SÁRRIA : ERROS, MENTIRAS E ASNEIRADAS ( 811 )
SÁRRIA : ERROS , MENTIRAS E ASNEIRADAS ( 811 )
Xaime Félix López Arias
No tems moita sorte en Sárria co tratamento recibido da man de publicistas da máis variada procedenza , e tamén por parte se sarriaos de entullada pouco coñecedores do noso pasado histórico . As informacións terxiversadas son recollidas e ampliadas por terceiros , que na súa ignoranza, e sen contrastalas , dándoas por boas espállanas en publicacións , na prensa e nos modernos medios de difusión. E por desgraza, en non poucos casos, as autoridades municipais e culturais caen vitimas da arañeira terxiversadora facendo moi dificil a recuperación dos datos verdadeiros.
1.- O MOSTEIRO DA MADALENA NON FOI DOS TEMPLARIOS
Os Templarios tiveron en Sárria os lugares de Santo Estevo de Barbadelo ( Santo Estevo de Requeixo ) , Veiga do Pozo e Celeiro en Maside , e a aldea de Manán en San Salvador do Mato que pasaron a seren propiedade do Conde de Lemos, e desta Casa feudal pasaron ao Mosteiro da Madalena.
O Mosteiro de Santa María Madalena : a ) Foi fundación de dous monxes italianos que ían de pelerinaxe a Compostela. b ) Tomando como base a Capela de San Brais da Vilanova de Sárria asentou nel o mosteiro da Orde dos Laudantes Deum, c ).- A Orde da Penitencia dos Venerables Mártires de Cristo, autóctona e independente, rexida baixo a régoa de Santo Agostiño, señoreouno até 1568. d ) No ano 1568 prodiciuse a ocupación e reforma do mosteiro que pasou a estar suxeito á Orde da Regular Ouservancia de Santo Agostiño que permaneceu nell até 1836 , ano no que como cosecuencia da Desamortización o mosteiro , os seus bens e as súas rendas forom declarados Bens Nacionais, que serían enaxenados mediando sunhastas .
..............................................................................................................................................................
2.- A IGREXA DA MERCÉ DE SÁRRIA NON É" IGREXA PARROQUIAL"
A igrexa de Santa María Madalena, que dende 1568 pasou a ter a advocación de Santo Agostiño foi iglesia mosteiral exenta non sometida á parroquial de San Salvador de Sárria, Dende 1896 pasou a estar baixo a advocación da Nosa Señora da Mercé , no Convento restaurado pola Orde Mercedaria, e trátase dunha "igrexa conventual" á que moitas veces en esquelas e novas de prenxa ven sendo calificada como " parroquial".
.............................................................................................................................................................
3.- O CÓDICE CALIXTINO NON CITA A SÁRRIA DENTRO DO ITINERARIO DAS PEREGRINACIÓNS.
Non pode citala porque A Vilanova de Sárria, de fundación real darredor do ano 1194, non existía no tempo da redacción do Códice. Cita este un punto " deinde Barbatello", imprecisa a súa situación, sendo de sinalar que á altura do Campo da Feira de Sárria houbo até o século XVIII unha capela chamda de " Santa María de Barbadelo" , e da outra parte do río Barbadelo ( agora río Celeiro ) estaba Santo Estevo de Barbadelo ( Santo Estevo de Requeixo, na actualidade ). O Castro de Entrambasaugas, onde se asentou a Fortaleza de Sárria no século XIII, ente os ríos Sárria e Barbadelo ( hoxe río Celeiro )foi sucedido , como unidade poboacional, pola Vilanova de Sárria , máis adiante A Pobra de Sárria e dende o século XVII Vila de Sárria.
.............................................................................................................................................................
3.- A VILLA SANCTI MICHAELIS DO CALIXTINO NON ESTIVO NIN EN SÁRRIA, NIN EN SAN MIGUEL DE RIÁTICOS ( BARDADELO ) NIN EN VILLA SANCII ( VILASANTE DO CAMIÑO EN FONTAO ).
A ubicación da Villa Sancto Michaellis estivo en San Miguel de Montán ( Burgo de Montán ) ou San Miguel da Costa, no Concello de Samos ). Agora esa parroquia é coñecida como Santa María de Montán. Na Idade Media houbo no lugar o Mosteiro de San Miguel e até o século XVIII na aldea houbo un hospital de peregrinos.
..............................................................................................................................................................
4.- A CERCA ALZADA DARREDOR DA HORTA CREADA POR MANUEL PÈREZ BATALLÓN APROVEITANDO OS FOXOS E CONTRAFOXOS DA FORTALEZA NON SON RESTOS DE MURALLAS DO EDIFICIO MILITAR.
Cecais aproveitando moita da pedra das derrubadas torres e muralla da Fortaleza Manuel Pérez Batallón cercou a súa propiedade polo Camiño do Convento ( agota Rúa da Mercé ) e o Camiño de Albán ( na actualidade Rúa do Castelo ) e outro muro que a separaba da metade do soar adquirido polo Concello de Sárria para anchear o Campo da Feira. Cando en algunhas publicacións ao cercado da horta din que son resto da muralla ( muros ) da Fortaleza erran ignorando que fora da edificación militar e dos seus muros e torres había foxos e contrafoxos que foron suprimidos para facer a Horta de Batallón, enchéndoos de reblo e terra repartindo o espazo resultante en sucalcos rematados nunha pequena cha na traseira da Torre . A "cerca da horta " alzouna anos despois de 1860 Manuel Pérez Batallón fixo construir os muros exteriores con fronte ao Camiño de Albán, o Camiño do Convento e o muro divisorio coa parte do soar da Fortaleza adquirido polo Concello de Sárria para facer rebaixo para o Campo da Feira.
.................................................................................................................................................................
5.- DOS SOTOS DA DESAPARECIDA FORTALEZA DE SÁRRIA SAÏA UN LONGO FURADO QUE REMATABA NA FOZ DAS ACEAS QUE PERMITÍA SAIR DELA EN CASO DE ASEDIO.
Trátase dunha lenda popular enteiramente falsa. Sinalan ademais como remate dese furado a chamada " Cova de Gaspar", na parroquia de Cesár. Os únicos foxos da Fortaleza estaban dentro da edificación e neles estaba a cadea condal-marquesal.
...............................................................................................................................................................
6.- A IGREXA DE SAN SALVADOR DE SÁRRIA É MÁIS ANTIGA QUE A VILANOVA DE SÁRRIA.
É un erro esta afirmación porque o San Salvador de Sárria que unen á memoria da raiña Orraca a unha doazón á Igrexa de Mondoñedo non estaba onde hoxe é a vila de Sárria, Esa igrexa de San Salvador coincide coa parroquial de San Salvador de Francos ( Baralla ) e popularmente , aínda hoxe, é coñecida a freguesía como " San Salvador" sen máis. No Tombo de Samos e dentro da Terra de Sárria entre Louseiro e o Río da Neira figura San Salvador de Sárria , perto de Berselos .A igrexa sarriá de San Salvador levou por nome primeiro San Salvador da Vilanova de Sárria.
................................................................................................................................................................
7.- A IGREXA DE SAN SALVADOR DE SÁRRIA NON É " EL SALVADOR DE SÁRRIA " NIN " .
A advocación histórica , dende a súa orixe , é a de San Salvador, que é a mesma que teñen as parroquiais, dentro do termo municipal de Sárria,chamadas de San Salvador de Vilar de Sárria, San Salvador do Mato, San Salvador da Pinza, San Salvador da Pena de Froián e San Salvador de Cesár . A expresión " El Salvador" ou " El Divino Salvador", evidente castelanización ven sendo teimudamente sostida polos administradores mercedarios , e pretende sustituir ao topónimo constantemente mantido dende que por medio de ecónomos veñen rexindo esta igrexa.
A Igrexa de San Salvador de Sárria ten o seu nome posto en punto informativo en ferro dando fronte á Rúa Maior. En toda a documentación referida á súa contorna as referenzas á Costa de San Salvador, San Salvador e Fonte de San Salvador son constantes a traveso dos tempos.
............................................................................................................................................................
8.- A IGREXA DE SAN SALVADOR DE SÁRRIA NON É UNHA CAPELA.
Algunhas publicacións turísticas califican de " capela" á igrexa parroquial de San Salvador, que foi cabeza de curato con San Salvador de Vilar de Sárria e Santiago de Castelo dos Infantes , conta dende o século XIII con pía bautismal e estivo rexida por párrocos até os anos finais do século XIX, e dende entón está baixo o coidado de ecónomos da Orde da Mercé, agás nun corto número de anos foi rexida polo último párroco, polo momento , de Santa Mariña.
..............................................................................................................................................................
9.- NA VILA DE SÁRRIA NON HAI NINGUNHA IGREXA OU CAPELA QUE SE CHAMEN IGREXA OU CAPELA DE SANTA MISIÓN.
Referíndose en realidade á igrexa de San Salvador de Sárria aparecen esporádicamente citas publicadas nas que a fan aparecer como " Igrexa Santa Misión". Este grave erro naceu da man dun equipo profisional de fora da vila que realizou un traballo de catalogación das edificacións da Rúa Maior, e na súa nugalla de non ler nin preguntar , ao veren no muro norte dous letreiros postos en dúas cruces de mármore que lembraban os multitudinarios eventos de duás Misións a cargo de frades pregadores celebradas nas décadas de 1940 e 1950, chegaron, na súa supina ignorancia , a recoller en literatura e planos o espureo nome de " Igrexa de Santa Misión". Tras deles viñeron outros iluminados indoctos que copian en artigos e nas redes a sinalada asneira.
.......................................................................................................................................................
10.- A IGREXA DE SAN SALVADOR DE SÁRRIA NON TIÑA ENADIDOS EXTERIORES.-
Tense publicado que darredor do templo non había espazos cobertos enadidos e iso non é verdade. Conserva a sancristía enadida ao corpo do templo polo sur, á que darredor de 1960 se lle enadiu unha segunda sancristía á que lle abriron porta direita ao presbiterio, que se fixo desaparecer cando se fixeron obras de restauro da igrexa. Houbo ademáis un cabido ou alpendre, apoiado no muro norte, para se acubillar baixo del os fregueses cando chovía, e cando se fixo a estrada do Mazadoiro á Lamarrigueira ( darredor de 1853 ) , que nos primeiros tempos, subía pola Costa de San Salvador, foi expropiada para darlle larganza a ese camiño veciñal. Décadas antes, para fortificar a igrexa, que foi cuartel no tempo da carlistada , fixeron cara a Corga de Matavellas un alto parapeto de pedra e terra , para darlle seguridade á tropa que ali estaba acantonada, que ao ser retirado o espazo pasou a ser cemiterio parroquial até que foi trasladado aos resíos da Capela de San Marco, entre o Camiño de Albán e a Fortaleza.
