SÁRRIA : O MATADOIRO ( 809 )
SÁRRIA : O MATADOIRO ( 809 )
Xaime Félix López Arias
( 3. novembro.1204 ) " Quod nullus macellarius sit ausus exocoriare aliquid animalius nisi in presencia duorum bonorum hominum ad hoc deputatorum ex parte regis et populi , er de di preterea retineat corium per triduum, que si non fecerit C morabetinos regie voce componat et domino animalis dampnum restituat "... ( Facta carta apud Lucum ).
" Que ningún carniceiro ouse esfolar algún animal en non sendo na presenza de dous homes bons para isto sinalados pola parte do rei e pola parte do pobo , e garde o coiro por tres días , e se non o fixese pague cen maravedís para a voz do rei e ao dono de animal lle restitúa o dano"... ( Feita a carta en Lugo )
O MACELO DA VILANOVA DE SÁRRIA.- O novo Burgo de Sárria , chamado Vilanova de Sárria foi fundado polo rei Afonso VIII de Galicia e León ( que se sinala como Afonso IX ) nun espazo hoxe sen edificacións que estrema cos alpendres do Campo da Feira, Parque de Bombeiros, Rúa Santiago do Mercado e Rúa da Mercé. Ese emprazamento só gardou memoria na capela de Santiago do Mercado que estivo en pé até os anos 1860 onde tamén se situaba un paraxe coñecido como Arrabaldo onde xa non había edificacións. O rei fundador cecais lle deu foro cun contido semellante á ordenanza dada para as pobras por el creadas na diocese de Lugo. Nesa norma figura a regulación da maneira de proceder á mata de reses de maneira que no macelo- matadoiro establecido na nacente vila a morte dos animais de carne de consumo tiña que ser asistido pola presenza dun representante polo rei e outro de representación popular e as peles esfoladas tiñan que ser conservadas como garantía fronte a posibles reclamacións derivadas do posible mal estado das reses e garantía de calidade dos animais . Vilanova de Sárria era " vila real" e no seu goberno entendían dous meiriños ( un polo rei e outro polo pobo ).
Descoñecemos cando ese primeiro núcleo poboacional ( Vilanova de Sárria ) foi abandoado e posiblemnte o cambio de emprazamento sexa derivado da perda da condición de " vila real con voto en Cortes " cano no século XIV pasa a ser vila de señorío feudal, cando o rei lla concede ao Conde de Lemos, cuxos sucesores señorearon as dúas parroquias da vila até 1820.
O novo núcleo, que pasou a ser coñecido como A Pobra de Sárria, xunto coa mudanza do Mercado para poñelo a carón da Fortaleza feudal, pasaría a ter unha casa macelo- matadoiro , na parte baixa da vila e parroquia de Santa Mariña.
CASA CARNIZARÍA DO ARRABALDO.- Nos séculos XVI e XVII a vila, que xa perdera a denominación de A Pobra de Sárria, contou cunha Casa-Carnizaría, onde se mataban as reses destinadas ao consumo, situada na parte baixa da poboación, no barrio coñecido como Arrabaldo, que estaba no primeiro treito da Rúa Marqués de Ugena. Nesa ubicación seguiron a ser matadas as reses até pasada a primeira metade do século XIX. Ali facían as súas matas os parrticulares e o abastecedor oficla de carnes , que rexentaba a Abazaría establecida polo concello e o reximento da vila e a mata do gado menor facíase nas casas da vila e nas parroquias rurais sen estaren sometidas a controis. Procedentes de xurisdicións de perto había introdución de carnes curadas e tamén frecas, sendo de sinalar que na Vila do Cebreiro os seus veciños estaban especializados en comercializaren carnes frescas , cecinas e chacinas , que ben poderían transportar até Sárria, xa que é cousa coñecida que as levaban até Villafranca del Bierzo e mesmo até a cidade de Lugo.
CASA CARNIZARÍA / MATADOIRO DA PONTE RIBEIRA .- Para garantir a limpeza no proceso de matar as reses maiores o Concello de Sárria acordou facer un novo macelo, ao que deron en chamar Casa Carnizaría, e en evitación de gastos porque non posuía terreos propios polo que aproveitando a folganza que había entre a Ponte Ribeira e o eirado da Fonte Ribeira, levando adiante ao mesmo tempo a eliminación do arco de máis de perto da vila, adicaron recursos económicos para facer unha nova edificación e para protexela do río proxectaron un murallón de boa cantaría dende o pear esquerdo do arco grande e o resío da Fonte.
MATADOIRO MUNICIPAL DE SAN XULIÁN DA VEIGA.-
MATADOIROS/ INDUSTRIAS CÁRNICAS
WILOSKA
CÁRNICA SOBRADO
CÁRNICA
CÁRNICA REBOIRO
CÁRNICA VILEI
CÁRNICA MARINO
CÁRNICA TAPAS
CÁRNICA GAIO
CÁRNICA CASA NEIRAS
EXPORTADORES PRODUTOS CÁRNICOS
O MERCADO DO SAL
TRAFICANTES DO SAL.-
ALFONÍN DO SAL.-
ALMACÉN DO SAL CASA ZAERA
ALMACÉN DO SAL DA CASA VENTO ( SALINA )
A
Comentarios
Publicar un comentario