SÁRRIA: FALTA DE TRABALLO E FAME EN 1879 ( 731 )

SÁRRIA: FALTA DE TRABALLO E FAME EN 1879,                      (  731 )

                                                                                  ( EL DIARIO DE LUGO , 28.02.1879 )

O noso ilustrado correspondente   de Sárria remítenos o seguinte  escrito  que co maior gosto insertamos  , desexando que as súas queixas  sexan atendidas :

........................... ¿ PARA CANDO A NOVA IGREXA ?.........................................................................

Na vila de Sárria  faleceu  hai un ano  o párroco  castrense  D. XOÁN MARÍA LÓPEZ , deixando unha  herdanza , grande parte da cal   será invertida   segundo  a súa derradeira vontade en obras piedosas.

Constitúe  unha delas a construción   das  torres  da Catedral desa cidade . Forma parte do pensamento dos señores testamentarios  a EDIFICACIÓN DUN TEMPLO   no pobo citado  onde naceu , viviu e morreu   o doante  , cuxa obra  ao tempo que satisfaga   unha necesidade de primeira  orde , pois está apontalada   e pechada por ruina  a igrexa parroquial  , sirva   de perpetuo  e vivo recordo   e decente mausoleo  ás súas cinzas, encerradas  nunha modesta capela ; pensamento loable   e que responde perfectamente   aos benéficos  desexos do finado   e cumpridores da súa derradeira vontade .

¿ Pero para cando se adía  a súa execución ?.  Persoas rectas  , coñecedoras da imperiosa necesidade  da dita obra  e con medios para satisfacela , que se achan  á fronte da dita testamentaría  , entre as que figuran  os dignos   Penitenciario do Cabido   e beneficiado Sr.  Gamallo . ¿ Por que se arredran   e diante   que obstáculo   vacila o seu ánimo ?-............................................................................................................. 

NON SE DEMOROU MOITO O FACER  A NOVA IGREXA DE SANTA MARIÑA, COA SÚA TORRE NA QUE  SE INSTALOU O RELOXO MUNICIPAL, POIS NO ANO 1885  FOI CONSAGRADA CON TODA SOLEMNIDADE.  A OBRA SUPUXO A DESAPARICIÓN DA PEQUENA  , MAIS VALIOSO EXEMPLAR DO ROMÁNICO GALEGO, IGREXA DE SANTA MARIÑA " A VELLA" E DA  ANEXA TORRE DO RELOXO.c

TARDOU MÁIS EN ACOLLER  O SARTEGO COS RESTOS DE DON XOÁN MARÍA LÓPEZ DE ALMANCE, " O CURA DE NULLÁN" QUE ESTABAN NA CAPELA DE SAN ROQUE DA "CASA DE NULLÁN" ( AGORA CASA DO BARRIO ).  O MONUMENTO FUNERARIO  FOI TRASLADADO Á IGREXA DE SANTA MARIÑA  PASADO UN SÉCULO DA SÚA MORTE, AO RESULTAR ARRUINADA A CAPELA  DA CASA FAMILIAR  POLAS OBRAS DE ALARGAMENTO  DA RÚA BENIGNO QUIROGA.............................................................................. 

                    A CLASE POPULAR SEN TRABALLO  SOFRE A PANTASMA DA FAME

Unha grande calamidade  pesa riba   deste país   cuxos xornaleiros   carecen de pan   e aliméntanse de herbas   silvestres   e socomben  outros vítimas  da espantosa miseria  que semeou en Galicia   un rudo temporal  de augas  , cuxo remate non se albisca.

Por esta causa   tornaron estériles  os inmensos sacrificios   de todas as partes  ateigados para   a prosecución das obras da vía-férrea  , que servirían dalgún lenitivo   a ese mal e   xacen porén  paralizaas. As insólitas  enchentes   do presente inverno   arrastran coa impetuosa   corrente dos ríos  a maior parte das pontes rurais   desta comarca , impedíndolle  aos labregos   o laboreo das súas fincas   que moitos posúen na ribeira oposta  á aquela na que viven, así como a flor  das súas mellores  terras,  cerrados,    leñas  e gados  e para remate desa obra de devastación  acaba de se producir   o afondimento  da ponte de pedra  sita riba do río Sárria  no camiño que desta vila vai  a Samos e O Courel  , e no antigo Camiño Real  de frecuentísimo  tránsito  que leva a Santiago e  pobos intermedios  co Bierzo e Castela, cortando amplas relacións.......................................................................................................................................... 