.............................................................................................................................................................
11. - EN SÁRRIA SEMPRE HOUBO EDIFICIOS EXENTOS PROPIOS PARA CÁRCERES
Mentira, a primeira cadea documentada estaba nos sotos da Fortaleza, que no século XVII, por orde da Real Audiencia de Galicia foron suprimidos enchéndoos de terra e reblo. Entón o cárcere señorial pasou a ocupar unha casa propia para esa finalidade con fronte á Praza, ocupando parte do soar da actual Casa de Novoa ( Casa Tapas ) e de ali a partir de 1836 pasou a estar en parte do suprimido Mosteiro da Madalena, onde se mantivo até 1896, ano no que pasou para a antiga Escola de Gramática-Escola de Primeiras Letras ( parte traseira do Edificio do Xulgado ) e en 1928 ocuparon a Prisión Preventiva do Partido Xudicial de Sárria, serviu como Depósito de Detiidos e finalmente foi lugar de albergue de peregrinos , sendo na actualidade Oficina de Información ao Peregrino , Sala de Exposicións, sala de garda das Pampónigas e lugar de uso para actividades culturais.
...............................................................................................................................................................
12,.- A CASA DERRUBADA QUE PECHABA AO SUR A PRAZA DA CONSTITUCIÓN NON ERA "A CASA GRANDE"
O feito de que até os anos 1970/1980 vivisen na casa que en realidade era a " Casa de Lois de Riba" dúas irmás ás que chamaban " Señoritas da Casa Grande ", porque o seu pai fora administrador da Casa dos Somoza Saavedra, fixo que en xeral a xente crese que a casa na que elas moraban era " A Casa Grande". A auténtica "Casa Grande de Sárria" está hoxe repartida entre as casas números 21, 23, 25,27, 29 e 31 da Rúa Maior , e no número 23 estaivo a Capela de San Xosé propia dos seus donos.
.................................................................................................................................................................
13.- EN SÁRRIA NON TEMOS CATEDRAL
Son moitos os visitantes e peregrinos que en chegando a Sárria preguntan " pola catedral", referíndose á igrexa de Santa Mariña, que destacando pola altura da Torre do Reloxo e a súa cúspide piramidal ( chapitel ou pináculo ) convirten en cátedral bispal o templo de Santa Mariña " A Nova", igrexa parroquial, servida antes por párrocos e agora administrada por ecónomos mercedarios, amosando clara ignorancia das categorías dos centros de culto católicos.
..........................................................................................................................................................
14.- EN SÁRRIA NON HAI NINGUNHA IGREXA CHAMADA DE SANTA MARÍA
Erro propio de xornalistas de fora de Sárria que falan de Sárria e danlle o nome de Santa María á que é igrexa de Santa Mariña , especialmente nos Extras do San Xoán, e que tamén aparece en publicacións turísticas e nas variadas amostras de documentación ou publicacións xacobeas. Santa Mariña, virxe e mártir galega, non é Santa María, nai de Xesús.
..............................................................................................................................................................
15.- EN SÁRRIA NON EXISTE NINGUNHA FONTE QUE SE CHAME DOS PEREGRINOS
Fronte da igrexa de San Salvador de Sárria hai unha fonte, hoxe con auga do servizo municipal, alzada por imposición municipal por Manuel Pérez Batallón a quen lle concederan permiso para trasladar a antiga Fonte de San Salvador, que estaba nun espazo de contrafoxos da Fortaleza que el rebaixara para facer os sucalcos da horta cercada feita na metade do soar da vella edificación militar por el comprada. Nunca levou o nome de " Fonte dos Peregrinos ", e a esta segunda fonte monumental correspóndelle o nome de " Fonte de San Salvador"
..............................................................................................................................................................
16.- EN SÁRRIA NON HAI NINGUNHA ESCALEIRA NOMEADA ESCALEIRA DOS PEREGRINOS.
Tamén en publicacións, notas , etc. de tipo xacobeo danlle o nome de " Escaleira dos Peregrinos" á súpeta via escalonada con orixe da Rúa Benigno Quiroga e que remata na Rúa Maior. Foi feita en 1853 para mellorar o Camiño da Costa , por onde, atallando, dende o século XII a 1920 baixaban os sarriaos para carrexar a auga de consumo das súas casas dende a Fonte Ribeira, único manantío vivo todo o ano, do que a vila disfrutaba. Ao entrar en servizo a escaleira pasou a ser chamada Escaleira da Costa e Escaleira da Fonte, acabando por consolidar esta última denominación. O Concello de Sárria , sen base histórica e sen facer consultas previas, puxo placas identificadoras dándolle por nome "Escaleira Maior", se ben correxindo o erro puxo unha ampla información na que se lle dá o nome propio de " Escaleira da Fonte ".
................................................................................................................................................................
17.- O MARQUÉS DE SÁRRIA ( CONDE DE LEMOS ) NON TIVO CASA RESIDENCIAL EN SÁRRIA.
Xornalistas e publicistas que escriben á lixeira cando falan de " Villa Andrea" poñen " Casa do Marqués de Sárria". o que é un erro imperdoable, porque o Marquesado de Sárria, creado no século XVI, e agora unido á Casa de Alba, nada ten que ver coa familia de Matías López López, cuxa viuva dona Andrea de Andrés Sánchez, pasou a ser Marquesa de Casa López, tíduo que acabou pasando a descendentes seus que perderon toda vinculación con Sárria e con " Villa Andrea", da que disfrutou no século XXX a Marquesa de Ugena, polo seu matrimonio con don Matías de Oñate López, neto de Matías López López e Andrea de Andrés Sánchez.
O mesmo nome de " Casa do Marqués" non pasa de ser unha forma popular, con pouca base, porque , propiamente, ningún dos sucesores de dona Andrea , agás a rama que seguiu co tíduo da Casa López, foi marqués residente en Sarria. Don Matías de Oñate López foi Marqués consorte de Ugena.
..........................................................................................................................................................
18.- MATÍAS LÓPEZ LÓPEZ, FILÁNTROPO E INDUSTRIAL CHOCOLATEIRO, NON FOI MARQUÉS.
Aínda que por iniciativa real houbo o ofrecemento de darlle un tíduo nobiliario non aceptou esa distinción, e por iso os que falando de " Villa Andrea" din que pertenceu ao Marqués don Matías López, indican clara ignorancia. " Villa Andrea" foi a súa residencia de verán por un curto número de anos, e a súa viuva alcanzou tíduo de nobleza por concesión papal anos despois da morte do seu marido quen por propia vontade lle deu nome dela á quinta e parque, hotel ou palacete con entrada monumental pola Rúa Matías López.
..................................................................................................................................................................
19.- A CASA CONSTRUIDA POR MATÍAS LÓPEZ LÓPEZ NA RÚA DO SEU NOME É "VILLA ANDREA"
Ese é o nome que lle deu Matías López López ao seu chalé ou quinta ( ese e outros palacetes semellantes foron coñecido como as "Quintas dos Mardileños" , nome dado na honra da súa muller. No portón de entarada ao Parque da casa lese en grandes letras " Villa Andrea". A denominación " Casa do Marqués" é un nome dado polo vulgo que non pode sustituir ao nome auténtico, e en especial porque dona Andrea de Andrés Sánchez , Filla Adoptiva e Predileta de Sárria " , benefactora da vila á que lle doou o Hospital Municipal do Mazadoiro, imaxes para os altares de Santa Mariña e outros dons, non debe ser preterida ao falar da casa que leva o seu nome. É ademais grande vergoña que dende as instancias municipais se faga figurar en publicacións , publicidade , etc. o espúreo nome de " Casa do Marqués " , causando así afrenta plena e direita contra quen só xenerosidade tivo para a vila nadal do seu marido.
Cada vez que dende o Concello de Sárria se dá esquecemento a Dona Andrea, estase amosando a ingratitude de munícipes e funcionarios que amosan así plena ignorancia.... Por favor, postos na Rúa Matías López, na beirarrúa da Casa Carreira, señores munícipes e funcionarios alcen a vista e lean as letras en relevo que hai no arco do portón de ferro que dá entrada a Praza e lean amodiño o V, o I, o L, o L , o A, o A, o N. o D , o R, o E, o A, e axuntando sílabas verán que alí esas letras rezan VILLA ANDREA.... VILLA ANDREA VILLA ANDREA Por se non o saben casa, portón e praza son propiedade do Concello e amosan " soberana ignorancia " aqueles que ofendedeno a memoria da máis ilustre filla adoptiva de Sárria non dan a honra da que é merecente a súa memoria... E tamén hai que lles recomendar a xornalistas, noticieiros e simples copións do erro sinalado que lean varias veces as letras que hai riba da alta porta da actual Praza da Vila, onde, supoñemos que serán quen de dar lido VILLA ANDREA.
.............................................................................................................................................................
20.- DON MATÍAS DE OÑATE LÓPEZ FOI " MARQUÉS CONSORTE DE UGENA".
Neto de Matías López López e Andrea de Andrés Sánchez, don Matías de Oñate López naceu en Sárria en " Villa Andrea" en 1885 , casou con Ana María de Prendergasta Muñoz de Baena , Marquesa de Ugena e de Prado Alegre. A súa avoa dona Andrea de Andrés Sánchez foi Marquesa de Casa López, título que non pasou á rama dos Oñate, senón á dos Cendra . Don Matías de Oñate López non tivo nin por herdo nin por concesión título nobiliario. Foi " Marqués consorte de Ugena".
...............................................................................................................................................................
21.- O MOSTEIRO DA MADALENA NON PERTENCÍA Á ORDE DE SANTO AGOSTIÑO ANTES DE 1568.
Nas primeiras décadas do século XIII a Orde dos Laudantes Deum, fundaron Hospital para atender peregrinos beira da Capela de San Brais cedida polo bispo deLugo. Foron sucedidos pola Orde da Penitenza dos Benaventurados Mártires de Cristo, que sostiveron hospital no que acollían peregrinos " que ían cara Compostela" no chamado Hospital de San Roque ou da Madalena. Foi orde enteiramente sarriá e non suxeita , como orde autónoma que era, a ningunha autoridade , e a vida comunitaria facíana seguindo a Régoa de Santo Agostiño, rexida por prioiros vitalicios, con total independenza na xestión extendida ao Hospital da Madalena da Arzúa e ao Hospitaliño de Ferreiros, non lonxe desta localidade. A chamada popularmente " Orde dos Madalenos " recibiron recoñecemento papal , cando menos, en catro buldas . En 1568 esa orde autónoma foi suprimida e forzosamente integrados os seus bens, e os monxes, na Orde da Regular Ouservancia de Santo Agostiño , pasando a formar parte da provincia de Castela desa orde , suxeita ao mosteiro que tiñan en Salamanca. Pasou entón a institución sarriá, perdida a súa independenza, pasou a ser denominado Convento de Santo Agostiño de Sárria, e despois de 1835, a consecuencia da Desamortización, foi denominado o edificio como Ex-Convento de San Agostiño de Sárria. E de 1896 en adiante pasou a ser o Convento da Mercé.
