PROXECTO INTEGRAL DUNHA ESCOLA DE ADULTOS NUNHA CABECEIRA DE COMARCA ( 745 )

 PROXECTO INTEGRAL  DUNHA ESCOLA  DE ADULTOS  NUNHA CABECEIRA DE COMARCA

Seminario Permanente do Equipo de Profesores  de Adultos  de Sárria 

                                   Centro de  Educación Adultos . SÁRRIA- xuño 1993                                  ( 745 )

AUTORES :  AFONSO GOYANES LÓPEZ.-  XAIME FÉLIX LÓPEZ ARIAS.-                      RECARDO SEGUNDO LÓPEZ,.                  -  XOSÉ OVIDIO  VALÍN RODRÍGUEZ

.........................................................................................................................................................................                                                    INTRODUCCIÓN 

                                        A   EDIUCACIÓN DE  ADULTOS 

No procso  formativo  de cada individuo , e no máis amplo referido aos   grupos sociais . é algo xa aceptado  con carácter de xeralidadr , que se está diante dun proceso aberto , que vai moito máis  aló  do mero concepto de escolarización  obrigatoria, e que a existencia dun ensino permanente  orientdo aos  adultos é un dos sinais de desenvolvemento das comunidades , porque a oferta educativa ten que abarcar   a tódalas xerazós  e capas sociais.

A Educación de Adultos  é tamén unha educación para o ocio  e para o tempo libre , sustentada nunha escola  de participación e integración  social, porque pode e debe convertirse  nun punto de confluencia  de persoas e ideas.

No medio rural galego, no que vai enxergándose  un proceso evolutivo de fortes transformacións  sociais,  a presencia dun  proceso formativo  orientado aos  adultos  é fundamental, e , como en tantas outras circunstancias , o papel motor vaille corresponder  ás cabecerias   urbanas , onde se concentran  recursos e servizos, e que pola súa condición  centralizadora e exemplarizadora, teñen que ser potenciados.

Plantexámonos como  cuestión  primordial  afondar , na análise  da implantación  dun Centro de Educación de Adultos  nunha cabeceira  de  Comarca ,  tanto dende  as iniciativas institucionais que lle  serviron  de acta  de nacemento, como por razón das experiencias feitas  por un profesoprado que  dende a especialización  neste tipo de ensino , e tendo presentes  as experiencias  doutras zonas e países, tencionan  que a oferta  dun ensino de adultos  sexa integradora  e participativa.

Non hai dúbida  de que  un dos aspectos máis salientables  das experiencias  que nos últimos anos se teñen feito  en  educación  de adultos , e que haxa unha grande comunicación entre os sectores  implicados (  técnicos, profesorado , alumnado... )  que leva  a que as actividades e programacións , sen perxuizo de   especificidades  ,  sexan compartidos  e froito  dun  labor planificador común.  Polo tanto ,  moitos  dos aspecto  que neste traballo se recollen , aínda que referenciados  a un ámbito  xeográfico concreto , non son unha análise  cativa ou localista , senón que ,  pola propia vontade integradora  dos seus responsables .,  trascende  a outras  áreas.

 Deste xeito , moito  do que neste traballo  se vai recoller , nace desas  experiencias   e postas en común , tanto en materia de  programación  conxunta  e planificación  de actividades.

Con todo , cremos   que se fai necesario  afondar  no coñecemento   da Escola de Adultos, ou Centro de Educación de Adultos , porque a demanda social  deste tempo esixe  unha potenciación  e dinamización  destas experiencias , parecendo aconsellable  que se leve adiante  a súa institucionalización , cando menos , en tódalas  cabeceiras de comarca.

Na  dialéctica ensino presencial-ensino  a distancia entendemos que  non ten que haber confrontación , senón complementación  e concorrencia , xa que a participación por presencia  é fundamental, e son os Centros , e en menor medida as Aulas, o lugar axeitado  para que os alumnos   sexan, baixo a oportuna dirección, suxeitos do seu propio proceso formativo.

Apostamos  pois pola  potenciación  dos Centros de Educación  de Adultos, porque son instrumentos  válidos e fundamentais e son o resultado  dunha longa serie  de experiencias  que foron asentando  o que hoxe é  unha realidade en  expansión.

Centramos  , en primeiro lugar, o noso traballo na Comarca de Sárria , e trataremos de tirar  conclusións que, dalgún xeito , poidan  servir de pauta  para experiencias   en educación  de adultos que, máis adiante . se poidan facer.

Cremos que , logo de analisar as experiencias  levadas adiante  en materia de educación  de adultos,  e tendo presente canto se ten feito, con maior ou peor fortuna , vai servir nesta etapa crucial  na que nos encontramos por mor  da reforma  educativa , unha potenciación  da educación dirixida  aos adultos , nun tempo  no  que a demanda  social  aposta por  esa potenciación.

Como equipo  comprometido na implantación  e consolidación dunha  oferta de eduación  de adultos nunha comarca  da Galicia  interior   o feito  de que , con ollo crítico, vexamos  en primeiro lugar , o que ao longo do tempo se ten feito, seguindo moitas veces pautas  que só a intuición e a demanda do alumnado nos plantexaban , vainos permitir  facé-lo deseño  do que entedemos   debera ser  un Centro de Educación de Adultos , amplo na súa oferta  , plural e democrático na súa xestión e aberto ás novas experiencias . dinamizador do medio  onde se encontra   e, endefinitiva ,   formador  de homes e mulleres  libres. 

Principiamos  o noso traballo  cunha investigación  dos precedentes  que, nos dous últimos séculos , tiveron algunha incidencia  na Comarca, para logo  centrármonos no que foi a experiencia punteira do Centro de Educación Permanente de Adultos de Sárria, que,  posto  en relación  con experiencias similares , vainos permitir tirar  conclusións  darredor   do que deberá sé-lo artellamento  dun Centro comarcal de Educación de Adultos.

Entendemos  que a sociedade galega , e as administracións públicas, teñen que facer unha forte aposta  pola  Educación de Adultos.  E iso é o que amosamos neste  traballo..... 

Na esperanza   de que as expereincias  fragmentarias  dean paso   a proxectos  integrais. . marxinais  ou, mesmamente, fora das canles  habituais ,  e malia  á súa fragmentariedade  foron todas elas xermolo  da situación presente, na que a Educaciòn de Adultos  conta cunha forte implantación  e unha favorablr acollida por parte de tódolos sectores sociais.