...........AS  CONSTANTES CHOIVAS ARRUINARON NUMEROSAS PONTES   DA COMARCA SENDO  A PERDA MÁIS SENTIDA A  CAÍDA DO ARCO CENTRAL DA PONTE RIBEIRA CAUSANDO UN GRANDE PERXUIZO.

PEOR SORTE  TIVO A RECUPERACIÓN DESTA PONTE, A CUXA RECONSTRUCCIÓN  NEGOU COLABORACIÓN  A DEPUTACIÓN PROVINCIAL, E O ARRANXO PROVISORIO CON TRABES E PLATAFORMA DE MADEIRA  MANTÍVOSE ATÉ 1929 CANDO, ESTA VEZ SI, DEU AXUDA PARA  POÑER TRABES E PLATAFORMA EN FORMIGÓN................................................................ 

             NECESIDADE  DAS OBRAS DA NOVA IGREXA E DO FERROCARRIL 

A simple enunciación  destes feitos  non son   máis ca un páñido reflicto   da triste realidade  , apena dorosamente   o ano, e cumprindo   un dos máis estreitos   deberes que impón   a misión de todo home   imparcial  , créome   no deber de chamar   a atención de vostedes  sobor de  tan importantísimo   asunto,   e rogarlles ao mesmo tempo  aos señores  citados  se servisen  imprimirlle  a maior actividade  á realización do seu  fecundo e brillante pensamento , co que   ademáis   de realizar   , os altos fins   que se propoñen  , contribuirán   á atención da miseria  que o dito país experimenta.

Deber é  tamén excitar   o do xefe da vía-férrea  para que imprima o maior desenvolvemento  na execución das obras da mesma , facendo que os contratistas  admitan a todos os xornaleiros   que úteis para o traballo  carezan de pan  e os retribúan co salario  proporcional co sacrificio que fan  e á carestía deste  artigo, que  para adqurilo  foi insuficiente  a moitos o mesquiño  salario que lles foi aboado , en virtude  de cuxo sensible  feito  quedaron nun día desertas e paralizadas as obras,

Tamén    creo deber chamar  a atención da Deputación  provincial polos intereses  que representa , para que habilite  de xeito provisorio  a citada ponte de pedra riba do río Sárria , un de cuxos arcos centrais afundiuse , mandando aseguralo  antes que  caian os restantes e dispoña o seu reparo definitivo  polos intereses  que perxudica  e vastas  relacións que afecta, aunciándose o esforzo posible  de todos para combatir tan sensibles calamidades e remediar a miseria publica deste país........................................

...................... A  POLITICA DAS CONTRATAS DAS OBRAS DO CAMIÑO, PARALIZADAS  POLOS MISEROS  SALARIOS OFRECIDOS , FOI MUDADA E   ISO FIXO POSIBLE  QUE NO ANO 1880 S FOSE INAUGURADA A   LIÑA ENTRE  A POBRA DE SAN XIAO E A ESTACIÓN DE SÁRRIA.....

A NOVA IGREXA DE SANTA MARIÑA   DEU TRABALLO ENTRE  1883 E 1885......

NON HOUBO MELLOR SORTE  NAQUELES ANOS NIN CO ARRANXO DA PONTE  RIBEIRA, NIN COA  CONTINUACIÓN DAS OBRAS DA ESTRADA DE SÁRRIA A PORTOMARÍN (  DETIDAS POR DÉCADAS  EN MOUZÓS ), AS DA ESTRADA DE SÁRRIA A BECERREÁ ( TAMÉN PARALIZADAS ANOS E ANOS EN CORVELLE   )..... E NIN SE PENSABA EN FACER VÍAS DE COMUNICACIÓN DIREITA COAS CAPITALIDADES DOS CONCELLOS  DO PARTIDO XUDICIAL  DE SÁRRIA  QUE SEGUÍAN UNIDAS COA VILA E ELAS ENTRE SI  POLAS VELLAS CARREIRAS E CONGOSTRAS  ....  E A  COMARCA  PERMANECEU POR MOITOS ANOS ORFA DE INICIATIVAS E  INVERSIÓNS PÚBLICAS....

A BOA VONTADE DO CORRESPONDENTE SARRIAO DO XORNAL LUCENSE    NON MOVÍA AS CONCIENCIAS DAS AUTORIDADES LOCAIS E PROVINCIAIS, 

...................................................................................................................................................................... 

Comentarios

Publicacións populares