ESTANQUEIROS DA TERRA DE SÁRRIA ( 1753 )
ESTANQUEIROS DA TERRA DE SÁRRIA ( 1753 )
Xaime Félix López Arias
O consumo xeralizado de tabaco no século XVIII está ben documentado coa inclusión de estanqueiros no Catastro do Marqués de la Ensenada que no medio rural da Terra de Sárria vendían os cuarteróns subministrados nas Caixas de Tabacos servidas polos Administradores de Rendas Estancadas. Houbo un bon número de ESTANQUIÑOS , puntos de venda servidos por labregos, taberneiros e persoas doutros oficios.
Cando se e4stableceron Estancos nas cabeceiras de concello que recibían as sacas para a venda na Administración establecida na capitalidade do partido xudicial , o número de postos de venda deminui e o consumo grazas á mellora das comunicacións tivo unha medra esponencial .
Hai que sinalar que hai algunhas mulleres relacionadas como " estanqueiras "
En 1753 os estanqueiros e o seu gaño en cada un ano falan do forte peso que o gasto de tabaco tiña alcanzado.
CONCELLO DO INCIO.- San Cristovo da Cervela : Inocencio López ( 72 reais ).- Santo Estevo de Eirexalba : Pedro Díaz ( 40 reais ).- Santa María de Góo : Lourenzo González ( 30 reais ).- San Fiz do Hospital: Domingos da Casanova ( 40 reais ).- Vila de San Martiño de Laiosa: Lourenzo Coruxo ( 60 reais ).- San Xoán de Noceda: Domingos Fernández Pardo ( 60 reais ).- Santa María de Rendar: Francisco Díaz ( 40 reais ); Caixeiro de Tabaco ao por maior: Francisco Bustillo Bregón ( 2.552 reais ).- San Vicenzo de Rubián de Cima : Xoán Rodriguez Viloira ( 40 reais ).- San Xoán de Sirgueiros: Pedro García ( 60 reais ).- Santalla de Trascastro: Pedro Fernández ( 40 reais ).- San Miguel de Vila de Mouros : Xosé González de Santa Cruz ( 40 reais ).- San Mamede de Vilasouto : Xoán Pereira ( 100 reais ) **.- Santa Cristiña do Viso : Xoán Rodríguez ( 40 reais ).....Ano 1864 tomou posesión do estanquiño de Noceda : Ramón Mariño-
CONCELLO DE LÁNCARA.- San Pedro de Bande: Pedro Marcelo ( 36 reais ).- San Vicenzo de Carracdedo : Sabela da Cal ( 24 libras, 48 reais ).- Santiago de Cedrón: Na Esfarrapa - Feira - ( 36 reais ): En Sáa: Domingos Vázquez ( 36 reais ).- Santa María da Lama : Bartolomeu Rei ( 24 reais ).- San Pedro de Láncara : Xoán de Rivas ( 24 reais ).- San Xulián da Pobra : Xosé de Bande ( 24 reais ).. San Salvador de Toirán : Pedro Sánchez ( 24 reais ).- Santa Mariña de Vilaesteva de Herdeiros : Manuel Valcarce ( 20 libras , 60 reais )** .- Santa María de Vilambrán : Marco López ( 24 reais ) .- San Pedro de Vilarello: Pedro Moreira ( 16 reais ).
CONCELLO DE PARADELA.- Santa María de Castro do Rei de Lemos:- Feira 110 reais ) ** .- Santa Cristiña de Paradela: Xosé Folgueira ( 32 reais e medio ).- Santa María de Vilaragunte : Inacio López ( 48 reais )
CONCELLO DO PÁRAMO.- Santa María de Gondrame: Sabela López ( 24 libras , 48 reais )- Ao estar perto de San Xiao da Pobra e de San Pedro e San Xoán de Portomarín non se estableceron estanquiños.
CONCELLO DE SAMOS.- Vila de Samos
CONCELLO DE SÁRRIA.- Vila de Sárria
CONCELLO DE TRIACASTELA.- Santalla do Alfoz: había estanquiño.- San Breixo da Balsa : Carlos Valcarce ( 50 reais ).- San Cristovo de Cancelo: María Suaza ( 40 reais ).- Santalla de Guilfrei : Xosé da Roca ( 50 reais ).- San Cidre de Lamas: Rosendo Fernández ( 8 libras, 25 reais ).- San Salvador de Toldaos : Xoán de Balboa ( 40 reais ).- Santa María da Vilavella : Domingos López Cernada ( 50 reais ). ( Unha boa parte da vila de Triacastela pertencía á parroquia de San Breixo da Balsa )
.......................................
Nota asinada por Antonio de Soto , incompleta , na que figura o consumo e ingresos dos estanquiños nas Montañas do Courel e Samos : Folgoso ( 2 ); Horrios ( 2 ); Visuña ( 2 ) : Esperante; Seoane ( 9 ) Vilasevil ( 2 ): Paderne ( 2 ).- A Ponte de Lóuzara ( 3 ).- San Xoán de Louzara ( 3 ).. San Cristovo de Lóuzara ( 2 ).- Foilebar ( 3 ).- Óutara ( 2 ).....
......................................
Casas nas parroquias rurais da Terra de Sárria que conservaron o nome de CASA ESTANQUEIRO
ESTANCOS NA VILA DE SÁRRIA
Rúa Maior : Administración de Tabacos ( Casa Macía ).- Casa do Puro.
Rúa dos Esqueireds:
Rúa Benigno Quiroga / Rúa Matías López: Estanco Carrozas
Cruce da Ciguñeira:
Rúa da Liberdade:
Rúa Músico Chané :
Rúa San Lázaro: Estanco Reboiro
Comentarios
Publicar un comentario