O ALFINETE Nº II .- CENTRO DE E,P..A DE SÁRRIA.. 1998 ( 744 )

                                        O ALFINETE  nº  II .-   MAIO  1998      (   744  )

Publicación do EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜISTICA DO CENTRO DE EDUCACIÓN PERMANENTE DE ADULTOS DE SÁRRIA.                  RÚA PEDRO  SACO Nº 4 .-      SÁRRIA

                                                                                           (  Xaime Félix López Arias ) 

.............................................................................................................................................................. 

                                               O ALFINETE Nº II                               MAIO 1998

                                     PURGA                       REFRESCA             DESINFECTA

                                                  NON   ,     NON,     NON 

Cando chega o mes de maip, do mesmo xeito que noutros tempos  se facía o " Mes de  María  "... con flores a porfía ", para irmos dacordo  cos novos tempos  ( porque as ciurculares o sinalan )  adoitase facer o  " Día das Letras Galegas " cunha "variada " programación , na que rivalizan os diferentes  centros de ensino  cunha ardentía que para elas quixeran  Godofredo de   Bouillón  e os seus adláteres das Cruzadas

.... Que   ninguén se esqueza  de que o DIA DEZASETE DE MAIO  É O DÍA DAS  LETRAS GALEGAS .... 

E para celebralo  raro é o colexio, rara  é a escola  que non organiza  " por todo  o alto"  unha mostra de  fusos, rocas ,  zocos e galochas , tixolas e potas dos máis variados  calibres e formas , a carón das enaguas  e mantelos da tataravoa  lonxana.

¿ Non será que no subsconsciente dos organizadores e  patrocinadores do evento  está  agachada a idea  de que o galego merece estar no faio ou a se conservar no quenzo ?.

¿ Por que , sistemática e regularmente, se asocia  a celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS  con vellicias arrombadas nos sotos  ?.

 Non , non e non . O galego en pelota viva  precisa doutros  xaropes.  Non nos veñan con andrómenas  e con emplastos de farelo miúdo.A lingua é moito máis , esixe outras actuacións  e outros compromisos.  Sexamos serios e traballemos  no día a día , e non para "exercer" un día  ao aano.

E  esas mostras  haberá que mirar de reconvertelas  en expresións dunha lingua viva , que corre polas rúas e prazas , polas aulas, polos xornais , polo internet  e as fibras ópticas , lonxe de arqueoloxías  e relembros  arcaizantes cun certo alcatreo  funerario.

" Rocas", " fusos" e trebellos varios non deben servir  para a nosa autocomplacencia . Infinitivos conxugados , neoloxismos, falar, falar e falar , ler, ler e ler, escribir, escribir e escribir , farán que a celebración "das Letras Galegas"  axude a que  chegyen  as " mil primaveras " que Cunqueiro desexaba  fosen gozosa  realidade.

                                Barallar  e gtrangallear non son solución.

....................................................................................................................................................................... 

........AQUI   CHOVE

*  Estamos en tempo de augas , aquí chove sempre , este é un  país no que sempre chove, xa parecemos ras de Santo Antón  subindo polos ramallos.

Está claro que isto de chover  é unha amoladura  e moita da culpa  téñena os politicos . É verdade.

Aquí  chove e unha sinfonía de paraugas  enche rúas e prazas  Non paramos de falar   do moito que chove , de que as nubes non nos deixan, de que  ata temos goteiras nos ollos.

E  as augas todas do ceo ,  as augas todas  do Mar dos Sargazos  entran por Fisterra e pola Torre de Hércules e baten en todas as fenestras desta nosa terra, enchen os regueiros, botan fora da madre dos ríos  e serven para que nos  prodecatemos  de que os politicos  e mailos técnicos  esqueceron as previsións  metereoloxicas  e navegan nun proceloso mar  de inseguridades.

E algo de culpa tamén ten un tal Pemán que o vexo algunhas veces  na televisión e tomoulle  gusto  a iso de mandar chover.

Non podemos deixar  sen a súa ración á escaseza de clero  e á despoboación rural  que vai parella  e en relación  directa  co abandono dos seminarios , que trouxeron como consecuencia  que  ninguén ande a facer  rogativas  para que o tempo calme e seree  e iso pàgase.

