SÁRRIA: MULLERES MEDIEVAIS ( 804 )

                               SÁRRIA :  MULLERES   MEDIEVAIS       (  804 )  

                                                                                           Xaime Félix López Arias 

 ABRAGASIA. .- Xunto cunha súa filla , como serva procedente da Casa da Armeá , foi entregada  polo infante Froila  ao abade  de Samos ,  Fulgentius, na composición  de 29.08.975

ADOSINDA.-  Casou con Veremudus Gatoniz .. En 31.01 ( posterior a 976 ), segundo manda feita polo seu marido  en presenza de moitas testemuñas , na hora estrema da súa morte, fixo doazón ao Mosteiro de Samos dunha vila propia daquel, sita en Maceda " onde din Escoureda, perto do río da Tórdea".

ADOSINDA.- Xunto cos seus fillos Petrus, Gontina e Ildonza dóalle ao abade de Samos, Didacus, unha vila en Vilela ( O Bierzo )o 12.04.1025.

ADOSINDA .- Nai de Marina .Aparece asinando o documento de venda de Vilela de Lòuzara por Petrus  Peláiz ao abade Brandila de Samos ( 6.05,1063).

ADOSINDA.-  Casou con Froila . Fillos: Balarius, Didacus e Gaudencius Froilaz. Deulle a Samos a vila de Rubián de Cima (  antes de 1079 )

ADOSINDA.- Serva de Lóuzara  adscrita ao Mosteiro de San Xoán  do Courel. Casou con Vilifredus ( 31.01,1084 ) 

ADOSINDA ARIE.- Filla de Arias e muller de Ordonius. Filla : Gelvira Ordoniz Foi posuidora de  vilas en Lemos,Chamoso , Valcarce e O Bierzo ( antes de 1074 )

ADOSINDA DIDACI.- Muller do Conde Pedrp Froilaz . Tiña pleito co Mosteiro de Samos  por unha vila da Veiga do Omao  que fora de Didacus  Guterri.  Seguiuse o pleito en Burgos  diante do rei Afonso  e en Santa María de Lugo . En  10.09.1096   asinou a escritura de recoñecemento  de propiedad a favor  de Samos. 

 ADOSINDA PELAGII.-  Casou con Rodericus  Suariz. En 28.09. 1143 compraron a vila de Vilar do Monte ( Reimóndez ) a Gontrode  Vimaraz.

AGABIA.- Casada con Teronius . Serva  de San Martiño de Barbadelo.  Os seus netos  Alexandria, Sanza , Sisivertus , Ermerico  , Ferrocinco  e Vimara  foron confirmados na servidume  do abade Visclafredus  ( 904 )  e viñan do patrocinio do abade Visclamondus,

AILEOVA.-  Casou con Leovegildus . Fillas :  Giloira Leovegildi, Goda Leovegildi  e Guntina Leovegildi. Posuidora de Laxes e as igrexas  de San Salvador e San Pedro e Vilar en Neira de Susao ( Baralla )  . No ano 1000 mandou  que as vilas e igrexas fosen entregadas ao Mosteiro de Samos.

ALDARA AFONSO .- Muller de Ares de Laxes. Recibe en foro do Cabido de Lugo, por tres vidas, o lugar de Laxes, en San Pedro de Bande, en renda de seis tegas de pan un ano e catro o outropara que os frades a encomenden a Deus ( 1538 )

ALDARA FERNÁNDEZ.-  Muller do escudeiro  Lope Rodríguez de Paradela . Foi  criada de Fernán  Arias de Páramo, deán da Catedral de Lugo de quen recibiu bens  en Meixente, Domiz, Peruscallo, Belante, Sabadelle, Vilarbasín , Terra de Paradela e o casal de Vila Erma   ( 1340 ). O deán  reclamoulle eses bens  e outros ao seu marido. 

ALDARA FERNANI.-   Deulle un casal en Vilafiz á Catedral de Lugo- 

ALDARA GONZALEZ .-  Xunto coa súa irmá  Mencía González  autorizou  o foro de Millarados e Randulfe  ( Paradela )  feito polo abade  de Santa María de Castro do Rei de Lemos, don Pedro, o foro de Roi Xordo.

ALDONÇA EANES.-  Dona dun casal  en Santa María de Neira  e Santa Eufemia de Vilarmosteiro  que en 1304  pertencían a  Lope Peres  de Neira e Maior Eanes.

ALDONÇA RODRIGUES.-  Xunto co seu fillo Vasco  Fernandiz tomou do abade de Santa María de Castro do Rei de Lemos , o 28.07.1364  " todos cantos  herdamentos e voces e casas e albares este dito mosteiro  ha so sino de Sayonane  de Remesar por renda en cada un ano  de dous maravedís de a oito  en soldo o maravedí, por San Martiño de Novembro.

ALEXANDRIA.-  Neta de Teorenius  e Agabia, serva adscrita aos mosteiros de Barbadelo polo abade Visclafredus  na súa doazón do ano 904. 

ARAGUNTI.-  Casou con Leovegildo, coñecido  como " Domno" . Vendeulle ao presbítero Ordonius varias herdades  en prezo de dous bois, gra e panos (  antes de 1055 )

ARAGUNTI.-  Serva  en Lòuzara , naceu  eb Estraxiz e casou con Pelagius. Filla : Godina, que vivía en Omao (  Inventario 1037-1058 )

ARAGUNTÍ.-  Con veciñanza  en Gontán , pagaba renda de lenzos  ao Mosteiro de Samos  ( antes de 1200 )

ARAGUNTI  EIRIQUIZ .- Serva en Lóuzara , Filla  de Ramirus Emilaz  e Gontina Eiriquiz. Casou  con Suerius  Godiniz Fillo : Rodericus  ( Inventario  1037-1058 )

ARAGUNTI FORTUNIZ .-  Vendeulle  dúas quintas ao abade Didacus de Santo Antoíño de Sárria ( antes de 1026 )

ARAGUNTI  GATÓNIZ .-   Serva en  Lóuzara  Filla de Gatón . Casou con Gauti  Morgatiz Era natural de Vilarsinde . Fillos :  Iohannes,  Suerius,  María e Piniolus ( Inventario 1037-1058 )

ARVIDIO.-  Casou con  Osorius Menendi, Filla: Gontrode, serva de Samos en Lóuzra. 

ASTOTIA-  

ASTRILLI.-   Vendeulle  unha herdade  a Rodericus  Fanniz en Barbadelo (  antes de 1057 )

AURIA.-  Infanta da casa real, irmá do rei Ranimirus . Casou  con Nepotiano Didaci. Fixo testamento  da vila de Sáa na Armeá ao mosteiro de San Miguel da cidade de León  ( antes  de 990 ).