..................................................................................................................................................................
22.- A CAPELA DA NOSA SEÑORA DO PERPETUO SOCORRO É PROPIEDADE DO CONCELLO DE SÁRRIA.
Na Rúa Marquesa Casa López está a Capela da Nosa Señora do Perpetuo Socorro fundación de don Matías de Oñate López e dona Ana María de Prendergast Muñoz de Baena, segundo reza a lápida que se colocou no seu interior : " O Excmo, e Rmo Señor D.F. Plácido Angel Rey Lemos , bispo de Lugo, bendeciu esta capela na honra da Sma. Virxe do Perpetuo Socorro o dia 30 de agosto de1929". A nivel popular aparece denominada como " Capela do Marqués ", nome que non ten xustificación porque o pequeno templo só pode ser denominado coa advocación que se corresponde coa imaxe que preside o altar maior . Por outra parte tendo en conta que a edificación relixiosa pasou da titularidade dominical da familia Oñate á do Concello de Sárria, hai anos que esa denominación popular carece de toda xustiticación. Resulta sorprendente que nas novas xornalisiticas, nas informacións municipais ou nas dos grupos que nela teñen actividade se siga usando a denominación de " Capela do Marqués" fronte ao nome dado polo bispo Rey Lemos que é canónicamente a súa única denominación real e valedeira.
.................................................................................................................................................................
23.- A FESTA DO SAN XOÁN É A FESTA OFICIAL DO CONCELLO
Non é certo. A Festa Oficial do Concello é a do Corpus Christi ( Festa do Corpo de Cristo ). a Festa do San Xoán, que é o padroeiro da vila, foi na súa orixe unha festa popular coincidente con culto especial na honra do Bautista nas igrexas de Santa Mariña, San Salvador e Santa María Madalena de Sárria que pasou a ser a Festa Maior, correndo a súa organización a cargo de ramistas e comisións particulares. Últimamente a organzación da Festa do San Xoán está encomendada a membros do equipo de gobernos e desaparecidas as aportacións voluntarias dos veciños agora o seu custe entra dentro do orzamento municipal.
...............................................................................................................................................................
24.- NA TERRA DE SÁRRIA NON HOUBO RESISTENZA Á DECLARACIÓN DO ESTADO DE GUERRA POLOS SUBLEVADOS CONTRA A REPÚBLICA.
Mentira. Na parroquia de Castro do Rei de Lemos un núcleo de resistenza de militantes de Esquerda Repúblicana, liderado polo alcalde de Sárria , Antonio Páramo Sánchez, mantívose en armas até o día 29, cando tropa e falanxistas entraron en Mosteiro Vello.
................................................................................................................................................................
25.- NA IGREXA DE SAN SALVADOR NON SE GARDAN BULDAS PAPAIS.
En publicacións referidas ao Camiño de Santiago aparece citado que na igrexa de San Salvador de Sárria os peregrinos poderán ollar unha bulda do Papa Xoán XXI.
MENTIRA. As buldas concedidas ao Mosteiro de Santa María Madalena de Sárria por sumos pontífices romanos están no Arquivo Histórico Nacional en Madrid, e quen queira coñecer o seu contido acharao no libro "Santa María Madadela de Sárria ", da autoría de Xaime F. López Arias.
..............................................................................................................................................................
26.- O NOME DE ESCALINATA MENOR CARECE DE FUNDAMENTO
O que fora a Calella de Teixeiro foi dotada de escaleira de pedra que comunica a actual Rúa Marqués de Ugena coa Rúa Matías López. Erro cometeu o Concello dándolle o nome de " Escalinata Menor" ou " Escalinata Pequena". cando o nome axeitado, tendo en conta a denominaciòn tradicional do espazo debe ser Escaleira de Teixeiro.
............................................................................................................................................................
27.- FREI LUIS DE GRANADA ( LUIS SARRIA ) NON NACEU NA POBRA DE SÁRRIA
En algunhas ocasións vemos publicado que Frei Luis de Granada naceu en Sárria. Iso non é certo. Luis Sárria, o futuro Frei Luis de Granada, naceu en Granada a onde o seu pai , Narciso Sárria , se trasladara pouco despois da conquista da cidade polos Reis Católicos.
...............................................................................................................................................................
28.- O NOME DO RÍO SÁRRIA NON VEN DO NOME DA VILA.
Algúns publicistas apuntan a que foi a vila de Sárria quen lle deu nome ao río que nacendo en terras de Triacastela pasa por Samos, Sárria, Láncara e O Páramo e leva as súas augas ao " río daNeira ". MENTIRA : O nome do río Sárria resoa xa no século VI e na documentación medieval e dos séculos seguintes. Nos anos finais do século XII o rei Afonso VIII de León e Galicia fundou a Vilanova de Sárria ( 1194 ) dándolle o nome do río que bicaba os seus pés, sendo anteriores a este nome os de parroquias, lugares, mosteiros, val e veiga apelidados " de Sárria".
...............................................................................................................................................................
29.- A ACTUALMENTE CHAMADA PONTE VELLA NON É A PONTE DE SÁRRIA
Na actualidade recibe o nome de " Ponte Vella " a antiga " Ponte de Vilar de Sárria ". Hai tamén quen lle chama " Ponte Romana". Até ben andado o século XIX o nome de " Ponte Vella" correspondía á " Ponte de Sárria" ( á que agora chamamos Ponte Ribeira ). A Ponte de Sárria foi anterior á Vilanova de Sárria e deulle nome ao lugar da Ponte, que era do Arcediago de Sárria.
...............................................................................................................................................................
30.- O HISTÓRICO RÍO BARBADELO É O AGORA CHAMADO RÍO CELEIRO, NON O RÍO PEQUENO ( MODERNA CREACIÓN DA XUNTA DE GALICIA ).
Na Idade Media o río que dende Santa Icía ( en San Martiño de Loureiro ) leva as súas augas ao Río Sárria foi coñecido como Río Barbadelo. Ese curso fluvial mantén o seu nome primitivo entre Santa Icía e a Ponte Amboade. Ao longo dos anos ese río foi recibindo nomes diferentes, nos seus treitos ( río de Piñeira, río de Albán, río da Rañoá, río de San Lázaro , río Celeiro, río Mazadoiro.... ) . Tamén en algunha publicación figura como " brazo occidental do Río Sárria ).A nivel máis local,, en Sárria tamén se lle deu o nome de río Pequeno, río das Vacas e río da Estación ) consolidándose co paso dos anos o de RIO CELEIRO . Porén nestes anos, e na vía de altas prestacións Sárria-Moforte de Lemos a Xunta de Galicia, sen base nin fundamento, puxo letreiros nos que aparece o nome de " Río Pequeno" que nunca tivo outra xustificación que a de opoñer ao Río Sárria ( Río Grande ) o Río Pequeno ( denominación compartida coas locais na vila ).... Tendo en conta que " Barbadelo" ( hidrónimo consolidado en nomes de mosteiros, parorquias e lugares ) é denominación consolidada na documentación medieval e no Códice Calixtino ( " deinde Barbatellum" ) todo xustifica que se abra un expediente de rehabilitación do histórico nome do Río Barbadelo dende a súa orixe no Castro de Santa Icía até a súa morte na Veiguiña ( San Martiño de Requeixo-Vilar de Sárria ).
...........................................................................................................................................................
31.- EN SÁRRIA NON HOUBO CACIQUISMO
Non é necesario precisar nomes de familias e nomes de perseiros locais para deixar sentado que , como en toda Galicia, o caciquismo señoreu estas terras dende a Restauración até ben entrado o século XX, Foi exercido por familias que procedentes de sectores liberais acabarían entrando na dinámica provincial de deputados " cuneros", eleccións falseadas, alternancias nos postos dirixentes, favores aos prosélitos, mal reparto de impostos , etc. A deixación de obrigas legais potenciada dende o Concello fixo que non se creasen escolas, que a construción de estradas se eternizase , que a traída de augas e a chegada da electricidade fosen por décdas desexos non cumpridos. Tiveron que ser Xosé García, coa Escola de Mondín, e Matías López López, coas Escolas Publicas de Sárria, pagadas por eles os que suplirían a inacción municipal e provincial en Sárria. Por causa do caciquismo a estrada de Sárria a Portomarín estivo parada máis de 65 anos en Mouzós, a estrada entre Sárria e Becerreá comezada en 1853 non se rematou até 70 anos despois, En 1910 só dúas das capitalidades dos concellos da comarca ( A Cruz do Incio e Samos ) tiñan comunicación con Sárria por estradas, e para chegar ás outras había que servirse polas corgas antigas .No concello de Sárria había unha escola de nenos, unha escola de nenas, a escola de padroado de Mlondñin e as escolas incompletas ( temporeiras ) de Tremeado, Barbadelo, Lezoce e Fontela da Pena. A comarca era un ermo cultural ,onde a maior parte da poboación era analfabeta, e mesmo , propiciada polos caciques daquel tempo, chegou a haber unha manifestación na contra da creación de escolas .
........................................................................................................................................................
32.- OS TERREOS DO BARRIO ANDIÓN ERAN DA MARQUESA DE VILLAVERDE .- BARRIO ANDIÓN É UN NOME SEN FUNDAMENTO.
Os terreos da Casa Grande de Sárria ( dos Somoza Saavedra ) ocupaban unha grande extensión den de a Rúa Maior até o Campo de San Lázaro e os restos que chegaron á década de 1940 foron parcelados para daren nacemento rúas Rosalia de Castro, Padre Sarmiento e Frei Luis de Granada coorendo coa representación da súa dona a Marquesa de Villaverde actuou un tal Andión, e como el foi o que aparecía nas escrituras os numerosos compradores bautizaron o nacente barrio como " Barrio Andión", que se mantivo por décadas e acabou esmorecendo.
.............................................................................................................................................................
33- O CASTELO DO BATALLON, O CASTELO DOS BATALLÓNS, A TORRE DO BATALLON E A TORRE DOS BATALLÓNS SON DENOMINACIÓNS SEN BASE ALGUNHA PARA A TORRE DA FORTALEZA PROPIAS DE PERSOAS QUE IGNORANTES DO SEU RICO PASADO INVENTAN TOPÓNIMOS TOTALMENTE INXUSTIFICADOS.
