÉ LÓPEZ DA PENA, tiña 1 CASA DE BAIXO E SAOBRADO NA PENA ( 8 x 8 varas ) herara 23 partidas ás que enadiu os predios Leborada, Bregasa e O Penedo. Gado : 2 vacas, 2 xatiños, 1 xovenca, 8 ovellas, 4 años , 6 cabras , 1 porco e 1 porca,.
34.- XOÁN LÓPEZ , tiña 1 CASA DE BAIXO E SOBRADO NA PENA ( 8 x 4 varas ) ás 31 partidas herdadas enadiu os predios A Cruz, Su a Casa, Frulleiro. Gado : 2 bois, 1 vacas. 1 xato , 2 xovencas , 5 ovellas , 6 cabras , 2 porcos.
35.- XOÁN LÓPEZ DA AIREXE , tiña 30 partidas ás que enadiu o predio A Riba. Gado : 2 bois, 2 vacas, 2 xatiños, 8 ovellas, 6 años , 4 cabras e 2 cabuxos.
36.- XOÁN LÓPEZ DE FROXINDE , como herdeiro do falecido André López de Froxinde, tiña 1 CASA DE BAIXO E SOBRADO ( 8 x 6 varas ) posuía os predios Horto de Froxinde, Carmelo ( 2 ), Zarra, Arbillexo, A Longa ( 2 ), Feás ( 2 ) , Fontilleiro ( 3 ), Cobiños, So a Casa ( 4 ), Canedo ( 2 ), Limpadoiro, Penedo ( 3 ) , Feás, Leiro do Mazuco, Cantella, Riba da Casa , Froxinde, Cortella e A Costa. Gado: 2 bois, 2 vacas, 1 xatiño , 1 xovenca, 6 ovellas, 4 años, 3 cabras, 3 porcos , 8 colmeas.
37.- XOÁN LÓPEZ, como herdeiro do seu falecido pai Brais López, tiña 1 CASA TERREA EN FERREIROS ( 8 X 6 varas ) , posuía os seguintes predios Ferreiros, Prado do Souto, O Souto , Loios, Rigueiro ( 2 ), Cosaña, Costiña, O Muiño , Barreiro ( 3 ), Lameiro, A Moa , A Vila, Rego, Pedroso, Sestelo( 5 ) , A Seara ( 3 ) Baíde ( 2 ), Parede de Arriba, Valados , Devesa Doi , A Cruz, Ardabín, Pedregosas, O Castro e A Costa. Gado: 2 bois, 1 vaca, 1 xatiño, 5 ovellas, 2 años. 6 cabras. 2 cabuxos m 1 porca e 2 porquiños.
38,.- XACINTO LÓPEZ DE CARABA, como herdeiro do seu pai Antonio López de Caraba , tiña 1 CASA DE BAIXO E SOBRADO EN CARABA ( 10 x 5 varas ) posuía os seguintes predios: Horto de Caraba, A Pena ( 4 ), Chousiñas, A Carreira ( 2 ), Salgueiros,. A Pena ( Igrexario ), A Ponte , A Zarra ( Sarra ), A Brita, Ardabín, Negral ( 3 ), Leiras, Fonte ( 2 ), , Su Caraba ( 2 ), Leira ( 3 ), , A Penela, O Campo e 1 MUIÑO de unha roda ( 4 x 4 varas, arruinado , na LABORADA. . Gado : 2 bois, 1 vaca, 1 xatiño, 6 ovellas, 3 años , 2 cabuxos e 4 porcos.
39.- XOÁN LÓPEZ, como herdeiro do seu pai Francisco López tiña 1 CASA DE BAIXO E SOBRADO EN FERREIROS ( 14 x 7 varas ) e posuía os seguintes predios n Horto de Ferreiros ( 2 ). Loio ( 2 ), A Costa , Redondiña, A Brita ( 9 ), Tras do Prado, O Agro ( 3 ), O Barreiro ( 3 ), A Lama, A Moa ( 2 ) , O Barreiro ( 2 ), A Vila ( 2 ), A Calzada,O Leiro, So a Casa, Castiñeira ( 5 ), Laxas ( 1 ), Pedredo (n 1 ), A Seara, Souto da Seara , Monte da Seara, A Folla, Leiros, Baíde, Pousadoiro, ( 2 ), Táboa ( 2 ), O Agro, ( 2 ) , Loureiro, Monte de Riba , Lubián ( 2 ), A Fonte ( 3 ), Rexemonde , Sestelo, O Castro ( 5 ), A Cruz ( 2 ), Ardabín , A Lama, A Folla, A Costa de Lobares . Gado: 2 bois, 1 vaca , 1 xatiño, 5 ovellas , 2 carneiros e 2 porcos,
40.- MARÍA LÓPEZ, tiña 1 CASA TERREA EN FRUXINDE ( 10 x 5 varas ), ademáis das 38 partidas herdada adquiriu os seguntes predios : A Penela, A Labrada, A Ribeira, A Presa e Tras da Lama. Gado: 2 bois, 1 vaca, 2 xatiños ,6 ovellas, 2 años, 6 cabras , 13 ñporcos e 4 colmeas.
41.- MANUEL LÓPEZ DA VEIGA tiña os mesmos bens do censo anterior.,
42.- MANUEL DOCE, tiña 1 CASA DE BAIXO E SOBRADO EN SAN CRISTOVO ( 12 x 8 varas ) e ás 59 partidas herdadas enadira A Pena, Leiro de Riba ( 2 ), Recarías ( 2 ), Trigarizas, Ribeira, O Forno, Airexe, Requintá e Mirallos. Gado : 2 bois, 2 vacas, 2 becerros, 1 xovenca , 4 ovellas , 2 años, 4 cabras, 1 porca , 3 porcos e 1 colmea.
