SÁRRIA: IGREXAS ROMÁNICAS ( FRANCISCO VÁZQUEZ SACO ), ( 747)
SÁRRIA : IGREXAS ROMÁNICAS ( 747 )
FRANCISCO VÁZQUEZ SACO
**********************************************************************************
IGREXA PARROQUIAL DE SANTIAGO DE BARBADELO
Francisco Vázquez Saco
Aparte dalgún recordo toponímico , esta igrexa é a única reliquia do mosteiro de Barbadelo , que , cos de Santa María Madalena , San Paulo e Santo Estevo de Calvor , San Paio de Piñeira , Santa María de Corvelle e San Mateu de Vilapedre , alzábase na comarca de Sárria na época medieval.Dos de Barbadelo e Corvelle quedan as igrexas románkicas , dos demáis restan só escasísimas referenzas nos fondos dos nosos arquivos.
Nada sabemos da fundación de Barbadelo ; e os datos que sobor do mesmo conservan cronistas e historiadores son moi esxasos , e a veces contraditorios.
Menciona o monasterio o P. Yepes , e dí que foi anexionado a Samos na era 912, ano 874.
Argaiz enade algunhas noticias ; mais son esas vacilacións as que nos dan a impresión de que pisaba terreo completamemte descoñecido.
Fálanos primeiramente dos mosteiros de San Martiño e de Santiago de Barbadelo, e coloca a súa unión a Samos no ano 872.
Posteriorment escribe: Era tamén moi grande cousa no lugar de Pinaria ( Piñeira ), perto do río Barbadelo, outro mosteiro dúplice de monxes e monxas ; e do ano 951 áchase unha doazón de Baltario , cuxo era o mosteiro a Nosa Señota. da facenda tida que el tiña... Non sei se é este o mesmo convento de Barbadelo de quen tratei en tempos pasados". ( 1 )
E aínda enade noutro lugar : " Sen este áchase outro adicado a San Xoán e San Miguel no meso termo de Barbadelo , aína que eu entendo que é o mesmo .porque era de monxes e monxas " ( 2 )
Neste mesta e confusa multipkiucaciuón de mosteiros en Barbadelo , non é doado co fío da verdade histórica-
¿ Trátase dun só mosteiro dúplice , que foi , na sucesión dos tempos mudando de Padróns ?-
Esa parece a opinión vacilante de Argaiz.
Neste caso, temos que advertir que, desparecida toda pegada dos titulares posteriroes , só queda recordode Santiago e San Martiuño. ( 3 )
O Apóstolo Santiago é aínda hoxe o titular da igrexa parroquial, e sen dñubida sinala o lugar do antiugo mosteiro de Santiado de Barbadelo ( Casa Domni Adilani, Loci Sancto Iacobi, Casa Barbatelli, Sancti Iacobi Barbatelli, cuxas foron as sucesivas de denominacións do cenobio) , o actual lugar de Mosteiro, formado polas casas que se agrupan darredor da igrexa.
Outro lugar da parroquia leva o nome de San Martiño e non cremos aventurado afirmarmos que nel estivo emprazao o mosteiro de San MRTIÑO.
A finais do século XII perduran os mesmos titulares , aínda que as igrexas respectivas non aparecen xa con carácter mosteiral.
Na Concordia de 1195 entre o Bispo de Lugo e o Mosteiro de Samos , tantas veces cita, confírmase a xurisdición dos Abades samonenses nas igrexas de San Martiño de Barbadelo e Santiago de Barbadelo.
A partires desta dat non achamos xa nos fondos do Arquivo Capitular mención ningunha de San Martiño , de cuxa igrexa non queda a pegada máis leve ( 4 ),
Pouco máis resta do antigo Santiago de Barbadelo . mais consérvase a igrexa , que foi Priorado de Samos até a ominosa época da exclaustración.
Na era 1244, correspondente ao ano 1206, Paio, Abade de Samos, agradecido ao Bispo D. Rodrigo de Lugo,e ao seu Cabido Capitular , dóalles unha posesión en Biville, e o eremitorio de Santo Adrao, coas súas propiedades ( * na actualidade capela de San Marco ).
A doazón faise " in compensationem ecclesiae sancti iacobi de Baruadelo, que nobis remittunt idem episcopus et Capitulum in perpetuum" ( en compensación da igrexa de Santiago de Barbadelo que a nós nos entregan o bispo e o Cabido a perpetuidade ).
Como esta escritura está fenita no favor do mesmo Perlado que asinara a Concordia de once anos antes, e aquí aparece D. Rodrigo doando á Abadía samonense a igrexa de Santiago de Barbadelo , en cuxa compensación outorgan os monxes o documento de 1206 , presuminos que o convenio de 1195 non tivo efecto , cano menos polo que se refire á igrexa mecionada, ou esta volveu á xurisdición do Bispo no breve espazo que separa os dous diplomas.
