SAN VICENZO DE FROIÁN : APEO DOS LUGARES DA VILANOVA . ( 739 )
SAN VICENZO DE FROIÁN: APEO DOS LUGARES DA VILANOVA ( 739 )
( Na freguesís de San Vicenzo de Froián , parte da Xurisdición da Abadía de Samos )
E logo incontinente este dito día, mes e ano e lugar susoditos na presenza de min o escribán e testemuñas de xuso escritas o dito señor Meiriño proseguindo o dito apeo fixo vir e parecer pernate si a ARES DE CAMPELO e a PERO DA VILANOVA , caseiros, e a PERO DE MEZUR e a PERO LÓPEZ DE GUISALLE, que estaban presentes , dos que, e de cada un deles o dito señor Meiriño tomou e recibiu xuramento en forma debida de dereito e riba du sinal de cruz tal coma esta ( + ) na que corporalmente cada un deles pasou e tocou a súa man dereita e botándolles por diante a confusión do dito xuramento e prometeron de diciren verdad , testemuñas GREGORIO DE VILAR e DIEGO ARES DE CORVELLE e AFONSO BROCO.
E logo polos sobreditos caseiro e vedraños de susoconfesados e declarados que os ditos lugares de A VILANOVA segundo todos eles están xuntos son propios do dito Mosteiro de Samos a cuxos ditos lugares pertence o seguinte :
Primeiramente todas as casas que están nos ditos lugares da VILANOVA e dixeron as ditas testemuñas que os ditos lugares da Vilanova eran propios coas ditas casas in solidum do dito Mosteiro de Samos e que cada un dos lugares estaban de sobre si e cada un deles tiña as súas herdades partidas e demarcadas de sobre si , en que levaba o lugar de Cima , posta xunto do CARREIRO que vai pola LAGOA para San Vicenzo que ao de presente ten e posúe PERO DA VILANOVA , ao cal dito lugar pertencen as casas segundo as ten a carón do dito camiño e riba da FONTE DA VILANOVA, ao cal dito lugar pertence a CORTIÑA DA INFESTA cos seus prados, labrados e por labrar e coa súa auga que se rega das ditas FONTES todas segundo que toda está cerrada e acombarada sobre de si , levará toda ela de semente tres ou catro tegas de pan pouco máis ou menos.
Mási tras a dita CORTIÑA DA INFESTALA a sobredita, vai outra herdade de fora que comeza tras da outra Cortiña da Infestela e dali chega ao termo dos lugares de ABUIN e dalí chega até IATE CESTO , que dentro disto vai unha leira do lugar da Vilanova , deste mesmo lugar, e ali vai un leiro que é de DIEGO LÓPEZ DE SONIDE , o cal Leiro de Diego López, levará dous celemins de pan semente pouco máis ou menos, a cal dita herdade levará de semente un moio de pan pouco máis ou menos, a cal dita leira fai dúas achaves para os lugares de Abuin, o cal dito leiro e leira como dito teña polos ditos lugares de Abuin , os cales veñen por cima da AIRA DE ABUIN.
Máis a LEIRA que vai por riba da dita CASA DA VILANOVA e ven riba da DEVESA DE SAN VICENZO e fere no CARREIRO que vai para San Vicenzo e dali fai unha CHAVE cabo do POZO DE PUDE, a cal dit chave chega á CERDEIRA DO POZO DE PUDE e dali torna facer unha chave para cima da leira de Alonso Aresss e outra de San Vicenzo entre elas ambas , a cal dita leira de suso coñecida poderá levar de semente dez fanegas de pan pouco mñías ou menos dentro dos lugares de Abuín levara dous celemíns de pan pouco máis ou menos.
Item máis ao PONTÓN un leiro que está so o Camiño que vai para TERRIDO e entesta no PRADO DE SAN VICENZO, levará unha tega de pan.
Máis AS CORVAES un leiro que está sobre da castiñeira que está no medio do prado e fere no RIGUEIRO que ven do CADUEIRO, que leva de semente unha tega de pan.
Máis outro LEIRO da outra parte do dito rigueiro que vai riba do prado do outro lugar da Vilanova que levará de semente dúas tegas de pan.
Máis outro leiro queda dentro da CORTIÑA DO BARREIRO por cima dos SEBEIROS que se chaman da Vilanova que le vará de semente unha fanega de pan.
Máis outro LEIRO ao PONTÓN, riba do Prado de Álvaro Armesto, que lebvará dous celemíns de pan e tgrae Álvaro de Armesto, este dito leiro e doutro pequeno na CORTIÑA DO BARREIRO e outro da herdade dos POSTEXOS , tras a AIRA DA VILANOVA.
Item máis cabe a este diti lugar a metade dos montes de Cadeiro, segundo parten con Castelo e Lavandeira e Vileiriz, o cal dito lugar dixeron ser propio do dito Mosteiro de Samos in solidum, coas súas árbores que serán até vinte ou trinta E confesaron paga cada un diso ao dito Mosteiro cada un de foro quince fanegas debpan e un porco cebado e nisto se afirmaban e afirmaron e non o asinaron por non saberen e tamén dixeron os ditos vedraños e testemuñas de suso consinuados.. que o lugar da Vilanova que teñen en foro herdeuno de Álvaro de Armesto , o cal dito lugar dixeron pertencíalle o seguinte :
Primeiramente as CASAS nas que ao presente vive e mora ...........DE CAMPELO cos seus reparos que darredor están .