Se os politicos non son quen de controlaren  o tempo  e se San Pedro e os anxos  con incontinencia  de esfínteres poden  ter aberta a billa  sen que ninguén  lles faga  peticións de secura, apañados  vamos.

                                      AQUI  CHOVE  E  CHOVE E VOLVE A  CHOVER.

                                           (   Debuxo dun buzo con aparellos anexos ) 

Para que a reuma  baixe e aforrar uns cartiños o coñecido MARIÑO RÍO LAGO  acaba de patengtar  o traxe de augas  que podedes ollar nesta   páxina. 

                                        MIRA  COMO SE ME ABALA O DENTE

Feito  a proba  de augas permite tanto  lindar tres vacas  na beira da estrada  como asistir  a un casamento regado  con viños xenerosos.  A completa hermeticidade , a ductilidade dos  materiais, e   mesmo o ser enteira e nte estanco , permiten augurarlle un grande índice de vendas.

Iso sen deixar  de ter pesente  que tamén val para  retirarse do tabaco.

AGORA QUE  CHOVA   que xa temos remdio , MARIÑO RÍO LAGO  vai pasar  á Historia  como benefactor da galeguidade.

                                          ............................................................

Moza dos vinte mozos / e comigo vinte e un , / xa te  podes ir casando / que te quedas sen ningún //

Maruxiña, o teu pai deuche , / i el habíate matar ; / tiñas o caldiño feito /  e a louciña por lavar,//

..................................................................................................................................................................... 

                                        HOMIÑOS              G     IN NOMINE NOMINA. AMÉN

GALEGUIÑO NEOCONVERSO

É este un especimen  que florece nos vizosos campos adminstrativos  ( con incursións nos campos mediáticos , ¿ a  que  queda fino  ? )  á sombra de PAPÁ ORZAMENTO  e MAMÁ PAGAEXTRAORDINARIA . De súpeto, por imperativo legal , e o Mando é o Mando pasou da sintaxe e da prosodia nebrijamas   ó arrecendo  a frouma dos galaicos sons , abducido polo imperio da lei e o desexo  de servizo.  E todo fichado anda agora  co de " o auga" ,  " o espexo "  , " dous mulleres " e outras becerradas polas que recebe o seu soldo  contante e sonante  en boa  moeda de curso legal.

Non e mala xdente,  a vida é dura , o soldo é o soldo e os pequenos merecen unha atención, así que a tragar  cuspe , dicir aquelo de " un segundiño" e tirar cara adiante  fachendoso  e convencido de  que hai que facer país.

.....Co  desexo  de festexar debidamente o DÍA DAS LETRAS GALEGAS ,  en  data recente ,  foron colocados na  vila de Sárria  uns letreiriños  de estrada nos que  gozosamente  podemos ñer :

                                                        P  I  E  D  R  A  F  I  T   A

...... Para completar  mellor acelebración , e ter  un axeitado  cumprimento   da Lei de Normalización Lingüistica  ( si, hom, si, esa que se fixo en 1982 )   estímase moi necesario  que sexan   sustituidos   por outros que digan 

                                                    P  I   E D  R  A   H  I  T  A  

                                      A nosa   felicidade   srrá  MAIÚSCULA

..................................................................................................................................................................... 

                                POR    DÉCIMAS  :  0,1  0, 2  0,3  0,4   0,5    0,6  0.7  0,8,,,,,

Galego  que castrapeas  /  tan sabido e refinado,  /  máis  val estar calado / que tecer con torpes meas  / palabras que son alleas , / Gábaste  de ser polido, / moi sabedor  e moi lido , / chúfaste de parlador /  e dándote de gran señor  / levas o zoco escondido. /

E presumes de galego / cando comes o churrasco / ou cando tiras do frasco / ( e que es galego non nego  ), / mais eche ben triste vida  / ser "galego  de comida" / e que che sente mal  / a túa liia língua orixinal : /  ¡ Na cachola tés metida  / boa empanada mental !,/

....................................................................................................................................................................... 

