SÁRRIA : ESTREMAS DAS SÚAS PARROQUIAS ( 729 )

                            SÁRRIA: ESTREMAS DAS SÚAS PARROQUIAS                   ( 729 )

                                CATASTRO DO MARQUÉS DE LA ENSENADA  ( 1753 )

                         VILA DE SÁRRIA.-  CABEZA DO MARQUESADO DE SÁRRIA

1.- PARROQUIA DE SAN SALVADOR DE SÁRRIA.

Era de Señorío particular da Excma,  Condesa de Lemos, como Marquesa de Sárria.

Estremas : ·" Principiando a súa demarcación nun MARCO DE PEDRA sinalado cunha CRUZ  que está na CASA  DE MANUEL DE MONTEAGUDO na Rúa Públkica  da dita vila, do que cortando a  Norde segue á HERMIDA DO CAMPIÑO , de  ali  á PONTE DA ÁSPERA , desta ao MARCO DOS ESCAIRADOS  e daquel ao POMBAL VELLO DOS BARREDOS, e deste volve fenecer  ao dito MARCO DA CRUZ, que queda nomeado na primeira demarcación. 

En 1890 co proceso de  modificación da estrutura parroquial feita polo Bispado, e asumida  polo Concello, a parroquia de San Salvador de Sárria  inctrementou a sía superficie , incorporando espazos das parroquias de San Pedro de Maside  e San Martiño  de Requeixo , moficando tamén a estrema coa parroquia de Santa Mariña de Sárria. Na Rúa Maior   gañou as  casas  da esquerda  dende a Casa de Macía (1 ) até  Casa de Batallón.Macía, e na marxe dereita  dende a Casa de Marzán e a Casa de Cachete ou de Armindo.

As novas estremas  quedaron fixadas así:  " Principiando   en Casteledo en liña dereita á Casa de  Cabarcos de Arriba, na Rúa Maior  , que  quedou para San Salvador  , e a Casa nº  desa Rúa tamén quedou para  esta parroquia, deguí a liña en direción  Norde , atravesando  a Rúa  do Porvir ( agora Marqués de Ugena )  pertencendo  a San  Salvador  a Praza das Carnizarías  e a Casa de Cortiñas e da Rúa Matías López. Na estrada de Samos  ( agora Rúa da Liberdade  )  pertencía a esta parroquia . Seguía a estrema  polo medio da Rúa Vázquez Queipo, pertencendo a San Salvador  as casas  da esquerda, e  seguía até alcanzar o Río Celeiro, dexinado dentro dela as casas e terras das Insuas, Dende alí  río arriba seguía a liña  até até a Ponte Nova do Mazadoiro. Xiraba  dende alí á Casiña de Ferroviarios do Paso  Nivel  do Mazadoiro, e deixando dentro da parroquia a Estación de Ferrocarril,  chegaba á Ponte de San Lázaro.  Polo Río Celeiro arriba  a estrema  chegaba  a un punto augas arriba da Ponte da Áspera,  xiraba até o Rego de xunto da Casa do Rego da Veiga de Arriba  e dende alí  ía  ao entroncamento  da  Estrada do Mazadoiro a Lamarrigueira co Camiño dos Fornos de Atrás, indo a fenecer  no paraxe de  Casteledo, primeira demarcación.

Dende os anos 1970  a nivel municipal deixou de amosarse a división da vila en dúas parroquias urbanas  pasando a ser considerada comou una unidade  poboacional á que tamén se foron endadindo  terreos  das parroquias de Vilar de Sárria e Farbán. 

Eclesiásticamente a parroquia de San Salvador  acabou cendendo un amplo espazos ao Norde  aportados para a nova freguesía  da Nosa Señora do Rosario, cuxo templo se alzou en terreos que pertenceran  a San Salvador. 

.*************************************************************************************. 

                                  2,.  PARROQUIA DE  SANTA MARIÑA DE SÁRRIA 

 Era de señorio particular  da Excma Condesa de Lemos, como Marquesa de Sárria.

Estremas : " Principiando as súas  estremas  no MARCO nomeaado  DE CASTELEDO, do cal segue c ara o Levante  ao MARCO DO CAMPO DE VIGO, deste ao da CRUZ DE PRADEDA, dalí pola cerra da CORGA DE VALES, cortando despois a outro MARCO de pizarra que ten unha CRUZ,  e áchase na RÚA PÚBLICA  desta vila  na frenteira  da CASA DE MANUEL FERNÁNDEZ MONTEAGUDO que leva a foro  de don Valentín Valcarce de la Abastida; daquel segue  ao POMBAL VELLO, chamado   dos BARREDOS  e deste ao MARCO DE CASTELEDO que foi nomeado no comezo da demaración da dita parroquia".

En 1890 o Bispado de Lugo fixo unha fonda reforma  da estrutura parroquial e esta de Santa Mariña perdeu varias casas  da Rúa Maior en favor  da de San Salvador, e quedaron fixadas novas liñas estremeiras, que quedaron así: " Principiando a demarcación en Casteledo e dende alí a liña ía á  Casa de Cachete, na Rúa Maior,  e á Casa de Batallón-Macía, seguindo á Rúa do Porvir  ( agora Rúa Marqués de Ugena , onde pertencían a Santa Mariña  as casas n º e nº .Seguía  a liña cara a Rúa Matías López, pola Praza das Carnizarias  sendo de Santa Mariña  a  Casa nº , seguía  á Estrada de Samos ( hoxe Rúa da Liberdade  ) na que a casa nº pertencía a esta parroquia, e proseguindo a Norde a liña ía polo medio da Rúa Vázquez Queipo  tirando até a Lama da Gándara, dende onde xiraba cara o Río Sárria, polos Prados de Pradeda,  e  río arriba até  un punto  entre o Muiño do Toleiro ( pertencente á parroquia de San Salvador de  Vilar de  Sárria  ) deixando dentro dela o Muiño da Ponte Ribeira e a s hortas, até chegar aos Prados de Vilasante. Dende alí  atravesando o Río Sárria  e a  Estrada de Valdeorras ( Rúa Benigno Quiroga )  seguia  a Casteledo, primeira demarcación, punto no que confluían as parroquias de Santioago de Farbán, San Salvador de Sárria e Santa Mariña de Sárria.

Na década de 1970 o Concello de Sárria  deixou de considerar a división de parroquias urbanas   de maneira que  a todos os efectos  a vila de Sárria  pasou a formar unha unidade poboacional sen o condicionante de definir freguesías , que só se mantiveron  a efectos eclesiais. 

Unha nova  modificación do dimensionado parroquial, como consecuencia  da creación da nova parroquia  católica da Nosa Señora do Rosario, a parroquia de Santa Mariña perdeu en beneficio desta  unha ampla zona polo Norde , de maneira que  a de nova creación pasou a ser a de maior superficie e carga poboacional.

                   ESTREMAS DAS TRES PARROQUIAS CATÓLICAS DA VILA DE SÁRRIA 

                                                   (   só a efectos  eclesiásticos )   

                                      PARROQUIA DE SAN SALVADOR DE SÁRRIA´

Peertence a esta freguesía , Malecón de San Lázaro,  Praza da Vila, Rúas do Bareredo,  Rúa da Calexa , Camiño Francés,  RCamiño da Veiga, Campo da Feira, Rúa Castelo,  Rúa Casteledo,  Rúa Castiñeiras,  Rúa Conde de Lemos, Praza da Constitución ,  Corga do Asno,  Corga do Convento, Rúa das  Cortiñas,   Rúa Esqueiredos,  Rúa Fornos de Atrás,  Rúa Frei Luis de Granada,  Rúa Xela Arias ( pares e impares do 1 ao 17 ),  Rúa Marqué de Ugena ( pares e impares do 48 ao final ), Marquesa de Casa Lòpez ( imo¡pares até o empalme con Matías López ), , Rúa Maior ( pares e impares do 1 ao 40 ), Rúa da Mercé, Rúa Mestre Piquero ( Viela do Barredo )   Rúa Miguel de Cervantes ,  Rúa Padre Sarmeinto, Rúa Pedro Saco ( desde  Porvir á Rúa Nova,  Rúa  Pombal Vello, Rúa Porvir, Rúa Rosalìa de Castro,  Rúa San  Castro,  Rúa San Lázro, Praza San Roque, Rúa Santiago do Mercado,  Ruela do Arco, Praza de Xoán María López, mTravesa dos  Fornos,   Rúa Vázquez Saco, Rúa Velázquez.

Inclúe o Mosteiro da  Madalena-Convento de Mercé ( até 1835  , convento de agostiños  e dende 1896 convento de mercedarios. Capela de San Lázaro  ( que formou parte dun hospital de gagos, leprosería até 1700 ). Capela da Nosa Señora do Perpetuo Socorro ( en Villa Andrea- Praza da Vila ), Oratorio na Casa Quiroga da  Rúa Marqués de Ugena. 

   Ten o anexo da parroquia de Santiago de Farbán. 