AUSILLI.-  Muller  de Sadurninus  . Por escritura  de 16.07.1026 deulle ao abade Didacus de Samos unha vila propia súa , "que estáa no lugar chamada  Val de Sárria, no monte Seri ( Monte da Meda ) , discorrente  o río Erizón, onde chaman Ferreiros".

AZENDA.-  Serva en Lóuzara. Casou con Munio  e tiveron fillos e fillas ( 1038-!050 )

AZENDA.-  En  1061 fixo troco  de herdades en Lier  co abade de Samos  Petrus Froilaz

AZENDA MUNIZ.-  O 24.11.1110 vendeulle a súa parte na vila de Quintela de Goimil  ao monxe de Samos-

AZENDA PELAIZ.-   Condesa, esposa do conde Rodericus Suarez de Froián ( 1143 ). O rei Afonso VII  e a súa muller Berengaria  fixéronlle doazón  da vila de San Sadurniño, na Terra de Froián , confirmando  unha doazón anterior da raíña  dona Orraca.

............................................................................................................................................................ 

 BAGA.- Filla de Melilla. Serva do mosteiro e casa de San Paio de Cesár ( 960 )

BAQUINA.-    Propietaria dunha vila en Omao, nai de Gunterigus, Arosindo  e Iunnimio  ( antes de 947 )

BELLITA.- 

BELLITA ERIZ.-  Filla de Erus Pepiz . Vendeulle unha herdade a Didacus, abade de Santo Antoíño de Sáaia ( antes de 1026 )

............................................................................................................................................................. 

CHRISTINA. - Muller de Damirus , nai do presbítero Baltarius  posuidor  de vilas en Piñeira, A Ermida e Nespereira (  antes de 951 )

CHRISTINA CITIZ.-  Serva moradora en Lastres , casada   Pelagius Moniz  co que tivo fillos e fillas ( Inventario 1038-1057 )

COLUMBA.- Serva, filla de Leovegildus e Octavia de Galegos. Casou con Munius.  Fillos : êtrus e Iohannes ( Inventario 1038-1057 )

COLUMBA.- Serva , filla de Helias  Ramiriz  e Geloira. Casou con Didacus  Pinoliz  e tiveron fillos e fillas ( Inentario 1038-1057 ).

COLUMBA.-  Muller de Erus Armentariz . Os dous gozaro do favor da raiña Orraca. En 1.07.1106  concambiou unha herdade en Maside, que fora de Ermesenda Roderici , unha cuarta parte  de Maside e San Salvador de Rosende, en Ortoá,  por unha herdade en Domni Eiloni ( Bande )

COLUMBA.-  Sobriña de Martinus  Petri .(  1.08.1149 ) , con este , Gontroda Petri e Iohannes  Pelagii  vendeulle  un soar en  Santa María de Triacastela  ao abade de Samos.

COLUMBA HELIAS.-

COLUMBA IOHANNIS.- 

............................................................................................................................................................ 

DOMNO IULIANIZ .- Filla de Iulianus e Honoria, que eran donos de vilas en Triacastela ( 1011 )

DUCE.- 

DULCE.- 

DULCE.- 

............................................................................................................................................................ 

 EGELO .- Muller de  Menendus  Gundisalvi.  Antes de 1026  vendeu  unha vila en Quinteola  ( Monte da Meda ) ao monxe Didacus de Santo Antoiño de Sárria. Co seu marido  fixo vendao 27.09.1055  a Didacus , sendo este abade de Samos-

EGILO.-  Dona de catro mazairas  co seu tarreo  na Ponte de Pousada (Terra de Bande na riba da Neira )  compradas  por Lucito Lucidi  antes de 982.

EILEOVA.-   Filla de Albura  e da  súa muller Gutrode . En  4.03.961 confirma a doazón  feita para o Mosteiro de Piñeira.

EILEVA.-  Titular dunha vila  na riba da Neira  comprada por Lucitus Lucidi  antes de 982.

EILEVA.-  " Serva de Cristo"  que en 13 de abril de 1029  dalle ao abade  Didacus  de Samos a vila de Reiriz , que foron do converso Guntino , e que a compraran  ela e o seu marido Vilifredus.  Deixalle xunto con varias hetdades  en Foxacos, riba  de Reiriz, en Canais, en Rosende , Riba da Veiga  e Pumar  pola ánima  do seu home Hermegildus , ouMenendus Pelagii, fillo de Pelagius  Suerius  e do fillo común  Aloitus  Ermegildi  de quen non quedara descendenza.

EILO.- Muller  de Adefonsus  Sandiniz. En  10,09.1011  outorgou escritura de concambio  de vilas e herdades en Omano co abade Mandinus de Samos.

EILO.-Casou con Menendus. Nai  de  Gundisalvus Menendi. Fixo doazón  de bens en Gontán, antes de 1083,

EILONI.-  Muller de Lucitus  Gundesendiz  e nai de Lucitus  Lucidiz. Posuidora do Mosteiro de San Salvador  e bens en Bande (  antes de 982 )

EILONI LUZI.- " Ancilla Dei". En 31.05.1061 dooulles aos seus sobriños  a vila do Pacio de San Pedro da Armeá , xunto do río  e o lugar da Veiga de Vigo  e a lugar de Formiz ( Triacastela ) que á súa morte pasou ao Mosteiro de Samos.

ELDARA.- Muller de Nepotianus  Galesteiz En 15.05.1054 asinou na foazón dunha vila  de Loureiro de Froián , feita polo seu esposo a favor do Mosteiro de Samos.

ELDESENDA.-  Serva de Samos en Lóuzara. Casou con Rodericus  Pinioliz . Fillos : Riquilo,  Genilli e Piniolus ( Inventario 1038.1057 )

ELDESENDA.-   Serva de Samos en Lóuzara. Filla de Leovegildus de Lóuzara e Octavia de  Galegos  ( Inventario 1037-1058 )

ELDONCE.-  Vendeullr unha herdade en Onicio ao confeso Rodericus  por un cabalo de catro bois e dúas tixolas ( antes de 1009 )

ELDONZA.- Dona da vila de Sáa na Armeá, Era da prole do príncipe Ranimirus, Deixoulle a vila ao seu neto Veremudus (  900 ).