É de sinalar tamén que o Perlado lucense non se desptrende totalmenet dos seus dereitos sobre Barbadelo , xa que na escritura de 1206 reserva o de visita, que pode facer cando lle praza , aída que " propiis expensas " ( coas propias expensas ).
Isto é todo o que no periodo medieval conserva o Arquivo Capitular encol de Barbadelo.
Dado o seu contacto con Samos , habería que revisar os riquísimos fondos da célebre Abadía que garda o Arquivo Histórico Nacional, que de seguro aumentarán as novas trascritas.
Sen dúbida revisounos xa López Peláez para a súa obra " El Monasterio de Samos"; mais como sistemñáticamen se abstén de citar as fontes , a súa obra apenas é aproveitable e está á marxe do minimun de esixenzas da crítica máis elemental.,
...........................................................................
A igrexa actual , que Amor Meilán califica de merecedora de ser sinalada á admiración do arquólogo , só conseva parte parte da fábrica románica da que desapreceu a ábsida , e o muro sur da nave foi amplamente reformado.
Situada no Camiño Francés , foi estudada por Miss Georgiana Goddard King en el American Journal of Archeology, vol XX , año 1916, número 4.
Figura tamén entre as publicadas por D. Angel del Castillo no seu non menos interesante traballo " La Arquitectura en Galicia".
FRONTIS.- A porta principal ábrese con arco de medio punto formado por dúas arquivoltas de codelo , perefiadas por unb semicioc alxedrexao , que descansan noutros tantos pares de columnas mediante imposta de billetes, de basas comúns , plintos con garras , fustes monoliticos e capiteis historiados : o primeiro da esquerda ostenta dúas aves afrontadas , e o segundio, dous cadrúpedos en actitude de acometer a un home que ocupa o ángulo exterior do capitel.
O primeiro da dereita órnase con catro figuras humanas; unha delas , a primeira, está sentada , como lendo unha taboela que,de pé , lle presenta a segunda . As restantes seguen a esta , sen intervir con actitude especial na escea.
O segundo ocúpano ocúpano dous leóns afrontados e unha cabneza humana que asoma por tras do lombo dun deles.
O TÍMPANO ofrece varias particularidades de interese , a pedra que fai de lintel é pentagonal e tanto esta como as demias que ocupan o vao do arco foron coidadosamente labradas polas dúas casara.
O lintel , ao exterior , adórnase con rosetas insctitas en grosos circos que se cortan e aumentan de tamaño a medida que se achegan ao centro , por se acomodaren ás liñas do petágono. A arista ostenta decoración de rombod que segue no codelo das xambas-
Na parte superior do tímpano , e riba unha especie de "vesicula piscis ", destaca o relevo dunha figura humana cos brazos extendidos en actitude orante , que ben poidera representar ao Salvador.A ambos os lados , senllas rosetas plurifolias .
A decoración da cara interior está formada por rosetas de variadas formas no fragmento pentagonal,, riba do cal abre os seus brazos unha cruz , e aos seus lados rosetas de núcleo circular inscritas tamén en circos.
As mochetas nas que se apoia o tímpano decoración de piñas.
A PORTA PRINCIPAL ábrese nun corpo máis sainte que o resto dofrontis e que remata nunha repisa a xeito de tornachvias, lisa na parte central e alxedrezado nos estremos, onde teñen senllos canzorros adornados con cabezas de animais, á altura dunha fita de billetes que se adentra nos fragmentos terminais do frontis.
MURO NORTE.- Nel ábrese a porta lateral con arco semicircular dunha única arquivolta con moldura exterior de dentes de serra e fino trenzado. Álzase riba dun par de columnas acodeladas , de basas comúns, plintos con garras e fustes monolíticos. O capitel da esquerda adórnase con dous cadrúpedos afrontados , e o da dereita con catro animais fantásticos que entrelazan, dous a dous , os seus corpos alongados e ostentan cabezas de cabalo. Os do centro unen as súas cabezas en actitude de beber nunha especie de cálice que ocupa o ángulo exterior do capitel.
Riba das colunnas exténdense impostas finamente labradas ,con rosetas a dereita, e con decoración de cunchas a esquerda.
O tímpano é liso e apoiase direitamente nas xambas perfiadas por baquetiñas.
Rachan tamén o muro norte duas fiestras de medio punto dunha arquivolta garnida cun semicirco de billetes , nunha fiestra , e con decoración de bastonciños en sentido radial, na outra,
Aoianse en coiumnas , unha por lado, de basas comúns e fueste monoliticos.
Cadansúa fiestra ten un capitel vexetal. follas que volven en volutas , e outro historiado. Un destes adórnase con dúas aves enfrontadas ; e o outro non é doado de apreciar , debido á distancia e o encalado da pedra.
No interior ostentan as fiestras distribución semellante
A máis achegada ao presbiterio ten arco de medio punto con garnición exterior de billetes e columnas de basa común e fustes monolíticos que sosteñen imposta decorada con alxedrezado e dentes de serra, Un dos capiteis e de follas en dúas ordes , e o outro decórase con cadrúpedos.