                                                    PARROQUIA DE SANTA MARIÑA DE SÁRRIA 

  Pertencen a esta freguesía Calella de Barreiros,  Praza da Alvareda , :  Rúa Anduriña , Rúa Arrabaldo,  Rúa Benigno Quiroga ( até a Rúa Castelao ),  Rúa da Liberdade ( dende a Rúa Marquesa Casa López ao Malecón do Río Sárria ), Rúa Celso Emilio Ferrreiro, Río Chao da Viña, Rúa Curros Enríquez,  Rúa Diego Pazos (  pares e impares  até a Rúa da Liberdade ), Escaleira da Fonte, Escaleira Pequena,  Travesa da Igrexa,  Paseo do Malecón do Rio Sárria, , Rúa Marqués de Ugena ( pares e impares do 1 ao 48 ) Rúa Marquesa Casa López ( pares desde até á Rúa da Liberdade ), Rúa Matías López ( pares e impares de 1 a 14 ), Rúa Maior ( pares e impares  até o 40 ),  Rúa Meigas,  , Rúa Miurallón, Rúa Pedreira, Rúa Castelao ( primeiro treito ),  Travesa da Pedreira ; Rúa Pondal,  Paseo da Ribeira dos Cucos, Parque do Chanto ( marxe esquerda do Río Sárria ) .

                                           PARROQUIA DA NOSA SEÑORA DO ROSARIO

Pertencen a esta freguesía: : Rúa Agra de Celeiro ( en Maside) , Rúa Anxo Rodrìguez Castedo,  Rúa Arias de Arbieto,  Rúa da Asunción, Rúa da Liberdade  ( pares até a Rúa Marqeusa López , impares até  o Campo do Río ),  Rúa Ca,melias, Rúa  Camiño Verde,  Camiño da Fábrica,  Rúa Campo do Outeir,  Campo do Río) Rúa Caneiro,   Rúa Diego Pazos ( pares e impares do 20 á Ponte Vella ),  ,  Estación do Ferrocarril ,  Rúa da Estrela,  Rúa Fernándo de Castro, Rúa Fiz Vergara Vilariño, Rúa Formigueuros, Rúa Frei Xoánde Sárria,  Rúa Goya,  Gran Vía de Alfonso IX,  Rúa El Greco,  Rúa  Gregorio Fernández,  Rúa Irmás  García Vázquez,  Rúa das Insuas, Rúa  Xela Arias  ( pares e impares dende o 17 ao final ), Rúa Xoán Montes,  Rúa Lugo,  Rúa Marquesa Casa López  ( impares entre Matías López a a Rúa da Liberdade ),  Rúa Matías López ( pares e impares dende o 14 ao final ),  Rúa Mazadoiro,  Rúa Músico Chanñé.  Rúa Padre Severino Vega Cid, Rúa Pascual Veiga, Rúa Pedregás, Rúa Pwedro Saco ( entre a Rúa Nova  e  Rúa Formigueiros ), Rúa ortomarín,  Rúa Poula,  Rúa Ramón Cananillas,  Rúa Rego do mazo,  Rúa Rías Baixas,  Rúa Río Celeiro, Rúa Rotonda de Guérlèdan, Rúa Nova,  Rúa Santo Eufrasio , Rúa da Trea,  Rúa Vázquez Queipo, San Martiñode Requeixo, Treilán e  A Veiguiña

 Inclúe  a igrexa de San Martiño de Requeixo e a capela do Convento da Asunción.

***********************************************************************************. 

                                       PARROQUIAS  RURAIS DO CONCELLO DE SÁRRIA                                                                                    ========================================== 

                 3.-  PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE ALBÁN  ( XURISDICIÓN DE SAMOS )

Era de Señorío particular  do Mosteiro de San Xulián de Samos . OSB.  que polo dereito de loitosa, regulado por quinquenio,  percibía dos seus vasalos  4 reais en cada un ano . Tamén  tiña dereito a un día de traballo de cada   vasalo, a mantidas,  que non lle producia beneficio por non ter en que emptregalos.

E,  Rúa Viña do Chao,.   STREMAS.- " Principia do a súa demarcación no RÍO DA VEIGA ( Río Celeiro ) , dali segue  riba da AMENEIRIZA DE PACIOS,  deste ao RÍO DE SAAMIL, deste ao sitio chamado das FONTELAS, de ali segue ao PORTO DE ARROXO, deste ao sitio do REFOXO, del ao de SO  TOUTELO, dalí ao  sitio da CONDOMIÑA , deste ao CANCELO DA CIGUÑEIRA, e deste ao RÍO DA VEIGA ", primeira demarcación".

************************************************************************************ 

                 4.-   PARROQUIA DE SANTALLA DE ARXEMIL ( XURISDICIÓN DE SÁRRIA) 

                                             ( PARTIDO DE SOBRE DA RIBA )

Era de Señorío particular da Condesa de Lemos-Marquesa de Sárria  que pola renda de fanega e servizos  percibía  20 ferrados de pan centeo  e 15 reais  en cada un ano.

ESTREMAS.- " Principiando  a Levante na FONTE DO CAMPO DO OUTEIRO   e segue   cara Norde  á HERMIDA DE SANTA CRISTIÑA, desta á PENA BRANCA  que fai de MARCO  para a dita  freguesía  e a de San Fiz de Vilapedre, dali á PENALADA, daquí ao MARCO DA REGA, segue á  FONTE DA VILERMA, daquí ao MARCO DE PEDRIDE, deste ao PORTO DE BOIS , e dalí  baixando a fenecer  na dita FONTE DO CAMPO DO OUTEIRO, primeira demarcación". 

*************************************************************************************

                           5.- PARROQUIA DE SANTIAGO DE BARBADELO ( XURISDICIÓN DE SAMNOS )

Era de Señorío particular do Mosteiro de San Xulián de Samos OSB  que polo dereito  de loitosa pe rcibía  regulado por quinquenio uns  46 reais por ano.  Tamén gozaba do dereito  de un día de traballo  que non se esixía por non haber labor que darlles.

EXTREMAS.-  Principiando a súa demarcación no PONTÓN DA RAÑOÁ , dali polo RÍO DA VEIGA DE  ABAIXO  ( Río Celeiro )  até o PORTO DE SAN MIGUEL, deste ao MARCO DE RÍO VAO ,  del ao MARCO DE SABUGUEIRO,  dali ao de PENELA , deste ao MARCO DE BROTEÓN,  del á PENA SUEIRA , dali ao MARCO DO CHAO , deste  á SERRA DE REBORDELOS , dali ao PONTÓN DE ALBÁN, de ali  ao PONTÓN DA RAÑOÁ, primeira demarcación,"

...***********************************************************************************

                            6.-   PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE BELANTE

Era de Señorío particular  de don Diego de Oca  e Cadórniga , veciño da cidade de Betanzos, que non percibía renda ninguha dos seus vasalos.

ESTREMAS.- "  Principia a súa demarcación  polo lado do Sur na PENA DO REAL, desta á TORRE  DE DOMIZ, en dereitura ás PENAS PARDAS , daquí á PENA DA GALIÑA, PICO DO FARO   e  á FONTE DE SANTO ADRAO , PORTELA DE LAGARTEDO  , PONTÓN DE MIRALDE e  á referida PENA DO REAL , primeira demarcación."

.*************************************************************************************. 

                         7.- PARROQUIA DE SAN VICENZO  DE BETOTE ( XURISDICIÓN DE SÁRRIA )

                                               (    PARTIDO DE  SOBRE DA RIBA    ) 

Era de Señorío particular da Condesa de Lemos, como Marquesa de Lemos,  que percibía  por loitosa  20 reais.

Estremas:"  Linda  principiando a Levante na PRESA DE CASANOVA que se acha no RÍO SÁRRIA, do cal segue  río  abaixo  até a que se chama da VEIGA ; dssta corta ao ,MARCO DE FONTE LÑINDEOSA; de aquí polo CAMPO DE LAMAS  ao MARCO  DAS NOCELLAS; deste ao PENEDO DE SAN CIBRAO , de aquí ´á CAPELA DE SANTA CRISTIÑA e pola PRTALEIRA  DE BARBALDE   á PRESA DO ESCALLO  , de aquela ao MARCO chamado dos BRANCOS ,  do cal vai fenecer  á referida PRESA  DE CASANOVA, sinalada  no principio da dita demarcación".

.***********************************************************************************

           8.-  PARROQUIA DE SAN MIGUEL DE BIVILLE

Era  de  María Ana  Suárez Vivero e Zuñiga,  vecina da Cidade de México  na Nova España, que en cada un ano percibía medio real de cada veciño.

ESTREMAS :  " Principiando  a súa demarcación polo lado de Levante na PENA E MARCO DE BRUTIÁN, desde á CRUZ  DE LAGARTEIRO ( LAGARTEDO )  e en direción á HERMIDA DE SAN MARCO, PICO DO FARO e ao MARCO DE GANDARELA, deste á PENA REDONDA, MARCO DO REDONDO, PENA DE MONTEÁN  e ao MARCO DE BRUTIÓN, primeira demarcación". 

 ************************************************************************************* 

          9 .-  PARROQUIA DE SANTO ESTEVO DE CALVOR ( XURISDICIÓN DE SAMOS )

Era de Señorío partiuclar  do Mosteiro de San Xulián de Samos OSB que polo dereito de loitosa  regulado por quinquenio percibía  22 reais por ano. Tamén tiña dereito a un día de traballo esixible aos seus vasalos. 