TRABALINGUAS :  Estaba o empresario no seu luagr e veu o politico para o axudar. O politico no empresario e a empresa en función , déitome a soas  comendo nas moras..... Estando o politico no seu lugar  tirou unha lei para subvencionar.  A lei no  politico , o politico no empresario , o empresario na empresa, détome a soas comendo nas moras... Estando  a lei no seu lugar,  veu outro politico  para a mellorar,  O outro na lei , a lei no politico , o politico no empresario , o empresario na empresa , déitome a soas comendo nas moras......Estando o outro no seu lugar veu  a Unión Europea  para igualar  .o outro na lei,  a lei no político , o politico no empresario  o empresario  na empresa , déitome   a soas comendo nas moras...... ¿ E que dixo o Comisario ? . Acabouse   a subvención , cadaquén polo seu risco  ten que andar naa  producción... E colorín colorado  o conto vai rematado , que é politica empresarial deprender e arriscar.

MAUINARIA POLITICA.-  O  CANELEIRO : Trebello de grandísima  utilidade  para  unificar pareceres  por vía consensual. A golpe de manivela as diferentes  opinións  e correntes conflúen  cara o ponto de encontro , que ven a se traducir  nun "ordeno e mando" do maniveleiro .Que quede  claro.

...................................................................................................................................................................... 

CALLOS.- Andá......¡ ......Este pé  é dun galego " normalizado" que peregrinou de igrexa en igrexa   para escoitar un sermón en " vernáculo",

ADVERTENCIA :  Señora , se vostede  quere conservar o cute  san e fermoso  non bote a lingua a paver.

O emprego  eX cesvo  da lingua vernácula  produce :  DOENZAS DO ESTÓMAGO.- ALOPECIA- ASTIGMATISMO.- DEBILITAMENTO  XERAL.    Tome precaucións    VACÍNESE  na primavera  O CORPO AGRADECERALLO.

MAGNESIA  S. PELLEGRINO . ALIMENTO OFICIAL DO XACOBEO 99.

É de moi  mala educación  ensina´la lingua.-   É unha perda de tempo adicarse  a minoritarias falas. Sexamos razoables  , quittémoslles ós nosos fillos  un peso de enriba.  É unha mensaxe de WASQUEZ SCHOLL LIMITED.   Por unha lingua sen fronteiras. Non se  privr.

.................................................................................................................................................................... 

                                                               TV  TV  OM  FM TV  TV TV TV TV 

                                              INVENTOS : "  Espexo vulgaris " ( Moza mirándose nun espello )

                                                                O ESPEXO

( Adicado  ós locutores de  radio e bustos parlantes televisivos  que tanto fan  por esnaquizaren a lingua  galega, ó amparo  do soldo mensual consolidado ).

.... O espexo  é un útil  claro  como o auga,, Máis de dous ou tres mulleres  teñen no espexo  a súa mellor compaña desde os lexanos tiempiños  da escuela.

Un espexo  , si tu eres cuidadoso, reflejará  a tú vida  e os momentos máis querdiso, eses que o auga  non borra a naide.......................... 

POSTDATA.-  Non se preocupen, se a lingua galega en cinco séculos  foi quem de agoantar  os ataques  de escribanos, politicos, frades, bispos e outras tropas varias , tamén  acabará vencendo  as dengtadas  dos " filbusteros con  nómina " que atropelan  sintaxe  e prosodia con total impunidade  ¡ Todo sexa polo  soldo !

........................................................................................................................................................................ 

                      ESCENAS DE FAMILIA                                  Varredora lingüistica

.... Meus filliños , agora quero  quero dicirvos  como é de moi mal gosto  que cando se fala por teléfono  vos poñades a falar en galego. Xa vos teño dito que   empregar decote o galego  é de moi mla educación  e ademáis unha perda de tempo.

Maxinade que vaiades  pola rúa cuns amigos falando en galego me pase pola beirarrúa  un levantino ou un señor  de Calasparra, ¿ como ides ir falando en galego  entre vós  se ese señor  non vos entende  no caso de que queira escoitar a vosa conversa ?.

Pois  co do teléfono  pasa igoñ. Non se debe  falar  por teléfono en galego por motivos económicos e de efectividade , os pasos son máis caros porque as palabras  galegas   non curcuñlan de punta  polos aramios  e pola fibra óptica , senón que o fan  de esguello  e como van atravesadas  producen  uns atrancos de moito pendello.