********************************************************************************** 

1.-  RESUME DAS  EXPERIENCIAS  EDUCATIVAS  PARA  ADULTOS  NA COMARCA DE SÁRRIA

1.1.  ANTECEDENTES HISTÓRICOS. 

 No século  XVIII  documéntase  a existencia  dunha Escola ou Cátedra de Latinidate  na vila de Sárria , na que se impartían  rudimentos  de gramática,  cálculo e formación relixiosa . Mais non debeu  ter moita continuidade , por depender do Hospital de Santo Antón.

Antecedebtes desta escola poideron ser  as escolas dos mosteiros  de  San Xulián de Samos , Santa María Madalena de Sárria   e Santa María  de Castro do Rei , máis que posiblemente abertas  á formación de rapaces  pertencentes á fidalguía  comarcana   e á clase dos labregos ricos  Porén nos pazos  serían os capeláns os que darían   a primeira formación  aos fillos dos señores,

Tamén  en moitras reitorais  os cregos e beneficiados , en épocas   moi concretas do ano , relacionadas  coas xeiras  dos cultivos  , impartirían  clases  a aqueles   rapaces de familias   que o desexaban , previa aportación polos pais  de  produtos do campo ou pagamento en diñeiro. Todo iso complementado co ensino da Dourtina que, de xeito memorizante, se facía,

O exame  da moi abondante documentaciòn  notarial  que se gardaba  nos Arquivoa de  Protocoilos, depositados no Arquivo Histórico Provincial de  Lugo , no do Reino de Galicia,no  da Universidade de Santiago e outras coleccións , amósanmos que a maior  parte dos varóns  e ase todas as mulleres non asinan " por non saber", o que  nos indica  que  a un nivel moi elemental   un certo  número da poboación masculia  pasaba por unha preparación  para a escritura e leitura.

Cecáis xa nese século aparecerian as ESCOLAS DE FERRADO , nas que  con aportacións de ferrados  de centeo  polos pais  persoas   que tiñan unha certa  preparación   ensinaban os rudimentos   da escritura , tomando  como amostras  , en xeral.  escritos de longos e enrevesados  procedimentos  xudiciais e notariais , o que levou  a que se tomase como pauta  da aprendizaxe  o castelán dos leguleios , con resultados pouco formativos, mais que ao estaren alonxados os textos da liguaxe habitual e dos obxectos comúns  permitiu  a conservaciñon do idioma  propio.

1,2,.  O SÉCULO XIX

Cando triunfa  o movemento liberal de 1820 , naquel renacer cultural  ,  vaise por vez primeira   á implantaciòn  de Concellos  aos que se lles encomenda   a formacióm  de Escolas de Primeiras Letras, 

Os datos aos que temos chegado  con relación   aos concellos de primeira implantación  na Comarca son os seguintes:

1,- SÁRRIA . Hai unha escola na vila.

2.-CONCELLO DE LÓUZARA ;   Hai dúas escolas . Infotme: "  ë estrañable  que en todas as parroquias deste Concello  non hai xiquer  unha escola dotada  para que se   poidan instruir  aos nenos e están véendo  que aínda  que hai algún que outro mestre  a este fin  é pagado  polos pais dos nenos,  non sendo tres fanegas de centeo  que para axuda  de manter un mestre  estaba dando até dagora  o extinguido Mosteiro de Samos , sobre do que se agarda  o remedio do Sabio Goberno" " Na compreensión  deste Concello  hai dùas Escolas  que corresponden ao extonguido Mosteiro de Samos. que están en estado regular",

3.- CONCELLO DE SAMOS:  Non constam datos.

4,. CONCELLO DE VILAPEDRE : Non constan datos.

5.-  CONCELLO  BIVILLE  E A PINZA :  Non constan datos,

6.-  CONCELLO DE REBOIRO:  Hai unha escola. " Educación da Nenez. Neste Concello só a houbo  catro mees , Decembro, Xaneiro, Febreiro e Marzo , e para pagamento ao mestre  contribúe cada Superior co  que puido axustar , por non ter fondos para pagamento doutra  maneira"

7.-  CONCELLO DE O INCIO : " Ningunha Escola  de clas algunha  con doazón , nin sen ela   hai para  a educación  da nenez e a mocidade ".  Comunicàronse  as Ordes Reais  relativas á materia deste Capìtulo  e aínda que se quixeran fundar escolas  de primeiras letras  como o pobo   non ten  medios propios , os seus habitantes, polo común  careceren de medios   non hai   con dotalas   a menos que o Sabio Congreso  teña a ben facelo  consinuando  as rendas  que os naturais   contribúen  á Encomenda  de San Xoán  e Mosteiro de Samos que son cuantiosas"

8.-  CONCELLO DE LÁNCARA: Non constan datos.

9.-  CONCELLO DE GUNTÍN  ( DE LEMOS ). :  Non constan datos, 

10.- CONCELLO DA SOMOZA  DE LEMOS : Non constan datos.

11.-   CONCELLO D OCASTRO DE REI  DE LEMOS : " Non hai razón que se poida  dar  nestes tres meses  por non haber escola ningunha".

12.- CONCELLO DE PARADELA:  Non constan datos.

13.- CONCELLO DA SOMOZA DE VILOUZÁN :  " Resulta en cada parroquia  un mestre   pago por cada Contribuinte  a ela   agás a  da parroquia de Río  que a paga un benfeitor".

Non foi duradeira  a experiencia  , e con avances e retrocesos ,  a nosa comarca verase  privada dunha escolarización  efectiva,  pois, agás unha escola  para nenos e rapaces en Sárria , á que máis adiante se enadiu outra para nenas , até a década de 1860  non se van  crear escolas no medio rural, xa con  carácter definitivo.

Serán catro escolas, chamadas ESCOLAS TEMPORÁIS , porque só  funcionaban  en época de inverno ,  carentes de todo recurso , con mestres mal pagos  , sendo  curiosa a anécdota  de que o mestre de San Salvador da Pena  no local das clases   tiña o seu obradoiro da carpinta  , oficio co que podía obter  ingresos para  a economía familiar.

 Hai que destacar tamén a creación da ESCOLA DE MONDÍN , na parroquia de Lier,  que era de padroado , e tivo moita importancia   na formación dos  rapaces   dunha ampla zona de Sárria e Samos. En 1901   García Vidal ordeoulle ao Concello de Sárria  que  adicase os fondos necesarios para o esnino de adultos do que se podían beneficiar veciños das parroquias da contorna,

Na  vila aparece  tamén por este tempo unha escola particular , a do mestre BARRIGÓN ,  que tamén foi  un cabecilla  da insurreción carlista , e que vai  abrir camiño  nun proceso formativo   que se vai manter por moito tempo, e que supón  a existencia consolidada  duha oferta de  carácter privado. 

