VENDA DA VILA DE VILAMEÁ EN SAN MIGUEL DE BARBADELO ( 1068 ) ( 742 )

 MARIÑA VERMUDI  VENDE UNHA VILA AO SEU IRMÁN   EN VILAMEÁ , PARROQUIA DE SAN MIGUEL DE BARBADELO  ( San Miguel de Piñeira ) , EN PREZO DE CORENTA  SOLDOS DE PRATA. ( 742 )

                                                     ( 18.08.1068 )

                                                        CRISTO

No nome de Deus. Eu MARIÑA VERMIUDI  a tí irmán meu GARCÍA VERMUJDI   e á túa muller  GODINA  ODARI ,  no Señor, eterna saúde. Amén.

Praceume pola miña propia vontade  e sen ningún xénerom  de imposición  nin  xeito algún de suxestión  senón propia miña  de tal maneira  facervos a vós os xa ditos  unha carta de venda  e  segundo a eu fago , dunha vila  propia miña  que eu a teño  por aceptación  da herdanza dos meus pais,   e está esta vila  no lugar adiante dito  en BARBADELO,  baixo  do MONTE COTARELO, nomeada VILAMEÁ  , riba da igrexa de SAN MIGUEL , discorrente este RÍO BARBADELO , a que foi de SONIARIGO  BITORIQUICI   e da súa muller íntegramente  e que a eu gañei  e o meu home OVECO TEODMIRICI  nesta Vilameá , e a que foi adquirida  por min e eu gañei  de TEODOMIRO MARTINI .

Dúuvolas  intengramente  cos casares,  terras culktivadas e bravas , augas correntes e encoradas , pedras e penedos,  lagoelas,  ,prados, pasteiros , saídos dos montes  , entrados e axeitos , árbores froitíferas e infrroitíferas , sesigas dos muiños , devesas de carballos , polas súas estremas antigas  do xeito que divide  polo regueiro de ESKANI   e por NESPEREIRA   e  por INVOLATA  e polo termo de VILAR DE CENTI , polo regueiro de  FLAXIÁN e por onde a ela chegar poidas  ; tede  íntegro canto  a servizo dos homes  é  até a máis mínima cousa. .

E recebín de vós  en prezo corenta soldos  de prata  de a dez diñeiros........ eramos, prezo que a min ben me praceu , e deste prezo da  parte vosa nada quedou en débeda , mais completado está ,  desta maneira  dende o día de hoxe  do meu dereito  queda apartada  e no voso dereito e  dominio trasferida   e confirmada a teñades vós e toda a posterioridade vosa.

Se calquera  tamén,  o que sexa feito non cremos, algún home contra a carta irrompendo viñese ou eu veño, páguevos duplado e triplado  canto inquedar quixese e por vós  perpetuamente sexa habida.

Feita carta de venda  no dí quince das quendas  de  setembro  na era centésimo sesta despois da milésima.

Eu  MARIÑA VERMUDI , que quixen facer  esta carta  de venda  asínoa coa miña nai ( + ) .

Por  testemuñas , Rodrigo, testemuña.  Paio, testemuña.-  Elperigo, escribiu.

...................................................................................................................................................................... 

BARBATELLI : Barbadelo  ( val, río, territorio ).-  COTARELLO: Monte Cotarelo.  VILLA MEDIANA : Vilameá ( na parroquia de San Miguel de Piñeira , que tamén aparece com San Miguel de Barbadelo  ).- RIPA BARBATELLI : Río Barbadelo ( Río Celeiro ,  alfuente do río Sárria con orixe  no lugar de Santa Icía  e que rende as augas  na Veiguiña de Requeixo ).-VILLARE DE CENTI.- Casar medieval desaparcido, Perto do lugar de  Ferradal en paraxe rústica hai  un predio que conserva a denominacion de Vilarrdicente,. INVOLATA  ( siñifica roubada )..- FLAGIANI.- Puido dervar en " Chaián".

......................................................................................................................................................................... 

Comentarios

Publicacións populares