O mesmo pasa co correo, Se  algún incívico  cidadán dá na teima  de escribirlle  á noiva  ou a calquera  empresario  ( o que faga non desexo )  prodúcense  uns retrasos moi grandes  ( ben comprobables  nos últimos  meses nos que se están  producindo demoras  sóexplicables  polo uso indebido  do galego, mesmo en comnunicacións  e resolucións  de carácter oficial ).

E por outra parte tamén é sabido que o uso de lingus arcaicas  está en franca  oposición  coas  novas técnicas. Mirade, agora está de moda  o uso do internet , e hai navegadores  que se mergullan na máxica  pantalla  e os pobre corren  serios perigos  para a súa saúde por mor das páxinas  que van escritas nese estrano babardeo   ou barallete  tan oposto  ás normas do ben  decir  e da mesma estética. 

Nada meus filliños, vós sede bons, serios e razonables. Dádevos un garbeo por Dublín, pseado por London ou Philadelphia , ide ata Roma ou París  e veredes como milleiros  e milleiros de honrados  e cultos cidadáns  non din unha soa palabra en galego. Tomade exemplo deles.... máis e máis inglés  e medraredes.. Falando  galego perderéde-lo  tempo  e o apetito, e iredes vendo consumidas as vosas forzas polo  verme noxento   da incivilidade   e da  incultura.... Ide para a cama, que mañá  seguiremos  falando .

      ( Tomado de NORMAS DE CONDUCTA  PARA UNHA MOCIDADE NOVA ).- Editorial PITOCAIRO ' S.- Toerremocha La Higjuera,  1998 ). 

........................................................................................................................................................................  

                                                            LETRAS

                                                        PERO VIVAZ:

Poys  nossas madres van a San Simón /  de Val de Prados candeas queymar , /  nos , as meninhas , punnhemos  d ' andar  / con nossas madres , e elas entón  /          queimae candeas por nos  e por sy ,/  e nos meninhas baylaremus hy, /

Nossus amigos  todus lá  hirán / por nos veer , e andaremus  nos  / bailand '  ant '  eles, fremosas, en cos, /   e nossas madres , pois que alá van /                queymen  candeas por  nos e por sy , /  e nos meninhas  ( baylaremus hy.)

Nossos amigus hiran por cousir / como baylamus , e pderan veer  /   baylar  de ...... bon parecer , / e nossas madres , poys lá queren hir  /                        queymen candeas por nos e por sy / e nos meninhas  ( baylaremus hy ).

                                                      NUNO FERNÁNDEZ

                                106, 11. Levad ' , amigo, que dormides as manhass  frías.

Levad 'amigo, que dormides as manhaas frías ; / todalas aves  do mundo d ' amor  dizian / leda m' and'eu.

Levad ' amigo , que dormide.las frias  manhaas ; todalas  aves do mundo  d ' amor cantavan : / leda m ' and ' eu.

Toda-las  aves do mundo d ' amor dizian ; do meu amor e de voss '  en ment ` avian  : / leda m'and ' eu.

Toda-las aves  do mundo  d ' amor cantavan ; /  do meu amor  e do voss ' i  enmentevan : / leda m ' and ' eu.

Do meu amor e  e do voss ' en  ment ' avian ;  vós lhi  tolhestes  os ramos en que  siian  ; /  leda m  and 'eu.

Do meu  amor  e do voss '  i enmentavan  ; / vos lhi tolhestes  os ramos  en que pousavan  : / leda m ' and 'eu.

Vos lhi  tolhestes  os ramos en que siian / e lhis  secastes  as fontes en que bevian : / leda  m`' and ' eu.

Vos lhi tolhestes  os ramos en que  pousavan  / e lhis  secastes as fontes  u se banhaban  : / leda m ' and 'eu 

                                                            CANTIGAS

                                          ALFONS '  EANES DO COTON

                                                 2.1.  Abadessa . oí dizer   

Abadessa, oi  dizer  / que erades   mui sabedor  / de  todo ben ; e , por amor  / de Deus , querede.vos  doer  / de min., ogano casei , /  que  ben vos juro  que  non sei / mais  que un asno de foder.