1.3..   SÉCULO XX

A xeralización  do alumeado  de petróleo  e carburo , e máis adiante o da electricidade ( 1915 ) , xunto coa creación de moitas escolas no medio rural , propio das primeiras décadas  do século XX , vai dar lugar  a unha xeralización do ensino  na comarca, co acceso tamén  da  muller   aos  labores de leitura e escritura , o que permitirá  que haxa unha demanda   social,  que xa  os mestres oficiais e particulares , poderán  atender  recibindo estes  unha retribución, case sempre  en especie por este traballo.

Na  vila de Sárria  aparecen as PASANTÍAS , centros informais, onde en longas xornadas de traballo , dende moi cedo até altas horas da noite, ex-seminaristas  e outras persoas   sen titulación oficial , imparten clases, que van  dende as primeiras letras  á preparación para oposicións  á garda civil , ou a correos , por poñer dous exemplos , da demanda que atendías.

Os menestrais e empregados  , ó femate da xornada laboral , tamén concorrían  a estas clases.

No Motsiro de Samos , como preparación para a carreira sacerdotal, houbo moitos alumnos da Comarca , que estiveron ali recibindo formación , e que , logo de abandoar os estudos , contribuiron á propagación  da cultura nos medios rurais  de onde procedían.

Darredor do tempo da proclamación da II República  xorden as primeiras ACADEMIAS , resentadas `por cregos ou mestres, e que xa imparten un ensino de  maior calidade , orientado ás novas  xeracións, pero que tamén fan preparatorios   para adultos   que queren colocarse  en organismos e corpos do Estado.

Neste tempo faise   a primeira petición  ( 1932 ) para a criación  dun Instituto de Bacharelato , que será realidade 43 anos despois.

Os mesmos mestres da vila  , rematado o horario lectivo,  preparan ós fillos da burguesía local , sendo de destacr o labor do mestre Domingos Saavedra Sánchez, en cuxo despacho prepararon  por libre o bacharelato , maxisteiro ou comercio , moiutos sarriaos. 

Eran clases non moi sistematizdas , pero que enchían un valeiro, sendo  frecuente que outros profesionais  .  en especial pàrrocos e  coadxutores, por mor das clases de latin ,   se adicasen a esta clas de ensino.

 No medio rural   seguía o labor das " Escolas de Ferrado" , e aparece  a nova experiencia  de que os alumnos do Seminario Diocesán de Lugo, nos meses de verán  dean aulas , como un xeito de achegaren recursos para o pagamento dos seus cursos ordinarios.

No Concello de Paradela temos documentadas as escolas  vrancegas de  Pacios e A Tellada , onde para nenos e adultos , se impartían clases por Xesús López González  ( da Casa do Neto de Pacios de San Miguel ) , e máis adiante mestre exercente na privincia de Ourense.

No tempo da guerra civil , as Escolas Publicas da vila de Sárria   convértense  en Cuartel con aloxamento de soldados , e iso vai siñificar  un grave retroceso  na oferta de ensino publico para alumnos varóns,  e un florecemento  das PASANT´IAS.

Estas  clases nocturnas  para adultos  ( en realidade para alumnos maiores de  12 anos )  manterán a súa oferta  ata os anos   1965 / 67 , sobor de todo  como conseuencia  da implantación  de Academias   para os exames   por libre de Bacharelato  e Maxisterio , rexentadas e   servidas por licencuiados ( maioritariamente licencidas  procedentes de fora da comarca )  e que dalgún xeito   farán posible  que, por  primeira vez na Historia  comarcana , amplas capas  de mocedade    da bisbarra , procedentes   das clases sociais  maís baixas, accedan  ó ensino medio.

No Concello de Paradela  , darredor de 1950 ,  hai que destacar a figura  case mitica   da " Pasantía do Alberto"  ( Alberto López )  servida por un autodidacta  que acabaría emigrando para Suiza, e que, con moi escasos medios , contribuiu a darlle   unha formación básica  a moitas persoas  dese Concello , que non achaban no ensino  oficial  motivación dabondo  para o seu proceso fiormativo  , ou que, rematada a idade escolar , non tiñan a oinde iren  na percura de maior formación. 

Este polifacético  "mestre sen título" , que era musico, fistor, tendeiro  , secretario do Xulgado, et.  , ao igoal que   moitos outros  a quen haberá que prestar  atención , fixeron moito   pola formación dos adultos , xa que dende as   instancias oficiias  había unha total despreocupación  por este campo . Sen que fose maior, por outra parte, con relación   a educación   infantil.

Paralelamente  , e como un complemento  para os mestres   oficiais, e só aceptado polos máis vocacionais , implántase só  nalgún meses de cada curso, as clases  noiturnas. Hai que ter en conta o desinterese , tanto das autoridades locai  como dos estamentos educativos, sobre a importancia do ensino  para adultos  ( a escolaridade  só era obrigatorio ata os 12 anos , e era frecuente  que na práctica só fose dende os 7 aos 10.11 anos idade na que  os nenos pasaban   como aprendices aos obradoiros e fábricas  )  . Proba evidente disto é que nas Eascolas Publicas de Sárria  non se instalou o alumeado el´`ectrico  ata a déacada de 1950 , cando xa dende 34 anos había  electricidade en Sárria..

Estas clases noiturnas eran   esencialmente de repaso  e práctica  da matemática elemental  e da lectura e a   escritura , e caracterizábanse  pola masificación  e falla de  especialización , sendo atendidas  por un só profesor , con fortes  lagoas   no seu proceso  formativo , e en clases memorizantes,  repetitivas  e onde o concepto de disciplina  ( e por conseguinte os  castigos  corporais )   están presentes , matizado isto  pola circunstancia   de que a idade dos alumnos  fará que se limite   aos alumnos   que vai  ata os 15-16  anos, por razóns evidentes  de integridade  física do profesor. 

O material didáctico   non ía máis aló  da pizarra  e a enciclopedia.

Na vila , estas pasantías   contarán con grande absentismo, tanto   por motivacións    de prolongación   de xornada laboral , como pola forte   competencia  de cines, salóns  e bares , onde o alumnado  achaba mellores  ocasións de  enche-lo ocio. 

  .......................................................................................................................................................................

                                             CAMPAÑA DE ALFABETIZACIÓN.- 

Na época do desarrolismo  as autoridades educativas  toman conciencia   do atraso cultural de España , e da existencia de millóns de analfabetos  absolutos e funcionais-

Organízase entón   unha campaña ( ¡ con ecoar  belicitas ! )  de erradicación do  analfabetismo , que,m con miras máis propagandísticas  que fundamentada   nunha filosofía   e efectividade , será montada con toda presa . Sorte que   a ilusión do profesorado  mozo  supliría con voluntarismos   as deficiencias da   propia conceptuación.