A outra distínguese pola moldura que perfía a arquivolta, adornada con bastonciños en disposición radial. Os capiteis adórnanse con follas e dúas ordes e rosetas. A imposta da esquerda é alxedrezada e a da dereita leva un relevo de bastóns que se unen en zig-zag.
TORRE.- Álzase no interior riba de dous robustos arcos e os muros do ángulo noroeste da nave..
Os arcos, polo acusado cerre dos sálmares , achéganse á ferradura e están apoiadas en grosas columnas.
As de xunto da porta principal teñen un capitel adornado con follas anchas e carnosas : e o outro vigorosamente esculpido con dous animais con garras , rabo de león e cabeza de cabalo . Riba dos lombos levan xaeces sinxelos.
Os capiteis do outro arco son vexetais e ostentan follas grosas.
Tres das catro columnas teñen no fuste anelado cunha fita alxedrezada e de trenzado funicular.
As impostas presentan decoración de bastonciños.
MURO SUR.- Temos notado xa que está completamente reformado. En fronte da porta lateral practicada no outro muro da nave , abriuse outra neste , que hoxe está tapiada ; máis aínda conserva no interior o semirco de billetes que debeu perfiar o arco hoxe desaparecido.
Achámonos , pois, diante os restos dunha igrexa do máis subido interese , pola prifusión de elementos decorativos , que sobrepasa canto temos visto nos exemplares que nos quedan do tipo rural , e a coidada labra de moitos deles.
Distribuidas no interior do frontis , empotráronse no muro algunhas pedras labradas , procedentes sen dúbida , da parte destruida da fábrica románica.
****************************************T******************************************
NOTAS
Xaime Félix López Arias
( 1 ) Na actual parroquia de San Miguel de Piñeira houbo os mosteiros de San Miguel , San Paio e San Xoán do Couso, que caeron baixo a influenza do mosteiro de Santiago de Barbadelo .
( 2 ) San Xoán de "domne Ermegore " rematou sendo unha ermida , da que só se conserva a edificación, xa que as imaxes que alí había foron roubadas.
( 3 ) No territorio de Barbadelo . no val deste nome formado polo río Barbadelo ( que baixando dende Santa Icía na terra de Froián leva as súas augas ao río Sárria ) e en espazos perviven na actualidade as referenzas aos titulares de mosteiros, mosteirolos e Casas Maiores que acabarían dependendo do Mosteiro de "Sancti Iacobi Barbatelli": a ) Na igrexa mosteiral de Santiago de Barbadelo. b ).- Na aldea e ermida de San Martiño, na parroquia de Barbadelo,. c ) Na aldea de Rosende, da parroquia de Ortoá, estivo o mosteiro de San Salvador ou San Salvador de Nespereira , d ) A igreza parroquial de Santa María de Ortoá recorda un mosteiro desaparecido. e ) No lugar de Taíde ( Barbadelo ) houbo un mosteirolo adicado a San Pedro , que deixou memoria na capela de San Pedro ali existente. f ) En San Pedro de Barán ( Paradela ) a igrexa parroquial mantén a advocación do desparecido mosteiro que ali estivo establecido. g ).- En San Salvador da Pinza houbo tamén un mosteirolo do nome de San Salvador, h ).- No Monte do Páramo, no Castro de Santo Adrao ( Biville ) houbo un mosteirolo que acabaría perden do o nome do seu padrón e do que garda memoria a ermida.capela de San Marco. i ) No lugar da Ermida, parroquia de Santiago de Nespereira, a capela da Virxe dos Remedios ( Nosa Señora dos Aveledos ) , é pervivenza dun mosteirolo medieval. l ) No lugar do Couso ( Piñeira ) a Capela de San Xoán garda memoria do mosteirolo do mesmo nome. m ) A igrexa parroquial de San Miguel de Piñeira sinala o emprazamento do desaparecido mosteiro medieval. n ) No lugar de San Paio ( Piñeira ) a capela desa advocación trae a memoria do mosteiro do mesmo nome, o ) Na parroquia de San Pedro de Froián, no lugar da Ermida ( desaparecido ) estivo o Mosteiro de San Xacobe de Mortolais, sucedido pola ermida de Santiago, tamén desapafrecido, p ) No lugar de San Paio, na parroquia de San Salvador de Cesar , estivo o Mosteiro de San Paio, cuxo topónimo deu nome á aldea. Todos eses mosteiros e mosteirolos xurdidos darredor dos de San Xacobe e San Martiño de Barbadelo acabaron caendo baixo da dominación do Mosteiro de San Xulián de Samos.
( 4 ) Este dato é incerto. Perto do lugar de San Martiño hai fincas que levan o noime de Ermida, e nun deles consárvanse as paredes da que foi capela de San Martiño, sen tellado e co lintel da porta e a base do altar, de pedra, caídas.