ESTREMAS.-  " Principiando a súa demarcación  na CRUZ DA FURELA, del segue ao ARROXO DE ANGUIEIRO, deste ao MARCO DAS 

CENTOLAS , dali  á COVA DO CARBALLO,  deste ao VALADO DAS CUARTAS , dali ao sitio da TAVES , dali á CORTIÑA  DE LADONA , deste ao ARROXO DE SOBRADO , e deste á FONTE DE CAXÍN , desta á dita CRUZ DA FURELA , primeira demarcación "

.*************************************************************************************

               10 .-  PARROQUIA DE SAN PEDRO DO CAMIÑO (  XURISDICIÓN DE SÁRRIA )

Era do Señorío  particular  da Condesa de Lemos. Marquesa de Sárria  que percibía de tres vasalos  pola renda de fanegas e servicios 22 reais en cada un ano   e  de Alonso de Mendoza e Lemos, Señor  de Castelo dos Infantes, veciño da cidade de Lugo,  que percibía dos seus vasalos a renda de 6 reais ano con ano.

ESTREMAS :  " Estrema   principiando a Levante  no MARCO que se nomea da CORTIÑA DE CIMA,  do cal segue   a outro que hai na situación  do ARROXO, deste á POZA DA LAMA ; de ali á FONTE DOS ABELEDOS  ; de ali á POZA DE PETÓN ;  dali segue pola CERRA  DO PRADO do mesmo nome , á POZA DE MOURE ;  dali  polo sitio da FABAQUEIRA  ao nomeamento da PEDRA   e dali volve fenecer  ao referido MARCO  DA CORTIÑA  DE CIMA".

************************************************************************************** 

                    11,.   COUTO  E   PARROQUIA DE SANTIAGO DE CASTELO DOS INFANTES

Era de Señorío  partiuclar de Don  Alonso Mendoza e Lemos, veciño da cidade de Lugo, que por loitosa percibía uns   30 rea isais  por  ano  e tiña tamén o dereito dun día de labor  dos seus vasalos.

Estremas : "  Principiando a súa demarcación  por Levante  no sitio  do VAL, de alñi pola CARREIRA DA PEDRA  até a situación do PEDREDO   e a POZA DE MOURE; deste ao sitio de CORNIDE , de aquel polo nomeado da CHA, e dando volta ás FONTES  DE TAROSCÓN ; deste ao MARCO  DE CASCALLEIRAS  ; de aquel á  PONTE DE CARROS que está no RÍO SÁRRIA ; de ali polo cume  do MONTE DE VEIGARROMA , e volve  ao sitio do VAL,  primeira demarcación." 

 ********************************************************************************                                   12 ,. PARROQUIA E COUTO  DE SAN  SALVADOR DE CESÁR

O  Señorío particular  estba reparrtido  entre varios interesados,   ñuedores de lugares e terreos diferenyes.

1.- Marqués de Viance. 2.- Manuel  Guiitián Pallares,  Adminstrador  e Capelán  de Santa Catarina  , na parroquia de  Santa Mariña de Sárria.  3.-  Mosteiro de San Xulián de Samos, O.S.B. 

Estremas : " Ptincipiando a súa demarcación por Levante  no sitio das DEVESAS NOVAS  do que  segue  ao da NOGUEIRA, deste ao da PENA DA CENZA, de aquí ao MARCO PILÓN , de ali ao de FUMAIOR  , daquel ao do Sisto, de ali ao da FOZ e de ali volve fenecer á referida  situación das DEVESAS NOVAS."

"  Non poden  discretar  a Xurisdición  do Marqués de Viance,  e a que  pertence  á FUNDACIÓN DOS GUITIÁN está mista e exércea un só Xuiz..

O Mosteiro de Samos exercía xurisdición dentro destas estremas : " Empeza a Norde  na situación da NOGUEIRA   e desta  corta á que se di da PRESA, da que segue  pola chamada da REBOIRA, subindo á SERRA DA PENA  e situación de SETE FONTES, onde fenece".

Nota : A parroquia de San Salvador de Cesár, no eclesiástico, dependía do Arzobispado  de Santiago de Compostela ,  e a súa administración correspondía á Tenza de San Pedro de Portomarín". 

**************************************************************************************

                      13.-   PARROQUIA DE SAN MAMEDE DA CHANCA ( XUJRISDICIÓN DE SÁRRIA )

                                         ( PARTIDO DE FROIÁN  )

Era de Señorío partiocular  da Condesa de Lemos. Marquesa de Sárria  que pola renda de fanega e servizos percibía  15 ferrados de  pan  centeo  e 11 reais.

ESTREMAS.- "Principia a súa demarcación a Levante no MARCO DA VALIÑA , do cal segue ao da PORTELA , daquí ao do COUTO REDONDO, dalí á PENA FURADA DO CASTRO DA CHANCA   desta ao PORTO DOS BOIS, dalí ao de LAGAS, e deste volve a fenecer  no dito MARCO DA VALIÑA ,  primeira demarcación.

.**************************************************************************************

            14.- PARROQUIA DE SAN XULIÁN DE CHORENTE ( XURISDICIÓN DE SÁRRIA )

                                              (  PARTIDO DE FROIÁN ) 

Era de Señorío particula da Condesa de Lemos como Marquesa de Sárria, que percibía a renda de 32  ferrados de pan centeo e  12 reais  e  10 maravedís en cada un  ano.

Estremas.-  " Principia a súa demarcación no MARCO chamado da MODOEEA, de aquel segue  ao nomeado da CHOUSA DA CABARCA, deste ao de ESPIÑO, de ali ao de VILAR DE MARÍA que todos estes fan división igualmente  á dita fregesía  de San Sadurniño de Froián ; do dito sitio corta  pola PONTE DO LAMEIRO á FONTE DE AMBOADE  DE BOIS; de alí  á PENA DA AIRA, desta á dos OLLOS e por el ao de COTARELO , estremando coa de San Miguel de Piñeira ao MARCO DE PENALONGA   que divide acitada con Santiago de Nespereira, na dita PENA   segue á FONTE DO SALGUEIRO ; desta  ao MARCO DA CHOUSA  DA LAMA  ;  de aí  confinando  con San Cristovo dfa Cervela , pola  FONTE DAS CASAS VELLAS  ao MARCO DE VILAVERDE  e polas LAGAS  DO OURAL  até a PENA DO CONDE  que divide tamén á de San Miguel de  Vila de Mouros, é do MARCO ao PENEDO DO OURAL e dali  volve a dar á MODORRA DE BARREIROS sinalada  por  primeira demaración. 

***************************************************************************************

                   15,. PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE CORVELLE ( XURISDICIÓN DE SÁRRIA )

                                                  (   PARTIDO DE FERREIROS ) 

Era de Señorío particular da Condesa de  Lemos como Marquesa de Sárris,  que pola renda de fanegas e servizo  percibía 104 reais.

ESTREMAS : " Principiando a  Levante  co MARCO DE PEDRA CHANTADA, da que sobe á MODORRA  DE FONTEABUÍN, desta á PRESA DO COUTO e MARCO DE LAGOELAS  ; daquel ao nomeado do MORELLE ; dalí polos PRADOS DO BARRIO , até o MONTE DA  COADA e polos do FONDÓN á  CALZADA DE SANTA EUFEMIA, dende cuxa situación  volve fenecer  ao referido MARCO DE PEDRA CHANTADA",

.************************************************************************************ 

                         16,. PARROQUIA DE SAN XOÁN DE FAFIÁN

Era de Señorío particular de  Diego de Oca Cadórniga, veciño da cidade de Betanzos,   que polodereito de lotosa regulábanlle uns  30 reais por ano  e polo dereito de un día de traballo, dándollees de comer, estimaban  recibía 12 reais dos seus vasalos.

ESTREMAS.- " Principian as súas estremas  por Levante no MARCO DE PEDRA CHANTADA , polo que segue  pola sitación do PERERIO  ao das BARXAS ,  deste segue  ao MARCO DAS CARBALLEIRAS, daquí vai ao do CALVARIO,  dá volta  polas CHOUSAS DA RIBELA ao MARCO DO TESO DA ACEA e polo   RÍO SÁRRIA  arriba á PENA DA CENZA , desta ao MARCO DA NOGUEURA, e ao das DEVESAS NOVAS, do que volve a fenecer ao refeerido da PEDRA CHNARADA, primeira demarcación ". 

*************************************************************************************

                         17.-  PARROQUIA DE SANTIAGO DE FARBÁN ( XURISDICIÓN DE SÁRRIA )

                                      (  PARTIDO DA ANDADURÍA ) 

Era de Señorío particular da Condesa de Lemos, como Marquesa de Sárria,  que pola renda de fanegas e servizos  percibía 15 ferrados de  pan centeo en cada un ano.

ESTREMAS.- " Principiua  a división   dela a Levante no MARCO DE OUTORELLE, do que segue polas CORTIÑAS  DE VILASANTE  e situación  nomeada dos LOURATOS  ao MARCO DO BARREDO DE  CASTELEDO; de ali  á C ASA DA VEIGA DE  ARRIBA  , dentro da cal se acha un MARCO DE PEDRA  que divide  a dita freguesía  da de San Pedro de Maside , de cuxo MARCO corta  pola AIRA  e AGRO nomeado da VEIGA en dereitura  até  entrar no RÍO DA RAÑOÁ  ( Río Celeiro )   e segue  polo dito RÍO ARRIBA  até o PONTÓN  do mesmo nome. Daquel segue  ao MARCO DA PEDRA DO COUTO.  Deste segue  á PORTILLEIRA DO MONTE DE ARZÁN e pechando polo fondo  da AGRA DE SAN FIZ vai dar á PRESA  DA ACEA DE ABAIXO. De aquí pola CORTIÑA DE RAMIRO e CHOUSAS DE RIBELA , volve fenecer  ao MARCO DE OUTORELLE que queda nomeado  na demarcación da dita freguesía".