Entre os  máis estrepitosos dos fracasos  , xa que serían moi poucos os analfabetos " alfabetizados" , a "campaña" seriviu  para acceder a outro tipo   de xente  que precisaba   de mellora.lo seu  nivel cultural.

E habería que salientar  , cando menos,  que a edición do material didàctico  e a especificidade   dun profesorado por adultos , sinalarán o comezo  dunha educación de adultos  en sentido moderno.

Cando en 1963  se crean unha serie de postos de traballo  para mestres na Campaña de Alfabetización , pódese falar do primeiro intento  serio de atención á educación de adultos.

Isto  sobre o papel, porque  na práctica os resultados foron outros.

Ademais dalgúns  mestres que traballaban  nas escolas do medio rural , en Sárria vila , chegaron a estar destinados   tres profesores, se ben na pràctica   só un deles se adicba  a ese mester,  porque os outros dous  asignáronse como reforzo  para o ensino primario en  hortario diurno.

O feito de compartiren   as aulas  de ensino primario  levaba a que o horario de atención ós adultos   fose moi reducido , e que houbese grandes carencias   de material e equipamento.

As escolas de  alfabetización do medio rural  non tiveron moita comtinuidade  , porque a dinámica   dos ciclos produtivos   facía que ata   primeiros de novembro   non se contase con alumnado , e que chegado abril  tamén qiedasen valeiras as aulas , e foi así como o labor xa orientado  cara a Promoción Cultural  se centrou na vila  , como centro irradiador da Comarca. 

A provisionalidade na que se movía o profesorado  fixo que moitos  elementos valiosos   optasen polo ensino ordinario , co que se resentiu o prceso , xa que, sen  que iso teña   outro significado , hai que facer notar   que os profesores  da Campaña de Alfabetización   procedían, case sempre , dos primeiros postos das oposicións  , e eran   falando a linguaxe  tópica daquel momento "  inasequibles ao desaliento".

..............................................................................................................................................................             

A CAMPAÑA  DO SERVICIO UNIVERSITARIO DO TRABALLO (  S.U.T,)

Na  segunda  metade da década   dos sesenta o S.U.T.  (  Servicio Universitario de Trabajo )   organizou  nun verán unha  Campaña de Promoción Cultural   no medio rural  da Comarca  , e moitos estudantes universitarios  conviviron nas aldeas  coas familias  que os acolleron . Deron clases ós rapaces   e adultos  das parroquias  , sen que se desen, dende logo ,  resultados espectaculares , xa que en definitiva  foi mías un achegamento  dos universitarios  á realidade social   do medio rural o que privou  por riba de  calquera outro  aspecto.

A escesiva   oficialización da expreriencia   privouna de bon suceso.

Certamente  o periodo de verán  non era o máis axeitado  para unha programación   que atendese  ós adultos do medio rural , e agás algunhas   actuacións teatrais  e puro lecer , feitas polos universatorios , na vila , non pasou   de ser unha expreriencia anecdótica.

.......................................................................................................................................................................   

                                              A PEQUENA UNIVERSIDADE-

 Superada  a conceptuación   de Campaña de Alfabetización  ( na Comarca non foi, en realidade,  campaña alfabetizadora )  implantouse a Pequena Universidade , na que se impartía  ensino regulado , preparatorio  para a obtención do Certificado de Estudos Primarios.

A unha demagóxica  denominación , seguiu outra  pretenciosa  aínda máis demagóxica.

En horario nocturno , e con exames abertos cada semestre,   as persoas maiores de 14 anos   recibían   ensino das materias  básicas , contando xa  con material específico  , editado polos servizos do Ministerio de Educación  e Ciencia.

Podemos entendemos esta experiencia  como o primeiro intento  serio e estable   dun ensino reglado para adultos.

Dotada   dun forte contido demagóxico, a denominación de Pequena Universidade , non se podse entender como algo "serio" , cando se limitaba a dúas horas  de clase sobre   temas  de ensino primario , complementadas con algunhas " charlas  "  de médicos  , avogados, sacerdotes  dependnendo das relacións sociais   do mestre encargado.

De todos xeitos algo prendeu desa denominación , porque na actualidade , algunhas  experiencias de educación de adultos levan a denominaciòn de Universidade Popular.

En reañldiade esa denominación de Pequena  Universidade    foi abandoada moi axiña.

........................................................................................................................................................................ 

                                              PROMOCIÓN  DE ADULTOS.- 

A existenza   dunha demanda  de ensino para adultos , propia da época desarrollkista  , e o convencemento  de que había que preparar para eses novos tempos  e novas técnicas  a moitos rapaces e rapazas , levou á creación dun Programa  de Promoción de Adultos , e na Comarca  de Sárria   supuxo a consolidación  de dúas Aulas de Adultos , que funcionalmente  dependeron  nos primeiros tempos   do Centro das Mercedes, da cidade de Lugo , manténdose a mesma situación de inseguridade  do profesorado , que mantiña a súa situación administrativa de provisionalidade.

A falta de operatividade  desa concepción de dependencia  con relación a un Centro lonxano , e alleo á experiencia, levou a que as Aulas  tiveran plena independencia , baixo a supervisión  funcional do Inspoector Poñente , se ben, nun  primeiro tempo  ocupaban o  mesmo espazo  que as escolas de EXB.

Máis adiante , diante da  forte demanda existente  , o Concello de Sárria  habilitou  espazos específicos   en edificios  dos que ía dispoñenmdo ( baixo da Casa do Concello  , antigo Hospital Municipal-Asilo )  ata que finalmenmte   pasan a ocupar  o primeiro andar do edificio da Biblioteca Municipal  ( Rúa Pedro Saco )  limitando  a dotación de persoal docente a dous profesores que impartían clases en turnos de tarde-noite.

.................................................................................................................................................................  

                                    PLAN DE PROMOCIÓN CULTURAL   DO TRABALLADOR.- 

Nos cursos 1971 /72  e 72/73 a Delegación Provincial de Sindicatos  promoveu unha campaña  de atención á formación  dos traballadores , que, polos métodos  compulsivos da época , deu lugar a un incremento de matriculación  de adultos,  e que fosen catro  os profesores adicados   a este proceso formativo.

En realidade nese Plan   había moito de demagóxico , porque  aúnica preocupación   era pola cantidade  de alumnos que se lograsen , sen que  se traducise  noutros aspectos relevantes,

Porén  a activa  campaña de captación  ( caseque forzosa )  de alumnos   por parte  das xerarquías sindicais  supuxo  que moitos alumnos  que descoñecían   a existencia de clases para adultos participasem nesta campaña , contribuindo á consolidación  de experiencias   máis consistentes   e estables.