.........................................................
A recuperación do TOMBO DE SAMOS, que se tiña por desaparecido dende a Exclaustración , e o estudo do mesmo polo profesor Manuel Lucas Álvarez, permitiu o coñecemento dos documentos referidos aos Mosteiros de Barbadelo e as outras institucións cenobiticas da contorna .
Ese material documental, traducido ao galego dende o texto latino, foi obxecto de estudo na AULA DE HISTORIA COMARCAL, impartidas por min , no CENTRO DE EDUCACIÓN PERMANTE DE ADULTOS ( na Rúa Pedro Saco n1 4 .Sárria ) e no IES GREGORIO FERNANDEZ ( Rúa Castelao ).
En sucesivos números do BOLETÍN DO SEMINARIO DE ESTUDOS SARRIAOS "FRANCISCO VÁZQUEZ SACO " documentos referidos a Barbadelo versionados en galego .
N´ª 21 so Boletín do Seminario de Estudos Sarriaos ( Setembro de 2016 ) recóllense traballos referidos a Aantiago de Barbadelo, entre eles os documentos obrantes no Tombo de Samos., Figuran tamén nese nñumero a versión en galego do traballo de Miss Goddar King ( realizada po Alba María López López ) e un traballo da arqueóloga Carolina Casal Chico , que é un profundo estudo do pórtico barbadelens. : " As portas do Paraíso: Cluny,a espiritualidade e os espazos occidentasi das igrexas de Santiago de Barbadelo e San Vicenzo de Pombeiro".
Finalmente no ano 2025 foi publicado o TOMBO DE SAMOS ( Editorial Canela. A Coruña ) co versionado en galego dos documentos referdios a San Xulián de Samos a aos numeroso mosteiros e mosteirlos que del acabaron dependendo, entre eles os radicantes no val do río Barbadelo
**************************************************************************************
IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE BELANTE
Francisco Vázquez Saco
É anexo de San Salvador da Pinza , e figura tamén no problemàtico diploma de Afonso III.
Máis aínda ; se a crítica non opuxese graves reparos aos testamentos de Odoario , o primeiro, que leva a data de 15 de maio do ano 747, demostrarúa a existenza de Belante na primeira metaden do século VIII . Deste documenti é a seguinte clásula " In Paramo eclesia sancta maria de belanti cum adiunctionibus eius stipata de familia mee " ( No Páramo a igrexa de Santa María de Belante adqurida da miña familia ).
De tódolos xeitos , a súa existenza no século XII consta documenntalmente; pois Santa María de Belante foi unha das igrexas , cuxa posesión e froitos barallaron a Catedral de Lugo e o Mosteiro de Samos, no ruidoso e longuísimo pleito quebrematou coa escritura de concordia que o 28 de xaneiro do ano 1195 asinaron en Lugon o bispo D. Rodrigo cos seus capitulares , e o Abade de Samos, D. Paio cos cincuenta monxes que compoñían a Comunidade,
A planta da igrexa é a vulgar no tipo rural da comarca: unha soa nave e ábsida rectangulares, cobertas de madeira.
A porta principal consta dun arco dobrado semicircular , cinguido ao exterior por unha arquivolta, garnido interior e exteriromente por senllos semicircos de billetes.
A arquivolta e o o o arco de acarón descansasn riba de dous pares de columnas, tres de cuxos capiteis son de volutas , e o cuarto zoomórfico , de aves afrontadas . Os fustes das dúas interiores , monoliticos, e a basa dunha delas , son de mármore , procedentes cecais das canteiras de O Incio , pois é evidente a súa semellanza cos do portico da igrexa do Hospital.
O arco máis interior apoiase riba de xambaxe liso, mediante cimacio sinxelo, que continúa por baixo dos arcos restantes e acolle un tímpano exento de ornamentación , apoiado pola súa volta en ménsulas lisas .
No muro do Evanxeo ábrese outra portada que presenta interese por algúns detalles que a separan do común na rexión.
Un arco de medio punto , apoiado diretitamente riba de xambaxe liso , acolle o tímpano, no que se grabou inha cruz de brazos iguais, inscrita nun circo , do que saen , como remate dos catro brazos da cruz , outras tantas espirais . O tímpano apoiase nas xambas por medio de ménsulas , na que , ás cabezas de animais , ornamentación ordinaria nas repisas do románico galego, sustitúenas dúas cabezas humanas , de pequenas proporcións e labra moi fina,
Riba do arco interior ábtrese outro , de única arquivolta , garnida por un semicirco de billetes , e que descansa nun par de columnas , un de cuxos capiteis é zoomórfico .
Nos muros laterais de fieiras de boa pedra de sillaría , ábrense senllas fiestriñas abocinadas.
*************************************************************************************
IGREXA PARROQUIALDE SAN VICENZO DE BETOTE
Francisco Vázquez Saco
Álzase riba dun pintoresco castro , a dous quilómetros da vila de Sárria.