MODIFICACIÓN DE  ESTREMAS ; Como   consecuencia do arranxo parroquial da Diocese de Lugo   feito en 1890   a parte da parroquia de San Pedro de Maside  pertencentes  a casas do lugar da Veiga de Arriba  pasaron a formar parte da parroquia de Santiago de Farbán, de maneira que a estrema entre estas dúas parroquias  quedou fixada entre  a Ponte da Áspera e o Porto de San Miguel polo río Celeiro. 

A Casa do Rego,  da Veiga de Arriba , quedou adscrita á parroquia de  San Salvador de Sárria,  e o Camiño de Fora ( Sur ) dende Os Esqueiredos   á Casa  do Rego e  xirando  cara  a Ponte da  Áspera (  Veiga de Abaixo )  quedaron  establecidos como novo treito de colindancia entre Santiago de Farbán e San Salvador de Sárria ). 

***************************************************************************************

                 18,-  PARROQUIA DE SAN SADURNIÑO DE FERREIROS ( XURISDICIÓN DE SÁRRIA )

                                               (    PARTIDO DE FERREIROS ) 

Era de Señorío particular  da Condesa de Lemos  como Marquesa de Sárria , que pola  renda de fanegas  e servizos  percibía  15 ferrados de centeo.

ESTREMAS.-  " Principiia a súa demarcación a  Levante  na  HERMIDA  que se nomea LODAIRO , da que segue   polo sitio que se chama  da COADA , cortando ao AGRO  DO CASTRO  ao  MARCO DA CORTIÑA DE NEIRAS , deste  a outro que se acha  no AGRO DOS MORELLES. daquel ao do AGRO DA COSTA ; de ali á situación  de PINCERES,  e dalí á fenecer  na dita HERMIDA DE LODAIRO."

*************************************************************************************

                   19 ,.  PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DO FONTAO ( XURISDICIÓN DE SÁRRIA )

                                             (  PARTIDO DA ANDADURÍA ) 

O Señorío  particular da freguesía  correspondíalle a :

1,- Á Condesa de Lemos , como Marquesa de Sárria, percibía dos seus vasalos  1 ferrado de centeo  e 24 maravedís en cada un ano. 2.-  Alonso Mendoza e Lemos, veciño da cidade de Lugo,  percibía e tres veciños do lugar do Rigueiro, polo dereito de loitosa, e regulado por quinquenios  ,  uns 9 reais   por ano.

ESTREMAS.-  " Principia  a súa demarcación no MARCO  COTARÓN   do cal segue ao CANCELO DA LAM A e polo  sitio das CORGAS  DE PUMARIÑO até  O ROLO;  desde segue ao CANEIRO  DE RIBELA  no RÍO SÁRRIA , de aquí ao MARCO DE TOUTORELLE  e ao nomeado da PENA. Deste segue  ao CALVARIO , e daquí volve  fenecer  ao MARCO DE COTARÓN".

Á  Xurisdición de Castelo dos Infantes pertencente ao referido Alonso Mendoza , dentro da dita parroquia,  pertencíalle   o espazo estremeiro co da Marquesa de Sárria "  que dividia  principiando nun MARCO que hai  no CAMPO DA MÍLLARA , do cal segue  ao da BARROSA e o do LAMEIRO , cortando  ao REGO DE PAXE  e daquí fenece  no dito CAMPO DA MÍLLARA ".

**************************************************************************************

                           20 ,.  PARROQUIA DE SAN XULIÁN DE FRADES      

Era de Señorío  , nunha metade, de don Froilán Pallares, veciño da cidade de Lugo , e na outra metade  de don Pedro de Orozco , veciño de Santo Estevo de Reiriz,  que non percibían renda ningunha.

ESTREMAS.-  " Principia a súa demarcación polo lado de Levante no RÍO DA RUXIDOIRA  DE MEDAL ,  augas arriba  até o POZO DA LAMA DE ESPIÑO, de aquí en dereitura  ao MARCO DE PENALADA  e á FONTE DO CARBALLO , PORTO DAS LAGAS , de aquí á FONTE DA VILERMA  e ao PONTÓN DA RIGUEIRA  , rió abaixo até a primeira demarcación.

************************************************************************************* 

           21 .-  PARROQUIA DE SAN PEDRO DE FROIÁN ( XURISDICIÓN DE SÁRRIA ) 

                                             ( PARTIDO DE FROIÁN )

O Señorío particular desta freguesía  correspondíalle a : 1.-  Condesa de Lemos- Marquesa de Sárria , que pola renda de fanega percibía  10 ferrados de pan centeo e sete reais e  medio. 2.-  Mosteiro de San Xulián O.S.B , percibía  40 reais  en cada un ano.

ESTREMAS.- " Principia  a súa demarcación  no MARCO DE FREIXEIRO,  do cal segue  pola situación de GUIDELO  ao MARCO DE PENEDO BRANCO e ao de RIBA DA FOZ. deste ao do SISTO; daquel a outro que se acha no CASTRO ; dali ao de VILAR DE MARÍA , baixando até a PONTE DE AMBOADE e pola MODORRA DE CARRASQUEDO;  deste ao MARCO DE TEIBUDE  ; deste a outro que se acha no AGRO DO CASTRO  ;  dalí ao MARCO DA BARROSA ; daquí polo sitio das CORTIÑAS e ao MARCO DA PENELA  e ao de RIBA DE AGÜEIRO  deste ao de FREIXEIRO  , sinalado  ao principio da demaración",

.***********************************************************************************

                              22.-    PARROQUIA E COUTO DE SAN SADURNIÑO DE FROIÁN

Era  de Señorío particular  de don Xoán Losada Ribadeneira ( Señor de San Sadiurniño ) , que tiña dereito a recibir dous días de traballo dos seus vasalos  e o dereito de loitosa  , regulado por quinquenios, producíalle  uns 100 reais en cada un ano.

ESTREMAS .-  " Principia  a súa demarcación  nun MARCO que se acha  ao Levante  no PRADO DA MAZAIRA; dali segue ao PORTO DE BARBADELO , ao Norte, de aquí ao MARCO  DA REGA DA PEDRA  ; desta á MODORRA  DAS COVAS ; desde ali ao PORTO DE REGUNTÍN ; daquel a outro que din  MODORRA DO CHAO DE VILAR DE MARÍA; de ali ao MARCO DO ESPIÑO;  deste ao do MUIÑO VELLO DA VEIGA;  dalí á FONTE DO BACO; daquí ao MARCO chamado da CHOUSA DA CABRA ; dali  pola MODORRA  DE POARREIROS , ao PORTO DO OURAL ; dali ao MARCO  DO PENEDO CONDAL  ; deste pola MODORRA ALTA DO CARBALLO , dali ao MARCO  DO SEIXO DO PENEDO, dali á FONTE MARCADA, desta á FONTE DA REZA, dali á PEDRA CHANTADA, dali ao MARCO chamado dos PICOS e daquí remata  no dito MARCO DA MAZAIRA", 

************************************************************************************

                                   23.-  PARROQUIA DE SAN VICENZO DE FROIÁN

O Señorío particular da freguesía  correspondia : 1.-  A Condesa de Lemos-Marquesa de  Sárria que pola renda da fanega  percibía  6 ferrados de  pan centeo e 4 reais e medio. 2.- O Mosteiro de San Xulián de Samos OSB , polo dereito de loitosa  percibía regulados por quinquenio  uns 80 reais por ano,

EXTREMAS.-  "  Principiando  a demarcación no PORTO DA VEIGA   que se acha a Levante e prosegue dali cara o Norde  dividindo as freguesías de Santa Mariña e San Salvador   da Pena , ao MUIÑO DE PAULO LÓPEZ;  deste ao  MARCO DE PEDRA TAÍDE, dalí  ao  PENEDO DO PENSO,  daquí ao PORTO DO COUSO, e segue a un PENEDO que está  debaixo do MONTE DO SISTO , daquel corta  polo PORTO DE REDONDELO , que se acha ao Poñente  até o ARROXO DE MONELO , dali segue  coa freguesía de  San Martiño de Loureiro, até o PENEDO DE CASARES ; desta baixa ao MUIÑO DE FERREIRO, e polo ARROXO DE BALCÓN  ao CASTRO e CAMIÑO DAS RIBEIRAS, correspondnete ao Sur; daquí  ao sitio de TRAS DA PEDRA; daquí volve  estremando coa freguesía de Suñide, ao sitio chamado o REGATO,   e fenece no PORTO DA VEIGA, primeira demarcación".

As estremas  da parte pertencente ao Mosteiro de Samos  era  as seguintes :  " Principiando no MARCO DO SEIXO CAO, que se acha ao Norte , dende onde  segue á  CANCELA DE SAN VICENZO , dali por xunto da IGREXA  deste nome  ao MARCO DO COUTO ; dali polo ARROXO DE MONELO   que divide da freguesía de  Santo Estevo do Mato no que fenece  a demarcación"-

 .************************************************************************************

                                      24-   COUTO E PARROQUIA DE SAN MIGUEL DE GOIÁN

O  Señorío  particular correspondíalles ao Marqués de Viance, veciño de Santiago de Compostela, que percibñia  dos seus 23 vasalos  8 reais por loitosa, e  a don Froilán Pallares , veciño da cidade de Lugo, que tiña 15 vasalos dos que percibía 2 reais e medio.