 ..............................................................................................................................................................

                                       AULAS DE EDUCACIÓN  PERMANENTE DE ADULTOS.- 

O paso seguinte foi   a creación   de dúas Aulas  , ampliadas logo a tres ,  con implantación de turnos de mañá , tarde e noite.

A inseguridade   profesional na que o Profesorado se movía, foi  causa de que  moitos dos profesores, moi válidos  neste eido do ensino , diante das escasas perspectivas  de futuro, deixasen   o seu posto, dando lugar a situacións de indefinición   e inestabilidade  , que retrasaron a consolidación   do sistema  e a que moitas  experiencias   daquela iniciadas , morreran  por falla de estímulo. 

................................................................................................................................................................ 

                                          CENTRO  DE EDUCACIÓN PERMANENTE DE ADULTOS

Non foi atá 1881 cando se consolida  o ensino de adultos na Comarca, coa creación do Centro de EPA  . Dende entón  a estabilizaciñon do profesorado , a existencia dun edificio  específicamente destinado  a este cometido, e o voluntarismo e receptividade diante da demanda social ,  van a conformar  un centro dinnámico   e que, en boa medida, pola vía experimental  contribuirá  ó  deseño  do que, agora, se entende  como centro especializado  na educación de adultos.

......................................................................................................................................................................

                                                           OUTRAS EXPERIENCIAS.-

Hai que falar  das experiencias   que no  seu momento   supuxeron os Cursos   do Patronato de Promoción Obreira ( PPO ) , seguindo logo polos cursos do INEM , que permitiron a incorporación   de adultos   a novos  xeitod   de traballo.

Os Cursos do INEM , hoxe en día ,  seguen a ter ampla   demanda . e compleméntanse coa Escola Taller "Camiño de Santiago" , con módulos de Carpintaría, Albañilaría . Ferrarís . Xardinaría e Cantaría  que durante un trienio ( 1990 / 93 )  veñen a compaxinar os  estudos  prácticos das profesións  , con aspectos formativos.

O Servizo de Extensión Agraria  , nos primeiros tempos,  tamén tivo  unha grande presencia   na formación de agricultores., a traveso  de cursiños  , moitos deles no medio rural e outros na vila. En 1975 puxose en funcionamento a Escola de Capacitación Agrícola  que ocupou o que fora edificio das escolas de Vilar de Sárria.

Non hai que esquecer   tampouco o labor  formativo   que nas décadaa dos anos 1940 e 1950  supuxo a Acción Católica   en Sárria, cunha  activa presenza entre os adultos , con cursos para " mozas" e cursos para " obreiros " e actividades culturais  e recreativas.

E nos últimos tempos  é de destacar a innovadora presenza das Cooperativas do Campo ,  que ó longo  de todo o ano , imparten cursiños   sobre asuntos de interese para os agricultores.

Como valoración  xeral, poderiamos decir  que tódalas experiencias   que con relación á educación de adultos  se teñen  levado , acharon sempre  unha favorable acollida , o que demostra  que responden a unha  forte demanda social. 

Noutras áreas territoriais  teñen grande influencia   as actividades das Pequena Universidades e as Aulas da Terceira Idade , experiencias de ensino non reglado  , que son moi suxerentes  e que deberan   ser obxecto  dunha máis fonda análise. 

********************************************************************************. 

                    O  CENTRO DE EDUCACIÓN PERMANENTE DE ADULTOS

                      2.0.- O CENTRO DE EDUCACIÓN PERMANENTE DE ADULTOS.

Os Centros  de Educación Permanente de Adultos   veñen a significar  a consolidación  da oferta pública  de ensino presencial reglado , xa que , son concebidos, fundamentalmente , como lugares a onde poder acodir  aquelas persoas que non teñan   completado  a escolarización   e titulación básicas  , ou aquelas persoas  que, por calquera causa , quedaran fora dos sistemas  de obtención de titulación.

En  principio  pódese decir   que os Centros de Educación  de Adultos   só se pensaron  para aquelas persoas  que precisasen  da obtención  do Certificado de Escolaridade ou o Título  de  Graduado Escolar.

Certamente   a oferta de tres niveis viría a recoller  os conceptos de alfabetización  e promoción cultural ,   e unha especifica orientación  cara o ensino reglado.

Vai a ser a propia dinámica   dos Centros  a que vai xerar a ampliación   da oferta, primeiramente   subvencionada a traveso  dos Programas de Educación Compensatoria  , e despois polo ensaio  doutras fórmulas , ás que atenderemos no desenvolvemento  do presente traballo  ( como actividades promovidas polos Concellos e Asociacións Culturais ).

O que si podemos   afirmar é que  na actualidade  os Centros de Educación de Adultos  sobrepasan, afortunadamente , as concepcións iniciais , e que veñen facendo  un labor de dinamización   e promoción cultural, moi salientables.

.....................................................................................................................................................................                                              

                                                            2.1.-  O ENSINO  REGLADO.-

Aínda que  a motivación primeira  da creación  dos Centros de Educación de Adultos   ten sido o ensino reglado  a propia dinámica xerada   nas súas actuacións , fixo axiña necesario   amplia-la  oferta.

Estruturado  o ensino darredor dos tres ciclos   hai que salientar que o primeiro e o segundo  chegan case que a seren anecdóticos , xa que son moi poucos os alumnos   que teñen que seren incardinados neles 

En realidade  , dende a implantación da EXB ,  pódese decir   que só  o 1 %  dos alumnos se adscribe ó I CICLO , e que un 10 % vai  ó  II CICLO , mentres que o 89 % restante entra no III CICLO.

Débese iso   a que co aumento   dos anos de escolaridade   a meirande parte dos alumnos que   se matriculan nos Centros   de Educación de Adultos  alcanzaron, 6ª, 7ª ou 8ª de EXB, con preponderrancia  de alumnos que teñen   algunha das áreas do curso 8º sueperada-

Un aspecto  a destacar  é que, dende a creación  dos Centros de Educación de Adultos  , a oferta temporal  sufreu unha forte transformación , de xeito que son tres os turnos ofrecidos. 

 a )   TURNO DE MAÑÁ.-  En horario  lectivo de 10 a 13 horas , especialmente orientado ao alumnado procedennte do medio rural , e ás amas de casa . O alumnado  pertence maiiritariamente  ó grupo de idade de 14 a 18 anos.

b)    TURNO DE TARDE.-  En horario lectivo que vai das 15 ás 19 horas , cunb descanso de media hora . Este turno está orientado  ós alumnos residentes na vila   e no seu alfoz  e a amas de casa - O grupo de idades  repártese entre o de 14 a 18  anos, e de 25-45  anos ( amas de casa ).

c)    TURNO  DE NOITE.- Con horario de 19:15  a 22 horas , no que maioritariamente   participan    alumnos en idade laboral  ( 16-25 anos ) , que unha  vez completada  a xornada de traballo   aissten ó Centro.