Mala fada persigue aos topónimos locais e fronte á denominación correcta TORRE DA FORTALEZA foron aparcendo nomes espúreos .
a ).- Castelo do Batallón, como se a desaparecida Fortaleza fose sede e acuartelamento dalgún innominado batallón militar ( a denominación popular, Castelo de Batallón ou Castelo dos Batallón fai referenza ao apelido da familia que posui entre 1860 e 2025 a torre e a metade do soar, foxos e contrafoxos da Fortaleza , onde alzou casa Manuel Pérez Batallón )
b ).- Castelo dos Batallóns , parece dar por suposto que na Fortaleza da que formou parte houbo batallóns acantonados . En Sárria os únicos batallóns acantonados , nas décadas finais do século XIX, foro o Batallòn da Reserva e o Batallón de Deposito cuxo cuartel estaba na Casa Novoa, na Praza da Constiución, máis de vinte anos despois de ser derrubada a Fortaleza, razón pola que mal puido albergar destacamentos militares. É máis, cando a guerra carlista fixo necesario acantonar tropas na vila , estando aínda en pé a Fortaleza, o seu estado en pardilñeiro fixo que os militares ocupasen a igrexa de San Salvador, protexida por alto parapeto de pedra e terra. Nunca houbo batallóns na Fortaleza. ( Popularmente deron en chamarlle Castelo á torre, e pluralizando o apelido da familia posuidora conviviron as denominaciñons Castelo de Batallòn e Casteli dos Batallón ), Os ignorantes pasan do patronímico á agrupación militar nunca ocupante da Fortaleza. ¿ E agora que xa non pertence aos descendentes da familia Batallón , ¿ Que estrambótica denominación lle van dar os espontáneos creadores de absurdos topónimos ?
c ) Torre do Batallón ( véxase o dito en a ) , dándose tamén a variante con" Torreón" )d ) Torre dos Batallóns ( véxase o dito en b ) dñandose tamén a variante con " Torreón"
.............................................................................................................................................................
34.- O CRUCE DA CIGÜEÑEIRA NON EXISTE EN SÁRRIA
Os deturpadores convirten " CIGUÑEIRA" en " Cigüeñeira " convertindo a planta coñecida como falsa cicuta ( ciconiaria ) en castrapeiro asentamento de cigoñas. Temos o topónimo Ciguñeira en Barbadelo, en Castelo dos Infantes , no Pàramo.... E en Sárria apareceu no cruzamento das estradas de Corvelle e de Samos cando unha persoa do lugar barbadelense da Ciguñeira pasou a vivir nese espazo da parroquia de Santa Mariña de Sárria.
.............................................................................................................................................................
35.- O NOME DE RÍO ORIBIO CO QUE SE PRETENDEU SUSTITUIR O DE RÍO SÁRRIA, DOCUMENTADO DENDE O SÉCULO VI, CARECE DE BASE E FOI FROITO DA TEIMUDA IGNORANCIA E DA OUSADÏA DE PERSOAS ALLEAS Á COMARCA DE SÁRRIA E QUE IGNORARON O CONTDO DE DOCUMENTOS SECULARES, MAPAS, DICCIONARIOS, PUBLICACIÓNS VARIAS ....
Darredor de 1965 xentes con responsabilidade politica en Triacastela e Lugo que non leran, ou ignoraban as fontes documentais de xeral coñecemento , de multisecular fundamentación, deron na teima de que o río nado nas varias fontes da Meda, Albela e Iribio " era un río con tres nomes ", xa que , segundo eles, recibía a triple denominaciòn de Río Triacastela , Río Samos e río Sárria.
Na súa cultivada ignoracia deron de lado á ampla documentación medieval samonense , aos escritos do Padre Sarmiento e de historiadores , xeógrafos e publicistas que sinalaron constantemente que a " ripa Sarrie " dera nome a San Cristovo de Río de Sárria, San Martiño de Río de Sárria, Freituxe de Sárria, Veiga de Sárria en Reiriz, á Veiga de Sárria, ao Val de Sárria, á Vilanova de Sárria, á Pobra de Sárria, á Vila de Sárria, á Ponte de Sárria, a San Sadurniño de Sárria, aos mosteiros de Santa María Madalena de Sárria e Santo Antoíño de Sárria, á parroquia de San Salvador de Vilar de Sárria, á Terra de Sárria, ao Condado suevo " de Sárria ", ao Condado medieval de Sárria, ao Marquesado de Sárria, ao Arcediago de Sárria, ao Arciprestádego de Sárria, espazos todos eles xurdidos nas beiras do río que xa dera nome ao Condado Sarriense no século VI..
Teimudos no desexo de sustitución do nome histórico do afluente principal do Río da Neira, deron no parvo lerio de unificar o que eles consideraban río de tres treitos e non tiveron mellor idea que a de propoñer que lle chamasen " Río Oribio", tomando como base o orónimo , desafortunado por outra parte, dándolle como único nacemento as abas do Monte Iribio ( hai que notar que o medieval " mons ou alpe Eripius" derivou en Iribio, e á hora de desgaleguizar topónimos derivarano en Oribio, cando O Iribio ou A Iribio ( pola súa cabeza grande ) foron nomes para monte e serra.
Dende Lugo, Alfredo Sánchez Carro e o politico Toubes, sumando inexplicablemente á súa campaña ao escritor Anxel Fole, deron comezo , dende as pàxinas de El Progreso a unha campaña de " xustificación " da mudanza do nome histórico, e dándolle un toque folclorizantes organizaron unha cerimonia de bautismo do río. Bautismo de comedia para un río con nome coñecido, cando menos 1.300 anos atrás, e que emparentado con Sar, Sarela, Sariña, Sarrea, Sardeu... leva na súa propia denominación e raíz a súa identidade de " corrente fluvial". Iso si, aos folclosristas promotores o sánscrito e os estudos históricos trouxéronos sen coidad.o Menos explicable é a particpacion de Anxel Fole , no intento usurpador e no apadriñamento da cerimonia, porque el era quen de xogar , ao seu xeito, con etimoloxías e expresións toponímicas " eufñonicans" e debera ser coñecedor da orixe e permanencia secular do hidrónimco que viña a axudar a facer desaparecer,
Para iso solicitaron a cooperación do señor abade mitrado de Samos, en cuxo mosteiro vivían e eran preclaros estudosos monxes que coñecían toda a documentación referida ao cenobio, na que teimudamnte os diferentes diplomas o situaban " in ripa Sarrie, sub alpe Eripius Samanos nuncupato".
Ningunha voz se levantou no tempo desa campaña xornalistica, en non sendo a do erudito sarriao don Antonio Peña Villamarin, que mentalizando aos compñlentes da corporación municipal sarriá fixo posible que a proposta de cambio de nome do Río Sárria fose rexeitada polo Concello, malia a que, un compracente alcalde Xesús Vázquez Rivas amosase conformidade cos desexos dos xerarcas aqueles que dende Lugo andaban a armar ese desaforo. Malia o acordo en contrario do Concello sarriao, sin mediar expediente algúm, informe xustificativo ou intervención dos servizos históricos e xeográficos os promotores organizaron un acto con acompañamemto de gaita do país no que o señor abade samonese , dom Mauro Pereira Gómez , oficiou de bautismador tomando como referenza para iso o regueiro que bica o pé do Monte Iribio, dando de lado ao feito de que o cauce se forma con fontes e regueiros da Albela, A Meda e O Iribio , e non hai un nacemento único, unha Fonsarria, como hai unha Fontaneira, unha Fonmiñá e unha Fonteo,
Contan que ao facer a aspersión presuntamente bautismado o abade bieito dixo máis ou menos " Eu te bautizo, Río Oribio, e que cada un te chame como queira" ( mais un que daquela era un mozote e foi quen tivo conta do caldeiriño usado para a benzón tenme asegurado que o abade non dixo iso de " que cada un te chame como queira " , frase que segundo el sería da autoría dalgún dos valedores da cerimonia.
Despois a ilustre comitiva , gaiteiros e danzantes pasaron a Triacastela , Samos e Sárria, e na Praia do Chanto soaron tamén as gaitas e brincaron os bailaríns diante da sorpresa dos que por alí andamabaos,
Dende entón na prensa , nos indicadores, etc, apareceu o nome de " Río Oribio ", e cando aparecía escrito " Río Sárria" añadíanlle o rabiño de " agora Río Oribio".
En Sárria non se aceptou ese intento de suplantación, mais dende Lugo seguían na teima. Luis Macía Vázquez, algún dos monxes historiadores de Samos, o alcalde sarriao Euxenio Quiroga Vázquez, Vìctor López Villarabid ... mantiveron unha longa loita a prol da eliminación do nome espúreo.
Os viaxeiros , ao día de hoxe, acharán rotulado o nome do Río Sárria na Ponte de Almirón ( augas abaixo de Pena Partida ), na Ponte de Samos ( a carón do Mosteiro ), na Ponte Nova do Vao, na Ponte Nova de Frollais, na Ponte Vella de Vilar de Sárria e na Ponte entre Agreimonde de Vilafiz ( O Pàramo ) e A Pobra de San Xiao ( Láncara ). E aquí hai que destacar como defensor do nome multisecular do río ao Señor Cobreros, delegado provincial de Obras Públicas, que foi o inspirador da colocación de indicadres de bon tamaño que manteñen o nome neses puntos que xa na Idade Media aparecen citados " in ripa Sarrie ", " in fluvio Sarrie ", " prope amnis Sarrie" en terras hoxe pertencentes aos concellos de Triacastela, Samos, Sárria. Láncara e O Páramo.
Dos sete concellos que forman a Comarca de Sárria, á que esta canle central lle deu nome, catro das cabezas de concellos están bicadas polas augas que forman o RÍO SÁRRIA: Triacastela ( A Pobra de Triacastela ), a vila de Samos ( " in ripa Sarrie" ), a vila de Sárria e A Pobra de San Xiao. Dende as fontes da Meda, da Albela e do Iribio á foz de Moscán, no río Neira, en toda a súa lonxitude o río Sárria garda o nome que os seurros lle deron, que os romanos coñeceron, e serviu para que os suevos defniran as terras entre Neira e Sil, e século tras século se mantivo...
..............................................................................................................................................................