ESTREMAS.-  " Principiando  a súa demarcación  polo lado do Norte na PENA DA MOURA ,  desta á PENA DO ORBALLO en dereitura ao CASTRO DE ESCARLÁN  e pola PENA DO GATO , FONTE DAS VIRTUDES , desta á POZA DA RIGUEIRA e á PENA DA MOURA, primeira demarcación",

************************************************************************************ 

            25.-   PARROQUIA DE  SANTA MARÍA DE LIER (   XURISDICIÓN DE SAMOS )

Era de Señorío particular  do Mosteiro de Samos ( OSB ), que por loitosa, regulada por quinquenios, regulábanlle 80 reais en cada un ano  e o dereito a un día de traballo do vasalos non lle daba beneficio por non ter en que ocupalos.

ESREMAS.-  " Principiando a súa demarcación  no sitio de CASARES , de aquí ao da CRUZ DE PROELO,  desdta  á CRUZ DE PEDRA,  dali ao sitio da VEIGA ROMA, dali ao sitio  de AMIEIRO DE VILAR, deste ao CAMIÑO DA VEREA  DE MOURELLE, dali ás PEDREIRAS DE COEDO, e dal´ñi ao sitio de CASARES, primeira demarcación",

************************************************************************************** 

      26.-  PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE LOUSEIRO ( XURISDICIÓN DE SÁRRIA )

                                       (   PARTIDO DE FERREIROS )  

O Señorío particular desta freguesía  estaba repartido entre  catro xurisdicións.

1.- A Condesa de Lemos, como Marquesa de Sárria, pola renda de  fanega  percibía 80 reais. 2.- O Conde Ayala,  Duque de Veraguas, por loitosa recibía uns 2 reais por ano, de  dous vasalos que tiña. 3.-  O  Conde de Maceda,  por dous vasalos do lugar  de Sáa, tiña por loitosa a renda de 2 reais. 4.-  O Mosteiro de San 

Xulián de Samos, polos seus vasalos  na parte do lugar de Pintín  que lle pertencía , recibía  1 real.

ESTREMAS.- " Principia  a súa demarcación a Levante  no MARCO  DE BARREDELO, do cal segue á PENELA,  deste   á FONTE DE CÓRNEAS e  HERMIDA DE SANTA GRACIA , deste segue ao MARCO DE GORGOLÁNS  e polo  CAMIÑO REAL  ao MARCO DOS ROMEOS , daquí ao da FURELA , e  deste a fenecer   ao de BARREDELO".

Estremas da Xurisdición  da Marquesa de Sárria : " Principiando  no MARCO DE BARREDELO, do cal  a Norde  na PENELA  , daquí ao da HERMIDA DE SANTA GRACIA e FONTE DE FUMAIOR,  e volve fenecer  ao mesmo de BARREDO.

Estremas  da Xurisdición  do Duque de Veraguas .-  " Comezando  na CANCELA DA TÉMPORA  e seguindo  desta  ao sitio  nomeado da CASA DE ÁLVARO GONZÁLEZ e á PRESA DE SAMOS  e CASTAÑEIRA DA EDRA, volvendo a rematar  á dita  CANCELA.

Estremas da Xurisdición do Señor Conde de Maceda :  " Áchase  no medio da dita freguesía  divídese  dende o MARCO DA PRESA ao chamado  de SÁA, e deste ao de FORCADA, situación do PRADO GRANDE, dando volta ao precitado  da PRESA". ( Couto de Sáa).

Estremas da Xurisdición do Mosteiro de Samos ( OSB ). "  Ían  dende o MARCO DA CAMPA  DE CASTELO , que está a  Levante, e seguía  á situación da PEDREIRA , daquí á FONTE DE FUMAIOR e polo CAMIÑO  REAL DE VILAFRANCA, volvendo  a fenecer  no MARCO DA CAMPA". (  Parte do lugar de Pintín ).

( *   ) O Camiño Real de Vilafranca  era o treito do Camiño de Santiago dende o lugar da Furela ( entón da parroquia de  Lousada) ás Casas de Pintín de Arriba ". As Casas de Pintín de Abaixo eran da parroquia de Santo Estevo de Calvor, tamén da Xurisdición de Samos .               

 *************************************************************************************

       27,. PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE LOUREIRO  ( XURISDICIÓN DE SAMOS )

Era de  Señorío particular do Mosteiro de Samos que pr loitosa   regulados por quinquenio obtina 30 reais  e tiña do dereito de un día de traballo dos seus vasalos e non o esixía por non ter en que empregalos.

ESREMAS: " Principiando a súa demarcación  no MARCO DAS DECEDAS , deste segue  a outro chamado de GRAMICEIRO,  dali ao MUIÑO DE MON DO CASTRO, deste ao MARCO DE CASARES ,  del ao cantón  de VAL DA CAL,  dali ao MARCO DE FOLGUEIRAS , dali ao MARCO  DAS MEÁS, del ao dos PICOS, dali ao sitio do matiño, del ao MARCO DE TRAS DO CASTRO, del vai seguindo  polo MURO DO AGRO  DE SANTA MARÍA DE PACIOS, del ao CABARCÓN  DA COSTA DE BARREIRO,  del á MAZAIRA DE SABIGAL dali ao PENEDO DA SERRA e  a un MARCO  que se acha a carón da CAPELA DE SANTA MARIÑA, e deste  ao sitio  das DECEDAS, primeira demarcación." 

************************************************************************************ 

            28.-   PARROQUIA DE SANTO ESTEVO DE LOUSADELA (  XURISDICIÓN DE SÁRRIA )

Era de Señorío particular da Condesa de Lemos- Marquesa de Sárris  que por  renda de fanega e servizos percibía  29 ferrados de pan centeo e  21  reais e 26 maravedís.

ESTREMAS.- " Principiando ao Norte no MARCO DA FONTE DO CARDO, do cal segue  ao das GARZAS,  dalí ao CAMIÑO DE VILAMBRÁN e por el a INSUA  DE  INACIO LÓPEZ que se acha na beira do RÍO SÁRRIA e segue  río abaixo  até o MARCO nomeado  de PICO VICUDO , dali á CANCELA  da CORTIÑA , dalí  á MURIA DE  CASTRO DE MANÁN, de cuxa  situación vai fenecer  ao referido MARCO DA FONTE DO CARDO, primeira demarcación"

*************************************************************************************

                     29,.   PARROQUIA DE  SAN PEDRO DE MASIDE ( XURISDICIÓN DE SÁRRIA )

                                                (  PARTIDO DE SOBRE DA RIBA )    

O Señorío particular da parroquia  ( que se formou coas freguesías  de San Vicenzo de Maside e San Pedro de Maside  )  recaía sobre a Marquesa de Sárria e o Mosteiro de San Xulián de Samos, OSB.  e en 1753 abranguía terreos  na ribeira dereita do río Celeiro ( Río Barbadelo, na Idade Media ) e dende  1890 pasaron a formar parte das parroquias de  Santiago de Farbán e San Salvador de Sárria.

1.- A Condesa de Lemos. Marquesa de Sárris , pola renda de fanega e  servizos percibía  24 ferrados de pan centeo  en cada un ano. 2.- O  Mosteiro de Samos ( OSB)  polo dereito de loitosa percibía , regulados por quinqueniso, darredor   de 8 reais por ano. 

 ESTREMAS.-  " Principiando a Levante  no  MARCO DA CRUZ , deste a outro chamado  de PRADIDE , del á FONTE DA VILERMA, deste ao PONTÓN DE RÍO VAO  ( hoxe  Rego de  Cervos , perto  de  Santa Marta ) e polo ARROXO DE CERVOS  até  PORTO DE SAN MIGUEL, de ali ao MARCO CAMPIÑO, e deste volve a fenecer  ao da CRUZ  DA LAMA DA GÁNDARA".

Estremas da parte pertencente ao Mosteiro de San Xulián de Samos: "  Principiando na PONTE DA  ÁSPERA  de onde segue  a unha penasqueira chamada PENA GACHE . desta á IGREXA  PARROQUIAL e dalí ao PONTÓN DE RÍO VAO, onde fenece a división".

 MODIFICACIÓN DAS ESTREMAS PARROQUIAIS : Como consecuencia do arranxo parroquial feito pola Diocese de Lugo en 1890, aceptado  polo Concello,  foron segregados  terreos  que se integraron  nas parroquias de Santiago de Farbán e San Salvador de Sárria sinalando as novas estremas  da seguinte maneira : a ).-  Dende   o Porto de San Miguel  até   perto da Presa da Chapacuña  fixouse a nova estrema con  Santiago de Farbán. b ).-  Dende augas arriba da Ponte da Áspera até a Ponte de San Lázaro   e dende esta pola liña do  ferrocarril  até   a zona de Campo do Outeiro- Ponte Vella do Mazadoiro- As Insuas   quedaron establecidas as  liñas estremeiras  con San Salvador de Sárria .