ELDONZA.-  Casou con  Ermegildus Odari.  En 25.02.978 deixou xunto co seu home  para Samos a vila de Barxa onde " o noso mosteiro fundamo", en Calvor , a vila de Sivil e a igrexa de Santa Mariña, a vila de Allariz  e a igrexa de San Salvador de Froián ( San Salvador da Pena ) , a igrexa de San Paio no río Sarambelo ( perto de Aián )  e moitas outras,

ELDONZA.- Casou con Velascus Trofedi ,En 28.04,1052 xunto cos seus fillos  deulle ao abade Didacus de Samos  a metade dunha vila que lla comprara a Luzus Cidi  e a de Lili , que lla comprara aos seus fillos e a Scemena  Arianiz, no territorio de Montergio, a carón do río da Sárria , na vila  chamada Barxelas , polas estremas de Frollais, Fafián,  San Mamede, Calvor e Barxa, A doazón fíxoa por mandado do seu marido.

ELDONZA.-  Serva de Samos  en Lóuzara .Filla de Osorius Menendi e Arvidio ( Inventario 1038-1057)

ELDONZA.- Serva de Samos en Lóuzara. Filla de Petrus Moniz e Geloira ( Inventario de 1038-1057)

ELDONZA.- Serva de Samos en Lóuzara. Filla de Menendus Arimondiz  e Genilli. Casou con  Veremudus. Fillos :  María, Pelagius e Rodericus ( Inventario de 1038-1057 )

ELDONZA.-  Serva de Samos en Lóuzara  Filla de Froila e Duce ( Inventario de 1037.1058 )

ELDONZA.- Serva de Sárria ( no Real ) .Casou  con Pelagius Fofiniz e tiveron fillos e fillas ( Inventario 1037.1058 )

ELFONZA.- Foi dona dunha vila en Quintela, vendida en 27.09.1055 ao abade Didacus de Samos<

ELDONZA .-  Filla de Sarrazinus  Veremudi , Dona dunha vila na Veiga de Omao ( 1069 )

ELDONZA.-  Serva en Lóuzara, irmá de Munius e Menendus Osoriz , adscrita a Samos ( 20.05.1103)

ELDONZA.-  Serva en Lóuzara, muller de Veremudus Centiz, adscrita a Amos (  20.05.1103 )

ELDONZA ARES.-  Dona dun casal en Santa Marí de Neira de Cabaleiros ( 1304 ) 

ELDONZA MENÉNDIZ.- Serva  de Samos en Lóuzara.Foi adscrita na averiguación  de 21.01,1084,

ELDONZA PELÁIZ.- Filla de Pelagius .Serva de Samos en Lóuzara.Casou con Menendus Morgati.  Fillo: Osorius , ( Inventario 1038-1057 )

ELDONZA PETRI.-    Filla de Petrus.Irmá de IUsta Petri e sobriña de Pelagius Citiz , que tiña parte na herdade  de Eiro Falligu ( 1111)

ELDONZA  SUARIZ.-  Serva de Samos en Lóuzara. Foi adscrita na averiguación de 31.01.1084. 

ELDOSENDA  LEOVEGILDEZ.-  Serva de Samos en Lóuzara, Casou con Helias Roderici. Fillos : Lilli,  Froila, Leovegildus e Odarius ( Inventario 1038-1057 9.

ELVIRA.-  Muller de Sarracinus.  En 22.09.1017  dóallr vilas en Vilarce e Toldaos  ao abade Didacus de Samos.

ELVIRA.-  Muller de Menendus  Muniz. En  18.11.1064 dooulle a Brandila , abade de Samos, as vilas  de Teimoi, Vilameá e Vilasante en Omao.

ELVIRA EANS.-  Coa súa irmá  María Eans vendeu  por 50 soldos varias posesións  " in terra Sarrie"  entre elas  "quantum habemus  in villa  quae dicitur Goymir  per terminos de Sancto Antonini" ( 05,1199 ).

ELVIRA OSORI.-  Condesa. Casada  con Guterrus Ruderici . Fillos: Fernandus Guterri, Garsía Guterri , Petrus Guterri  e  Sancha Guterri .Fixo doazón do Mosteiro de San Fiz, no Castro  de Onicio , con toda a herdade  que tiña na Cova de Outeiro en Reádigos  en  Sáa de Omao  e no Couto de Samos, á orde  militar do Hospital   de San Xoán de Xerusalén 

ERMEFREDA.-  Dona xunto cos seus fillos  dunha herdade en Santa María da Pena que lla vendeu a Veremudus  Onoriquiz antes de 1031.

ERMEGOTONA. - Confesa. Irmá da  abadesa Fredenanda de San Paio de Barbadelo ou San Paio de Piñeira que con esta e a súa irmá o recibiran dos seus pais- 

ERMEGOTONA- Abadesa  de San Miguel de Piñeira ( 951 )

ERMEGUNDIA.- Filla de Leodemirus. Serva procedente  da Casa da Armeá cedida polo infante  Froila a Samos na concordia de 29-08-975.

ERMEGUNDIA.-  Outra serva da Casa da Armeá que foi cedida a Samos en 29.08.975  polo infante  Froila.

ERMESENDA .-  Casada con  Munius Iustiz . En  14.10.1053 cedéronlle ao abade Didacus de Samos  as vilas de Baldemar e Vila Adrao  en Triacastela.

ERMESENDA.-  Nai do presbítero Arianus  e de Eironi entre outros fillos . Cedeulle a súa parte no Castro de Mauragatus ao abade Didacus de Samos  ( 25.05.1055 ).

ERMESENDA.-  Fixo doazón ao Mosteiro de Samos  das vilas de Plantaro ( ¡ Chanteiro" ? ) e Fprnelas que entre 1167-1169 foron permutadas co Mosteiro de Santa María de Meira.

ERMESENDA DIDACI.-  Filla de Didacus  Roderici  e neta de Arianus  e Rodericus.  Caou con Vistriarius  Vimaraz.  En 9.10.1011 cedeulle ao Mosteiro  de Samos unha vila  no territorio de Froián no lugar chamado Castro Domniz. Déixalle ademías   a vila de Audinus  coas súas pumaregas e árbores, bouza e devesas, saídos  dos montes  e augas polos seus termos  antigos ;  a vila de Proculinus ; a vila de San Pedro de Teilonxe ( San Pedro de Froián ), unha vila en San Pedro chamada O  Busto; a vila de San Martiño ( de Loureiro ); os muiños que están no río Barbadelo e as sesigas muiñeiras  e devesas  de riba de San Sadurniño ( de Froián ).

ERMESENDA DIDACI.-   Dona dunha vila comprada  polo abade Didacus de Santo Antoión de Sárria ( antes de 1026 ).