Temos que salientar  que os  turnos non teñen rixideces  e que, polo tanto,  os alumnos poden escoller , na medida da súa dispoñibilidade de tempo , a asistencia ás clases, e ás áreas segundo o seu gusto-

En especial os  turnos de tarde e noite  está estrucurrados de xeito  que se poden completar tódalas áreas  , dacordo coas seguntes  posibilidades de entrada e saída.

1º quenda :   15 a 19 horas., 2ª quenda :   16 a 20 horas. 3º quenda :   17:45 a 21 horas. 4º quenda : 19:15 a 22 horas.

...................................................................................................................................................................... 

                                         GRADUADO ESCOLAR

Sobrepasada a xeira  na que a titulación  que  se percuraba  era a do Certificado de Estudos Primarios , como consecuencia da reforma educativa  , pasou a haber unha forte demanda   do alumnado para completa-la EXB , e obte-lo Título de Gradaduado Escolar.

..................................................................................................................................................................... 

                                          CERTIFICADO DE ESCOLARIDADE 

A demanada para a obtención do Certificado de Escolaridade  é moi escasa.  Hai que ter en conta que a meirande parte  dos xoves alumnos   xa obteñen    esa titulación nos colexios de EXB , en  defintiva   só alunos adultos,  por razóns laborais, solicitan  a expedición deste certificado.

************************************************************************************ 

                                            2.2. ENSINO NON REGLADO 

O ensino  non reglado  foi unha necesaidade que xurdeu  da demanda do propio  alumnado - Nunha primeira etapa   a  complementación  de coñecementos teóricos  fixo xurdir  o que se chamou Posgraduado , caixón de xastre  no que se incluían   toda unha   serie   de impartición de coñecementos  que os alumnos que obtiveran titulación  demandaban : Matemáticas  de grao medio , ortografía . técnicas de redacción, et.

Esta demanda  amosou  que os adultos precisaban  dunha oferta máis ampla .  que incidise  , tanto nos aspectos  meramente  formativos , como nas  técnicas  ocupacionais, de emprego do tempo libre . de educación no ocio , ou mesmo de reciclaxe    e adptación ás novas   técnicas.

Foi así  como seguindo en Sárria  as experiencias doutros paíse  ( para o que  nunha primeira etapa  recollimos documentación  das embaixadas dos paises europeos, especialmente da de Suecia )  , foise iniciando  dende o momento  no que o Centro tivo a consolidación  do profesorasdo, de xeito decidido , a implantación   do ensino non reglado.

Un repaso  dalgunhas  das experienciazs  amosaranos  a evolución da oferta , ata os índices actuais , de forte implantación , cun labor de irradiación  que traspasa os  límites locais  , para alcanzar  toda a Comarca.

*********************************************************************************** 

2.2.1.  TÉCNICAS  ARTÍSTICAS (  TALLER DE ARTE )

Baixo a denominación xenérica de TALLER DE ARTE  impártense clases   sobre técnicas artísticas :  cerámica, decoración de escaiolas,  pirograbura , encadernación  , repuxado  en coiro,  repuxado en estaño,  vidreiras,   decoración de   vudros,   macramé , esmalte en frío . bonecas, pampónigas   e monifartes, etc.

Amáis de que estas técnicas  permitenlle ao alumnado  o dominio de procedementos artísticos  , teñen servido   mesmo para un proceso  de formación profesional  , tal é  o caso da encaderrnación , que serviu para preparar   especialistas   que hoxe se adican profesionalmente  a esta actividade   , ou mesmo  doutras técnicas  agora empregadas en sectores de producción.

Isto fai   que nos reafirmemos  en que os cursiños   impartidos  nos Centros de Adultos  , pola boa relación   custe-efectividade  , deberán seren potenciados   e, dalgún xeito  , terían que alcanzar homologación.

Dentro destes cursos  de técnicas   artísticas  hai que salientar tamén  o especialmente  ó profesorado  da Comarca , que permite unha posta ó día dos profesors de EXB  e que nos Colexios  se vaian implantando  progresivamente  actividades artísticas de grande calidade.

A demanda destes cursos hai que  cifralo darredor   dos 70-90 alumnos,  maioritariamente mulleres,   dadno lugar a que queden fora de praza moitos   demandantes.

Como elemento motivador levouse adiante   a presenza dun curso especifico que se celebrou  na Resiencia de Anciáns " Nosa Señora do Carme", no Barrio do Mazadoiro.

************************************************************************************ 

2,2,2  INICIACIÓN   E PERFECCIONAMENTO DE INGLÉS

A necesidade sentida   de xeraliza-lo  coñecemento do inglés  entre os adultos, levou  a abrir cursos de  iniciación e perfeccionamento  ,  tan axiña como se contou con profesor especializado, xa que  hai poucos anos o profesorado non dominaba esa língua.

Con amplo  emptrego de  medios audiovisuais  . responde a  unha demanda moi elevada,  que se tenciona poida dar lugar  a unha preparación  dos grupos máis avantaxados  para que obteñan titulación por libre nas Escolas de Idiomas, para o que se estima   que sería bon incardinar  a programación da dos ditos centroe, 

Lograr  dominio  desa lingua  ten que pasar necesariamente  por un uso e coñecemento  da lingua falada , e nese senso   a utilización  dos medios  audiovisuais abre unhas perpectivas   insospeitadas.

É necesidade   inmediata   a dotación  dun Laboratorio de Idiomas.

A demanda  chega a perto de 60 alumnos.

************************************************************************************ 

2.2.3  INICIACIÓN E PERFECCIONAMENTO EN INFORMÁTICA 

A informática como  técnica  en crecente implantación  é, sen dúbida , o que maior demanda encontra. 

A organización de cursiños  intensivos de iniciación  e de perfeccionamente   e a favorable acollida que encontran  aconsellan que os Centros de Educación de Adultos  conten cun programa específico , impulsado dende as instancias oficiais , que así atenderían  a un dos aspectos esenciais  da educación de adultos:A intodución de amplas capas  sociais nas novas   técnicas.

A oferta alcanza  o número de  80 alumnos.

************************************************************************************ 

2.2.4  MECANOGRAFÍA

É outra das ofertas  que o Centro mantén , alcanzando  a 15 alumnos.

*********************************************************************************** 

2.2.5  COCIÑA E DIETÉTICA

Compleméntase  este curso con  programacións  de formación no consumo   e sobre   temas de dietética.