36.- O NOME DE RÍO OURIBIO CREADO POR ELÍAS VALIÑA SAMPEDRO , PARA O RÍO SÁRRIA, NON TEN XUSTIFICACIÓN ALGUNHA,
Basándose na posible existenza de veas auriferas nas abas do Monte Iribio e no convencemeto de de que o "Ori" do mal chamado Oribio viña a se referir a "oro" , o seu equivalente galego é "Ouro", Elías Valiña Sampedro levou máis adiante , cun falso anosamento do topónimo por el creado, e en publicacións da súa autoría chamoulle "Río Ouribio ", supñendo que ese nome da súa particular creación viría de " Aurum + bio " ( ¿ Ouro + vida ? ). Ignorou que o medieval monte ou alpe Eripius derivou en Iribio , mal chamado Oribio, e no seu desexo de darlle enxebreza fixo unha artificiosa creación, que , en alunhas ocasións se ve seguida por persoas pouco rigorosas que ignoran os orónimos e topónimos da nosa comarca. Non hai " Río Ouribio" nin " Monte Ouribio ". Dende séculos atrás hai " O Río da Sárria"-" Río Sárria " e o Monte e a Serra "do Iribio".
................................................................................................................................................................
37.- O NOME DE " RÍO OROBIO" QUE ALGUNHAS VECES SE RECOLLE EN TEXTOR EPUBLICACIÓNS É UN CLARO ARTIFICIO.
Algúns viaxeiros ocasionais que pasaron pola Terra de Sárria e publicistas de lecrura precipitada nomean o " Río Sárria" como " Río Orobio". Ese inexistente hidrónimo é froito de radical descoñecemento do nome real, documentado, histórico e gráficamente recollido en mapas e enciclopedias dende séculos atrás.
.............................................................................................................................................................
38.- DON FERMÍN SOMOZA NON FIXO NINGUNHA PONTE
Riba do río Celeiro, o histórico río Barbadelo, Río Celeiro agora chamado, na parroquia de San Pedro de Maside, agora na Rúa da Estrela, da vila de Sárria, está a Ponte do Mazadoiro , paso sinalado no Camiño Francés de Sárria a Lugo por Goián e no ramal de Sárria a Lugo por Santa María de Vilar. Cando en 1853 se fixo a Ponte Nova do Mazadoiro, na Estrada de Nadela a Valdeorras, pasou a ser coñecida como " A Ponte Vella do Mazadoiro ".
Beira dela , cando en 1880 o ferrocarril chega a Sárria, un Pedrosa de Lugo, prepara unha edificación para fonda e actividade comercial que acabará pasando a un Somoza da Furela .Fermín Somoza, industrial , que foi alcalde de Sárria instalou nesa casa actividade comercialm e a edificación, por algún tempo foi Estafeta de Correos. Ese señorío dominical deu lugar a que a xente dese en chamar " Ponte de don Fermín" á histórica Ponte Vella do Mazadoiro, e aínda un século despois esa inxustificada denominación para esa ponte de pedra de orixe medieval segue a estar presente en conversas de sarriaos. O nome auténtco é " Ponte Vella do Mazadoiro", e a expresión " Mazadoiro" pasou da ponte ao barrio xurdido darredor da Estrada de Valdeorras e da liña do ferrocarril.
.................................................................................................................................................................
39.- NON EXISTE O "PUENTE ÁSPERO".
En relatos de peregrinos aparece en algunhas ocasións a expresión " Puente Áspero" - " Ponte Áspero", para nomear a ponte medieval , refeita no século XIX, que riba do río Celeiro ( o medieval río Barbadelo ) comunica Sárria con Maside, no Camiño de Santiago, cuxo nome é ! Ponte da Áspera ", sendo tamén erro chamarlle " Ponte Áspera". Esta ponte deulle nome á aldea da äspera, ou da Veiga de Abaixo, na parroquia de San Salvador de Sárria, e como Costa da Áspera é coñecido o espazo de terras situadas entre o Mosteiro da Madalena e o Río Celeiro. A Corga da Áspera e o Atallo da Áspera, que foron treitos do Camiño de Santiago desapareceron cando se abriron as canteiras da Áspera.
...........................................................................................................................................................
40.- A PONTE VELLA DE VILAR DE SÁRRIA NON É A PONTE VELLA DE SÁRRIA
Historicamente , no Camiño de Santiago, a actual Ponte Ribeira foi coñecida como A Ponte de Sárria , e así a rexistrou o Padre Sarmiento na súa viaxe cando procedente do Cebreiro fixo camiño cara Pontevedra. Tamén foi coñecida como Ponte Vella. Augas abaixo está a Ponte de Vilar de Sárria, á que algúns chaman " Ponte Romana" que está entre as denominacións de Pradeda e Caneiro ( da parroquia de Vilar de Sárria ) e da Nogueira ( tamén de Vilar de Sárria ) no chamado Camiño de Aranza que seguía cara A Fonsagrada e Asturias. O nome correcto é o de Ponte Vella de Vilar de Sárria que, de xeito xeral, todos simplificamos en " A Ponte Vella" e este nome está presente na Urbanización Ponte Vella, a Praza da Ponte Vella e no Peto de Ánimas da Ponte Vella e na desaparecida Casa Taberna da Ponte Vella, e na Casa da Ponte Vella existente na súa saída.
.............................................................................................................................................................
41.- A CASA DA FÁBRICA DE SARRY NON É UN PAZO
Na década dos anos 1840 o vasco.francés Jean Sarry ( aquí Xoán Sarry ) estableceu en Treilán, parroquia de San Martiño de Requeixo, unha fábrica de cortumes, aproveitando a produción de coiros e ao seu carón alzou casa. O conxunto foi chamado Casa de Sarry . ou Casa da Fábrica de Sarry, e despois da morte das últimas fillas solteiras de Santiago Sarry a propiedade foi vendida a terceiros. E malia a que ningún dos seus posuidores tiña condición de fidalgos ( Jean Sarry era un industrial establecido en Sárria cando o estatuto de señores territoriais desaparecera ) pasaron a darlle o nome de " Pazo de Treilán ", que pode ser considerado como denominación comercial-hostaleira, mais nunca lle dará a categoría de pazo, porque ademais é ben posterior á edificación dese tipo de casas no medio rural.
........................................................................................................................................................
42.- A IGREXA DE SAN XOSÉ OBREIRO DO OURAL NON É IGREXA PARROQUIAL
A localidade de O Oural está formada por casas das parroquias de San Xulián de Chorente e San Sadurniño de Froián onde se achan as respectivas igrexas parroquiais co as súa correspondentes pías bautismais. ´E un erro manifesto, que aparece en notas de prensa e nas esquelas mortuorias calificala de " parroquial". A expresión correcta é dicir " O templo de San Xosé Obreiro de O Oural".
.............................................................................................................................................................
43.- A IGREXA CONVENTUAL DA NOSA SEÑORA DA MERCÉ NON É IGREXA PARROQUIAL.
Aparece en novas de prensa e esquelas a expresión " Igrexa parroquial da Mercñe ", calificativo inadecuado porque non tivo nunca condición de parroquia, e un proxecto de darlle esa titulación na segunda metade do século XIX foi rexeitado pola veciñanza que apostou por derrubar a igrexa de Santa Mariña , vella igrexa romñanica, para facer outra nova. O correcto é dicir " Igrexa conventual da Mercé ".
........................................................................................................................................................
44.- A CASA DE VAAMONDE ( CASA DO CONCELLO ) NON É A CASA BAAMONDE.
A actual Casa do Concello de Sárria ( que ten esa función dende 1920 ) foi alzada pola familia García Vaamonde ( con V ), apelido presente con esa forma no sur da provincia de Lugo, sen que apareza as formas Baamonde ou Bahamonde . É obra proxectada polo arquitecto Daniel García Vaamonde, con exercizo en Santiago de Compostela, como técnico municipal. A Casa Vaamonde co enadido das desaparecidas Casa Rivas e Casa de Luis Yebra é a Casa do Concello da vila de Sárria ( Casa nº 1 da Praza da Constitución / nº 14 da Rúa Maior ).
............................................................................................................................................................
45.- A CASA DOS ULLOA NON TEN POR NOME " CASA DAS ARSENIAS"
A familia dos Ulloa asentou na vila de Sárria no século XVIII. A derradeira dona pertencente a esa familia foi dona Concepción Ulloa Lois, que á súa morte deixoulla á Orde da Mercé. Os mercedarios vendérona ao cura de Barán, orixinario de Loureiro de Barbadelo, pasano a ser coñecida popularmente como " Casa do Cura de Barán ". Este deixou por herdeiras á unha sobriñas súa, sendo a máis coñecida delas a chamada Arsenia, que estableceu en parte do baixo unha nercearñia ( Mercearía Arsenia ) e tamén tivo consulta nesta casa un sobriño delas que era médico. Outra parte da casa foi alugada ao titualr da " Ceraría Quibeo". Dos usos dados a eses espazos xurdiron as denominación " Casa de Arsenia" e " Casa do Cereiro" , e como as Méndez eran tres irmás outras xentes chamáronlle " Casa das Arsenias". Herdada esta casa por sobriños desas causantes a casa pasou a ser propiedade da Xunta de Galicia, e despois do Concello de Sárria, e por ter sido o soar da familia Ulloa, cuxos membros tiveron singular presenza na vida local no século XIX e primeiras décadas do XX, deixando de lado as denominacións populares non consolidadas recuperouse o histórico nome de " Casa dos Ulloa ".
.............................................................................................................................................................
46.- O MAL CHAMADO "MANICOMIO DE VILAPEDRE" TIÑA POR NOME VERDADEIRO " CASA DE SAÚDE DE VILAPEDRE" E ASÍ A BAUTIZOU DON RICARDO NÚÑEZ RODRIGUEZ.
Ainstalación creada por don Ricardo Núñez Rodriguez , que se nabtivo até a década dos anos 1950, popularmente foi coñecia como " Manicomio de Vilapedre ", cando el se referíu sempre a esa institución privada como " Casa de Saúde".
.............................................................................................................................................................
47.- " A VIELA DO BARREDO" VIU MODIFICADO O SEU NOME CUNHA IRREGULAR ACTUACIÓN MUNICIPAL.
A ruela que comunica a Rúa Frei Luis de Granada coa Rúa Marqués de Ugena, á que dá a parede lateral esquerda do desaparecido Cinema Cissa, recordando a denominación dos terreos desa zona . " O Barredo", que pertenceran á Casa Grande de Sárria, recibiu seguindo o correspondente proceso administrativo o nome de " Viela do Barredo".. Como houbo unha persoa que insistiu diante da alcaldía, de xeito oral, sinalando que era " un nme feo", o primeiro munícipe dese tempo, sen mediar trámite nin resolución en forma, encargou, sen mais, unha lápida na que se fixo figurar o nme de " Rúa Andrés Piquero " ( músico que foi direitor da Banda de Música de Sárria e autor dun Himno a Sárria ". A palabra " Barredo", patrimonial do galego de Sárria, foi así irregularmente desbotada .