ERMESENDA NUNIZ.- Filla dos conde  Nunus Muniz e Onega Pelaiz, irmá de Odrozia  e tía de Nunus Ordoni casado con Trodilli Ovequiz. En  22.04.1075 fixo doazón da vila  de Souto,  baido do monte do Oural, perto da igrexa de Santalla de Bardaos , dende Peagos a O Oural  por Castro de Ermexildus, pola vrea que discorre   ao monte Ocoso  no couso por riba de  Vila Souto , por Veiga  e logo polo castro de riba de San Tomé e polo Arroxo  até a Trapa  e Peagos.

ERMESENDA RODERICI.- O 30.12.1107  fixo doazón ao Mosteiro de Samos  dunha vila en Vilasouto, en Lemos,  coa súa parte dos servos íntegra . a sexta parte da cuarta  da igrexa de San Pedro de Maside  e a cuarta parte da vila onde moraba  Arias Pepiz. A carta  foi asinado en Sismonde ( Santiago da Laxe )  a favor do abade Petrus  de Samos.

ERMESENDA RUDERICI.-  Filla de Rudericus.  Deulles unha herdade  en peñor  a Erus Armentariz  e á súa muller Columba ( Comba ) por quince soldos.  Ao non  poder pagalos  cedeulle   unha leira  de 250 soldos, antes de 1106 .

ERMESENDA SONNORIQUIZ.-   Filla de Sonna, Vendeulle unha vila en Piñeira , baixo do Monte de Tribui a Veremudis Honoriquiz  ( antes de 1050 )

ERMESINDA.-  Abadesa do Mosteiro de San Salvador de Barxa, en Calvor, no tempo do abade Mandinus e baixo a protección deste ( arredor do ano 1000 ).

ERMESINDA RODERICI.-  Ou Ermesenda Roderici. O 10.04.1118 fai doazón a Santa María  de Lugo, da cuarta parte  da vila de Biville . O contido da doazón foi como segue. " No nome do noso señor  Xesús Cristo  reinante por séculos de séculos. Amén.  Eu Ermesinda Rodríguez na honra  de Santa María Virxe , de quen as reliquias  son veneradas , fago testamento para remedio da miña ánima, dunha herdade miña que a teñ da sucesión dos meus pais , e está esta herdade  na parte da Galicia  na diocese de Lugo , no lugar chamada Biville . É a saber  que dou a terza parte  da antedita  herdade  que me corresponden  entre os meus herdeiros v polos seus termos e lugares antigos , doun esta herdade  ao xa dito lugar de Santa María , da sé lucense,  con todos os bens que lle pertencen  non son só con cantos agora ten, senón tamén, en verdade , con cantos deba ter por xustiza, até o máis mínimo  teor dou  esta herdade, de maneira  que na miña vida a teña  con dereitousufrutuario  desta sé  e á miña morte a reciban para a parte do antedito  lugar  os posuedores lucenses   e a teñan baixo dereito perpetuo, Se en verdade , o que non  sexa feito, calquera  caloñador  fose disto  que neste testamento por min outorgado  está contido , pague triplado  e o escrito  con total firmeza  permaneza  perpetuamente.  Eu Ermesinda  este testamento  que fose feito  mandei  coa miña man  libremente  o confirmo. Foi  feito na era milésima b quincuaxésima sexta , no día cuarto  dos idus de abril" (  Publicado en latín por Xesús Vázquez Saco ). 

ERMILLI.- Moradora en  Vilarce de Triacastela.  Casou con Recosendus de Toldaos . Fundadora co seu marido da igrexa de San Salvador entre Toldaos e Vilarce ( antes de 1100 ).  En San Martiño houbo unha igrexa no termo de Toldaos.

ERMILLI.-  Serva en Lóuzara. As súas fillas, por metades , foron adscritas a San Xoán do Courel e San Xuliàn de Samos  ( 1103 ) 

ERMILLI CIDIZ.-  Casou con Pelagius Froilaz. En 7.02.1111 vendéronlle unha terra  en Pendurados  a Munio, vigairo de Samos  en Santo Antoiño e A Armeá.

ERMISENDA .- Refirese a ela a inscrición conservada en Ronfe referida á igrexa de San Mamede: " No nome do Noso Señor  Xesús Cristo  ( foi construido este templo )  na honra de San Mamede. Eu Silano  e Ermisenda o fixemos. Foi consagrado por Xoán Martínez, bispo da sé lucense. ( Esta consagración foi feita ) sete días antes das quendas de xullo na  era de 1307" - 25 de xuño de 1279  ou 26 de maio de 1280-  ( J.D.G )

ERMOYGIO.-  Serva procedente  da Casa da Armeá , cedida polo infante Froila  a Samos na composición  de 29.08.975. 

EUGENIA DOMINICI1.-  Filla de  Dominicus  Roderiquiz . En  29.05.1089, xunto  co seu pai e a súa irmá  vendéronlle ao abade Fromaricus de Samos unha vila en Quintela.

EUTROCIA.-  Nai da relixiosa  " Deo Vota"  Leodegundia favorecedora do Mosteiro de San Mateu de Vilapedrre  ( antes de 961 ). Asina un documento como testemuña. 

EXEMENA.- Figura  mandando escribir o documento de venda  de Gontina, Azenda  e outros, referido a unha vila de Quintela de Goimil, a favor do monxe de Samos  Munio Peláiz ( 1100-1125 )

EXEMENA CITIZ.-  Filla de Citus  .Casou con Ordonius  Velaz . Con este e os seus fillos  fixo unha doazón en Guisalle de Suñide , que fora de Savarigo, a favor do Mosteiro de Samos-( 1100-1125 )

EXEMENA DOMINICI.-  Filla de Dominicus Roderiquiz .En 29.05.1089 , xunto co seu pai e a súa irmá, vendeulle ao abade Fromaricus de Samos  unha vila en Quintela.

EXEMENA NUNIZ.-  Filla de Nunus e de Marina Romaiz  e neta de  Ordonius  Didaci  e Romano  Ordoniz , Xunto cos seus fillos Rudericus , Veremudus, Romanus , Flamula  e Marina  permutou unhas herdades que posuía en Vilameá, Teixiz e Castillón , dándolle en troco  a vila de Xullán  que lla dera a Samos  a condesa Marina  ( 19.09.1095 )

EXEMENA PETRI.- Xunto con  Munius Quintilaz  concambiou co abade Petrus de Samos , o prepósito  Munius Pelaiz  e o prioiro Nautinus  e o confeso Arie Aderiquiz  unha vila en Ouselle ( Navia )  por outra  en Paraxuá e  Buxán ( Romelle ) - 27.05.1093. Casou con Munius Munionis  e tivo unha filla, Mensuara , que morreu  e Exemena estivo viuva sete anos.