Dunha vila de Betote hai memoria nun inventario dos bens da Igrexa de Lugo que se conserva no Tombo Vello da nosa Catedral, ao folio 51 volto.
Ao interesante documento que non ten data, precédeo o título que traducimos a continuación .
Inventario dos bens da Igrexa Lucense : Este é o segundo índice de todas as posesións ofrecidasá Benaventurada Virxe María por moitos varóns insignes pola súa piedade ; enádense as adquiridas polos ministros da dita igrexa, principalmente nos tempos do Bispo D. Pedro e o Emperador D, Afonso. Constando ser este Afonso VII polo título que se lle da de Emperador ( Imperante ) , que a partires do ano 1127 reinaba con pleno dominio e liberdade , hai que deducir que o instrumento pertence a estes anos.
Na abondosa relación das posesións da Catedral figuran varias do territorio de Sárria , e entre eles rexistra o inventario " Villam de Betoti " , Vila de Betote.
Pertencían tamén a Lugo a vila de Vigo , íntegra, e o caritel ; cuarta parte da igrexa e a vila de Castelo dos Infantes ; o lugar de Lezoce ; tres cuartas partes de Sáa de Louseiro; o lugar de Vilagudín, na parroquia de Nespereira; a igrexa de San Miguel de Biville, co seu couto; a vila da Pinza; a herdade de Lavandeira , Maná, Santo André de Paradela e Tremeado.
Aparecen aínda máis algúns lugares que non gardan relación coa actual toponimia da comarca sarriá , e cuxa identificación , polo tanto, é punto menos que imposible.
A IGREXA DE BETOTE é un humilde exemplar do románico rural máis sinxelo e foi publicado polo esclarecido arqueólogo D. Angel del Castillo.
Consta de nave e ábsida rectangulares, esta de proporcións máis reducidas que aquela, segundo a traza común.
Da planta primitiva só chegaton até nós a ábsida e o muro norte da navem oculto hoxe por unha capela posterior que ten acceso ao templo por un amplo srco aberto na parede primitiva,
Desapareceron totalmenmte o arco toral, o frontis e o alzado sur da nave.
A ábsida está coberta de madeira e está constuida con boa pedra de sillaría, disposta en fieiras horizontais.
No seu muro exterior abre unha fiestra con arco de medio punto , dunha soa arquivolta de baquetón , perfilada no trasdous por un semicirco de dentes de serra, o o conxunto todo cinguido ao exterior por unha moldura de billetes.
O arco está apoiado nun par de columnas, unha por cada lado, de curtos fustes monoliticosb, bases tóricas, plintos con garras e capiteis vexetais moi estragados, con decoración de follas en volutas,
O beirado ou tellaroz corre riba dunha serie de canzorros adornados con cabezas humanas e diversos relevos xeométricos,
O muro norte da nave, construido de mampostaría, agás nas partes nobles, conseva od canzorros , tallados con rolos e variados relevos de tipo liñal sinxelo.
A este muro adosáronlle , na segunda metade do século XVI, a capela da Virxe , que o oculta ao exterior.
Unha curiosa inscrición perpetúa a memoria do fundador desta capela.
ESTA CAPILLA DE NVUESTRA / SEÑORA FUNDO ALONSO / DÍAZ C ( A )NPO DOTOLE DOS / FANEGAS DE PAN DE REN/ TA I QVUATRO CAPONES I V / N C(A)BRITO CADA SEMANA / DIGAN UNA MISA 1575 AºS ( Esta capela da Nosa Señora fundou Alonso Díaz Canpo Dotoulle dúas fanegas de renda e catro capóns e un cabrito . Cada semana digan unha misa.1575 anos )
**************************************************************************************
PARROQUIA DE SAN MIGUEL DE BIVILLE
Francisco Vázquez Saco
É anexo de San Salvador da Pinza, no Concello de Sárria,
Existe no arquivo capitular de Lugo un pergameno, o segundo do tomo décimo, que un tal Melendo dá como copia dun documento de Afoso III. Nel confirma o Rei Magno todas as facendas da Igrexa de Lugo , á que fai restituir o que lle enaxenaran, fixa novamente as estremas o couto lucense e doa alfaias para o servizo desta igrexa . O testamento remata coa seguinte data : " Facta testementi et Ecclesiae dote II Kalendarum Julii , Era D.CCCªXXXªVª .Era 935. Que corresponde ao ano 897. ( Feito o testaamento e a dote da Igrexa no día segundo das Quendas de Xullo, na Era nonacentésima trixésimo quinta ). Entre as doazóns ali confirmadas á Igrexa de Lugo , lese esta : " In Paramo ecclesiam sancte Michaelis de Vivilli cum ipsa villa et familia , et ecclesiam sancte Marie de Belanti ( No Pàramo, a igrexa de San Miguel de Biville con esa vila e servos delas, e a igrexa de SAnta María de Levante ).