..............................................................................................................................................................
48.- A RÚA " MÚSICO CHANÉ" NON TEN NOME DE PERFUME ( CHANEL )
Xosé Castro López " Chané " ( 1856 /1917 ) músico galego con exercizo en Galicia e La Habana musicou diferentes temas, entre eles a famosa composición " Unha noite na eira do trigo", de Curros Enríquez , e na década dos anos 1950 o Concello de Sárria adicoulle unha rúa no nacente Barrio Novo ", entre a Rúa Diego Pazos e a Rúa Pascual Veiga. O xeralizado descoñecemento da súa vida e traxecoria, e a influencia propagandística da perfumaría " Chanel " leva a que o nome oficial se vexa suplantado pola máis aromática e coñecida denominación asimilada a partir de Cocó Chanel. Sería de desexar que para evitar confusións a rúa se vexa rotulada como " Rúa Músico Chané ·
...............................................................................................................................................................
49.- NA ESTRADA DE SÁRRIA A PORTOMARÍN A ESTREMA ENTRE SÁRRIA E PARADELA ESTÁ PERTO DO CASTRO DE BARÁN E NON NA PONTE DO NEO.
Indo de Sárria cara Portomarín sorprende que pasado o Río Loio e a Ponte do Neo ( A Pinza ) se vexan letreiros que indican que estamos a entrar no " Concello de Paradela " e na " Ribeira Sacra ". Claro erro, porque o Concello de Sárria e a parroquia de San Salvador da Pinza van máis de un quilómetro adiante até perto do Castro de Barán, que é onde a estrada entra no Concello de Paradela . Entre o río Loio e o Castro de Barán a unha e outra banda da estrada as terras son do concello de Sárria . Ä esquerda están a Costa de San Mamede e a Fonte de San Mamede, que son lembranza do Mosteiro de San Lourenzo de par do Loio, vencellado aos mosteiros de Barbadelo. E entre o río Loio e a estrada están as veigas de Valiñas, tamén da parroquia da Pinza. Só con consultar os planos catastrais se ve que os letreiros informativos están postos dentro do termo municipal de Sárria-
..........................................................................................................................................................
50.- A MORTE MUNICIPALMENTE CONSENTIDA DA HISTÓRICA FONTE RIBEIRA
A Fonte Ribeira . dende os anos finais do século XII até 1920 foi o único manantío do que diariamente em todo o anos podían recoller auga para o consumo domiciliar das casas ricas e pobres, e as súa augas encanadas dende mina foron levadas até o lugar da Ponte , onde saían por dous canos Cando se fixo a Praia do Chanto a fonte , reducida á mínima expresión foi adosada á parede sur dunha caseta do Matadoiro, e quedou cun só cano, e encheron de reblo o eirado para que os coches poidesen chegar á praia pola Ribeira dos Cucos, e cando os munícipe viron que os donos de moitos coches aproveitaban para lavalos collendo baldes de auga na presa ao tempo que a area quedaba chea de lixo e graxa, puxeron unhas pedras para impedirlles o paso. Cando se urbanizou a Corga da Fonte Ribeira ( agora Rúa Celso Emilio Ferreiro )a fonte , con maior dimensionado foi reinstalado máis ou menos á altura onde estivera a fonte monumental mandada facer polo Rexemento da vil na que figura o escudo de armas dos Condes de Lemos, cos roeis propios dos Castro, señores de vila de Sárria dende 1380 , cando deixou de ser a Pobra de Sarría vila real " con voto en Cortes". Finalmente houbo un proxecto para recuperar a fonte cun maior volume , aínda que non se alcanzou o dimensionado orixinario, facendo un novo eirado e poñendo unha escaleira para subir á ponte , aproventando parte do espazo que ocupara o Matadorio Municipal, até que foi derrubado para o alargamento da Ponte Ribeira - alongamento este que en 2026 aparece cuestionado ao pretender a Confederación Hidrogràfica Miño-Sil eliminar ese enadido, e darlle carácter peonil a antiga Ponte de Sárria.
Esta cuarta fonte foi dotada dunha soa billa , dentro do sistema de augas da traída municipal, con mecanismo de apertura á vontade dos usuarios que foi vítima do vandalismo , e deixou de prestar servizo, quedando o que foi fonte de vida para vila convertida en unha parede , e o que fora orgullo para xerazóns de sarriaos por máis de sete séculos, coa compracenza municipal deixou de ser fonte.
E aquela cantiga que dicía. " Viva Sárria porque ten / unha nova carreteira / un convento para frades / e unha fonte na Ribeira", deixou de ser verdade e de ter sentido.
..........................................................................................................................................................
51.- SÁRRIA NON ESTÁ EN CATALUNYA.
Son moitos os forasteiros de paso por Sárria, peregrinos en publicacións e foros varios, publicistas e outras xentes alleas á estas terras que cando se refiren á nosa terra, á nosa vila e ao noso concello dándolle o nome de " Sarriá" . Lamentablemente algunha entidade bancaria con praza na vila no seu selo e nos seus impresos pon " Sarriá" e quedan tan anchos....
Non estamos en Catalunya ( Sarriá, Sarriá de Ter, Sarriá Dalt )... Non estamos en Alacant ( Callosa d "En Sarriá )... Non estamos en Navarra nin en Euskadi ( Señorío de Sarría, Sarría ), nin en Caracas ( Sarría )....
Nós estamos en Galicia,,,, En tempos atrás os sarriaos escribían ( Sárrea ).... e fumos río Sárria, e Veiga de Sárria, e Val de Sárria, e Vilanova de Sárria, e A Pobra de Sárria...... sempre coa sílaba tónica en " Sá".... nunca no " á " do remate da palabra.
Sarriá non está en Catalunya....
.........................................................................................................................................................
52.- OS FREIXÓS SON FREIXÓS E AS FILLOAS SON FILLOAS
Por estas terras sabemos diferenciar entre os freixós ( fariña e leite , co enadido de azucre, mel ou ano ) e as filloas ás que se lles enade o sangue das vítimas da matalota, e que na actualidade prácticamente desapareceron da oferta gastronómica particular e dos establecementos hostaleiros.
E as nosas filloas non son coma as doutras terras galegas.... aquí non precisamos de meter lacóns a cocer para aproveitar a auga do cocido para facer os nosos freixós.
E como sempre nos apuntamos ao alleo e despreciamos o propio agora aceptamos " crepes" e deixamos de lado os freixós, que acabarán sendo algo tan exótico como o son hoxe as " filloas de sangue ".
...........................................................................................................................................................
53.- NOS MONUMENTOS EXISTENTES NA VILA DE SÁRRIA NON HAI A IMAXE DE NINGUNHA "MULLER TOTEM",
De xeito ocasional tense falado da existenza na vila de Sárria dunha hipotética imaxe dunha " muller totem". Non hai tal. Os creadores desa suposición parece que se refiren á imaxe de bulto en pedra de Santa María Madalena, que preside dende o tímpano a inutilizada porta da segunda igrexa do mosteiro do seu nome. Esta imaxe está estragada e non é apreciable a súa face, poren a súa identificación é indisctible , identificánose polo tarriño de perfumes e a nave asociados á súa advocación e tamén pola cruz da Orde dos " Madalenos que ali figura ". Esa porta permaneceu oculta por tras dun muro de pedra que foi retirado na década de 1950, que nos leva á igrexa gótica do século XIV permitindo coñecer que o seu solo estaba máis alto ca o dado cando se construiu a terceira igrexa , no século XVI,
...........................................................................................................................................................
54- A PARROQUIA DE SAN XOÁN DE LOIO NON ESTÁ EN PORTOMARÍN
San Xoán de Loio é unha parroquia do concello de Paradela, bañada polos ríos Miño e Loio, na que na Idade Media estivo o Mosteiro de San Xoán de Loio . Ao facer o Encoro de Belesar os lugares que a formaban desapareceron e fixeron igrexa nova e algunhas poucas casas acolleron na estrada ás poucas familias que decidiron seguir nese histórico espazo, que forma parte do Concello de Paradela dende o ano 1840.
Dous locais hostaleiros de recoñecida sona fan que a freguesía sexa coñecida e visitada por un elevado número de persoas ao longo do ano.... e á hora de situar eses lugares maioritariamente sinalan que San Xoán de Loio está en Portomarín, cando só é unha parroquia de Paradela estremeira co que resta da desaparecida vila e parroquia de San Pedro de Portomarín , á cuxa xurisdición e concellos consttucionais pertenceu até 1840-
....................................................................................................................................................
55.- O LUGAR DE REQUEIXO NON ESTÁ EN SAN MARTIÑO DE REQUEIXO.
A Casa de Requeixo e Santo Estevo de Requeixo ( que dependendo dos Templarios foi Santo Estevo de Barbadelo ) pertencen á parroquia de San Pedro de Maside ( e antes da desaparecida parroquia de San Vicenzo de Maside.
San Martiño de Requeixo é parroquia actualmente formada polos lugares de San Martiño, Treilán, O Mazadoiro , a Casa de Sarry e a Casa de Reguiño... Non hai ningún lugar na freguesía que sexa coñecido como " Requeixo"-
Requeixo está en San Pedro de Maside.
.......................................................................................................................................................
56.- PARADELA É UN TOPÓNIMO QUE NADA TEN QUE VER CON LUGAR PARA FACER PARADA
En moitas ocasións, especialmente en publicacións relacionadas co Camiño de Santiago, fan derivar o nome de " Paradela" como diminutivo de " Parada", indicando ser lugar que fai referenza a un hipotético lugar de " descanso" para camiñantes , cabalarías e traxinantes.
Nada máis lonxe da realidade... Paradela fai referenza a terra alta aberta aos ventos e ás xiadas, en resume unha terra fría. Na Comarca de Sárria ademais da capitalidade do Concello de Paradela ( que hai pouco tempo pasou de ser Pacios a Paradela ) levan o nome de Paradela as parroquias de San Miguel, San Vicenzo, Santa Cristiña e Santalla , e a de Santo André de Paradela ( esta no Concello de Sárria ) e o antigo Alciprestádego de Paradela ( formado por parroquias de Paradela e Sárria ).
En varias parroquias da bisbarra hai paraxes e fincas que levan a denominación de Paradela, o que ven a probar que non estamos diante do aso de lugares de " descanso e parada ", para reducir a expresión a accidente orográfico.