Deste xeito San Pedro de Maside perdeu o que lle pertencera na Veiga de Arriba ( ou Veiga do Pozo ) e as  terras que tivera en San Lázaro, As Castiñeiras, Cortiñas do Mazadoiro e Lama da Gándara, até a Corga de Vales, é decir, todos os terreos que foran da freguesía máis aló do Río Celeiro . Pasou a ser tamén  de San Salvador  de Sárria  a Estación do Ferrocarril coas  súas vías e servizos anexos ( na ribeira esquerda do Río Celeiro ) .  Neses terreos , situados  entre a liña da Corga de Vales ( Rúa Pedro Saco ) deuse un forte proceso de urbanización co nacemento de numerosas rúas e barrios como os de San Lázaro, As Castiñeiras, San Lázaro e  As Insuas.

**********************************************************************************

      30 ,.  PARROQUIA DE  SAN SALVADOR DO MATO ( XURISDICIÓN DE SÁRRIA )

                                      (     PARTIDO DA VEIGA  ) 

Era de Señorío particular da Condesa de Lemos- Marquesa de Sárria  que pola renda de fanegas se servicios  percibía 15 ferrados de pan centeo  e 11 reais.

ESTREMAS .-  " Principiando  a súa demarcación  por Levante  no PORTO DE AMENEIRAL, do cal segue  ao CAMIÑO DO AGRO DE MANÁN , ao MARCO DA VEIGUIÑA ; deste  ao nomeado PICO VICUDO, de ali ao PENEDO DAS NOCELLAS; de aquel á FONTE  DE RIBA DA CORTIÑA DE ANTONIO BROCO  ; daquel  ao MARCO DA FONTE LANDEOSA e beiras do RÍO SÁRRIA abaixo até a  CORTIÑA DOS MUIÑOS DE LEZOCE  e deste vai fenecer  ao dito PORTO DE AMENEIRAL"

**********************************************************************************

              31..- PARROQUIA DE SANTO ESTEVO DO MATO  ( XURISDICIÓN DE SÁRRIA )

                                            (   PARTIDO  DE FROIÁN  ) 

O  Señorío  particular  do Conde de Lemos- Marquesa  de Sárria  pola renda de fanega percibía  8 ferrados de pan centeo e 6 reais  en cada un ano. e do Mosteiro de San Xulián de Samos OSB , polo  dereito de loitosa  os seus vasalos pagaban , regulado por quinquenios, uns  12 reais por ano.

ESTREMAS.-   Principiando  a súa demarcación  pola dita parte de Levante na MEDORRA DE RIBA GRANDE, dalí segue pola DEVESA  DA BARGA ao MARCO DE RINCÓN, dali ao CAMPO  DE ERBELLAL  daquí ao  MARCO DE TROLLOS  DA VEIGA, dali ao do COUTO, daquel  ao do REGO DOS PICOS do cal  sobe ao MARCO DO MONTE DAS TRAVESAS , dali ao das MEAS , desde  a outro que se acha no  MONTE DAS COVAS e dali  volve fenecer  no MARCO DE RIBA GRANDE, primeira demarcación".

A Xurisdición do  Mosteiro de Samos  OSB  reducíase  aos predios  de catro veciños , que dous deles  vivían no lugar de Vilar  e os outros dous en Vilarello.

.************************************************************************************

                         32.-   PARROQUIA DE SAN XULIÁN DE MEIXENTE 

                                     ( XURISDICIÓN DA TORRE DE DOMIZ )

Era de Señorío particular  sw don Diego Xosé  de Oca Cadórnigo, veciño da cidade de Betanzos, que non  percibia renda dos seus  vasalos.

ESTREMAS:  " Principiando a súa demarcación  polo lado de Levante no MARCO DE MOUZÓS, deste ao MARCO PEQUENO, en dereitura á PENA DA GALIÑA. daquí  ás PENAS PARDAS e ao MARCO DA TORRE DE DOMIZ, PENA DO REAL , en dereitura  ao referido MARCO  DE MOUZÓS, primeira demarcación·".

.*********************************************************************************.     

                        33,.  PARROQUIA DE SANTIAGO DE NESPEREIRA ( XURISDICIÓN DE SÁRRIA )

                                                  (   NA LOBATAIRA  ) 

Era parroquia de Señorío particular da Condesa de Lemos- Marquesa de Sárria, que pola renda de fanega  percibía 67 ferrados de pan centeo en cada un ano.

ESTREMAS.-  " Principiando  por Levante co MARCO DE COTARELO ,  do cal baixa ao chamado da PENA  DA LAGOA.,  deste a outro que se acha  no MONTE DE REBOREDO ;   daquel ao MARCO DO CHAO;  de ali á PENZA LOUZARAIS ;  deste en dereitura  de dar  ao MARCO DE LAMALONGA; da referida LAMALONGA  até o PORTO DE ANDEIRA ;  de ali  ao sitio  do PORTO DA VENDA DE NOBÁS; de aquí  á MODORRA DE LAMA DE SALGUEIROS;  do dito sitio  segue ao MARCO DE SEIXO BRANCO  e pola COSTA DE PAR DA SERRA, ao MARCO DA MATANZA ,  do cal  parte pola MODORRA DO PICO CEBREIRÓ  ao MARCO  DA CASA VELLA DO COUSO ; de ali segue á HERMIDA DE SANTA CATARINA , até o MARCO DA POZA ; de aquí  ao da PENALONGA  e dali vai fenecer  no de COTARELO.

.*************************************************************************************

                            34,.   PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE ORTOÁ ( XURISDICIÓN DE SÁRRIA )

                                                (  PARTIDO DE SOBRE DA RIBA ) 

O Señorío particular da freguesía estaba repartido entre a Condesa de Lemos-Marquesa de Sárria,  que percibía dos seus vasalos 23 ferrados de pan centeo e 7 reais pola renda de fanega  se servizos,  e don Diego de Oca, veciño de Bergondo nas Mariñas,  como foreiro do Bispo de Lugo  recibía dos tres evciños vasalos seus  uns 10 reais en cada un anos.

ESTREMAS .-  " Principiando por Levante nas PEDREIRAS DE RÍO VAO de onde segue  estremando coa expresada de Masidde  ao PENEDO DE PEDRA ARRINCAR e de alí polo Norde  coa de Arxemil  á PENA DA UZ ; deste dividindo  coa freguesía de San Miguel de Goián  va a Poñente  á LAGO DE LAMA DE CAQUE ; dali  ás CALZADAS DE MOUZÓS, de aquí ao MARCO DO PICO  ,a Sur e deste vai fenecer ás ditas PEDREIRAS  DE RÍO VAO.

 A Xurisdición  de don Diego de Oca estaba reducida aos  fundos  das casas  dos referidos tres veciños, un deles no lugar de ROSENDE e os outros dous no de SANTA MARTA.

.************************************************************************************* 

                35. PARROQUIA DE SANTO ANDRÉ DE PARADELA ( XURISDICIÓN DE SÁRRIA )

                                                   (  con varias casas do lugar de O Couso )

Era de Señorío particular  da Condesa de Lemos. Marquesa de Sárria   que percibía pola renda de fanega percibía  19 ferrados  e 14 reais en cada un ano.

ESTREMAS :  "  Principian as  súas estremas  no MARCO chamado dos POZOS  que se acha a Levante , do cal segue  polo sitio da PORTELA  ao MARCO DA CHAFARICA , deste ao do PARDIÑEIRO  de aquí ao MARCO DE GURTIÓN que a divide de Santiago de Barbadelo e da expresda de Santa María de Belante   , de ali segue  ao MARCO DE AGUILLÓN , deste á PONTE DE CADEIRAS , dalí corre  pola REGA DE PADERNE , e parte do Sur, ao MARCO DA COSTA DO CHAO, e deste volve  ao nomeado  de REGO DE POZOS, que vai sinalado  ao principio da demarcación".,

.************************************************************************************

               36-  PARROQUIA DE SAN  SALVADOR DA PENA ( XURISDICIÓN DE SÁRRIA )

                                                                ( A  PENA DE FROIÁN )

O Señorío particular da freguesía  correspondíalle : 1.-  Á Condesa de Lemos, Marquesa de Samos, que  percibía pola renda de fanega  14 ferrados de pan centeo e  10 reais e medio. 2.-   O Mosteiro de Samos , de dous vasalos que ali tiña,  non percibía nada.

ESTREMAS.- " Principia a demarcación   no sitio  chamado CANCELA  DE VAÍÑAS, dalí segue aos CASARELLOS, desta á FONTE DO CAN, daquela polo ARROXO DE FREIXEIRO ao MARCO DAS PEDRAS DE VILAESTEVA;  deste  ao de RIBA DE AGÜEIRO, dali baixa  a outro MARCO  que se acha  no FONDO DO AGRO DO AGÜEIRO e volve  para MONTE DA BARXA  ao PENEDO BRANCO ; dalí segue  ao MUIÑO DE PONCOLTÓN e dali segue á CANCELA DE VAÍÑAS, primeira demarcación".

*************************************************************************************

                  37.-  PARROQUIA DE SANTA MARÍA DA PENA ( XURISDICIÓN DE SÁRRIA )

                                                      (  A PENA DE FROIÁN.- PARTIDO DE FROIÁN  ) 

 O Señorío particular correspondíalle á Condesa de Lemos- Marquesa de Sárria. , de Alonso de Mendoza e Lemos ( Señor de Castelo dos Infantes ) e do Real  Mosteiro de Samos , da Orde de San Bieito. 