EXEMENA ROMANIZ.-  Filla de Romanus. Serva cun casal en Lóuzara  e adscrita a Samos, en San Vicenzo de Parada ( 1103 ) 

............................................................................................................................................................ 

FELICIA.- Serva de Samos en Lóuzara . Casou en terra de Omao  con Mondinus Stephaniz. Filla: Gontrode ( Inventario 1038-1057 )

FELICIA.- Serva adscerita ao Mosteiro de San Xoán do Courel. Filla : Gontrode ( 31.01.1084 )

FERNANDA TEDÓNIZ.-  

FLAMOLINA.-  Nai de  Goda, serva  do mosteiro de San Fiz de Onicio ( 1033 ) 

FLAMULA.-  Filla de Exemena Nuniz , que coa súa nai e irmáns tiña bens en Vilamor, Teixiz e Castillón na Terra de Omao. 

FREDENANDA.- ( Ou Fernanda )  Abadesa do mosteiro dúplice ( monxes e monxas )  de San Paio de Piñeira ou San Paio de Barbadelo . Sufriu  aldraxes e maquinacións da falsaria monxa Onega. Coas súas irmás  Hermegotina  e Gontroda fixo doazón  dese mosteiro e a vila ao abade Mandinus de Samos, e ao seu neto Pelagius  ( 1011 )

FROILO.-  Titular de bens  na ribeira da Neira  , comprados por  Lucitus Lucidiz, antes de 982.  posuía  ademais unha  herdade con Ansemirus.

FROILO.- Casada  con Gontigius . Vendeulle unha herdade en Omao ao confeso Rodericus ( antes de 1009 )

FROILO.-  Serva de Samos en Lóuzara. Filla de Salamirus Froilaz e Getilli en Freituxe de Sárria.Casou con Suarius  Dautiz . Filla : María (  Inventario de 1038.1057 ).

FROILO.-  Muller de Munius Pinioliz. En 7.02,1111 con Pelagius Citiz  e María vendeulle dous quintos da herdade de Eiro Faligu  e a porción de Iusta e Eldonza Petri ao vigairo de Samos en Santo Antoíño e A Armeá, ao presbítero  Munius.

FROILONI.- Monxa  do Mosteiro de San Miguel de Piñeira  no tempo da abadesa Ermegotona ( antes de 951 ).

FRONILLIS. .- Condesa, Cedeulle  ao Mosteiro de Santa María de Meira  a cuarta parte de Marzán ( en Barnadelo, onde houbo igrexa  ) e San Martiño de Barbadelo ( mosteiro  ) e outras herdades que  en 1167-1169   foron concambiadas co Mosteiro de Samos.

.......................................................................................................................................................... 

GENILLI: Serva de Samos en Lóuzara . Casou con Menendus Ariomondiz- Fillas. Eldonza e Gontrode (  Inventario 1038.1057 )

GENILLI :  Serva de Samos, filla  de Rodericus Pinioliza e  Eldesenda  ( Inventario 1038-1057 )

GENILLI:  Serva de Samos,  filla de Dauto Villeniz  e Dodina Riquilaz ( Inventario 1038-1057 )

GENILLI.-     Serva en Lóuzara, adscrita a Samos  por Eita Gosendiz (  31.01.1084 )

GENLLO  GODESTIZ  :  Muller de Petro Gundesendiz . En 1.05.1111  ela e o seu home  concambiaron  unha vila en Pendurados  por leiras en Ferreiros de Sárria.

GENOBREDA :  "Confessa".  Nai de Nuno, neta de Cesabius  Efimariz , que foi pai de Nunonis  e neta tamén de Olitus.En 17.04,970 cedeulle  xunto co seu fillo,  ao abade de Samos , unha vila que fora do seu avó Olitus  en Castillón , Terra de Omao. A escritura aparece confirnada polo abade Golfarigus , do Mosteiro de San Xoán, na ribeira  do río Cambe e pola abadesa Gracilo, posiblemente abadesa do mosteiro onde ela tería profesado- 

GILOIRA:  " Deo dedicata ", da prole do rei Ranimirus . No ano 904 confirma a doazón de Visclafredus ao Mosteiro de San Salvador de Rosende ( en Santa María de Ortoá ).

GILOIRA : Serva , casada con Aarón e nai de Igu, da Casa de San Paio de Cesár ( 960 )

GILOIRA :  Filla de Sendina  e sobriña do abade de San Xacobe de Barbadelo,  Veremudus Sunilani. No seu testamento  de 21.01.1009 o abade dixo que fora criada no Mosteiro e que a chama para que sexa protomonática  e teña a cabeza e ducado  santimonial  no lugar de San Xacobe ( Loci Sancti Iacobi )  . Foi enterrada en Barbadelo.

GILOIRA : Serva de Samos, en Lóuzara. Filla de Rodericus  Dolciz  e Gontina. Casou con Petrus  Eitaz . Fillos : María, Pelagius  e Iohannes  ( Inventario  1038-1057 )

GILOIRA : Serva de Samos en Lóuzara. Irmá de  Xemena Gosendiz  ( Inventario 1038-1057)

GILOIRA: Serva de Samos, muller  de Velasco. Con este e outros servos foi cedida polo Conde Vermudus ao abade Audericus de Samos ( 25.02.1072 )

GILOIRA : Muller de Bellitus. Avoa de  Gundisalvus Menendi. Foi  dona de vilas en Gontán-Samos  antes de 1083.

GILOIRA : Serva de Samos en Lóuzara. muller de Helias . Ela e a metade dos seus fillos pasaron a seren  propiedade de Samos no 1103.