O amplo territorio que comprenden as Paradela de Paradela e Sárria ( tamén Santa María de Vilamaior de Paradela e a súa Feira de Paradela , en Sárria ) non se xustifican como unha continuidade el lugares para descanso, e a súa condición de espazos en altura, entre o Miño e a depresión de Sárria, amostran a situación aberta con amplitude visos e a sen acocho fronte os ventos e a friaxe.´" Aparece este topónimo en lugares altos , chaos ou altos entre vales onde os viaxeiros , pastores e o gado facían un alto despois dunha dura subida .Ao estar situados en zonas elevadas de paso expostas ao vento e ás xeadas",
En Paradela, agás agora a súa capitalidade , non hai ningunha aldea que leve este nome, e só se refire a terras altas entre Miño e Loio. E hai fincas " Paradela" espalladas polas parroquias comarcanas, alonxadas de camiños , por exemplo en Piñeira ou San Martiño de Requeixo". Por certo " Requeixo" garda similitude con " Parada" e " Paradela " e veñen a significar recanto, lugar apartado , en costa en declive que termina nun val ou nunha depresión "
Paradela é termo orográfico e non ten que ver con actividade humana.
...........................................................................................................................................................
57.- O MOSTEIRO SANTIAGUISTA DE SANTA MARÍA DE LOIO NON ESTÁ NA PARROQUIA DE SAN XOÁN DE LOIO.
O mosteiro medieval de Santa María de Loio, que cando deixou ser morada de freires santiagusitas acabou sendo a parroquia " nullius dioecese " , non formou nunca parte da parroquia de San Xoán de Loio, Até o século XIX non desapareceu como parroquia exenta ao se integrar na parroquia de San Salvador das Cortes, Diocese de Lugo, quedando o seu templo reducida a simple capela.
A parroquia independente, Santa María de Loio, estivo formada polo lugar de Loio e dúas ou tres casas do lugar das Cortes e o mosteiro tense por berce da Orde de Sanatiago da Espada e dese feito garda memoria a rúa principal da vila de Paradela, que leva por nome Rúa Cabaleiros de Santiago na que se pode ver unha estatua que representa un monxe guerreiro.
Perto de Santa María de Loio estivo o mosteiro de Santa Cruz de Loio , de monxes franciscáns, que non estivo activo moito tempo.
..........................................................................................................................................................
58.- EN SANTA MARÍA DE FERREIROS NON HABÍA "FERRADORES " POÑEDORES DE TACHOLAS NOS ZOCOS.
É un lugar común copiado e recopiado o de atribuir en publicacións xacobeas o nome do lugar e parroquia de Ferriros , en Paradela, sitos entre o Momte do Páramo e o río Loio, a que alí atendían aos peregrinos xacobitas e lles ferraban o calzado e tamén as cabalgaduras.
En documemtación referida á familia do bispo San Rosende hai referenzas ao lugar de "Froisinde " ( Froxinde ) " et su villare " Ferrarios" ( Ferreiros ) o que proba que o lugar importante nese espazo da Costa do Páramo . Perto do río Loio está documentada a " Ferraría do Palleiro ", que nos leva a un punto onde se traballaba o ferro, e ese topónimo mantense aínda hoxe en varias fincas e na parroquia de Santa María de Francos está, pasada a Ponte da Ferraría, o lugar da Ferraría e en Castro do Rei de Lemos está o lugar de Ferreira, o que proba que ao longo do río Loio e nun corto espazo houbo até tres ferrarías, lugares onde se fundía o ferro nativo da zona. Ese ferro era traballado por ferreiros, e no Ferreiros do Camiño de Santiago estableceríase un número destes que acabaría dando lugar ao nome do lugar e a parroquia.
As persoas que poñen ferraduras ás cabalgaduras reciben o nome de " ferradores " sendo profisión de exercizo moi minoritario, fronte ao oficio de " ferreiros", moi valorado e espallado nas vilas e no medio rural, sendo moi elevado o número de casas que aínda na actualidade manteñen o nome de "Casa Ferreiro". Os peregrinos franceses que pasaban polo Camiño de Santiago montados dacabalo cando o precisaban acodían ai " marechal-ferrant " ( ferrador ) como o fixo o principe navarro que lle mercou ao "marechal de Triacastela" no seu viaxe de volta de Compostela.
Todo apunta a que en Ferreiros houbo unha pluralidade de traballadores do ferro que aproveitaban o ferro fundido nas ferrarías da comarca , e que cada un deles tiña a súa fragua na que facía ferramentos e aveños , e tamén ferraduras que os "ferradores" lles poñíam aos animais de carga.
.......................................................................................................................................................
59.- A PRIMEIRA IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE FERREIROS ( PARADELA ) NON FOI TRASLADADA PEDRA A PEDRA ATÉ MIRALLOS.
A vella igrexa parroquial de Santa María de Ferreiros, de orixe medieval, estaba no lugar da Airexe, onde a Capela de San Vitoiro lembra o espazo onde aquel templo estivo ubicado. Co desexo de centralizar mellor a igrexa parroquial no século XVIII foi convertida en igrexa a capela de Mirallos, anexa do Hospital de Peregrinos ali existente e que era propiedade da Encomenda de San Xoán de Portomarín , da Orde de Malta. Non se deu "traslado pedra a pedra" e psiblemente só se trasladou a espadana. A igrexa resultante é un fermoso monumento románico ao que tamén se levaría a pía bautismal da primeira igrexa parroquial,
.........................................................................................................................................................
60.- O CAMPO DA FESTA DOS REMEDIOS , NO ALTO DE CESAR, PERTENCE A VECIÑOS E NON AO BISPADO DE LUGO.
O Campo da Festa do Alto de Cesár, beira da Capela da Nosa Señora dos Remedios , foi Campo da Feira do Oito ( creada en 1872 e que non tivo consolidación ) é da enteira propiedade de veciños da parroquia. En recentes datos do Catastro de Rústica , aparece como titular dese espazo o Bispado de Lugo. Nada máis lonxe da realidade : A Igrexa non tivo nunca dereitos de propiedade deses terreos que na súa orixe formaron parte dun monte veciñal en man común que acabou sendo repartido entre os veciños.... De que o Campo é de particulares fala o feito de que cando ten lugar a romaría dos días 8 e 9 de setembro ( Santa María de Setembro ) as familias ou grupos da vila de Sárria solicitan permiso para chantar ali as súas mesas das merendas aos donos dese terreo e doutros que acollen aos romeiros.... A Diocese de Lugo, agás a capela e o circundo da frenteira e da dereita , non ten nin xiquer unha cunca de terra.
.........................................................................................................................................................
61.- NO NOMENCLATOR SARRIAO NON EXISTE A "PRAZA DE SANTA MARIÑA"
Creada como Praza do Mercado, para o que fixo necesario alzar un Murallón para eliminar o espazo que fora Costa de Santa Mariña., dando á Igrexa Vella de Santa Mariña e á desaparecida Torre do Reloxo, foi tamén chamada a Alameda , Ademais de estar destinada á celebración do Mercado Semanal , foi escenario de festas, paseos , santas misións, manifestacións patrióticas e politicas, celebración do Entroido, elevación de globos festeiros, actos militares , proxección dos primeiros filmes presentados polos ambulantes saboianos, etc. Despois de ser derrubadas a igrexa románica e a Torre do Reloxo, de propiedade municipal foi construída a igrexa de Santa Mariña A Nova, debida á xenerosidade do pàrraco castrense, nativo da Casa de Pumares da Ribeira ( Vilar de Sárria ), no ano 1888 o concello, como mostra de agradecemento, acordou darlle o nome de " Praza de don Xoán María López ", e por aportación de don Matías López López puxeron na frenteira da igrexa unha placa cerámica semelleante ás postas nas recen oficializadas denominacións de barrios , rúas e prazas. Pola súa proximidade á igrexa nova en moitas ocasións aparece nomeada como " Praza de Santa Mariña". Se o uso da nenominación popular pode ser explicable como precisador da súa situación, non é admisible que en publicacións emanadas do Concello sexa esquecida a denominación oficial e máis tendo en conta que don Xoán María López de Almance aparece homenaxeado como fillo predileto de Sárria na Galería de Sarriaos Ilustres, existente no Salón de Plenos e a rotulación da praza rezan con toda claridade o nome de " Xoán María López" , único que ten carácter oficial.
...............................................................................................................................................................
62 .- O ABETO PINSAPO DE " VILLA ANDREA" NUNCA FOI PINO
Para celebrar o nacemento de Matías de Oñate López, neto de Matías López López, que foi Marqués de Ugena consorte , no Parque de "Villa Andrea" chantaron un abeto pinsapo que alcanzou unha grande dimensión , e que cando a propiedade pasou á mans de Lisardo López Quiroga seguiu o seu curso. Ao ir sendo aceptada pola opinión pública a intención do Concello de Sárria de comprar , ou expropiar, o palacente e os terreos anexos para dotar á vila dunha ampla praza pública, un dos membros da familia , acordou cortar o abeto polo pé , coa infundada idea de que se desparecía a senlleira árbore o Concello xa non tería interese en seguir adiante co proxecto. Non foi así e a casa e os terreos anexos, a Capela do Perpetuo Socorro e outras fincas do arredor , mediando compras voluntarias e expediente de expopiación foron pasando para o patrimonio municipal. O abeto pisapo , que popularmente era coñecido como " O Pino do Marqués " acabou sendo esquecido e só queda memoria del en fotografías, sendo de destacar as que fixo Víctor López Villarabid nas que, paso a paso, recolleu o cortado das polas do abeto e como o altísimo toro foi convertido en anacos aptos para o seu aproveitamento .
Se houbese sensibilidade e se tratase de recuperar un dos que foi destacado símbolo da vila sería desexable que o Concello chantase na Praza da Vila un novo "abeto pinsapo" ( que non pino =
...............................................................................................................................................................
63.- O RELOXO DA TORRE DA IGREXA DE SANTA MARIÑA NON PERTENCE Á PARROQUIA: É UN RELOXO MUNICIPAL
Son moitos os sarriaos que descoñecen que Sárria , nos primeiros anos do século XIX contaba cun reloxo píblico que estaba intalado nunha torre que levantou o Reximento da Vila a carón da igrexa de Santa Mariña" A Vella". Cando en 1820 o mosteiro de Samos foi suprimido houbo un intento de traer para Sárria o reloxo da abandoada Abadía bieita, o que non se conseguiu porque entre 1823 e 1835 volveu a haber vida cenobitica naquela multisecular institución. Andados os anos o reloxo quedou arrombado e houbo necesidade de mercar un novo que foi gardado evolto en graxa para evitar a súa perda. Cando entre 1883 e 1885 se construiu a nova igrexa de Santa Mariña , cunha alta torre para poñer nela o reloxo público, houbo problema porque non había espazo para permitir a baixada completa das pesas propias da acción de " dar corda " ao artiluxio e houbo que adquirir outra máquina axeitada ao descenso preciso , para que se pediu a axuda na xestión a don Matías López López, industrial sarriao asentado en Madrid. Xa colocado o novo reloxo o Concello asumiu a atención diaria do mecanismo e o mantemento ordinario e extraordinario encomendando ese labor a un " reloxeiro municipal ", con relación funcionarial retribuida e entre outros podemos sinalar a Filipe López de Páramo, Antonio Pallares......, Xabier Fernñandez, que diariamnte , e todos os días do ano, subiron á torre para darlle corda. Houbo un paréntese cando o pàrraco don Xosé Garcia Castro tratou de poñer un carillón que sustituira o son das campás nos cuartos, medias e horas por sons musicais , sometidos a reloxo electrónico , non frutificou porque a xente da rúa alzou protesta cos fortes sons en horas de día. , malia a que na noite estaban calados. ... O reloxo que está na torre da igrexa dende 1885 é propiedade do Concello...