A Marquesa de Sárria , rebibía de dous vasalos, pola renda de fanega  percibñía  2 ferrados de pan centeo e real e medio.  Alonso  Mendoza  percibía  24 reais de velido. E o Mosteiro de Samos  percibía 10 reais.

Estremas : " Principiando a demarcación  no MUIÑO DA RIBEIRA do que sobe ao MONTE DE MEZUR, de ali  vai ao PORTO DA VEIGA  e segue ao ARROXO deste nome  até a DEVESA DA RIBEIRA en cuxo sitio  entra no ARROXO DOS COUROIS ,  e por el até o MONTE DO MILLO e CAMIÑO DA CERCA ao  MARCO DE TRASTORIL.  e polo ARROXO DE FREIXEIRO  -a FONTE DO CAN, desta  á que pola CORTIÑA  pasa á de VALIÑAS , dende onde  volve ao do MUIÑO DA RIBEIRA",

 *************************************************************************************

                              38.-     PARROQUIA DE SAN SALVADOR DA PINZA-

Era de Señorío  particular  de Xoán Francisco  Varela Ulloa, de Santiago de Sobreda ( Taboada ) que percibía 9 reais de renda en cada un ano. Nesta parroquia estaba o COUTO DE MORGADE  pertencente á  Encomenda de Portomarín da Orde do Hospital de Xerusalén ( Orde de Malta ).

ESTREMAS.-"Principiando  polo lado do Norte  na PENA REDONDA , desta en dereitura ao REGO DO NEO e á PENA MONTEÁN , daquel ao MARCO DE SU REDONDA  en dereitura  ao MARCO  DA PORTELA DO VAL e á PENA REDONDA, primeira demarcación"    

************************************************************************************             39.-  PARROQUIA DE SAN MIGUEL DE PIÑEIRA ( XURISDICIÓN DE SAMOS )

                                              PRIORADO DE BARBADELO

Era de Señorío particular do Mosteiro de Samos ( OSB )  que pr loitosa   regulábanlle por quinquenio 12 reais en cada un ano , e que non esixía o dereito  de  un día de traballo  dos seus vasalos por non ter en que ocupalos.

ESTREMAS.-  " Principiando a súa  demarcación  na PONTE DE ALBÁN, dali segue ao sitio de PENAS MAIORES, desta á CORTIÑA DO PACIO, dali segue por un CAMIÑO arriba até o MARCO DE REBOREDO, deste ao MARCO DA POZA DA LAGOA , del ao MARCO DO CARBALLO LONGO,,,  del ao MARCO DO ALTO DE COTARELO, deste á PENA  DOS OLLOS,  deste á PENA DO FERRADO, dalí  á PENA FURADA,  deste atravesando polo medio da DEVESA DA PEDRA, e vaia  a dar ao PORTELO DA GRAMATA e dalí á PONTE DE ALBÁN, primeira demarcación", 

Por causa da modificación das estremas parroquiais  feita pola Diocese de Lugo en 1890 ,  aceptada polas autroridades  muncipais. a parroquia gañou as  casas do lugar do Couso que pertencían a Santo André de Paradela ( Sárria ) e cedeu lugares  en beneficio de  San Mamede da Chanca, o que supixo modificación das estremas Sur e Oeste. Tamén sufreu a perda do lugar de San Breixo, que se integrou en San Xulián de Chorente. 

.*********************************************************************************** 

                40 .-  PARROQUIA DE SAN FIZ DE REIMÓNDEZ ( XURISDICIÓN DE SÁRRIA )

                                                      (  PARTIDO  DE FROIÁN ) 

Era de Señorío partiicular  da  Condesa de Lemos- Marquesa de Sárria  que pola renda de fanega percibía  12 ferrados de pan centeo en cada un ano. 

ESTREMAS.-  " Comeza a súa demarcación  principiando   pola parte do Norte no MARCO DA PEDRA  DO COUTO, segue á CORTIÑA DE VILARIÑO e PENA DE SU CASTRO, desta ao POZO DA VILA, daquí polo RÍO DA CIGUÑEIRA arriba ( Río Celeiro )  até o AGRO DE ALBÁN ; segue polo ARROXO ao MARCO DE SAAMIL; deste polo CAMIÑO REAL ao AGRO DA BATALLA DO ALVAREDO ;   deste ás LAMAS DE SAN MAMEDE  e MARCO DAS MODORRAS ; daquí á HERMIDA  DOS REMEDIOS ;  desta ao MARCO DE FUMAIOR ; daquí ao de BERDUCEDO e PENA DA CENZA; segue  polo río abaixo ( Río Sárria ) ás PRESAS DOS MUIÑOS ; desta  segue polo MONTE DE ARZÁN  ao MARCO DA PEDRA DO COUTO , a súa primeira demarcación",

 *  O Camiño Real  era o Camiño francés de Sárria a Monforte de Lemos pola Feira de Rubián.

************************************************************************************.             

                 41.-  PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE REQUEIXO ( XURISDICIÓN DE SÁRRIA )

Era de Señorío particular da Condesa de Lemos-Marquesa de Sárria que percibía dos seus vasalos  a renda de fanega  e servicios  6 ferrados  de pan centeo  e 12 reais  e  don Pedro Quiroga  , que tiña dous vasalos., non percibia  renda ningunha,

ESTREMAS : " Principiando a Levante no CAMPO DA VEIGA PEQUENA , do cal segue  á PRESA DOS ESCALLOS, sita no RÍO SÁRRIA, deste á PORTILLEIRA DE BARBALDE , dalí á VENDA DA COBELUDA , daquela á PONTE DO MAZADOIRO , e deste vai fenecer  ao dito CAMPO DA VEIGA PEQUENA.

Estremas da Xurisdición  de Pedro Quiroga :  Principiando no MARCO  DA CARREIRA DA LAMA DA GÁNDARA, dali segue á PRESA DOS ESCALLOS, daquí ao MARCO DA MÍLLARA , deste ao das INSUAS , e daquel ao precitado  da CARREIRA DA LAMA DA GÁNDARA. 

Perto da Lagoa de Lama de Caque  estaba a VENDA ou MESÓN DE LAMA DE CAQUEZ, no Camiño francés de Lugo a Monforte de Lemos, 

***********************************************************************************

           42.-  PARROQUIA DE SANTA MARIÑA DE RUBÍN ( XURISDICIÓN DE SÁRRIA )

                                              (    PARTIDO DA VEIGA  ) 

Era de Señorío particular da Condesa de Lemos-Marquesa  de Sárria  que pola renda  de fanegas e servizos percibía  12 ferrados de pan centeo en cada un ano.

ESTREMAS.- " Principiando a Levante  no MARCO DA MODORRA BRANCA, do cal segue á FONTE DO CABEZÓN , de ali cortando a Norte  vai ao PORTO DAS TRAVESAS , dalí ao PONTÓN  DE GONTOMIL, deste  ao MARCO DE RIBASALTAS , dalí ao de LAMAS  DE MUIÑOS; e deste volve  a fenecer  ao da  MODORRA BRANCA. 

*************************************************************************************

       43 .-  PARROQUIA DE SANTA EUFEMIA DE SANTO ANTOLIN ( XURISDICIÓN DE SAMOS )

Na Idade Media foi coñecida como  Sancto Antonini de Sárria.   Tamén  aparece nomeada  com Santo Antolín de Touville .

ESTREMAS.-  " Principiando a súa demarcación no sitio dos BARREDOS DO FONDÓN, dalí segue  ao MARCO DE BAIXO DO PRADO DA TORRE, dali á DEVESA de Anxo  Vázquez, dali  á FONTE DE  LAMAS ALBAS , dalí á MODORRA DAS CAVIANCAS , desta á PEDRA CHANTADA, dela á  CALZADA DE SANTA EUFEMIA, de alí  ao dito sitio  dos BARREDOS DO FONDÓN,  primeira demarcación".

************************************************************************************

        44,.  PARROQUIA DE SAN PEDRO DE SETEVENTOS ( XURISDICIÓN DE SÁRRIA )

                                                   (   PARTIDO DE FERREIROS )

Era de Señorío particular  da Condesa de Lemos- Marquesa  de Sárria  que pola renda de fanegas percibía  113 reais en cada un ano.

ESTREMAS.-  " Principia a súa demarcación  a Levante  no MARCO DE OUTORELO  do cal segue a outro  que se acha  no AGRO DA BARREDA  de alí polo ALTO DO MONTE DA CHA   a outro  MARCO  que está debaixo do PRADO DA TORRE , de  aquí á FONTE DE CÓRNEAS , desta polo VALADO  DA CUBELA  e o chamado do SISTO  até o PORTO DO MORETÍN  e daquí  volve  fenecer  ao MARCO DE OUTARELA  sinalado  na primeira demarcación",

************************************************************************************

             45-  PARROQUIA DE SAN XULIÁN DA VEIGA ( XURISDICIÓN DE SÁRRIA )

                                               (   NA VEIGA DE  SÁRRIA ) 

Era de Señorío particular da Condesa de Lemos.Marquesa de Sárria que pola renda de fanega percibía  12 ferrados de pan centeo  e 9 reais en cada un ano.