De ter existido o documento de Afonso III , tal e como pretende o documento de Melendo , a parroquia de Biville remontaría a súa existenza ao século IX ; mais a copia de Melendo é do primeiro cuarto do século XII e o orixinal do Rei Magno é moi problemático ; a crítica moderna rexéitao unánimemente , cando menos na extensión que lle dá a pretendida copia. Non é porén improbable que o terceiro dos Afonsos suscribise algún diploma de doazón á Igrexa de Lugo . ao que posteriormente lle enadiran , para xustificar títulos de propiedade, igrexas e herdades que non figuraban no documento primitivo.
De todos xeitos a existenza de Viville consta en documentos anteriores á copia de Melendo.
No legaxo 333, folio 147, do Arquivo Histórico Nacinal , hai unha doazón feita por Ermesinda Rodríguez á Igrexa de Lugo, da cuarta parte de Biville , e que leva a data de 10 de Abril de 1118,
Trascribimos a continuación a copia do documento que fixo Don Buenaventura Cañizares e forma parte da meritísima Colección Diplomática que doou ao Arquuivo da nosa Catedral :
" In nomine Domini nostri Jesu Christi regnantis in secula seculorum amen. Ego Ermesinda Ruderice facio ob honorem sancte marie virginis cuius reliquia in Lucensi veneratur urbe testamentum pro remedio anime mee de hereditate mea quam habeo de succesione parentum meorum, et est hereditas ipsa in finibus gallicie in diocese eiusdem Lucensis urbis determinato loco uiuilli.III am porcionemuidelecit supredicti hereditatis quem me conbcedet inter heredes meos per terminos suos et loca antiqua do ipsam hereditatem ad supra dictum locum sancta maria lucensis sedis cum omnibus quae ad illam pertinent non solum cum hic quae nunc habet, verum etiam cum eis quae iusta habere debet, eo minimun tenore do hereditatem hanc quotenus teneam eam in vita mea de iure ipsius sedis usufructuarion et ad obitum meum recipiant illam ad partem supradicti loci posesores lucenses et habeant euo perhenni, Si vero quod non erit quisquis contra hunc meu fatum venerit ex his que in hoc testamento a me facto continentur tripliter componat et scriptum inconuulsa stabilitate valeat in perpetuum, Ego Ermesenda hoc testamentum quod fieri iussi manu propia libenter confirmo. Factum est in Era I Cª Iª VIª IIIIº Idus aprilis"
( No nome do noso Señor Xesús Cristo reinante por séculos de séculosm Amén, Eu Ermesinda Rodriguez fago , na honra de Santa Marí Virxe cuxas reliquias veneradas son na urbe Lucense, testamento , para remedio da miña ánima, dunha herdade miña que a eu teño de sucesión dos meus pais, e esta esta herdade nos confíns de Galicia, na diocese da cicade Lucense, no chamado lugar de Viville. A cuarta parte , é a saber, da antedita herdade que me correspondeu entre os herdeiros . Estes polos antigos termos e lugares antigos , dou esta herdade ao enriba dito lugar de Santa María da sé lucense con tods bens que a ela lle pertencentes , non só cos que agora ten, en verdade tamén cos que xustamente debe ter, isto até o mínimo teor dou desta herdade , e a eu teña de contino baixo o dereito da dita sé como usufructuario e á miña morte recíbana os posuedores do antedito lugar os posuidores lucenses e a teña por tempo perenne, Se en verdade, o que non sexa feito, calquera contra este meu feito viñese e con calquera calumnia fose contra isto que neste testamento por min feito está contido, págueo triplado e a escritura inconvulsa e con estabilidade valla perpetuamente, Eu Ermesinda este testamento que fose feitom quixen libremente coa miña man asínoo. Feito foi na Era Milésima Centesimao Primeira Sesta no cuarto día dos Idus de abril"
´Dous anos máis tarde, en 1120 , o Bispo de Lugo D, Pedro III , fai unha distribución de todos os bens da Catedral entre a Mesa Episcopal e a Mesa Capitular ; confirma as divisións que fixeran os seus antecesores D, Amor e D, Pedro II , e enade un copioso lista de vilas, posesións, que dá perpetuamente aos Coengos , Nesta relación figura a seguinte cláusula :
" In Paramo medietatem de Vivile , cum Ecclesia et hereditatibus et familiis " ( No Pàramo a metade de Biville cos servos".
O orixinal deste documento está perdido, Hai unha copia no Tombo Vello, folio 4º , número 104 , de onde o trascribiu Risco.
Aparece noemado Biville tamén nun inventario sen data , que obra no folio 51 volto do Tombo, A sñua redacción haberá que colocala nos tempos de Afonso VII, O Emperador , ou cando máis nos do seu inmediato sucesor.