...............................................................................................................................................................
64.- MATÍAS LÓPEZ LÓPEZ NON DEPRENDEU A LER E ESCRIBIR NO CONVENTO DE SANTO AGOSTIÑO DE SÁRRIA ( MOSTEIRO DA MADALENA )
Temos lido en algunhas publicacións que don Matías López López , nado en 1825 , e que pasou a súa nenez e primeira mocidade en Sárria recibiu a súa primeira formación " no Convento de Santo Agostiño". Nada máis lonxe da realidade. Ao longo da súa historia no Mosteiro da Madalena nunca houbo escola establecida ali para a formación dos nenos e rapaces da vila e dos arredoros. Se alí se deu algún proceso formativo foi o que se puido ter dado a mozos que aspirasen á seren recibidos na Orde Agostiña ou a axuda que en ocasións puntuais e por compromisos cos seus pais se puideron dar a escolantes individuais. Aínda que un bispo de Lugo propuxera que os agostiños establecesen escola aberta para os sarriaos e xentes da contorna non conseguiu nada positivo. Só hai coñecemento de que por un curto espazo de tempo un frade agostiño exerceu de mestre na escola da vila, mais renunciou moi axiña. Sárria e a súa comarca, en materia educativa , nada lle deberon entre 1200 a 1836 ás sucesivas comunidades establecidas no outeiro de riba da Ponte da Áspera.
Na vila de Sárria, dende a década final do século XVIII, estableceuse unha Escola de Gramática e unha Escola de Primeiras Letras, sostidas coas aportacións da Obra Pía dos Hospitais de San Lázaro e Santo Antón Abade, que tamén seriron para facer a Casa da Escola e a Casa do Mestre. O Concello nomeou mestres que tiñan que ser aporbados pola Deputación Provincial xa en 1822. No ano 1823 o mesre viuse forzado a abandoar a escola e os concellos realistas non destacaron por prestarlle moita atención á Escola de Primeiras Letras , que se viu moi privada de fondos. Nalgún tempo o soldo dos mestres dependeu de recargas fixadas riba do consumo de viño e augardente .
Xa dixemos que os frades agostiños non puxeron escola nin no mosteiro nin fora del , mais no caso de Matías López , que en 1831 tiña seis anos e cando os agostiños tiveron que abandoar o convento en 1836 tiña once , recibiu a súa formación no edificio na Casa da Escola, na traseira do que fora Hospital de Santo Antón Abade, fronte a San Salvador , en Cima de Vila, e da man do mestre pago polo concello realista e polo segundo concello constitucional de Sárria.
................................................................................................................................................................
65.- O DEFICIT PRODUCIDO POLA CORRIDA DE TOUROS NA QUE PARTICIPARON " EL CORDOBES" E " PALOMO LINARES" NON FOI SOPORTADO POLA COMISIÓN ORGANIZADORA".
Foi en 1969 cando un número concreto de veciños de Sárria seducidos pola imaxe de Manuel Benítez " El Cordobés" ( que tiña no taxista Jaime Luciano o máis grande amador ) e de Palomo Linares, aos que coñecía o mundo dos touros como " Os Guerrilleiros" , concebiron a idea de que polos días do San Xoán viñesen a Sárria a formar cartel, E para conseguilo formaron comisión recollendo en documento asinado por todos eles o compromiso de que no caso de que se producise déficit eles correrían co que fose necesario.... Houbo despois a forzada suspensión do espectáculo. o levantamento popular para conseguir o desexado permiso e a contraorde gubenativo e a celebración da corrida aló por Pacios de Casteledo.... coa conseguinte desfeita económica.... E foi entón cando os comisionitas sairon á rúa e casa por casa solicitaron as " voluntarias aportacións" para saldar os números roxos... e foi así como o común da xente de Sárria pagou " por non ter ido aos touros"..... ¿ Hai quen dea máis ?.
.................................................................................................................................................................
66.- EN PACIOS DE PARADELA ( HOXE PARADELA, CAPITAL DO CONCELLO ) NON ESTIVO O "PALACIO DO CONDE DE LEMOS ",
Os Condes de Lemos posuiron un "palacio para cazar e montear " na parroquia de Santa María de Vilamaior de Paradela ou Santa María de Vilamaior da Lobataira . a carón de onde estivo a Feira de Paradela . En San Miguel de Paradela estaba o lugar de Pacios ( agora chamado Paradela ) e perto del o casar da Abelaira. O Palacio de Paradela aparece citado en diferentes ocasións e sen base nin fundamento tense situado no lugar de Pacios de Paradela... É un erro total. Está documentado ademais o feito de que cando se botou por terra o Palacio de Vilamaior as pedras nobles de portas, fiestras e balcóns foron levadas a Monforte de Lemos para seren postas no Palacio Condal, beira da Torre da Homenaxe da Fortaleza.
.............................................................................................................................................................
67.- SAMOS : NON EXISTE " CASTROCÁN"
Moitos séculos atrás un home chamado Uncanus que foi posuidor dun castro en Alendagua ( Samos ) que foi chmado " Castro Uncani ", que derivou até ser o nome que leva o lugar de CASTRONCÁN, na parroquia de Santa Marta de Castroncán, onde tamén están o Campo de Castroncán onde se celebraba a "Feira de Castroncán" . E un día apareceron na estrada letreiros onde se poñia " Castrocán " ( e grazas que non lles deu por poñer "Castroperro" que asneiradas semellantes se teñen dado. E recentemente nun artigo asinado por Anxel Fole en El Pueblo Gallego de 9 de xullo de 1936 vemos que fai referenz a " Castro en Can ". Mais aínda resulta cuurioso que un industrial veciño de Castroncán leva escrito no auto da súa actividade o " Castrocán " convertindo así ao devanceiro fundador " Uncano" nun triste " Can" , que tratándose de un elemento auténtico será un " can de palleiro" . ¿ Sería prudente polo tanto rebautizar o lugar e a parroquia como " Castrocán de Palleiro", o que lle daría o seu aquel de enxebreza,
...............................................................................................................................................................
68.- SAMOS : NON HAI NINGÚN LUGAR QUE SE CHAME " ALLÁN"
Na parroquia de Santo Estevo de Reiriz ( Sancti Christofori de Cerdeirolas". · San Cristovo de Cerdeiroás" ) hai o lugar de AIÁN ( nome que ven dun posuidor chamado " Adilanus " que deu no xentiliicio Adilani e foi derivando a " Aián ". De maneira constante este nome mantívose e como tal figura nos sucesivos nomenclátores atè que na estrada apareceron letreiros onde se lia " Allán"... Está claro que os funcionarios da Xunta que encargaron eses indicadores non estaban no "allo" da evolución e consolidación dos topónimos.... ¿ Para que serve o Nomenclátor ?.
............................................................................................................................................................
69.- O INCIO: PARA FUNCIONARIOS DA XUNTA ( ESTRADAS ) É " O INICIO"
Na Idade Media as terras de entre " Omanus" e o río Cabe foron coñecidas como " Onitio". Foi derivando o nome cara " Onicio" seguindo cara Oincio. Despois viñeron os deturpadores creadores de ilóxicos topónimos deron nacemento a un " El Incio", pois na súa ignorancia convertiron en artigo o "O". E sumándose á función creativa , funcionarios da Xunta de Galicia ( Estradas ) puxeron letreiros coa lenda " O Inicio )...¿ Non lles abondaba con ver no Nomenclátor a existenza oficializada do Concello de O Incio, da súa capitalidade na Cruz do Incio, da parroquia e igrexa de San Fiz de Hospital do Incio, de Santa Mariña do Incio, etc.. etc ?... Cando un anda no escritorio do ordenador e escribe O Incio ben pode ser que o"corrector cego" fai saltar un " O Inicio" ....¿ Poderá chegar o tempo no que matando o "falso artigo" se recupere o nome OINCIO , fronte a O Incio oficializado ?
..............................................................................................................................................................
70.- O HOSPITAL DE SANTO ANTÓN ABADE NON FOI FUNDADO POR NINGÚN CONDE DE LEMOS.
O Hospital de Santo Antón Abade de Sárria foi fundado polo crego Denís de Castro e Porugal, fillo natural do Conde de Lemos, que tivo casa dentro da Fortaleza e viviu en Valladolid. Polo seu testamento fixo manda ampla e xenrosa para a fundación dun Hospital de Peregrinos onde se acollerían " peregrinos que voltaban de Santiago e presentaban a " Compostela ".
Este fundador non foi conde . O goberno e atencións do Hospital quedaron en mans dun Administrador, sometido á Xustiza e Rexemento da Vila como Padróns , que controlaban todas as actividades do Hospital, cobraban as rendas e aprobaban a xestión económica e o labor do administrador , hospitaleiro e cirurxano O Bispo de Lugo e o Conde de Lemos-Marqués de Sárria exercían labor de inspección e control tanto das actividades como dos actos de goberno e xestión, sinalando defectos , melloras e canto atendese ao bon goberno da Obra Pía, que en 1700 se formou unindo os hospitais de San Lázaro ( en Maside ) e Santo Antón Abade ( en San Salvador de Sárria ).
.....................................................................................................................................................
71.- O HOSPITAL DE SAN LÁZARO , NA PARROQUIA DE SAN PEDRO DE MASIDE, NUNCA FORMOU PARTE DA ORDE HOSPITALARIA DE SAN LÁZARO .
.......................................................................................................................................................
72.-
..................................................................................................................................................................
71.- O HOSPITAL DE GAFOS DE SAN LÁZARO, NA PARROQUIA DE SAN PEDRO DE MASIDE, NUNCA ESTIVO SUXEITO Á ORDE DE SAN LÁZARO.
..................................................................................................................................................................
72.-
Comentarios
Publicar un comentario