A forte demanda  fai que o número  de cursos de cociña  se teña aumentado ano tras ano.

A oferta  alcanza o número  de 80 prazas.

************************************************************************************ 

2.2.6   CONTABILIDADE E  DEREITO DE EMPRESA

Curso  complementado  con nocións de Dereito Laboral   e Dereito de Empresa . É un curso eminentemnete pràctico , orientado á difusión do novo  Plan de Contabilidade.

A oferta alcanza  30 prazas.

*********************************************************************************** 

2.2.7  XEOGRAFÍA E HISTORIA COMARCAL

Orientado  ó coñecemento  do espacio físico  comarcal e  do seu desenvolvemento histórico. É un curso presencial  complementado  con visitas programadas  a puntos de interese  artístico  e histórico , En especial  hai que destacar  o estudo do Camiño de Santiago , que deu lugar a unha marha   por etapas  dende O Cebreiro a Santiago , e a outras marchas pola Comarca.

Compleméntase   cun servicio   de publicacións , que edita   traballos relacionados   coa materia do curso , e con actividades  de senderismo, para dar a coñecer a Comarca.

O alumnado  alcanza o número  de 32.

************************************************************************************* 

 2.2.8  CORTE E CONFECCIÓN

Cunha demanda de  máis  de 60 prazas   é eminentemente práctico  e atende a demanda de amas de casa.

************************************************************************************ 

2.2.9 BOLILLOS

Cuso  orientado 

a  recuperación dunha técnica ( rendas   con birlos )  que estaba a piques  de se perder  na localidade.  Unha artesana, de longa traxectoria profisional,   está á fronte  deste labor de recuperación , que permitiá  , en poucos anos,  a revitalización dunha actividade manual  que estivo moi xeralizada  entre as mozas  das familias da vila.

    A oferta é de 32 prazas.

************************************************************************************ 

2.2.10  CALCETA E GANCHILLO

Orientado  a amas de casa e rapazas,  para que deprendan a  face-las súas propias prendas.

Hai unha oferta de 15 prazas.

************************************************************************************ 

2.2.11  TECIDO POPULAR

Curso orientado   á recuperación  dos teares artesáns   , Unha especialista  leva o  labor de ensino .
A oferta é de 5 prazas. debido  á alta especialización  desta  técnica artesanal.

A  implantación deste  Curso  precisou  de formación previa da profesora , o que se fixo coa contratación   dun especialista de A Coruña , diante   da imposibilidade   de achar  na Comarca  persoa que quixera adicarse   a esa tarea.

************************************************************************************ 

2.2.12 ÁLXEBRA E TRIGONOMETRÍA

É un curso  orientado  a aqueles alumnos   que desexen  , unha vez obtida a titulación de Graduado Escolar, perfecionarse   no estudo das matemáticas. 

A oferta é de 15 prazas.

************************************************************************************* 

2,2.13  FOTOGRAFÍ E VIDEO 

Ó abeiro  do Laboratorio de Fotografía  do centro,  un especialista   ofrece clases de fotografía  e vídeo, cun sentido  eminentemente pràctico.

A oferta é de 25 prazas.

************************************************************************************ 

2.2.14  TALLER DE PRENSA

Orientado  á iniciación   nas técnicas xornalisticas  , con especial atención ó xornalismo escolar.

           Compleméntase   co Servizo de Publicacións.

   Presenta unha oferta de 15 prazas.

*************************************************************************************

                   ACTIVIDADES  DE  ENSINO NON REGLADO  DE POSIBLE OFERTA 

A falla material  de espazo impide  que o Centro  poida ampliar  a oferta de programacións  de ensino non reglado . Isto non supón demérito , senón que permite  a estabilización da oferta  , se ben, no futuro,   precisaríase  ampliala, atendendo á demanda do alumnado.

Analisada  a oferta do Centro de EPA  de Sárria , podemos entrar na oferts   que se fai noutros  Centros  , tendo en conta a especialización e aptitudes  de cada un dos profesores  titulares, a existencia ou non de especialistas en determinadas materias , susceptibles de contratación , e a mesma demanda do alumnado , que pode aconsellar a  contratación   de profesorado  de fora da localidade.

Outras ofertas  que poden  ter cabida , e que o teñen   xa noutros Centros son os seguintes :  

XARDINERÍA.-  DESEÑO  ARTÍSTICO.-  PINTURA.- DESEÑO TÉCNICO..  TÉCNICAS DE DESEÑO DE PRENDAS DE VESTIR. EDUCACIÓN NO CONSUMO.- MANIPULADOR DE ALIMENTOS.  SAÚDE-

Non incluimos  nesta relación  outras posibles  ofertas , como pode   se-lo caso do ensino musical , porque  , en xeral, nas cabecerias de comarca  esta oferta   fana xa as Asociacións  Culturais  e os Conservatroiso de Música , et.

Con todo, se o caso fora, poderían  programarse  esas actividades. 

************************************************************************************* 

2. 2. 15 ,. FORMAS DE COLABORACIÓN CO ALUMNADO

É  fundamental  integrar ó alumnado  nas programacións  e  amáis da participación democrática  nos órganos de xestión do Centro , a parti<cipación democrática  e o feito de que moitas das programacións   xordan  precisamente da acción do alumnado , son motivacións  que se deben potenciar  e que, dende logo , dan lugar  a un sentido de integración no proxecto, que  non se lograrían  se non se contase co alumnado.

En realidade  moitas  das programacións , e mesmo a percura de profesorado  auxiliar , xorden no seo   das organizacións de alumnos.

No Centro  de Educación de Adultos de Sárria  téñense levado adiante  as seguintes experiencias:

 a ) ASOCIACIÓN DE ALUMNOS

Ó abeiro  da lexislación vixente   constituiuse  unha Asociación de Alumnos , denomonada " Gregorio Fernández " , que está constituida polo alumnado  de ensino reglado , e que leva adiante   actividades deportivas , culturais e recreativas  , sendo de destacar   a programación   de viaxes culturais.

b ) ASOCIACIÓN RECREATIVA CULTURAL

Para levar adiante a programación dos diferentes curssos de ensino non reglado  ven  de se constituir neste ano 1993   unha ASOCIACIÓN CULTURAL  que recibe o nome de "ARCAS" , que programa   actividades  artísticas , recreativas, culturais  e de acción social , correndo con todos os aspectos   organizativos e funcionais  da programación  de cursos para adultos.

A opetatividade   desta Asociación  fai que a participación   na xestión dos cursos   sexa total e na pràctica , o profesorado  titular do Centro  non teña que levar  adiante  a xestión e desenvolvemento  das programacións , que coore  a cargo  dos responsables da Asociación.