GILOIRA IQUILAZ : Filla de Iquilus.  Casou con Froila. Fillos :  Baltarius . Didacus  e Gaudencius Froilaz. Fixo doazón  dunha vila  en San Vicenzo de Rubián de Cima,  antes de 1079

GILOIRA  LEOVEGILDI ;  Filla de Leovegildus e  Aileova, e irmá de  Godina Leovegildi e de Gontina Leovegildi. " Confesa" e " Deo Vota ". En 25.05.1010 fixo cesión da víla de Laxes , no Neira,  ao Mosteiro de Samos na persoa do abade  Mandinus " sacerdote mirífico". xunto coas  igrexas de San Salvador e San Pedro e outra vila chamada Vilar , sinalando por estremas" dende Covas  pola vila de Santalla até enriba do Porto de Neira  cara Aranza , onde din Carracedo  e pola Carral de Riba  e por termos de Alvitus  Siloniz até termos  de Berselos ", e dalle os bens "cos seus lugares  propios , a montes e a fontes,  con entradas e saídos, augas e sesigas muiñeiras , caneiros e pesqueiras  no río da Neira segundo foron posuidos por Giloira  e os seus irmáns  Tedon, Godina e Gontina e os pais deles". Na vila de Laxes  entrega os seus servos para que sexan serviciais "  segundo o fan outros pobos inxenuos" e  pidelles   aos monxes que garden a súa memoria con oracións, sacrificios e recitacións de maneira que non caia no esquezo a utilidade da súa  poquidade-

GILOIRA  VEREMUDI : Filla  de Veremudus. Casou con Citi Zazoniz . Fillos. Garsia  Citiz, Suerius Citiz , María Citiz e  Fernandus Citiz. Xunto con eles pretendía  ser dona da vila de Nespereira que fora do presbítero Baltarius. Por escritura  de 23.05.1089  despois de seguir xuizo  en San Paio de Piñeira entregáonlle a vila a Adarius Pelaiz que a recibiu para o Mosteiro de Samos.

 GODA : Serva de Lóuzara, nada  en Lamartín. Casou  con Gonterigus  Desteriquiz. Fillos :  Munio, Pelagius, Godina , Scemena e Bellita ( Inventario 1037-1058 )

GODA:  Filla de Flamolina. Serva do Mosteiro de San Fiz de Onicio.

GODA ATANIZ  : Filla de Atanus.Serva de Lóuzara,  casou con Suerius Dautiz ( 1033 )

GODA EITAZ :  Serva de Lóuzara. Filla de Eita Onegildiz e Scemena Helias. Casou con Petrus Sendoniz en Vigo do Real. Fillos: Iohannes, Suerius, Petrus, Scemena e María ( Inventario 1037-1058 )

GODA FOFINIZ :   Serva de Lóuzara. Filla de Fofinus, casou en Omao con Citi Gondesindiz. Fillos : Scemena, Pelagius, Gutina e Godo ( Inventario 1037-1058 )

GODELLA :  Dona da Vila Adrao  en Santa María do Monte ( Triacastela  que a pasou a Eileova  ( 1053 ) 

GODINA:   Serva de Lóuzara,  Filla de Pelagius e  Aragunti.  Naceu e morreuo  en Omao ( Inventario 1037.1058 )

GODINA:  Serva de Lóuzara , filla de Gonterigus Destereguiz e  Goda de Lamartín ( Inventario 1037-1058 )

GODINA: Serva de Lóuzara.  Casou en Omao  con Vitremiurus.  Fillos. Petrus, Pelagius  e a muller  de Roderico Vimaraz  do Arroxo ( Inventario  1037-1058 )

GODINA : Serva de Onicio . Casou con Martinus  . Fillos :  Scemena e Leocadia ( Inventario 1037 - 1058)

GODINA:   Serva de  Lóuzara  Filla de Roderucus  e María Dautiz ( Inventario 1037-1058 )

GODINA :  Serva de Lóuzara, filla de Leovegildus e Leocadia Pinioliz ( Inventario 1037-1058 )

GODINA:  Serva de Lóuzara , filla de Mandinus  e dunha filla de Onegildo de Campos  ( Inventario 1037.1058 )

GODINA: Serva de Lóuzara adscrita  ao Mosteiro de San Xoán do Courel  ( 1084 )

 GODINA : Serva de Lóuzara . En 1103 os seus netos foron adscritos a Samos-

GODINA :  Serva de Lóuzara . filla de  Pelagio Suariz de Chaos  e irmá de Martinus. En  20.05.1103 foi adxudicada a Samos 

GODINA ECHIGAS  :   Fixo  doazón a Samos  dunha casa en Triacastela ( Vila Vella )  perto  da de Pelagius Citiz ( 1149 )

GODINA HELIAS :  Serva de Lóuzara adscrita ao Courel en 1084.

GODINA LEOVEGILDI : Filla de Leovegildus e Aileova  e irmá de Gontina Leovegildi , posuidores d e bens  en Neira de Susao- Baralla  cedidos  en 1110  pola súa irmá  Giloira Leovegildi  ao abade Mandinus de Samos-

GODINA  MONDINIZ : Serva de Lóuzara. filla de Mondinus . En 1103 os seus netos foron adxudicados a Samos.

GODINA ODARIZ :  Muller de Garsia Veremudiz. En 1068 comproulle  a Marina  Veremudiz  unha vila en Vilameá. San Miguel de Piñeira, que ía " polo regueiro de Exkani e por Nespereira e por Involata e polo Porto Cabalar, polo termo de Vilar de Zenti e polo reggueiro de Flaxiani"

GODINA OSORIZ :  Serva de Lóuzra , filla de Suarius Aroniz  e irmá de  Roderricus e Ildonza.  En 1103 foi adxudicada a Samos-

GODINA PINIOLIZ :   Serva de Lòuzara , filla de Piniolus.  Casou con Avolinus. Fillos. Gontrode.  Piniolus e Pelagius ( Inventario 1037-1058 )

GODINA RIQUILAZ:  Serva de Lóuzara , adscita ao Mosteiro de San Xoán de Lóuzara (  1084 ) 

GODINA RIQUILAZ : Serva de Lóuzara, Filla de Riquila. Casou con Dauto Villieniz . Fillos : Martinus,  Olitus,  Genilli, Velasco e  Adefonso ( Inventario  1037-1058 ).

GODINA  RODERICI :  Serva, filla de Roderico Ermeildiz.

GODO:  " Serva de Cristo". Casou con Munius Aldetriz . Fillos :  Didacus, Garsía ,  Scemena, Ildonza e Gudina. En 31.12.1043  fixo doazón  ao abade Didacus de Samos  dos lugares de Vilameá e Pacios , no Val do Mao-

GODUELA : 

GOGINA :  

GONCINA:   Muller de Suarius. En 1.06,933 cedeullr ao Mosteiro de Samos unha vila en Corvelle que fora de Menendo Roderici, xunto do río Erizón e perto da igrexa de Santa María de Corvelle, e unha terza doutra vila que fora de Tructu con todo o seu débito, tanto no estrínsico das  casas como das cousas mobeis , égoas , cabalos, bois, vacas, ovellas e vestimentas.

