CESIÓN FEITA POR SAMOS DE BIVILLE E SANTO ADRAO AO BISPADO DE LUGO ( 1256 ) ( 741 )

  E FEITA POR SAMOS DE BIVILLE  E SANTO ADRAO AO BISPADO DE LUGO ( 1256 )    ( 741 )

Mosteiro de Samos , no ano 1256 , fixo cesión  da súa,    herdade de Biville e  da Ermida de Santo Adeao do Monte do Páramo, agora coñecida  como Capela de San Marco.

                                                              ( 6.11,1256 )

Na era milésima  bicenésima  nonaxésimo   cuarta , nos idus de decembro.

Coñezan todos  que nós   PAIO ABADE  e todo o Convento  Samonense  polas moitas grazas  e utilidade  que a Igrexa Lucense  fixo e fai  ao Mosteiro Samonense , tendo tamén presente a nosa utilidade   e desa Igreza  damos e perpetiamente concedemos   ao Bispo e Cabido Lucense a herdade que temos en BIVILLE  e a ERMIDA DE SANTO ADRAO  cos seus dereitos e pertenzas  de pleno dereito.  En compensación  da Procuración da Igrexa de San Xacobe de Barbadelo , que nola concedeu  igoalmente  o Bispo e Cabido  perpetuamente. 

Ademías outorgamos  que o Bispo Lucense, que no tempo sexa,  visite ás súas propias expensas  a igrexa de San Xacobe de Barbadelo cando o desexe.

E  facemos  esta doazón  ofrecémola  no nome do Mosteiro Samonense  e da igrexa de San Xacobe de Barbadelo. Dámoslle  tamén o Bispo  e ao Cabido Lucense  polas moitas grazas  que nos fan   aigrexa de SANTA MARÍA DE VILAMAIOR DE PARADELA  para que a tela para sempre.

Concedemos   tamén e por valedeira temos   a manda  de dous casares  que fixo don ARIAS AFONSI , noutro tempo monxe samonense , dos que un casas está en San Sadorniño  que foi do pai da miña nai . e o outro casas está en Deade , que o tivo a miña irmá  dona ORRACA AFONSI , noutro tempo Abadesa de Cangas ,  permanecendo os ditos casares  para  a dita Igrexa Lucense  en perpetua posesión.

E  de xeito que esta nosa  doazón forza obteña  no futuro.

Facemos a ptesente carta  dividida polo Alfabeto  e os nosos propios selos conxuntamento  puxemos.

............................................................................................................................................................. 

SANCTI IACOBI BARBATELLI :  Santiago de Barbadelo.  SANCTI ADRIANI.-  Ermida de Santo Adrao do Monte Páramo ( hoxe Capela de San Marco  ) no  Castro do meso nome e perto da Fonte de Santo Adrao.,.  SANCTA MARIA VILLAMAYORE PARATELLA :  San María de Vilamaior de Paradela ou Santa María de Vilamaior da Lobataira ( Sárria ).-   SANCTI SATURNINI: San Sadorniño ( lugar impreciso, mais na zona Biville-A Pinza houbo un lugar con este nome ). DEADE   :  San Vicenzo de Deade, en Pantón. Deade .,-     CANGAS : San Fiz de Cangas, mosteiro. de monxas  bieitas , en Pantón.

.................................................................................................................................................................... 

Comentarios

Publicacións populares