Amáis dos cursos  , programa tamén a Asociación  viaxes culturais   e actividades recreativas.

C).- PROGRAMACIÓN DE VIAXES CULTURAIS., 

Xa se dixo  que tanto unha como outra  asociación  fan programación  de viaxes culturais , tanto dentro de Galicia  como fora dela, como un dos xeitos máis  adecuados  de coñecemento dos valores culturais. 

Un Centro de Educación de Adultos  debe darlle  grande preponderancia a estas actividades, respondendo   a unha demanda e unha necesidade .

Moitas veces  pódese decir   que a problemática  da organización   destas programacións  pasa pola responsabilidade civil que poidan encerrar, mais hai que salientar  que a existencia de  Asociacións  , que poden concertar   seguros para esa cobertura , facilita  a realización  destas actividades . 

D )  PROGRAMACIÓN   DE   ACTOS CONVIVENCIAIS

O fomento   do coñecemento  dos alumnos, tanto a  nivel de Centro como inter-centros , aconsella que se potencien   programacións   que axuden a afondar nesa  vía. 

1.-  A NIVEL  DE CENTRO

É fundamental  programar  ó longo do curso  escolar actividades  dentro ou fora do Centro , que supoña  fomenta-la  convivencia dos alumnos.

O Magosto, o Nadal  , O Antroido, Fin de Curso.... son outras tantas ocasións  en que con comidas en común , bailes  e outras actividades  de lecer e esparcimento , se teñen   que potencia-los  elos convivenciais.

Tratándose  de persoas   adultas ,  a organización  destas actividades , canalzkiada polas Asociacións , permitirá establecer  unha serie  de iterrelacións  persoais  de óptimos resultados. 

 2. . A NIVEL PROVINCIAL

É de destacar  que os Centros de EPA  da provincia de Lugo  , dende hai algúns anos , programan convivencias , cada ano  nunha localidade , que permiten o coñecemento  das experiencias de cada Centro , logrando unha fluida relación  que se afonda  na liña de colaboración  e programación en común  que o profesporado vebn levando a cabo.

Estas convivencias  teñen grande aceptación   entre o alumnado , e debería verse a posibiñlidade  de incrementa-las  ó longo do curso  con actividades deportivas , ou noutras   de  programación conxunta, que permitan  unha maior relación  entre os alumnos  e a participación activa   destes  no seu propio proceso formativo.

                                                                 ..............................

Tendo  en conta  que o alumnado  de ensino reglado  e o de ensino non reglado  teñen  unha grande disparidade  de motivacións  , e mesmo o seu nivel cultural é moi diverxente , é  desexable que algunha das actividades  programadas  teñan carácter    aberto ,  para dese xeito   integrar a uns  e outros   no proxecto común do Centro. 

************************************************************************************

************************************************************************************ 

               ESTRUCTURACIÓN   DUN CENTRO DE ADULTOS COMARCALIZADO

3.0  ESTRUCTURACIÓN DUN CENTRO DE ADULTOS COMARCALIZADO (  DENDE A PROPIA EX`PERIENCIA ) 

3.1.-  NECESIADE DE EQUIPAMENTO

3.2 .- PROFESORADO

3.3.- FORMAS DE COLABORACIÓN 

3.4.- AULA ABERTA 

3.5.- DINAMIZACIÒN SOCIAL 

3.6.  ACTUACIÓNS PUNTUAIS

ACTUACIÓNS  CON GRUPOS MARXINAIS

TERCEIRA IDADE 

EDUCACIÒN DE ADULTOS  EN INSTITUCIÓNS PENITENCIARIAS

3.7,. FORMAS DE PARTICIPACIÓN

ÓRGAOS DE GOBERNO

ASOCIACIÓNS 

...................................................................................................................................................................... 

A COLABORACIÓN  CON  OUTRAS EXPERIENCIAS   EDUCATIVAS,  FORMATIVAS E CULTURAIS

4 .0  A COLABORACIÓN CON  OUTRAS EXPERIENCIAS   EDUCATIVAS, FORMATIVAS E CULTURAIS

4.1  ENSINO  PROFESIONAL

4.2  LABOR DE RECICLAXE 

4.3  ASOCIACIONISMO  CULTURAL  E EDUCACIÓN DE ADULTOS 

4.4  NORMALIZACIÒN LINGÜISTICA 

...................................................................................................................................................................... 

DESEÑO  DUN CENTRO DE   EDUCACIÓN DE ADULTOS  NUNHA CABECEIRA DE COMARCA

5.0  DESEÑO DUN CENTRO DE EDUCACIÒN DE ADULTOS NUNHA CABECEIRA DE COMARCA

5-1-   ÁREA   DE INFLUENCIA

5.2  NECESIDADES  ESPACIAIS    E DE DOTACIÓN

EDIFICACIÓN

SERVICIOS

DEPENDENCIAS   PARA  ASOCIACIÓN DE ADULTOS

SALA DE LECTURA-BIBLIOTECA 

MOBILIARIO

...................................................................................................................................................................... 

5-2-1 O CENTRO MATRIZ

ENSINO REGLADO PRESENCIAL

ENSINO REGÑLADO A DISTANCIA

ENSINO REGLADO CON  MEDIOS AUDIOVISUAIS

5.2.2  AULAS PERMANENTES 

                                                         DISTRIBUCIÓN 

AULAS

TALLERES 

LABORATORIO

AULAS ENSINO  NON REGLADO 

COCIÑA 

MECANOGRAFÍA

INFORMÁTICA

SALÓN DE ACTOS- AULA ABERTA- AULA PRESENCIAL

AULA  DE  MEDIOS  AUDIOVISUAIS 

DIRECCIÓN  SECRETARÍA  

5.2.3  AULAS TEMPORAIS

5.3 0  O PROFESORADO

5.3.1  PROFESORADO  TITULAR

5.3.2 PROFESORADO COLABORADOR 

........................................................................................................................................................................ 

                                                CONCLUSIÓNS

a )  IMPLANTACIÓN  DA EDUCACIÓN DE ADULTOS  EN TODO  O ÁMBITO  TERRITORIAL  GALEGO

b)  CREACIÓN  E  COORDENACIÓN  DE CENTROS   DE EDUCACIÓN DE ADULTOS 

........................................................................................................................................................................ 

                                                  ANEXOS 

                                                          I

A ESCOLA DE PRIMEIRAS LETRAS ( 1822 )

(  ESCRITO DOS VECIÑOS DE SÁRRIA

                                                       II

EQUIPAMENTO  EDUCATIVO E CULTURAL  DA COMARCA DE SÁRRIA 

...................................................................................................................................................................... 

 

GRUPOS DE EMIGRANTES


 

Comentarios

Publicacións populares