Máis a AIRA que está cabo d Casa do dito lugar cunha CORTIÑA segundo está todo cerrado sobre si que le vará coas súas árbores que dentro està seis celemins de pan-
Máis un HORTO que está cabo da dita CORTIÑA , que está riba da dita Casa-
Mais outra CORTIÑA que está riba da dita Casa . segundo está cerrada todo darredor coas súas ábores, que levará de semente seis celemíns de pan , agás un leiro que está dentro dela que é dos PORTEIROS contra a CONGOSTRA segundo que está marcado-
Máis a CORTIÑA que está so a CONGOSTRA que vai para o PONTÓN , que levará de semente unha fanega de pan segundo que est´cerrada sobre si, agás un leiro que vai dentro dela no fondal que é de Diego López de Soñide , segundo que está marcdo sobre sí, que é a parte do Rigueiro. segundo está cerrado sobre sí, que levará de semente tres tegas de pan.
Item máis logo riba do PRADO DOS LEIROS, cabo dun Da Armea e outro cabo du dos Porteiros, que levarán de sememte tres celemíns de pan.
Máis logo arriba darredor da CONGOSTA que vai para San Vicenzo con outro leiro que vai dar no CAÍNZO e de CIMA DA CABARCA e como entra nos CORBAES, que levará dous celemíns de pan semente.
Item máis ás CORBAES , unha leira que vai por baixo dunha de San Vicenzo que levará seis celemíns de pan.
Item máis outra leira desta outra parte ao REGO que ven de CADOEIRO coa súa DEVESA e ´ñarbores , que serán tres tegas de semente.
Máis outra leira que se chama a LEIRA DE CADOEIRO que está riba do CAMIÑO DAS CORBAES que levará de semente tres tegas de pan coas súas árbores que nela están.
Item máis ao FOXO unha leira asñi como vai cerrada e acortiñada e vai até a a DEVESA DE ABUIN E DE VILEIRIZ, e pola parte de abaixo parte con herdade de Abuin e levará de semente seis fanegas de pan , agás un leiro de ALONSO ARIAS DE LAVANDEIRA , que están todos tres xuntos uns cabo doutros marcados,
Item máis a METADE DO MONTE DE CADOIRO segundo se parte con isto outro lugar arriba declarado que o ten o dito PEDRO DE MEZUR.
Item máis a CORTIÑA DA PRADA segundo que vai cabarcada sobre si , que lev ará tres tegas de pan, agás un leiro que é de San Vicenzo , que vai dentro dela segundo que está marcado.
Máis ao PONTÓN un tarreo de herdade que está riba do CAMIÑO que vai para o PRADO DE SAN VICENZO , baixo dun da Igrexa de San Vicenzo , que levará unha tega de pan semente.
Máis outro leiro ao PONTÓN , arriba do sobredito que levará de semente unha tega de pan e está riba dun da dita OIgrexa e por cima doutra leira por riba do sobredito, así como vai dar nos CASTIÑEIROS do lugar de San Vicenzo que levará de semente dúas tegas de pan.
Item máis outro leiro ao CARBALLO que está riba doutro de Álvaro da Armea que levará de semente unha tega de pan.
Item máis outro leiro riba do sobredito cabo dun da dita Igrexa como vai de cabo a cabo e entesta ni CAINZO da dita Casa que levará de semente unha tega de pan.
Item máis outro leiro que levará dúas fanegas de semente que está cabo doutro que esta cabo doutro da IGREXA DE SAN SALVADOR DE SÁRRIA.
Item máis outro leiro que vai á CORTIÑA DE PEREIRA que vai cabo do da igrexa de San Salbvador.
Máis o BERBELEGÓN , una leira cabo doutra do outro lugar de PERO DE MEZUS que levará de semente unha fanega de pan.
Máis outra leira arriba da sobredita cabo dun dos Porteiros que levará de semente unha fanega de pan.
Máis outra leira en TAIXETE riba doutra de ALONSO ARES DE LAVANDEIRA que levará de semente cinco tegas de pan.
Máis unha leira en TAIXETE cabo da herdade da dita herdade do lugar do POZO DE MEZUS e sobre dos castiñeiros que levará de semente tres tegas de pan.
Item máis outro leiro en TAIXATE cabo da herdade de DIEGO LÓPEZ DE SUÑIDE e outro do lugar de San Vicenzo, o cal dito leiro do Mosteiro van entremedias dos sobbreditos., máis levarán de semente unha tega de pan,
Máis outra leira por riba do sobredito so o SEIXO , con bouza e labradío, que levará de semente seis tegas., agás que vanb dentro dous leiros alleos , un de ÁLVARO DA ARMEA que levará unha tega de pan e o outro de DIEGO LÓPEZ que levará dous celemíns , segundo están marcados e outro de ÁLVARO DE ARMESTO que levará dous celemíns de pan semente.
Item máis outra leira en monte que comeza riba das CASTIÑEIRAS DE PONZOLLÓN e chega á DEVESA DE SAN VICENZO , agás unha leira que é dos lugares de MEZUR , que levan a dita leira unha fanega de pan e a outra é do dito lugar da VILANOVA , dez tegas de pan -
Item máis trinta e tantas árbores , pouco máis ou menos , e confesaron pagarse cada un ano de FORO do dito lugar ao dito Mosteiro doce fanegas e un ducado por un porco, a cal RENDA pagan polo dito lugar en foro dito ao dito Mosteiro as ditas doce fanegas de pan e un ducado . E niso se afirmaron e non o asinaron por non saberen e eu ALONSO GALLINA , escribán e notario público da Súa Maxestade na súa Corte , Reinos e Señoríos.
***********************************************************************************
Comentarios
Publicar un comentario