GONCINA :  Casada  con Suarius Suariz. Xunto  co seu marido  cedeulle a vila de Neira ao presbítero  Iustus ( antes  de 1040 )

GONCINA MENENDI :  Filla de Menendus Menendi e Onega e irmá  de Ildoncia Menendi . Cos seus pais e irmá fixo doazón da vila " Domni Eiloni" en Santa María de Neira de Cabaleiros  ev dos homes servidores da igrexa en réxime de inxenuidade  ( 13.10.981 ).

GONTINA : Xunto con Piniolus  sostivo a voz de San Fiz de Onicio e Destriana contra Samos  pola propiedade das servos Froila ( varón ) e Flamolina ( 14.05.1033 )

GONTINA :  Serva de Samos en Lóuzara . Filla de Froila e Doce ( Inventario 1038-1057 )

GONTINA : Serva de Samos en Lóuzara. Filla de Citi Gundesindiz e Goda Fafiniz , Casou con Petrus  Vistremiriz en Omao ( Inventario 1038- 1057  )

GONTINA :   Serva de Omao. Casou con Pelagius  e tiveron fillos e fillas  en Lóuzara ( Inventario  1038-1057 )

GONTINA :  Dona dunha vila en Loureiro de Froián , baixo do Castro Papide, que en 1054 foi doada a Samos polo seu neto  Nepotianus Godestei-

GONTINA:  Vendeulle unha terra  a Rudericus Fanniz , no Camoo, de 2 cartarios en semeadura ( antes de 1057 )

GONTINA :  Casou con Osorius.  Fillo:  Adefonsus Osoriz. Foi posuedora dunha vila en Noceda da Somoza ( O Incio ) antes de 1070-

GONTINA :  Muller de  Garsia Arias. Fillo Petro Garsie . Dona de bens en Suñide ( antes de 1098 )

GONTINA:  Irmá de Azenda  Muniz, María, Columba, Iohannis, Pelagio e Iuliano . O 24.11.1110 vendeulle ao monxe de Samos  Munio Pelaiz  en Quintela da Meda, discurrente o río Erizón, so sino de Santo Antoniño  unha vila  e deulle as casas cobertas e descobertas, terras cultivadas e a poulo, árbores frutíferas  e infrutíferas  e saíodos e entradas  dos montes polas estremas  de Santa Mariña, Corvelle , Goimil e Matacais, en prezo de 3 moios de gra, un porco e 4 soldos en diñeiro.

GONTINA ARGEMIRIZ : Veciña de Castillón-Omao  ( 1106 )

GONTINA ATILAZ : Serva de Lóuzara, Filla de Atila.  Casou con Fofinus Vilieniz. Fillos :  Goda, Pelagius,  Rodericus e Gontrode ( Inventario !038-!057 )

GONTINA DOMINICI :  Filla de Domenicus . Serva das infantas Taresia e Scemena ( 1126-1145 )

GONTINA EIRIQUIZ :  Filla de Eiricus, serva en Lóuzara. Casou  con Ramirus Emilaz. Filla : Aragunti ( Inventario 1038-1057 )

GONTINA HELIAS :  Serva de Samos en Lóuzara. Filla de Helias Ligaz e Octavia ( Inventaro 1=37.1056 )

GONTINA LEOVEGILDI : Filla de Leovegildus  e Aileova e irmá de  Godina Leovegildi.  Posuedoras de bens en Neira de Susao ( Baralla ) , cedidas en 1110  pola súa irmá  Giloira Leovegildi ao abade Mandinus de Samos-

GONTINA  MANDINIZ  :  Serva de Lóuzara,  irmá de Scemena  Mandiniz. En 31.01.1084  foi adscrita ao Mosteiro de  San Xoán do Courel.

GONTINA  MONIZ : Serva de Lóuzara. Filla de Monio Gonteriquiz e Scemena Mandini . Casou en Omao  con Godesteus Moniz  e tiveron fillos e fillas ( Inventario  1038-1057 )

GONTINA MONIZ  :  Serva, filla de Munio Citiz. Foi concambiada  por Guntina  Ordoniz  e Gontrode Ordoniz  ( 1125-1145 )

GONTINA ORDONIZ  :   Filla de Ordonius  Odariz.  Serva das infantas Taresia  e Scemena  que a concambiaron por   Gontina Moniz , filla de  Munio  Cidiz , e a súa irmá  Gontrode Ordoniz , de Samos ( 1125.1145 ).

GONTRODA PETRI. :  Filla de Petrus.  En 1.08.1149 , co seu irmán  Martinus Petri e con  Iohannes  Pelagii  e Columba vendeulle  un soar en Santa María de Triacastela ( A Vilavella  )  ao abade Iohannes de Samos.

GONTRODA PETRI :  Monxa, irmá  do abade de Samos  Egidius . En 1227  prometeu obediencia ao abade Petrus Franco , baixo da Régoa de San Bieito,  e pediu ser enterrada no Mosteiro de Samos.  Tivo unha filla chamada Orraca , á que lle deixou por toda a súa vida o casal de Santa María de  Carballedo , Os monxes entregáronlle  a igrexa de San Xulián de Celagoantes con  todo o de alén do Miño , un casal en Ramuín  e entrega "ad opus Sotularium"  400 soldos  e 5 moios de castañas  e noces ao monxe que estea na granxa. E o abade e os monxes  daríanlle  en cada un ano unha boa pel de "lauzaia",

GONTRODE : Muller de Veremudus . Á  morte deste  herdou a vila de Sáa da Armeá   e deixoulla  ao seu sobriño  Froila Adefonsi ( 960 ).

GONTRODE :  " Deo Vota", En 22.11.1007  fixo con Quendulfus doazón a Samos , e ao seu abade Mandinus , de Santa Maria de Omao , San Martiño en Vilarxoán, San Vicenzo en Parada  e unha vila en Omao que fora  de Arianus .

GONTRADE   :  " Deo Vota" . Irmá da abadesa Fredenanda , de San Paio de Piñeira ,  e da confesa  Ermegotona, coas que recibiu  a popiedade dese mosteiro antes de 1011.

GONTRODE :  Casou con Pelagius-. O  2.05.1013 deulle ao abade Mandinus de Samos  a vila de Rubián  " que está entre dous regueiros  que van ao río Omao ", que lla dera Pelagius , por concambio doutra en Louseiro  entregada por razón de casamento " e como foi vontadel del deixala para que tomase a orde da confesión e así el coller outra muller " podía dispoñer dela.