Nunha relación das posesiòns da Igrexa de Lugo, entre os que inclúe a cuarta parte de " Vivigli" que a doara Ermesinda Rodríguez ; a vila da Pinza , doada por Suario Pelaiz ; a herdade de Lavandeira , pertencentes á parroquia de Biville ; e a igrexa de "San Miguel de Vivile , cum suo cauto quod fundavit " Dona Vivilli", Dato curioso este último , que nos ensina ser Biville nome de muller , pois así se chamaba a fundadora do couto , da que tomaría a súa denominaciòn a parroquia,
Finalmente, Piñeiro trascribe nas súas memorias un documento polo que Vivián Pérez de Sárria e a sñua muller María Martínez , doan a San Miguel de Biville a metade dunha casa que posuían naquela vila . A doazón leva a seguinte data : Era MCCCLXVII et quot quinte Kalendas Martii. Ë decir , o 25 de febreiro de 1229.
A IGREXA actual de Biville conserva moi pouco da fábrica románica primitiva .Queda só unha porta lateral , con arco de medio punto, apoiado sobre xambaxe liso , sen columnas e cinguido ao exterior por un semicirco de billetes . O tímpano , completamente liso , descansa en repisas adornadas con cabezas de animais toscamente labradas . O aparello xeral dos muros constitúenos fieiras horizontais de pedra de sillaría.
***********************************************************************************
IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE CORVELLE
Francisco Vázquez Saco
Pertence ao Concello de Sárria, e conserva íntegra a planta primitiva e a fábrica románica, agás do frontis, desditada reforma de comezos do século XX, que rompe estrepitosamente a agradable harmonia deste interesante monumento.
É dunha nave rectangular , de amplas proporcións, coberta de madeira a dúas augas,
Á capela maior , de treito rectangular e cabeceira semicircular , dalle acceso un arco triunfal algo rebaixado e irregular, que descansa en semicolumnas con capiteis de follas de acanto e volutas.
O treito rectangular da ábsida vai coberto con bóveda de directriz semicircular, e a cabeceira con bóveda d cascarón,
O semicirco exterior da ábsid está dividido en tres segmentos por dúas altas columnas que serven de contrafortes.No segmento central ábrese unha fiestriña con arco de medio punto, de sección rectangular , apoiado nun par de columnas , unha por lado, de basa común , fustes monolíticos e capiteis de follas.
Sostén o beirado ( tellaroz ) a todo o longo dos muros laterais , e os dous treitos da ábside , unha colección unha colección de canzorros de relevos xeométrcos na súa maior parte , e algúns con cabezas de animáis.
Racha o muro do evanxeo unha curiosa potta con arco de medio punto de sección rectangular , garnido de billetes , e apoiado na xambaxe lis, mediante sinxela imposta.
O tímpano . caso raro no rural da provincia, afecta . na súa parte inferior , forma semicircular , interrompida nos arranques polas cabezas de animais , de labra tosca , que adornan as mochentas direitamente apoiadas nas xambas-
A fábrica é de boa pedra de sillaría , disposta, á maneira común na comarca, en fieiras horizontais-
As liñas correctas e a sobria ornamentación da ábsida , impresionan agradablemente , e evocan a elegante sinxeleza .....
*************************************************************************************
IGREXA DE SAN SADURNIÑO DE FERREIROS
************************************************************************************
PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE REQUEIXO
*************************************************************************************
IGREXA PARROQUIAL DE SAN SALVADOR DE SÁRRIA
É unha das parroquias da vila , adoito citada nos diplomas medievais do noso arquivo capitular e documentada a partires do século XI.
Entre os moitos bens e igrexas que D, Suario Monniz , fillo do Condi Monnini , doa, coa súa muller Dona Sancha Velaz, á igrexa de Lugo , figuran as seguintes :
" In Sarria , SAnctum Salvatorem, Castellum et Saa ( En Sárria, San Salvador, Castelo e Sáa ).
A escritura de doazón foi formalzada o ano 1094.
No século XII cambia varias veces de dominio,
Non se nos alc anza como pertencendo San Salvador á igrexa de Lugo , dende o ano 1094 , vinte anos máis tarde, o 1114, doábaa Dona Urraca ao Bispo de Mondoñedo , D. Nuno Alfonso, un dos autores da Compostelana.
Na escritura faise constar que a Raíña dóalle a igrexa a instancia de Dona Sancha Vélaz, que, co seu esposo, lla deran a Lugo , segundo deixamos consinuado.
Máis tarde, retorna ao dominio real-Non podemos concretar o ano ; mais consta que pertenceu a D. Fernando II , que lla doou ao famoso Conde de Sárria , D. Rodrigo Álvarez , fundador esclarecido da Orde de Cabaleiros de Montegaudio.
En efecto, o terceiro Conde de Sárria, Grande Mestre xa da Orde por el fundada, suscribe un emocionado documento polo que que lle doa ao Bispo de Lugo e á igrexa de San Salvador de Sárria , en satisfacción do sacrilexio que encendido en furor diabólico , cometera na súa mocidade contra a igrexa de Santa María de Val, en Ventosa, que, en parte destruiria e o resto reducudo a cinsas.
