SÁRRIA E A DINAMITA ( 805 )
SÁRRIA E A DINAMITA ( 805 )
IR AOS PEIXES CON DINAMITA
( El Correo Gallego, 10.09.1882 ).
Os ríos Miño, Sil, Sárria e Cabe ven de contino axitadas as súa onda pola poderosa forza que os tiros de dinamita desenvolve ao estoupar , e é incalculable o número de vítimas que ocasionan na pesca , o que se podería disculpar se a cría , é dicir os peixes nacentes e puco medrados non sofrisen a mesma sorte que os grandes e aproveitables e destes se poidesen recoller todos os que morren.
..................................................................................................................................................................
A MORTE DUN NENO EN FONTEABUÍN
( Gaceta de Galicia, 16 de xullo de 1891 )
No lugar de Fonteabuín, parroquia de Santiago da Veiga ( Sárria ) foi botada ás dúas da madrugada do día 12 unha bomba de dinamita na cama onde dormía María Xoana Rodríguez e os seus cinco fillos, falecendo un destes de oito anos de idade de resultas das lesíóns que sufriu ao estoupar no leito a materia explosiva .
Ao fuxiren os criminais pola fiestra da cociña dispararon outro tiro que lesionou gravemente á indicada María Xoana Rodríguez.
Están detidas varias persoas por estes feitos.
( Nota: O 15.07.2026 ) un informador veciño de Fonteabuín contoume que segundo lle contara a súa nai a nai do neno morto tiña sona de " bruxa" entre a veciñanza. Era moradora na Casa de Rabico e o botarlle dentro da casa os cartuchos de dinamita e o tiro contra dela disparado foron por vinganza ao opoñerlle que con "mal de ollo" lle causara a morte a uns bois dunha casa do lugar e xa antes houbera situacións que tamén tiveran por froito danos en persoas e animais.
...........................................................................................................................................................
DEPÓSITO DE DINAMITA NA CASA DE MARZÁN ( SÁRRIA )
( El Correo de Lugo, 29.06.1900 )
Foi autorizado a SA Santa Bárbara de Oviendo, para remesar por ferrocarril a Sárria , 120 quilos de dinamita consinuados a don Xosé Antonio Gayoso.
................................................................................................................................................................
SIMULACIÓN DE VOADURA DO TÚNEL DO OURAL
( El Diario de Pontevedra, 26.09.1907 )
O Reximento de Cazadores de Calaría simulou a voadura do Túnel do Oural.
O Rei abandoou o posto da Ermida de San Xil marchando cos infantes e o capitán xeneral de Galicia a ocupar a altura de Rubián no Monte Abeleira, para seguir a acción da voadura ,
...........................................................................................................................................................
DINAMITA PARA DERRUBAR A PONTE NOVA DE GALEGOS NO RÍO ARMIELA
( El Compostelano, 4.03.1929 ) xplosión de dous cartuchos de dinamita
Nunha noite pasada , mans criminais puxeron dous cartuchos de dinamita no medio dos extremos do arco da ponte que hai na estrada , en construción, que parte de Sárria en direción a Becerreá . A ponte está situada en termos da parroquia de Galegos ( Láncara ).
A consecuencia do estourido , rompeu unha pedra do arco e resentiuse o cimentado da unión da pedra .
Crese que o bárbaro atentado foi obxecto dunha vinganza na contra do contratista da dita estrada D, Castor Fernández ,
Malia a que se descoñece quen foron os autores , a Garda Civil parece ter unha pista segura para o esclarecemento do feito.
* Np ano 1853 deron comezo as obras da estrada que con orixe en Sárria acabarían chegando a Becerreá. Este vial quedou `parado en Corvelle e 67 anos despois aínda se traballaba no treito do Concello de Láncara.
..............................................................................................................................................................
( EL COMPSTELANO, 4 de marzo de 1921 )
ATENTADO CON DINAMITA NAS AUGAS DE CÉLTIGOS
( El Regional. Lugo. 10 de agosto de 1925 )
En Céltigos, Atentado con dinamita
Na noite do xoves último cometeuse no pobo de Céltigos , do concello de Sárria , un salvaxe atentado por medio da dinamita.
Entre as dúas e as tres da madrugada escoitouse un formidable estourido producido por tres castuchos de dinamita postos no manancial das famosas augas curativas daquel pobo , que quedou destrozado.
Tan axiña como a garda civil de Sárria tivo coñecemento do ocorrido se persoou en Céltigos comezaron a facer averiguacións encamiñadas a descobrir os autores do bárbaro atentafo -
Por consecuencia das ditas averiguacións foron detidos e conducidos ao cárcere de Sárria ao dispor daquel Xulgado de Instrucción os veciños da parroquia de Santiago da Veiga Xesús Abad López, Antolín Fernández, Antolín Díaz López, Benino Armesto Vázquez, Xosé Capón Goyanes e Vitoiro Fernández Martínez riba dos que recaen sospeitas , mais segundo asegura o médico direitor das ditas augas D. Ramón Guitián Lapido , ten no seu poder elementos probatorios da súa culpabilidade.
Din que as motivacións do atentado están relacionados co nomeamento dun garda para a vixianza do manancial , que recentemente fixo o médico direitor , cuxa designación , ao parecer, non foi ben recibida polos detidos.
..............................................................................................................................................................
FEITO SALVAXE.- UN INCENDIO INTENCIONADO
( El Compostelano, 31 de agosto de 1927 )
Comunican de Lugo que ás catro da madrugada de onte as campás da igrexa parroquial da vila de Sárria sementaron a alarma na veciñanza na veciñanza tocando a rebato.
A xente saíu á rúa presa do medo. O toque de alarma obedecía a que se declarara un incendio na casa dos señores de Pazos , que quedou reducida a reblo.
Moraba na dita casa un individuo natural de Vilouzán , que había pouco que voltara de América, que provocou intencionadamente o sinistro.
Ademais puxo dous cartuchos de dinamita na parede dunha casa na que habita Luciano Martínez e outro nun automóbil da propiedade do mesmo Martínez , os que ,por fortuna ,non estouparon.
Despois de cometido o feito o referido suxeito atentou na contra da súa vida disparando tres tiros ao seu corpo e inferíndose tres puñaladas . En grave estado foi levado ao Hospital, onde quedou encamado.
De rusmusmús público foi expulsado hai pouco de Nova York por anarquista e sospeitoso.
O Xulgado de Sárria presentouse no Hospital , prestando declaración o ferido , quen se confesou autor do incendio e colocación dos cartuchos.
Son descoñecidas as motivacións que o levaron a cometer actos criminais.
..............................................................................................................................................................
O POLVORÍN DE CADAMONTE
( BOP de Lugo, 27 de xullo de 1965 )
Cementos Noroeste SA solicita ampliación dun polvorín para a Canteira de Cadamnte con capacidade para 5.000 quilos de dinamita ou outras clases de explosivos , ate 10.000 quilos de identicas sustancias explosivas. Situación: Souto. Santa Maria do Val do Mao.
............................................................................................................................................................
Comentarios
Publicar un comentario