ESTREMAS.-  Principia a súa demnarcación  a Levante  no MARCO DO MORELLE do que segue ao de LAMA DE MUIÑO, dali continuando a Norde  vai ao MARCO DE RIBAS ALTAS, daquel segue río arriba ( Río Sárria ) á CAL DE CASA NOVA, deste cotra ao MARCO DOS BRANCOS, deste á FONTE DO  CARDO, desta  ao MARCO  DO AGRO DA COSTA , e daquel volve  fenecer  ao referido dos MORELLES , sinalado na primeira demarcación".

.************************************************************************************

              46.-  PARROQUIA DE SANTIAGO DA VEIGA ( XURISDICIÓN DE SÁRRIA )

                                         (   PARTIDO DA  VEIGA   ) 

Parroquia de Señorío da Excma, Condesa de Lemos- ;Marquesa de  Sárria e do Mosteiro  de Samos, da Orde de San Bieito.  A Marqiuesa de Sárria  pola renda de fanegas  percibía  31 ferrados de pan centeo  e 26 reais e 26 maravedís.  O Mosteiro de Samos , polo dereito de loitosa,  uns 30 reais por ano,

Estremas : Principiaba a demarcación na MODORRA BRANCA  da cal segue  ao MARCO DAS MATELAS, deste á FONTE  DE CERXEDO,  de ali ao ARROXO DE RIBAS seguindo este  ate se introducir  no RÍO SÁRRIA  e por este abaixo até o POZO DA REZA,  do cal corta  ao MARCO DA TRAVE que a divide da de Santo Estevo de Lousadela , do cal segue pola CARREIRA DE FOLGUEIRÓN  até a POZA DAS CALDAS , dali ao AGRO DA GOLADA e ao PONTÓN  DA UZ  e dela á FONTE DAS GARZAS,  desta ao CANCELO chamado  de XOÁN LÓPEZ, deste ao sitio da VEIGA, no que entra no RÍO SÁRRIA   e torna río abaixo  até dar no ARROXO DE CABANAS  e segue á DEVESA DE GOLÁS  e dali á MODORRA BRANCA, primeira  demarcación " 

A parte pertencente  ao Mosteiro de San Xulián de Samos  O.S.B. tiña as seguintes estremas : " Principiando a Levante na MODORRA BRANCA   da que segue polo CAMIÑO REAL DA PONTE CARRACEDO  até a  CASA  que habita Matías RIBEIREGO, dende esta vai fenecer  ao ARROXO DE RODICELO , situación do MONTE DE PEDRA.

.**********************************************************************************

             47- PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE VILAMAIOR ( XURISDICIÓN DE SÁRRIA )

                   (  SANTA MARÍA DE VILAMAIOR DE PARADELA OU DA LOBATAIRA )

                                               (   PARTIDO DA LOBATAIRA )

Era de Señorío da Condesa de Lemos - Marquesa de Sárria  que pola renda de fanega  percibía  31 ferrados de pan centeo en cada un ano.

ESTREMAS.-  " Principia a súa demarcación pola parte de Levante  por un PENEDO  que chaman SEIXO BRANCO , do cal  segue  á  PEDRA CHANTADA  , deste ao MARCO NOVO , que se acha ao Sur,  de ali  ás RIPIAS  DE PENA LONGA  e polo PORTO PORRIDE á  MODORRA  FENTIRA e daquí  vai á PONTE DE PADERNE, cortando  ao Norte pola situación  de SUMOSUGUEIRA , PORTELA DA RAÑOÁ  vuelve  a fenecer  no SEIXO BRANCO  sinalado ao principio da demarcación".

***********************************************************************************

                                  48 .- PARROQUIA DE SAN FIZ DE VILAPEDRE

O Señorío particular desta freguesía estaba repartida entre varios interesados : 1.-  André  González Cedróm , de San Miguel de Vilapedre,  que dos tres vasalos seus  percibía 5 reais en  cada un ano. 2.-  Pedro de Armadas,  de Penamaior, tiña  dous vasalos que non pagaban renda. 3..- Felipe Ortega,  de Lugo, recibía de cada un dos seus 12  vasalos  un día de traballo. 4-  Froilán Pallares , de Lugo, tiña tres vasalos , que lle daban  un día de traballo  por valor dun real. 5.- Xertrude de Vivero, de San Xulián da Pobra, tiña un vasalo, que contribuía cun día de traballo-

ESTREMAS.-  " Principiando a demarcación  polo lado de Levante  no PASO DO RÍO DE PATELAR   , en dereitura  á DEVESA  DE ZANFOGA ; desta  á PENA DE LAMAPODRE  e á BAIUCA DE LAMELAS , PONTÓN DA RIGUEIRA  e ao referido  PASO DO RÍO DE PATELAR".

*************************************************************************************

                              49.-   PARROQUIA DE SAN  MIGUEL DE VILAPEDRE

O Señorío dos diferentes lugares e casas da freguesía  estaba repartido  da seguinte maneira. 1.-   A André  González  Cedrón  exercíaa  sobre 22 vasalos, que debíam un día de traballo  ao ano , regulado en 22 reais. 2.- A Froilán de Pallares, por  10  v asalos e os debidos días de labor aneiro regulábanlle  10 reias.

ESTREMAS : " Principiando a súa demarcación polo lado de Levante no sitio de ROZAS  en direción do CASTRO PEDROSO  , deste ao  PENEDO DE VILAR PEREIRO ,  dalí ao AGRO DE LAMELAS e á PENA FERREÑA, deste ao PRADO DE QUINTE e a SAN COSMEDE en dereitura  ao sitio de ROZASm primeira demarcación".

.************************************************************************************* 

                                       50 .-   PARROQUIA DE   SANTA MARÍA DE VILAR

O Señorío particular correspondía : 1.- A Pedro de Miranda Omaña, de Santa María de Campo ( Asturias )  que percibía o dereito dun día de traballo  e 25 reais e tiña 25 vasalos. 2.-  Xosé  Pardo de Santa María de Touville percibía 8 reais e un día de traballo dos seus 8 vasalos.  3.-  Francisco Boado, veciño da cidade da Coruña  tiña 3 vasalos dos que recibía  de renda 7 reais e medio.

ESTREMAS.-  " Principiando a súa demancación  polo lado de Levante na CAPELA DE  SAN CIBRAO en  dereitura á  PENA PARAXUÁ e AGRA DE VILASANTÍN , desta ao RIO  DE PATELAR , CERRA DA CARIÑA  e a CAPELA DE SAN CIBRAO.

************************************************************************************

      51.-  PARROQUIA DE SAN SALVADOR DE VILAR DE SÁRRIA  ( XURISDICIÓN DE SÁRRIA )

                                          ( NO PARTIDO DA ANDADURÍA ) 

O señorío partiucular estaba repartido entre : a )  A Excma, Condesa de Lemos, como Maquesa de Sárria. b).- O Excmo,  Señor  Conde de Maceda. c ).- Don Alonso  Mendoza e Lemos , veciño da  cidade de 

Lugo, como dono do Couto de Castelo dos Infantes., 

A Marquesa de Sárria, pola renda de fanegas, percibía en cada un ano 26 ferrados  e 26 reais de veludo. O Conde de Maceda ,por loitosa, recibía  de dous veciños , uns seis reais por ano.  O Señor de Castelo dos Infantes:  Outros 6 reais  por ano,, derivados da loitosa.

Estremas: "  Principiando a Levante  co COUSO  DA LAMA  DE ARROXO ;  do  cal segue polo ARROXO deste nome á CAMPA DE FONTE ARIZ, do cal segue ao ARROXO deste nome ao  sitio das TRES MODORRAS ; daquela ao  MARCO DE SU CERDÁN  ; deste pechando a Norte  á  PORTELA DOS  BRANCOS, e polo AGRO DA LENCE   á PRESA DOS CASCALLOS  que se acha no RÍO  SÁRRIA  arriba até a situación  da VEIGA PEQUENA , dende a cal  vai por tras da CORTIÑA DO CANEIRO  ao ARROXO  DO CAMPO DE VIGO  e polo sitio de RODIZ e polas CORTIÑAS DE PUMARIÑO  á CANCELA DA LAMA , que está aos  CASTROS DE SAN COSME, daqueles ao cume do MONTE DE CASTILLÓN,  e dali pola CORTIÑA DO BOSQUE ,  dali volve fenecer  ao referi<do COUSO DA LAMA DE ARROXO,  sinalado na primeira demarcación.

As estremas  entre a  Xuriidición do Conde  de Maceda   e á do Conde de  Lemos-Marquesa de Sárria, eran as seguintes:

" Principiando  no  MURO DA POZA DO  CARBALLAL , do que vai a outro que se  nomea da DEVESA ABERTA, de aquí ao de ESCONDULLO,  e deste vai fenecer ao sitio da denominación DOS CASTROS. (  Lugar de SAN COSME ou SAN COSMEDE DO CARBALLAL ).

As estremas  do Couto pettencente á Xurisdición do Señor de Castelo dos Infantes eran as seguintes.

" Principiando por Poñente no MARCO DO CASTAÑAL  do que segue  ao da CORGA DE ABAIXO, deste  ao que se nomea de TRAS DAS CORTIÑAS, daquel ao DAS CERDEIRa, e de ali a fenecer no MARCO DO CASTAÑAL na priomeira demarcación do termo desta Xurisción, que se acha no cetro da dita freguesía ( LUGAR DE MENDRÓS ). 

*************************************************************************************

                                    

Comentarios

Publicacións populares