No documento , datado no ano 1171 , fai constar D. Rodrigo que a igrexa de San Salvador fóralle graciosamente doada polo Rei D. Fernando II.
A partires deste momento os Bispos de Lugo, poñen especial empeño en robutecer o seu dominio riba da igrexa de San Salvador . O mesmo D. Fernando II , nunha carta datada en Toro, pouco despois do Concilio de Salamanca , no ano vinte e un do seu reinado , protexe con diversos privilexios as posesións da igrexa lucense , entre as que nomea " in Sarria siquidem ecclesiam Sancti Salvatoris cum tota hereditatem suam"( Tamén en Sárria a igrexa de San Salvador con toda a súa herdade ).
O 18 de Xuño de 1179 , expedía o Papa Alexandre unha Bulda para confirmar coa súa apostólica autoridade as posesións e bens da igrexa de Lugo , tomándoas baixo da súa protección, " nostra protectione suscipimus " . Entre as igrexas que cita figura a igrexa de San Salvador de Sárria , " cum omnibus suis pertinentis " ( con todas as súas pertenzas ).
Non foi a única confirmacións dos bens da Catedral lucense, xa que outra Bulda do Papa Lucio III, expedida o 2 de Agosto de 1185, a petición do Bispo de Lugo , D. Rodrigo , renova as confrmacións anteriores dos Papas Calixto , Inocencia, Adrao e Alexandre, concedidas durante as controversias do célebre pleito entablado entre a nosa igrexa e a de Ourense . Lucio III toma tamén baixo da súa protección os bens e posesións da Catedral lucense , entre os que enumera a igrexa de San Salvador de Sárria " cum omni iuri suo" ( con todos os seus dereitos ).
Finalmente , o Tombo Vello da Catedral conserva a tarscrición dun documento de D. Afosno IX ( VIII de Galicia ) , polo que confirma co selo da súa autoridade os bens da Mitra lucense e o seu pleno dominio na cidade e o seu couto. Entre as posesións confirmado , cita a igrexa de San Salvador de Sárria : " in Sarria ecclesiam Sancti Salvatoris " ( En Sárria a igrexa de San Salvador" ).
A igrexa de San Salvador acusa dous estilos e dúas épocas.
O frontis é francamente gótico e , aínda que é máis modesto , recorda, como xa advirte D. Angel del Castillo, as portadas de San Marcos e Santa Mariña , na Macarena de Sevilla.
A ábsida , pola súa parte, é de traza netamente románica, e a porta lateral que racha o muro norde, é de transición con elementos arcaizantes,
A fábrica consta de nave rectangular , coberta de madeira, hoxe oculta por falsa bóveda de barrotillo ; e da ábside con treito rectangular e cabeceira semicircular , con bóveda de canón e cuarto de esfera , respectivamente.
O tambor da ábsida ao exterior, é completamente corrido , coa única interrupción de dúas semicolumnas adosada , de basas moi toscas e sen capiteis.
A porte norte ábrese con arco lixeiramente apuntado , formado por unha arquivolta de baquetiña , perfiádo ao trasdous e ao intradous por un par de escocias, unha delas decorada con bolas.
Todo o conxunto vai garnido o exterior por unha moldura adornada con cabezas de cravo , elemento decorativo tamén dalgún dos canzorros deste alzado , e propios do período de transición.
A arquivolta descansa nun par de columnas curtas , apoiadas en altos retallos , de fustes monoliticos , basas tóricas e plintos con garras.
Os capteis ostentan follas e bastóns ; no dereito asoma unha cabeza humana entre a decoración vexetal.
O timpo, mestura de tosquedade e arcaísmo, amosa a figura de Cristo Maxestade cos brazos en alto , e o dereito en actitude de abenzoar.
Veste túnica que lle chega até os pés , sucada monótonamente de pregues verticais , e riba dela unha especie de casula gótica con pregado angular simétrico.
A ámbolos lados , senllas árbores esquemarizadas por un tóro e seias ponlas que saen, dúas a dúas , do mesmo punto , trazando tres liñas horizontais.
De cada canipa pendura un froito , e na cima do tóro ábrese unha cruz grega.
Arredor desa decoración inicianse relevos que se convirten en baquetiñas ao perfiar as mochetas e as xambas..
As mochetas nas que se apoian o tímpano decóranse ademais con senllas cabezas humanas , que miran cara afora.
Son varios e finamente esculpidos os canzorros que sosteñen o beirado ( tellaroz ) no muro norde , cabezas humanas, rolos , rosetas , puntas de cravo, etc.
Moitas das pedras do muro levan signos lapidarios.
Son tamén de destacar as ferraxes da porta norde.
*************************************************************************************
PARROQUIA DE SAN PEDRO DE SETEVENTOS
**************************************************************************************
PARROQUIA DE SAN SALVADOR DE VILAR DE SÁRRIA
Comentarios
Publicar un comentario