Ca me fazen en sabedor /  de vós que  avedes bon sen  / de foder   e de todo ben ; /  ensinade--me   mais, senhor, / como foda , ca o non sei, / nen  padre nen madre  non ei /  que  m' ensin ', e fiqu 'i pastor.,

E se eu ensinado vou /  de vós, senhor, deste mester /  de foder e foder souber  / por vós , que me Deus aparou,  /  cada  que por foder, direi  / " Pater Noster"  e enmentarei  /  a alma   de quen m ' ensinou,

E por i podedes gaar , / mi senhor, o  reino de Deus  : / per   ensinar  os pobres seus  / mais  ca por outro jajúar  /  e por ensinar  a molher coitada , que a vós veer , / senhor , que non souber  ambrar.

                                                  PERO GARCÍA  D' AMBROS

                                          126, 10  Pedi  eu o cono a hûa  molher 

Pedi eu o cono a hûa  molher  / e pediu-m ' ela cem soldos enton ; /  e di xe-lh' eu  logo: "Mui  sen razon /me demandades , mais,  se vos  prouguer , / fazed ' ora, e faredes melhor , / ûa soldada  polo meu amor  /  a de parte , ca non ei mais mester.

Fazen soldada  do ouro que val / mui mais  ca o vosso cono , de pran; /  fan soldada de mes e de pan , fazen soldada de  carn ' e de sal  ; / poren   do cono devedes fazer /  soldada , ca  non á de falescer, / sse  retalhardes  , quen vos compr  ' o al.

E podede-lo vender  , eu o ssei , / todo' a retalho , porque ssaberan  / que rettalhades, e comprar -vos-an  / todos d 'el  partr, como eu comprei  ; aínda   vos d 'al  farei   mui melhor : / sse do embiigo  avedes  ssabor , /  contra  o rrabo  vo.lo  ffilharei.  

                                                        GALEGAS          

............................................................................................................................................................... 

                                                     PARABÉNS               HIPO   MILAGROOS

                                                              PÍLDORAS     CIRCASIANAS     

Hai que seguir dándolle os parabéns   con Medalla ó  Mérito Lingüistico  en primeiro lugar  á Xefatura de Estradas  de Lugo  que tan graciosamente  veu a concedernos  tres ou catro   indicadores  que nos conducen a PIEFRAFITA ( ONE POINT )

                                                                     KING' S  

Dámoslle tamén  Medalla de Chumbo  á mesma  Xefatura de Estradas  de Lugo por ternos regalado  dous indicadores  que nos conducen a CASTROCÁN ( ¿ CASTROPERRO ? ),  coa solidariedade  das autoridades  samanegas,  sameiras,  samonenses  e samoesas ( ONE POINT ). 

Concedémoslle  asemade  Medalla de Hidrarxirio  con banda de raso á devandita  Xefatura  de Estradas  por manter uns lereiriños  que din RÍO ORIBIO  nas pontes  do RÍO SÁRRIA , agradecéndolle  ademáis  que se preocupen de poñer  no cume do Iribio un letreiriño  que diga MONTE SÁRRIA  , por vía  de desagravio  e compensación ( ONE POINT ) 

                                                                      PATENT 

MEDALLA DE PRATA  CON BRILLANTES ARTIFCIAIS  vai concedido ó conxunto de INDUSTRIALES DE LA VEGA pola súa total ignorancia  da normativa  reguladora  da toponimia , e polo  ben que coñecen  o xeito  de recoller  VEGA ' S & VEGA' S nas súas  publicidades  ( subvencionadas ou non ) ,Ánimo e cara adiante, que  despreciando a Lei de Normalización gáñase carné de galeguiños. 

MENCIÓNS  DE HONRA para : MUEBLES CILLERO por non saber escribir Vilapedre.- TRANSPORTES DE LA RIBA por non saber escribir VILAR DE SÁRRIA.-  CONSTRUCCIONES BILLARO por non saber escribir MASIDE.-  CARROCERÍAS CASIANO polo ven que queda iso  de SAN MAMEO DEL CAMINO, e non saber escribir  SAN MAMEDE DO CAMIÑO.

A todos eles parabéns , felicitacións e loureiros porque amosan  grandes valores  e mellores  saberes ( TODOS MERITISSIMUS CUM LAUDE ) 

                                                          CANAS    felicitacións    Ponche 

....................................................................................................................................................................... 