43.- MANUEL LÓPEZ DA PENA, tiña 1 CASA TERREA NA PENA ( 5 X 5 varas ), ademáis das 35 partidas do censo anterior adquirira o predio Monte da Pena . Gado: 2 vacas, 1 xatiño, 6 ovellas e 3 porcos,
44.- MATEO LÓPEZ, veciño de Santa María de Francos, tiña os mesmos bens que no censo anterior.
45,- PEDRO LÓPEZ DA PENA, os seus bens, á súa morte pasaron ao seu fillo Domingos López-
46.- PEDRO DÍAZ, ademáis das 42 partidas previas adquirira o predio O Escairo. Gado:2 bois, 1 vaca, 2 xatiños , 6 ovellas , 2 años , 5 cabras , 1 cabuxo e 2 porcos,
47.- PEDRO PÉREZ ás 19 partidas herdadas do censo anterior enadira os predios nomeados A Pena ( 2 ). Gado: 2 vacas, 1 xovenca , 3 ovellas e 1 porco.
48.- PEDRO LÓPEZ DE CARABA, tiña 1 CASA DE BAIXO E SOBRADO EN CARABA ( 6 X 6 varas ) e 27 partidas ás que enadira os predios Chousiña, Ardabín e Barreiro. Gado : 2 vacas, 1 xovenca , 2 años , 4 cabras e 4 porcos.
49.- PEDRO LÓPEZ, veciño de Santa María de Francos tiña os mesmos bens do censo anterior.
50.- PEDRO DE OUTEIRO, veciño de Santa María de Ferreiros confrontaba os mesmos bens.
51.- ROSA GAYOSO, como herdeira do falecido Rosendo Rodríguez , posuía 23 partidas e adqurira o predio Tras da Lama. Gado: 2 bois, 2 vacas, 1 xovenca , 10 ovellas, 1 año, 4 cabras, 2 cabuxos, 3 porcos e 2 colmeas.
52.- RAFAEL LÓPEZ, veciño de San Salvador da Pinza , confrontaba os bens anteriores.
53.- ROQUE LÓPEZ, veciño de Santa María de Francos , confrontaba os bens anteriores.
54.- SANTIAGO CARREIRA, de San Miguel de Biville , confrontaba os benes anteriores.
55.- SANTIAGO LÓPEZ, tiña 1 CASA TERREA EN SAN CRISTOVO ( 8 x 6 varas ), posuía 33 partidas do censo anterior e os predios Carias, Reboira, Os Fornos e A Fonte. Gado : 2 vacas, 2 xovencas , 9 ovellas, 2 años , 4 cabras e 5 porcos.
**************************************************************************************
BENS DE ECLESIÁSTICOS
1.- ANXO LÓPEZ, Presbítero de Santa María de Mesónfrío. levara bens que por herdanza a Manuel Doce, crego de menores.
2.- COMENDADOR DA VILA DE PORTOMARÍN ( Encomenda da Orde de Malta ), percibía rendas por razón de Señorío.
3.- CABIDO DA IGREXA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, percibía rendas por razón do Voto de Santiago.
4.- FÁBRICA DA IGREXA PARROQUIAL, percibía os desmos para aplicalos ás obras e culto do templo . Nese ano 1763 relativos á igrexa vella do lugar da Airexe que anos máis adiante perdería a súa condición de igrexa matriz, para ser comvertida en capela.
5.- FRANCISCO DÍAZ, Capelán da Capela da Nosa Señora do Carme, na igrexa de Ferreiros, disfrutaba das rendas e bens anexos á capelanía que eran 10 partidas e o Monte do Escairo.
6.- XOÁN ANTONIO LÓPEZ , Cura párroco, posuía os bens do IGREXARIO.
7.- XACINTO LÓPEZ , posuía 1 MUIÑO NO AGRO, dunha soa roda ( 4 x 3 vsras ) , no río Loio, que moía 2 meses no ano e producía 20 reais. 1 BATÁN NO SITIO DO AGRO ( 7 X 5 varas ) , no río Loio que producira 120 reais, e que por estar estragado só rendía 20 reais. Tiña ademais 48 partidas . Gado: 2 bois, 2 vacas, 2 xatos, 8 ovellas, 5 años, 6 cabras, 2 cabuxos, 5 porcos e 20 colmeas.
8.- MAURO GAYOSO, presbítero, posuía os bens a tiduo dos que fora ordeado.
9.- MANUEL DOCE , herdeiro de Anxo López ( de Mesonfrío ) recibira 1 CASA DE BAIXO E SOBRADO EN MIRALLOS ( 10 x 8 varas ) , con dous hortos anexos nomeados HORTO DE MIRALLOS.
***********************************************************************************
NOTAS REFERIDAS Á PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE FERREIROS
( 10.12.1399 ) Gonzalo Rodríguez de Valcárcel e Valboa , tencioeiro do Couto de Loio pola Igrexa de Santiago , ofrécelle a Rui López da Somoza os Casares de Bravos e A Cabana , sitos na freguesía de San Xoán de Friolfe e os da Parede e Froxinde , sitos en Santa María de Ferreiros.
( 1807 ) Bartolomeu Fernández e Xosé Díaz, por eles e comisionados polos veciños , solicitaron faculdade para crear unha FEURA.
Comentarios
Publicar un comentario