ENCOL DO REGADÍO DO VAL DE SÁRRIA ( 743 )
ENCOL DO REGADÍO DO VAL DE SÁRRIA ( 743 )
Xaime Félix López Arias
( Publicado en EL PROGRESO , 18.01.1978 )
A lectura dun dos oficios que forma parte do legaxo de documentos do ano 1823 e que procede do minúsculo Arquivo Municipal de Sárria fará sorrir a máis dun sarriao.
Os Concellos Constitucionais que xa nese tempo perigaban diante dos combates da faución no seu labor de cambiaren para mellor os modos de vida daquela época , E nese momento de euforia , cando o primeiro Concello de Sárria , nunha palabra os persoeiros liberais da vila, deciden estudar a maneira de mellorar a prutividade do vizos val regado polo Río Sárria, nos primeiros días do ano 1823 dirixen á Superiridade, neste caso ao Xefe Politico de Lugo, unha petición na que se destaca a necesidade de abrir unha cal para levar augas dende A Acea de Baixo a Rubín.
O antedito é canto se desprende da lectura do meritado oficio , cuxa copia como fito incontestado está gardado no Arquivo Histórico Comarcal. ¿ Que queda daquel proxecto ?... Unha presa ( a Presa do Peago ), na Acea de Baixo- Farbán ) e unha caldeira larga e fonda que xira cara A Ribela que regou prados , e viuse detida antes de chegar ao lugar. son a única amostra do magnífico proxecto que, cecais por mor da reacción aboslutista , acabaría sendo rexeitado.
Naquel tempo contruir unha presa na Foz das Aceas para levar as augas tomadas do Río Sárria para levalas até Rubín , nunha lonxitude de máis de seis quilómetros abrindo unha cal que remataría o seu cuurso no mesmo río, descorrendo pola veiga á man dereita do río, era moito máis ca unha obra de visionarios da que se beneficiarían as parroquias de Farbán, San Martiño do Fontao, Vilar de Sárria e San Xulián da Veiga, cunha consixderable superficie posta en regadío : podería chegar a ser o comezo dunha potenciación da riqueza agraria e gandeira do amplo val sarriao.
Non era unha obra irrealizable. Todo máis pode dicirse na súa contra que a presa do Peago tiña pouca capacidade de encoro de augas , tal e como se pode ver hoxe. Porén a cal permitiría levar un bon cabdal .... As circunstancias fixeron que o novo cauce non pasase dos trecentos ou catrocentos metros da súa orixe.
No seculo XIX non volveu, ou ao menos eu non a coñezo, a haber referenza ningunha encol do regadío do val .Até ben entrado este século XX non se volta falar dun novo proxecto , co resultado de todos coñecido ao non se ver materializado-
Non sei se aos viisitantes de turno se lles terá falado dos 155 anos que trascorreorn dende entón, mais hai veces que a elocuencia das cifras se converte nunha simple caricatura.
Cecais teñan que pasar moitos anos até que os sequeiros da veiga reciban a xenerodiade das augas. Chegado ese momento haberá que mirar cara aqueles liberais decimonónicos que introduciron as primeiras notas de modernidade na curtidade de miras do seu tempo. A eles , cando menos, haberá que lles recoñecer o ter prendido nos seus coetáneos ailusión dun val máis rico e prdutivo. Ilusión que é de supoñer, as xerazóns presentes non teñamps que deixar een herdo aos que veñan despois de nós.
Do desexo á realidade é preciso percorrer un bon treito. E neste caso cremos que foi un excesivo agardar.
****************************
ALGUNHAS NOTAS.- Nos anos 1960 e primeiros da década dos 70 a osiblidade de facer realidade o REGADÍO DO VAL DE SÁRRIA parecía un feito tanxible, e mesmo se deu a presenza do Ministro de Agricultura, e segundo as crónicas de Víctor López Villarabid aparecen accións e compromiso do Concello, da Irmandade de Labregos e Gandeiros, autoridades provincias e ministeriais , con manifestacións da realización de anteproxectos para establecer regadio entre Sárria e Ronfe. Finalmente ningunha desas ideas se viu materializada.
*******************************
A PRESA E A CAL DO PEAGO que pola marxe dereita do Río Sárria e en paralelo ao Camiño da Acea de Baixo á Ribela servían para regar os Prados da Ribela , deixaron de ter operatividade , en especila polo feito de que eses espazos pasaron a estaren destinado ao cultivo de millo deixou de ser necesaria a aportación de auga para r ega á manta, e deixou de haber desvío de augas.
*****************************
A PRESA DO PEAGO ten agora como finalizade a captación de augas para usos familiares e industtiais na vila de Sárria e parroquias do medio rural As augas son recollidas na Estación Elevadora existente na marxe esquerda dende onde son bombeadas a un punto existente baixo do lugar de San Fiz, na parroquia de Reimóndez , no chmado Prado de Ferreiró, de onde saen as liñas distribuidoras de carácter xeral. Tamén son bombeadas ao depósito de perto do Castro de Teilonxe ( parroquia de San Pedro de Froián ) dende onde son distribuida para o núcleo e factoría do Oural e parroquias da contorna.
Comentarios
Publicar un comentario