                                                        NÓS TEMOS BULDA

REVERENDO PADRE , É COUSA  SABIDA  QUE NÓS TEMOS BULDA , E POLO TANTO  PODEMOS LIBRAR  DE NOMEAR  LUGARES, SANTOS  E PARROQUIAS  NA GALICIANA LINGUA , PODEMOS  LIBRAR  DE PASTOREAR  EN VERNÁCULA LINGUA  POR MÁIS QUE DO DON  DE LINGUAS FALEMOS.

ESTE É PRIVILEXIO  QUE NOS VEN DE  ANTIGOS USOS E COSTUMES , E POLO TANTO ABONDA CON SOLTAR DE CANDO EN VEZ ALGÚNS MOTETES E CANTAR AQUELO  DE QUE " VEÑA A  PAZ Á NOSA TERRA "  OU  " XA NOS TES AQUÍ"... LATÍN  ERA O QUE  FARÍA FALLA BOTAR  NOS PREDICOTES, POR OUTRA  PARTE TENDO  BULDA DE DIARIO XA NON HAI POR QUE SE PREOCUPAR... EN CHINA EN CHINÉS, EN FILIPINAS EN TAGALO , AQUÍ " EN CRISTIANO".... E QUE DON MIGUEL  DE CERVANTES  NOS PROTEXA  E NOS ACUBILLE  BAIXO DO SEU MANTO.  A BULDA É O NOSO AMPARO.  LAUS DEO. 

......................................................................................................................................................................

                                             NOVAS DOS  FORNOS DE ATRÁS

AI !....** Comunican  da Casa do Concello  que debido  ás circunstancias  climatoloxicas   adversas haberá que suspender  o verán, ata novo aviso.

**  DE ORDE DA AUTORIDADE COMPETENTE , NO DESEXO DE QUE  A FELICIDADE MÁIS  PLENA CHEGUE A TÓDOLOS VECIÑOS  COMUINICASE QUE O  ANO 1999  VAI VIR  DESPOIS DO  1998 , SEMPRE QUE O TEMPO O PERMITA,,

**  Tendo en conta  que o ano 1999 é  Ano  Xacobeo, ábrese  a veda de "Peregrinus  viandantis " desde o día  1 de xaneiro ata  o 31 de decembro.

É especi e protexida,  e non se pode  cazar, a variante  " Vianbdantis  mochilaria", á que se lle permitiirá  a nidificación  en Albergues . con dereito  a liteira  e ducha de auga quente . A subespecie "  Moteristicae   monetaria"  poderá ser cazada  en mesóns, restaurantes  e hoteis de variadas  estrelas.

** SE VAS A  A SAN BENITIÑO, NON VAIAS AO DE PAREDES.-  COMUNICOU ONTE  A SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO EN PONTEVEDRA - QUE HAI OUTRO MÁIS MIRAGREIRO, SAN BENITIÑO DE LÉREZ "  ....REPRESENTNTES DA OPOSICIÓN  MANIFESTARON  QUE ESA  COMUNICACIÓN  OFICIAL É UN TANTO  FOLCLORICA.

** Diante  da celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS  un representante  da Curia Diocesana  manifestou  que os parracos  teñen instrucciòns para recordarlles ós seus  fregueses  que o galego é unha lingua derivada  do latín, e que se vai pedir permiso a Roma   para conceder algúns días   de indulxencias  para quen ofrezan  o saxrifiicio de usalo por algunha intención boa.

** COMUNICAN  OS ENCARGADOS DE COMUNICAR  QUE PARA MELLORA-LAS  COMUNICACIÓNS  EN SÁRRIA  ESTÁ PREVISTA  UNHA CIRCUNVALACIÓN  QUE CIRCUNVALE O QUE HAI QUE  CIRCUNVALAR. AGRADECEMOS  O COMUNICADO   E O GALANO  DO CIRCUNLOQUIO.

** COMUNICAN DAS ALTAS ESFERAS  QUE OS VENTOS ANDAN REVOLTOS  E QUE SE ESTÁN A FACER  GRANDES ESFORZOS  EN ORDE  Á CONSECUCIÓN  DUN CLIMA DE TRANQUILIADE.

A " VOX POPULI"  DI QUE QUEN TEÑA VACAS  QUE TEÑA CONTA DELAS  E QUE TEN VIÑO QUE O BEBA.

                                                                  FIN

...................................................................................................................................................................... 

 

 

 


 

 

 

Comentarios

Publicacións populares