GONTRODE :  " Deo promissa" . En 5.05.1030 cedeulle ao abade  Didacus de Samos  a vila da Ponte de Lóuzara,

GONTRODE ;  Muller de Velascus Almeniz, donos de vilas en Goimil ( 1036 )

GONTRODE :  Serva de Samos en Lóuzara . Filla de Piniolus Arimondiz  e Iquilo (  Inventario 1038- 1057)

GONTRODE :  Serva de Samos en Lóuzara . Filla de Osorius Menendi  e Arvidio ( Inventario  1038.1057 )

GONTRODE :  Serva en Lòuzara cuxa metade era  de Vilarsinde e casou en Lóuzaracon Fernandus  e tiveron fillos e fillas ( Inventario 1037-1058 )

GONTRODE:  Serva de Samos en Lóuzara, filla de Avolinus  e Godina Pinioliz  ( Inventario 1037-1058 )

GONTRODE :  Serva de Samos en Lóuzara. Filla de Menendus Ariulfiz  e Gennilli (  Inventario 1037-1058 )

 GONTRODE

GONTRODE 

GONTRODE 

GONTRODE

GONTRODE 

GONTRODE

GONTRODE  ALFONSO :  Serva en Omao . Casou con  Pelagius Gontiquiz . Fillos: Petrus e Suerius ( Inventario 1037-1058 )

GONTRODE  ALVARIZ 

GONTRODE AVOLINIZ

GONTRODE  DAUTIZ

GONTRODE  FOFINIZ

GONTRODE  LEODOMIRIZ

GONTRODE MENENDIZ

GONTRODE ORDONIZ

GONTRODE  ROMANIZ :  Filla de Romanus " Señora ", dona dunha vila en Lóuzara adscrita a Samos en 1103.

GONTRODE  SUARIZ :  Filla de Suarius , Serva de Lóuzara, adscrita ao Mosteiro de San Xoán do Courel.( 31.01.1084 )

GONTRODE  VIMARAZ: Filla de Vimara .O 28.09.1143 vendeulle a  Ruderico  Suariz e Adosinda Pelagii  a vila de Vilar do Monte. 

 GONZA :  Tía de Ermexildus, coñecido como Menendus  Roderici  que cedeu unha vila en Trasancio  no Val Donnio a favor   do Mosteiro de San Salvador de Barxa  - en Calvor -  antes do ano 078.

GONZA : Serva de Samos en Lóuzara , filla de Iohannes  Quintilaz e María ( Inventario 1038 - 1057 )

GONZA :   Irmá de Petrus Guterri . Foi dona dunha vila en Monseiro , que lla  cedeu ao seu irmán antes de  1050.

GUDINA:  Vendeulle terra  ao abade Didacus de Santo Antoiño de Sárria  ( 1026 ) 

GUDINA MONIZ :  Filla de Munio Aldretiz  e de Godo , cedeulle ao abade Didacus de Samos a súa parte en vilas de Vilameá  e bens en San Romao de Omao .

.............................................................................................................................................................

HERMESINDA GATÓNIZ.- Avoa do bispo San Rosendo que xunto co seu home Hermegildus restaurou a vida  monástica o Mosteiro de Santa María de Loio.

HONORIA.-  Muller de Iulianus. Nai de  Munius  e Domno  Iulianus.  Cedeulle ao abade Mandinus de Samos as vilas de  Santalla ( do Alfoz ), Vilarce e Golfariz en Triacastela  ( 6.06.1011 ),

........................................................................................................................................................... 

 IQUILO.- 

......................................................................................................................................................... 

J

.............................................................................................................................................................. 

 LILI.-

LILLI.-

LILLI.-  

............................................................................................................................................................ 

MARÍA-

MARÍA.-

MARÍA.-

MARÍA.-

MARÍA.-

MARÍA.-

MARÍA.-

MARÍA.-

MARÍA.-

MARÍA.-

MARÍA.-

MARÍA .- 

MARÍA.-

MARÍA.- 

MARÍA.-

MARÍA.-

MARÍA.-

MARÍA.-  

MARÍA CITIZ.-  

MARÍA DAUTIZ.-  

MARÍA DIDACI.-  

MARIA EANS.-   ( 05.1199 )  Xunto coa súa irmá Elvira Eans vendeu en 50 soldos varias posesións "in terra Sarrie " entre elas " quantum habemus in villa quae dicitur  Goymir  per terminos de Sancto Antonini".

MARÍA FERNÁNDEZ.-

MARÍA IOHANNIS.- 

MARIA IOHANNIS .-  ( 1248 )  Xunto con María Pérez de Padriñán e María Pérez de Supena  vendeulle a Fernán Rodríguez de Cortes e a súa muller Mayor Ares todas as herdades que posuían  en San Salvador de Saa- 

MARÍA MARTINEZ.- 

MARÍA MARTINIZ.- 

MARÍA MARTIZ DO SISIGAR.- 

MARÍA MENENDIZ.-

MARÍA OVEQUIZ.-

MARÍA PELÁEZ.- 

MARÍA PELAIZ.-

MARÍA PELAIZ .-

MARINA.-

MARINA.-

MARINA.-

MARINA.-  

MARINA PELAGII.- 

MARINA PETRIZ.-

MARINA RODERICI.-  

MARINA ROMANIZ--

MARINA VEREMUDIZ.- 

MARINA VERMUIZI.-  

MATREDUCE PETRI.- Irmá de Nomem Bonum , Sanctius , Didacus ( 1100 ) 

MAYOR ARES.-  Casada con Fernán Pérez de Supena.  ( 1248 ). Co seu marido comprou herdades en San Salvador de Sáa. 

MELILLA,.  

MENSUARA.-  Filla de  Nunus Munionis e Exemena Petri. Morreu antes da nai. 

MERLA.- 

.......................................................................................................................................................... 

NANELLA.- 

NOMEN BONO.-

NOMEN BONUM.- 

..........................................................................................................................................................

OCTABIA.- 

ODROZIA.-

ODROZIA.-

ODROZIA.- 

ODROZIA NUNIZ.- 

ONEGA.-

ONEGA.-

ONEGA.-

ONEGA GARSÍA.-

ONEGA PELAGII.-  

ONEGA PELAIZ.- 

ONEGA VEREMUDI.-

ONEGA VEREMUDIZ.-

ONEGILDA.-  

ONNEKA OVEQUIZ.- 

.............................................................................................................................................................

P

............................................................................................................................................................. 

Q

.............................................................................................................................................................  

R

.............................................................................................................................................................

S

............................................................................................................................................................

T

............................................................................................................................................................. 

U

.............................................................................................................................................................  

V

..........................................................................................................................................................  

X

...........................................................................................................................................................

Z

................................................................................................................................................................ 

Comentarios

Publicacións populares